evan xeo estás cerca, inúndame da túa ledicia 17-dec-2017 · 2017. 12. 13. · isaías anuncia...

Post on 13-Aug-2021

6 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Estás cerca, inúndame da túa ledicia Señor, estamos en Advento, un tempo para buscar a estrela que

oriente a miña vida, Xesús. O Mesías vai chegar, quere compartir a nosa vida, enchernos da

súa luz.

Inúndanos xa de ledicia porque vén o que é o agasallo máis grande, o que nos trae todo o amor de Deus.

Xoán Bautista di que é o mensaxeiro de Deus, a súa voz, o que vai diante anunciándoo para que outros o coñezan, o esperen e o amen.

Señor, tamén nós

queremos ser os portavoces de Deus,

os que achegamos os nosos a Xesús, os que queremos transmitir aos demais a fe, os que queremos ser pequenas luces de ilusión e esperanza.

Fainos testemuñas alegres e valentes do evanxeo, irradiando fe, tenrura, esperanza nun mundo

con moitos escaparates e iluminación acartonada.

Ven, Señor, Xesús, acende en nós a túa luz para que sexamos a túa voz, os teus mensaxeiros, as túas testemuñas neste mundo triste, necesitado de Deus.

Evanxeo

17-dec-2017

3º-Advento-B

Busca a ESTRELA que oriente a túa vida.

Xesús está cerca: ALÉGRATE, ANÚNCIAO. 1.Ver: Xesús está cerca

-Estes días imos rematando o belén… Para a próxima semana xa celebraremos o Nadal.

Quitaches esta semana as pedras do seu camiño?

-Chega Xesús, axiña o poñeremos no berce de Belén…

Como imos preparando a súa vinda? Que pasos damos?

2. XULGAR: Xoán B. e Isaías anuncian a chegada

+No evanxeo deste 3º domingo, continuamos con Xoán que se presenta como “testemuña da luz” que é Xesús, como “voz que grita no deserto”. Isaías anuncia que Deus o elixiu “para dar a boa nova”…

+QUE NOS QUERE DICIR XESÚS? -Que nos enchamos de LEDICIA: O 3º domingo é domingo da ledicia. O profeta Isaías

dinos: “Desbordo de gozo no Señor, e alégrome co meu Deus”… María esperaría

alegre no embarazo o nacemento de Xesús. Paulo (Tes.) dicíanos: “Estade sempre

alegres”. De onde nos vén a ledicia? Estamos esperando a Xesús, que regalo valioso nos

trae? El mesmo é o regalo, tráenos o amor de Deus que é un amor grande… Que se nos

note a ledicia xa, “non cara de funeral” (Francisco).

-Que nos convertamos en PREGOEIROS, ANUNCIADORES DA SÚA VINDA: Xesús vén

para ser o noso amigo, a nosa guía. Como di Isaías, vén para perdoarnos, traernos a

paz, cambiarnos o corazón, enchernos de misericordia e de bondade, un corazón

parecido ao de Xesús. Xoán Bautista preséntase como o pregoeiro que anuncia que

Xesús vén. Hoxe somos nós (non as luces dos escaparates) os verdadeiros pregoeiros

Nadal, pois somos os que o coñecemos, os seus amigos… Somos “testemuñas da luz”.

Como vivir a ledicia e ser pregoeiros de Xesús hoxe?

3. ACTUAR: Alégrate, anúnciao +Facemos algúns preparativos para este tempo. Seguindo o debuxo de Fano poñemos a

3ª estela e a frechiña do compás cara ao este, por onde sairá o sol (sol é Xesús)…

estamos alegres porque xa empeza a clarear.

+Acendemos a 3ª vela da coroa de Advento (a da ledicia e do testemuño).

+Podemos debuxar os trazos dunha cara alegre e repartímolas a cada neno como desexo

de vivir sempre alegres porque vén o Señor e nos regala tanto.

Que imos facer cada un e en grupo?

• ISAÍAS 61,1-2a.10-11: Desbordo de gozo no Señor. O Espírito do Señor, Deus, está sobre min, porque o Señor me unxiu.

Envioume para dar a boa nova aos pobres, para curar os corazóns desgarrados, proclamar a amnistía aos cativos, e aos prisioneiros a liberdade; para proclamar un ano de graza do Señor. Desbordo de gozo no Señor, e alégrome co meu

Deus: porque me puxo un traxe de salvación, e envolveume cun manto de xustiza, como noivo que se pon a coroa, ou noiva que se adorna coas súas xoias. Como o chan agroma os seus brotes, como un xardín fai agromar as súas

sementes, así o Señor fará agromar a xustiza e os himnos ante todos os pobos. Palabra do Señor

• SALMO 1: R/. Alégrome co meu Deus

• 1ª TES. 5, 16-24: Que o voso espírito, alma e corpo se manteña ata a vinda do Señor.

• SAN XOÁN 1, 6-8. 19-28. No medio de vós hai un que non

coñecedes. Narrador: Xurdiu un home enviado por Deus, que se chamaba Xoán:

este viña como testemuña, para dar testemuño da luz, para que todos cresen por medio del. Non era el a luz, senón o que daba testemuño da luz. E este é o testemuño de Xoán, cando os xudeus enviaron desde Xerusalén sacerdotes e levitas a que lle preguntasen:

Sacerdotes: - «Ti quen es?» Narrador: El confesou e non negou; confesou: Xoán Bautista: - «Eu non son o Mesías». Narrador: Preguntáronlle: Sacerdotes: - «Entón, que? Es ti Elías?». Narrador: El dixo: Xoán Bautista: -«Non o son». Sacerdotes: - «Es ti o Profeta?». Narrador: Respondeu: Xoán Bautista: - «Non». Narrador: Preguntáronlle: Sacerdotes: - «Quen es, para que podamos dar unha resposta aos que

nos enviaron? Que dis de ti mesmo?». Narrador: El contestou: Xoán Bautista: - «Eu son a voz que grita no deserto: “Achanzade o

camiño do Señor”, como dixo o profeta Isaías». Narrador: Entre os enviados había fariseos e preguntáronlle: Sacerdotes: - «Entón, por que bautizas se ti non es o Mesías, nin Elías,

nin o Profeta?». Narrador: Xoán respondeulles: Xoán Bautista: - «Eu bautizo con auga; no medio de vós hai un que non

coñecedes, o que vén detrás miña, e ao que non son digno de desatar a correa da sandalia».

Narrador: Isto pasaba en Betania, na outra beira do Xordán, onde Xoán

estaba bautizando. Palabra do Señor. (Narrador-Sacerdotes-Xoán Bautista)

As 4 velas de Advento Nesta semana acendemos a 3ª

vela do Advento, a vela da ledicia e do testemuño da LUZ.

Nas tebras acendeuse unha luz, no deserto clamou unha voz. Anúnciase a boa nova: “o Señor vai chegar”. Preparade os seus camiños, porque xa se achega. Adornade a vosa alma como unha noiva que se engalana o día da súa voda. Xa chega o mensaxeiro. Xoán Bautista non é a luz, senón o que nos anuncia a luz. Señor, ao acender estas tres velas, cada un de nós quere ser facho teu para que brilles, chama para que quentes. Ven, Señor, salvarnos, envólvenos na túa luz, quéntanos no teu amor!

top related