arousa - federacionriasbaixas.com6 turismo novas formas de turismo e s o ismo ur t náuto ic tá s e...

9
Arousa Hai que vivila!

Upload: others

Post on 31-Mar-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

ArousaHai que vivila!

Page 2: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

2

Índice

EQUIPO EDITORIALXunta directiva da Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios Rías Baixas

COORDINACIÓN: Mari Rodríguez

REDACCIÓN: Alba García

FOTOGRAFÍA: Foto Video Élite / Freepik

DIRECCIÓN DE ARTEY MAQUETACIÓN:La Lonja Estudio

D.L.: 2155-2016

Patrocinado pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

[email protected] 001 750

3

4

6

8

9

10

11

12

13

14

15

Os retos do pequeno comercio

Novas formas de turismo

A variante como recurso

Albergue A Salazón

O atractivo do interior

O Cruceiro Vello

Sol, praoa...e moito máis

Xoiería Fernández

A moda´do enoturismo

Adega Rozas

O auxe do turismo e as novas oportunidades

AROUSAAÑO 1 NÚMERO 6

[email protected]

3

TURISMO

Os retos dopequeno comercioO incremento do turismo trae consigo numerosos beneficios, pero tamén importantes retos para o comercio local dos pequenos municipios. Ver a oportunidade e saber adaptarse, é clave para medrar.

Page 3: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

4

TURISMO

As Rías Baixas é a zona turísticapor excelencia de Galicia.Hai varias décadas que os muni-cipios que a conforman apostan polo sector servizos como piar da súa economía. A captación de visitantes é un dos obxec-tivos principais dos gobernos locais, que vén no clima sua-ve das Rías, nas súas paisaxes e na inmellorable gastronomía, os ganchos perfectos para atraer turistas. No verán, o atractivo da oferta de sol e praia é incuestio-nable. Pero na loita pola deses-tacionalización e por facer deste sector un motor económico que se manteña todo o ano, cobran peso as apostas pola gastrono-mía, o patrimonio ou a natureza na oferta turística.

2017 foi un ano histórico. O mes de agosto foi o mellor dos últimos 18 anos. A ocupación hostaleira superou o 91%, cun 36% de visitantes estranxeiros. Os datos do Instituto Nacional de Estatística situaron as Rías Baixas como o cuarto destino nacional en crecemento. Aínda é cedo para falar de datos nes-te 2018, pero a sensación é que o ritmo é imparable.

Os principais beneficiados por esta tendencia a ver nas Rías Baixas o destino perfecto para pasar as vacacións, son comer-ciantes e hostaleiros. Canta máisxente visite unha vila, máisposibilidades haberá de captaralgún consumidor interesa-do pola oferta que se lle pode presentar dende os diferentesestablecementos. E neste camiño,o norte e o sur da Ría de Arousa non son unha excepción.

Ante un consumidor cada vez máis esixente, e unha com-petencia ampla e feroz, os pequenos empresarios do sector servizos tiveron que profesiona-lizarse e reinventarse nun tempo récord. Por exemplo, se hai dez

2017 foi un ano histórico.

segundo o ine, ás Rías

Baixas foron o cuarto

destino nacional en

crecemento.

O auxe do turismo e as novas oportunidades

5

TURISMO

Ante un consumidor

cada vez máis esixente

e unha competencia feroz,

o pequeno empresario

tivo que reinventarse.

anos falasemos cun hostaleiro arousán para di-cirlle que o turista ruso pode converterse nun dos visitantes con máis peso na economía da zona, podemos asegurar case a un 100% que pensaría que se trataba dunha broma. Agora, nun mundo cada vez máis global e no que as distancias acúr-tanse a pasos axigantados, as fronteiras tenden a diluírse. Xa non parece tan estrano ver unha familia rusa tomar o sol nas nosas praias, gozar dos nosos viños ou pasear polos nosos sendeiros.

O pequeno empresario sabe ver esta nova liña de negocio e adaptarse. Cando comeza a verse a luz despois dos longos anos de crise económica (que se cebou sobre todo co comercio), o sector turístico aparece como o motor que pode axudar a revi-vir unha economía gravemente danada. Unha das vantaxes da hostalería e do comercio de proximi-dade é que coñecen de primeira man o seu produ-to e, ademais, cren na súa potencialidade. Por que non aproveitar esta oportunidade? O reto xa está sobre a mesa.

Page 4: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

6

TURISMO

Novas formas de turismo

Se o turismo náutico está en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade permite ao visitante vivir unha experiencia completamente pro-pia: pode moverse libremente, sen depender de aloxamentos ou horarios establecidos. En España aínda é minoritario, pero os tu-ristas internacionais levan anos gozando das súas vantaxes.

Conscientes desta importan-cia, nos concellos das Rías Baixas comezaron a aparecer as primeiras áreas destinadas a acoller este tipo de vehículos. Vi-lagarcía, Sanxenxo, Meaño, A Illa (que reserva varias prazas nun dos seus aparcadoiros para as

Na última década están a irromper con forza no mer-cado galego novas formas de facer turismo. A día de hoxe, a comodidade e a flexibilidade son dúas das características máis valoradas polo turista, que busca levar por completo as rendas da súa experiencia.

Neste novo escenario, por que non seguir aproveitando as for-talezas de cada zona? Galicia ten setenta e dous municipios costeiros, máis de 1.500 quiló-metros de litoral, dezaseis rías navegables durante gran par-te do ano e novecentas praias. Se conseguimos organizar todos estes ingredientes, o éxito se-mella asegurado.

Na actualidade, o turismo náu-tico é un dos valores á alza de Galicia. Durante o primei-ro semestre deste ano, máis de 2.500 embarcacións escolle-ron algún dos portos deporti-vos de titularidade autonómica como base de operacións para facer turismo pola nosa terra. A gran maioría, máis de 1.700, escolleron instalacións portua-rias de municipios das Rías Baixas. A boa nova é que esta tipoloxía de turismo se consoli-da e medra ano tras ano.

Tamén hai que destacar o im-portante impacto que o turis-mo náutico ten no entorno. E é que a súa inflluenza vai moito máis aló do movemento econó-

mico que poida xerar nos portos deportivos de destino. Calcúlase que no 2017 o volume de nego-cio xerado polo turismo náuticofoi de 2,5 millóns de euros:de media, os barcos pasan entre tres e catro días na dárse-na; tempo no que gastan como media entre 150 e 200 euros por pernocta (sen contar as ta-xas portuarias).

calcúlase que no 2017 o

volume de negocio xerado

polo turismo náutico en

galicia foi de 2,5 millóns

de euros.

7

TURISMO

autocaravanas) e, sobre todo,Pontevedra, son un exemplo de municipios que se sumana esta tendencia. Na capital de provincia estrearon a súa área no 2017 e, segundo os cálcu-los do concello, só entre maio e agosto dese ano pasaron en-tre 665 e 800 autocaravanas. O goberno local estima que este tipo de turismo deixou máis de 100 mil euros no municipio nese trimestre.

Aínda que de entrada parezan modalidades turísticas radi-calmente opostas, o turismo náutico e o autocaravanismo comparten varios paralelis-mos. Ademais da flexibilidade que os caracteriza, os perfís

entre maio e agosto de

2017 pasaron case 800

caravanas pola área de

pontevedra. deixaron

máis de 100 mil euros.

das persoas que optan por eles son semellantes. Normalmen-te, falamos de matrimonios maiores de 55 anos e con alto poder adquisitivo. Aínda que é certo que nos últimos anos e no caso das caravanas están rexistrándose cambios: cada vez son máis as familias me-nores de 45 anos con fillos que escollen esta modalidade para gozar das súas vacacións.

As cifras están claras pero por que resultan tan interesantes estes prototipos de turistas para os concellos? Porque consumen. O perfil máis clásico de turista que se aloxa en hoteis da zona ten un impacto máis limita-do na economía local; as súas

necesidades estarán cubertas no propio aloxamento. Pola con-tra, os visitantes que chegan a un porto deportivo nun barco ou a un área de autocaravanas, van precisar recorrer aos servizos que lle achegue a vila de desti-no para poder atender o seu día a día. Máis aínda se temos en conta que os estudos apuntan que se trata dun visitante con capacidade de gasto.

É aquí onde entra en xogo o comercio local. Aínda nas vilas máis cativas, os seus estable-cementos deben asumir o reto e esforzarse por atender a nova demanda que se poida xerar ao redor destas novas modalida-des turísticas.

Page 5: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

“Pelessi mincium

quatempos conecae

reprovid etuscil et ium

laborib usandi totamus,

sitiur, solumet harum”.

A Variante como recurso

TURISMO

8

Rías Baixas ten a oferta tu-rística de sol e praia máis que cuberta. A zona é amplamente coñecida pola beleza das súas costas, e a vilanovesa non é unha excepción.

Pero a desestacionalización do turismo tamén é unha tare-fa pendente para Vilanova de Arousa. Así as cousas, nos úl-timos anos o municipio viuse favorecido pola creación dun novo recurso turístico na zona: a Variante Espiritual.

Entre os anos 2011 e 2012, a asociación de Amigos do Camiño Portugués e a Manco-munidade do Salnés comezaron a pensar de que maneira pode-rían concectar a comarca coa Ruta Xacobea, e beneficiarse do seu tirón. Aínda que o verán é a época máis forte, Compos-tela recibe peregrinos durante

Despois de seis anos en funcio-namento, toda a comarca nota os seus efectos. Non en van, cal-cúlase que durante o 2017 per-correron a Variante ao redor de 5.000 peregrinos. A cifra medra ano a ano, e non parece que o 2018 vaia ser unha excepción nesta tendencia á alza.

A Variante leva ao camiñante por centros turísticos tan im-porantes como Combarro ou os Mosteiros de Poio e da Armen-teira. No treito que se desen-volve ao sur da ría de Arousa, o concello de Vilanova vése es-pecialmente beneficiado cunha etapa moi atractiva. Ademais de ser un final de traxecto, é aquí onde o peregrino ten que coller un barco ata Pontecesures, para continuar seguindo o periplo que, aseguran, fixo o corpo do Apóstolo Santiago hai xa moitos séculos.

no 2017 percorreron

a variante uns 5.000

peregrinos. un impacto

que se nota na comarca.

tamén en vilanova.

todo o ano, de aí que destaque o importante poder desestacio-nalizador do Camiño a Santiago. A posibilidade era moi atractiva para deixala pasar.

Pouco a pouco, deron forma á Variante Espiritual; unha al-ternativa que une o Camiño Portugués coa Ruta do Mar, a coñecida como Traslatio. Segundo a tradición, trátase do percorrido que fixeron os restos do Apóstolo Santiago pola ría de Arousa ata que finalmente che-garon a Padrón no ano 44 d.C.

9

Albergue A Salazón

O albergue A Salazón, en Vilanova de Arousa, naceu para cubrir unha clara demanda. O seu propietario, Francisco Navia, deuse de conta de que cada vez pasan pola vila máis peregrinos que escollen a Variante Espiritual para chegar a Compostela. A pesares de non ter experiencia no mundo da hostalería, este verán abriu o primeiro albergue do municipio. “Tiña outro traballo pero rematou a miña etapa, así que considerei isto como unha opción”, explica. Finalmente, decidiu reinventarse.Hai anos que Francisco mercara unha casa no casco urbano de Vilanova, así que se animou a arranxala e preparala para acoller A Sala-zón. “É un albergue pequeno, construído enpedra e madeira. Son catro habitacións: dúas dobres, unha de catro e outra de seis”, explica.

“Tamén temos un salón común. É moi acolledor”.A súa ubicación faino moi cómodo para os pe-regrinos. Sitúase ao lado do porto de Vilanova, punto de partida da seguinte etapa: na Variante Espiritual, o treito entre o municipio arousán e Pontecesures faise en barco. “A xente queda en-cantada”, comenta Francisco. “Pasas por Ponte-vedra, Combarro, dende a Armenteira baixas pola Ruta da Pedra e da Auga e chegas a Vilanova fa-cendo o último quilómetro pola á costa. Ao día seguinte, o percorrido é pola ría”.

A Salazón despediu este primeiro verán con moi bos resultados. “Teño pouco percorrido, pero em-pezar un proxecto que che guste e che implique, sempre é bonito”, afirma Francisco.

Page 6: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

O atractivo do interior

os que máis se deixaron ver por este municipio do Salnés. No seu caso, hai unha diferenza res-pecto do turista nacional: estesvisitantes escolleron os meses de setembro e outubro para vi-sitar Ribadumia.

Estas cifras teñen unha impor-tante repercusión no concello. Ribadumia é un municipio pe-queno (de pouco máis de 5.000 habitantes no ano 2016), polo que conseguir atraer tantos vi-sitantes supón un importante revulsivo para a economía local. Estes turistas non só gozan da paisaxe que ofrece a localidade; tamén consumen no pequeno comercio da vila. De feito, Riba-dumia conta con establecemen-tos variados, que poden cubrir perfectamente as necesidades dos seus visitantes. Unha pegada que notan especialmente os ba-res e restaurantes da localidade.

Nos últimos anos, o concello de Ribadumia redobrou esforzos para aproveitar o seu potencial turístico. Afastado da costa, este concello do interior do Sal-nés ten entre os seus principais atractivos as súas rutas fluviais, sendas naturais e gastronomía. Tamén as ofertas enoturísticas

a Ruta da Pedra e da Auga é o recurso turístico máis popular.

Este 2018, o concello despediu a tempada turística con resul-tados moi positivos. Segundo os datos recollidos pola súa Oficina de Turismo, dende o 1 de xullo ata o 15 de outubro, Ribadumia recibiu 3.493 visitantes. Un dato que supón un 29% de crece-mento respecto do 2017. O ano pasado, esta cifra situouse nos 2.463. Aquí ten especial peso o turismo nacional: a maioría dos turistas chegaron dende Castela e León, seguida de Galicia, Ma-drid e Andalucía, e escolleron o mes de agosto para pasar por Ribadumia.

Outro dato importante que deixa este 2018 é o incremento de vi-sitantes estranxeiros nun 42% respecto do 2017. Portugue-ses, italianos e alemáns foron

TURISMO

10

Dende o 1 de xullo ata o

15 de outubro, ribadumia

recibiu case 3.500

visitantes. un 29% máis

que no 2017.

que poñen en marcha as nume-rosas adegas que salpicano termo municipal, tendo en conta que o turismo relacionado co mundo do viño está especial-mente en auxe. Así as cousas,

11

O Cruceiro Vello

Xa fai once anos que María Jesús Castro se puxo á fronte do café bar O Cruceiro Vello, en Ribadu-mia. O local levaba cinco anos funcionando, pero os anteriores propietarios decidiron traspasalo. “Eu traballaba nunha fábrica. Canseime de man-dar currículums, pero non me collían en ningún lado”, recorda María Jesús. “Entón dixen: pois a emprender.

Nunca traballara en hostalería, pero unha com-pañeira avisoume do local e vin a oportunidade. Metinme de cabeza”. Cubriu a falta de experiencia con moita ilusión no seu novo proxecto. O apoio dunha camareira que tiña, os cursos de formación e, sobre todo, a rodaxe, fixeron o resto. O Cruceiro Vello abre ás 7 da mañá para os primeiros cafés, serve pincho gratuíto coa consumición e tamén ten carta de bocadillos e hamburguesas. Máis dunha

década despois, o balance é moi positivo. “Hai alti-baixos, como en todas partes”, reflexiona. “Temos unha clientela moi leal, que hoxe en día é moi im-portante. Non é xente de paso; veñen todos os días. Entón o ambiente é moi familiar”.

Recoñece que os inicios non foron sinxelos. A pe-sares de que nun principio lle ofreceron moitas facilidades, a maioría foron desaparecendo no camiño. “Iso si, agora non me podo queixar. Creo que no seu momento foi unha decisión moi acer-tada”, asegura María Jesús, satisfeita. “Foron anos complicados, pero agora compensan tanto economicamente como emocionalmente. Eu vou seguir botándolle moitas ganas”.

Page 7: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

Sol, praia... e moito máis

TURISMO

12

de Portos de Galicia). Segundo os datos achegados polo ente a principios do mes de novembro, as dársenas pobrenses sitúanse no segundo lugar preferido para recibir embarcacións en tránsito

O impacto do turismo na econo-mía local tamén se deixa sentir do outro lado da ría de Arou-sa. Seguindo a tónica das Rías Baixas, A Pobra do Caramiñal, na comarca do Barbanza, tamén aposta por posicionarse como un destino de calidade e diferencia-do. Dende o ano 2005, está con-siderado municipio de interese turístico galego, recoñecemento outorgado pola Xunta de Galicia.

No caso da Pobra do Carami-ñal, foron moitos os motivos que levaron á concesión deste distintivo. Por exemplo, recur-sos naturais do concello, como é o caso do monte da Curota: den-de o seu mirador obtense unha ampla panorámica da ría de Arousa. Tamén son tremenda-mente populares as súas praias, especialmente a de Cabío. E non podemos esquecernos dos bens culturais e patrimoniais: a Torre

dentro da provincia da Coruña. De feito, nos meses de xullo, agosto e setembro recibiu 519 barcos.

Toda esta oferta leva a que os meses de verán A Pobra dupli-que a súa poboación, que no 2017 non chegaba aos 9.500 habitantes. Con estas cifras so-bre a mesa, ser quen de prestar os servizos básicos e turísticos a veciños e visitantes é todo un reto que soubo afrontar (e su-perar) o pequeno comercio da localidade.

Hai que ter en conta que para o sector servizos o verán convér-tese nunha oportunidade. De aí que os establecementos que se atopan polas rúas da Pobra do Caramiñal ofrezan todo tipo de servizos e produtos para que o turista non bote nada en falta durante a súa estancia.

A pobra duplica a súa

poboación durante os

meses de verán. unha

oportunidade para o

comercio local.

de Bermúdez, actual sé do Mu-seo Valle-Inclán, ou a multitu-dinaria procesión do Nazareno, que se celebra o terceiro domin-go de cada mes de setembro.

Outro atractivo turístico de pri-meira liña é o seu porto depor-tivo. A instalación é de titula-ridade autonómica (dependente

13

Xoiería Fernández

Xoiería Fernández é unha fiel testemuña dos cambios que A Pobra, o pequeno comercio e o propio consumidor experimentaron ao longo dos anos.

Odilo Fernández, o seu propietario, vén dunha familia de xoieiros. El é a segunda xeración na profesión e tamén detrás do mostrador do seu local. Era o ano 1971 cando seus pais decidiron abrir Xoiería Fernández en A Pobra. “Meu pai emigrara a Venezuela. Aquí tiña un irmán que era xoieiro ambulante. El enfermou, entón can-do meu pai volveu de América colleu o relevo. Estivo un par de anos de ambulante, pero pron-to montou a primeira tenda”, recorda Odilo. “Eu tiña 9 anos. Aos 18 volvín para a tenda e dende entón estou aquí”.

Corenta e sete anos despois, o negocio segue adiante, aínda que non sen esforzos. “A xoiería cambiou moito”, reflexiona. “A xuventude xa non vén e véndense cousas diferentes. Moito reloxo, prata, aceiro... pero ouro case nada”. O seu catá-logo ampliouse moito nos últimos anos: “tivemos que diversificar para resistir”, asegura.

Ademais dos cambios nos gustos, Odilo destaca a irrupción de Internet como o punto de inflexión. “É a maior competencia que temos”, afirma. “Sempre é bo ter algo de competencia, pero con esa non estamos en igualdade de condicións”. En Xoiería Fernández apostan por ofrecer servizos complementarios. “Ademais do trato, aconsella-mos ao cliente. Facemos reparacións e damos garantías. É o que temos ao noso favor”, resume.

Page 8: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade

A moda do enoturismo

TURISMO

14

O enoturismo é, sen dúbida, un valor á alza dentro da oferta tu-rística. Estas actividades están de moda, e teñen a capacidade de atraer a visitantes chegados de lugares moi diferentes e con perfís que tamén varían. Sen esquecer a súa versatilidade: o enoturismo pode exercer de pa-raugas para un sinfín de pro-postas, que van dende a gastro-nomía, o deporte, a cultura ou, simplemente, gozar dunha pai-saxe dominada polos viñedos.

Tranquilidade e descanso po-den ser os principais atractivos desta pequena vila de 5.000 habitantes. Son conscientes de que estes son os seus trazos a explotar, de aí que sexan os va-lores que máis promocionan os seus establecementos hoteleiros. Vénse beneficiados pola proxi-midade a zonas como Sanxenxo ou O Grove, núcleos turísticos

treitamente vencellados á pro-dución vitivinícola.

O sector do viño tense converti-do no motor da economía local. Ao abeiro do seu éxito, naceron en Meaño numerosas adegas que apostan por este como o seu medio de vida. Tamén, como diciamos,o enoturismo é un dos maiores atractivos que o conce-llo ofrece aos seus visitantes.

Todo este movemento econó-mico e de persoas beneficia ao pequeno comercio. Ademais de visitar as adegas e gozar da tranquilidade que transmiten as paisaxes, o turista consume na hostalería local e merca nos es-tablecementos de proximidade. De aí a importancia de apostar pola diversificación da oferta e a atención personalizada, de for-ma que o visitante atope todo o que precisa.

o sector do viño é un dos

motores da economía

meañesa, atraendo

numerosos enoturistas

que dinamizan a vila.

por excelencia da contorna, pero ao mesmo tempo ofrecen unha imaxe de serenidade que atrae a visitantes que buscan relaxarse nas súas vacacións. Para o que guste dun entorno máis rural, o municipio combina a beleza natural da paisaxe con imaxes que caracterizan a Galicia ru-ral. Tamén conta cun patrimo-nio abundante e descoñecido: pazos, a Ruta das Capelas, a Ruta dos Muíños... Sen deixar de lado por suposto a gastrono-mía: Meaño é un dos concellos con máis furanchos de toda a redonda; establecementos es-

15

Adega Rozas

“Quen proba o noso viño, seguro, seguro, repi-te”. Así de convencido está Manuel Dovalo da calidade do seu produto. El está á fronte da Adega Rozas, en Meaño, e elaboran un albariño monovarietal que leva o mesmo nome. A súa é unha pequena adega, por iso, ao igual que pasa co pequeno comercio, aposta pola calida-de para diferenciarse. “É a mellor maneira que temos para competir coas grandes”, explica. “Non podemos en produción nin en prezo, pero coa calidade imos triunfando”.

Manuel confirmou esta aposta decidida cando no ano 1998 deu o paso de inscribirse na De-nominación de Orixe Rías Baixas. Dende entón, todas as botellas do seu albariño Rozas levan este selo de calidade. Aínda que na súa casa faise viño dende sempre. “Antes encargába-

se meu pai, e sempre fixemos viño na casa”, recorda. “Era moi diferente. Non había aceiro inoxidable e elaborábase en madeira, a canti-dade era máis pequena e non había problemas para vendelo; a xente viña comprar a casa”.

Na actualidade, Adega Rozas ten dúas hec-táreas e media de viñedo, sen plans de ex-pansión á vista. Todo o seu albariño é colleita propia, nin mercan uva nin viño. “Se hai unha boa produción estaremos sobre as 18.000 ou 20.000 botellas”, explica Manuel. “Pero non mercamos nada. Se non hai, facemos menos”. O resultado é un albariño coa acidez propia da variedade, de cor amarelo pallizo e fresco en boca. O consumidor poderá atopalo principal-mente en hostalería e tendas gourmet.

Page 9: Arousa - federacionriasbaixas.com6 TURISMO Novas formas de turismo e S o ismo ur t náuto ic tá s e en auxe, non o está menos o de autocaravanas. Esta modalidade