viveiro la garantía
Post on 29-Mar-2016
250 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
VIVEIRO “LA GARA�TÍA”
(Instalacións El Olmo)
XESTIÓ� E ORGA�IZACIÓ� DE PRODUCIÓ� DE PLA�TA
CURSO: 2010/2011
I�ÉS CASTRO PARDO
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
1
ÍDICE
1.- SITUACIÓ E LOCALIZACIÓ .......................................................................... 2
2.- HISTORIA DO VIVEIRO. ...................................................................................... 2
3.- TIPO DE VIVEIRO. ................................................................................................. 3
3.1.- Dimensións. ............................................................................................................. 3
3.2.- Catálogo. ................................................................................................................. 4
4.- ESQUEMA DE PRODUCIÓ. ............................................................................... 4
5.- ISTALACIÓS ECESARIAS E AUTOMATISMOS. .................................... 5
6.- SISTEMAS DE REGA E ABOADO. ................................................................... 8
6.1.- Rega. ....................................................................................................................... 8
6.2.- Abonado. ............................................................................................................... 9
7.- COMERCIALIZACIÓ ........................................................................................ 10
8.- PERSOAL ................................................................................................................ 12
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
2
1.- SITUACIÓ E LOCALIZACIÓ
O viveiro obxecto do presente traballo está situado no concello de Cambre, na provincia
de A Coruña. A escasos 3 km de distancia do viveiro, sitúase o garden desde onde se
realizan os traballos propios do departamento comercial que posúe a empresa.
2.- HISTORIA DO VIVEIRO.
Viveros La Garantía S.L. é unha empresa familiar que foi fundada no ano 1956, por
José Cupeiro Fernández e a súa muller, Cándida Breijo. Comenzaron co cultivo de
eucaliptos para reforestación.
Na Barqueira inaugurase o primeiro viveiro da empresa, comenzando coa importación
de plantas ornamentais desde Holanda, e a venta en feiras.
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
3
Nos anos 80, abrese un novo centro na localidade do Espíritu Santo; un viveiro de venta
ao público e de distribución de planta de Holanda a floristerías. Mentras a produción en
campo da Barqueira estaba enfocada á venta a viveiros e centros de xardinería.
A finales dos anos 90, amplíanse mercados, comenzando a comercialización a toda
España e ao extranxeiro. Para poder satisfacer esta nova demanda xenerada cómprase a
finca El Olmo, ónde se ubica un novo centro de produción e comercialización de planta
ornamental en maceta.
Hoxe en día, a empresa conta con tres centros, e integra o traballo de tres xeneracións.
3.- TIPO DE VIVEIRO.
Na finca El Olmo, onde se atopan as instalacións máis recientes do viveiro, lévase a
cabo a produción de planta de temporada e planta ornamental en maceta.
En este centro ubicase o departamento comercial e coordínase a loxística e distribución
para España e Portugal, tanto a outros centros de xardinería, como a floristerías,
xardiñeiros ou directamente ao consumidor final.
3.1.- Dimensións.
El Olmo posúe aproximadamente 7 ha. destinadas á produción de planta en contenedor,
das cales 1 ha. é baixo cuberta, en A Barqueira hai 20 ha. de produción en campo e nas
intalacións do Espíritu Santo hai aproximadamente 1 ha. adicada á comercialización a
través do centro de xardinería que ten o viveiro.
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
4
3.2.- Catálogo.
Prodúcense, entre outras:
• Hortensia
• Cyclamen
• Poinsettia
• Jazmin Polyanthum
• Begonias
• Impatiens
• Tagetes
• Petunias
Contando ademais cunha considerable produción de:
• Pieris japonica
• Azalea japonica
• Cupressus macrocarpa Wilma
• Cordyline
• Acacia
• Phormium
• Pittosporum
• Buxus
• Rhododendrons
• Camellias
4.- ESQUEMA DE PRODUCIÓ.
Case todas as especies producidas en exterior son adquiridas como plantel en maceta
aos provedores (normalmente macetas 9 cm).
Só algunhas, como o buxo, thuja, leylandi, camelia,… son reproducidas directamente
nas instalacións do viveiro a partir de esgallos que enraizan en bandexas de alveolos e
que se repican posteriormente a maceta (9 cm), seguindo despois o mesmo proceso que
o resto do plantel adquirido. Este consiste en facer un reenmacetado ao contenedor que
se estime oportuno en cada caso, (normalmente de 3 ou 5 l).
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
5
Plantel Plantel reenmacetado
Unha vez a planta esté enraizada, realizaranselle aquí as podas de formación e
tratamentos correspondentes.
En canto á planta producida en invernadoiro, decir que normalmente é planta de
temporada que se compra xa enraizada en bandexas de alveolos. De aquí transplántase
directamente á maceta na que finalmente será comercializada. A maior parte da planta
cultívase en maceta de 10,5 cm e só algunhas especies como: surfinia, pelargonium,
impatiens,… se cultivan en tamaños maiores (13 ou 14 cm normalmente) debido ao
crecemento da planta.
Os tratamentos aplicados son normalmente curativos e rara vez preventivos. O máis
habitual é tratar contra fungos como a phytophtora, botritis, oidio,…e contra insectos
como o pulgón e a mosca blanca.
5.- ISTALACIÓS ECESARIAS E AUTOMATISMOS.
Neste centro cóntase cos dispositivos técnicos máis avanzados e con invernadoiros
completamente automatizados para o cultivo e a comercialización de planta ornamental.
Para realizar todas as operacións anteriormente descritas hai semitúneles para o
enraizado de esgallos, invernadoiros formados por túneles con cuberta de PE,
enmacetadoras, mezcladoras de sustrato, carretillas elevadoras, tractores, podadora
automática, sulfatadoras que se acoplan ao tractor, sulfatadoras de carretilla,… Dentro
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
6
dos invernadoiros tanto a ventilación, como o sombreado mediante pantalla está
automatizado.
Enmacetadoras
Túnel de sombreado
Carretilla elevadora
Automatismo para ventilación e sombreado
Sulfatadora de carretilla de 100 litros
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
7
Sulfatadora de 300 litros
Sulfatadora 300 litros acoplada a tractor
Podadora automática
Mesa con substrato e planta aviveirada
Carretilla
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
8
6.- SISTEMAS DE REGA E ABOADO.
Tanto para a aplicación da rega como do abonado por fertirrega, cóntase coa axuda
dunha aplicación informática que xestiona, entre outras cousas, as doses de auga ou de
abonado a aplicar, o tempo que se realizará este submnistro ou a zona na que se desexa
levar a cabo o proceso.
6.1.- Rega
Rega por goteo
Rega por aspersión
Dentro do invernadoiro, a planta disponse de dous xeitos:
- Sobre mesas de cultivo, facendo neste caso a rega por goteo
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
9
- Directamente no chan sobre malla, aquí a rega pode facerse ben por goteo ou
ben por aspersión.
A rega da planta que se atopa no exterior faise case exclusivamente por aspersión,
exceptuando a rega do crisantemo e dalgunhas plantas que se fan en formatos de maior
tamaño (7,5 L, 10L, 15L), que precisan da rega por goteo para unha maior eficiencia.
6.2.- Abonado
Dentro dos invernadoiros o abonado faise mediante fertirrigación para o cal se dispón
dunha máquina que realiza a mestura indicada de abonos a partir de abonos simples.
Cando a produción é en exterior, o abonado faise mediante a incorporación de abonos
de liberación lenta como abonado de fondo dentro da mestura de sustrato que se
prepara. Fanse puntualmente reabonados mediante a aplicación de abonos de liberación
rápida en cobertera, para a planta que así o precise.
Depósito de abono simple
Misturadora de abonos
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
10
7.- COMERCIALIZACIÓ
A comercialización faise de distintos xeitos:
- Directamente nas instalacións a maioristas ou detallistas.
- A través de camións de reparto a maioristas ou detallistas.
- En autoventa a maioristas ou detallistas.
- A través de comerciais en puntos xeograficamente máis alonxados (Madrid,
Portugal,..)
- A través de comerciais, vía telefónica, a rutas preestablecidas nas que finalmente
se realiza o reparto a maioristas.
As plantas soen sair maioritariamente expedidas en contenedor, aínda que hai unha
pequena porcentaxe que se comercializa en cepellón.
A planta de menor tamaño límpase, prepárase e colócase en carrys para a expedición.
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
11
Os carrys serán posteriormente retractilados para o seu manexo e transporte, mentres
que a planta de maior tamaño soe expedirse en camións a granel.
Para realizar estos traballos contamos cunha máquina lavadora de macetas e unha
retractiladora.
Máquina lavadora de macetas
Macetas lavadas
Máquina retractiladora
Carry retractilado
Ademáis á planta sóeselle colocar unha etiqueta na que se pode ver en detalle
normalmente a flor ou a folla.
VIVEIRO LA GARATÍA (Instalacións El Olmo)
12
O muelle de carga é a zona onde se aproxima o camión para cargar ou descargar planta
ou calquera outro subministro que se realice ás intalacións.
8.- PERSOAL
Na actualidade son algo máis de 30 persoas traballando entre os tres centros que agrupa
a empresa, sendo a mayoría del persoal fixo. Deles arredor duns 14 fano nas inatalación
obxecto deste traballo. En campaña, se é necesario, contrátase algún persoal eventual
(2-3 persoas normalmente).
top related