organización territorial e os desequilibrios rexionais

Post on 09-Jul-2015

780 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL E OS DESEQUILIBRIOS REXIONAIS

TEMA 10

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 2

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA.1.-Evolución histórica da organización político-administrativa. 1.4.-A organización contemporánea ata 1978

No século XIX, o ministro de Fomento Javier de Burgos realizaou unha nova división provincial en 1833 coa intención de rematar coa caótica organización borbónica. Organizou o territorio en 49 provincias, que en 1927 foron 50 ao dividirse Canarias en dúas provincias.Cada provincia tería a súa capital e a mesma administración.

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 3

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA.2.-Organización político-administrativa actual. 2.1.-As divisións político-administrarivas

A organización político-administrativa actual é propia dun Estado descentralizado que reparte a toma de decisións en tres divisións territoriais con capacidade de autogoberno: Municipio: é a entidade básica. A súa función é prestarlles servizos aos

veciños. O goberno correspóndelle ao Concello rexidos polo alcalde e os concelleiros. Os concelleiros escóllenos os veciños e o alcade é escollido polos concelleiros.

Provincia: é unha entidade territorial local formada por unha agrupación de municipios. A súa función é fomentar os intereses provinciais, prestar servizos de ámbito provincial. O goberno correspóndelle ás Deputacións integrada polo Presidente e os deputados. Os deputados escóllense entre os concelleiros e estes escollen ao Presidente.

Comunidade Autónoma: é unha entidade formada por provincias limítrofes, territorios insulares, ou provincias con entidade rexional histórica, dotadas de autonomía lexislativa e capacidade de autogoberno.

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 4

A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA. 2.-A organización político-administrativa actual. 2.2.-O Estado das Autonomías

A orixe do Estado autonómico arrinca da Constitución de 1978.

A autonomía é o recoñecemento do dereito ao autogoberno, á dirección dos propios asuntos, de xeito que en vez de centralización exista descentralización.

A constitución indicou as: Condicións Proceso

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 5

Condicións: permitíanlles constituírse en comunidade autónoma Ás provincias:

Limítrofes Con características históricas comúns Con características culturais comúns Con características económicas comúns

Aos territorios insulares Ás provincias con entidade rexional histórica.

A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA. 2.-A organización político-administrativa actual. 2.2.-O Estado das Autonomías

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 6

O proceso: Para o acceso á autonomía a Constitución estableceu diversas vías: A vía do artigo 151 permitía adquirir de forma inmediata o maior teito

de competencias. A vía do artigo 143 que só permitía certas competencias e esixía cinco

anos para poder amplialas progresivamente. Cataluña, País Vasco e Galicia accederon polo artigo 151. Eran as que

demostraban tradición autonómica preconstitucional, ás denominadas “nacionalidades históricas”

Andalucía: polo artigo 151 (a iniciativa autonómica debía partir de todas as Deputacións provinciais e das ¾ partes dos concellos representativos)

Navarra: foi o último territorio en incorporarse e conservar unha ampla autonomía administrativa.

As demais CCAA pola vía 143. Requiríase o pronunciamento da maioría das deputacións provinciais e os 2/3 dos concellos representativos. Só asumirían certas competencias.

Ceuta e Melilla: recibiron o rango de municipios autónomos e a diferenza das demais, elas carecen de capacidade lexislativa.

A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA. 2.-A organización político-administrativa actual. 2.2.-O Estado das Autonomías

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 7

A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA. 2.-A organización político-administrativa actual. 2.2.-O Estado das Autonomías Cada Comunidade Autónoma réxese polo seu propio Estatuto de autonomía. As comunidades teñen competencias:

Nalgúns casos exclusivas (art.148) Noutros compartida co Estado Poden ampliar as súas competencias (art. 149) a excepción das que son exclusivas do

Estado (relacións internacionais, emigración, inmigración, defensa, comercio exterior, débeda pública, correo e telégrafos).

As competencias que poden asumir son amplas: Políticas Económicas Infraestruturas e transportes Ordenación do territorio, urbanismo, medio e vivenda Sociais e sanitarias Culturais, deportivas e de lecer

As institucións: Asamblea lexislativa ou Parlamento que se escollen cada catro anos Goberno autonómico que é o poder executivo e está integrado polo Presidente e

Conselleiros. Tribunal Superior de Xustiza Delegado do Goberno para dirixir a administración xeral do Estado na Comunidade.

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 8

O financiamento: baseado no LOFCA e un réxime foral para o País Vasco e Navarra. As Comunidades de réxime común que se financian

Ingresos propios que proceden do patrimonio de cada CCAA Tributos cedidos polo Estado: o Estado cede

33% do IRPF 35% do IVE 40% e o 100% de certos tributos especiais e electricidade

Ingresos achegados polo Estado para compensar a diferenza de necesidades. Réxime foral: do País Vasco e Navarra. Supón que se financian cos ingresos

tributarios recadados no seu territorio pola súa propia administración fiscal e pactan co Estado a cantidade que se lle paga á Administración Central.

Co fin de corrixir os desequilibrios territoriais algunhas comunidades reciben do Fonde de compensación Interterritorial e do Fondo de Suficiencia.

As CCAA subdivídense en: provincias, municipios. O Estado das autonomías baséase na igualdade territorial e solidariedade.

A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA DE ESPAÑA. 2.-A organización político-administrativa actual. 2.2.-O Estado das Autonomías

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 9

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 10

DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS. 1.-As diferenzas espaciais Os desequilibrios resultan dunha desigual

distribución dos recursos.Os indicadores dos desequilibrios son numerosos: Desequilibrios económicos obsérvase na

capacidade produtiva e o PIB per cápita. Desequilibrios demográficos maniféstanse

na distribución da poboación. Desequilibrios sociais baséanse na renda

bruta dispoñible dos fogares

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 11

OS DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS: 2.A evolución dos desequilibrios. 2.1.-A orixe dos desequilibrios actuais

Áreas máis dinámicas ata 1975 foron as periféricas cantábrica e mediterránea onde se localizou a industria.

Estas áreas, no territorio económico, concentraron o maior crecemento do PIB.

No terreo demográfico recibiron inmigrantes

No terreo social incrementarona renda bruta dispoñible e conseguiron un bo nivel de vida.

Áreas menos dinámicas ata 1975 foron as do interior peninsular nas que se mantiverono peso excesivo do sector agrario, industrias escasas.

No terreo económico o PIB pe cápita é baixo.

No terreo demográfico foron áreas emigratorias que sufriron despoboamento e envellecemento.

No terreo social a elevanción da renda foi menor.

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 12

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 13

OS DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS: 2.A evolución dos desequilibrios. 2.2.-Cambios pola crise económica de 1975

A crise económica de 1975 incidiu principalmente nas especializadas nos sectroes maduros e en menor medida nas que contabancon industrias máis diversificadas.

A crise afectoulles menos ás rexións que mostraban menor peso industrial por ter unha maior participación no sector primario ou terciarios.

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 14

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 15

OS DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS: 2.A evolución dos desequilibrios. 2.2.-Os desequilibrios territoriais actuais.

O desenvolvemento económico non se basea xa na produción industrial (esta atópase en crise ou reestruturación e en parte pola descentralización industrial ou produtiva).

Avánzase cara unha economía e unha sociedade postindustrial baseada nos servizos e nas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías. Os novos factores son: Especialización no sector terciario de maior nivel Existencia de actividades innovadoras e de alta tecnoloxía A investigación e a innovación e xestión. Man de obra de alta cualificación Calidade de infraestruturas e equipamentos

De acordocon estes factores estanse creando novos desequilibrios entre os eixes: Os eixes dinámicos: Madrid, Y entre País Vasco o Val Ebro e litoral. Dáse nesta

zona aumento do PIB, aumento demográfico e renda bruta dispoñible polos fogares por riba da media.

En declive: Asturias e Cantabria. PIB por debaixo da media, poboación estancada e renda bruta menor.

Menos dinámicos: o interior peninsular. PIB por debaixo da media nacional, disparidade demográfica e renda bruta acada a media pero hai carencias nos servizos.

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 16

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 17

AS POLÍTICAS TERRITORIAIS. 1.-As bases da política rexional

A política rexional iniciouse en España na década de 1960, cuns Plans de Desenvolvemento pero tiveron escasos resultados.

A política rexional revitalizouse a partir de 1986 polo: Desexo de levar á práctica o principio de solidariedade. Establecemento do estado das Autonomías A adhesión á UE

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 18

AS POLÍTICAS REXIONAIS E DE COHESIÓN TERRITORIAL. 2.-A política rexional e de cohesión da UE. 2.1.-Obxectivos da política rexional

Obxectivos da política Rexional europea. A Estratexia de Lisboa

propón impulsar a Economía do Coñecemento e mellorar o modelo social

de emprego

Converxencia: pretendeAproximar as rexiónsMenos desenvolvidas

Ás máis avanzadas

Competitividade: Proponse mellorarA competitividadeE o emprego das

rexións

Cooperación: pretende Mellorarse medianteProxectos de Cooperación

Transfronteiriza E interrexional

Converxencia pura

Converxencia de axudaTransitoria (phasing-out)

Competitividade e emprego puras

Transitoria (phasing-in)

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 19

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 20

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 21

AS POLÍTICAS REXIONAIS E DE COHESIÓN TERRITORIAL. 2.-A política rexional e de cohesión da UE. 2.2.- Os instrumentos da política rexional europea.

Os instrumentosDa política

Rexional europea

FEDER para reducirDesequilibrios

territoriais

FSE: para loitarContra o desempregoMellorar o acceso ao

Emprego para facilitarO acceso ao traballo

Dos máis desfavorecidos

Fondo de cohesión: Financia investimentos

Públicos en mediosE en redes

De transporte en paísesCo PIB inferior á media

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 22

AS POLÍTICAS REXIONAIS E DE COHESIÓN TERRITORIAL. 3.-A política rexional do Estado. 3.1.-Os obxectivos da política rexional estatal

DesenvolvementoRexional

EquilibradoApóiase en:

ConsolidarO crecementoDas áreas máis

dinámicas

Detención do Declive da

Cornixa Cantábrica

Impulso do eixeMediterráneo sur

Apoio ao restoDas rexións por

Medio deinvestimentos

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 23

InstrumentosDa políticaRexional

estatal

IncentivosRexionais que

Debe comunicarseÁ Comisión Europea

Fondos de compensaciónInterterritorial

As zonas de aplicación:Delimítanse segundo

O PIB per cápita e paro

As rexións con PIB per cápitaInferiores ao 75% da media europea

Perciben os tipos máis altos

Rexións de converxencia pura

Rexións de converxencia deEfecto estatístico

As rexións con PIB per cápitaSuperior a 75% perciben

Axudas máis baixas

Sectores promocionables

Proxectos promocionables

Fondo de Compensación

Fondo Complementario

Pola poboación; Saldo migratorioTaxa de paro; Densidade

Superficie

É o 33% do Seu FondoDe compensación

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 24

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 25

AS POLÍTICAS REXIONAIS E DE COHESIÓN TERRITORIAL.4.- A

ordenación do territorio.As rexións levan a cabo

Políticas paraPaliar os desequilibrios

Obxectivos segúnA Carta EuropeaDe ordenaciónDo Territorio

Instrumentos Ordenación do territorio

DesenvolvementoSocioeconómico

Equilibrado das rexións

Correcta distribuciónE acceso ás dotacións

E ós equipamentos

Organización integralDo espazo

Coordinar as políticasEconómicas sectoriais

Elaboración dun plan: procesoCircular e ininterrumpido

Análise da situación

Planificación territorial

O ámbito principal é a rexión

Plans Territoriais Xerais. Planificación en fervenza

Vinculantes

Indicativos

O reto principal é a coordinaciónDas catro adminsitración

Agrarias

Industriais

turísticas

IES Universidade Laboral Xeografía 2º de Bacharelato 26

top related