anuario 2017-2018 - edu.xunta.gal 2018... · sen q., rubén p., iria m., título primeiro premio...
TRANSCRIPT
Anuario 2017-2018
“ Hai moitos máis poetas afeizoados entre os adolescentes que entre os
adultos, e é nesta etapa cando as palavras son máis que nunca asideiro e
revolta, máscara, desvelamento, indagación, interrogante aberta, xogo, loita a
morte”.
Pilar Pallarés
A Xoán Díaz, alma mater do noso Certame literario
A primeira convocatoria realízase desde os departamentos de Lingua
Galega e Normalización lingüística do entón denominado IB Cambre, na
primavera de 1994.
No ano 2000 o Concello de Cambre entra a formar parte importante do
Certame xunto co IES Afonso X da Barcala. Desde entón a convocatoria fíxose
así conxuntamente, co obxectivo de estimular a creación literaria en galego e
fomentar a súa difusión entre a xuventude.
ies david buján 2017-2018
O ying e o yang O coello é moi vello, moito o quero é coma un ceo, ceo vermello lebre testán, libre e fea, torpe cadea, neve cúbrea! A lebre libre na neve ceibe O coello amado por desalmados
Sen título PRIMEIRO PREMIO 2016
JORGE RIVERA HERRERO Categoría A
IES David Buján
1º da ESO A
Están: Sofía B., Daniela V., Claudia M., Noa L., María S., Evam E., Adrián V., Nicolás L., Daniel Q., Rubén P., Iria M., Hugo C., Laura U., Zaira E., Laura C., Aitana J., Hugo D., Gonzalo R., Nicolás e Alejandro O.
páxina 1
ies david buján 2017-2018
III
Cando estás lonxe de min, fáltame o aire. Cando estás lonxe de min, québraseme a voz, fáltanme os folgos, perdo a certeza e apágase o sol
Sen título PRIMEIRO PREMIO 2013
SARA MESÍAS DE CONCEPCIÓN Categoría A
IES David Buján
1º da ESO B
Están: Alba R., Lucía F., Lucía, Hugo F., Óscar P., Ismael P., Óscar C., Alberto B., Matín I., Lucía M., Moraima N., Candela B., Claudia G., Xiana V., Diego L., Martín C., Laura P., Uxía C., Lola D., Claudia R., e Patricia R.
páxina 2
ies david buján 2017-2018
Novamente, o negro manto da noite cae. Choran os homes, calan os nenos, dorme o riso dos máis vellos. A lúa déitase no berce do río, ó lonxe, os bosques estremécense de frío. Escuridade e silencio infinito. A chuvia irrumpe na noite, as rúas molladas, perdidas na vila Pegadas de vidas descoñecidas. O vento arrastra lamentos de tempos antigos, de miradas temerosas e soños dos homes con medo a perdelos
Sen título PRIMEIRO PREMIO 2013
SARA MESÍAS DE CONCEPCIÓN Categoría A
IES David Buján
1º da ESO C
Están: Iván M., Brais L., Pablo G., Hugo F., Diego V., Emma S., Adrana N., Uxía R., Natalia C., Darío B., Héctor G., Adrián G., Adrián V., Valentina D., Tania L., Carla G., Xiana C., Lucía G. e Zaira M.
páxina 3
ies david buján 2017-2018
Novo amor Bautizo co teu nome aquelas ondas, que rompen contra a proa do meu barco cando cruzo os mares azuis, errando, na busca dun porto de acolledoras cordas. Doulle o teu nome tamén a estes días, que vagan paseniños polo camiño, lixeiros como suspiros ao ar vertidos, certos como os versos que ensinas. Viaxo vagando por esta vida que remata, como estrela fugaz na noite acesa, deixando na rocha profunda pegada. Navego sen rumbo neste barco sen pesca, na busca do faro con luz clara que me garde e para sempre protexa.
SEN TÍTULO PRIMEIRO PREMIO 2002
ÁNGEL MENA RODRÍGUEZ Categoría C
IES David Buján
2º da ESO A
Están: Carlos S., Sara C., Xoana R., Iria C., Sofía B., Pedro R., Mauro D., Brais P., Aarón M., Hugo R., Ester L., María T., Carla M., Nieves G., Nicole D. Nicolás L., Rubén D., Martín C. e Antonio M.
páxina 4
ies david buján 2017-2018
Caixa de sons
Na noite do lugar ermo onde canta o galo nace o demachiño con sangue de galiña negra agardando atopar as bruxas devecedoras dos ruídos artífices, ruídos que se esconden na caixa como fenómenos estraños. Caixa que co ruído chega a ter conexión co máis fermoso dos anxos, ou cos demos gardiáns dos tesouros, facendo que se remexan e fagan devecer pola incomprensión, sen facer caso do dragón dono da palabra meténdose nun mundo de ideas ilóxicas e confusas descoñecedora dos verdadeiros fenómenos do pensamento.
[…]
SEN TÍTULO PRIMEIRO PREMIO 2002
IRIA ROMERO SOUTO Categoría B
2º da ESO B
Están: Aitana A., Lara M., Avelina M., Marilyn C., Jayson F., Xoel G., Xoán R., Alicia B., Iago S., Lucas B., Samuel L., Isaac P., Alba A., Marta M., Iria G., Lucía L., Carlos R., Serxio C., Aroa S., María R. e Marcos V.
páxina 5
ies david buján 2017-2018
No xardín das delicias
Xirxiliasis de país peixes, provén do infinito fondo das augas onde o ceo está baleiro, e mirando para o punto céntrico do plenilunio da noitebra, e ulindo auga transparente de áspero tacto con bestial voracidade, o seu sentimento faille pensar intermitentemente no remate de pasaxe, onde as mórbidas inquietudes adéntranse no inferno e ardentes, que a estética do mal converte no atractivo do tenebroso, fan que o día insensato destrúa a imaxe do íntimo.
[…]
SEN TÍTULO
PRIMEIRO PREMIO 2001
IRIA ROMERO SOUTO
Categoría B
IES David Buján
2º da ESO C
Están: Aldara R., Andrea M., Ana R., Claudia R., Cristina D., Nerea P., Iker M., Jaime Ricardo Q., Benjamín F., Kevin F., Noel N., Oliver A., Celia S., Jennifer M., Mikeidy Dariela G., Laura V., Elena E., Ana R., Yago R., Diego S., Iván G., Brais V., León D. e Diego R.
páxina 6
ies david buján 2017-2018
Misteriosa sensación, escuridade baixo a luz que cubre a sombra do movemento rectilíneo. Escribo versos, versos que din canto odio amarte, fóra de todo tempo. Recordo dunha traxectoria apurada na túa boca, que vai ocupando posicións sucesivas no recordo do teu peito. Triste ferida que reflicte os modelos ondulatorios do sangue polo meu corpo. Solitarias bágoas de velocidade constante diseccionadas pola sombra que por ti chaman. Onte mireite, miráchesme. Coporeidade de pupilas. Retornamos, pero afástase de ti o fanatismo do pensamento. Eu puidera, pero é inquietude invencible, convulsión que non se detén.
[…] SEN TÍTULO
PRIMEIRO PREMIO 2001 IRIA ROMERO SOUTO
Categoría B IES David Buján
3º da ESO A
Están: Ángel G., Rubén D., Alejandro T., Fabián R., Ángel A., Santiago H., Manuel B., Julián R., Andrea C., Paula V, Lucía D., Jacobo D., Rita A., Nadia A., Iria G., María D., Lucía R., Diana A., Iria S., Sara V. e Ricardo N.
páxina 7
ies david buján 2017-2018
Lúa chea. Noite de lobos
Douradas follas que bailan co vento Alentar suspirante mexendo nas pólas Excitación, pero calma. Estou con todo, e estou a soas.
E unha árbore morta no chan Que fai de refuxio de vermes e arañas Quietude, dinamismo. A natureza é quen me acompaña.
Xa é de noite, lúa chea Sons e ruído, e non vexo nada. Non hai, pero están. Na quietude da noite, imaxinación axitada.
Parada inmóbil Tremendo por dentro como gotas de auga Cabelos en punta, latexos fogosos, Máis ollos en min fixan a mirada.
Ouveos, pegadas de fogo, Muxicas brillantes arredor de min voaban, Suor fría, respiración cortada, Na terrible noite, por todos acompañada.
PORTAS DO SÉCULO XX PRIMEIRO PREMIO 2000
GLORIA MENA RODRÍGUEZ Categoría B
IES David Buján
3º da ESO B
Están: Pablo C., Emma B., Edén A., Alejandro C., Mateo G., Xián C., Daniel S., Samuel P., Mateo S., Antonio M., Eduardo S., Gabriela G., Paula T., Carla F., Lucía C., Ainhara V., Erea D., Candela M., Andrea P., e Antía V.
páxina 8
ies david buján 2017-2018
[…]
Busqueite e non te atopei,
Removín os astros,
E ata lle preguntei á lúa:
“¿Onde está o meu amigo? ¡Axuda!”
Ninguén contestaba,
Só escoitaba o meu eco
Que se repetía una e outra vez.
¿Por que te apagaches estrela?
[…]
SEN TÍTULO
PRIMEIRO PREMIO 2000 GLORIA MENA RODRÍGUEZ
Categoría A IES David Buján
3º da ESO C
Están: Irene N., Marina Á., Alejandro A., Álex M., Noa P., Ricardo O., Izhan D., Mirian M., Nerea M., Natalia B., Nerea M., Alejandra P., Manuel V. e Jesús B.
páxina 9
ies david buján 2017-2018 Libro en branco
Neste branco libro
de caladas follas
contarei sen arte
toda esa ledicia
todo ese cariño,
……………. toda a fermosura.
Neste branco libro
de sentidas follas
contarei con rabia
toda esa amargura,
tódalas ausencias,
toda esta tristura.
Dentro destas liñas
deixarei en verso
todo o que me pida
o corazón que deixe.
Fóra destas liñas…
vivirei sen medo
todo o que esta vida,
cara ou cruz, me deixe.
Meu corazón pecharei
Nestas páxinas brancas.
OLVIDO PRIMEIRO PREMIO 1999
ERIKA CASTRO POSE CATEGORÍA B
IES de Cambre
4º da ESO A
Están: Yago B., Diego S., Darío V., Andrea G., Ana G., Gloria L., Cristóbal A., Bruno V., Anxo R., Sergio M., Ramón M., Alán R., Noelia M., Andrea B., María V., Vera R., Yago M., Yolanda G., Brais C., Alesandra M. e Álvaro D.
páxina 10
ies david buján 2017-2018
Nese lugar onde
a rosa e a negra se xuntan
onde o odio e o amor
se miran con bos ollos,
onde a amizade se mira distinta
e a infidelidade por igual
téñote eu gravado cunha ensiña,
pero esa ensiña tanta dor me fixo
que ó fondo do mar eu pensei en tirar
mil amores e mil loucuras
mil desexos e centos de envexas
que, co longo do tempo
transformáronse en odio, cobiza, rabia;
e por iso agora non te teño,
e por iso agora non te quero.
VARIOS PRIMEIRO PREMIO 1999
GLORIA MENA RODRÍGUEZ Categoría A
IB de Cambre
4º da ESO B
Están: Antonio V., Iván R., Ángel S., Sergio C., Jorge R., Christian F., Brais S., Martín B., Iago S., Tristán Á., Marta V., Marta R., Laura P., Ulla D., Marta M., Paula S., Raquel S., Cristina R., Alba V., Adriana P. e Sheila L.
páxina 11
ies david buján 2017-2018
Sinto o corazón roto,
rachado polo medo de perderte,
non quero que me deixes
pero sei que algún día o farás
e o meu corazón romperase en anacos.
Anacos pequenos que marcan a vida,
anacos que non se poden recoller,
porque aínda te recordarei tal como te vin,
tal como te sentín o primeiro día,
ese día, que, nun impulso fugaz,
os nosos beizos se tocaron,
as nosas mans se xuntaron,
as nosas vidas se compenetraron.
Eramos dous mais eramos un,
ese día non o olvidarei
porque ese día te gravei
xusto onde o home
perde o nome,
o corazón.
VARIOS PRIMEIRO PREMIO 1999
GLORIA MENA RODRÍGUEZ Categoría A
IB de Cambre
1º bacharelato A
Están: Santiago B., Lewis G., Alejandro F., Sabela T., Balta C., Martín O., Elísabet M., Lucía G., Andrea P., Nerea B., Diego L., Daniel P., Borja G., Xavi C., Pablo S., Arancha B., Cristina C., Nuria C., Andrea V., Lorena F., Miriam L., Laura G., Patricia G., Samira F., Marta P., Noa V. e Eva M.
páxina 12
ies david buján 2017-2018
III
“E MORREMOS XUNTOS NA NOSA HISTORIA”
Tinguir o ceo de nubes
e sandar a orixe dos fungos
con saloucos que abranguen máis alá da agonía
extinguir a noitebra
coma extinguir a esvástica das nosas vidas
trazando un pacto nos asubíos dos nosos ollos
derramar na cunca a babuxa dos nosos anos
que pasan
sen contar outra cousa que nolos dous
na pobreza da sepultura
expulsar as nosas vidas
para morrermos xuntos na nosa historia.
Esta vai por todas aquelas
parellas sen máis historia
que a que garda a outra persoa.
En especial ós meus tíos S.M.
que non se queren menos
porque non se poden querer máis.
SEN TÍTULO
PRIMEIRO PREMIO 1998 EVA VALIÑO BOUZAS
Categoría única BUP e COU IB de Cambre
1º bacharelato B
Están: Diego P., Mario S., Martín F., Diego S.-T., Arturo Á., David C., Marta B., David S., Mercedes R., Pablo C., Nerea L., Andrea S., Antía R., Jonathan C., e Adrián R.
páxina 13
ies david buján 2017-2018
Escoito a música,
o demais cala.
O meu corazón berra,
rebélase a ela.
Tenta fuxir
pero eu non o deixo.
Maldita sexa
a envexa que o reclama,
feitizo de meiga
da rapaza que o chama,
que lle di que cale,
que calme a súa ansia.
Mais o corazón segue
a súa tola escapada.
Agora téñoo na gorra…
parece que me esgana.
Escoito… non oio nada.
O corazón xa non berra,
a música cala.
SEN TÍTULO PRIMEIRO PREMIO 1997
LUCAS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ Categoría única BUP e COU
IB de Cambre
1º bacharelato C
Están: Antón O., Marco A., Gabriel D., Gonzalo Ch., Andrés Q., Iria V., Sandra M., María G., Hugo C. Iria J., Samuel P., Javier C., Mario C., Emilio R., Alberto I., Antía T., Valeria M., Uxía G., Uxía P., Candela B., Mary G., Manuel B., Alba P., Valeria C., Eva A., Nerea G. e Graciela G.
páxina 14
ies david buján 2017-2018
IV
Para ELES: a palabra.
Para TI: o xesto.
Para ELES: a historia e o poder
Para TI: un sorriso
un sentimento
unha soa mirada.
Para min
nada
quero.
[…]
SEN TÍTULO PRIMEIRO PREMIO 1996
CRISTINA BLANCO GONZÁLEZ Categoría única BUP e COU
IB de Cambre
2º bacharelato A
Están: Marcos I., Nuno M., Iván G., David M., Lydia R., Lucía C., Noelia I., Yeray F., Alejandra M., Martín A., Blanca T., Carmen C., Laura R., Laura M. e Daniel L.
páxina 15
ies david buján 2017-2018
AUSENCIA
A cadeira,
o recuncho,
a silenciosa parede.
Pétalos caídos
Exentos de vida.
Chuvias torrenciais
acariciaban a xanela.
Amores xuvenís
de paixón murcha.
O lume daba luz
non calor.
FALTABA A ALMA
FALTABAS TI.
SEN TÍTULO PRIMEIRO PREMIO 1995
CRISTINA BLANCO GONZÁLEZ Categoría única BUP e COU
IB de Cambre
2º bacharelato B
Están: Marina M., Sergio T., Sarai M., Patricia G., Miguel F., Alejandro R., Sergio R., Hugo P., Belén P., Nuria R., María F., Christopher M., Paula R., Rosalía M., Noelia R., Elisa P., Aida B., Sara P., Miriam F., Laura B., Carmen V. e Andrea V.
páxina 16
ies david buján 2017-2018
I
Ninguén sabe o que é a morte
porque ninguén sabe o que é a vida.
SEN TÍTULO
PRIMEIRO PREMIO 1994 JORGE MANRIQUE VARELA FERREIRO
Categoría única BUP e COU IB de Cambre
2º bacharelato C
Están: Bruno M., Christian B., Paula G., Iñaki P., Santiago V., Germán C., Rodrigo M., Uxía L., David T., Sara R., Lucía V., Natalia M., Lucía B., Irra V., Raquel P., Jaime F. e Cristina G.
páxina 17