Álbum poético colexio nosa señora de lourdes

24
LETRAS GALEGAS, ANO 2011, dedicado a Lois Pereiro ÁLBUM DE POEMAS. DOS ALUMNOS DE 1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O. DO COLEXIO NOSA SEÑORA DE LOURDES

Upload: vic-lob

Post on 11-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Poemas recompilados con motivo da celebración das Letras Galegas do ano 2011, dedicado a Lois Pereiro

TRANSCRIPT

Page 1: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

LETRAS GALEGAS, ANO 2011, dedicado a Lois Pereiro

ÁLBUM DE POEMAS. DOS ALUMNOS DE 1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O. DO COLEXIO NOSA SEÑORA DE

LOURDES

Page 2: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

1

1 OS PAXAROS CANTAN Os paxaros están a cantar Levántanse as nubes. Que bonita a primavera. Ás árbores cobran follas, e vai calor. 2 O BALEIRO Encontrábame camiñando polo sendeiro etéreo, a voltas cos meus sentimentos. Descoideime un momento e caín polo baleiro eterno: era tristeza, alegría, euforia, amargura, era o colapso da miña vida.. 3 A VIDA A vida, tan fráxil. Escurridiza, parece xabrón. Tan inverosímil! a vida non é cousa do montón, a vida é como un solpor. 4 INVERNO Unha folerpa de neve caeu dun golpe leve na gran cidade. 5 SILENCIO O silencio, unha palabra sen voz,

Page 3: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

2

un son afónico, unha frase por dicir. 6 HAIKU Caen as follas do castiñeiro. e o xardiñeiro lévaas ás beiras da nosa leira. 7 DIARIO O que escribo no meu diario é algo secreto, e algo olvidado e algo que nunca é ensinado. Contén feitos, palabras e sentimentos de carácter privado. Un diario é coma un baúl cheo de recordos no que gardas cousas que che pasaron algún día. Cérralo, déixalo olvidado e ao cabo do tempo ábrelo e recórdalo con dozura. ¡Aqueles marabillosos anos! 8 COLISIÓN Pensaches que nunca ocorrería. Pensaches que eras intocable. Pensaches que estabas a salvo. Pensaches que a ti non.

Page 4: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

3

Pensaches que o control era teu. Pensaches que eras inmortal. Pensaches que iso non era a realidade, pensaches que non o vivirías. Cando a viches diante túa, cando a sentiches xunto a tí, cando o probaches nas túas carnes, deixaches de pensar. Nese momento baleiro e á vez cheo de silencio. Aquel segundo no que a atopaches frente a tí. Só a tiñas a ela na túa mente, a morte. Pero ese camiño de escuridade acabou cos teus pensamentos. Agora xa é tarde para que te decates. Pensaches mal. 9 AS ESTRELAS Unha noite de lúa chea vin unha luz na area daquela praia deserta na que só estaba eu. Era unha luz pequena, solitaria e cegadora. Baixa no ceo, como o sol, que no solpor está baixiño. Ó rematar o día as estrelas brillan nun ceo azul e non negro. Ti na praia ou na montaña, por elas guíaste moi ben, e estás acompañado. As estrelas, as túas compañeiras de viaxe.

Page 5: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

4

10 PENSANDO Pensando, pensando e pensando debaixo daquela árbore. Pensando no pasado, pensando no presente, e como non, no futuro. Pensando nas noites que paso sen durmir por mor dunha gran perda que me acompañará toda a vida, o meu pobre irmanciño 11 GÚSTAME. Gústame que me mires. Gústame que me fagas rir. Que me mimes e que me biques. Gústame cando sonríes. Gústame cando me abrazas e me dis que vas a estar aquí para sempre. Estar en nigunha parte contigo, e sentirme de todos modos segura, iso tamén me gusta. Gústame, gústame todo. Gústasme ti, ti enteiro. Encántame amarte e que me ames. Sintoo moito, pero teño medo, demasiado. Medo a perderte. Aínda así, ter medo recórdame o moito que te quero. Impórtasme demasiado. 12 A MELLOR AMIGA Contigo souben que é unha amizade souben que é algo que non se encontra todos os días. Contigo aceptei a respectar decisións ainda que por dentro comería lentamente a miña vida Contigo souben que a felicidade

Page 6: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

5

non vén de recibir, senón de dar. Contigo aprendín como a unha amiga con cariño e confianza se pode querer Contigo aprendín que merece a pena sorrir e ser feliz, e perdoar os erros cometidos e os erros por cometer. 13 ESTA MAÑÁ O SOL BRILLA MÁIS Esta mañá o sol brilla máis, os paxariños xúntanse de par en par e ti non me paras de ollar. Os teus ollos azuis, os teus beizos formando un sorriso, e o máis importante: acercáste a min e dasme un bico. As miñas meixelas tórnanse vermellas, a calor do teu corpo chega ata as miñas veas sinto que non te podo mirar… Pero meu neno, grazas a ti coñezo o verbo amar. 14 ACCIDENTE Noite de festa, borracheira, roda queimada e gasolina cheira. Cambiamos de sitio, imos montala unha idea mala, ¡vaite rañala! Imos no coche, chama meu pai, fóra de cobertura. Unha muralla dura.

Page 7: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

6

Sinistro total, o coche enteiro onde acabamos no cemiterio. 15 POEMA COLECTIVO Á PRIMAVERA A primavera abre as portas ao bo tempo. Na primavera a natureza esperta e o amarelo neva. A primavera é un caseto de ladrillo cando chove. É esa estación na que te sentes feliz aínda que suspendas un exame. A primavera é tusir, tusir e tusir… pero tamén son gañas de saír ao campo e moverte. É namorarse, a estación do amor, ese tempo no que o sorriso se debuxa no meu rostro ao ver todos eses paxariños voando arredor miña. A primavera é gozar. É un sopro de aire mariño na face. A primavera é a estación de ser feilz, é esa época que te bota para diante, a harmonía cun mesmo. Trae consigo emocións de vivas cores, como pétalas das flores que nacen nela. A primavera é o verán a un paso. Como andar na moto, a primavera pásache voando… 16 A PRIMAVERA Chegou a primavera, a primavera chegou, con ela os paxariños e o fermoso sol Chegou a primavera, a primavera chegou, xa vai pouco frío e a calor xa empezou Chegou a primavera, a primavera chegou, as plantas e as árbores cobran vida

Page 8: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

7

e o inverno xa marchou. A primavera chegou, chegou a primavera: un paseo pola praia comendo una papaia 17 EL TIÑA UNHA RABIA El tiña unha rabia metida moi dentro algo moi negro, que lle impedía estar contento. El tiña unha doenza, moito sufrimento. El tiña unha rabia, que lle impedía estar contento. Un bo día, moita riqueza gañou, xogou a lotería, e moitos cartos apañou. Quen sabe cal era a rabia? Quen sabe cal era a doenza? Quen sabe cal era o sufrimento? O que todo o mundo sabe, é que agora está contento. 18 POEMA Como anxos co seu canto Celestial sobre este manto Dourado polo solpor, Despedíndose de novo. Reflexos creados dun lugar Máxico, único no universo.

Page 9: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

8

Textura única que esvara Entre os meus dedos. Sensación fresca á beiriña mollada. Infinidade de pedriñas e Cunchas de infinitas cores Que van adquirindo ó longo do día. Os anxos que voan no ceo Celebrando a fin do día, Son acompañados cunha melodía Interpretada pola lúa, que se amosa Ós pouquiños, tímida. E dende o alto Do ceo, dirixe á orquestra. Que baixa. 19 AI, AI, A MIÑA ESTRADA Ai, ai a miña Estrada! Sempre que vés non ves nada Aínda que vaias á alameda, Non verás, ningunha colmena Ai, ai a miña Estrada, Temos numerosas terrazas, Máis non temos ningunha praza E logo?...., nada Ai, ai a miña Estrada Agora temos eleccións E publicidade política a montóns, Prometen moito, pero despois non cumpren nada Ai cando a autovía veña a esta vila Isto será unha marabilla… 20 MENCER NA PRAIA O sol dorme sobre a miña pel quentándoa, dándolle calidade á miña face facendo que me sinta ben

Page 10: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

9

A suave brisa, xoga co meu cabelo mentras acaricia as miñas meixelas Unha gaivota atravesa o mar como un náufrago perdido que non ten máis rumbo que camiñar 21 ACRÓSTICO Cando te vin por primeira vez Indicoume o corazon que, Non eras para min Despois de todo Iniciouse o noso gran amor Onde empezou Toda a nosa historia de amor E tamén de desamor que Rematou sen perdón e O odio matounos.

22 ABECEDARIO Andaba paseniño polo curral, Baixando a cabeza cando se atopaba cos demais, Co seu torpe camiñar agarrado ao bastón. Dubidaba que facer, Era todo medo todo o que tiña: Falar diso ou non falar Gardar a compostura ante os demais Imaxinaba que esa era unha obriga Lamentábase a miúdo Matinaba sobre o seu mundo Nunca pensara que tivera que deixar o pobo: Olvidaríanse del, Pequenos e maiores,

Page 11: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

10

Que xamais esquecerían home como aquel Risas apagadas enchían o vento Suspiros ao aire apagábano por completo Tivo oportunidades, antes do final para botarse atrás Undido marchou do seu acolledor fogar Verdade é que tiña medo de perderse, de perdelo. Xamais volveu falar de aquilo.

23 CANDO ME VICHES, Cando me viches, namorácheste. Cando me atopaches, bicáchesme. Cando me perdiches, suicidácheste. 24 DEPORTIVO Xeograficamente son de Galicia aínda que moitos din que son de Turquía: para eles iso non é unha alegría. Din que se vai a Riazor para pasalo peor, pois ese equipo dáche moita dor porque non poden xogar peor. Intentan facer fútbol de salón pero o que moita xente ve no seu colchón é un xogo transformado en borrón. 25 OS MEUS GUSTOS Gústanme as flores de todas as cores, gústanme vermellas, pero brancas tamén son belas.

Page 12: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

11

Gústanme os animais que lle pido aos meus pais. gústanme os máis raros e tamén os máis caros… Gústame a miña terra Galicia aínda que digan que teño avaricia, pois quero nestas terras o río Douro e poder ter unha vaca e un touro. Gústanme as fermosas rapazas e poder levalas á praza: aínda que non sexa moi rico sempre lles poderei dar un bico. 26 XUNTO A TI Dende que te vin a miña vida foi un inferno porque sen ti a miña vida non ten dono. Aínda que me doia sempre seguirei xunto a ti para que non me olvides, sempre seguirei xunto a ti para que vexas todo o que sufrín e aínda sigo aquí. 27 BRANCA MULLER Ti que todo o igualas Ti que todo o arranxas Ti que con todo acabas Ti , Branca Muller Ti que es a máis temida Ti que sempre estas expectante Ti que apagas o misto da vida

Page 13: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

12

Ti, Branca Muller Ti que estás casada co Demo Ti que estás casada con Deus Ti que vives no ceo e no inferno Ti, Branca Muller Ti , Branca Muller Se me fas todo isto Faino sen que te poida ver Que non quero ver como apagas o meu misto 28 GALICIA Que é Galicia? Galicia é morriña, É a terra dos mil rios, Chuvia, treboadas… Galicia son montes, Toxos, fentos e carballos. Galicia é Lugo, Ourense, Pontevedra e a Coruña. Galicia é gastronomía Marisco, cocido Caldo, polbo a feira, troitas, viños… Galicia é historia Onde puxo Deus a man, A terra de Breogán e de Alfonso X Galicia é a torre de Hercules a fermosa catedral de Santiago

Page 14: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

13

unha infinidade de castros e tamén de mosteiros Galicia é un anaco de terra Con mar polo norte e o oeste E terra polo sur e polo leste Todo isto e moito mais é Galicia 29 GALICIA En fronteira con Castela En fronteira con Asturias Aquí é onde empeza Lugar de gran beleza Terra de montes Terra de fontes Paraíso incredible Paraíso inesquecible Verdes prados Grandes montes E encantados bosques Imposible de esquecer Tal beleza, tal olor Tal sensación de lecer 30 GALICIA Esta fermosa terra que mellora día a día, que é iso que terá? que todos cren que é máis fermosa do que se cría. Esta terra miña que me ilumina cada mañá. Vivir en Galicia é unha ledicia!

Page 15: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

14

Ai, esta Galicia, é unha marabilla! 31 POEMA Hai que valorar a vida, non temos porque sufrir pola xente que, nos queren facer dano. Hai que valorar cada instante: horas, días, meses e anos. Non sei que facer morrer ou vivir. Xa non basta cun perdón Nin tampouco basta cunhas rosas porque a noite cruzoume. E eu, non sei que facer, porque esta vida xa non é miña. 32 O MAR O mar é un olvido unha canción das olas que chega aos meus oídos facendome pensar. O mar, imposible de describir, as súas augas son plumas que frotan horas e horas navegando todas xuntas. O mar, unha sonrisa onde collen miles de palabras, que levantan as estrelas frías da noite. O mar, un ideal que nunca se podrá

Page 16: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

15

describir con calquera palabra. 33 AGORA QUE NON TES VOZ POR berrar toda a noite, caes por fin na conta de que o que fixeches é completamente inútil? Faille caso á túa moza Gema, que aínda que hai tempo que non ides ao psiquiatra, ela é mais lista ca ti, e está moi convencida de que ninguén neste mundo pode ordear o teu cuarto, porque nel hai cousas que farían vomitar ata a un raposeiro divino. Sabendo isto, Ti es o elixido, o único que pode limpala sen vomitar, e todos diremos “Yupii! Por fin Zacarías limpou a súa habitación! 34 HOXE AS MIÑAS BÁGOAS Hoxe as miñas bagoas falan versos dun poema de tristeza ansiedade e nostalxia Hoxe as miñas bágoas queren fuxir a algún lugar, a calquera outra parte... Hoxe as miñas bagoas

Page 17: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

16

queren fuxir a un lugar onde estar só... Só contigo. 35 OS TEUS OLLOS REFLEJAN TRISTEZA Os teus ollos reflejan tristeza sobre o claro día de inverno. Chora o teu corazón! As túas bagaos caen amodiño sobre os teus beizos de xeo. Chora o teu corazón! O teu corpo pouco a pouco esváese, como as follas das árbores en outono. Chora o teu corazón! A túa alma en pena vaise oscurecendo como unha noite de inverno. Chora o teu corazón! 36 O MEU CAN O meu can anda sempre polo chan, é da raza cacholán. Come verduras todas elas crúas. É un can vexetariano e parécese a Mariano. Come nenos

Page 18: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

17

sacándolle os pelos. Come repolo e vólvese tolo. É un can especial que escoita Cadena Dial. É moi marcheiro marcha o venres e volve o domingo coma un pingo. Gústanlle os criollos En “rollos” e o churrasco non lle dá asco. A miña avoa dálle co bastón e ela quéixase mogollón. A miña avoa dille que é o número un e el sempre lle morde o atún, ela quéixase e o can déitase. Despois de comer sempre ten ganas de correr. O final do día anda a rolos de miña tía. O meu can é fantástico: arde coma o plástico. El ten unha cadela, que anda detrás dela. Quere que sexa a súa amiga o seu amor, a súa doncela

Page 19: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

18

para coserlle unha tela. ao redor da boca que é a dunha foca. O meu can é moi cariñoso aínda que un pouco mocoso. Eu adoro o meu canciño que lle rouba o viño ao meu veciño e despois anda como un pingüino. Ese é o meu can, chamado Tartañán, Tartañán é a caña de toda España. 37 ACRÓSTICO Lacazán, Único e Carismático Así Son eu. Cansado, Habilidoso, Amable e Ordenado. 38 A MÚSICA É UNHA EXPLOSIÓN DE SONS, un vaivén de sensacions e cores, o big bang da improvisación. A música é todo isto e moito máis, cada persoa interprétaa de forma distinta pero todas son válidas. Segundo o parecer de cada quen

Page 20: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

19

a música pode ser arte ou pode ser ruído, pero eu creo que é unha pequena parte de nós e que sen ela non volveriamos ser os mesmos. Que e para ti a música?

39 POEMA O verán un sentimento libertade. Todo aquello que se sinte ó ser libre ó non ter obligacións iso é o verán. As tardes na piscina ou na cancha xogando cos amigos ou na casa. Esas tardes de play que ninguén olvida esas tardes en compañía* da túa mellor compañía*. Xa acaba o verán xa acaba este poema xa vou parar un pouco que o meu cerebro xa quema*. 40 POEMA Cando o ceo escurece Hanse por as nubes negras O vento sopra forte Incesantemente Ves caer pingas A auga cae do ceo, chove

Page 21: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

20

41 PENSAMENTOS Por culpa da túa culpa sen rumbo vago pola rúa. Sobre as casas atópase a lúa, e eu, buscando unha desculpa. Unha estraña sensación, invade a miña mente. Non sei se é compaixón, da miña propia indecisión. Non sei que facer, non sei onde durmir, Quizáis agarde, aquí, na rúa, ata que se asome o amancer. Frío, vento e choiva, nostalxia, melancolía e inseguridade. Por culpa da soidade, quizais durmir non poida. Xa pasaron as horas, o meu primer día durmindo na rúa. Xa non teño nada que perder, prefiro todo esquecer. O vicio arruinoume, moitos advirtíronme, o mundo da noite deume o mellor, máis agora, o peor. 42 TOLEMIA A noite escura o aire frío

Page 22: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

21

a neve branca cara adiante cara atrás vermella a cabeza ensanguentada o sangue ferve non ten recordos non ten futuro cadáveres fríos fúndense coa fría neve sangue na neve coitelo na man can ladrando mirada perdida camiñando coa loucura escuridade (…) Focos colgados do ceo o reloxo xira sen parar o coitelo na man festa, alegría, rapaces no campo vellos mirando escuridade (…) A cabeza ensanguentada o sangue ferve cadáveres fríos fúndense coa fría neve sangue na herba ríos de sangue camiñando coa tolemia monte, luz, sombras, escuridade (…) Ollos abertos

Page 23: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

22

luz, ceo, calor, vida punzada no peito mirada atrás é a tolemia, sangue, río de sangue corre polo peito quente rápida cadáver quente conxelándose no quente inferno (…)

DIVINO CASTIGO

43 ABECEDARIO: NINGUÉN ME QUERE. Ás veces ningúen te quere. Buscas e non encontras a ninguén. Caes na desesperación. Decides marchar, fuxir. Encóntraste mal, coa auga ao pescozo. Falas só, non tes compañía. Gustaríache tela. Hai alguén aí? Incesante silencio. Labazada na cara. Morres de dor. Non sabes que facer. Outra vez, repites: Hai alguén aí? Por fin alguén responde. Quen o ía dicir! Resucita a miña felicidade. Sufrimento, rabia… Todo queda atrás. Un sorriso debúxase no meu rostro. Vale a pena o sufrimento. Xamón e viño para brindar.

Page 24: Álbum poético Colexio Nosa Señora de Lourdes

23

Zume para os que non beban.