o problema do desxeo · o casquete polar ou tamén chamada capa de xeo polar, é a gran masa de xeo...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Colocamos a pedra nun dos vasos e enchémolo con auga ate cubrila. O outro vaso enchémolo con auga ate o mesmo nivel que o anterior. No primeiro vaso, colocamos o cubo de xeo encima da pedra e marcamos co rotulador o nivel da auga. No segundo vaso, metemos o outro cubo de xeo e marcamos de novo o nivel da auga. Deixamos que se derreta durante unhas horas e miramos o nivel da auga outra vez e remarcamos co rotulador se sube. Que resultado obtivemos? O xeo que se atopaba na superficie do segundo vaso non cambiou moito o nivel da auga. Isto ocorre co xeo flotante do Océano Ártico no Polo Norte. Mentres que o xeo do primeiro vaso, sobre a pedra, elevou o nivel da auga de forma notable. Isto sucede co xeo que hai sobre a terra da Antártida e Grenlandia. Se este xeo se derrete, elevará o nivel dos océanos. O problema do desxeo unha pedra (que entre no vaso) un rotulador ou similar dous cubos de xeo dous vasos

Upload: others

Post on 21-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O problema do desxeo · O casquete polar ou tamén chamada capa de xeo polar, é a gran masa de xeo que cubre terreos, illas e mares nas latitudes altas, tanto no Ártico como na

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

Colocamos a pedra nun dos vasos e enchémolo con auga ate cubrila. O outro vaso enchémolo con auga ate o mesmo nivel que o anterior.

No primeiro vaso, colocamos o cubo de xeo encima da pedra e marcamos co rotulador o nivel da auga. No segundo vaso, metemos o outro cubo de xeo e marcamos de novo o nivel da auga.

Deixamos que se derreta durante unhas horas e miramos o nivel da auga outra vez e remarcamos co rotulador se sube.

Que resultado obtivemos? O xeo que se atopaba na superficie do segundo vaso non cambiou moito o nivel da auga. Isto ocorre co xeo flotante do Océano Ártico no Polo Norte.

Mentres que o xeo do primeiro vaso, sobre a pedra, elevou o nivel da auga de forma notable. Isto sucede co xeo que hai sobre a terra da Antártida e Grenlandia. Se este xeo se derrete, elevará o nivel dos océanos.

O problema do

desxeounha pedra

(que entre no vaso)

un rotuladorou similar

dous cubosde xeo

dous vasos

Page 2: O problema do desxeo · O casquete polar ou tamén chamada capa de xeo polar, é a gran masa de xeo que cubre terreos, illas e mares nas latitudes altas, tanto no Ártico como na

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE É?O casquete polar ou tamén chamada capa de xeo polar, é a gran masa de xeo que cubre terreos, illas e mares

nas latitudes altas, tanto no Ártico como na Antártida.

Dende fai anos, as actividades humanas e a contaminación que estas producen, provocaron un aumento da

temperatura do planeta que está a xerar que estas masas de xeo se estean derretendo polo cambio climático.

Neste desxeo dos polos entran en xogo os coñecidos gases de efecto invernadoiro que son os que liberamos

coas nosas actividades e que formarán unha capa ao redor da atmosfera que impide o intercambio de calor

entre a terra e a atmosfera.

Por que é relevante?Os casquetes polares albergan un ecosistema que permanece inalterado polo ser humano e é dos máis fráxiles

do planeta terra. Por outro lado, estas inmensas masas de xeo compren unha función moi moi importante de

espello que reflicte a calor solar de volta a atmosfera e funciona como o aire acondicionado da Terra.

Como nos afecta?As consecuencias do cambio climático son evidentes. As observacións científicas indican que xa se perdeu a

metade do xeo mariño e tamén subiu o nivel do mar. E isto vai seguido de alteracións no equilibrio dos

ecosistemas, migración e extinción de especies como a do oso polar.

Saber un pouquiño máis...Milleiros de animais que viven nas zonas lindeiras cos polos están baixo a ameaza do cambio climático. A zona

é importante para moitas especies únicas de mamíferos mariños como as baleas de Grenlandia, os narvais e as

morsas. Baixo o mar xeado, a pesar das temperaturas extremas, seres vivos como os corais de auga fría crean

un hábitat que dá acubillo a outras especies, algunhas delas con 2.000 anos de antigüidade e que se atopan

entre os animais máis antigos da Terra.

Os grandes depredadores, na punta da pirámide trófica do ecosistema ártico, como os osos polares, están

directamente afectados polo cambio do clima. O oso polar emprega as placas de xeo mariño para desprazarse

a cazar presas como as focas. Sen o volume adecuado de xeo mariño durante todo o ano, moitos osos non serán

capaces de usar o xeo como un sitio para alimentarse. Debido a isto, moitos deles vense obrigados a pasar máis

tempo en xaxún en terra.

As focas do Ártico usan o xeo mariño para a maternidade e gardería así como trampolín para pescar os peixes

e escapar dos depredadores. Por outra banda, as morsas utilízano como un lugar de descanso e congregación,

polo que, ó diminuír o xeo, redúcese o seu espazo natural.

Para axudar a todas estas especies, temos que evitar os posibles impactos ambientais e frear o cambio

climático. Para iso unha das cousas que podemos facer é diminuír drasticamente as nosas emisións de gases de

efecto invernadoiro.

Pero como? Aí van algúns consellos: usar máis a bicicleta e o transporte público, viaxar en transportes

alternativos ao avión, cambiar a nosa dieta baseándoa en verduras, froitas, legumes e carnes ecolóxicas e

reducir o consumo de carne a unha vez á semana. Estes son algúns exemplos pero hai moitos máis!

O desxeo dos casquetes polarese o Cambio climático

Page 3: O problema do desxeo · O casquete polar ou tamén chamada capa de xeo polar, é a gran masa de xeo que cubre terreos, illas e mares nas latitudes altas, tanto no Ártico como na

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBRE

o desxeoBusca 10 palabras escondidas nesta sopa climática

Desxeo Extinción Migración Cambio Clima Foca Oso Morsa Ecosistema Alteración

A D E S X E O A R A C Z F A A

B T X E E L S M A M O R O X L

C G T R N C E I X I O A C U T

A M I G R A C I O N L R A D E

U W N O E M A L C O Ñ W S A R

R N C N T B T I I R A A O A A

S I I I A I I N M M R M L N C

T D O A R O L O A A A I I I I

A O N P I R R R O M N G D M O

R N R A O X O S O I Z O A A N

A E C O S I S T E M A R R L R