propostas didcticas realizadas polo profesorado … · a explicación que o profesor tomás...
Post on 23-Sep-2018
216 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Propostas didácticas realizadas polo profesorado asistente á actividade de
formación Recursos didácticos para o ensino das materias de Economía en
Bacharelato.
Apelidos e nome do/a Profesor/a
ALVAREZ GARCÍA BENEDITO Correo electrónico
beneditoalvarez@edu.xunta
TEMA
ESCOLLIDO
Poboación
NIVEL
(Bach.)
1º bach
1. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Análise da poboación desde o ponto de vista do mercado laboral: población activa,
ocupada, desempregada.
2. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
Aínda que xa empregaba o portal educativo do IGE, a charla explicativa valeume de
moito e de feito xa incorporei as explicacións da docente á miña práctica educativa,
especialmente no relativo a dous aspectos concretos: análise das macromagnitudes
económicas (PIB e IPC) e análise do mercado laboral.
3. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Aplicación da proposta : no grupo de 1º de bacharelato, e na aula de informática,
prantexei dous traballos :
1.- Análise da evolución do PIB galego no sector da construcción, para avaliar a súa
evolución temporal, antes da crise e agora.
2.- Cos datos da EPA do 1º trimestre do 2009, comentar a evolución do paro na
economía galega.
A avaliación dos resultados acadados foi moi positiva. O portal educativo e o do INE
foron empregados polo alumnado de xeito eficinte e con moito aproveitamento.
1
Apelidos e nome do/a Profesor/a
ANDINO MUINELO GENOVEVA Correo electrónico
muinelo@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
MAGNITUDES MACROECONOMICAS
NIVEL
(Bach.)
1ºBAC
4. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Calculbamos PIB IPC... con datos da prensa, atrasados, nacionales... e a veces
inventados
5. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
Gracias o Obradoiro do IGE PORTAL EDUCATIVO ademais de poder utilizar datos
actuáis, e da nosa comarca, tamen utilizamos as actividades do portal
6. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Os alumnos mostran mais interés e polo tanto aprenden mais.
Cada alumno utilizaba datos da súa comarca, fixo graficos etc
Os resultados polo tanto foron moi positivos
2
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Ares Blanco, A. Correo electrónico
antonioares@edu.xunta.e
TEMA
ESCOLLIDO
A globalización
NIVEL
(Bach.)
1º Bach
7. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Compaxinaba a explicación teórica, que ilustraba con novas da prensa directamente
relacionadas coa materia e que comentabamos na aula, coa visualización do video
“Otro mundo es posible: voces contra la globalización. Los amos del mundo” que
servíanos de base para un debate entre o alumnado.
8. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
Incorporei o vídeo “Segunda mano. Negocio de primera”, emitido no programa
Documentos TV da segunda cadea de TVE, a visualizar cando tratamos as causas da
globalización, que é un dos obxectivos recollidos na programación deste tema.
Cumpre cos obxectivos xerais de:
Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes
problemas económicos actuais, en especial as desigualdades económicas e a
sobreexplotación de recursos naturais, así como os derivados da globalización da
actividade económica.
• Comprender o funcionamento do sistema de economía de mercado, sinalando as
súas vantaxes e inconvenientes, así como as interrelacións entre o sistema
económico e os fenómenos sociais.
• Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre
o medio natural e a calidade de vida das persoas, así como o diferente grao de
desenvolvemento das distintas rexións e países. Reflexionar sobre a necesidade
de acadar un desenvolvemento sustentable.
Tamén axuda a acadar os seguintes obxectivos do tema:
• Comprender a necesidade do comercio internacional
• Coñecer as súas causas e os seus efectos
Como criterios de avaliación establecín os seguintes:
• Valorar o distinto xeito no que a globalización lles afecta aos países
3
desenvolvidos e aos subdesenvolvidos.
• Recoñecer as razóns que levan á realización de determinadas tarefas nos paises
subdesenvolvidos.
• Identificar as distintas causas da globalización nas esceas do documental.
• Valorar como dunha actividade solidaria se derivan toda unha serie de
actividades económicas que proporcionan riqueza a unha gran cantidade de
xente de diferentes países.
• Valorar nesta actividade económica as vantaxes e inconvenientes da
globalización.
9. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Previa explicación teórica das causas da globalización, procedemos a ver o documental
na aula de video, posteriormente o alumnado levou consigo o cuestionario preparado
para avaliar a actividade. Dito cuestionario entregáronmo na seguinte xornada para a
súa avaliación individual.
As preguntas do cuestionario son:
1. Enumera os países que están implicados no negocio de roupa de segunda man,
indicando a actividade que se realiza en cada un deles.
2. Indica se aparecen no documental algunhas das causas da globalización
estudadas na aula, xustificando a resposta facendo referencia ao vídeo.
3. Analiza se este proceso globalizador é beneficioso ou perxudicial para os seus
principais protagonistas.
4. Cales son os principais problemas aos que se enfrontan as empresas europeas
neste negocio e por que?
5. Ten algunha repercusión medioambiental esta actividade? Explícate.
6. Cales son os principais efectos positivos e negativos que se derivan desta
actividade globalizada nos diferentes países implicados?
A valoración das respostas, de acordo cos criterios de avaliación, foi de 1,5 puntos cada
unha, salvo a segunda que a valorei en 2,5 puntos pola súa maior extensión e reflexo
da atención prestada.
Maioritariamente os resultados acadados estiveron por enriba do cinco agas tres
alumnos que ou non o entregaron ou contestaron de xeito breve e pouco acertado.
4
Nota: O vídeo empregado nesta actividade non aparece na Rede, pero eu dispoño dunha
grabación do mesmo. Se alguén está interesado podo facerllo chegar para o seu uso ou para a
súa inclusión na páxina de economiweb.
5
Apelidos e nome do/a Profesor/a
ARIAS RODRÍGUEZ, LOURDES Correo electrónico
lurdesarias@gmail.com
TEMA
ESCOLLIDO
RELACIÓN ENTRE ECONOMÍA E ECOLOXÍA
NIVEL
(Bach.)
1º BAC
10. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba: Despois de explicar os factores económicos en sentido estricto e en sentido amplo,
Factor terra (materias primas e enerxía)----------- Planeta terra (Ecosistemas)
Factor traballo (poboación activa)--------------- Poboación mundial
Factor capital (capital físico)---------------------- Capital material/ humano / natural
Pasaba á interpretación de modelos (gráficas) que representan as distintas maneiras de
relacionar o mundo económico e a Natureza,
Despois da miña explicación, cada alumno tería que facer unha interpretación persoal
da gráfica. (ver ANEXO)
11. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Incorporaría a utilización dun BLOG para o desenvolvemento desta actividade. As
ventaxas son que podería engadir enlaces para a explicación de cada un dos apartados,
propoñendo un traballo máis individualizado e con máis posibilidades de profundización
e dándolle moita máis importancia no peso da nota final a cada unha das actividades
propostas. Ademáis, na medida en que os alumnos terían que subir o seu traballo ao
blog, esto serviría para ordenar moito mellor o que cada alumno traballa ao longo do
curso.
Por exemplo, para establecer a importancia da necesaria vinculación entre economía e
ecoloxía, utilizaría o enlace a un video de you tube que se titula “La historia de las
cosas” que dura aproximadamente 20 minutos, no que se desmonta a idea da economía
circular.
A utilización didáctica do blog permitiría reforzar coñecementos con outros tempos
“virtuais” e atender de xeito máis individualizado ao meu alumnado.
A explicación que o profesor Tomás Guajardo Cuervo fixo sobre o uso didáctico do blog
no ensino da Economía en Bacharelato, foi tremendamente útil pero moi escueta, o que
leva a ter que consultar moitas referencias e buscar apoio, para poder atinar no bó uso
6
de etiquetas, na elección de textos, etc. Levo adicado moito tempo únicamente a
visualizar a grande cantidade de recursos proporcionados no cursiño.
De feito, a proposta que fago, precisa dunha guía para poder sacarlle realmente partido
ao video, sendo moito máis útil a partición deste en tres pequenos –que ademáis están
subtitulados en español. Contamos cun material en inglés escrito interesantísimo, tamén
a nosa disposición na rede, pero que hai que traducir.
En realidade, o problema é seleccionar a cantidade de recursos que podemos atopar en
internet e elaborar metodoloxías válidas para sacarlle partido á información.
Nesta laboura estou, na elaboración do blog e da metodoloxía que permita unha
utilización axeitada na aula.
12. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Resultame difícil a aplicación na aula porque estou disfrutando dunha licenza por
estudos. Fixenlle a proposta a unha alumna de visualizar “La historia de las cosas” e
convertilo nunha presentación con diapositivas para explicalo na clase. O resultado foi
moi satisfatorio pero non teño os resultados xeneralizados e ademáis ainda estou
construíndo ese Blog, ferramenta que primeiro probarei coas miñas colegas profesoras,
para recabar información de cómo pode funcionar na experiencia de aula.
7
ANEXO: MODELO PECHADO NO ESTUDIO DA ECONOMÍA CLÁSICA
Este é un exemplo de esquema utilizado cos meus alumnos para que despois da
miña explicación, eles elaboren a súa interpretación.
Utilizando o blog eu poñería como exercicio, a visualización do video e a súa relación
co modelo de economía aberta.
the story of stuff (la historia de las cosas) - 21:03 -versión doblada al español del video de annie leonard. producción del video: free range studios. el video original en inglés puede ser visto en http://www.storyofstuff.com/«
8
Apelidos e nome do/a Profesor/a
BARRIO RODRIGUEZ RAMONA Correo electrónico
ramonabarrio@edu.xunta
TEMA
ESCOLLIDO
Reforma do plano xeral de contabilidade,
repercusión para a aula
NIVEL
(Bach.)
2º curso de bacharelato
13. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
A miña experiencia docente para abordar estas unidades temáticas permitíame ter
elaborada unhas presentacións en power point nas que se iban incorporando pouco a
pouco novas contas que permitisen entender o BALANCE E A CONTA DE PERDAS E
GANANCIAS.
Ademais tamén tiña elaborados exercicios prácticos para resolver na aula, que partian
dun baixo nivel de dificultade (como pode ser clasificar distintas masas patrimoniais) ate
chegar a resolver actividades que permitisen afrontar as despostas á selectividade
(modelos similares aos das probas da CIUG).
Os recursos empregados son:
Presentacións na aula de informática (ppt e flash).
Reparto de materiais elaborados pola profesora.
A rede: páxina da CIUG, ECOMUR, e outros portais con materiais sobre esta temática.
14. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A actividade de formación non me aportou nada relacionado cos recursos didácticos a
empregar no que se refire ao tema seleccionado. Pero teño que resaltar a utilidade das
exposicións das modificacións que se realizaron no PXC e das suas repercusións no
currículo de 2º de bacharelato.
Polo que no seguinte curso académico se realizarán modificacións tanto nas
presentacións que vai realizar a profesora como nas actividades prácticas a realizar co
alumnado.
Ademais quero resaltar que as aclaracións realizadas nas exposicións sobre a reforma
contabel van repercutir na miña actividade docente.
9
15. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Incorporación dos novos contidos e exposición cos recursos multimedia
Elaboración de novos materiais prácticos coas modificacións que no novo PXC se
introducen:
- Novo balance para as pemes
- Nova conta de Perdas e Ganancias
- Modificacións na Memoria
En canto aos resultados acadados, non é posible valoralos neste momento xa que a
miña situación actual non mo permite (estou disfrutando dunha licencia por estudos).
Pero as modificacións que se van experimentar para o curso seguinte van permitir:
- adecuar as unidades temáticas que abordan aspectos relacionados coa
contabilidade ás novas esixencias da reforma contable
- preparar ao alumnado para os cambios xa planeados nas probas de acceso á
Universidade.
10
Apelidos e nome da Profesora
Brandón Rodríguez, Rosa Correo electrónico rosinhau@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO O mercado do traballo e o emprego
NIVEL (Bach.)
1º Bacharelato
16. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba: Para o desenvolvemento desta unidade, a profesora entregaba o tema, elaborado por ela mesma,
intentando que visen a importancia do mercado do traballo, xa que todo o que ocorre neste aféctanos
porque nel decídense as condicións laborais e isto inflúe directamente na calidade de vida do conxunto
sociedade. Polo tanto, é primordial comprender que un nivel de desemprego elevado, convértese nun
cuestión vital para as persoas afectadas e nunha prioridade da política do goberno.
Os obxectivos didácticos desta unidade son:
– Aproximarse ao concepto de mercado do traballo. – Diferenciar os distintos sectores da actividade económica, comprendendo a
súa interrelación e a participación da poboación activa en cada un deles. – Perfeccionar o manexo e construción de gráficos.
As actitudes que se pretenden lograr ante o mercado laboral son:
– Sensibilidade ante a situación das desigualdades económicas no contexto mundial.
– Actitude non sexista diante do papel da muller no mundo laboral. – Valoración da importancia da distribución sectorial do traballo como
manifestación da estrutura económica da sociedade. – Actitude non racista, ante a incorporación de inmigrantes ao mercado laboral
nacional. – Interese por desenvolver unha opinión razoada acerca do mercado como
método de asignación de recursos.
Ao final do tema, aparecían unha serie de preguntas teóricas e prácticas que se
debían resolver na aula. Realizábanse lecturas, interpretacións e análises de datos,
cadros estatísticos e gráficos referidos á poboación activa, ocupada e parada en
Galiza e en España; deducindo taxas de actividade, ocupación e paro; tamén se
empregaban diferentes xornais con novas de actualidade sobre o mercado de
traballo.
17. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
11
Despois de ter asistido a esta actividade de formación, intentarei espertar neles a
curiosidade pola utilización das novas tecnoloxías; empregando a páxina web do IGE
(Instituto Galego de Estatística), na que puiden descubrir moitísimos recursos
(estatísticas, táboas, mapas, pirámides de poboación…) onde poder consultar
multitude de datos relacionados co mercado do traballo.
Con este recurso, será posible achegalos a datos estatísticos actualizados e
solicitarlles que fagan as interpretacións e análises de datos, cadros estatísticos e
gráficos referidos á poboación activa, ocupada e parada en Galiza e en España,
interpretando a evolución do mercado de traballo nas diferentes áreas xeográficas,
facendo un estudo da situación que ocupa o seu propio Concello, Comarca,
provincia…; deducindo taxas de actividade, ocupación e paro. Deste xeito poden
interpretar a evolución do mercado de traballo nas diferentes provincias galegas e
comparar coa que experimentaron outras comunidades autónomas do Estado.
18. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos resultados acadados.
Despois de explicar os contidos teóricos na aula, fixemos un achegamento ao Portal
Educativo do IGE, consultando en primeiro lugar os datos da poboación dos concellos
de procedencia dos diferentes alumnos/as; é dicir, poboación activa, ocupada,
parada...vendo a diferenciación por sexos e idade. Ademais consultamos diferentes
gráficos, mapas e táboas que comentaban a distribución sectorial da economía galega
e da española, así coma a súa evolución no tempo. A partires de aquí fixemos unha
análise comparativa coa provincia na que se asenta o IES (Coruña) posteriormente coa
comunidade autónoma galega e finalmente con outras comunidades nacionais.
Os resultados acadados foron moi positivos. Considero que esta maneira de
ensinarlles, de xeito que eles vexan datos reais e próximos á súa zona de procedencia,
esperta o seu interese polo tema, resúltanlles máis atractivos e isto fai que a súa
motivación sexa maior.
Ademais o feito de analizaren mapas, diagramas de barras, pirámides de poboación...
fai que lles resulte máis doado recordaren os datos; xa que deste xeito conseguimos
reforzar a memoria visual do alumnado.
12
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Canabal Guinarte, José Manuel Correo electrónico
jmcanabal@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
O BALANCE E A CONTA P.e G.
NIVEL
(Bach.)
2º BACH.
19. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Utilización da pizarra tradicional para facer e correxir os exercicios correspondentes ao
Balance e a Conta de Perdas e Ganancias.
20. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Utilización da pizarra dixital para a corrección dos exercicios de Balances e P. e G.
Ademáis, do uso dos novos modelos das contas anuais do plano xeral contable de
Pemes.
21. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Por un lado, actualización das contas anuais ao novo Plan Xeral Contable e por outra
banda a utilización das novas tecnoloxía (pizarra dixital) coa que tivemos un mellor
aproveitamento da hora de clase.
13
Apelidos e nome do/a Profesor/a
CARBALLO MEIRA FERNANDO Correo electrónico
fernandocarballo@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
POLÍTICAS ECONÓMICAS: A POLÍTICA
FISCAL
NIVEL
(Bach.)
1º BACHARELATO
22. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Utilización dun manual de economía (libro de texto) e comentario na aula dalgúns
artigos de prensa relacionados.
23. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Consistíu na elaboración dun blog relacionando a unidade didáctica coa situación
económica actual de crise e como os gobernos dos países mais desenrolados do
mundo e en particular no caso español utilizan políticas fiscais de incremento do gasto
público para estimular o crecemento económico. No dito blog tratei de colgar diverso
material de consulta para o alumno e tamén coa intención de contar coa participación
activa deste.
24. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados..
Elaborei o blog con menor ou maior acerto e a verdade e que a experiencia foi moi
satisfactoria atopando o alumno moito mais motivado de cara o tema soamente polo
feito de ollar nun medio distinto o libro de texto
14
Apelidos e nome do/a Profesor/a
CARBALLO FELPETE, JUAN CARLOS: OS CICLOS ECONÓMICOS
Correo electrónico
ccarballo@edu.xunta.e
Aclaración previa: Este proxecto está referido ó vídeo "Leopoldo Abadía en Buenafuente" que aparece recollido en "youtube" e
na páxina "www.economiweb.com", e os arquivos tratan de:
1. Proposta didáctica ECO: Explicación sobre os recursos utilizados no ensino, proposta e deseño de uso dos
recursos didácticos expostos, aplicación e avaliación de resultados acadadas.
2. Ficha de avaliación: obxectivos e criterios da avaliación da actividade. 3. Cuestionario Abadía: É a ficha que lles pasei ós alumnos e a partires da cal analizamos o vídeo.
PROPOSTA DIDÁCTICA
PARA A UNIDADE DIDÁCTICA: OS CICLOS ECONÓMICOS
ECONOMÍA (1º BACHARELATO)
USO DO VÍDEO: “LEOPOLDO ABADÍA EN BUENAFUENTE”.
1. RECURSOS USADOS ATA O MOMENTO:
- Apuntamentos e exercicios prácticos sobre o tema.
- Artigos de prensa sobre a situación económica actual.
- Textos para analizar as características das distintas crises (o crack do 29, a de
1973, ...)
- Internet para buscar termos e datos referentes ó tema.
2. DESEÑO DA PROPOSTA DIDÁCTICA: Está recollida nos dous arquivos que achego
con este.
a) FICHA DE AVALIACIÓN: Recóllense os obxectivos e os criterios de
avaliación correspondentes.
b) CUESTIONARIO ABADÍA: É unha ficha para traballar na clase o
contido do vídeo, poden entregala por escrita, ou unha posta en común na clase.
3. APLICACIÓN E AVALIACIÓN DE RESULTADOS:
A temporalización da actividade foi a seguinte:
- Puxen o vídeo unha vez, comentando previamente de que ía e algún dos conceptos
que aparecen e que non se viran previamente.
15
- Entregueilles ós alumnos o cuestionario que elaborei sobre o vídeo, e puxen outra vez
o vídeo para que foran completando as cuestións.
- Remataron de cubrir o cuestionario, comentamos algúns aspectos do vídeo que non
lles quedaran de todo claro ou, simplemente, as impresións que sacaran do mesmo.
- Por último, vimos outra vez o vídeo, a petición dos alumnos.
A actividade desenvolveuse ao longo dunha clase.
RESULTADOS ACADADOS:
A actividade resultou moi proveitosa, os alumnos mostraron unha grande interese polo
tema a tratar. A resolución dos cuestionarios foi satisfactoria.
1. Cuestionario.
LEOPOLDO ABADÍA EN BUENAFUENTE
Vídeo (duración: 7 minutos)
1. Completa os seguintes puntos que sinala Leopoldo Abadía sobre a crise actual, que él chama “ninja”: • 1º punto: Baixan moito....................................................... • 2º punto: Os bancos necesitan facer...............................e co ..................................non o fan. • 3º punto: Os bancos deciden buscar outras persoas ás que facerlles ..............................
2. Quen son os “ninjas”? 3. Os bancos cobrábanlles o mesmo tipo de xuro aos “ninjas” polas súas hipotecas que ó resto? Por
que? 4. Por que os bancos lles conceden préstamos hipotecarios ós “ninjas” por un valor superior o que
lles costaba a súa casa? Que facían os “ninjas” co que lles daban de máis? 5. Cando o negocio cos “ninjas” quedóuselle pequeno ós bancos norteamericanos, como conseguiron
máis diñeiro? 6. De que están formados os MBS (mortgage backed securities)? A quen llos venden? 7. Como califica os MBS Leopoldo Abadía? 8. Como se chama o tipo de xuro ó que os bancos se prestan o diñeiro entre eles? 9. Por que non se fían os bancos uns dos outros? Como influíu isto no euribor? 10. Por que ó final esto nos afecta a nós? 11. Por que di que ninguén sabe exactamente o que pasará? 12. Como pensas que influíu a globalización nesta historia?
2. Ficha de avaliación.
LEOPOLDO ABADÍA EN BUENAFUENTE
Vídeo (duración: 7 minutos)
16
Leopoldo Abadía explica a crisis na que nos encontramos e que el denomina “La Crisis Ninja”. A historia é a seguinte: A Reserva Federal dos Estados Unidos baixa en dous anos o prezo do diñeiro do 6,5 ao 1%, e durante anos os tipos de xuro vixentes nos mercados financeiros internacionais foron excepcionalmente baixos. Isto fixo que os bancos se deran conta de que o seu negocio estaba empeorando: daban préstamos a un baixo xuro, pagaban algo polos depósitos dos clientes pero a súa marxe de intermediación decrecía. En América, a alguén ocorréuselle que os bancos tiñan que dar préstamos con máis risco, polos que poderían cobrar máis xuros e compensar a baixa marxe cun número maior de operacións. Decidiron ofrecer hipotecas a un tipo de clientes “ninja” (no income, no job, no assets”, é dicir, persoas sen ingresos fixos, sen emprego fixo e sen propiedades), cobrándolles máis xuros porque había máis risco; e, aproveitando o boom inmobiliario, decidiron darlles créditos por un valor superior ó da casa porque en poucos meses valería máis que a cantidade que lle daban. A este tipo de hipotecas, chamáronlles “hipotecas subprime” (as “hipotecas prime” son aquelas que teñen pouco risco de impago). Para aumentar as operacións os bancos americanos acudiron, gracias á globalización, ós bancos estranxeiros: fixeron “paquetes de hipotecas” onde se incluían prime e subprime que se chaman MBS (Mortgage Backed Securities, é dicir, obrigacións garantizadas por hipotecas). A principios de 2007, os prezos das vivendas norteamericanas desplomaronse e moitos “ninjas” déronse conta de que estaban pagando pola súa casa máis do que valía e decidiron ou véronse obrigados a non seguir pagando as súas hipotecas. Ninguén quería comprar as MBS e os que as tiñan non puideron vendelas. Polo tanto os bancos agora non teñen diñeiro, non dan créditos, non dan hipotecas e o Euribor foi subindo.
OBXECTIVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Manifestar interese por coñecer con sentido crítico os problemas económicos actuais. 2. Identificar as causas da crise económica actual. 3. Analizar e constatar a complexidade e os fallos do sistema financeiro. 4. Valorar críticamente a globalización como fonte de riscos e beneficios para a poboación dos países desenvolvidos. 5. Analizar e formular xuízos persoais acerca de problemas económicos actuais aplicando os contidos aprendidos na clase.
1. Comprender a complexidade do sistema financeiro actual. 2. Constatar as vantaxes e inconvenintes do proceso da globalización. 3. Utilizar e diferenciar a terminoloxía económica efinanceira como “euribor”, “hipotecas”, “préstamos”, … 4. Valorar a importancia dun bo sistema financeiro nunha economía de mercado e mixta. 5. Identificar algunha das posibles causas da crise económica actual.
17
Apelidos e nome do/a Profesor/a
CARNEIRO REY, JUAN ANTONIO Correo electrónico
carneirorey@edu.xunta.e
TEMA
ESCOLLIDO
INDICADORES ECONÓMICOS
NIVEL
(Bach.)
PRIMEIRO
25. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
O tema escollido ten relación coa poboación, as análises estadísticas e os indicadores
económicos. Os contidos desenrolábanse a partir sobre todo do libro de texto como
recurso fundamental: Poboación. O Norte e o Sur. Análise dinámica e estatística.
Explosión demográfica. Causas e teorías sobre o crecemento. Ocupación, idade,
traballo da muller e dos fillos.
O tema desenvolveríase tomando como base as actividades do texto, ademáis de
utilizar outros recursos, como xornais, informes estatísticos mundiais, estatais,
autonómicos e locais.
26. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A nova proposta, incorporando as estratexias e recursos didácticos expostos na
“actividade de formación”, pasa por utilizar ao máximo outros recursos. Estes, ademáis
do libro de texto, basearanse nunca ampla variedade. Incorporaremos un estudo máis
global do tema, implicándoo dentro doutros e relacionándoos entre si:
Perspectiva global da economía
Medición do crecemento nunha economía
O PIB: medida e magnitude
A renda: distribución e relación entre renda e riqueza nacional
27. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
A aplicación desta proposta didáctica faise a partir do manexo dun gran número de
fontes, de tal xeito que o alumnado teña un gran abano de ítems que escoller. Non se
trata de utilizar ao 100% todos, pois así sería imposible adiantar no temario, pero si
facerlles ver aos alumnos a utilidade de manexar o maior número de fontes posible,
relacionadas coa proposta didáctica.
A economía está presente nas nosas vidas e ten influencia sobre o noso benestar.
18
Para o desenvolvemento desta proposta didáctica partiremos do particular ao xeral, tal
e como aprendimos no obradoiro impartido por Esther López Vizcaíno no Curso de
Formación. É primordial coñecer o manexo do Portal Educativo do IGE da Xunta de
Galicia.
Explicaremos aos alumnos a unidade didáctica dividida en tres apartados: conceptos
teóricos, actividades e ejercicios. Ademáis ten suma importancia o desenvolvemento de
contidos transversais de cada unidade.
O alumnado coñecerá os datos e as fontes estadísticas disponibles e actualizadas.
Unha vez coñecidos os datos, os alumnos terán que acostumarse a analizalos e
interpretalos, empregando as ferramentas que achegan a estatística, a xeografía e a
economía.
Serán de vital importancia no portal educativo as representacións gráficas, a
estatística recreativa e os conceptos de estatística pública.
En resumo, a avaliación desta unidade será máis satisfactoria canto mís
desenvolvamos esta a partir de magnitudes reais e que nos resulten próximas e, polo
tanto, máis familiares. Introduciremos Cuestións teóricas, actividades de aplicación,
tests, resolución de problemas reais, prensa económica, e sobre todo a enorme
información proporcionada por un sinnúmero de páxinas web…
Coñecer o significado desta variables económicas e como nos afectan supón
comprender mellor como funciona o mundo no que vivimos.
19
Apelidos e nome do/a Profesor/a
CONCHA FRAGA HIGINIO Correo electrónico
HIGI@EDU.XUNTA.ES
TEMA
ESCOLLIDO
CRECEMENTO ECONÓMICO. PRINCIPAIS
PROBLEMAS DO MEDIO AMBIENTE E A
CONTAMINACIÓN
NIVEL
(Bach.)
1º CURSO
BACHARELATO
28. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
O desenvolvemento da docencia baseabase na exposición do tema por parte do
profesor usando como material de apoio principal o libro de texto, e utilizando artigos de
actualidade, recollidos prensa diária, para que os alumnos realizaran diversos análisis
que deberían presentar utilizando como soporte o seu caderno de clase.
29. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A nova estratexia consistirá en acompañar a exposición do tema coa utilización dos
recursos didácticos obtidos do portal www.ecobachilletato.com
(videoseconomía.blogspot.com), por ejemplo videos como: “contaminación y cambio
climático” “Reciclaje de plático” “el efecto invernadero” “ consecuencias del
calentamiento global” …
Faremos uso doutros recursos TICs disponibles como:
- Cuestionarios on-line interactivos (ecobachillerato)
- Consulta de conceptos na enciclopedia virtual wikieconomía.
Incorporación de traballos de aula e opinións persoais sobre o tema, nos blogs que
elaborarán os alumnos/as, fomentando así o seu uso didáctico.
30. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Precisaríamos máis tempo para valorar os resultados definitivos e contrastalos pero
podemos apreciar os seguintes efectos:
- Dispoñemos de moita información e de fácil acceso.
- Incrementase notablemente a motivación do alumnado coa utilización das TICs.
- Facilítase o estudio e recordo da materia a través dos recursos multimedia (videos,
presentacións ppt, webquests…)
Os principais invonvintes que atopamos son a necesidades de dispor de moito tempo
20
para adicarlle ó tema en concreto e a necesidade de conexión a Internet, tanto en aula
como no domicilio do alumno/a.
21
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Cores González, Luis Manuel Correo electrónico
lcores@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
“Os Indicadores Económicos”
NIVEL
(Bach.)
1º de Bacharelato
31. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
O tema escollido, “Os Indicadores Económicos”, o desenvolvía utilizando, ante todo, o
libro de texto para que os alumnos comprenderan a importancia destes indicadores
para analizar a situación económica da Unión Europea, de España e das Comunidades
Autónomas. Ademais utilizaba o recurso das páxinas dos periódicos máis coñecidos
polo alumnado a nivel galego (“La Voz de Galicia”), e estatal (“El País”). Tamén
utilizaba as páxinas dixitais dos periódicos antes citados.
32. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Despois do meu paso polo curso de economía que tivemos a finais de marzo en
Santiago de Compostela, abríronse novos camiños para que os alumnos comprenderan
mellor o tema do que estamos tratando, xa que a páxina do Instituto Galego de
Estadística que nos enseñaron, e entrando no Portal Educativo, deume infinitas
posibilidades para traballar mellor no tema escollido dada a cantidade de datos,
actividades e exercicios que o citado portal contén.
33. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
a) A aplicación da proposta didáctica consistiu na explicación dos indicadores
económicos utilizando unha parte que consideraba significativa dos datos que contén o
Portal Educativo para que os alumnos comprenderan mellor os conceptos que se lles
estaba explicando.
b) Por outra parte, os alumnos utilizaron na aula o Portal Educativo buscando as
propostas de actividades e de exercicios que lles serviran para comprender o que o
profesor lles estaba explicando: por exemplo, exercicios relacionados co PIB, co IPC…
c) Por suposto, seguíronse utilizando os datos económicos que nos proporcionaba a
prensa diaria, tanto escrita como dixital.
Os resultados acadados foron positivos xa que o alumnado participou máis na
22
búsqueda das actividades que lles foran necesarias para comprender mellor os
conceptos que se lles estaban explicando e isto redundou moito máis no aprendizaxe
por parte deles, e ademais mostráronse moito máis activos e participativos nas clases.
23
Apelidos e nome do/a Profesor/a
DIEGUEZ NOGUEIRA ROSA Correo electrónico
rdieguez@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
A CONSIDERACIÓN ECONÓMICA DO MEDIO
AMBIENTE O DESENVOLVEMENTO SOSTIBL
NIVEL
(Bach.)
1º BACHARELATO
Descrición da aplicación da proposta didáctica na aula e avaliación dos resultados acadados
- Empezo a clase facendo unha introducción sobre o tema que imos a tratar.
- Como apoio a clase utilizo como recurso didáctico, a proyección dun videoatopado en youtube, http://www.youtube.com/watch?v=hrfcMlXmEZg
- Antes da súa visualización fago unha presentación da persoa que van a ver no video “SEVERN SUZUKI” unha nena canadiense que ós 9 anos, xunto con un grupo de amigos e amigas, creou unha asociación ECO (Environmental Children’s Organization) un pequeno grupo de nenos comprometidos en aprender e ensinar a outros nenos e nenas sobre temas medioambientais.
Con 12 anos, no 1992, viaxaron á CUMBRE DE RIO de Xaneiro (organizada pola ONU, conferencia sobre medioambiente e desenvolvemento) onde deu un emotivo discurso que deixou profundamente afectados os dirixentes que alí se atopaban. Na actualidade Severn Cullis-Suzuki segue sendo fiel a súa postura é unha das xovenes activistas mas importantes. Viaxa arredor do mundo falando con delegados, estudiantes e corporación sobre como avanzar en sostenibilidade, e sobre o futuro do planeta.
- Unha vez visualizado o video pasaremos á AVALIACIÓN, para iso o alumnado deberá buscar, analizar e valorar exemplos de actividades económicas que impliquen degradación medioambiental e sobreexplotación dos recursos naturais, recoñecer a escasez, e buscar e propor medidas que corrixan esa situación.
- Valoráranse os exemplos e a concienciación que fagan en relación con
actividades existentes no entorno máis próximo e en concreto con un recurso natural da zona “a louxa”.
Hai que saber que a zona na que se atopa o IES foi, ata hai uns meses, unha das máis importantes en extracción de louxa, atopándose, no momento actual este sector, nunha profunda crise, xa que 2 das 3 empresas pizarreiras pecharon, quedando a totalidade dos seus traballadores sen traballo.
Non se trata dun recurso totalmente esgotado asique aínda existirían empresas que quererían seguer explotando este recurso, pero as leis prohíben a súa extración.
- Tomando como referencia os datos anteriores organizo un DEBATE sobre pros
e contras de continuar explotando este recurso natural, tanto dende o punto medioambiental como dende o de creación de riqueza e xeración de emprego.
24
- Deberán analizar si consideran que houbo mal uso ou abuso para a consecución dun desenvolvemento sostible.
- Tamén deben propoñer alternativas e solucións que lle darían a situación actual.
Para iso formo 2 grupos no que cada un deles debe escoller unha das posturas
que vai a defender. - Trátase de que os alumnos e alumnas tomen unha actitude positiva e
comprometida hacia a conservación do medioambiente e aprendan a valorar os recursos como un factor productivo escaso, e como neste caso “non renovable”
O video de Severn Suzuki resultalles moi atractivo e parece que toman máis
conciencia sobre o tema, xa que os deixa moi impactados/as.
25
Apelidos e nome do/a Profesor/a
DOCAMPO BREA, Mª DOLORES
Correo electrónico
doloresdocampo@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO
A INFLACIÓN
NIVEL (Bach.)
1º DE BACHARELATO
34. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que recursos utilizaba:
A profesora introduce o tema utilizando un mapa conceptual feito en FreMind , señala
os obxetivos educativos que se pretenden , realiza a explicación xeral do tema utilizando
a pizarra dixita,proporciona direcciones de páxinas Web e xestiona a realización por
parte do alumnado das distintas actividades que considera oportunas ( buscar recursos
en Internet e presentalos, analizar e comentar a a prensa dixital coa PDI, elaborar
vídeos coa PDI, solucionar cazas de tesouros, miniquest, webquest,.. propuestas pola
profesora,etc.). Tamén determina dous trios de alumnas/os que expondrán unha síntesis
do tema coa pizarra dixital e prepararán 20 preguntas co Activote que farán a os seus
compañeiros/as.
Hay que destacar que na aula de Economía hay una pizarra dixital Promethean, un
Activote, tabletas dixitales e ordenadores para todos os alumnos.
35. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na actividade de formación.
Ademais de todas as actividades anteriormente descritas visionamos o video da
inflación seleccionado en www.ecotele.es feita (moi ben, por certo) por Javier González
Álvarez e o alumnado respostou a un cuestionario de comprensión sobor dito video feita
pola profesora
36. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos resultados acadados.
.- Os resultados acadados foron bós, o alumnado mostrou bastante interés polo tema
porque coido que lles quedou moi claro que afectaba directamente as súas vidas.
Fichas de avaliación www.ecotele.es
VIDEO (duración: 9 minutos) BANCO CENTRAL EXPLICA A INFLACIÓN E A DEFLACIÓN
26
Cal é o obxectivo principal do Banco Central? Que indicadores utilizan los Bancos
Centrais para observar si existen riesgos para la estabilidade de precios? Que é a
inflación e que efectos ten sobre a economía? Por qué é malo para a economía que
baixen os precios?
A todas estas cuestións responde, dunha forma moi sinxela utilizando un formato de
debuxos animados, este video feito polo Banco Central de Chile
OBXECTIVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Comprender o concepto de estabilidade de precios
2. Explicar cal é o obxectivo dos Bancos Centrais
3. Analizar cales son os indicadores que utilizan os Bancos Centrais para observar si existen riesgos para a estabilidade de precios
4. Comprender las distintas causas de la inflación
5. Identificar os tipos de inflación existentes e os seus efectos sobre a economía
6. Describir cal é a técnica para a medición da inflación
7. Entender el concepto de deflación e interpretar sus consecuencias
1. Explicar o concepto de estabilidade de precios
2. Definir o obxectivo do Banco Central e a forma de conseguilo
3. Explicar en qué consiste a inflación e como se mide
4. Identificar os efectos da inflación sobre o conxunto da economía e sobre os distintos colectivos
5. Valorar as consecuencias que poder ter una baixada de precios
27
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Fernández Juncal, Mª Inmaculada Correo electrónico inma@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
DEREITO FISCAL E LABORAL NIVEL
(Bach.)
2º BACHARELATO
37. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Explicáballe ós alumnos os contidos do tema a partir duns apuntes de elaboración
propia. Na aula empréganse os recursos tradicionais: apuntes, encerado e xiz para a
explicación . A metodoloxía empregada consistía nun método expositivo no que os
alumnos podían intervir cando tivesen algunha dúbida e conforme se explicaban os
contidos elaborábase
de forma conxunta esquemas dos mesmos. O remate do tema facíaselle unha proba
escrita sobre o mesmo.
38. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Parte do tema impártese acudindo á aula de informática, onde os alumnos obteñen
información sobre algúns dos contidos do tema en páxinas web indicadas nos contidos
do curso, e onde é avaliado parte do traballo.
39. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Para estudiar os principais impostos:
Facilítanselle apuntes como de costume pero ademais utilízase a páxina web da
axencia tributaria www.aeat.es para que os alumnos visualicen algúns impresos.
Accedese ó manual da renda para que comproben se a información facilitada nos
apuntes é correcta ou hai algún erro ou cambio.
Os tipos de contratos de traballo:
Utilizase a webquest “los contratos de trabajo” baseada na serie “cuentame como pasó”
(autor:José Antonio Salueña) a partir da páxina web www.ecobachillerato.com, e os
alumnos teñen que seguir as instruccións que lle indican (buscar en distintas páxinas
web como á do INEM ,..., elaborar un resumo coas características básicas dos distintos
tipos de contratos de traballo, e aconsellarlle a Antonio Alcántara o mellor tipo de
28
contrato de traballo para cada un dos restantes membros do reparto)..Esta parte do
tema avaliouse tal e como se indica na propia webquest.
O resto do tema impártese e avalíase como de costume.
AVALIACIÓN DOS RESULTADOS ACADADOS:
Ós alumnos gustoulles acudir á aula de informática e cambiar a dinámica das sesións.
Ademais aprenderon que poden obter por eles mesmos información, e que
determinados organismos como o INEM ou a AXENCIA TRIBUTARIA, a través das
súas páxinas web, poden ser de grande utilidade (ademais de que fardan de “entender
o que nelas se di” (aínda que non sexa todo)).
Ainda que intentan facer na aula de informática o que lles apetece (youtube,
messeger,...) polo xeral non resultou difícil controlalos, ó estar guiados os pasos que
tiñan que seguir os alumnos.
Os alumnos comprenderon mellor as diferencias entre os distintos tipos de contratos
que en cursos precedentes, e polo xeral presentaron traballos bastante aceptables
(ademais comprobaron a utilidade práctica deses conceptos).
Foi unha experiencia positiva.
29
Apelidos e nomedo/a Profesor/a
FERNÁNDEZ SASIAÍN, Laura Correo electrónico
sasiain@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
A ESTABILIDADE DE PREZOS NIVEL
(Bach.)
1º BACHARELATO
1. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Tomando como referencia o libro de texto explicábase o concepto de inflación e os seus
efectos na economía, relacionando esto co obxectivo fundamental da política monetaria de
procurar a estabilidade dos prezos, responsabilidade do BCE. A explicación completábase
coa lectura e análise de artigos de prensa relacionados co tema e cun vídeo elaborado
polo propio BCE.
2. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
Proponse como vimos no obradoiro traballar con máis profundidade o visionado dos
vídeos utilizando para elo unha guía sobre o mesmo así como unha ficha de avaliación.
3. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Elabórase unha guía cos obxectivos que se pretenden acadar co vídeo, as actividades a
realizar e a avaliación. Despois do visionado do vídeo os alumnos deben responder a un
cuestionario e a continuación proponse un debate sobre o tema. Tanto o cuestionario
como o debate servirán para avaliar a consecución dos obxectivos previstos.
O resultado é positivo porque axuda a organizar a actividade de forma mái eficaz, a que os
alumnos presten máis atención, intentando comprender e asimilar a información
proporcionada.
30
Apelidos e nome do/a
Profesor/a GÓMEZ CARIDE, Amelia Correo electrónico agcaride@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO TEMA 4: O
FUNCIONAMENTO
DO MERCADO
NIVEL
(Bach.)
1º BACHARELATO
40. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Este tema ata agora explicabanse os conceptos teóricos, resumo deses contidos e
exercicios prácticos e teóricos para consolidar a explicación. É necesario ter en conta
que é un tema dificultoso para o alumnado, onde a compresión da realidade
simplificada é dificil. A utilización de gráficas axudaba a explicación dos contidos
teóricos.
41. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Aínda que se segue utilizando os recursos anteriores para a explicación do tema é útil
para esta exposición e posterior compresión dos conceptos a utilización das novas
tecnoloxías. Referímonos á Webquest, onde o alumnado resposta ás preguntas e
autoavalíase.
Tamén utilizamos videos relacionados co tema explicado e páxinas web que nos foron
achegadas no curso.
42. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Comezamos a unidade didactica coa explicacióndos conceptos teóricos sobre oferta e
demanda :
-demanda
-oferta
-equilibrio de mercado
-cambio nas condicions de mercado
-desplazamento das curvas .
Os alumnos acuden unha vez por semana a aula multimedia onde realizan exercicios e
eles mesmos se autoevaluan .
Unha vez que remata o tema os alumnos ven un video relacionado coa materia e que
se achegou no curso.
31
Apelidos e nome do/a Profesor/a
HERVELLA COUCEIRO, RICARDO Correo electrónico
Ricardohervella@edu.xunta
TEMA
ESCOLLIDO
O sistema financiero e a política monetaria NIVEL
(Bach.)
1º Bacharelato
43. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
A estructura da unidade didáctica, segundo a programación feita a principio do curso é: Contidos O diñeiro: concepto, funcións e clases Evolución histórica Proceso de creación do diñeiro O sistema financiero O mercado de valores: mercado primario e mercado secundario. Renda fixa e renda variable A inflación. Inflación de demanda. Inflación de custos A política monetaria Criterios de avaliación Descrición dos diferentes tipos de diñeiro Situación da inflación española no contexto da UE Observación do proceso de creación do diñeiro. Observación do papel do tipo de interés como instrumento de política económica. Actitudes Valorar as funcións que desempeña o diñeiro Ser conscientes de que non solo as moedas e os billetes son diñeiro Ser conscientes dos efectos que ten a inflación na economía Valorar a importancia do sistema financiero no financiamento da economía Ser consciente da necesidade do control dos intermediarios fianceiros Valorar a importancia dos mercados de valores
A metodología empregada era de explicacións teóricas na aula, e resolución de
ejercicios sobre a creación de diñeiro polo sistema bancario, o tipos de interés, e da
Bolsa de Valores. Tamén consultas na prensa.
44. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Despois da participación no obradoiro “Os recursos TIC, a web 2.0 e o uso didáctico do
blog no ensino da economía en Bacharelato” , búscase unha metodología máis
interactiva que faga participar ao alumnado na clase. Para facer eso, utilizaremos
32
diversas páxinas web e blogs que existen na rede, como:
Páxina web ecomur.com:
Power Point “O proceso de creación do diñeiro”
Test interactivos: ¿Qué é o diñeiro? e “O sistema financiero español”
Páxina web ecobachillerato.com: tests interactivos
Vídeos para el aula: tema “O diñeiro”. Diversos vídeos de curta duración con
explicación sobre o tema, como “Diñeiro é débeda” e un curto da película “El
concursante” sobre a escena referida ao troco e o nacemento do diñeiro.
45. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Unha vez aplicada a proposta na aula nótase unha maior comprensión e unha maior
participación do alumnado, pois intervén dun xeito máis activo.
33
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Justo Acevedo, J.M. Correo electrónico
TEMA
ESCOLLIDO
A Inflación NIVEL
(Bach.)
1ª Bachll.
46. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Para este tema utilizaba o manual correspondente (Mc Graw Hill), explicacións no aula,
realizacións de exercicios propostos no libro. Ademáis os alumnos teñen que buscar
nos xornais calquera tipo de noticia relacionada co crecemento dos prezos. Ditas
noticias, son obxeto de comentario e interpretación na clase.
A parte teórica comprende catro ou cinco clases ( concepto, teorias sobre a inflación,
efectos negativos sobre a economía dun país, indicador da inflación e unha breve
descripción sobre a elaboración do IPC). A parte práctica, de comentarios de noticias
sobre os precios, unha ou duas clases.
47. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Os alumnos de 1ª Bachillerato e a primeira vez que estudan Economía, e polo tanto, a
explicación teórica do concepto de Inflación, as súas repercusións sobre outras
variables económicas i en xeral, a influencia sobre a Economía no seu conxunto, segue
sendo moi importante. O que sucede, e que coa ferramente que nos proporciona o
Instituto Galego de Estadística ( IGE ) as explicacións fanse moito máis dinámicas, con
un apoio constante de datos en cada unha das explicacións. Incluso na páxina web do
IGE, ten un apartado de pequeño apoio teórico, que cando se están consultando datos,
as veces e moi interesante velo.
Estudar o fenómeno da inflación, e analizar o incremento dun período concreto, e
interesante, pero si ademáis lles explicamos os alumnos ( i eles o ven) que productos
provocaron fundamentalmente o incremento ( alimentación, por exemplo) e ademáis
ven concretamente, que tipo de productos foron os responsables ( carne de polo, por
exemplo), os alumnos ven clarisimamente a conexión da teoría coa realidade.
Incluso, podemos facer pequenos traballos ( de forma rápida, sin demoras de tempo,
posto que temos os datos na mencionada páxina) sobre a evolución do IPC galego i o
IPC español, elaborando algunha gráfica no que observamos a evolución, y polo tanto,
extraemos as conclusións pertinentes.
34
En resumo, unha ferramenta moi válida, que penso incorporala na explicacións deste
tema e de outros temas ( de feito, xa o estou facendo).
48. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
A aplicación da proposta didáctica, ven dada polo que xa sinalei no apartado anterior.
Consistiría en introducir na explicación do tema mencionado, máis dinamismo e máis
datos de tipo práctico, que provoquen no alumno, por un lado un mayor interese hacia o
tema e que vexan as repercusións que na práctica ten o fenómeno da inflación. Polo
tanto, no aula, farei o seguinte:
a. Seguimento da evolucións dos precios en Galicia, vendo as diferenzas
que existen dentro da nosa Comunidade Autónoma na evolución dos
prezos, y elaborando a partir dos datos, gráficas explicativas de dita
evolución ( a información visual que aportan as gráficas, en forma de
diagrama de barras ou calquera outro, paréceme moi interesante)
b. Evolución dos precios en España, en relación coa nosa Comunidade, e
tamén a correspondente gráfica, que lóxicamente elaborarán os alumnos.
c. Profundizar nos datos que os proporciona o IPC: cómo se reparte a
evolución por provincias, Comunidades Autónomas..., que tipo de bens
que integran a cesta de productos co que se elabora o índice, son os
responsables do incremento dos precios.....
d. Obter datos relativos o crecementos dos prezos i comparalos con datos
relativos o crecemento dos salarios, para observar se hai perda de poder
adquisitivo por parte dos traballadores...
A avaliación dos resultados pasan por comprobar o grado de comprensión do alumnado
e analizar si coa nova proposta didáctica, se consegue un bo resultado. Non efectuei
ninguna proba de avaliación, ainda que non dubído do éxito da mesma, tendo en conta
que a atención do alumnado con esta ferramente e mayor, e a clase desenrolase de
forma moito máis amena.
35
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Lado García, Manuel Correo electrónico
mlado@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
O diñeiro
NIVEL
(Bach.)
1º Bacharelato
49. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Nos últimos cursos o método utilizado era bastante tradicional. Explicaba os conceptos
básicos do tema, facíamos exercicios, e comentabamos algún texto fotocopiado.
Algún grupo collía sempre este tema para facer unha Webquest. Era moi infrecuente o
uso do vídeo, e só se usaba o canon de vídeo para a presentación das Webquest do
alumnado. Isto empezou a cambiar este ano , co uso da aula materia e o mercar unha
pantalla e un canon de vídeo para a aula.
50. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Logo do curso de didáctica da economía,, propóñome incorporar o canon de vídeo e
Internet no uso diario (xa estaba sendo bastante habitual dende principio de curso).
Estiven seleccionando dende principios de curso os recursos dixitais máis interesantes,
para poder utilizalos como apoio en cada tema, así como o acceso a páxinas web, para
actividades e comentarios de textos, que antes fotocopiabamos. Queda para próximos
cursos a incorporación do Blog como recurso didáctico e a creación de recursos propios
para a pizarra dixital.
51. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
No tema do diñeiro, comezamos vendo un vídeo de ecobachillerato.com, relativo á
creación de diñeiro (10 m.). Funcionou moi ben e serviu para ter un primeiro
intercambio co alumnado sobre o tema, entendendo a maioría o exposto, e
interesándose por coñecer máis. A continuación utilizáronse os recursos dixitais
interactivos de SM (Tema 12), e de Santillana (Tema 10), combinando con exercicios
prácticos propostos no libro de texto, para que puidesen dominar os conceptos básicos,
coñecer a historia do diñeiro, os agregados monetarios, o sistema financeiro, etc.
Usamos tamén un power point de Fernando Mur ( ecomur.com) sobre a creación do
diñeiro, e finalmente fixemos dúas actividades baseadas en informacións de páxinas
36
web. Unha proposta por Santillana, para ver o índice BicMac, publicado por The
Economist, para comparar o valor do diñeiro en distintos países, e outra proposta por
SM sobre o prezo das hipotecas en Europa.
Logo de usar recursos dixitais variados, Internet e vídeos, a miña conclusión sería, que
mellora a atención do alumnado e tamén o seu rendemento.
Apelidos e nome do/a Profesor/a
LOPEZ DIAZ MANUEL FRANCISCO Correo electrónico
nolo@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO O DIÑEIRO NIVEL
(Bach.)
1º BACH
52. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
O método que utilizo é o comentado na metodoloxía, tendo en conta a limitación de medios técnicos cos que conto na aula
53. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Os recursos que utilizo e os expostos no curso son semellantes
54. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Os resultados son aceptables baseándome nos datos de cursos anteriores
37
OBXETIVOS 1. Definir ou diñeiro, indicar as funcións que cumpre e establecer cal é o seu custo de oportunidade. 2. Coñecer a evolución histórica do diñeiro. 3. Describir as distintas formas de diñeiro existente. 4. Comprender cal é o respaldo do valor do diñeiro na actualidade e a súa relación co poder adquisitivo. 5. Desenvolver o concepto de oferta monetaria e describir os distintos agregados monetarios existentes. 6. Establecer o proceso de creación do diñeiro e diferenciar entre o diñeiro legal e o bancario. 7. Sinalar o concepto de intermediario financeiro e indicar as súas funcións. 8. Identificar o papel da bolsa de valores no mercado financeiro e establecer as diferenzas entre o mercado de emisión e o de negociación. CONTIDOS CONCEPTOS 1. O concepto de diñeiro e as súas funcións. 2. A evolución histórica do diñeiro. 3. As distintas formas de diñeiro que existen. 4. O valor do diñeiro e a súa relación co poder adquisitivo. 5. O proceso de creación do diñeiro. 6. O concepto de intermediario financeiro e as súas funcións. 7. A importancia da Bolsa de valores no mercado financeiro. PROCEDEMENTOS, DESTREZAS E HABILIDADES
O DIÑEIRO
Definición e función do diñeiro
Evolución histórica
Forma do diñeiro
Valor do diñeiro e inflación. Deflacion
Proceso de creación do diñeiro no sistema finananceiro
Intermediarios financeiros
A Bolsa de Valores
Reflexión sobre a evolución histórica do diñeiro e das súas funcións. Identificación das distintas formas de diñeiro. Entendemento da relación entre o valor do diñeiro, o poder adquisitivo e a inflación. Determinación da oferta monetaria e a súa medición a través dos distintos agregados monetarios.
38
Comprensión do proceso de creación de diñeiro e a relación entre a oferta monetaria e a base monetaria. Identificación dos intermediarios financeiros e as súas funcións na mediación entre aforradores e debedores. Revisión do concepto da bolsa e as funcións do mercado primario e do secundario. Desenvolvemento da capacidade de procura de información sobre o diñeiro e os mercados financeiros en Internet. Lectura e interpretación de textos económicos con información de actualidade sobre o diñeiro.
METODOLOXIA: A parte dá explicación teórica dá unidade, os recursos empregados son:
vídeos de creación do diñeiro bancario e unha especie de taller na clase para analizar con un exemplo sinxelo a creación de diñeiro. Divido a clase en tres grupos: banco central, banca comercial e público. Formación do coste do diñeiro, especial refrencia ao EURIBOR(viñeta) vídeos da inflación e deflación sumistrado polo BCE, e que tamen
existen na rede así como en determinadas paxinas web de economía. Artigos de libros ou periódicos relativos a cuestions como: comercio
xusto, alternativa a banca tradicional como o banco de tempo, no que se fai fincape a volta en tempos de crise ao troco… Calculo do IPC tendo en conta a cesta da compra das familias dos
alumnos, para elaborar un índice sinxelo, e si temos tempo estudiar a sua evolución. Explicación de cómo leer as noticias da bolsa nun xornal, facendo fincape
no IBEX 35.Breve comentario de casación das ordes de compraventa. Comentamos coma na situación de recesion pulula de novo as casas de
empeño, como forma de conseguir liquidez. Propoño como exemplo unha viñeta, recollida do xornal Eleconomista.es,
39
Apelidos e nome do/a Profesor/a
LÓPEZ MARIÑO, Isabel Correo electrónico
ilmarino@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
Os prestamos e as entidades financeiras
O desemprego
NIVEL
(Bach.)
1º bacharelato Obradoiro iniciativas
emprendedoras
55. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que recursos utilizaba:
• Preguntas da profesora para averiguar o grado de coñecemento do alumnado
sobre o tema que se vai a explicar e espertar curiosidade sobre o mesmo.
• Exposición do tema por parte da profesora complementando a teoría con
referencias a realidade económica máis inmediata.
• Realización das actividades e exercicios prácticos propostos no libro de texto
e outros preparados pola profesora.
• Debate e comentarios de artigos de prensa relacionados co tema a tratar.
Busca de información en Internet relacionada cos coñecementos adquiridos e
aprendendo a diferenciar os datos das opinións.
56. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A actividade de formación consistiu maioritariamente na exposición dos seus
coñecementos por parte de especialistas en cada un dos temas.
A única diferenza que observei con respecto ao que eu fago na clase é que as
exposicións ían acompañadas dunha presentación en power point. É un recurso
didáctico moi cómodo para o profesorado xa que ao estar revisado de antemán evita os
lapsus que as veces nos regala a memoria, os despistes, os comentarios que se
producen mentras de costas ao alumnado escribimos no encerado, a improvisación
buscando ese exemplo que se resiste a acudir no momento oportuno…
Por suposto que isto non foi un descubrimento. Cando me apuntei a este curso xa era
consciente das miñas limitacións en canto a elaboración de presentacións, creación de
blogs e paxinas web, coñecemento das redes sociais…pero algo disto pensaba que
podía aprender alí. Non foi posíbel. Pero axudoume a ser consciente de que non quero
aprazalo máis e de forma autodidacta estou dedicando este fin de semana, e os que
virán, a traballar na elaboración dunha presentación. Máis adiante virá o resto.
41
Penso que a única sesión que respondeu ao título aportando novos recursos didácticos
para o ensino da economía foi o obradoiro. De ter podido asistir a todos os obradoiros,
polos comentarios de satisfacción que escoitei dos compañeiros asistentes aos demais,
quizás podería facer máis propostas de cambio.
57. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Despois deste curso mudaron algunhas cousas nas miñas clases.
• OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS Preparei unha presentación en power-point para explicar os problemas do desemprego. O título é “cine para divertirse e aprender”. Aborda o problema do desemprego e a súa incidencia no entorno social. Nas tres peliculas seleccionadas ten especial importancia a relación do pai desempregado cun fillo que en idade infantil non so ten que sufrir as consecuencias do paro se non que tamén ten que facer de soporte do adulto que se desmorona. A presentación servirá de base para un proxecto que o alumnado terá que realizar. Serán supostos programadores dunha entidade cultural municipal e deberán abordar problemas sociais mediante ciclos de cine monográficos sobre os temas que máis preocupan aos cidadáns. Na avaliación de cada proxecto terase en conta:
- Presentación dixitalizada. - Sipnose da película. - Confección da ficha técnica. - Relación do filme co problema social abordado. - Valoración do tratamento dado pola película ao problema e aportación
doutros puntos de vista.
• ECONOMÍA Visión na aula de dous vídeos relacionados co tema que estou impartindo que é o do diñeiro e as entidades financeiras. Seleccionei dous dos vídeos propostos por Javier G. Álvarez no obradoiro do curso. Estes foron “Inflación e estabilidade de prezos” e “ Muhammad Yunus e o Banco Grameen” Para a avaliación desta actividade terase en conta:
- As aportacións realizadas polo alumnado ao debate posterior. - As respostas ao cuestionario adxunto preparado para esta actividade.
MUHAMMAD YUNUS E O BANCO GRAMEEN
1- Localiza Bangladesh nun mapa e compara a situación socio-económica dese país co teu.
42
2- En todo préstamo hai un prestamista e un prestameiro. Pon un exemplo de cada un deles.
3- Que é a garantía nun préstamo? 4- Pensas que os bancos conceden préstamos sen garantía? Pon exemplos das
garantías que piden os bancos para concedernos préstamos. 5- Explica que é un microcrédito. 6- Explica o significado da frase : “créditos solidarios sen garantía” 7- Explica que significa reembolsar un préstamo. 8- Cal é a razón de que os microcréditos se concedan fundamentalmente a
mulleres. 9- Que é o tipo de interese? 10- Busca tres exemplos de negocios que se poidan facer con microcréditos.
43
Apelidos e nome do/a Profesor/a
López Soto, Mª Beatriz Correo electrónico
mbls@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
O diñeiro.
NIVEL
(Bach.)
1º de Bacharelato
58. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Partindo dunha evaluación inicial para saber o nivel de coñecementos que teñen os
alumnos, utilizaba a explicación oral do tema, tamén empregaba o libro de texto,
material impreso complementario explicativo e esquema e resumo no encerado.
A clase intento que sexa dinámica, preguntando ao alumnado e propoñendo actividades
para a comprensión, ampliación e repaso.
59. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A nova proposta incorpora un ensino con moitos máis recursos multimedia. No blog
creado co alumnado de 1º de bacharelato introducíronse varios vídeos explicativos
sobre a orixe do diñeiro, propiciándose un debate a posteriori e incluindo un enlace a
unha páxina de recursos onde os alumnos fixeron ao terminar a unidade didáctica
exercicios de autoevaluación con test que xa lles ía dicindo a cualificación acadada,
permitindo que fosen preguntando aquilo que no lles quedara compendido.
60. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados. Tras a evaluación inicial do tema, e vendo o nivel do que parte o alumnado,
fíxose fincapé no máis importante, deixando no aire varias preguntas. Visionouse o
material multimedia (principalmente extraído da páxina www.economiweb.com)
facendo pausa nos momentos nos que se daba información de maior contido ou máis
difícil de entender, e terminando con comentarios e confirmacións dos datos aportados.
Despois de facer un resumo, os alumnos investigaron sobre materiais utilizados como
diñeiro, tipos de diñeiro e moedas doutros países, voluntariamente podían colgar no
blog un post coa información recollida.
Finalmente proporcionóuselles o enlace para facer test de autoavaliación
(principalmente en http://www.ecobachillerato.com é en http://www.ecomur.com).
Aceptaron de bon grado a realización deste tipo de actividades, pois podían ir
44
verificando de maneira instantánea o grado de comprensión acadado. De feito nas
cualificacións obtidas era moi destacable que a porcentaxe de aprobados era superior
ao normal, cando este grupo non soe traer os exercicios feitos a miúdo.
A valoración final relativa á utilización de recursos interactivos e audiovisuais en
colaboración con outros máis tradicionais (libro, fotocopias, explicacións orais…) é moi
positiva, pois os alumnos participaron de maneira máis activa e de bon grado, facendo
os exercicios con moito máis interese e con moito mellores resultados.
45
Apelidos e nome do/a Profesor/a
López Ulloa Mª Socorro Correo electrónico
mlulloa@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
As Variabeis Macroeconómicas NIVEL
(Bach.)
1º Bacharelato
61. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
A parte práctica deste tema consistía na realización de ejercicios. Estos ejercicios eran
os propostos no libro de texto e alguns de elaboración propia
62. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Despois de explicado o tema, a parte práctica realizarase na aula de informática e
consistirá na realización de test interactivos de varias paxinas Web, ecobachillerato e
ecomur
63. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Estos consisten na desposta de preguntas, e son autoavaliables, de maneira que o
alumno sabe se contesta mal, neste caso tera que voltar a responder, ou se o fai ben. O
final do test saberá a puntuación acadada.
O resultado desta actividade foi bo, todos os alumnos a realizaron
46
Apelidos e nomedo/a Profesor/a
LOUZAO RODRÍGUEZ, Xoan A. Correo electrónico xanlouzao@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
AS VARIABÉIS MACROECONÓMICAS
NIVEL 1º BACHARELATO
4. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que recursos utilizaba:
A impartición deste tema partía da explicación teórica dos conceptos coa definición das
macromagnitudes máis importantes, comenzando polo PIB e as diferentes vias para a sua
obtención, a interrelación e diferencias que hai entre elas, a forma de calcular o PNB, a
RN e a Renta Dispoñible a partir do PIB. Asi mesmo unha explicación da información que
suministran estes indicadores e a importancia que teñen. A continuación o alumnado
realizaba diferentes actividades, escomenzando por un nivel de dificultade moi básico e
aumentandoo según se iban fixando os conceptos explicados. Para estas actividades de
cálculos de diferentes macromagnitudes utilizábanse, basicamente, datos da economia
galega.
En canto aos recursos usados, o libro de texto utilizábase como base para que o
alumnado tivera sempre onde aclarar as suas dubidas.
Asi mesmo entregábase a cada alumno/a unha ficha elaborada polo profesor cos
contidos teóricos que sintetizaban o explicado na aula.
Para as actividades buscábanse datos reais recentes referidos a economía galega e
tamén a utilización da prensa escrita en algunha actividade sobre comparación entre
CC.AA. e entre os paises da U.E. respecto a sua renta per cápita e á evolución do se PIB.
5. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
47
A nova proposta didáctica parte do mesmo procedemento descrito no punto anterior pero
incorporando un novo recurso que amplia os usados até o de agora. Ese novo recurso é o
portal educativo que ten o Instituto Galego de Estatística (IGE) na sua páxina web. Esta nova
ferramenta permite consolidar os conceptos teóricos, que tamén aparecen na páxina, e
sobre todo a realización de exercicios cos datos de todas as macromagnitudes actualizados
tanto de Galicia como de España (a través do enlace á páxina Web do INE) que facilitan
unha visión actual e permiten ver cal é a aplicación real do que os alumnos/as están
estudando.
6. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
O alumnado, utilizando os datos que se atopan na páxina Web terá que realizar os
seguintes exercicios:
• Cálculo do PIB para Galicia para os anos 2007 e 2008 polas tres vias:
produción, demanda, e renda e comprobar que o resultado é mesmo
independentemente da via utilizada.
• Cálculo do valor engadido para diferentes ramas de actividade,.
• Cálculo do PIB per cápita para Galicia para o ano 2007 e 2008 e
comparación co PIB per cápita doutras CC.AA. e do propio estado.
• Cálculo da taxa de variación do PIB galego do 2008 respecto ao 2007.
• Cálculo da taxa de variación do PIB per cápita galego entre estes dous anos
e comparación coa variación doutras CC.AA. e do propio estado.
• Calculo da taxa de variación do PIB galego do IV trimestre do 2008 respecto
ao III trimestre dese ano para comprobar a caida do mesmo.
• Buscar os datos da renda per cápita dos concellos de onde son os
alumnos/as (Brion, A Baña e Negreira) para comparalas e a sua vez
comparala coa de Galicia.
En canto a avaliación dos resultados podemos concluir que con esta ferramenta o
alumnado sentiu maior interese polo tema e puido comprobar a aplicación práctica do
estudado. O feito de que puideran ver os datos dos seus concellos e comparar as
variabéis macroeconómicas actuais galegas cas de outras CC.AA. permiteu unha mellor
comprensión dos conceptos e fixo menos árida esta parte da asignatura que é das que
48
maior dificultade plantea ao alumnado.
En definitiva podemos concluir que este recurso didáctico é un magnifico apoio a labor do
profesorado e unha boa axuda para o lumnado no seu aprendizaxe.
Sería moi positivo que se puidese abarcar máis ambitos de coñecemento do campo
económico e ampliar os contidos deste portal educativo para empregalo en máis unidades
didácticas.
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Marcos García María Ester
Correo electrónico
mmgarcia@ edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
EL DINERO Y LA POLITICA MONETARIA NIVEL
(Bach.)
1º de bachiller
64. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Diferentes libros de texto.
Explicaciones orales
Juegos de invertir en bolsa
Diarios y revistas sobre el tema
65. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Utilizar el ordenador en el aula para buscar información por parte de los alumnos.
Que ellos mismos hagan un blog para comunicarse.
Intercambiar información con los alumnos a través del correo electrónico.
Poder realizar presentaciones de diferentes trabajos en Power Point.
66. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
No pude todavía ponerla en práctica.
49
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Meiriño González, Mª del Carmen Correo electrónico
maramego@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
Elaboración dun proxecto empresarial NIVEL
(Bach.)
1º
67. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Explicación teórica da estrutura e fins dun proxecto empresarial, así como dos seus
principais contidos mínimos.
Elaboración dun proxecto sinxelo por parte dos alumnos, en formato papel tradicional.
68. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Elaboración dun proxecto empresarial a través dun blog. Trátase de crear un blog para
volcar nel os distintos aspectos que debe conter un proxecto empresarial.
O alumnado traballará por grupos repartíndose os contidos que corresponden ás
distintas áreas funcionais da empresa. Os aspectos traballados subiranse ao blog,
coidando tanto os contidos formais como o aspecto visual do mesmo.
69. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Destaca claramente a maior motivación do alumnado pola utilización do novo formato
para desenvolver o traballo.
O alumnado mostra un grao de participación e o traballo en equipo moito máis
salientable que mediante o formato de traballo tradicional, e o seu grao de implicación
na consecución dun bo resultado final é moito maior.
50
Apelidos e nome
OLIVEROS OLIVEROS CONCEPCIÖN
Correo electrónico
Conchaoliveros@mundo-r.com
Tema Escollido
Mercado Laboral Nivel 1ª de bacharelato
1. - Descrición de como se desenvolvía a docencia no tema e que recursos se utilizaban O desenvolvemento de como desenvolvía o tema esta exposto no terceiro punto, xa que non existen grandes diferenzas, solo na análise do mercado laboral, de hai un ano e o actual. 2. - Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos expostos na actividade de formación. Recursos utilizados: - Libro de texto, lousa. -Prensa diaria e prensa económica (séguese a través da prensa a evolución do mercado laboral, así como as análises e propostas dos diferentes grupos de presión). - Canón, para a exposición de conceptos básicos. - Ordenadores. Internet .Portales utilizados: - IGE - INE -INSS -INEM - canaltrabajo.com - infoempleo.com - centraldeteletrabajo.com - aet-es.org Os recursos foron os mesmos, só sinalar que no caso do portal IGE, lle saquei máis rendemento 3. - Descrición da aplicación desta proposta didáctica na aula e avaliación dos resultados académicos. -Comézase a actividade con algunha pregunta que motive o alumnado, por exemplo, ¿A que colectivos afecta máis o desemprego? ¿Por que? Posteriormente realízase un turbillón de ideas, para valorar por parte da profesora o que o alumnado xa coñece de cursos anteriores desta unidade. - Explicación e aclaración dos conceptos básicos que definen o mercado de traballo e que permiten entender as causas do desemprego, os seus tipos ,y os seus efectos, así como os mecanismos que se utilizan para a súa medición ,y que xeran dúbidas entre o alumnado. - Obtención de datos a través das páxinas Web do INE. IGE, INEM. - Elaboración de cadros e graficas sobre a distribución da poboación activa, ocupada e en paro, así como sobre taxa de actividade, ocupación e paro en Galicia e España,
51
por idade, xero, sectores económicos, e provincias. - Análise e interpretación das taxas obtidas. - Lectura dun artigo xornalístico de actualidade. "O paro supera os 3,3 millóns e desborda os cálculos de goberno", o país 4 de febreiro de 2009; fíxose unha breve reflexión critica e posteriormente unhas preguntas para elaborar un resumo sobre o articulo. - Utilización dalgunhas paxinas Web que ofrecen emprego e no que os/ás traballadores/ás poden darse de alta; tamén se orienta ao alumnado a buscar información sobre posibles coberturas sociais en caso de desemprego, facilitando e acompañando a busca principalmente en paxínalas do INSS e do INEM, coas que tiñan que responder a unhas preguntas formuladas pola profesora. - Por último, unha reflexión dos problemas económicos e sociais derivados do desemprego, as causas que o orixinan e as distintas políticas que favorecen o emprego, así como a importancia das prestacións por desemprego. Resultados obtidos: 1º E Bacharelato- Superaron a materia 18 de 24 que representan o 75% 1ª F Bacharelato- Superan a materia 17 de 23 que representan o 73,91%
52
Apelidos e nome do/a Profesor/a
NOVO SAMPEDRO, MARIA EUGENIA Correo electrónico
maria.eugenianovo@edu.xunta
TEMA
ESCOLLIDO
Consumidos 4
NIVEL
(Bach.)
1º de bachillerato
70. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Explicación a través do tema 3 do libro de S.M. y una lectura complementaria de este
tema.
71. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Exposición del video durante una de las sesiones de clase y a continuación los alumnos
deben cumplimentar un cuestionario que aparece adjunto a este documento
72. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Se expuso el video en el que algunos alumnos hacían comentarios a cerca del
problema que sufrían las personas que padecían alguna adicción sobre todo a las
compras.
Ficha para alumnado de 1º curso de Bacharelato ALUMNA/O……………………………………………………………………………… Preguntas sobre el video nº. 4 de consumidos.
1. ¿Qué dice la persona que está siendo entrevistada sobre qué es preferible? a) Es preferible aparentar lo que no eres e ir vestida de punta en blanco. b) Decir la verdad.
2. ¿Qué dice el video acerca de los logros de las personas en la sociedad y cómo
se miden? a) Por el dinero y el estatus social. b) Por la riqueza y la belleza.
3. ¿Qué pretende la publicidad a través de los anuncios?
a) Que tu vecino te admire. b) Que todo se vea como con un envoltorio nuevo.
53
4. En lo últimos 50 años, ¿cuánto ha crecido el gasto anual en publicidad?: a) Un 500% b) Un 965%
5. Cuanto más obligado o inducido se vea un consumidor a comprar, ¿qué
ocurrirá?: a) Comprará más. b) Comprará menos.
6. ¿cuántos productos distintos podemos encontrar en un supermercado normal?:
a) 10.000 productos. b) 20.000 “
7. ¿Cuántos productos nuevos llegan a las estanterías de los supermercados cada año?
a) 20.000 productos b) 10.000 “
8. En 30 años la raciones de comida en nuestra sociedad se han multiplicado por: a) 2 b) 3
9. En los últimos años que ha ocurrido entre el número de obesos y el número de
hambrientos? a) Se ha igualado b) Es menor el número de obesos que de hambrientos.
10. ¿Qué le ocurre a la persona entrevistada con las tarjetas de crédito y con las
tiendas? a) Puede pasear tranquilamente por la ciudad sin tener necesidad de entrar
en ninguna tienda ni pararse a ver escaparates. b) Necesariamente debe llevar tarjetas de crédito y entrar en las tiendas y
parase en los escaparates.
54
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PAN SOUTO, CONSUELO Correo electrónico
cpan@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO
A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO NIVEL (Bach.)
2º bach
73. Descrición de cmo desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Dentro das relacións laborais na empresa , estudadas polo alumnado de 2º de bach no
1ºT, vimos as normas que as regulan, como o Estatuto dos Traballadores, o contrato de
traballo, os convenios colectivos, etc. Debatimos e lemos algún artigo de cómo está a
cambiar a xornada laboral, por mor do “teletraballo” e a flexibilización da xornada
laboral que empresas pioneiras levan a cabo,con excelentes resultados na mellora do
clima laboral e no aumento da produtividade, que cobra importancia na sociedade
actual. Os recursos usados neste caso foron só gráficos.
74. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Unha vez que asistin ao obradoiro de Recursos didácticos para a economía, con Javier
González Álvarez, proporcionounos unha serie de videos que se adaptan ao temario a
impartir na economía de 1º e de 2º, dos que eu seleccionei en “Recursos Humanos”,
“como se traballa en Google”, e que nun futuro próximo e para futuros cursos
académicos, seguiréi usando e propoñendo cuestionarios, que polo de agora non
puiden facer.
75. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Aproveitando unha hora de clase, o derradeiro día, antes das vacacións de Semana
Santa, visualizamos este video de “cómo se trabilla en Google”, para afianzar e repasar
o tema que xa tiña impartidoe probar este novo recurso. A avaliación é moi positiva,
polo interese que suscitou entre o alumnado, que quedou patente na expresión das
súas caras primeiro, e cando rematamos de velo, no coloquio que se entablou,
analizando os pros (por ejemplo compatibilizar a vida laboral e familiar…) e contras
(que se te levas o traballo á casa acabas facendo unha xornada laboral máis longa…)
destas novas modalidades da xornada laboral que estas empresas están a aplicar.
Necesito máis tempo para seguir aplicando, ampliando e avaliando estes novos
recursos.
55
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PAVÓN AMORÍN, Mª MILAGROS
Correo electrónico
Milagros.pavon.amorin@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
USO DIDÁCTICO DO BLOG
NIVEL
(Bach.)
Actividades (referidas a varios temas) dmateria de ECONOMÍA 1º Bac.
76. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Aínda que teño a intención de empregar o blog sobre todo na materia de 4º da Eso
“Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” na que os alumnos realizan un proxecto
empresarial e dispoñemos da aula de informática dúas sesións á semana , voume a
referir o uso deste en bacharelato porque entendo que é o que se me pide.
En Economía de 1º Bac.: Ó longo do curso realizo varias actividades na aula de
informática: “Clases interactivas de economía”, na que os alumnos consultan
información en portales de economía, por exemplo, ecomur.com e poden tamén recibir
clases virtuais; páxinas web de organismos oficias xunta.es, ine.es, bde.es, de caixas
de aforros e bancos, etc simulamos pedir prestado, investimos en Deuda Pública, etc
Tamén empregamos a folla de cálculo para resolver problemas de custos,
productividade, gráficos de distribución da renda. Buscamos en periódicos noticias que
nos permitan aplicar os últimos conceptos estudiados.
“Visitas virtuais a empresas”: Inditex, Pescanova, Adolfo Dominguez, COREN, para
coñecer empresas do noso entorno, donde operan, como xurdiron, a súa forma
xurídica, responsabilidade social corporativa, o I+D.
A maior parte destas actividades atópanse na páxina web do IES no apartado
MATERIAIS CURRICULARES e alí en PROF. MILAGROS P.
77. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Uso do blog :
Penso que me permitirá solucionar un problema que teño coa páxina web, dado que eu
non son a administradora nin me permiten colgar contidos directamente, teño que
actualizar as actividades con bastante antelación. Dado que algunha información dos
organismos oficiais ou das empresas desaparece do seu sitio web e, ás veces, certas
actividades foron deseñadas contando con ela utilizar o blog axudaría nesta labor.
Permitirá tamén recoller no propio blog as actividades que os alumnos realicen,
actualmente utilizo o pendrive ou o papel.
56
78. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Non me foi posible levala a práctica neste corto periodo de tempo.
Neste curso imos empregalo como dixen anteriormente en 4º de ESO, e conto coa
colaboración dos meus propios alumnos que aprenderon na materia de Informática a
crear o seu propio blog.
57
Apelidos e nome do/a
Profesor/a PAZ DE PAZ, SAGRARIO Correo
electrónicoSagrariodepaz@edu.xunta
TEMA ESCOLLIDO AS EMPRESAS GALEGAS
NIVEL
(Bach.)
79. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Dacordo co curriculo para Galicia, da materia Economia de 1º de Bacharelato, utilizando
diferentes fontes de información, principalmente a prensa diaria, e mesmo Internet,
analízase a realidade empresarial galega: Clasificación das empresas segundo o
tamaño, o sector de actividade, a titularidade, cunha visión xeral dos principias sectores
de actividade
80. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
En ficheiro adxunto: power point
81. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Esta proposta permite o acceso a datos oficiais de IGE e a outras bases de datos
(Ardán, Actualidad Económica, Revista Fortune,…) actualizadas e de xeito inmediato.A
partires desta proposta, realízanse unha serie da actividades (as que se propoñen na
presentación son un pequeño ejemplo) que permitan coñecer o tecido empresarial
galego en alguns sectores importantes da economía galega.
Nota: ver presentación ad hoc.
58
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PAZOS PARDOS MERCEDES
TEMA
ESCOLLIDO
A INTERVENCIÓN DO ESTADO
NA ECONOMÍA
NIVEL
(Bach.)
1º BACH.
82. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba: - Introducción por parte do profesor coa participación do alumnado - Utilización do materiais prácticos relacionados co texto - Artigos de prensa - Utilización do portal educativo da axencia tributaria e outras webs que aportan
información y actividades sobre o tema A maior parte dos recursos úsanse na aula (salvo algunha clase na aula de informática)
e en soporte papel.
83. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A nova proposta diferénciase da anterior na maior e mellor utilización das TIC:
- Elaboración dun blog do departamento
- Elaboración dos blogs individuais do alumnado
- Actividades propostas para o uso do blog como ferramenta de aprendizaxe
84. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Estamos todavía elaborando o blog da materia. De momento contén unha serie de
actividades, avisos para o alumnado, enlaces portais educativos, webs de prensa
económica, etc .
En dúas horas lectivas da materia creamos os blogs individuais de cada un dos
alumnos/as que utilizarán para responder dentro dun prazo ás cuestións plantexadas e
que serán avaliables,para o que utilizarán enlaces proporcionados no blog do
departamento. Tamén a través de enlaces poderán acceder a cuestionarios
interactivos, mapas conceptuais e outra información para reforzar os seus
ceñecementos.
Todavía, debido as escasas horas da materia que tivemos desde a realización do curso
non podo avaliar os resultados obtidos pero si anticipar o entusiasmo co que alumnado
acolleu a proposta da utilización do blog como recurso didáctico.
59
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PEÑA GIL, MARIA ISABEL Correo electrónico
Mabelpena@edu.xunta.
TEMA
ESCOLLIDO
O mercado dos factores de producción:
- O mercado do traballo
NIVEL
(Bach.)
1º de bacharelato
85. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
A unidade impartíase a través dos conceptos teóricos desenvolvidos no libro, utilizando
conceptos tales como taxa actividade, taxa paro, taxa de ocupación etc, clasificamos a
poboación en activa( ocupada, desocupada)., inactiva etc. Facemos exercicios sobre
estas taxas con datos baseados nos anos de edición do libro de texto asi como noutros
exercicios os datos son inventados pola profesora. Utilizamos prensa referida aos
temas anteriores.
86. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
O curso, resultoume moi práctico para as miñas clases permíteme utilizar un material
totalmente actualizado, permitiendome facer comparacións dos tipos de poboación
dunhas zonas geograficas a outras, nacimientos,:ombres, mulleres; defuncións,
poboación activa, inactiva, construír gráficos de poboación; etc,realizando cálculos e
representacións gráficas rápidos. Ao mesmo tempo na páxina web do IGE repasamos
os conceptos teóricos traballados xa co libro de texto.
A páxina web permíteme facer a clase menos teórica e máis práctica
87. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
O sinalado no apartado anterior levámolo á práctica, utilizamos a sala de informática
que ata agora para esta unidade didáctica non empregamos, o resultado cos alumnos
foi un exito pois viron como se aplica a teória á realidade, máis próxima que é Galicia(
os alumnos quedan sorprendidos cando poden coñecer datos relativos á súa
localidade) quedandoles os conceptos moito mais claros.
A maior dificultade coa que nos atopamos foi o elevado número de alumnos no
grupo(33 alumnos), o que fixo necesario facer grupos de traballo
60
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PENEDO CORTIZAS, MONTSERRAT Correo electrónico
mpcortizas@edu.xunta.e
TEMA ESCOLLIDO “O diñeiro e os bancos” NIVEL
(Bach.)
1º Bacharelato.
88. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Os recursos que empregaba neste tema eran:
-Libro de texto que posúen os alumnos “Economía” da editorial Mc Graw-hill
-Artigos de prensa relacionados co nivel de endeudamento das familias e das empresas
españolas.
-Páxina web do Banco de España.
- Recopilación de billetes de distintas épocas.
En canto á forma de desenvolver a docencia deste tema:
- Na primeira sesión facía unha presentación da unidade plantexando ós alumnos
algunas preguntas para captar a sua atención: ¿Póden os gobernos crear todo o
diñeiro que queiran? ¿E bon que os bancos presten moitas cantidades de
diñeiro?
¿Qué ocurriría si tódolos aforradores acudisen ó banco a retirar os seus
depósitos?
- A continuación explicaba a orixe do diñeiro incidindo na evolución ó longo da
historia e no concepto de diñeiro bancario, así como as función do diñeiro.
- Explicación dos componentes da oferta monetaria.
- Lectura e comentarios de artigos de prensa.
- A demanda de diñeiro. Explicación e lectura e comentario sobre a evolución dos
tipos de interés nos últimos anos e a súa incidencia na actividade económica.
- Explicación da creación do diñeiro bancario.
- Consulta da páxina web do Banco de España, comentando a historia e as
función actuais desta institución.
- Powerpoint sobre o sistema financiero español.
89. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A nova proposta para este tema e a seguinte:
Despois da presentación da unidade e de plantexar as preguntas ós alumnos na
61
primeira sesión, introducir como recurso o video “O diñeiro é debeda”, no que os
alumnos ven a orixe do diñeiro bancario, as funcións do diñeiro, o concepto de reservas
bancarias, o proceso de creación do diñeiro bancario, o financiamento da débeda
pública.
A estratexia é que os alumnos despois de visiona-lo video, sexan capaces de reponder
un cuestionario e posteriormente facer unha posta en común onde se fará tamén unha
valoración final.
Ademáis tomando como referencia unha das actividades descritas polo relator do
obradoiro na actividade de formación onde os alumnos elaboraban o IPC da súa zona ó
longo do curso, teño previsto que os alumnos vaian facendo un seguemento da
evolución dos tipos de interés durante os meses de maio e xuño, como xa vimos
facendo dende principios de curso cos datos do IPC en España, Lugo e Galicia e cos
datos do número de desmpregados.
90. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Despóis de visionar o video os alumnos deben responder a un cuestionario de 10
preguntas:
-¿Por qué comeza a empregarse o diñeiro papel?
-¿Qué entendemos por diñeiro mercancía?
-¿Cales son as funcións do diñeiro?
-¿De donde crean os bancos o diñeiro que prestan?
-¿Cómo traballa a banca hoxe en día?
-¿Qué ventaxas ten para a actividade económica a creación de diñeiro por parte dos
bancos?
-¿Quen controla a actividade dos bancos?
- ¿Qué é o diñeiro fiduciario?
-¿Por qué interveñen os gobernos na regulación do sistema financiero?
- ¿Qué valoración fas sobre o funcionamento dos bancos?
Para responder este cuestionario fago grupos de dous alumnos e posteriormente
facemos unha posta en común.
A primeira parte do video (aprox. 10 minutos) consigue chamar poderosamente a
atención dos alumnos e a maioría presta bastante atención e recorda sin problema os
62
puntos tratados.
O tempo empregado para esta actividade é de duas sesión de 50 minutos. Na primeira
sesión os alumnos visionarán o video e entrégolles o cuestionario que rematarán na
segunsa sesión, na que facemos tamén a posta en común.
A avaliación desta proposta é positiva, xa que considero que axuda a acadar parte dos
obxectivos didácticos correspondentes a este tema, concretamente:
-Explicar a evolución do diñeiro e distinguir os distintos tipos de diñeiro empregados.
-Describir as distintas funcións do diñeiro.
-Comprender o funcionamento do sistema financeiro.
-Comprender as componentes da oferta monetaria.
63
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PÉREZ-SANTAMARINA FEIJÓO, BEATRIZ FÁTIMA
Correo electrónico
bperezsf@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
O MERCADO DE FACTORES DE
PRODUCCIÓN
NIVEL
(Bach.)
1º Bach.
91. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Dentro desta unidade didáctica, no referente ó mercado de traballo, facíase unha
analise teórica das características da poboación, subdividíndoa en poboación en idade
de traballar, poboación activa e poboación inactiva, coas suas diferentes subdivisións. A
continuación traballábase coas diferentes taxas
92. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Posto que o Portal Educativo do IGE dispón dos conceptos teóricos das unidades
didácticas, o traballo desta parte da unidade transfórmase coa conseguinte entrada no
Portal, onde, aproveitando eses conceptos, se toman os datos do concello onde nos
atopamos (Marín) e se desenvolven as conclusións do estudio de poboación do mesmo
con gráficas como as da pirámide de poboación por grupos de idade e sexo
93. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
A sua aplicación fíxose nun grupo de alumnos reducidos (a modo de experimento), polo
que resultou mais doada a atención ás cuestións e curiosidades que se foron
suscitando nos rapaces, tales coma a sua identificación no grupo de idade e sexo na
pirámide de poboación, homes e mulleres do seu concello, ocupados e parados do
mesmo… con observacións de carácter espontáneo como “ahí estoy yo”.
Rematada a experiencia e feita a consulta pertinente ós participantes a conclusión foi
valorada unánimemente como positiva.
Nembargantes córrese o risco de pensaren que os traballos os fan as máquinas, e polo
tanto non é preciso asimilar os conceptos para facer os cálculos por un mesmo
64
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Prieto Carreira, Pilar Correo electrónico
pcarreira@edu.xunta.e
Tema escollido A composición do patrimonio e a súa
valoración. As Contas Anuais
Nivel
(Bach.)
2º de Bac
94. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
ELEMENTOS PATRIMONIAIS O activo fixo e o activo circulante O pasivo exigible a l/p e pasivo exigible a c/p O Neto o pasivo non exigible Identificación dos diferentes elementos patrimoniais e da función que teñen asignada, agrupándoos correctamente en masas patrimoniais. Lectura e interpretación das contas anuais, utilizando o concepto de balance e as ideas contables básicas Interpretación da correspondencia entre as inversións e o seu orzamento, detectando posibles desaxustes mediante ratios sinxelas. Identificación dos elementos que forman o patrimonio a partir de exemplos concretos. Recursos: Material elaborado pola profesora, exames de selectividade e páxinas de
internet.
95. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Explicar
1.- A aparición de novas contas anuais.
2.- Novos criterios de valoración dos elementos patrimoniaisas Contas anuais
O Activo “non corrente” e “corrente” sustituindo na terminoloxía fixo e circulanbte. Cambiamos tamén o activo inmaterial por intanxible O pasivo denominase “Patrimonio e Pasivo” diferenciando tamén o Pasivo “non corrente” e “corrente”.. etc. 3.- Describir o Plan normal ou completo e o de pemes. Recursos: Material elaborado pola profesora (con recomendación e formación recollida
no curso), libros e páxinas de internet.
96. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
O material do curso permite explicar :
En primeiro lugar, os fundamentos teóricos da contabilidade con apoio de casos que
facilitarán que o alumno coñeza as causas de variación do patrimonio empresarial, e
polo tanto de formación do resultado contable. A continuación realizarán supostos
65
prácticos co obxectivo de profundizar en determinadas problemáticas.
Avaliación dos resultados con unha proba teórico-práctica.
66
Apelidos e nome do/a Profesor/a
PROL PROL, Nieves Correo electrónico
mprol@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO OS INDICADORES ECONÓMICOS:PIB…..
NIVEL
1º(Bach.)
97. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Analizamos e interpretamos las informaciones macroeconómicas recogidas en el diario
“El País”, referidas a la evolución de las principales magnitudes españolas, y hacemos
un análisis comparativo con otros países.
Realizamos ejercicios prácticos de cómo pasar del PIB nominal al real.
Coloquio: “valoración del PIB como indicador, y contraste con el IDH como indicador
más cualitativo”.
Resolución de cuestiones para valorar la comprensión del tema.
98. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Internet: Instituto Galego de Estadística ( http://www.ige.eu)
Visitamos el “ Portal Educativo”. Vamos a macromagnitudes- conceptos teóricos-
aparece el PIB por sectores de nuestra comunidad( lo analizan)
Volvemos a macromagnitudes y pinchamos “ejercicios”-resolvemos el 1º y 5º
Este portal nos permitió conocer los datos de la economía gallega
99. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
http://www.ige.eu)
Instituto Galego de Estadística- Portal Educativo-Macromagnitudes- Ejercicios: 1 y 5
1º.-Aparece una tabla del PIB per cápita en paridades de poder adquisitivo. Los
alumnos tienen que contestar a las cuestiones que se proponen.
Ejercicio 5º-con los datos del PIB del último trimestre ( pinchamos en datos), tienen que
responder como ha crecido la economía gallega en el último trimestre y en el último
año.
He evaluado al alumno según las respuestas que han dado a las cuestiones.
67
Apelidos e nome Quintela Miramontes, Jesús Correo
electrónicosusoquintela@edu.xunta.es
Tema Escollido
OS ESTADOS FINANCEIROS DA EMPRESA
Nivel 2º de bacharelato
1. - Descrición de como se desenvolvía a docencia no tema e que recursos se utilizaban Presentación 1 Contabilidade 2 O patrimonio 3 Libros obrigatorios de contabilidade 4 As contas 4.1 Elementos patrimoniais 5 As masas patrimoniais 5.1 Activo 5.2 Pasivo e neto 6 Corrección valorativas 7 Plan xeral de contabilidade 8 As contas anuais 8.1 Balance 8.2 Perdas e ganancias 9 Auditoría 10 Balance social 2. - Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos expostos na actividade de formación. A materia é a misma solo que adaptada ó P.X.C de 2007. 3. - Descrición da aplicación desta proposta didáctica na aula e avaliación dos resultados académicos. A exposición de esta materia na aula non cambia con respecto ó curso pasado, pero as modificacións que supón o cambio de lexislación, fai que teñamos que modificar os contidos de toda a materia, tanto teoría como os numerosos supostos prácticos que resolvemos. Adaptandoos ó novo Plan Xeral de Contabilidade. En canto a avaliación, a data de hoxe ainda non está feita, pero estimo que non vai haber cambios significativos con respecto ós cursos anteriores.
68
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Rivas Barrós, Francisco Javier Correo electrónico
fxriba@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
A publicidade e o consumo responsable.
NIVEL
(Bach.)
1ª Bach.
100. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Básicamente utilizo o libro de texto. Trata por un lado o tema do poder da publicidade
e tamén o do consumo responsable . Realizamos análises de anúncios e tamén resulta
de moita utilidade a páxina da OCU.
101. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Na páxina web elaborada por Javier González Alvarez ( www.economiweb.com)
atopei uns vídeos que penso serían moi interesantes para utilizar á hora de tratar estes
temas,serían os de “A publicidade ao descuberto“ e tamén “Comprade, comprade,
malditos”.
102. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
O tratamento destes temas como expliquei arriba (en 1) xa se fixo en clase. A visión
dos vídeos dos que falo no apartado 2 non se fixo aínda,pois non puiden ir á aula de
informática esta semana, pero fareino próximamente. Ademáis tamén lles será de
utilidade aos que pasen a segundo para preparar o apartado da publicidade.
69
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Ruipérez Puente, Paloma Correo electrónico
palomaruiperez@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
La crisis económica actual
NIVEL
(Bach.)
1º bach
103. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
En el primer trimestre trabajamos con noticias de prensa cada lunes, y uno de los temas
que más interesaba era éste y además era el más repetido en toda la prensa y el que
más preocupaba.
104. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Visualizar los videos de “economiweb” relativos a la crisis económica actual, en
concreto los dos últimos de este apartado. Enlazar con el tema de “el dinero y los
bancos” y recordar lo que en su día aprendimos al respecto y comprobar que nos
aporta este recurso.
105. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Aún no la he aplicado. No tengo fácil acceso a equipos.
Lo que pretendo hacer es:
Cuestionario antes del visionado y después para comparar lo que recordaban y lo que
han aprendido, ya sea porque en su momento no lo entendieron o lo entendieron mal.
Además me interesa mucho conocer si demuestran más interés por este recurso que
por el comentario de la prensa y su opinión sobre utilizar estos vídeos para otros temas
y futuros cursos. Yo personalmente estoy muy interesada en incorporarlo para hacer
más amena la clase y la materia. Me facilita mucho tener en una página todos estos
materiales, lo que pretendo hacer es ir resolviendo cómo aplicarlos, ya que el temario
de 1º es muy largo y es importante temporalizar sabiendo de antemano que tienes toda
esta información.
CUESTIONARIO
a) ¿Qué es una hipoteca subprime?
b)describe el origen de la crisis actual
c) ¿por qué decimos que es financiera?
70
d) consecuencias de la crisis en España
e) alguna noticia que hayas leído o visto al respecto recientemente...
f) ¿que es un ERE?
g) ¿conoces a LEOPOLDO ABADÍA?
71
Apelidos e nome do/a Profesor/a
SÁNCHEZ BUGALLO, XESÚS Correo electrónico xsbugallo@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO O MERCADO DE TRABALLO
NIVEL
(Bach.) 1º BACHARELATO
106. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
O profesor elaboraba apuntes sobre o tema.
Explicación por parte do profesor que se completaba con informacións de actualidade e
datos actuais da evolución do mercado de traballo
107. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Utilicei unha webquest de “ecobachillerato” e o portal educativo do IGE para que o
alumnado preparara o tema do mercado laboral en grupos.
108. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
O alumnado organizouse en grupos de 3 alumnos e preparou o tema seguindo as
indicacións do profesor e da citada webquest, completada cos datos sobre o mercado
laboral galego procedentes do IGE. O alumnado ten que preparar unha exposición oral
do tema con apoio dun Power point.
Todos os grupos me entregaron o traballo en soporte informático e a exposición foi
realizada por un único grupo voluntario (en próximos temas a exposición será realizada
por outros grupos). Ao meu xuízo acadouse unha comprensión maior dos conceptos e o
interese do alumnado aumentou considerablemente. Reforcei este interese valorando a
presentación con ata 2 puntos para a nota da avaliación.
Como non tiña dispoñible a aula de informática do centro en horario de clases de
economía o alumnado tivo que facer todo o traballo fóra do horario lectivo. Para un
traballo ocasional está ben, pero considero convinte resolver esta carencia para
próximos cursos
72
Apelidos e nome do/a Profesor/a
SÁNCHEZ GARCÍA, José Angel Correo electrónico jsanchez@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
APLICACIÓN DE MOODLE (AULA VIRTUAL)
COMO RECURSO PARA ECONOMÍA 1º
BACHARELATO
NIVEL
(Bach.) 1º BACHARELATO
109. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Todos os apuntamentos, cuestionarios verdadeiro - falso, cuestionarios de resposta
múltiple, casos prácticos,..., utilizados para desenvolver os contidos da materia, estaban
en formato - papel. Ademais, os enlaces a páxinas web, as noticias e artigos de prensa,
os vídeos, etc., utilizados na aula, non estaban ordenados sistematicamente por temas
nin estaban dispoñibles para o alumnado en calquera momento desde un ordenador
con conexión á internet.
110. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Partindo da plataforma “Moodle”, dispoñible na páxina web dinámica dos centros
dependentes da Consellería de Educación, todo o material de traballo para o alumnado
estará dispoñible na Aula Virtual do centro. Deste xeito, os/as alumnos/as teñen a
posibilidade de visualizalo, descargalo e utilizalo en calquera momento. Por outra
banda, os exercicios e tarefas propostos, poden ser resoltos e corrixidos “on-line”, o que
ademais de constituír un elemento motivador para o alumnado, supón un aforro de
tempo e de papel. A Aula Virtual tamén introduce maior flexibilidade ao proceso de
ensino-aprendizaxe, xa que o alumnado ten sempre a posibilidade de consultar os
temas estudados na clase, de revisar os exercicios e tarefas propostos, de visualizar de
novos videos, etc.
Pola súa parte, o profesor ten unha ferramenta adicional para levar a cabo un
seguimento máis individualizado do alumnado, ademais de poder xestionar e organizar
mellor os materiais e recursos seleccionados para impartir a materia.
111. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Desde o inicio do curso 2009-2010 e ata o final do mesmo, o alumnado que curse a
73
materia de Economía 1º Bach. será dado de alta na Aula Virtual, pudendo acceder
desde á mesma a todos os materiais utilizados na aula presencial, así como todo tipo
de material complementario que lle permita realizar os traballos propostos ou ampliar os
seus coñecementos.
En relación co proceso de avaliación do alumnado, o profesor disporá ademais da
información obtida nas clases presenciais, de todos as actividades e tarefas realizadas
polo alumnado e a súa avaliación.
Para visualizar o traballo realizado ata este momento, calquera usuario pode “entrar
como convidado” no curso creado en Moodle (Economía 1º Bach.) e visualizar a parte
de traballo realizado. O enlace é o seguinte:
http://centros.edu.xunta.es/iesdavidbujan/moodle/login/index.php
A clave que debe ser introducida para entrar como convidado/a no curso é: ECO1
Respecto á avaliación dos resultados acadados con esta aplicación didáctica, non será
posible realizala ata que o curso estea completado e posto a disposición do alumnado,
o que ocorrerá o vindeiro curso 2009-2010.
74
Apelidos e nome do/a Profesor/a
Sanz Vázquez, María de la Merced Correo electrónico
mariasanz@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
A medición da economía a través
macromagnitudes
NIVEL
(Bach.)
1º
112. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
A metodoloxía didáctica que aplicaba era a seguinte: 1º) Entrega do material cos
contidos teóricos e prácticos. 2ª) Explicación dos contidos, facendo a miúdo preguntas
ao alumnado para que participe no proceso de ensino-aprendizaxe. 3º) O alumno
resolve actividades na aula coa axuda do profesor. 4º) Entrega e comentario na clase
de artigos de prensa para que o alumno vexa a aplicación práctica e a repercusión dos
contidos na súa realidade económica e social.
113. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
A nova proposta consistía en utilizar contidos en soporte dixital que actuasen como
vínculo entre os contidos teóricos e prácticos xa desenvolvidos na aula. Como a
transmisión de información xa estaba feita buscaba unha participación moito máis
activa do alumnado, captar a súa atención e loitar contra a temida pasividade.
114. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
A aplicación da nova proposta foi a seguinte: 1º) Fomos á aula de informática e facilitei aos
alumnos dúas direccións webs que ofrecen contidos dixitais relacionados co tema escollido,
http://www.ige.eu/educacion
http://www.elpais.com/graficos/economia/crisis/economica/Espana/elpgra/20080903elpepueco_1/Ges/
2º) O alumnado navegou polas páxinas co apoio do profesor 4º) O alumnado navegou de forma
autónoma para tratar de atopar información concreta que eu lles pedía. 5º) Os alumnos cubriron un
cuestionario moi sinxelo coas seguintes preguntas e opcións de resposta (no parénteses aparece a
porcentaje de respostas de cada opción):
• Como foi o proceso de ensino-aprendizaxe?: Fácil (71,4%); Normal (28,6%);
75
Complicado (0%); Moi complicado (0%).
• Queres repetir a experiencia?: Sí (100%); Non (0%).
• Poderías practicar ti só na casa?: Sí (100%); Non (0%).
• Ten utilidade na túa vida diaria?: Sí (0%); Non (100%).
Qué conclusións saco?. Pois que estes rapaces naceron para as novas TIC. O manexo
da ferramenta non ten segredos para eles. Todos queren repetir a experiencia pero…
horror!, nin sequere un deles lle ve utilidade. Claro, tiven que preguntarlles outro día na
clase por que querían volver facer algo ao que non lle vían utilidade, e a resposta
maioritaria que oín foi “para perder clase”. E penso que a resposta ten a súa lóxica pola
seguinte razón: se tivésemos os recursos TIC xa instalados e dispoñibles na aula dende
o comezo do curso sen ter que andar loitando entre profes por un oco na aula de
informática, o uso das TIC sería algo normal e non case que unha excursión á aula de
informática. E remato: pode ser que falten recursos?.
76
Apelidos e nome do/aProfesor/a
Sosa Ron, Carmen Correo electrónico
sosaron@edu.xunta.es
TEMA ESCOLLIDO A PIRAMIDE DE MASLOW NIVEL
(Bach.)
2º DE BACHARELATO
115. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que recursos utilizaba:
A profesora introduce o tema indicando os obxetivos educativos que se pretenden
acadar , realiza a explicación xeral do tema utilizando a pizarra e o libro de texto,
fomentando a participación do alumnado para obter distintas opinións e favorecer que
expoñan as suas ideas.
Consúltanse páxinas web e artículos do xornal que teñan relación co tema.
Proponse a resolución en grupos de casos prácticos, e a sua posterior exposición
116. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na actividade de formación.
Ademais de todas as actividades anteriormente descritas visionamos o video da
pirámide de Maslow seleccionado en www.ecotele.es , páxina web construida por
Javier González Álvarez e o alumnado respostou a un cuestionario de comprensión
sobre dito video feito pola profesora
117. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos resultados acadados.
Os resultados acadados foron bós, o alumnado mostrou bastante interése polo tema
pois quedaronlle moi claros os distintos tipos de necesidades e a sua relación ca
promoción na empresa.
Fichas de avaliación tomada de www.ecotele.es
VIDEO (duración: 0:45 minutos): A PIRAMIDE DE MASLOW
Este spot publicitario amosa a teoría de Maslow , que clasificou as necesidades humanas en cinco niveis que han de ser satisfeitas de forma progresiva. Estas necesidades constituen unha fonte de motivación que desaparece a medida que se van satisfacendo
77
OBXECTIVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN 8. Comprender o concepto de necesidade 9. Aplicar a teoría de Maslow na organización
do traballo 10. Analizar cales son os distintos niveis da
pirámide de Maslow 11. Comprender que a estructura non e
totalmente rixida 12. Identificar o nivel da pirámide no que se
atopa o alumnado 13. Entender que a motivación no traballo e
esencial para lograr o exito
6. Explicar o concepto de motivación
7. Definir os distintos estamentos da pirámide de Maslow
8. Identificar situacións que motivan e desmotivan dentro da empresa
9. Valorar as consecuencias de estar motivado dentro da empresa
78
Apelidos e nome do/a Profesor/a
VÁZQUEZ OBELLEIRO, MARÍA ESTHER Correo electrónico
esther.vazquez@edu.xunta.
TEMA
ESCOLLIDO Desequilibrios económicos actuais. -A cidadanía perante a sociedade do consumo. O consumo responsable. A regulación en materia de protección dos dereitos das persoas consumidoras.
NIVEL
(Bach.)
ECONOMÍA 1º BACHARELATO
1. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Para desenvolver as clases utilizo apuntes realizados por min. Ademáis utilizo nalgúns
casos videos, búsqueda de información en Internet, lectura de prensa económica,
realización de pequenos traballos (por exemplo, por grupos os alumnos fan un traballo
sobre 4 ou 5 empresas da súa zona e sobre os sectores mais importantes da economía
local, estudio do IPC de determenidos artigos hatituais na cesta da compra das súas
familias, dende o principio do curso,etc.)
No caso concreto do tema escollido, ademais dos apuntes, traballaba o tema na clase
coa lectura de artigos e noticias relacionadas e abrindo moito o debate destos temas
na clase.
2. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
Paréceme moi interesante o vídeo : CONSUMIDOS (Documentos TV) que vimos no obradoiro do curso. A partir de agora, este vídeo utilizareino para introducir o tema, servindo de base para o debate e sobre todo para despertar o interese e motivación dos alumnos sobre un problema actual moi importante O CONSUMISMO. Este vídeo sirve de base para empezar a tratar o contido seguinte: Desequilibrios económicos actuais, recollido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, da materia de Economía, e en particular para tratar o seguinte apartado: -A cidadanía perante a sociedade do consumo. O consumo responsable. A regulación en materia de protección dos dereitos das persoas consumidoras. Para traballar con este vídeo pódese pasar os alumnos o seguinte CUESTIONARIO: 1. Mentres a metade do mundo se morre de fame, a outra metade ten unha epidemia de obesidade. Cal é a porcentaxe de obesos en España?¿E de sobrepeso?¿Cantos millóns supón?2. Cal é o principal problema en España de saúde pública infantil? 3. Cal é a terceira doenza crónica máis frecuente de nenas adolescentes? 4. Canto tempo dedica de media a sociedade de consumo ao traballo diario, sono, transporte, televisión e compras?¿Cal é a media de anuncios mensuais na TV?
79
5. Cantos consumidores acoden cada sábado aos centros comerciais? 6. Hai moitos consumidores que cando acoden ao centro comercial non saben que queren comprar, pero van comprar, en que porcentaxe? 7. Un de cada tres europeos é adicto ás compras, en que porcentaxe esta adicción converteuse nunha doenza? 8. Un cidadán medio español ten as súas necesidades básicas cubertas pero, Cantos fogares teñen dificultades para chegar a fin de mes? 9. Por canto incrementouse a anorexia e a bulimia nos últimos 10 anos? 10. Cal é o obxectivo que perseguen as mozas con problemas de anorexia que aparecen no documental? 11. En que porcentaxe aumentou o gasto mundial en publicidade nos últimos 50 anos?12. En calquera supermercado hai máis de 20.000 produtos e cada ano chegan aos estantes 10.000 produtos novos. Podemos elixir entre: ____ tipos de salsas, 109 variedades de leite, _____ clases de cereais, 224 tipos de zumes, _____ produtos diferentes para a limpeza do fogar, 47 clases de auga embotellada, ______ variedades de galletas. 13. Cantos falecementos prematuros causa cada ano a obesidade en España? 14. Cal é a terceira operación estética máis demandada en España? 15. Cales son os padecementos da sociedade de consumo en comparanza co resto dos habitantes do planeta? 16. Mentres que o 20% da poboación consume o _____% da riqueza do planeta, 1.100 millóns de persoas viven con ___€ ao día.
A través do cuestionario pódese coñecer o grao de atención e interese dos alumnos o
ver o vídeo, e o mais importante e a información suministrado polo mesmo para abrir
un debate na clase sobre estos temas, procurando o desenrolo da conciencia social
dos alumnos e maior responsabilidade persoal nestos temas.
SEGUNDA ACTIVIDADE: FRASES PARA COMENTAR (estas frases son sacadas do
vídeo, pódense facer as dúas propostas de actividades ou so unha delas)
1. Ser boa persoa non se pode medir, non hai un baremo pero co peso está a báscula, vas perdendo quilos e cres que vas mellorando (véndenche iso). 2. “Na tele anuncian produtos adelgazantes e te vas poñendo mellor e cada vez pos o listón máis alto, ata que chega o momento que non podes máis: esgótasche, sempre tes frío, o pelo non te medra como antes e xa non tes ganas de nada e todo te dá igual.” 3. O vello aínda que funcione xa non serve. 4. Triunfar na sociedade de consumo é a obriga dos seus cidadáns, o diñeiro e o estatus social son as unidades polas que se miden os seus logros, a riqueza e a beleza os seus acenos de identidade. 5. Explotan a envexa e as comparacións sociais. 6. Cun envoltorio novo e sorprendente os bens e servizos teñen que responder a soños, anhelos e fantasías, a iso chámaselle valor engadido:
- Champús que ademais de tirar a caspa relaxan - Deterxentes para a roupa que provocan todo tipo de sensacións - Maquinillas de afeitar femininas con suscripcións a revistas de investimentos
80
bolsistas - Axentes peritratantes con microfibras extraflexibles e osíxeno activo, todo clinicamente testado - Cafés sen cafeina - Cervexa sen alcohol - Doces sen azucre
7. Un neno español ve unha media de 2:30 horas de TV diarias, ao acabar os seus estudos de secundaria terase pasado o dobre de horas diante da tele que en clase. 8. O aumento do consumo nos últimos 30 anos: auga por tres, combustibles fósiles por 5, emisións de gases efecto invernadoiro por 4. O planeta non pode soportar semellante carga. Ver concepto “pegada ecolóxica”. 9. É necesario implementar medidas de redistribución do consumo, é dicir, os países ricos que reduzan o seu consumo para que os pobres poidan consumir máis.
TERCEIRA ACTIVIDADE PROPOSTA: Entrar na web http://myfootprint.org e que os
alumnos cubran o cuestionario sobre a súa pegada ecolóxica.
CUARTA ACTIVIDADE PROPOSTA: pódese propoñerlle os alumnos que respondan
a unha serie de cuestións sobre o consumismo e sobre a súa implicación persoal e
responsabilidade sobre este tema. As cuestións podrían ser similares as seguintes:
1. Cales son as causas do consumismo? 2. Indica os tipos de adiccións ou problemas relacionados co consumismo que se te ocorran. 3. Explica as consecuencias do consumismo. 4. Reflexiona e fai unha relación de consumos que cres que realizas por riba das túas necesidades. 5. Como podemos facer para non caer no consumismo? 6. Os países desenvolvidos quizais poidan soportar o consumismo, sobre todo a custa de consumir recursos dos máis pobres, pero ¿Que consecuencias teñen sobre os países menos desenvolvidos? 7. Podemos seguir indefinidamente co nivel de consumo actual?¿Que medidas se deberían implementar para contribuír a un desenvolvemento sostible? 8. Outras preguntas: a) As chamadas que fas co móbil son as necesarias? b) Cambiaches ultimamente o móbil?¿Por que? c) Apagas as luces das habitacións cando non estás nelas? d) Deixas o televisor aceso aínda que non o esteas vendo? e) Está o teu ordenador aceso cando non o utilizas? f) Utilizas as follas de papel polos dous lados? g) Cantos boligrafos/rotuladores/lápices tes a medio usar? h) ¿Cuánta roupa tes da que xa te cansaches e sentes a necesidade de comprarche outra nova? i) Cando te duchas, tes todo o tempo o auga aberta? j) ¿Reciclas?¿Que reciclas? k) Reempregas as bolsas de plástico? l) Cantos envases de auga, leite, latas e outros produtos tiras ao día?
81
m) Abres as fiestras cando está a calefacción acendida?
3. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
As actividades propostas non as poiden aplicar todavía na aula (debido a cercanía da
data do curso coas avaliacións e despois vacacions), pero si teño pensado aplicalas,
na unidade correspondente, xa que considero moi importante tratar este tema con
profundidade na aula.
Anexo: Preguntas sobre el video nº. 4 de consumidos.
11. ¿Qué dice la persona que está siendo entrevistada sobre qué es preferible? a) Es preferible aparentar lo que no eres e ir vestida de punta en blanco. b) Decir la verdad.
12. ¿Qué dice el video acerca de los logros de las personas en la sociedad y cómo
se miden? a) Por el dinero y el estatus social. b) Por la riqueza y la belleza.
13. ¿Qué pretende la publicidad a través de los anuncios?
a) Que tu vecino te admire. b) Que todo se vea como con un envoltorio nuevo.
14. En lo últimos 50 años, ¿cuánto ha crecido el gasto anual en publicidad?:
a) Un 500% b) Un 965%
15. Cuanto más obligado o inducido se vea un consumidor a comprar, ¿qué
ocurrirá?: a) Comprará más. b) Comprará menos.
16. ¿cuántos productos distintos podemos encontrar en un supermercado normal?:
a) 10.000 productos. b) 20.000 “
17. ¿Cuántos productos nuevos llegan a las estanterías de los supermercados cada año?
a) 20.000 productos b) 10.000 “
18. En 30 años la raciones de comida en nuestra sociedad se han multiplicado por: a) 2 b) 3
19. En los últimos años que ha ocurrido entre el número de obesos y el número de
hambrientos? a) Se ha igualado b) Es menor el número de obesos que de hambrientos.
82
20. ¿Qué le ocurre a la persona entrevistada con las tarjetas de crédito y con las
tiendas? a) Puede pasear tranquilamente por la ciudad sin tener necesidad de entrar
en ninguna tienda ni pararse a ver escaparates. b) Necesariamente debe llevar tarjetas de crédito y entrar en las tiendas y
parase en los escaparates.
83
Apelidos e nome do/a Profesor/a
MARTA VEIGUELA REIGOSA Correo electrónico
Marta.veiguela@edu.xunta
TEMA
ESCOLLIDO
O novo Plano Xeral de Contabilidade
NIVEL
(Bach.)
2º bacharelato
4. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
A forma de traballar esta unidade e mediante o uso por parte do alumnado do Plano
Xeral de Contabilidade dos que dispuña o departamento e tamen mediante unhas
presentacións en power point nas que se abordan os conceptos elementais da
contabilidade e ir introducindo as contas que permitan entender a elaboración do
balance e da conta de resultados. Tamén tiña elaborados exercicios prácticos para
resolver na aula, que partian dun baixo nivel de dificultade (como pode ser clasificar
distintas masas patrimoniais) ate chegar a resolver actividades como as de
selectividade (modelos similares aos das probas da CIUG).
Os recursos empregados son os que acabo de citar, aínda que neste curso o
departamento aínda non dispón dos planos de contabilidade.
5. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
A actividade de formación non me aportou nada relacionado cos recursos didácticos a
empregar no que se refire ao tema seleccionado, en todo caso axudoume a modificar
as diapositivas que usaba. Pero teño que resaltar a utilidade das exposicións das
modificacións que se realizaron no PXC aínda que non foron abordadas pensando nas
necesidades do profesorado e nestes niveles.
6. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
A proposta didactica deste tema, e neste curso, estivo moi condicionada pola falla de
material e recursos didacticos impresos. Traballouse moito na elaboración de material
propio na aula tendo como referencia as explicacións mediante presentacións en power
point. A elaboración por parte da profesora de numerosos exercicios e outras
actividades permitiron acadar ao alumnado unha certa seguridade nos coñecimentos
elementais desta materia.
84
Apelidos e nome do/a Profesor/a
VELOSO GONZÁLEZ, Celso Correo electrónico
celsoveloso@edu.xunta.es
TEMA
ESCOLLIDO
O MERCADO LABORAL
NIVEL
(Bach.)
1º BACH
7. Descrición de como desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
O tema xeralmenta viña desenvolvendo a partir da explicación da aula + texto +
material propio + fotocopias prensa + información baixada da rede.
8. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos expostos na
actividade de formación.
Abordar o tema dende o PORTAL EDUCATIVO do IGE :
Apartado : ECONOMÍA.
Tema: MERCADO LABORAL ( CONCEPTOS TEÓRICOS + ACTIVIDADES +
EXERCICIOS)
9. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Medios : WIFI + PORTÁTIL + CANÓN.
O abordar o tema de este xeito despertou mais interese e participación do alumnado (sobre
todo por poder coñecer datos de moitas vilas e zonas diferentes)
85
Apelidos e nome do/a
Profesor/a Yebra Ferreiro, Ana Isabel Correo
electrónico belyebra@edu.xunta.e
TEMA ESCOLLIDO
A Actividade Económica
NIVEL
(Bach.)
1º Bacharelato
10. Descrición de cómo desenvolvía a súa docencia no tema escollido e que
recursos utilizaba:
Para o tema escollido ademais dos medios tradicionais coma a explicación na clase e
facer as actividades recollidas no libro de texto tamén emprego como recurso a lectura
de algún texto ou artigo de prensa con preguntas que inviten á reflexión individual e o
debate posterior na clase. Neste tema tamén busco algún documental ou presentación
para traballar sobre todo os obxectivos que teñen que ver cos contidos de tipo
actitudinal. Non obstante a utilidade deste curso neste caso é poder atopar mais
recursos con máis facilidade a través das páxinas recomendadas e dalgunhas fichas de
avaliación xa feitas para tomar como referencia.
11. Nova proposta incorporando as estratexias e os recursos didácticos
expostos na actividade de formación.
Proposta: Visionado do video “¿Por qué sufrimos?” que figura na páxina web
www.economiweb.com no apartado de videos.
Estratexias: Despois de visionar o video, avaliación na propia aula mediante un
cuestionario individual con preguntas.
Recursos: Ficha de avaliación do video da sección de descargas da mesma
páxina. Cotexando esta ficha cos obxectivos e criterios de avaliación da miña
programación para este curso atopei os que tiña eu recollidos que foron os seguintes:
- Valorar a influencia que ten sobre o medio ambiente o modelo de crecemento
económico actual.
- Recoñecemento da escaseza de recursos e da necesidade de racionalizar o seu uso,
conservalos e renovalos.
- Recoñecemento da necesidade dun consumo razoable como medida para mellorar o
medio ambiente e a calidade de vida das persoas.
- Manifestar interese e curiosidade por coñecer e analizar, con sentido crítico e
solidario, os problemas económicos derivados das desigualdades económicas e
a sobreexplotación dos recursos.
-Coñecemento e valoración dos efectos do actual modelo de crecemento económico
86
sobre a conservación do medio e a calidade de vida..
- Utilizar o concepto de responsabilidade social das empresas para valorar
exemplos reais de actuacións empresariais.
- Elaborar xuízos e criterios persoais sobre a responsabilidade social das
empresas e as consecuencias das súas actuacións, e comunicar as súas
opinións a outros con argumentos e datos apropiados.
- Recoñecemento das funcións sociais e económicas que cumpren as empresas e
valoración crítica de actuacións que impliquen falta de ética empresarial.
- Valoración crítica ante as técnicas abusivas de marketing e o papel da publicidade na
nosa sociedade.
12. Descrición da aplicación desa proposta didáctica na aula e avaliación dos
resultados acadados.
Despois de visionar o video o alumnado realizou un cuestionario na aula cas
seguintes preguntas:
1. Describe os cinco pasos do sistema de produción actual.
2. Describe as consecuencias actuais que xenera este sistema sobre o medio
ambiente.
3. Cales serían as consecuencias no futuro?
4. Describe as consecuencias que xenera este sistema sobre a calidade de vida
das persoas.
5. Qué papel xoga a publicicidade neste sistema?
6. Crees que as empresas teñen algún tipo de responsabilidade?
7. Qué crees que se pode facer para cambiar esta situación?
Segundo a calidade das respostas en canto a adecuación á pregunta, os criterios de
avaliación, o razoamento e a correcta expresión podían acadar ata un 0,5 ptos. para a
nota da terceira avaliación.
Entre os resultados atopamos que na maioría dos casos quedou demostrado que
prestaron atención ao video, que o comprenderon e que mostran interese nos
problemas descritos. Nalgúns casos se limitan a contestar ás preguntas dun xeito
correcto pero breve e sin aportar valoracións propias. E un par de casos deixaron
preguntas sin contestar ou deron respostas incorrectas ou escasas.
87
top related