arqueología pública: de apeiro a sÍmbolo...

9
DE APEIRO A SÍMBOLO. APROPIACIÓNS POPULARES DO PATRIMONIO EN GALIZA Bruno Esperante Paramos, arqueólogo* LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174 166 Arqueología Pública: RESUMO.- Neste artigo tratamos de analizar unha nova forma de apropiación do patrimonio popular en Galiza. Cada vez restaurase e recuperase máis maquinaria agrícola, polo que queremos coñecer o que isto significa, tanto como un novo símbolo de memoria para a clase labrega galega, como os seus efectos sobre o discurso dominante do patrimonio. PALABRAS CLAVE.- Tecnolxía agraria, patrimonio popular, memoria agraria, clase labrega. ABSTRACT.-The aim of this article is to analyze a new form of appropriation of popular heritage in Galicia. As restoring and recovering farm machinery is more common every time, we want to know what this means, either as a new symbol of memory for the Galician peasantry or their effects on the dominant discourse of the heritage. KEY WORDS: Agrarian technology, popular heritage, agrarian memory, peasantry Veso de modelo Brabant. Producido por Aranzabal S.A. (Santiago Mouriño, Trasouteiro [Brión], 6/4/2013. Fonte: elaboración propia). * Bruno Esperante Paramos, doctorando del Grupo Histagra, del Departamento de Historia Contemporánea de la Universidade de Santiago de Compostela. Proyecto de investigación "La gran transformación tecnológica y social de las agriculturas ibéricas: Viejos, nuevos y novísimos paradigmas. 1950-2000" Referencia del proyecto: HAR2013-47934-P.

Upload: others

Post on 05-Jun-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

DE APEIRO A SÍMBOLO. APROPIACIÓNS POPULARES DO PATRIMONIO EN GALIZA

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo* LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

166

Arqueología Pública:

RESUMO.- Neste artigo tratamos de analizar unha nova forma de apropiación do patrimonio popular en Galiza. Cada vez restaurase e recuperase máis maquinaria agrícola, polo que queremos coñecer o que isto significa, tanto como un novo símbolo de memoria para a clase labrega galega, como os seus efectos sobre o discurso dominante do patrimonio.

PALABRAS CLAVE.- Tecnolxía agraria, patrimonio

popular, memoria agraria, clase labrega.

ABSTRACT.-The aim of this article is to analyze a new form of appropriation of popular heritage in Galicia. As restoring and recovering farm machinery is more common every time, we want to know what this means, either as a new symbol of memory for the Galician peasantry or their effects on the dominant discourse of the heritage.

KEY WORDS: Agrarian technology, popular heritage,

agrarian memory, peasantry

Veso de modelo Brabant. Producido por Aranzabal S.A. (Santiago Mouriño, Trasouteiro [Brión], 6/4/2013. Fonte: elaboración propia).

* Bruno Esperante Paramos, doctorando del Grupo Histagra, del Departamento de Historia Contemporánea de la Universidade de Santiago de Compostela. Proyecto de investigación "La gran transformación tecnológica y social de las agriculturas ibéricas: Viejos, nuevos y novísimos paradigmas. 1950-2000" Referencia del proyecto: HAR2013-47934-P.

Page 2: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

167

Arqueología Pública:

Dende fai algo máis dun ano veño estudando unha

particular apropiación do patrimonio popular en Galiza1. Trátase

dun fenómeno de plena popularidade, xa que son moitas as

familias, pero tamén algúns negocios privados os que exhiben

nas beirarrúas, xardíns ou portais das casas, maquinaria

agrícola restaurada, pintada e decorada.

A novidade da cuestión é o tipo de maquinaria que se

restaura. Os modelos redúcense a catro tipos

fundamentalmente, vesos, sachadoras, sementadoras e en

menor medida, grades de dentes. Trátase de tecnoloxía agraria

que pertence á última fase da agricultura orgánica en Galiza. É

pois maquinara de produción industrial na súa maior medida,

aínda que puidemos constatar diversos casos e modelos de

produción artesanal, é dicir, feitos por ferreiros locais. Este é o

primeiro dato importante que temos que ter en conta, pois non é

maquinaria artesanal, senón que pertence á segunda onda da

1

Este artigo de opinión está feito en base a un traballo de final do Máster Interuniversitario de Historia Contemporánea, publicado na Universidade de Santiago de Compostela en xullo do ano 2014, e co seguinte título: Representacións populares e ilustradas da tecnoloxía agraria da segunda onda da industrialización (1890-1940). Patrimonio, memoria e identidade labrega a través da súa musealización popular en Galiza hoxe.

industrialización da agricultura galega, aquela que vai dende o

1890 e remata subitamente na década dos corenta co apagón

tecnolóxico do franquismo2. A orixe industrial desta maquinaria

supón pois unha novidade dentro do panorama típico do

patrimonio agrario en Galiza, xa que as referencias e os

símbolos patrimoniais sempre se relacionan con obxectos

artesanais, ou de antigos oficios de carpinteiros, sexan cestos e

carros, ou canteiros en relación ós hórreos.

Outra das características é o suxeito que patrimonializa,

é dicir, o quen. Neste caso, non cabe dúbida ningunha de que

estamos perante unha forma popular do patrimonio. A maior

parte das apropiacións son feitas por parte de particulares, e

non por parte das institucións do patrimonio que usan os

museos como espazos ilustrados para socializar de arriba cara

a baixo o patrimonio histórico-cultural. Neste caso é a propia

sociedade a que constrúe a figura patrimonial dende abaixo.

Ante estas circunstancias, como poderíamos darlle unha

explicación a todo isto?

2

FERNÁNDEZ PRIETO, L: El apagón tecnológico del franquismo: estado e innovación en la agricultura española del siglo XX. Valencia, Tirant lo Blanch, 2007.

Page 3: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

168

Arqueología Pública:

Sachadora posiblemente de marca Ajuria S.A. (Eduardo Fernández,

Bertamiráns [Ames], 22/6/2014. Fonte: elaboración propia).

Para analizar este fenómeno máis de cerca diriximos as

nosas pescudas cara a investigación da orixe e vida útil destes

apeiros agrícolas. Noutras palabras, moito traballo de campo e

Historia Oral para coñecer todo acerca desta maquinaria,

tipoloxía, orixes, usos e abandono. Todo isto co obxectivo de

comprender mellor por que hoxe en día se sacan da escuridade

da historia e se restauran, píntanse, colocase nunha parte

bonita do xardín e póñenselle flores. Quizais parte da

explicación teña que ver pola maquinaria que a veu a substituír.

O seu abandono produciuse pola industrialización da

agricultura. Estes apeiros de tracción animal foron substituídos

polas enerxías non renovables, os motores de combustión e os

tractores. Na fin, ¡era a Revolución Verde coas súas grandes

expectativas ante ós límites da Agricultura Orgánica! As

agriculturas do mundo intensificáronse xunto coa galega. Así as

cousas, a agricultura de ser a principal actividade económica

comezou a experimentar un largo declive ate se converter hoxe

en día nunha actividade minoritaria fronte ó sector industrial ou

servizos.

Estas transformacións traducíronse nuns cambios

substanciais da propia sociedade. De feito, a investigadora Alba

Díaz Geada3 ven de publicar a súa tese recentemente centrada

no estudo destas devanditas mudanzas. Sabemos que o

abandono masivo desta maquinaria prodúcese ó abeiro da

industrialización tardía da sociedade galega, ó igual que afectou

a outras agriculturas nas que se consolidou a motorización do

campo.

3 DÍAZ GEADA, A.: Mudar en común, cambios económicos, sociais e culturais no

rural galego do franquismo e da transición (1959-1982). Tese da autora, Universidade

de Santiago de Compostela, 2013.

Page 4: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

169

Arqueología Pública:

Sementadora de marca Ajuria S.A. (Anónimo, Nantón [A Baña], 18/5/2013. Fonte:Elaboración propia).

Neste senso, Galiza, o pais labrego e eminentemente

rural comezou a deixar de selo ante esa terceira onda

industrializadora da que falabamos e que expulsou tanta man

de obra da agricultura. A desagrarización da sociedade foi un

dos seus efectos, outro resultado foi un aumento da emigración

cara Europa, sendo Alemaña, Gran Bretaña ou Suiza os

destinos máis atractivos desta.

Estes trebellos que para as xeracións máis novas non

significan nada, acumulaban po e anos nalgunha parte do pallal

das casas, ou nalgunha outra parte na que non estorbaran. Non

tiñan valor ningún máis alá do valor económico que lembraban

aqueles que o tiñan mercado, por iso non se tiraba. Anos máis

tarde chegou o momento no que alguén deveu reparar nesa

sachadora familiar que tiñan tirada na casa. Podemos

imaxinarnos aquel mozo que traballou con seu pai o campo

cunha sementadora como a que acabamos de ver. Os seus pais

comentaríanlle o tanto que lle custou, o orgullo de tela

comprado e a boa imaxe que daba ante a comunidade. Porén, o

traballo no campo non bastaba para satisfacer as expectativas

de vida dese mozo, polo que un dia colleu as maletas, deixou o

campo e foise a Suiza a traballar na construción ou na

hostalería. Cando chegou o momento da xubilación ese mozo

volveu o fogar que deixara, onde reparou nesa sementadora

que tiña comprado seus pais. Nese instante, ante as

lembranzas que o invadían observando a sementadora no

pallal, un bo día decidiu pasarlle unha auga, unha lixa, un pouco

de pintura e colocala de forma orgullosa diante da súa casa.

Page 5: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

170

Arqueología Pública:

Sachadora sen marca na parte inferior dereita da foto (Anónimo, Bertamiráns [Ames],17/5/2013. Fonte: elaboración propia).

É certo que esta última descrición é un caso imaxinario,

pero é unha hipótese de traballo que nos vale para explicar a

utilidade e o significado que adquiren este novo patrimonio

agrario e popular. As persoas que maioritariamente restauran

esta maquinaria non se dedican xa ás actividades agrarias, e

comparten idades de entre corenta e sesenta anos. A primeira

man todo o mundo comprende o valor simbólico e de memoria

que contén este obxecto, mais o interesante é analizar todo o

seu alcance, analizar todo o seu contido e todas as súas

dimensións como un obxecto de estudo histórico.

A nosa identidade defínea a nosa relación nun conxunto.

Maurice Halbwachs4 definíao moi ben co exemplo do grupo do

alumnado e o profesor. Este último tendía a non lembrar nada

pola desvinculación co grupo, namentres que os alumnos si que

lembraban as cousas da clase por vinculación a un conxunto, a

unha memoria e unha identidade colectiva. Ademais disto,

sentimos a necesidade de apoiar as nosas identidades en

obxectos de memoria. Máis dun problema psicolóxico ben

acompañado dunha especie de perda de contacto entre o noso

pensamento e as cousas, da incapacidade de recoñecer

obxectos familiares, de tal xeito que nos atopamos perdidos nun

medio estraño e cambiante, onde nos faltan puntos de apoio.

Por isto, cada obxecto, cada detalle ou aspecto dun lugar ten un

determinado e único sentido que só poden comprender os

membros dun determinado grupo social.

4 HALBWACHS, M.: La memoria colectiva. Zaragoza, Prensas universitarias de

Zaragoza, 2004.

Page 6: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

171

Arqueología Pública:

Veso de modelo Brabant. Producido por Ajuria y Aranzabal S.A. (Herminio Vieito, Cantalarrana [A Baña], 7/6/2014. Fonte: elaboración propia).

Ante este razoamento de Halbwachs, pensamos que

quizais poderíase entender esta apropiación dende a

perspectiva dun obxecto de memoria, un espazo de memoria

creado por aqueles que o usan para elaborar unha identidade,

reforzala ou tela máis presente que nunca nun contexto alleo. E

dicimos alleo no contexto da actual desagrarización social, ou

tamén dito, ante o contexto da sociedade “terciarizada” do

século XXI. É aquí cando resulta significativo a vinculación

desta apropiación patrimonial cos efectos sociais da Revolución

Verde. Como dixemos, o inicio desta e o fin da Agricultura

Orgánica supuxo non só o fin do uso desta maquinaria, senón

que tamén o inicio dos procesos de descapesiñización das

chamadas sociedades “occidentais”. Por iso resulta lóxico que

sexa precisamente hoxe en día, no punto álxido da Revolución

Verde e os seus problemas: limites sustentables, soberanía

alimentaria; cando os descendentes daqueles labregos

recuperan símbolos de identidade e constrúen espazos de

memoria agraria.

Veso de modelo descoñecido, Baptom (Devon), Inglaterra, 26/11/2013 (fonte: Cedida por Xián Liñares

Page 7: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

172

Arqueología Pública:

A recuperación deste tipo de maquinaria non se dá só en

Galiza. Polo que sabemos, a rexión do Eo-Navia en Asturias,

así como tamén no Bierzo, ou incluso na rexión de Viana do

Castelo (Portugal), cantón de Zurich (Suiza), condado de Devon

(Inglaterra), rexión de Occitania (Francia) ou en Dublín (Irlanda);

danse máis casos de apropiación popular desta maquinaria.

Nembargante, cabería diferenciar as explicacións segundo a

experiencia histórica de cada rexión. No caso galego a

apropiación popular ven a rachar ademais como xa

mencionamos, co estereotipo do discurso patrimonial

dominante. O excesivo peso do mito do atraso da agricultura

galega choca directamente con esta manifestación de

modernidade tecnolóxica. A tradición interpretativa do

patrimonio agrario que se enraíza na etnografía de inspiración

franquista, creou unha imaxe patrimonial na que non queda

espazo para este tipo de patrimonio. A ruptura que supón a

Guerra Civil habería que estudala aquí no eido da memoria

agraria esquecida e que se quixo conservar, xa que como parte

dos logros do franquismo estaría a modernización e

industrialización da agricultura galega. ¡Como se non existise

modernidade antes!, deste xeito, poderíamos explicar porque no

discurso da memoria agraria que aínda domina non se

comprenda este tipo de patrimonio.

O discurso desta memoria agraria ilustrada construíu en

base ó mito do atraso a súa propia imaxe do patrimonio agrario

galego, un bo exemplo disto podémolo ver no seguinte cartel

político.

Sementadora de caixón de madeira (Áurea Ponte, A Pereira [Santa Comba], 27/3/2013. Fonte Elaboración propia).

Page 8: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

173

Arqueología Pública:

Alianza Popular ó inicio da democracia facía uso do

discurso folclorista que nos recorda aquilo do bo salvaxe

interior, o patrimonio agrario galego estaría conformado por un

montón de cousas feitas a man. Por iso a maquinaria

recuperada hoxe en día racha nesa estampa tradicional. De

súpeto, no medio desa foto que nos lembra a unha agricultura

antiquísima, de artesanía, de canteiros, inclúese algo feito por

un obreiro industrial, un veso ou unha sachadora de fundición

en fábrica, algo grotesco dentro desa estampa anódina e

anxelical do campo. A fotografía idílica forma parte dese

discurso dominante ao que nos acostumaron, máis e sobre todo

coas políticas folclóricas do franquismo que impulsou a moda

dos bailes e traxes rexionais. A novidade, pois, xurdiría tamén

na irrupción desta nova forma patrimonial e na transformación

do discurso patrimonial agrario en Galiza.

Cartel electoral de Alianza Popular (fonte: Biblioteca de Comunicació i

Hemeroteca General da Universidade Autónoma de Barcelona).

Page 9: Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO ...lalindearqueologia.com/wp-content/uploads/2013/03/11...2013/03/11  · De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en

De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza

Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174

174

Arqueología Pública:

Xa para ir rematando e para recompilar, poderíamos

facer fincapé na idea de que o que a simple vista é unha

recuperación de maquinaria agrícola, pode significar moito máis

do que alguén poida supoñer coma un obxecto decorativo. De

feito, non acreditamos diso da arte polo arte, tendendo a pensar

sempre no significado social e no que representa realmente en

relación cun conxunto de circunstancias. No caso desta

apropiación patrimonial, parécenos evidente o papel que xoga

na actualidade como un obxecto de memoria que nos fala dun

pasado e unha identidade labrega. Máis aínda se temos en

conta a actualidade social urbanizada, con serios problema de

sustentabilidade ambiental e unha clase labrega en plena

reconfiguración. Por último, pero non por iso menos importante,

está a cuestión da transformación do discurso patrimonial

agrario en Galiza. E é que parece ser este un caso apropiado

para falar precisamente de apropiación populares do patrimonio.

Nós, a súa vez debemos de analizar estas circunstancias no

canto de darlle un explicación razoable e xustificada a este tipo

de fenómenos, xa que, coma os castros, ata que alguén non os

analizou e dixo que eran patrimonio histórico, os paisanos

utilizábanos como canteiras de pedra.