anfibios e réptiles 2

9
SARA SORGA SANTIAGO 1º E.S.O Características: Os anfibios teñen a pel núa pola que poden absorber o osixeno do aire e da auga através da pel por o que necesitan vivir cerca da auga, os anfibios adultos viven na terra, mentres que as súas crias desarrollanse na auga; son os vertebrados mais primitivos Como anfibios temos os anuros ou anfibios sen cola (sapos e ras) e os urodelos ( píntegas e tritos) Alimentación: Son animais carnívoros, que se alimentan principalmente de artrópodos, se ben na fase de cagados son herbívoros. Respiración: Os anfibios adultos utilizan os pulmóns para respirar o osíxeno do aire, pero tamén respiran a través da pel, é dicir teñen respiración cutánea e pulmonar. Os cagados cando saen do ovo non teñen pulmóns, senon branquias, e respiran o osíxeno disolto na auga. Reproducción: A maioria son ovíparos e poñen ovos pequenos e sen casca que abren na auga. Dos ovos nacen os cagados, que experimentan unha metamorfose, un conxunto de cambios bruscos durante o crecemento ata que acaba convertendose en adultos. Fecundación externa nos sapos e ras e fecundación interna nas píntegas e tritos. Relación: Dispoñen de un aparato circulatorio composto de corazón, aorta, arterias, capilares e veas; teñen esqueletos simples con menos osos que outros vertebrados con columna vertebral. A forma do seu corpo varía nos diferentes grupos : o corpo dos anuros e curto e non teñen cola; en cambio, o corpo dos urodelos é alongado e teñen unha cola. Todos, na fase adulta, teñen catro patas,

Upload: teresa-santiago

Post on 29-Jun-2015

73 views

Category:

Documents


11 download

TRANSCRIPT

Page 1: Anfibios e réptiles  2

SARA SORGA SANTIAGO 1º E.S.O

Características: Os anfibios teñen a pel núa pola que poden absorber o osixeno do aire e da auga através da pel por o que necesitan vivir cerca da auga, os anfibios adultos viven na terra, mentres que as súas crias desarrollanse na auga; son os vertebrados mais primitivos

Como anfibios temos os anuros ou anfibios sen cola (sapos e ras) e os urodelos ( píntegas e tritos)

Alimentación: Son animais carnívoros, que se alimentan principalmente de artrópodos, se ben na fase de cagados son herbívoros.

Respiración: Os anfibios adultos utilizan os pulmóns para respirar o osíxeno do aire, pero tamén respiran a través da pel, é dicir teñen respiración cutánea e pulmonar. Os cagados cando saen do ovo non teñen pulmóns, senon branquias, e respiran o osíxeno disolto na auga.

Reproducción: A maioria son ovíparos e poñen ovos pequenos e sen casca que abren na auga. Dos ovos nacen os cagados, que experimentan unha metamorfose, un conxunto de cambios bruscos durante o crecemento ata que acaba convertendose en adultos. Fecundación externa nos sapos e ras e fecundación interna nas píntegas e tritos.

Relación: Dispoñen de un aparato circulatorio composto de corazón, aorta, arterias, capilares e veas; teñen esqueletos simples con menos osos que outros vertebrados con columna vertebral. A forma do seu corpo varía nos diferentes grupos : o corpo dos anuros e curto e non teñen cola; en cambio, o corpo dos urodelos é alongado e teñen unha cola. Todos, na fase adulta, teñen catro patas, as ras e os sapos nadan coas suas patas, pero as píntegas e os tritóns fano movendo a cola. Son animáis ectotérmicos: temperatura corporal, en función da temperatura do medio ambiente,son incapaces de manter a súa temperatura corporal constante por o que son animáis heterotermos ou de sangue fría como os peixes.

OS ANFIBIOS DE GALICIA

Page 2: Anfibios e réptiles  2

AS RAS

A ra verde é a típica ra de Galicia, dos nosos ríos e charcas. É a máis cantora das ras e a máis acuática. Normalmente cantan en coros. Vive en grandes colonias, é moi áxil e caza todo tipo de insectos e arañas.

A ra Patilonga é máis pequeña que outras ras, pero as súas extremidades posteriores son moi longas. Distínguese, xa que dende o nariz ó ollo e detrás deste, hai un típico antifaz negro; tamén polos tonos de "folla seca¨.É moito menos cantarina que a ra verde e está moi ligada os regatos e ríos, é moi boa nadadora e aliméntase de caracois e escarabellos

A ra Bermella ou Temporaria é abondosa en Galicia, atópase nos prados de sega e matorrais de toxos de Marzo a Novembro e mide entre 40 e 70mm.

Prefire os charcos, pódese decir que é máis ben terrestre e pouco nadadora. Fai moita vida nocturna.

Ra de San Antón. E moi pequeña 5cms.e os seus dedos terminan en ventosas redondeadas. Non é moi acuatica,pero métese na auga para aparearse. Vive prederentemente en estratos arbustivos e altos.

Abonda en Galicia nas zonas marítimo costeiras, marxes das lagoas, encoros, brañas e cursos lentos de auga.

SAPOS

Sapo Común. Non vive nos ríos, pero non está lonxe deles. Predominantemente nocturno, este sapo é un limpador exquisito de bichos. Gostanlle todo tipo de insectos e especialmente as formigas, os sapos máis grandes poden chegar a cazar crías de ratos.

Sapo raxado. Este sapo ten o aspecto similar o de unha ra. Ten manchas pardas no lombo. Ten manchas pardas no lombo e non ten cores verdes nin antifaz como algunhas ras. Habita zonas húmedas e sobre todo en herbazais próximos a auga. Na zona de Orense non é abondoso, xa que de 1000mts. Para arriba non se ve.

Sapo Común. Non vive nos ríos, pero non está lonxe deles. Predominantemente nocturno, este sapo é un limpador exquisito de bichos. Gostanlle todo tipo de insectos e especialmente as formigas, os sapos máis grandes poden chegar a cazar crías de ratos.

Sapo raxado. Este sapo ten o aspecto similar o de unha ra. Ten manchas pardas no lombo. Ten manchas pardas no lombo e non ten cores verdes nin antifaz como

Page 3: Anfibios e réptiles  2

algunhas ras. Habita zonas húmedas e sobre todo en herbazais próximos a auga. Na zona de Orense non é abondoso, xa que de 1000mts. Para arriba non se ve.

Sapiño comadrón. Este sapiño non vive nos ríos, pero moitas veces non está moi lonxe. E moi nocturno e ten un índice moi grande de mortalidade nas estradas de Ourense. Dende logo é un sapo pequeño xa que non pasa de 52mm. No dorso zarramanchado de negro, ten pequeñas verrugas e tamén no lombo ten unha especie de V invertida moi característica.

Sapo de espolóns. E un sapo de tamaño medio sobre 10 cms. moteado de negro. De algunha forma aparece asociados os viñedos en Galicia.

Sapo corriqueiro. Máis pequeño ca outros, a súa característica principal é ter o dorso cor de area apencado de manchas grandes escuras e unha liña moi clara de cor amarelo que vai dende o fuciño á cloaca.

LIMPAFONTES

Pintafontes común. Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas, Alí se convirtiu neste pequeno dragón. É o tritón máis acuático de tódolos tritóns galegos. Vive entre 10 e 15 anos. Prefire os regatos e manantiais limpos con moita vexetación, pero atópase en tódolos lugares donde haxa auga, incluso contaminados. É nocturno, non hinerna. É áxil na auga, pero na terra é moi torpón.

Pintafontes palmado. Ten unha cor amárela clara e mide sobre 70mm.

Alimentase de insectos, miñocas e larvas de invertebrados. Vive en charcas preto de ríos e fontes.

Pintafontes verde. É preferentemente nocturno. Polo dia permanece entre o limo das charcas. Polas noites é un tunante e está demostrado que é o tritón que máis veces aparece morto nas estradas galegas.

Vive preferentemente nas charcas e en ríos de corrente lenta.

PÍNTEGAS

PINTEGA COMÚN ou SALAMANDRA. A píntega é tan terrestre que si cae a auga pode perde-la vida. Cando vai parir acude o medio acuático.

Page 4: Anfibios e réptiles  2

É o único anfíbio galego negro con manchas amárelas e pode vivir 25 anos.

Salamántiga galega. Vive en pequenos ríos con pouca corrente e con vexetación de brións e fentos. Ten ollos grandes e saltóns, moita cola e unha lingua moi grande coa que captura as súas presas: moscas, arañas, etc, ademáis e un endemismo ibérico e só se atopa(no mundo), en Astúrias, Portugal e Galicia. A contaminación, os encoros, as minicentrais e o home, están a facer desaparecer esta salamántiga que é a maior XOIA DO PATRIMONIO NATURAL GALEGO.

Características: Hay tres clases de réptiles: Os quelonios (tartarugas e galapagos) con peteiro e unha coraiza que cobre o tronco. Os cocodrilianos (crocodilos,caimáns e gaviais) son depredadores que dispoñen de fortes mandíbulas con poderosos dentes. Os escamosos que teñen a língua bífida e mudan a súa capa de escamas periódicamente. Hai dous grupos de escamosos: os saurios (lagartos, camaleóns..) na súa maioría terrestres e que poden desprenderse da cola e rexenerarse. Os ofidios (as serpes) son terrestres ou acuáticos que teñen o corpo alongado e carecen de patas.

Alimentación: A maioria son carnívoros,como os crocodrilos e as serpes; algún presentan glándulas de veleno que utilizan para inmovilizar as suas presas. Outros réptiles como moitas tartarugas terrestres, son omnívoros e incluso hai algún herbívoros como as iguanas mariñas

Respiración: Respiran exclusivamente por pulmóns toda a súa vida, incluso cando son embrións e a sua pel seca e grosa, non permite o intercambio de gases.

Reproducción: Son ovíparos, e dicir, reproducense mediante ovos. Algúns réptiles, como a serpe, son ovoviparos: os ovos abrense dentro do corpo da nai e nacen as crias vivas. A femia pon os ovos sobre a herba ou enterráos, e son incubados xeralmente co calor do sol.

Relación:Dispoñen de aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e sistema nervioso con órganos dos sentidos. Circulación sanguínea dobre e incompleta con corazón dividido en tres cámaras (2 aurículas e 1 ventrículo).

Esqueleto formado por 4 extremidades e constituido por cráneo osificado e columna vertebral dividida en cinco rexións: cervical, torácica, lumbar, sacra e caudal.

Sistema nervioso constituido por doce pares de nervios craneales. Son animáis de sangue fría e están totalmente adaptados o medio terrestre. Algúns dispoñen de glándulas de veleno coas que capturar e paralizar as suas presas e outros teñen enormes dentes cos que devorar as suas presas.

Page 5: Anfibios e réptiles  2

OS RÉPTILES DE GALICIA

Cobra de colar .Esta cobra tamén se pode ver fora do río, xa que non é exclusivamente acuática. É totalmente inofensiva e aliméntase de peixes, rás, tritós, salamandras, etc. Os períodos de celo son espectaculares e ten un na primaveira e outro no outono. Pode medir ata un metro de lonxitude e as súas pupilas son redondas.Un adulto pode comer entre 4 e 5 ras en media hora, engulle as ras por detrás e os peixes por diante.

Cobra sapeira. Parece unha víbora cando se ve atacada, o seu dibuxo en zig-zag pode semellar unha víbora.Os ollos son redondos, o que a distingue das víboras.

E unha cobra que se atopa nos ríos con facilidade, é moi voraz e pode devorar nunhos minutos varias presas, no período de celo e común atopar varias cobras xuntas. Teñen duas mudas da pel o ano.

Sapoconcho. Está en período de extinción en Galicia, senón se acude a tempo desaparecerá para sempre. Os acoplamentos son moi aparatosos, van precedidos de serias liortas entre os machos.

Ten hábitos acuáticos, normalmente nas zonas dos ríos onde non hai moita corrente;o seu biotopo está sempre provisto de abondosa vexetación, non alongándose moito da auga, onde busca protección e alimento.

Page 6: Anfibios e réptiles  2

Sapoconcho riscado. Este sapoconcho non se atopaba en Galicia pero hoxe cada vez atópanse máis. Razóns para que se atopen: xente que merca tartarugas e logo desfaise delas.

Trátase dun carnívoro que captura pequenos peixes, anfibios e as súas larvas, moluscos, crustáceos, vermes e outros invertebrados.

O nome venlle de que as veces este sapoconcho é colonizado por algas, dándolle un aspecto deteriorado e feo.

Lagarto verde galego. É un lagarto bastante grande, sobre 15 cms.

A cor é verde herba. Vive preferentemente nas matogueiras e arbustos, sobre todo silvas, os que trepa perfectamente, dedicándose a caza. Gústanlle os regatos e non vive lonxe deles.

O maior problema destes lagartos son os incendios e os productos químicos .

Lagarto ferreño. É un lagarto bastante grande, sobre 20 cms.. A cor é verde cun fino reticulado negro e manchas de azul (ocelos) polo corpo.

Vese con moita frecuencia preto de matogueiras, onde hai toxo e silvas. Tamén onde hai rocas. En Ourense é abondoso

Aliméntase de todo: insectos, lagartas, caracois, incluso mouras,

Escancer común ou liscante. Parece unha cobra pero realmente é un lagarto que perdeu as extremidades, pode chegar a medir medio metro. Vese nos lugares húmidos e sombrios, cunha vexetación abundante. Vese tamén preto dos ríos. Alimentase de insectos, arañas, lesmas, come tamén crías de lagartixas. Moi pacífico non morde inda que se intente coller.

Hiberna durante os meses de octubro e abril. Ou sexa escóndese nun lugar apropiado e vive durante eses meses cun sono bastante profundo e simplemente vivindo das reservas acumuladas durante os demais meses.

Escancer cego. Parece unha mioca, corpo anelado con escamas rectangulares, pero hai diferencias claras como son o que teña ollos e escamas. Aspecto ventriforme, sin extremidades, e ten o corpo, segmentado en anelos, cuberto de pequeñas escamas. Cabeza pequena puntiaguda pouco diferenciada do corpo. Ollos moi atrofiados e cola corta. Coloración normalmente grisácea ou marrón con tintes Atópase, en Galicia, únicamente nas localidades onde discurre o río Támega en Ourense. A súa actividade é preferentemente polo día, a súa termorregulación vaina buscando en lugares coa temperatura adecuada debaixo das pedras.

Page 7: Anfibios e réptiles  2

Víbora de Seoane. É unha víbora abundante en Galicia, excepto na zona máis calurosa e seca do Sur e sureste de Ourense. Pódese atopar en calquera medio: entre os toxos, entre matorrales cunha elevada humedade, nos prados…

Distínguese doutras cobras xa que a pupila non é redonda, é vertical. O corpo é máis ben pequeno e groso, con pouca cola é gorda. Tamén é pequena. A súa posición típica é a da fotografía, sempre coa cabeza por riba e disposta a defenderse.

En Galicia hai dous tipos de víboras: a Vipera seoanei (da fotografía) e a Vipera latastei que é fuciñuda. Son perigrosas, sobre todo a latastei. Por sorte non están mismo a beira dos ríos.Os machos mudan a camisa na primaveira despois do apareamento e fano dende a cabeza a cola.As víboras dispoñen do aparato velenoso máis eficaz e sofisticado, xa que posee colmillos superiores que se abaten e inyectan de modo fulgurante e con gran cantidade de veleno. As víboras fanno todas igual, atacan a víctima, péganlle un mordizco de medo, e logo, tranquilas, siguen a víctima e atópana xeralmente morta. A papar... Sempre empezando pola cabeza. Tragan integramente a víctima.

Víbora fuciñuda. É unha víbora pouco abondosa en Galicia. Pódese atopar entre os toxos, entre o matorral pero preferentemente en zonas de montaña relativamente secas e pedregosas da provincia de Ourense.

Distínguese doutras, xa que a pupila non é redonda, é vertical. O corpo é máis ben pequeno (60 a 70 cms.) e groso. É típico o fuciño, a cabeza triangular e o zigzag romboidal.

Son moi perigosas.