fundaciÓn odontoloxÍa solidaria...3 programa en aragón clÍnica dental solidaria zaragoza:...
Post on 31-Jan-2021
13 Views
Preview:
TRANSCRIPT
-
FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA
MEMORIA 2015
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
1
índice de contidos: Presentación da Entidade Páx. 2
Programa de atención bucodental en Clínicas Odontoloxía Solidaria Páx. 5
Programa de actuación en Promoción da Saúde Oral Páx. 7
Dinamización do voluntariado Páx. 9
Actividades de Sensibilización e Colaboración Páx. 10
Recursos empregados Páx. 12
Colaboracións Páx. 14
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
2
PRESENTACIÓN DA ENTIDADE: A Fundación Odontoloxía Solidaria nace no 1994 co fin de favorecer o acceso á Saúde Oral a todas
aquelas persoas que ven conculcado o seu dereito á saúde. Ademais, reivindica o acceso universal á
Saúde Oral, a través do incremento da cobertura do sistema público de saúde. Desde 1994 atendeu
máis de 43 000 persoas no territorio español e máis de 3700 nos seus proxectos internacionais.
Os alicerces en que se sustenta o traballo da Entidade son:
- Odontoloxía Social e Comunitaria, de maneira que se pretenden optimizar os recursos
existentes, ofrecendo tratamentos sinxelos, porén profesionais, que restauren a funcionalidade
e a estética da boca.
- O voluntariado: son voluntarias e voluntarios, exclusivamente, quen aplican os tratamentos e
promoven a Saúde Oral. Durante estes anos estímase que participaron en Odontoloxía Solidaria
máis de 1900 voluntarias e voluntarios.
- Sinerxías con outras Entidades e/ou Organismos: sen a colaboración con outros, a Entidade non
podería contactar con posibles beneficiarias ou beneficiarios. Son as Entidades externas as que
valoran a situación socio‐económica das persoas susceptibles de seren atendidas nas Clínicas, e
tamén son quen as derivan.
Tamén a participación de Entidades e/ou Organismos, a través da achega de financiamento
externo, posibilita que os proxectos sexan desenvolvidos.
Sede social:
c/ María Teresa León 11, 28051 Madrid.
odadmin@odsolidaria.org
CIF: G81833667
Inscrición no Protectorado de Fundacións do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade co
número 19/11/1998, de data 28/1070.
DELEGACIÓNS:
Programa en Andalucía
CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA FUENGIROLA: Inaugurouse en 2015. O seu
ámbito é autonómico.
Avda. Jesús Cautivo, 13, 29640 Fuengirola (Málaga)
odfuengirola@odsolidaria.org
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
3
Programa en Aragón
CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA ZARAGOZA: comezou os seus traballos en
2013. Está no Hospital San Juan de Dios. É un programa de ámbito
autonómico.
Pase Colón, 14. 50006 Zaragoza.
odzaragoza@odsolidaria.org
Programa en Cataluña
PROXECTO SOPS: iniciado en 1998, en Badalona. Desenvólvese en
colaboración coa Fundació Acollida i Esperança.
c/ Muntaner, S/N. 08910 Badalona.
sops@acollida.org
CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA DR. ORIOL MUNTANYA EN GRANOLLERS:
inaugurada en 2002. O seu ámbito de actuación é autonómico.
Avda. del Parc, 9‐1ª. 08402 Granollers (Barcelona)
odgranollers@odsolidaria.org
Programa en Comunidad de Madrid:
CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA MADRID: botou a andar en 1994.
Ámbito autonómico.
C/ María Teresa León 11, 28051 Madrid.
clinicamadrid@odsolidaria.org
Programa en Comunidad Valenciana
CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA VALÈNCIA: comezou a súa actividade en 1999. O seu ámbito de actuación é autonómico.
C/ Balmes, 23‐2ª. 46001 Valencia.
odvalencia@odsolidaria.org
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
4
Programa en Galicia
CLÍNICA DENTAL SOLIDARIA A CORUÑA: Inaugurouse en 2015. O seu
ámbito de actuación é autonómico.
Avda. de Cádiz, 5. 15008 A Coruña.
odgalicia@odsolidaria.org
RECOÑECEMENTOS:
• Premio Proodontología, que outorga a Societat Catalana d’Odontoestomatologia (Acadèmia de Ciències Mèdiques de Catalunya i Balears). Ano 2000.
• Premio Fomento de la Salud Oral Juan José Suárez Gimeno, do Ilustre Consello Xeral de Colexios de
Odontólogos e Estomatólogos de España. 2004.
• Premio Solidaridad, que outorga a Societat Catalana d’Odontoestomatologia (SCOE). 2007‐08.
• Premio Santa Apol∙lònia, por parte do Col∙legi Oficial d’Odontòlegs i Estomatòlegs de Catalunya. 2012.
• En 2104, Odontoloxía Solidaria foi distinguida co Premio a la Solidaridad, outorgado polo Ilustre Colegio de
Odontólogos y Estomatólogos de Valencia. 2014 y 2015
ÓRGANO DE GOBERNO:
A Entidade é rexida por un Padroado que, conformado por voluntarias e voluntarios, decide as liñas
básicas de traballo e ostenta a representación de Odontoloxía Solidaria.
Para o período 2014‐2017, o Padroado está conformado por:
- Presidente: Albert Cabestany.
- Vicepresidente: Rafael Montaña.
- Secretario: Xavier Maristany.
- Tesoureiro: Brais Andújar.
- Vogais: Alba Murillo, Ana Campi, Miguel Artajona e Silvia Yuste.
Con obxecto de adaptar as liñas base a un plan de actuación, a Fundación conta coa dirección
estratéxica de Núria Camps.
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
5
PROGRAMA DE ATENCIÓN BUCODENTAL EN CLÍNICAS ODONTOLOXÍA SOLIDARIA A importancia da Saúde Oral é chave non só para a prevención de enfermidades, senón tamén para o
benestar da persoa.
Ora ben, debido á escasa cobertura que actualmente é prestada desde os servizos públicos de saúde, a
Saúde Oral fica en mans da iniciativa privada, implicando un custo elevado para a maior parte dos
fogares españois.
Se tomamos como referencia a Enquisa de Condicións de Vida, publicada polo Instituto Nacional de
Estatística en 2014, o 16´1 % dos fogares españois manifestaba chagar á fin do mes “con dificultade”,
mentres que un 442´2% de fogares non “podía asumir gastos imprevistos”, entre os que acostuma estar
a atención odontolóxica.
As Clínicas Odontoloxía Solidaria queren mellorar o estado de saúde das persoas que, estando en
situación de vulnerabilidade e/ou desigualdade social, non poden pagar os tratamentos precisos.
Datos 2015:
6342 persoas atendidas.
414 menores de 14 anos.
6318 maiores de 14 anos.
4424 persoas en lista de espera. A pesar do esforzo realizado e aos resultados en relación á atención, a lista de espera é longa; feito que
indica de modo evidente o importante número de necesidades polas que estamos a tentar dármonos a
coñecer máis, para conseguir unha maior implicación das institucións e dos profesionais, que permita
aumentar o número anual de persoas atendidas para dar respostas a unha demanda crecente.
Procedencia:
Centros Municipais de
Servizos Sociais…
Centros de Saúde29%
Entidades Acción Social
26%
PROCEDENCIA
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
6
Tratamentos e Voluntariado:
Fixéronse 16.829 visitas, que implicaron a aplicación de 13.917 tratamentos de odontoloxía
conservadora e a realización de 3233 próteses dentarias.
Odontología Conservadora[N139
17O81%
Prótesis entregadas[N3233
O19%
16 820 VISITAS
Odontología Conservadora Prótesis entregadas
Os tratamentos terían un prezo medio no mercado de 1 862 441 € e foron realizados integramente
por 362 profesionais en réxime voluntario, que achegaron un total de 13 484 horas de
traballo altruísta.
Equipo técnico:
Por ser unha Entidade de voluntariado, as Clínicas Odontoloxía Solidaria precisan dun equipo técnico, que
é responsable de coordinar o equipo de voluntarias e voluntarios, e sen o que resulta inviable manter a
infraestrutura necesaria para a súa abertura diaria.
Este equipo técnico multidisciplinar, altamente cualificado e procedente de diversas titulacións
académicas relacionadas coa atención sanitaria e a atención social a colectivos desfavorecidos, xestión e
administración de Entidades Sen Fins Lucrativos, durante 2015 estivo conformado por 17 profesionais,
que achegaron un total de 18 720 horas de traballo.
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
7
Equipamento total: Locais
8 locais
4 en cesión (A Coruña,
Badalona, Fuengirola,
Granollers)
4 en alugamento (Albacete, Madrid, Valencia, Zaragoza)
Equipamento
21 gabinetes equipados
8 autoclaves
8 equipos de raios X
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
8
PROGRAMA DE ACTUACIÓN EN PROMOCIÓN DA SAÚDE ORAL
Un total de 11 actividades de promoción da Saúde Oral foron realizadas durante 2015, das que foron
beneficiarias 657 persoas.
As actividades poden ter diversos formatos. En xeral, son palestras de promoción da Saúde Oral, ou
formación en Entidades de Acción Social que piden a colaboración da Entidade.
En xeral, trabállase con sesións formativas e informativas, cun carácter moi práctico e con soporte
visual.
Obxectivo xeral:
Que o grupo destinatario da sesión formativa comprenda a necesidade de hixiene bucodental e hábitos
alimentarios saudables.
Obxectivos específicos:
‐ Que coñezan a técnica de lavado dos dentes correctamente, que sexan capaces de cepillar un fantoma.
‐ Que sexan capaces de comprender a importancia de lavar os dentes tres veces ao día.
‐ Que coñecan, no mínimo, 10 hábitos de hixiene e alimentación saudable.
‐ Proporcionarlles os elementos básicos de hixiene.
O contido teórico trabállase en soporte visual. Úsanse imaxes moi ilustrativas e frases curtas, mais cun
alto valor significativo. Especial coidado co vocabulario, tentando afastarse dos tecnicismos, ou
explicándoos moi ben, no caso de seren usados.
Os recursos didácticos de que se dispón son: proxector, computador e panel para a presentación power
point teórica, fantomas, cepillos de dentes, e coas crianzas trabállase coa banda deseñada “A viaxe do
Xan”, editada pola Fundación Odontoloxía Solidaria en 2015 e dispoñible en castelán, catalán e galego.
As charlas desenvolvidas en 2015 foron estas:
‐ Fogar Infantil Emilio Romay, da Deputación da Coruña.
‐ Instituto de Salut Mental Jaume Vilaseca. Mollet del Vallés, Barcelona.
‐ Centro Especial de Trabajo (CET).
‐ Palestras de limpeza bucodental para crianzas na Clínica Odontoloxía Solidaria Madrid.
‐ Save the Children (Valencia).
‐ Asociación Gitana (Valencia).
‐ Casa Caridad Xenillet (Torrente, Valencia).
Outras actuacións:
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
9
‐ Reparto de material para usuarias e usuarios, no espazo da Maratón a favor do Banco de
Alimentos, en Fuengirola (Málaga).
‐ Posto de prevención na rúa o Día Mundial do Hixienista Dental. A Coruña.
‐ 6K Sorrisos Sans. Zaragoza:
O 29 de novembro de 2015 celebrouse no Parque Tío Jorge (Zaragoza) a Primeira Carreira 6K
Sorrisos Sans; proba que se realizou sobre unha distancia de 6 quilómetros. A carreira, que se
conseguiu que fose incluída no calendario autonómico, baixo o control técnico do Comité
Territorial Jueces FAA, foi promovida e organizada pola Federación Aragonesa de Atletismo,
Fartleck Sport e HIDES ARAGÓN (Asociación Profesional de Higienistas Bucodentales de
Aragón), e o diñeiro recadado foi destinado á Fundación Odontología Solidaria. Incluíronse
postos informativos da Entidade e de promoción da Saúde Oral. Por volta de 400 persoas
participaron na carreira.
‐ A viaxe do Xan:
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
10
En 2015 redactouse, editouse e imprimiuse a banda deseñada “A viaxe do Xan”, co fin de concienciar
as crianzas en materia de prevención. É unha banda deseñada en branco e negro, para favorecer así a
súa manipulación, levando en conta que cando se produce a tal manipulación é máis fácil a asunción
dos contidos.
A banda deseñada foi redactada
Por D.P., e as súas
ilustracións foron
realizadas por Juan Linares.
DINAMIZACIÓN DO VOLUNTARIADO:
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
11
O voluntariado é unha das bases fundamentais da Entidade. Sen o equipo de persoas voluntarias, é
difícil concibir Odontoloxía Solidaria.
Por iso, en 2015 acometéronse as actividades que a seguir se refiren, a fin de incrementar, dar máis
cohesión e fortalecer o equipo de persoas voluntarias:
- Actualización do protocolo e manual de persoas voluntarias, ben como o carné de persoas
voluntarias, socias e traballadoras.
- Posta en funcionamento da Intranet, como mecanismo de comunicación e participación.
- Edición do Newsletter (boletín electrónico) mensual, para manter informados todos os axentes
que participan na Entidade sobre as actividades que Odontoloxía Solidaria desenvolve.
- II Encontro de Voluntariado. En 2014 iniciouse o Encontro de Voluntariado, contando coa
participación de 30 persoas voluntarias de toda a Fundación. Este ano 2015 participaron máis
de 70 persoas voluntarias, as 17 traballadoras e traballadores e os 8 membros do Padroado. O
obxectivo deste encontro é repasar o traballo da Entidade, analizar retos futuros e xuntar
esforzos. Altérnanse actividades de carácter lúdico, que favorecen o intercambio e reforzan o
sentimento de pertenza.
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
12
ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN E COLABORACIÓN. - Premio OS:
En 2006, e coa intención de recoñecer o labor de quen efectuaron accións sanitarias en beneficio das
persoas con dificultades para acceder á saúde bucodental, Odontoloxía Solidaria instituíu o Premio
ODS, ao que poden optar persoas físicas ou xurídicas de España e o estranxeiro. Este 2015 foi
galardoado co premio o Dr. Jesús Rueda García, Coordinador de Programas de Saúde Bucodental do
Servizo Estremeño de Saúde, como recoñecemento ao seu labor na creación e posta en andamento
do Plano de Atención Dental para Discapacitados Intelectuais (PADDI), unidade de referencia neste
segmento en España
O Premio foi entregado polo Dr. Fernando de la Puente. O Dr. Rueda quixo compartilo «cos profesionais que, desde diferentes Administracións, organizacións ou calquera outro ámbito, dedican o seu tempo e coñecementos a prol da discapacidade. Que todos e cada un deles sexan tamén Premio Odontoloxía Solidaria», enfatizou.
Rueda sinalou que «o reto continúa a ser o de sempre: incorporar as prestacións de saúde bucodental ao Sistema Nacional de Saúde, porque a carie é unha enfermidade infecciosa como outras».
Na parte final do seu discurso, o Dr. Rueda considerou que «a nosa profesión é depositaria dos valores e ideais dos individuos que a integramos e, conseguintemente, somos responsables de conservalos e reproducilos. A profesión odontolóxica é un traballo que se fundamenta non só nun sólido coñecemento científico e técnico, senón tamén nunha profunda responsabilidade social e moral».
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
13
- II Concerto Benéfico Odontoloxía Solidaria:
Celebrado no Palau da Música de Valencia, na Sala Iturbi, e coa colaboración de Piccolo Unión
Musical de Mislata. Asistiron máis de 1000 persoas.
- Participación nas VI Xornadas de Saúde Oral e Desigualdade, no Ilustre Colegio Oficial de
Odontólogos y Estomatólogos de la I Región.
Nestas xornadas, o Presidente de Odontoloxía Solidaria, Albert Cabestany, expuxo a súa experiencia persoal como voluntario, a súa traxectoria desde a cooperación puntual até a
implicación no Padroado da Fundación. Foi unha exposición moi persoal, dirixida a motivar as persoas asistentes á acción.
-Reunións con Corporacións Locais de influencia, no que se refire á derivación de persoas beneficiarias ás
Clínicas Odontoloxía Solidaria. O obxectivo principal é o de fomentar asunción de responsabilidades,
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
14
en maior ou menor medida, no mantemento das Clínicas Odontoloxía Solidaria. Tivéronse reunións
cos Concellos de: Madrid, Valencia, Zaragoza, Granollers e Torrent.
- Xornadas de portas abertas a Traballadoras e Traballadores Sociais, Voluntarias/os: Clínica Odontoloxía
Solidaria A Coruña e Clínica Odontoloxía Solidaria Granollers.
- Inauguración da Clínica Odontoloxía Solidaria da Coruña, coa participación da Deputación da Coruña, o Concello
da Coruña e os colexios oficiais de traballadoras e traballadores sociais, hixienistas bucodentais..., etc.
- Formalización de convenios de colaboración con: Entidade coa que se asina o convenio de colaboración Clínica que o asina
Universidade de Barcelona Clínica OS Granollers
Universidade Inernacional de Cataluña Clínica OS Granollers
Colegio de Higienistas de la Comunidad Valenciana Clínica OS Valencia
- Aparición en medios de comunicación:
-
Medio Data Clínica
LEVANTE TV 13/05/2015 Valencia
RADIO CULLEREDO 21/05/2015 A Coruña
RADIO ESPORT 29/05/2015 Valencia
MERIDIANO L´HORTA 16/06/2015 Valencia
RADIO NACIONAL DE ESPAÑA 14/10/2015 A Coruña
TVG 21/10/2015 A Coruña
TVG 09/11/2015 A Coruña
V TELEVISIÓN 01/12/2015 A Coruña
LA VOZ DE GALICIA 13/10/2015 A Coruña
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
15
RECURSOS EMPREGADOS Durante 2015, un total de 379 profesionais foron parte da Fundación Odontoloxía Solidaria:
A dedicación destes recursos humanos foi a que se expón a seguir:
98%
2%
Dedicación
Dedicación directa aos Proxectos Dedicación á Estrutura
Persoal Técnico: 174%
Persoal Voluntario: 36296 %
Recursos Humanos
Persoal Técnico Persoal Voluntario
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
16
Prestacións de servizos;123 838,00 €
21%Ingresos
Excepcionais; 419,95 €
% 0
Ingresos por Doazóns;
19 883,00 € % 3
Ingresos Xerados polos Proxectos;303 322,00 €
52%
Subvencións públicas e/ou Privadas;
95 674,72 € % 16
Doazóns Material;39.643,59 €
7%
PROCEDENCIA DOS INGRESOS
Gastos de persoal;212 902,50
% 32
Gastos atención directa ; €218 733,25
33%
Gastos Mantemento; 112 979,59 €
% 17
Seguros, publicidade, impostos, servizos bancarios, gastos Extraordinarios: ;
€ 15.012,34 2 %
Servizos Profesionais;
104 797,30 €% 16
DISTRIBUCIÓN DOS GASTOS
No que di respecto aos recursos económicos, o volume de ingresos é de 589.356,87 €, e a súa procedencia detállase no gráfico que segue:
Seguindo co balance económico, os gastos foron de 664 424 €, e destináronse ás partidas que a seguir se refiren:
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
17
COLABORACIÓNS
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
18
-
Odontoloxía Solidaria. Memoria 2015. odadmin@odsolidaria.org
19
PARA MÁIS INFORMACIÓN Servizos Administrativos: odadmin@odsolidaria.org
Dirección Estratéxica: directora.odsolidaria@gmail.com
http:// odsolidaria.org https://es‐es.facebook.com/odsolidaria
top related