historia de ratos

Post on 06-Apr-2016

244 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Conto Viaxeiro creado polo alumnado do CEIP "A LAMA" con motivo do Día das Bibliotecas Escolares 2014.

TRANSCRIPT

Rin, rin, rin…! Soaba o timbre para o recreo no colexio da Lama e o ruí-

do polos corredores aumentaba.

Pouco a pouco a biblioteca enchíase de pícaros que ían visitar a Leo

para lle preguntar que tal o pasara no verán, pero... para sorpresa de to-

dos; Leo non aparecía por ningures!

Buscárono na Audioteca, detrás dos ordenadores, dentro dos libros...

e por moitos sitios máis, pero Leo, non aparecía!

Un dos nenos dixo:

- Será que non regresou das vacacións?

E lle respondeu un dos profes:

- Non, home non, se estaba aquí fai un chisco!

De súpeto, a un dos pícaros, pareceulle ver a cola de Leo, e berrou:

- Atopei a Leo!

Todos os nenos correron a ver se efectivamente era el, pero resultou ser

un fío que saía dun libro. Tiraron e tiraron, ata que un andel comezou a

moverse lentamente. Todos miraban pasmados ata que apareceu unha

porta que os levou a un agocho segredo. Que se atoparía alí?

Quedaron abraiados!

Detrás da porta había un mundo fantástico onde residían Leo e a súa fa-

milia. A muller cultivaba unha horta onde medraban os libros que despois

Leo lles lía aos seus fillos nas escuras noites de inverno, nun cuarto alume-

ado por unha lanterna con forma de rato.

Os ratiños elixían os que máis lles gustaban e os ían colocando en an-

deis, separándoos por temas: medo, animais, cómic, poesía... cando esta-

ban cheos, os libros saían voando ata a nosa biblioteca.

Pero había un que quedaba sempre, titulábase: “Unha viaxe á lúa”

Que ocultaba este libro? Estarían alí os planos dunha biblioteca lunar?

Ou sería un libro máxico que se escribía só?

Que libro máis raro! Non se abría!

Leo contoulles que era un libro máxico que só o podía abrir un rato.

- Queredes entrar?

- Siiiii!!!!- Contestaron

E por arte de maxia quedaron todos convertidos en ratiños.

Unha vez dentro atoparon dúas portas, unha poñía: “á lúa”, e na outra:

“ao país dos gatos”. Como Leo non quería ir ao pais dos gatos, decidiron

entrar pola que ía á lúa.

Despois de recorrer un longo túnel, chegaron ao destino.

(Narrador pregunta ao público)

- Sabedes que atoparon? Pois atoparon ás personaxes dos contos que

andaban dun lado para o outro moi tristes.

- Que lles acontecería? Perderíanse? Ou ao mellor foran de vacacións e

agora non sabían volver...

(Continúa a narración)

Así que os ratiños decidiron ir preguntar que lles pasaba.

- Por que estades tristes? Por que chorades?- preguntou Leo

- Estamos moi tristes porque non atopamos o camiño de volta á biblio-

teca do colexio da Lama - respondeu Cincenta.

- E logo, non vos gusta estar aquí na lúa?- Preguntou un ratiño.

- Si que nos gusta, pero o noso deber é volver aos contos da biblioteca.

- Se non volvemos, aos rapaces da Lama non lles gustará tanto ler, por-

que os libros non son o mesmo sen nós, que somos os protagonistas dos

contos- respondeu o lobo dos Tres Porquiños.

- Queredes que vos levemos de volta? Nós sabemos o camiño- respon-

deu Leo

- Siii!!!- berraron todos.

Puxéronse en marcha: Pinocho, Brancaneves, Micky, Bob Esponja…

De camiño á biblioteca decatáronse de que se perderan, pero despois

de camiñar un treito, Leo, que era moi intelixente, atopou enseguida o tú-

nel.

Cando chegaron á “biblio” os protagonistas dos contos comezaron a

brincar coa ledicia e entoaron a seguinte canción:

“Querémoste Leo queremos estar contigo seremos sempre amigos

e estaremos xuntiños. Sempre lendo libros das nosas aventuras con todos os amigos viaxando pola lúa”

Para cando rematou a cantiga, as personaxes dos contos volveran a ca-

danseu libro e os nenos convertidos en ratos recuperaron o seu físico hu-

mano. Dende entón a biblioteca do colexio da Lama é máxica!!!

´

top related