reuniÓn da comisiÓn 7.ª, agricultura ......a comisión 7.ª, agricultura, alimentación,...
Post on 07-Jul-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª,
AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,
GANDARÍA E MONTES
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de 2016, ás 10.30 horas, no pazo do Parlamento. A orde do día é a seguinte : Punto 1. Proposicións non de lei en Comisión 1.1 42170 (09/PNC-003526) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa Sobre a introdución polo Goberno galego, na vixente lexislación de montes, de
modelos de agrupación de terras do tipo das extintas unidades de xestión forestal, así como o impulso da súa constitución e posta en funcionamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 531, do 07.10.2015 1.2 46817 (09/PNC-003891) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e aos
concellos de Galicia en relación co proceso de regularización catastral de bens inmobles que está a desenvolver no medio rural o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 602, do 17.02.2016 1.3 47673 (09/PNC-003962) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para facilitarlles ás
persoas solicitantes os trámites para o cobramento das axudas agroambientais, clima e agricultura ecolóxica da política agraria común
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016 Punto 2. Preguntas orais en Comisión 2.1 45580 (09/POC-006725) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis Sobre o orzamento, os posibles beneficiarios e principais obxectivos de cada una
das liñas de axuda publicadas no Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015 para a defensa e apoio do sector forestal galego e dos profesionais e industrias que desenvolven a súa actividade no ámbito do aproveitamento do monte, así como a valoración do Goberno galego respecto da súa incidencia no potencial forestal de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 28.01.2016
2.2 47635 (09/POC-007105) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa e Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego para o cumprimento das
limitacións establecidas na lexislación vixente en relación coa plantación de eucaliptos, en particular nos espazos protexidos, así como para promover alternativas produtivas a esa especie baseadas en aproveitamentos multifuncionais e sustentables
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016 2.3 47856 (09/POC-007150) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis Sobre a fundamentación dos criterios establecidos pola Xunta de Galicia para o
cobramento polos gandeiros galegos das axudas da política agraria común no referido ao denominado "pago verde" ou "greening", así como os datos relativos á incidencia desa decisión nas axudas percibidas por Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016 2.4 47868 (09/POC-007155) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para o cumprimento do
acordo parlamentario referido á implementación un plan de fomento da horticultura, fruticultura e agricultura ecolóxica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016 Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento. O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión. Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016
Vidal Martínez-Sierra López
Presidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,
GANDARÍA E MONTESPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteVidal Martínez-Sierra López P
VicepresidenteJesús Miguel Prado Patiño P
SecretariaMaría Tereixa Paz Franco BNG
José Manuel Balseiro Orol PMoisés Blanco Paradelo PAngel Camino Copa PRaúl Fernández Fernández SJackeline Elizabeth Fernández Macías PPablo García García SMaría Isabel García Pacín PMaría Consuelo Martínez García MRosa Oubiña Solla PAntón Sánchez García AGEJosé Ramón Val Alonso S
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 42170(09/PNC-003526)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a introdución polo Goberno galego, na vixente
lexislación de montes, de modelos de agrupación de terras do
tipo das extintas unidades de xestión forestal, así como o
impulso da súa constitución e posta en funcionamento
Publicación da iniciativa, 531, 07.10.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da
deputada Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa
aos instrumentos para a creación de unidades produtivas de superficie suficiente para
facer sustentábel o aproveitamento do monte.
Sen entrar en profundidade no debate en relación coas causas e connotacións
negativas que ten o minifundio das parcelas forestais en Galiza, o que resulta
incuestionábel é que o factor superficie é determinante para a realización de proxectos
que poñan en valor todas as potencialidades do monte.
En Galiza aproximadamente o 65% da superficie forestal está configurada por
montes de particulares que na súa inmensa maioría son parcelas de superficie moi
reducida. Neste caso unha das solucións para lograr unidades produtivas viábeis pasa
por poñer as parecelas en común, de forma cooperativa e participativa dos e das
propietarias.
Esta era a orientación que tiñan as Unidades de Xestión Forestal que se
regulaban na Lei 3/2007, de prevención de incendios forestais de Galiza e que foron
primeiro denostadas e ninguneadas e xa, posteriormente, definitivamente eliminadas da
nosa regulación en materia de montes.
Actualmente a única alternativa posíbel son as Sociedades de Fomento Forestal
(Sofor) nas que a xestión das terras en común queda sometida a fórmulas mercantís,
grande aposta do Goberno do Partido Popular e que ten demostrado ser un instrumento
que fracasou a tenor dos datos de constitución desde a súa regulación no ano 2010.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate en Comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a introducir novamente na
nosa regulación en materia de montes modelos de agrupación do tipo das extintas
Unidades de Xestión Forestal e a fomentar a súa constitución e posta en funcionamento
facéndoas destinatarias dos incentivos existentes para outras figuras con similares
obxectivos.”
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tereixa Paz Franco na data 30/09/2015 18:32:13
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/09/2015 18:32:19
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 46817(09/PNC-003891)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao
Goberno central e aos concellos de Galicia en relación co
proceso de regularización catastral de bens inmobles que está
a desenvolver no medio rural o Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas
Publicación da iniciativa, 602, 17.02.2016
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa dos seus
deputados Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xabier Ron
Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Juan M. Fajardo Recouso e da súa deputada Eva
Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A revisión catastral que se está a desenvolver en Galicia, tanto no Catastro de Urbana
como no de Rústica, terá un impacto importante sobre os bens inmobles do rural. Todas
as instalacións agrarias, tales como granxas, naves e invernadoiros, pasan a pagar o
Imposto de Bens Inmobles (IBI).
A revisión catastral estase a desenvolver en Galicia desde o ano 2013, en aplicación da
resolución da Dirección Xeral do Catastro do 10 de setembro do 2013, pola que se
determinan municipios e periodos de aplicación do procedemento de regulación catastral.
En parte dos concellos galegos xa se realizou e noutros está en marcha, estando prevista
a incorporación de todos os restantes que o soliciten ata finais do 2016 ou 2017, de ser
prorrogado o prazo. En Pontevedra, por exemplo, dos 62 concellos da provincia, a
revisión xa afectou a 12 e hai outros 18 en proceso.
A actualización do Catastro obrigará ao pago da contribución por instalacións que ata
agora estaban exentas, como cortes, naves, pendellos ou invernadoiros. A maiores, a
revisión porá ó día ampliacións en vivendas e novas construccións, xa que o actual
Catastro, que data de mediados dos anos noventa, quedouse desfasado.
O que se vaia pagar de contribución depende da boa vontade do Concello de turno. A lei
permite unha taxa de entre o 0,3 e o 0,9 % do valor da propiedade.
Un establo valorado en 100.000 euros, e que ata o momento da revisión non viña
pagando o IBI, pasaría a pagar 900 euros ó ano se se lle aplicase a taxa máxima que
permite a lei, un 0,9%. Ademais, o Catastro pode reclamar os últimos catro anos de
atrasos.
Por todo o exposto o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a
seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
1) Solicitar ao Ministerio de Facenda e Administracións públicas a exención deste
tipo de instalación agrarias do IBI como forma de apoio á economía rural.
2) Instar a que os Concellos galegos cobren a taxa mínima, do 0,3%, establecida
pola lei na tributación deste tipo de inmobles.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016.
Asinado dixitalmente por:
Anton Sánchez García na data 08/02/2016 17:18:24
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 08/02/2016 17:18:31
Ramón Vázquez Díaz na data 08/02/2016 17:18:35
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 08/02/2016 17:18:38
Eva Solla Fernández na data 08/02/2016 17:18:41
Jose Javier Ron Fernandez na data 08/02/2016 17:18:43
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 47673(09/PNC-003962)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
García García, Pablo e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego
para facilitarlles ás persoas solicitantes os trámites para o
cobramento das axudas agroambientais, clima e agricultura
ecolóxica da política agraria común
Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José
Ramón Val Alonso, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Comisión 7.ª, Agricultura,
Alimentación, Gandería e Montes.
Exposición de motivos
Son máis de 2.000 os expedientes denegados de axudas agroambientais,
clima e agricultura ecolóxica en Galicia, tal como vén de publicar a
Resolución do 1 de febreiro de 2016.
Estas axudas afectan sobre todo a explotacións gandeiras situadas en zonas
de montaña e de zonas desfavorecidas, chegando nestas determinadas
zonas a supoñer máis de un 30 % do total de solicitudes.
Hai que ter presente que estas axudas poden chegar a supor máis de un
40 % dos ingresos dunha explotación, que de todos xeitos xa ven como este
tipo de axudas van a ter unha importante redución.
Isto é consecuencia de que antes as explotacións podíanse acoller a varias
liñas de medidas agroambientais, en tanto que agora só poden ligarse a
unha das liñas, concretamente a de “apoios á xestión de pastos”. Mentres
que antes unha explotación de vacún de carne das medias que temos en
Galicia acollíase a liña de pastoreo, a outra de control integrado de
superficie, a medidas de apoio a unha maior extensificación, etc.
Os expedientes denegados neste período inicial, xa que aínda son
susceptibles de ser aprobados despois das reclamacións dos e das
solicitantes, son fundamentalmente motivados por:
A exclusión de oficio de aqueles pastos arbustivos de unha superficie
inferior a 0,3 hectáreas.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
A exclusión en determinadas zonas das parcelas con máis dun 10 %
de pendente.
A problemas técnicos da propia consellería na súa aplicación, como
é o de rexistro das coordenadas onde están situadas por exemplo as
colmeas, etc.
Problemas de duplicidade.
En definitiva, en lugar de contar os solicitantes coa axuda da
administración para cobrar as axudas da PAC, esta se converte nun atranco
máis a superar para poder optar a estas axudas.
Co risco ademais de non só perder as axudas deste ano senón a de
exercicios posteriores.
Ante isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte proposición non de lei en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a poñer os mecanismos
técnicos, humanos e mudar os criterios e requisitos dentro da normativa
vixente de cara a facilitar ós solicitantes os trámites para poder cobrar as
axudas da PAC agroambientais, clima e agricultura ecolóxica.
Pazo do Parlamento, 23 de febreiro de 2016
Asdo.: Pablo García García
Raúl Fernández Fernández
José Ramón Val Alonso
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Pablo García García na data 23/02/2016 17:28:26
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Raúl Fernández Fernández na data 23/02/2016 17:28:31
José Ramón Val Alonso na data 23/02/2016 17:28:42
Jose Luis Méndez Romeu na data 23/02/2016 17:28:47
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 45580(09/POC-006725)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre o orzamento, os posibles beneficiarios e principais
obxectivos de cada una das liñas de axuda publicadas no
Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015 para a
defensa e apoio do sector forestal galego e dos profesionais
e industrias que desenvolven a súa actividade no ámbito do
aproveitamento do monte, así como a valoración do Goberno
galego respecto da súa incidencia no potencial forestal de
Galicia
Publicación da iniciativa, 591, 28.01.2016
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, Isabel García Pacín, Vidal Martínez-Sierra López, Rosa
Oubiña Solla, Miguel Prado Patiño, Jackeline Fernández Macías, Angel Camino
Copa e Santiago Freire Abeijón, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario
Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do
Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa
resposta oral en Comisión.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 30 de decembro de 2015 unha
batería de axudas e subvencións en defensa e apoio do sector forestal galego e dos
profesionais e industrias que desenvolven a súa actividade no ámbito dos
aproveitamentos do monte.
Entre elas inclúense axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por
incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e
Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). Tamén aqueles apoios a investimentos en
tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.
E, finalmente, subvencións dirixidas ao o fomento da silvicultura en bosques no medio
rural.
Cómpre lembrar que Galicia é unha das máis importantes potencias forestais española
e europea, cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que
representa o 48% de todo o seu territorio. Pola súa parte, a facturación conxunta da
industria de transformación da madeira supera en Galicia os 1.600 millóns de euros
anuais, proporciona emprego directo a máis de 22.700 traballadores e constitúe un dos
sectores industriais que maior emprego xera na nosa Comunidade.
O desenvolvemento rural de Galicia, o seu presente e futuro, pasa ineludiblemente polo
compromiso cunha xestión que valorice o noso potencial forestal dende o punto de
vista socioeconómico e ambiental e para o que resultan imprescindibles estes apoios
que o Goberno galego materializa nas distintas liñas de axuda.
En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:
1.- A canto ascenden os orzamentos destinados a cada unha destas liñas de
axuda?
2.- Quen son os potencias beneficiarios destas destes apoios?
3.- Cales son os obxectivos principais perseguidos por cada unha destas liñas de
axuda?
4.- Que valoración fai o Goberno galego sobre o potencial forestal da nosa terra e,
moi en particular, sobre a incidencia que no mesmo terán as liñas de apoio
aprobadas?
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016
Asinado dixitalmente por:
José Manuel Balseiro Orol na data 18/01/2016 11:06:01
María Isabel García Pacín na data 18/01/2016 11:06:14
Vidal Martínez-Sierra López na data 18/01/2016 11:06:22
Rosa Oubiña Solla na data 18/01/2016 11:06:29
Jesús Miguel Prado Patiño na data 18/01/2016 11:06:35
Jackeline Elizabeth Fernández Macías na data 18/01/2016 11:06:47
Angel Camino Copa na data 18/01/2016 11:07:05
José Santiago Freire Abeijón na data 18/01/2016 11:07:13
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 47635(09/POC-007105)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego para o
cumprimento das limitacións establecidas na lexislación
vixente en relación coa plantación de eucaliptos, en
particular nos espazos protexidos, así como para promover
alternativas produtivas a esa especie baseadas en
aproveitamentos multifuncionais e sustentables
Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Tereixa Paz Franco e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas do Grupo
Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para súa resposta oral
en Comisión, en relación coas actuacións a impulsar polo Goberno galego ante a
preocupante eucaliptización e conseguinte destrución dos valores naturais e
económicos do noso territorio.
En Galiza existe unha crecente preocupación social polo fenómeno da
crecente expansión das plantacións de eucaliptos. Estes invaden cada vez zonas
máis amplas do noso territorio poñendo en grave risco valores ambientais, de
diversidade ecolóxica e tamén económicos.
Esta preocupación atinxe transversalmente ao pobo galego, ás persoas que
viven no rural e do seu traballo vinculado á terra, mais non só. Esta preocupación
ten motivado que diversos colectivos e asociacións de diferente índole lanzasen o
manifesto STOP EUCALIPO-AVANTE CARBALLO coa dupla finalidade de
alertar dos perigos desta situación e tamén de formular alternativas para a súa
implantación inmediata.
Dito manifesto ten a seguinte explicación da situación:
“Nas últimas décadas rexistrouse unha gran expansión do eucalipto en
Galiza, a comunidade con maior superficie de eucaliptais do estado. No primeiro
Inventario Forestal Nacional (IFN I) de 1972/73, o eucalipto estaba presente nun
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
total de 131.181 ha. Para o segundo (IFN III), realizado en Galiza nos anos 1997
e 1998, o eucalipto estendérase xa por 396.344 ha, o 28% da superficie arborada
galega. En vista dos datos provisionais dispoñibles, a finais de 2015 a superficie
de eucaliptais en Galiza podería achegarse ás 500.000 ha. Parte desta área é
ocupada por eucaliptos fóra de plantación, isto é, asilvestrados ou ventureiros,
que medran moitas veces despois de incendios como acontece con outras
especies pirófilas.As plantacións de eucaliptos en Galiza supoñen máis da metade
(52%) das existentes no estado e, só por especie, na Península Ibérica localízase
o 53% da superficie mundial de Eucalyptus globulus, máis que en toda Australia.
Asemade, nos últimos tempos unha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus
nitens, veu engadirse ás plantacións, chegando a espazos antes vetados para o E.
globulus, dada a súa maior resistencia ao frío.
O aumento imparábel do eucalipto relaciónase co abandono agrario e o
declive do medio rural galego, caldo de cultivo para o negocio pasteiro. A falla
dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, fai
que o destino de montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente de
eucalipto, substituíndo ás frondosas autóctonas. Isto acontece perante a
pasividade, cando non complicidade da Xunta, permisiva co incumprimento das
normas e que coa reforma do Plano Forestal de 1993 pretende fortalecer as
plantacións de E. Globulus, consolidar o E. nitens, promover a biomasa e
estender os cultivos enerxéticos.”
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego coincide con esta
análise que nos trasladan desde esta iniciativa social e asume o seu contido e
tamén as propostas que en consecuencia se formulan para a súa implementación
polo Goberno galego.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a
súa resposta oral en comisión:
1.- Non considera necesario adoptar medidas co fin de limitar a extensión
do eucalipto para garantir a biodiversidade?
2.- Non cre que ademais dos prexuízos ambientais a eucaliptización
provoca un modelo forestal tamén nefasto en termos económicos?
3.- Tendo en conta que existen algunhas limitación para a plantación de
eucaliptos (Lei de Montes, Lei de Costas, Lei de Conservación da Natureza, etc)
que non se están a cumprir, que medidas ten previsto impulsar para velar polo
seu estrito cumprimento?
4.- Ten algunha previsión en relación coa limitación ou prohibición de
novas plantacións e /ou repoboacións con eucaliptos nos espazos pertencentes a
Rede Galega de Espazos Protexidos?
5.- Á vista da das particularidades dos bosques galegos, non cre que sería
necesaria a regulación e posta en marcha do catálogo de especies exóticas e
invasoras de Galiza?
6.- Tendo en conta as evidencias científicas do grave risco que implica o
eucalipto nítens non considera que sería adecuado prohibir o seu cultivo en
Galiza e mesmo por en marcha, en colaboración cos propietarios, un plan de
control e erradicación onde xa estea plantado?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
7.- Ten previsto promover medidas e liñas de axuda para promover
alternativas produtivas ao eucalipto baseadas nos aproveitamentos
multifuncionais e sustentábeis?
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tereixa Paz Franco na data 23/02/2016 13:22:27
Ana Belén Pontón Mondelo na data 23/02/2016 13:22:33
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 47856(09/POC-007150)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
García García, Pablo e 2 máis
Sobre a fundamentación dos criterios establecidos pola Xunta
de Galicia para o cobramento polos gandeiros galegos das
axudas da política agraria común no referido ao denominado
"pago verde" ou "greening", así como os datos relativos á
incidencia desa decisión nas axudas percibidas por Galicia
Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José Ramón Val
Alonso, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas
de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da
Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta
oral en Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.
En numerosas ocasións no Parlamento galego, a petición do Grupo
Parlamentario Socialista, se instou á Xunta de Galicia á modificación dos
criterios para as solicitudes das axudas da PAC no que se refire ó pago
verde ou greening. O modelo adoptado libremente pola Xunta de Galicia
obrigou a moitas explotacións lácteas con mais de 10 hectáreas a limitar a
superficie cultivada a millo a un 75 % do total, ou ben a renunciar a este
tipo de axuda.
A pesares das esixencias de todo o sector, de todos os grupos da oposición
que así o manifestaron en moitas iniciativas, a pesares de estudios feitos
pola propia administración que evidenciaban con datos contrastados esta
situación, a pesares de que outras comunidades autónomas con modelos de
produción moi similares optaron por outro criterio para elixir o período de
referencia de rotación de cultivos, o Goberno galego negou as evidencias e
non rectificou.
Co cambio da titular da Consellería de Medio Rural parecía ser, tal como
manifestou en rolda de prensa a finais deste mes, que se ía a cambiar de
criterio que para as solicitudes deste ano se introducirían os cambios para
que os gandeiros galegos de leite que cultiven millo non sufriran estas
perdas.
Sen embargo esas modificacións non foron feitas, e polo menos un ano
máis de non haber unha rectificación, os gandeiros e gandeiras galegas
seguirán sendo discriminados con respecto ós que viven noutras
comunidades autónomas.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Ante isto, os deputados que asinan formulan as seguintes preguntas para o
seu debate en Comisión:
1. En que datos se basea a Xunta de Galicia para tomar esta decisión?
2. Cal é o motivo da rectificación dunha decisión teoricamente
modificada?
3. Que datos ten a Xunta de Galicia da incidencia desta decisión nas
axudas percibidas en Galicia?
4. Cales son os motivos polos que a Xunta de Galicia non quere
facilitar ós gandeiros e gandeiras galegas que poidan percibir as
axudas da PAC no que se refire ó Pago Verde?
Pazo do Parlamento, 29 de febreiro de 2016
Asdo.: Pablo García García
Raúl Fernández Fernández
José Ramón Val Alonso
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Asinado dixitalmente por:
Pablo García García na data 29/02/2016 13:34:49
Raúl Fernández Fernández na data 29/02/2016 13:34:56
José Ramón Val Alonso na data 29/02/2016 13:35:04
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 18.03.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.4 47868(09/POC-007155)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón e 5 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para
o cumprimento do acordo parlamentario referido á
implementación un plan de fomento da horticultura,
fruticultura e agricultura ecolóxica
Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016
Á MESA DO PARLAMENTO
Antón Sánchez García, Xosé M. Beiras Torrado, Juan M. Fajardo Recouso, Xabier
Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz e Eva Solla Fernández, deputados
pertencentes ao Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA
UNIDA-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
Con data de 14 de xullo de 2015, Alternativa Galega de Esquerdas rexistrou unha
Proposición non de lei na que se instaba á Xunta de Galicia a implementar un plan de
fomento da horticultura, fruticultura e agricultura ecolóxica. A Proposición non de lei foi
aprobada en comisión por todos os grupos representados na Cámara na sesión celebrada
o 25 de setembro de 2015.
Polo exposto o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a
seguinte pregunta para resposta oral en Comisión:
Que accións levou a cabo a Xunta de Galicia para implementar o plan aprobado en dita
Proposición non de lei?
Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016.
Asinado dixitalmente por:
Anton Sánchez García na data 29/02/2016 17:10:31
Eva Solla Fernández na data 29/02/2016 17:10:40
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 29/02/2016 17:10:47
Ramón Vázquez Díaz na data 29/02/2016 17:10:49
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 29/02/2016 17:10:53
Jose Javier Ron Fernandez na data 29/02/2016 17:10:55
top related