o relevo en galicia (8)

Post on 15-May-2015

1.578 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O RELEVO EN GALICIA

Lago da Baña: lagoas en circos glaciares na serra do Eixo, no Macizo de Trevinca

Con frecuencias fórmanse lagos nos antigos circos do pasado glaciarismo galego

Morena Glaciar do Cenza

En Chaguazoso (Vilariño de Conso) existe unha espectacular morena frontal, restos do antigo Glaciarismo galego. Tamén pódese ver o circo e maila morena de fondo

Morena frontal

Morena de fondo

Circo

LAGOA DE LUCENZA NASERRA DO COUREL

Esta lagoa formouse tamén nun antigo circo glaciar. De paso pódese mirar a fervenza

Nunatak de Atanasoff, na Antártida

O Castelo-Cerveira, en Padroalbar, na Serra do Invernadoiro foi un Nunatak

Un Nunatak é un picaxho que emerxe enre a neve, pola que nunca está cuberta

Castelo-Cerveira(Invernadoiro)

DESEMBOCADURAS: ESTEIROS

Cando os ríos desembocan en mares abertos, as correntes mariñas arrastran os sedimentos mar a dentro, quedando a desembocadura libre.

Os esteiros teñen tipicamente forma de funil.

O esteiro do Miño

As rías galegas son grandes esteiros porque son antigos vales fluviais asolagados.

Esteiro do Teixo

O esteiro do Miño no Google Earth

A REDE FLUVIAL GALEGA NON CORRESPONDE AO ESQUEMA DESCRITO

O maior ou menor encaixamento dos ríos galegos dependen da pendente xerada nos movementos dos bloques xeolóxicos nos últimos millóns de anos.

Nas zonas de meirande pendente os ríos encáixanse nas rochas do subsolo.

O google amosa como o Sil se encaixa na rocha galega

O Canón do Sil

Cando un río se encaixa no antigo leito, deixa os sedimentos a certa altura e sobre eles se instala un solo novo.

AS TERRAZAS FLUVIAIS

AS TERRAZAS FLUVIAS NAS LAGOAS

Os coios que aparece cando a estrada corta o terreo nas Lagoas, indican que era o antigo leito do río.

A REDE FLUVIAL GALEGA NON CORRESPONDE AO ESQUEMA DESCRITO

O Miño ten en Lugo características de curso medio, pero na zona entre Ponteareas e Tui, máis próxima á desembocadura, presenta aspecto de curso alto con rápidos.

A causa é a mesma: polos movementos dos bloques o río ten máis pendente en Ponteareas

A desembocadura do Xallas

A REDE FLUVIAL GALEGA NON CORRESPONDE AO ESQUEMA DESCRITO

O Xallas presenta na súa desembocadura características de curso alto coa impresionante fervenza do Ézaro. A causa é o levantamento do bloque costeiro que xerou un forte desnivel

A pesar de ser un dos poucos exemplos dun río que desemboca en fervenza todo se perdeueuse ao construírse preto un encoro.

Hoxe en día ábrese o encoro os domingos do verán, ás 12, para que os turistas poidan facerlle fotografías.

A desembocadura do Xallas e o encoro que acabou coa fervenza

O macizo granito do Pindo e a fervenza do Ézaro

O pico Sacro e as minas de seixo de Serrabal.

E o espectacular corte que o Ulla lle fixo ao filón de seixo

O monte Louro, na punta da ría de Muros-Noia, é un monte illa na que a chaira de sedimentos está cuberta polo mar

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO

En Corrubedo, entre a ría de Muros-Noia e de Arousa, existe o complexo dunar máis importante de Galicia. Hoxe en día forman parte dun dos parques naturais máis importantes de Galicia.

A Limia é un Graven ou fosa tectónica

Se o fondo da fosa ten rochas impermeables (arxilas) e o clima é chuvioso pódense formar lagoas.

Tal ocorreu na Limia onde existía unha Lagoa chamada de Antela que foi desecada no século pasado para procurar terra para a agricultura

O prego tumbado do Courel

PAISAXEMETAMÓRIFICA:

Serra do Invernadeiro

PAISAXE GRANÍTICA:

Macizo do Pindo

MACIZO DO PINDO (granito)

SERRA DO COUREL ( Xistos e cuarcitas)

RELEVO E LITOLOXÍA Á VISTA DO GOOGLE EARTH

A XÉNESE DOS PENEDOS

O granito presentada o diaclasado ortogonal de orixe descompresiva a través do cal circula a auga

A auga meteoriza o granito nun proceso de hidrólise parcial, transformando o granito en sábrego

A escorrenta arrastra o sábrego deixando só o granito interno inalterado en forma de bolos

En Gaioso, ollando a CháHai dúas penedas ergueitas.¡Semellan non ser verdáredondeces tan ben feitas! As Penas de Rodas sondous ollos alucinadosQue espían con atenciónÓs eidos máis alonxados. Si ambas penas se desfánarde, co mundo, un tesouro:¡unha pena é de alquitrán,a outra unha trabe de ouro! Non sodes, non, cantería,ouh penas de encantamento.¡Temo que calquera díavos poida levar o vento.

Manuel María, poeta

Bolas de granito (Penas de Rodas , Lugo) 

A PENA CORNEIRA, VIXÍA DO RIBEIRO

PAISAXES CÁRSTICOS EN GALICIA

En Galicia a penas existen terreos con litoloxía Kárstica, tan só unha banda que percorre Galicia de Norte a Sur dende Mondoñedo ata a zona de Valdeorrras

En Mondoñedo da orixe ás Covas do Rei Cintolo, unha das manifestacións Kársticas máis interesantes de Galicia

AS COVAS FÓRMANSE POR AGRADAMENTO POLOMAR DAS FENDAS PRODUCIDAS POLO MAR NAS PARTES MÁIS DÉBILES DAS ROCHAS

Praia das Catedrais Praia das Catedrais

A praia das Catedrais

PRAIA DAS ILLAS NA MARIÑA LUGUESA

FARALLÓNS

Son rochedos restos da destrución polas ondas dos temporais dos saíntes costeiros

Os chamados aguillóns no cabo Ortegal

A RÍA DE CEDEIRA

CORRUBEDO: a barra pecha a baía deixando como resto as lagoas de Vixián e Carregal

BALDAIO (A CORUÑA)

Unha frecha pecha a baía en Baldaio deixando unha entrada por onde penetra o mar cando sobe a marea

TÓMBOLOS: illotes unidos ao litoral por unha frecha

O Grove é un tómbolo e a praia da Lanzada a frecha de area que une a antiga illa ao continente

A CORUÑA

4,7 km

2,2 km

RECUPERACIÓN DE PAISAXES: A MINA DE CARBÓN DE AS PONTES

ALTERACIÓN DOS PROCESOS SEDIMENTARIOS LITORAIS

A construción de diques altlerou os procesos sedimentarios e modificou a liña de costa nas Rías Altas de Viveiro e Foz

A praia de Covas perdeu parte do seu areal e os sedimentos tupiron a desembocadura do Río Landro dificultando a navegación

ALTERACIÓN DOS PROCESOS SEDIMENTARIOS LITORAIS

A construción de distintos espigóns en Foz alterou todos os procesos de erosión e sedimentación na ría.

IMPACTOS POSITIVOS NO RELEVO: SOCALCOS

top related