teatro clásico francés

Post on 14-Jun-2015

1.164 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Introdución ao teatro clásico francés e á obra de Molière.

TRANSCRIPT

Teatro clásico francés

Clasicismo

Corrente artística que triunfou en Francia durante o século XVII

Coincide no tempo co Racionalismo: Descartes

Búsqueda da claridade, da lóxica e da orde

Obsesión pola preceptiva, polas normas.

Cogito, ergo sum

En política, o fanatismo relixioso e o afán de dominio dos grandes estados levou a Europa ao colapso durante a Guerra dos 30 anos.

En España e Italia, triunfa o Barroco.

Características do teatro clásico

É un teatro cortesano no que se impoñen os gustos aristocráticos.

Regreso aos preceptos aristótelicos: unidade de tempo, lugar e acción.

Aparece na década dos 30 do século XVII

Estricta separación de xéneros e estilos

Traxedia: personaxes elevados e ton solemne. Sempre en verso.Comedia: personaxes da burguesía e do pobo. Linguaxe común, aínda que non vulgar. Pode empregar prosa ou verso.

Rexéitase o excesivo patetismo: mortes en escena, sangue…

Traxedia

Pierre Corneille (1606-1684)

Jean Racine (1639-1699)

Comedia Jean-Baptiste Poquelin “Molière” (1622-1673)

Pierre Corneille

Destacou sobre todo polas súas traxedias de carácter histórico, con personaxes en busca de gloria.

O Cid

Horacio

Cinna

Jean Racine

As súas traxedias destacan por un forte sentimento poético. Sobresaen as súas heroinas, envoltas en violentos conflitos pasionais. Moitas das súas obras están inspiradas na traxedia grega.

Britannicus

Fedra

Andrómaca

Molière

Jean Baptiste Poquelin naceu en París, nunha familia da burguesía. Pese á oposición paterna, e a pesar de terse graduado en Dereito, adicouse ao teatro desde moi novo. Fundou unha compañía xunto á famosa actriz Madeleine Béjart e algúns dos parentes e amigos dela.

Despois de anos de dificultades e xiras por toda Francia, a compañía de Molière convértese nunha das máis exitosas da corte de Luis XIV. Morre no ano 1673, poucas horas despois de sofrer un ataque durante a reprenentación do Enfermo imaxinario.

Obras moi coñecidas de Molière:

Sátira contra a hipocresía relixiosa. Foi prohibida por presión da Igrexa. Cando finalmente Luis XIV permitiu a representación converteuse no maior éxito de Molière.

Tartufo é un intrigante que finxe ser boa persoa e se aproveita da bondade de Orgón, cabeza dunha rica familia, para facerse dono da casa e quedarse coa súa fortuna. Converteuse en símbolo da hipocresía manipuladora.

TARTUFO

O AVARO

Inspirada na Aulularia de Plauto, esta obra critica o defecto da avaricia, encarnada Harpagón, un pai de familia que pretende amañar para os seus fillos matrimonios que eles non desexan. Como noutras obras, Molière critica tamén aquí o abuso da autoridade paterna e os matrimonios por interés.

AS MULLERES SABIAS

Esta obra é unha sátira contra a pedantería de salón na que caían moitas mulleres da súa época, e contra os seus pretenciosos mestres.

O ENFERMO IMAXINARIO

O pai de familia Argán, probablemente o primeiro hipocondriaco da historia da literatura, quere casar a súa filla cun médico, para así asegurarse as constantes atencións que cre necesitar. Pero a filla ama a outro. Paralelamente, a muller de Argán, madrastra das fillas, arde en desexos de herdar a fortuna do seu achacoso marido.

Características do teatro de Molière

Acepta as regras clásicas

Retrata con gran acertos os vicios e caracteres da sociedade da súa época.

Creou personaxes que se converteron en arquetipos dos vicios que representaban: Harpagón, Tartufo.

É un mestre en crear o humor e a comicidade non só mediante palabras, senón tamén a través de situacións.

A súa linguaxe é moi rica e expresiva.

As obras de Molière seguen a ser representadas con éxito nos principais escenarios do mundo.

Ariane Mnouchkine (1978) Laurent Tirard (2007)

A tráxica vida do cómico francés máis universal foi levada ao cine en varias ocasións.

top related