réptiles silván, parentes e achegados

30
Silván e os seus parentes e achegados

Upload: egsumay

Post on 06-Aug-2015

370 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Réptiles     silván, parentes e achegados

Silván e os seus parentes e achegados

Page 2: Réptiles     silván, parentes e achegados

Facendo viaxes de aquí para alá, na busca de bechos para vos ensinar,

Page 3: Réptiles     silván, parentes e achegados

Atoparon un día, no medio do verán, enriba dun valo, ao lagarto Silván.

E quedaron con el para que os guiara a ver á súa xente e a outra achegada.

Page 4: Réptiles     silván, parentes e achegados

Fotografaron primeiro ao seu axudante e logo aos demais, sen esquecer a nadie.

Page 5: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi).Pode medir ata 36 cm,

dos que 2/3 son de rabo. Común e amplamente distribuído.

Page 6: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarto arnal, lagarto arnau

(Timón lepida). Pode medir máis de 60 cm, aínda

que poucas veces pasa dos 45, dos

que máis da metade son de

rabo.Ben distribuído. Máis

abundante na metade sur da

costa.

Page 7: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarta da serra (Iberolacerta monticola). Pode superar os 20 cm, máis da metade pertencen ao rabo, e pesar de 6 a 10 gr. Escasa.

Page 8: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarta galega (Podarcis bocagei). Pode medir ata 20 cm, un pouco máis da metade son de rabo. Endémica do noroeste da Península Ibérica. Común.

Page 9: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagara dos penedos (Podarcis hispanicus). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla a medida do corpo. Común na metade sur e máis escasa cara ao norte.

Page 10: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarta dos muros (Podarcis muralis). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla á medida do corpo. Rara e de distribución moi limitada.

Page 11: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarta das brañas (Zootoca vivipara). Pode medir ata 30 cm, o corpo non chega a 12cm. Rara.

Page 12: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). O corpo pode medir ata 7,5 cm e o rabo tres veces máis, ata 23 cm. Escasa, só presente na metade sur.

Page 13: Réptiles     silván, parentes e achegados

Lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus). Mide uns 15 cm, dos que de 8 a 10 son de rabo.escasa e de distribución limitada.

Page 14: Réptiles     silván, parentes e achegados

Osga, salmantesa (Tarentola mauritanica). Mide de 15 a 19 cm, a metade son de rabo. Rara e limitada a puntos moi concretos.

Page 15: Réptiles     silván, parentes e achegados

Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Pode medir ata 16 cm, a metade son de rabo. As femias son algo máis grandes.. pode pesar entre 4 e 9,5 gr. É inofensivo. Escaso e

disperso.

Page 16: Réptiles     silván, parentes e achegados

Esgonzo común (Chalcides striatus). Mide entre 30 e 40 cm, algo máis da metade correspónde ao rabo. É inofensivo. Común e abundante nas áreas costeiras.

Page 17: Réptiles     silván, parentes e achegados

Escancer (Anguis fragilis). É un lagarto sen patas. Os machos miden de 30 a 40 cm e as femias poden chegar a 50 cm. É un animal inofensivo. Abundante e ben distribuído. É un

animal moi lonxevo.

Page 18: Réptiles     silván, parentes e achegados

Escancer cego (Blanus cinereus). Poden acadar 25 cm, os machos son os máis grandes.É inofensivo. Moi raro.

Page 19: Réptiles     silván, parentes e achegados

Cobra lagarteira (Coronella austriaca). Mide entre 60 e 75 cm. É inofensiva. Máis abundante na metade norte.

Page 20: Réptiles     silván, parentes e achegados

Cobra lagarteira meridional (Coronella

girondica). Pode medir ata 65 cm,

dos que 12 correspónden ao

rabo. É inofensiva. Común.

Page 21: Réptiles     silván, parentes e achegados

Serpe riscada (Rhinechis scalaris). Pode medir ata 157 cm. As femias son algo máis grandes que os machos. Escasa.

Page 22: Réptiles     silván, parentes e achegados

Cobregón ou culebrón (Malpolon monspessulanus). Pode superar os 2 m. As femias son máis grandes. Ten veneno, pero os dentes que o inxectan están postos moi atrás na boca e

non morde con eles polo que non é perigosa para as persoas. Frecuente.

Page 23: Réptiles     silván, parentes e achegados

Cobra viperina o cobra de

auga (Natrix maura). Pode medir ata 80

cm, aínda que poucas veces pasa dos 50 cm. Non é venenosa. Común e

abundante.

Page 24: Réptiles     silván, parentes e achegados

Cobra de colar (Natrix natrix). Pode medir ata 120 cm. Non é venenosa. Abundante e común.

Page 25: Réptiles     silván, parentes e achegados

Víbora fuciñuda (Vipera latasti ou Vipera latastei)

Pode medir ata 70 cm, aínda que

raramente chega a eles. Inxecta veneno coa súa mordedura.

Escasa

Page 26: Réptiles     silván, parentes e achegados

Víbora de Seoane (Vipera seoanei). Pode chegar a 70 cm de lonxitude, pero non adoita pasar dos 50 a 60. Ten o rabo curto, non chega aos 10 cm. Inxecta veneno coa

súa mordedura. Común

Page 27: Réptiles     silván, parentes e achegados

Sapoconcho común (Emys orbicularis). A cuncha pode medir entre 12 e 20 cm. Carnívoro. Moi escaso e só en puntos concretos.

Page 28: Réptiles     silván, parentes e achegados

Sapoconcho riscado (Mauremys leprosa). A cuncha pode medir entre 14 e 20 cm. Omnivoro. Cando son novos comen máis carne e cando medran comen máis

vexetais. Moi raro e de distribución moi limitada.

Page 29: Réptiles     silván, parentes e achegados

Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea). A tartaruga máis grande do mundo. Mide ata preto de 2 m e pode pesar máis 350 kg.

Lepidochelys kempii. Mide ata 70 cm e pode pesar ata 40 kg.

Caretta caretta. Mide ata 1 m e pode pesar ata 150 kg

.

Chelonia midas. Pode medir ata 1,40 m e pesar ata 350 kg.

Tartaruga carei (Eretmochelys imbricata). Mide ata 90 cm e pode pesar ata 75 kg.

E coas tartarugas que as veces chegan á costa

Page 30: Réptiles     silván, parentes e achegados

remataron este traballo para empezar outra cousa.

fin As imaxes foron collidas da internet.Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta

COUSIÑAS FEITAS NA CASA

Cando andaban buscando á cobra de auga atoparon cun becho que non agardaban.