“axudas dgan 2019”...nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións,...

14
Rúa de Madrid (Fontiñas), 2-4 (Planta 2ª) 15781 Santiago de Compostela Tfno: 881996373 Fax: 881996374 www.deporte.xunta.gal BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL “AXUDAS DGAN 2019”

Upload: others

Post on 15-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

Rúa de Madrid (Fontiñas), 2-4 (Planta 2ª) 15781 Santiago de Compostela

Tfno: 881996373 Fax: 881996374 www.deporte.xunta.gal

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO

NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Page 2: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 2

INDICE Sumario

1. INTRODUCCIÓN. .............................................................................................................. 3 2. OBXECTO.........................................................................................................................3 3. PERSOAS BENEFICIARIAS. ............................................................................................ 3 4. FINANCIAMENTO ORZAMENTARIO......................................................................... 4 5. SOLICITUDES..................................................................................................................4 6. INSTRUCIÓN E TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO...................................... 8

6.1. Órgano de instrución.........................................................................................................8 6.2. Comisión de Valoración................................................................... .................................8 6.3. Tipos de axudas, criterios de valoración e regras comúns a todas elas..............................8 6.4. Criterios de cuantificación de axudas................................................................................ 9 6.5. Procedemento de concesión................................................. ...........................................11 6.6. Resolución de adxudicación............................................................................................ 12 6.7. Aceptación da resolución................................................................................................ 12 6.8. Reclamacións..................................................................................................................12

7. PAGAMENTO........................................................................ .........................................12 8. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS...............................................................13 9. MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN, REVOGACIÓN E REINTEGRO...............13 10. RÉXIME XURÍDICO....................................................................................................13 11. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS. ...................................................................................... 14

Page 3: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 3

1. INTRODUCCIÓN

A Fundación Deporte Galego é unha fundación do sector público coa condición de medio propio e instrumental da Secretaría Xeral para o Deporte, asumindo como finalidade fundacional a promoción do deporte en Galicia e, de conformidade cos seus estatutos ten encomendada, entre outras funcións, o fomento do deporte de alta competición na comunidade galega. Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación e participación dos/as deportistas DGAN en competicións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitos estatal, europeo e/ou mundial. Tendo en conta que o presente ano 2019 é o previo aos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Tokyo 2020, a Fundación Deporte Galego pon en marcha un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, entre os que se atopan aqueles/as con opcións de acudir aos devanditos XXOO/XXPP. Tamén está orientada ao resto de deportistas galegos/as de alto nivel (DGAN) que, pese a non competir en probas olímpicas, sí participan en competicións estatais e internacionais de alto nivel, tal e como ven concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma. Pensando en mellorar a axilidade do procedemento e en simplificar os trámites á persoa deportista solicitante, nesta edición presentamos dúas novidades substanciais: por unha banda a persoa deportista solicitante poderá presentar a súa solicitude telemáticamente, como xa se innovou nas últimas convocatorias, pero tamén se o desexa, poderá seguir facéndoo de forma presencial en calquera rexistro oficial das administracións públicas, previsto aos efectos. Por outra banda, non será necesario que presente o Anexo 2-Certificado da Federación, como sí era obrigatorio en anteriores edicións da convocatoria, pois ese documento será solicitado pola Fundación Deporte Galego a cada unha das federacións deportivas galegas, unha vez rematado o prazo de solicitude e recompiladas todas as solicitudes que foran presentadas correctamente a nivel administrativo. 2. OBXECTO

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que tiveran o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) nalgún momento dos anos 2018 e 2019. Valoraranse unicamente os resultados acadados entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2018, de acordo aos requisitos do apartado 6 destas bases, en competicións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitos estatal, europeo e/ou mundial das súas respectivas especialidades e probas deportivas. Co fin de facilitar a identificación dos formularios de inicio na sede electrónica da Xunta de Galicia, habilítase un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

3. PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

Page 4: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 4

a) Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o Deporte, coma Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2018 ou 2019.

b) Tamén poderán optar a solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria as persoas

que acaden unha resolución positiva na derradeira convocatoria de recoñecementos de Deportistas Galegos de Alto Nivel de xuño de 2019, sempre e cando esta se produza dentro do prazo de solicitude da presente convocatoria.

c) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade practicada conforme o

apartado 6.4.1. ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.4.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.

d) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as solicitantes nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 4. FINANCIAMENTO ORZAMENTARIO

As axudas concedidas de conformidade coas presentes bases serán imputadas ao orzamento do ano 2019 da Fundación Deporte Galego con cargo á partida “1. Axudas Monetarias” por un importe de 250.000 euros, sen prexuízo da súa suplementación en virtude do incremento de fondos asignados a este fin que poida acordar a Fundación en calquera momento do procedemento. Esta ampliación de crédito non conlevará a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes. 5. SOLICITUDES

5.1 Forma e lugar de presentación de solicitudes.

As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (Anexo I)

preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela),

ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de utilizar un rexistro oficial diferente ao propio da Fundación Deporte Galego citado anteriormente ou recorrer ao sistema de envíos postais, para presentar as solicitudes, as persoas deportistas solicitantes veranse obrigadas a comunicalo por correo electrónico ao enderezo da Fundación ([email protected]), remitindo anexa a propia solicitude. A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

Page 5: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 5

5.2 Documentación complementaria

As persoas solicitantes poderán achegar tamén:

Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa

solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.

Documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite). Unicamente no caso de persoas solicitantes menores de idade e xunto co Anexo II. Autorización de representación.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferentemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Fundación poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. Planta 2ª. 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no propio

rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar presencialmente ou por correo, de acordo co disposto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas. A presentación da documentación complementaria en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código PR961A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN

DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del. 5.3 Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

DNI/NIE da persoa solicitante.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificación positiva expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social correspondente, acreditativa de que a persoa solicitante se atopa ao corrente do cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que acredita que a persoa solicitante se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias.

Certificación positiva expedida polo órgano competente da Consellería de Facenda (Xunta de Galicia) na que se teña constancia que non ten débedas pendentes de natureza tributaria coa Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Page 6: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 6

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5.4 Compatibilidade con outras axudas

Estas axudas serán compatibles con premios ou axudas económicas recibidas durante o ano 2019 procedentes de calquera outra administración, ou de entes públicos ou privados, galegos, estatais e/ou da Unión Europea ou de organismos internacionais -sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención-, e incompatibles no caso de premios ou axudas económicas para deportistas concedidas por outras Comunidades Autónomas durante o ano 2019. Será obrigatorio declarar as axudas solicitadas e/ou concedidas para o mesmo fin, segundo o propio Anexo I de solicitude. 5.5 Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día

seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes. O horario de rexistro aos efectos de presentación presencial das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 h. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión. 5.6 Corrección de solicitudes

Unha vez revisada a documentación, publicarase a lista das solicitudes admitidas e daquelas que conteñan erros ou deficiencias na páxina web deporte.xunta.gal, dispoñendo a partires dese momento de 10 días hábiles para que sexan corrixidas, con indicación de que, se así

non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, logo dunha resolución expresa por parte da Fundación na que así se declare o desestimento. 5.7 Notificacións

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación no Anexo I (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas

Page 7: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 7

a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 5.8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. Planta 2ª. 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén

se poderá presentar presencialmente ou por correo, de acordo co disposto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

5.9. Transparencia e bo goberno

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Fundación Deporte Galego, responsable da iniciativa, publicará na súa páxina web oficial a relación oficial de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións está obrigadas a suministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopan vinculadas, previso requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no Título I da citada lei.

Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8. a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Page 8: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 8

6. INSTRUCIÓN E TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

6.1. Órgano de instrución.

O Director-Xerente da Fundación Deporte Galego será o órgano instrutor do procedemento, responsable da tramitación do mesmo. Serán funcións do órgano instrutor:

a) Revisar a documentación a presentar polos/as deportistas coa solicitude de axuda e publicar a corrección de solicitudes, se é o caso.

b) Realizar de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

c) Elevar a proposta de resolución das axudas elaborada pola comisión de valoración ao Padroado da Fundación Deporte Galego, para a resolución definitiva.

O órgano instrutor poderá utilizar e solicitar canta documentación considere precisa para unha mellor valoración e comprobación do proxecto. Asemade, poderán ser requiridos informes técnicos á Comisión de Avaliación e Seguimento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel. 6.2. Comisión de Valoración.

Para a valoración das solicitudes constitúese unha comisión de valoración formada por:

- Presidenta: O/a vogal do Padroado da Fundación Deporte Galego que representa á Secretaría Xeral para o Deporte.

- 2 vogais: 2 técnicos deportivos da Fundación Deporte Galego designados pola Presidenta da Comisión de Valoración.

- Secretaria: Secretario/a do Padroado da Fundación Deporte Galego ou persoa en quen delegue.

Serán funcións da Comisión de valoración:

a) Avaliar as solicitudes presentadas e a documentación aportada polas entidades solicitantes.

b) Efectuar as propostas de concesión de axudas elevándoas ao órgano instrutor para que o Padroado da Fundación efectúe a resolución definitiva.

c) Redactar por parte do/a secretario/a a correspondente acta de cada sesión da Comisión.

6.3. Tipos de axudas, criterios de valoración e regras comúns a todas elas.

Establécense os seguintes tipos de axudas:

TIPO DE AXUDA

IMPORTE MÁXIMO

DIRIXIDA A

Axuda DGAN 1 Ata 10.000 €

Deportistas galegos/as que cumpran cos criterios do apartado 6.4.1.

Axuda DGAN 2 Ata 7.000 €

Axuda DGAN 3 Ata 4.500 €

Axuda DGAN 4 Ata 2.000 €

Axuda DGAN 5 Ata 1.000 €

Axuda DGAN 6 Ata 1.500 € Deportistas galegos/as que non cumpran cos criterios do apartado 6.4.1. e sí cumpran cos criterios do apartado 6.4.2.

Page 9: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 9

As axudas axustarase ás seguintes regras:

- As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva entre os diferentes tipos de axuda e en réxime de concorrencia non competitiva dentro de cada un dos tipos de axuda.

- A suma total de axudas concedidas non poderá superar o orzamento máximo previsto nestas bases.

- Concederase unha única axuda por deportista solicitante e ano. Os/as que cumpran cos requisitos para optar a máis dunha axuda, recibirán unicamente a de maior importe.

- O importe destas axudas calcularase en función da aplicación do baremo previsto no punto 6.4.

- Dentro de cada un dos tipos de AXUDA DGAN 1, AXUDA DGAN 2, AXUDA DGAN 3, AXUDA DGAN 4 e AXUDAS DGAN 5 todas as persoas beneficiarias percibirán a

mesma cantidade económica. - Para ser persoa beneficiaria das AXUDAS DGAN 6, será necesario acadar como

mínimo 15 puntos na valoración de resultados, segundo o subapartado b) do punto

6.4.2. (participación e resultados en competicións no ano 2018). - A todas as axudas aplicaráselles as retencións legalmente vixentes en base á

normativa do Imposto da Renda das Persoas Físicas. 6.4. Criterios de cuantificación de axudas.

A Comisión de Valoración estudará a certificación de resultados de cada persoa deportista solicitante que as federacións deportivas galegas presentarán á Fundación Deporte Galego, previa solicitude por parte desta, unha vez rematado o prazo de solicitudes e comprobado que cumpren con todos os requisitos administrativos detallados nestas bases, aplicándoselles a todos/as os baremos que se detallan a continuación, en función da información reflectida en dita certificación:

6.4.1. BAREMO AXUDAS DGAN 1, DGAN 2, DGAN 3, DGAN 4 e DGAN 5.

a) Cando se valoren varios resultados deportivos, só se terá en conta o mellor resultado por categoría e por tipo de campionato.

TIPO DE AXUDA IMPORTE

MÁXIMO

DIRIXIDA A DEPORTISTAS DGAN QUE COMPETIRAN NAS ESPECIALIDADES/PROBAS SEGUINTES:

PROBA OLÍMPICA

PROBA PARALÍMPICA

PROBA DE ESPECIALIDADE

PRINCIPAL DE FEDERACIÓN DE

MODALIDADE NON

OLÍMPICA/PARALÍMPICA

(Probas incluídas

nos Niveis 1, 2, 3 e 4 do Decreto 6/2004)

PROBA DE ESPECIALIDADE NON

OLIMPICA/PARALÍMPICA ADSCRITA

A FEDERACIÓN DE MODALIDADE

OLÍMPICA/PARALÍMPICA

PROBA DE ESPECIALIDADE NON

PRINCIPAL DE FEDERACIÓN DE

MODALIDADE NON OLIMPICA/PARALÍMPICA

(Probas incluídas no Nivel 3 e 4 do Decreto 6/2004)

PROBA NON

OLÍMPICA/PARALÍMPICA DE

ESPECIALIDADE

OLÍMPICA/PARALÍMPICA

PROBA NON PARALÍMPICA DE DEPORTE PARA DEPORTISTAS

CON ALGUNHA

DISCAPACIDADE

(Probas incluídas

nos Niveis 2 e 4 do Decreto

6/2004)

Axuda DGAN 1 10.000 € Categoría Absoluta: 1º no CM - -

Axuda DGAN 2 7.000 €

Categoría Absoluta: 2º ou 3º no

CM ou 1º no CEu

Categorías Previa Absoluta e Intermedia: 1º no CM

- -

Page 10: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 10

TIPO DE AXUDA IMPORTE

MÁXIMO

DIRIXIDA A DEPORTISTAS DGAN QUE COMPETIRAN NAS ESPECIALIDADES/PROBAS SEGUINTES:

PROBA OLÍMPICA

PROBA PARALÍMPICA

PROBA DE ESPECIALIDADE

PRINCIPAL DE FEDERACIÓN DE

MODALIDADE NON

OLÍMPICA/PARALÍMPICA

(Probas incluídas

nos Niveis 1, 2, 3 e 4 do Decreto 6/2004)

PROBA DE ESPECIALIDADE NON

OLIMPICA/PARALÍMPICA ADSCRITA

A FEDERACIÓN DE MODALIDADE

OLÍMPICA/PARALÍMPICA

PROBA DE ESPECIALIDADE NON

PRINCIPAL DE FEDERACIÓN DE

MODALIDADE NON OLIMPICA/PARALÍMPICA

(Probas incluídas no Nivel 3 e 4 do Decreto 6/2004)

PROBA NON

OLÍMPICA/PARALÍMPICA DE

ESPECIALIDADE

OLÍMPICA/PARALÍMPICA

PROBA NON PARALÍMPICA DE DEPORTE PARA DEPORTISTAS

CON ALGUNHA

DISCAPACIDADE

(Probas incluídas

nos Niveis 2 e 4 do Decreto

6/2004)

Axuda DGAN 3 4.500 €

Categoría absoluta: De 4º a 8º no CM, ou 2º ou 3º no CEu.

Categorías Previa Absoluta e Intermedia: 2º ou 3º no CM ou 1º

no CEu.

- -

Axuda DGAN 4 2.000 €

Categoría Absoluta: Participación no CM, ou de 4º a 8º no CEu, ou 1º

no CEsp

Categorías Previa Absoluta e Intermedia: 4º a 8º no CM, ou 2º ou 3º no CEu

Categoría Absoluta: De 1º a 3º no

CM ou 1º no CEu. Categoría Absoluta: 1º no CM.

Axuda DGAN 5 1.000 €

Categoría Absoluta: Participación

no CEu.

Categorías Previa Absoluta e Intermedia: Participación no Cto

Mundo, 4º a 8º no CEu ou 1º no Cto

Esp.

Categoría Absoluta: De 4º a 8º no

CM ou 2º e 3ºno CEu.

Categorías Previa Absoluta e Intermedia: De 1º a 3º no CM ou 1º no CEu.

Categoría Absoluta: 2º e 3º no

CM ou 1º no CEu.

Categorías Previa Absoluta e Intermedia: 1º no CM

Consideracións: 1. Categoría Absoluta: é a categoría de idade na que se desenv olv a a competición deportiv a de máis alto niv el da modalidade deportiv a, sendo,

xeralmente, aquela na que os deportistas cumpren 19 anos no seu primeiro ano natural na categoría.

2. Categoría Previa á Absoluta: é aquela categoría de idade na que participan deportistas que, xeralmente, cumpran 17 ou 18 anos ao longo do ano natural no que se celebran os campionatos.

3. Categoría Intermedia: é categoría of icialmente recoñecida de cada deporte na que participen deportistas que deixan a categoría Prev ia Absoluta e

que estean nos primeiros anos da categoría Absoluta. A Comisión poderá considerar unha única categoría intermedia por modalidade.

4. CM: Campionato do Mundo CEu: Campionato de Europa. CEsp: Campionato de España. Poderanse v alorar as Copas de España/Europa/Mundo, cando estas competicións estean conf ormadas por v arias probas e cunha clasif icación f inal. En ningún caso se v alorará ser cam pión dunha única

proba, senón que solo poderá ser v alorado o f eito de ter sido campión da clasif icación f inal.

5. Mínimo de participación por proba: Cto. de Europa: 15 participantes e 8 países; Cto. do Mundo: 25 participantes e 15 países. Poderase eximir deste requisito aos resultados acadados en probas f emininas e en probas paralímpicas masculinas ou f emininas, por contar normalment e cunha

menor participación. Poderase eximir tamén deste requisito a aqueles deportistas que, en máis de 2 campionatos, obtiv eran posicións que cumpran

o criterio deportiv o, pero non o número mínimo de participantes. Nos deportes nos que exista unha f ase prev ia de clasif icación para o campionato,

tamén se computarán os participantes en dita f ase. 6. Considéranse como Probas olímpicas/paralímpicas aquelas incluídas no programa dos XXOO/XXPP do ano 2020.

7. Nos deportes colectivos será necesario f ormar parte da aliñación nalgún partido of icial do campionato obxecto de v aloración.

8. Poderase v alorar a clasif icación f inal obtida en ránkings, circuítos ou ligas mundiais, europeas ou estatais naquelas modalidades deportiv as

nas que así se desenv olv an as súas competicións estatais ou internacionais máis relev antes. 9. Nos CM, CEu e CEsp, non se v alorarán os resultados obtidos en probas de equipo naquelas especialidades nas que sexa posible participar

nunha proba indiv idual similar, atendendo a criterios relacionados co modo de execución da acción técnica, así coma cos requi rimentos condicionais

e f isiolóxicos da proba.

10. Valorarase un único Campionato de España por modalidade e categoría, en concreto, aquel que teña un maior niv el deportiv o.

6.4.2. BAREMO AXUDAS DGAN 6. Ata 100 puntos.

a) Ter licenza nun club galego: 10 puntos.

b) Participación e resultados en competicións no ano 2018: ata 90 ptos.

Valórase o mellor resultado en 2018 por categoría e ámbito da competición (Cto/Copa do Mundo, Cto/Copa de Europa, outras competicións internacionais ou Cto/Copa de España), ata un máximo de 90 puntos, con independencia do tipo de proba ou especialidade deportiva. Para poder ser persoa beneficiaria desta axuda, será necesario obter un mínimo de 15 puntos neste subapartado b).

Page 11: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 11

Categoría Previa á Absoluta

Categoría Intermedia Categoría Absoluta

Ámbito da competición Participación do 8º ao 4º do 1º ao 3º Participación do 8º ao 4º do 1º ao 3º

Cto/Copa do Mundo 10 ptos 20 ptos 30 ptos 20 ptos 30 ptos 40 ptos

Cto/Copa de Europa 5 ptos 10 ptos 20 ptos 10 ptos 20 ptos 30 ptos

Outras competicións internacionais 2 ptos 5 ptos 10 ptos 5 ptos 10 ptos 20 ptos

Cto/Copa de España 0 ptos 2 ptos 5 ptos 2 ptos 5 ptos 10 ptos

Consideracións:

1. Categoría Absoluta: é a categoría de idade na que se desenv olv a a competición deportiv a de máis alto niv el da modalidade deportiv a, sendo,

xeralmente, aquela na que os deportistas cumpren 19 anos no seu primeiro ano natural na categoría.

2. Categoría Previa á Absoluta: é aquela categoría de idade na que participan deportistas que, xeralmente, cumpran 17 ou 18 anos ao longo

do ano natural no que se celebran os campionatos.

3. Categoría Intermedia: é a categoría of icialmente recoñecida de cada deporte na que participen deportistas que deixan a categoría Prev ia

Absoluta e que estean nos primeiros anos da categoría Absoluta. A Comisión poderá considerar unha única categoría intermedia por modalidade.

4. Cto/Copa de España: Serán v aloradas as competicións do máis alto niv el deportiv o no estado español, normalmente Campionatos de

España da modalidade/especialidade, que outorguen a designación of icial de campións/as de España. As Copas de España serán v a loradas cando se acredite que o niv el da competición é igual ou superior ao Cto de España, atendendo en todo momento á igualdade dos criterios

relacionados co modo de execución da acción técnica, así coma cos requirimentos condicionais e f isiolóxicos da proba.

5. Outras competicións internacionais: Serán v aloradas as competicións de carácter internacional que se ben non son as que designan de

f orma of icial aos campións/as de Europa/Mundo da modalidade/especialidade, sí están incluídas no calendario internacional com o probas de alto niv el deportiv o europeo ou mundial, tendo a consideración e recoñecemento internacionais acreditados.

6. Cto/Copa de Europa: Serán v aloradas as competicións do máis alto niv el deportiv o no continente europeo, normalmente Campionatos de

Europa da modalidade/especialidade, que outorguen a designación of icial de campións/as de Europa. Tamén poderán ser v alorados os

resultados acadados en probas illadas das Copas de Europa.

7. Cto/Copa do Mundo: Serán v aloradas as competicións do máis alto niv el deportiv o en todo o mundo, normalmente Campionatos do Mundo

da modalidade/especialidade, que outorguen a designación of icial de campións/as do Mundo. Tamén poderán ser v alorados os resu ltados

acadados en probas illadas das Copas do Mundo.

8. Ctos/Copas de España/Europa/Mundo POR EQUIPOS: Terán o mesmo rango de v aloración de resultados indiv iduais aquelas competicións disputadas por equipos cando sexan organizadas polas f ederacións deportiv as of iciais respectiv as e se acceda a estas por clas if icación. No

caso de que a f orma de participación sexa mediante o sistema OPEN, os resultados internacionais acreditados serán v alorados no apartado

Outras Competicións Internacionais, e os resultados en España non serán v alorados. Todos os membros do equipo serán v alorados do mesmo xeito dentro da categoría na que se acredite o resultado como equipo.

6.5. Procedemento de concesión.

1º Inicialmente asignaranse as axudas DGAN 1 en base ao baremo 6.4.1. No caso de que o crédito dispoñible fora insuficiente para poder outorgar o importe íntegro das axudas DGAN 1, procederase a un prorrateo proporcional entre os importes iniciais ata cubrir o crédito dispoñible, non sendo posible conceder axudas DGAN 2, 3, 4, 5 e 6.

2º Seguidamente, asignaranse as axudas DGAN 2 tamén en base ao mesmo baremo 6.4.1., e procederase a confirmar os importes do mesmo xeito que coas Axudas DGAN 1 detallado no apartado anterior. No caso de que o crédito dispoñible trala confirmación dos importes das axudas DGAN 1, fora insuficiente para poder outorgar o importe íntegro das axudas DGAN 2, procederase a un prorrateo entre os importes iniciais ata cubrir o crédito dispoñible, non sendo posible conceder axudas DGAN 3, 4, 5 e 6.

3º Se existe crédito trala asignación dos importes íntegros das Axudas DGAN 1 e 2, resolveranse as Axudas DGAN 3 co mesmo procedemento utilizado anteriormente. No caso de que o crédito dispoñible trala confirmación dos importes das Axudas DGAN 2 fora insuficiente para poder outorgar o importe íntegro das Axudas DGAN 3, procederase a un prorrateo entre os importes iniciais ata cubrir o crédito dispoñible, non sendo posible conceder Axudas DGAN 4, 5 e 6.

4º Se existe crédito trala asignación dos importes íntegros das Axudas DGAN 1, 2 e 3, resolveranse as Axudas DGAN 4, seguindo o mesmo procedemento detallado con anterioridade.

5º No caso de que o crédito para asignar as Axudas DGAN 4 non fora suficiente para outorgar o importe íntegro, procederase a realizar un prorrateo entre os importes iniciais ata cubrir o crédito dispoñible, non sendo posible conceder axudas DGAN 5 e 6.

6º Seguiranse asignando os importes con este mesmo procedemento para as Axudas DGAN 5, sempre e cando o crédito sexa suficiente. Se unha vez resoltos estos primeiros cinco tipos de axudas, e se o crédito segue a ser suficiente, pasaremos a

Page 12: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 12

resolver as Axudas DGAN 6, repartindo proporcionalmente os puntos cos seus importes resultantes. No caso de que o crédito dispoñible trala confirmación dos importes dos anteriores cinco tipos de axudas fora insuficiente para poder outorgar o importe íntegro das axudas DGAN 6, procederase a un prorrateo entre os importes iniciais ata cubrir o crédito dispoñible.

6.6. Resolución de adxudicación.

A Comisión de Valoración elevará informe coa proposta de resolución ao órgano instrutor do procedemento, quen dará traslado da mesma ao Padroado da Fundación Deporte Galego para que esta resolva. O procedemento finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2019. O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa, lexitima ao interesado para entender desestimada a súa solicitude. As listaxes das axudas concedidas publicaranse na páxina web deporte.xunta.gal. 6.7. Aceptación da resolución.

Publicadas as correspondentes resolucións, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de 10 días hábiles para a súa aceptación ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada. No caso de que as axudas outorgadas non sexan aceptadas polas persoas beneficiarias ou que posteriormente á súa concesión se renuncie a elas, así como nos supostos do seu reintegro, non se alterará a distribución inicial do crédito entre todas as solicitudes aínda que se aplicase a regra do prorrateo. 6.8. Reclamacións.

Contra as resolucións da concesión de axudas poderán interporse reclamacións perante o órgano de adxudicación, no prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a publicación

das listas de persoas beneficiarias das axudas na páxina web deporte.xunta.gal, e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal., con carácter previo á vía xudicial. O prazo para resolver as reclamacións será de dous meses. 7. PAGAMENTO

Unha vez que o Padroado efectúe a resolución, e logo da recepción por parte da Fundación Deporte Galego dos informes de fiscalización oportunos, procederase ao pagamento da axuda ás persoas beneficiarias por transferencia bancaria. Para o pagamento da axuda concedida, as persoas beneficiarias das axudas deberá presentar os certificados de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Seguridade Social e a Xunta de Galicia (Consellería de Facenda). Non será necesario presentar estes certificados se os presentados coa solicitude están en vigor no momento de proceder ao pagamento.

Page 13: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 13

8. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular, durante o presente exercicio e o seguinte:

Aceptar e cumprir todas as estipulacións establecidas nas bases desta convocatoria.

Comunicar calquera eventualidade significativa no proxecto deportivo.

Someterse ás actuacións de comprobación que, no seu caso, puidera efectuar a Fundación Deporte Galego, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto galegos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións correspondentes.

Comunicarlle á Fundación Deporte Galego a obtención doutras axudas para o mesmo fin.

Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Xunta de Galicia, na forma que se determina no punto 5.2. destas bases.

Participar nas actividades de difusión coa fin de demostrar o grao de aproveitamento destas axudas, así como nas actividades de promoción do deporte que poida programar a Secretaría Xeral para o Deporte, a Fundación Deporte Galego e/ou os seus patrocinadores e/ou entes colaboradores.

Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no apartado 9 destas bases.

9. MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN, REVOGACIÓN E REINTEGRO

9.1 Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación. 9.2 Revogación e reintegro.

A Fundación poderá proceder, tras o apercibimento previo ás persoas beneficiarias, á revogación e/ou esixencia do reintegro da axuda, así como dos xuros de demora correspondente, nos supostos de:

Obtención da axuda falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

Incumprimento das obrigas como persoa beneficiaria establecidas nestas bases.

Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro mencionadas no apartado 8 destas bases que se puideran acometer, no seu caso, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos.

Calquera incumprimento das normas fixadas polas autoridades en materia de loita anti-dopaxe, en materia de loita contra a violencia no deporte e en materia de protección integral contra a violencia de xénero.

10. RÉXIME XURÍDICO

As presentes bases rexeranse polo dereito privado, séndolle aplicable o artigo 120 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do Sector Público de Galicia; os principios de xestión contidos no artigo 5.2. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e os de información aos que fai referencia o artigo 16 do

Page 14: “AXUDAS DGAN 2019”...Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

“AXUDAS DGAN 2019”

Fundación Deporte Galego 14

mesmo texto legal, así como os artigos do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que desenvolven ditos principios de xestión e publicidade. 11. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Fundación Deporte Galego, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos , conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de Procedementos e Servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario. Os datos serán comunicados ás Administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. A presentación de solicitude de axuda leva implícita a autorización á Fundación Deporte Galego para que:

Publique na súa páxina web a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas, coas excepcións previstas nas leis.

Para que inclúa os datos relevantes referidos ás axudas concedidas no Rexistro de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 132/2006, de 27 de xullo.

Para que inclúa os datos relevantes referidos ás axudas concedidas na Base de Datos Nacional de Subvencións.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https:// www. xunta.gal/proteccion - datos - persoais.