réptiles silván, parentes e achegados

Post on 06-Aug-2015

370 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Silván e os seus parentes e achegados

Facendo viaxes de aquí para alá, na busca de bechos para vos ensinar,

Atoparon un día, no medio do verán, enriba dun valo, ao lagarto Silván.

E quedaron con el para que os guiara a ver á súa xente e a outra achegada.

Fotografaron primeiro ao seu axudante e logo aos demais, sen esquecer a nadie.

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi).Pode medir ata 36 cm,

dos que 2/3 son de rabo. Común e amplamente distribuído.

Lagarto arnal, lagarto arnau

(Timón lepida). Pode medir máis de 60 cm, aínda

que poucas veces pasa dos 45, dos

que máis da metade son de

rabo.Ben distribuído. Máis

abundante na metade sur da

costa.

Lagarta da serra (Iberolacerta monticola). Pode superar os 20 cm, máis da metade pertencen ao rabo, e pesar de 6 a 10 gr. Escasa.

Lagarta galega (Podarcis bocagei). Pode medir ata 20 cm, un pouco máis da metade son de rabo. Endémica do noroeste da Península Ibérica. Común.

Lagara dos penedos (Podarcis hispanicus). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla a medida do corpo. Común na metade sur e máis escasa cara ao norte.

Lagarta dos muros (Podarcis muralis). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla á medida do corpo. Rara e de distribución moi limitada.

Lagarta das brañas (Zootoca vivipara). Pode medir ata 30 cm, o corpo non chega a 12cm. Rara.

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). O corpo pode medir ata 7,5 cm e o rabo tres veces máis, ata 23 cm. Escasa, só presente na metade sur.

Lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus). Mide uns 15 cm, dos que de 8 a 10 son de rabo.escasa e de distribución limitada.

Osga, salmantesa (Tarentola mauritanica). Mide de 15 a 19 cm, a metade son de rabo. Rara e limitada a puntos moi concretos.

Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Pode medir ata 16 cm, a metade son de rabo. As femias son algo máis grandes.. pode pesar entre 4 e 9,5 gr. É inofensivo. Escaso e

disperso.

Esgonzo común (Chalcides striatus). Mide entre 30 e 40 cm, algo máis da metade correspónde ao rabo. É inofensivo. Común e abundante nas áreas costeiras.

Escancer (Anguis fragilis). É un lagarto sen patas. Os machos miden de 30 a 40 cm e as femias poden chegar a 50 cm. É un animal inofensivo. Abundante e ben distribuído. É un

animal moi lonxevo.

Escancer cego (Blanus cinereus). Poden acadar 25 cm, os machos son os máis grandes.É inofensivo. Moi raro.

Cobra lagarteira (Coronella austriaca). Mide entre 60 e 75 cm. É inofensiva. Máis abundante na metade norte.

Cobra lagarteira meridional (Coronella

girondica). Pode medir ata 65 cm,

dos que 12 correspónden ao

rabo. É inofensiva. Común.

Serpe riscada (Rhinechis scalaris). Pode medir ata 157 cm. As femias son algo máis grandes que os machos. Escasa.

Cobregón ou culebrón (Malpolon monspessulanus). Pode superar os 2 m. As femias son máis grandes. Ten veneno, pero os dentes que o inxectan están postos moi atrás na boca e

non morde con eles polo que non é perigosa para as persoas. Frecuente.

Cobra viperina o cobra de

auga (Natrix maura). Pode medir ata 80

cm, aínda que poucas veces pasa dos 50 cm. Non é venenosa. Común e

abundante.

Cobra de colar (Natrix natrix). Pode medir ata 120 cm. Non é venenosa. Abundante e común.

Víbora fuciñuda (Vipera latasti ou Vipera latastei)

Pode medir ata 70 cm, aínda que

raramente chega a eles. Inxecta veneno coa súa mordedura.

Escasa

Víbora de Seoane (Vipera seoanei). Pode chegar a 70 cm de lonxitude, pero non adoita pasar dos 50 a 60. Ten o rabo curto, non chega aos 10 cm. Inxecta veneno coa

súa mordedura. Común

Sapoconcho común (Emys orbicularis). A cuncha pode medir entre 12 e 20 cm. Carnívoro. Moi escaso e só en puntos concretos.

Sapoconcho riscado (Mauremys leprosa). A cuncha pode medir entre 14 e 20 cm. Omnivoro. Cando son novos comen máis carne e cando medran comen máis

vexetais. Moi raro e de distribución moi limitada.

Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea). A tartaruga máis grande do mundo. Mide ata preto de 2 m e pode pesar máis 350 kg.

Lepidochelys kempii. Mide ata 70 cm e pode pesar ata 40 kg.

Caretta caretta. Mide ata 1 m e pode pesar ata 150 kg

.

Chelonia midas. Pode medir ata 1,40 m e pesar ata 350 kg.

Tartaruga carei (Eretmochelys imbricata). Mide ata 90 cm e pode pesar ata 75 kg.

E coas tartarugas que as veces chegan á costa

remataron este traballo para empezar outra cousa.

fin As imaxes foron collidas da internet.Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta

COUSIÑAS FEITAS NA CASA

Cando andaban buscando á cobra de auga atoparon cun becho que non agardaban.

top related