adaptaciÓn da programaciÓn didÁctica. curso 2019/2020 · b3.12. comprender as características e...

14
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 CENTRO: IES DE CATABOIS CURSO: 2º ESO PMAR MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO DEPARTAMENTO: XEOGRAFÍA E HISTORIA DATA: 11-05-20

Upload: others

Post on 17-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

CENTRO: IES DE CATABOIS

CURSO: 2º ESO PMAR MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO DEPARTAMENTO: XEOGRAFÍA E HISTORIA DATA: 11-05-20

Page 2: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 1 DE 14

CENTRO: IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA:ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

ÍNDICE

1. Estándares de aprendizaxe e competencias

imprescindibles.

Páxina 2

2. Avaliación e cualificación.

Páxina 5

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)

Páxina 10

4. Información e publicidade.

Páxina 12

5. ANEXO. RÚBRICA Páxina 13

Page 3: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 2 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe COMP. CLAVE

XEOGRAFÍA E HSTORIA

B3.3. Explicar as características de cada tempo histórico e certos acontecementos que determinaron cambios fundamentais no rumbo da historia, diferenciando períodos que facilitan o seu estudo e a súa interpretación.

XHB3.3.2. Realiza diversos tipos de eixes cronolóxicos e mapas históricos. CSC-CMCCT

B3.5. Utilizar o vocabulario histórico e artístico con precisión, inseríndoo no contexto adecuado.

XHB3.5.1. Utiliza o vocabulario histórico e artístico imprescindible para cada época.

CSC- CCL

B3.8. Explicar a organización feudal e as súas consecuencias. XHB3.8.1. Caracteriza a sociedade feudal e as relacións entre señores e campesiños.

CSC

B3.9. Analizar a evolución dos reinos cristiáns e musulmáns, nos seus aspectos socioeconómicos, políticos e culturais.

XHB3.9.1. Comprende as orixes do Islam e o seu alcance posterior. CCEC- CSC

XHB3.9.2. Explica a importancia de Al-Andalus na Idade Media. CSC-CCEC-CMCCT-CCL

B3.10. Entender o proceso das conquistas e a repoboación dos reinos cristiáns na Península Ibérica e as súas relacións con Al-Andalus.

XHB3.10.1. Interpreta mapas que describen os procesos de conquista e repoboación cristiás na Península Ibérica.

CSC- CAA

XHB3.10.2. Explica a importancia do Camiño de Santiago. CSC-CCEC-CCL

B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da arte románica, gótica e islámica. CCEC-CCL-CSC

B2.1. Comentar a información en mapas do mundo sobre a densidade de poboación e as migracións.

XHB2.1.1 Localiza no mapa mundial os continentes e as áreas máis densamente poboadas.

CAA-CMCCT-CSC-CD

B2.2. Analizar a poboación europea no relativo á súa distribución, evolución e dinámica, e ás súas migracións e políticas de poboación.

XHB2.2.1. Explica as características da poboación europea CAA-CCL-CSC-CD

B2.3. Analizar as características da poboación española, a súa distribución, dinámica e evolución, e os movementos migratorios.

XHB2.3.2. Analiza en distintos medios os movementos migratorios nas últimas tres décadas en España.

CAA-CMCCT-CSC-CD-CCL

B2.4. Analiza as características da poboación de Galicia, a súa distribución, dinámica e evolución, e os movementos migratorios

XHB2.4.1. Coñece o proceso da emigración galega, as súas etapas e os destinos principais

CAA-CMCCT-CSC-CD-CCL

B2.5. Sinalar nun mapamundi as grandes áreas urbanas, e identificar e comentar o papel das cidades mundiais como dinamizadoras da economía das súas rexións.

XHB2.5.2. Sitúa no mapa do mundo as vinte cidades máis poboadas, di a que país pertencen e explica a súa posición económica.

CAA-CMCCT-CSC-CD-CCL

B2.6. Comprender o proceso de urbanización, os seus proles e os seus contras en Europa.

XHB2.6.1. Resume elementos que diferencien o urbano e o rural en Europa CAA-CMCCT-CSC-CD-CCL

XHB2.6.2. Distingue os tipos de cidades do noso continente. CAA-CMCCT-CSC-CD-CCL

B2.7. Recoñecer as características das cidades españolas e galegas, e as formas de ocupación do espazo urbano.

XHB2.7.1. Interpreta textos que expliquen as características das cidades de España e de Galicia, axudándose de internet ou de medios de comunicación escrita.

CAA-CMCCT-CSC-CD-CCL

Page 4: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 3 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

LINGUA GALEGA E LITERATURA

B2.2 Comprender e interpretar textos propios da vida cotiá e das relacións sociais: diarios, cartas persoais, avisos e solicitudes.

LGB2.2.1 Comprende e interpreta a información máis relevante de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais: diarios, cartas persoais, avisos e solicitudes.

CCL,CSC LGB2.2.2 Comprende instrucións escritas de certa complexidade que lle permiten desenvolverse en situacións da vida cotiá.

B2.3. Comprender e interpretar, en formato papel ou dixital, textos propios dos medios de comunicación (noticias).

LGB2.3.1 Comprende e interpreta textos propios dos medios de comunicación (noticias).

CCL,CSC

LGB2.3.2 Localiza a información destacada de textos propios dos medios de comunicación: portadas e titulares.

CCL

B3.2. Recoñecer e usar a fonética da lingua galega. LGB3.2.1 Recoñece e pronuncia correctamente os fonemas propios da lingua galega.

CCL, CAA

B3.6. Analizar e usar correctamente a puntuación, de acordo coa cohesión textual. LGB3.6.1Analiza e usa correctamente a puntuación para a cohesión textual CCL

B3.8. Recoñecer e usar os nexos textuais de espazo, oposición e contraste, así como os mecanismos gramaticais e léxicos de cohesión interna.

LGB3.8.1 Identifica e usa distintos tipos de conectores de espazo, oposición, contraste, así como os mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna que lle proporcionan cohesión a un texto.

CCL, CCA

LGB.3.8.2 Utiliza os elementos lingüísticos para a cohesión interna. CCL

B3.7. Recoñecer a estrutura de substantivos e verbos e da súa caracterización morfolóxica para mellorar a comprensión e produción textuais.

LGB3.7.1 Coñece e utiliza adecuadamente substantivos e formas verbais na comprensión e produción de textos orais e escritos.

CCL,CAA LGB3.7.2. Exprésase, con estilo propio, utilizando os recursos da lingua con flexibilidade e creatividade

B4.2. Describir e analizar a situación sociolingüística de Galicia atendendo á presenza da lingua galega no contorno.

LGB4.2.1 Distingue entre linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas e aplica estes conceptos ao caso galego.

CCL,CSC

LGB4.2.2 Coñece as linguas que se falan en España e valora a súa existencia como un elemento de riqueza cultural.

CCL,CSC

B5.1. Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expor unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionar o seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos e valorar o uso dos elementos propios de cada xénero literario, o punto de vista empregado e o uso estético da linguaxe.

LGLB5.1.1. Le con regularidade obras literarias e desenvolve criterio lector; expón unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade e relaciona o seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos

CCL

LINGUA CASTEÁ E LITERATURA

B1.1. Escoitar de forma activa, comprender, interpretar e valorar textos orais propios dos ámbitos persoal, educativo ou escolar, e social.

LCLB1.1.1 Comprende o sentido global de textos orais propios do ámbito persoal, escolar/ educativo e social, identificando a estrutura, a información relevante e a intención comunicativa do/ da falante.

CCL

LCLB1.1.2 Retén información relevante e extrae informacións concretas.

B2.5. Escribir textos en diferentes soportes e formatos, en relación co ámbito de uso.

LCLB1.1.3 Segue e interpreta instrucións orais respectando a xerarquía dada. CCL

LCLB2.5.1 Escribe textos propios do ámbito persoal e familiar, escolar ou educativo e social, imitando textos modelo.

CCL

Page 5: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 4 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA). Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC).

LCLB2.5.2 Escribe textos narrativos, descritivos e instrutivos, expositivos,

argumentativos e dialogados, imitando textos modelo. CCEC

LCLB2.5.3 Realiza esquemas e mapas, e explica por escrito o significado dos

elementos visuais que poden aparecer nos textos. CMCCT, CD

B3.3. Comprender e valorar as relacións de igualdade e de contrariedade que se establecen entre as palabras e o seu uso no discurso oral e escrito.

LCLB3.3.1. Recoñece e usa sinónimos e antónimos dunha palabra, e explica o seu uso concreto nunha frase ou nun texto oral ou escrito.

CCL

B1.2. Escoitar de xeito activo, comprender, interpretar e valorar textos orais de diferente tipo.

LCLB1.2.1 Comprende o sentido global de textos orais de intención narrativa, descritiva, instrutiva, expositiva e argumentativa, identificando a información relevante, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa do/da falante, así como a súa estrutura e as estratexias de cohesión textual oral.

CCL

LCLB1.2.2 Retén información relevante e extrae informacións concretas. CCL

LCLB1.2.4 Resume textos narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e argumentativos de forma clara, recollendo as ideas principais e integrando a información en oracións que se relacionen loxicamente e semanticamente.

CCL, CAA

B3.6. Identificar a intención comunicativa da persoa que fala ou escribe. LCLB3.6.1Explica a diferenza significativa que implica o uso dos tempos e modos verbais.

CCL

B4.1. Ler fragmentos ou obras da literatura española e universal de todos os tempos e da literatura xuvenil, próximas aos propios gustos e ás afeccións, amosando interese pola lectura.

LCLB4.1.1. Le e comprende cun grao crecente de interese e autonomía obras literarias próximas aos seus gustos, ás súas afeccións e aos seus intereses. CCL

Page 6: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 5 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO: 2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. Avaliación e cualificación

Procedementos: Os procedementos de avaliación que aplicaremos son os seguintes:

Para o alumnado que teña suspensa a 1ª avaliación, a 2ª avaliación ou as dúas avaliacións. Propoñeranse TAREFAS ESPECÍFICAS DE RECUPERACIÓN E REFORZO, de cara a acadar os obxectivos mínimos que lle permitan aprobar a materia. Para as tarefas propostas serán referentes as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous

primeiros trimestres do curso, ata a declaración do estado de alarma polo Real Decreto

463/2020, do 14 de marzo. Para a concreción dos criterios de avaliación e cualificación

teranse en conta as aprendizaxes e competencias imprescindibles anteriormente

identificados.

Así, por cada trimestre suspenso, o alumnado terá que entregar as tarefas correspondentes

segundo as indicacións que se vaian sinalando en cada caso.

Para o alumnado que teña aprobadas a 1ª avaliación, a 2ª avaliación ou as dúas avaliacións

propoñeranse TAREFAS DE CONSOLIDACIÓN-AMPLIACIÓN, co fin de que poidan afianzar os

coñecementos adquiridos, mellorar a súa situación de cara á continuidade da súa formación

e, no seu caso, subir as actuais cualificación.

Os Contidos impartidos por avaliacións son os correspondentes ás unidades:

1ª AVALIACIÓN

CONTIDOS CURRICULARES XEOGRAFÍA E HISTORIA

1. O inicio da Idade Media.

B3.1. Relación entre o pasado, o presente e o futuro a través da historia.

B3.3. Cambio e continuidade.

B3.4. Tempo histórico.

B3.5. Vocabulario histórico e artístico.

B3.6. Idade Media: concepto e as subetapas (alta, plena e baixa Idade Media).

B3.7. Caída do Imperio Romano en Occidente: división política e invasións xermánicas. Imperio

Bizantino e reinos xermánicos.

B3.8. Feudalismo.

B3.9. Islam. Península Ibérica: invasión musulmá. Evolución de Al-Andalus e dos reinos cristiáns.

B3.11. Expansión comercial europea e recuperación das cidades. Crise da baixa Idade Media: a ‘Peste

Negra’ e as súas consecuencias.

B3.12. Arte románica, gótica e islámica

2. A Europa feudal.

B3.1. Relación entre o pasado, o presente e o futuro a través da historia.

B3.2. Fontes históricas.

B3.3. Cambio e continuidade.

B3.5. Vocabulario histórico e artístico.

B3.6. Idade Media: concepto e as subetapas (alta, plena e baixa Idade Media).

B3.8. Feudalismo.

3. O desenvolvemento das cidades na Idade Media. B3.1. Relación entre o pasado, o presente e o futuro a través da historia.

B3.3. Cambio e continuidade.

B3.4. Tempo histórico.

B3.5. Vocabulario histórico e artístico.

B3.6. Idade Media: concepto e as subetapas (alta, plena e baixa Idade Media).

B3.7. Caída do Imperio Romano en Occidente: división política e invasións xermánicas. Imperio

Bizantino e reinos xermánicos.

B3.8. Feudalismo.

Avaliación

Page 7: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 6 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. Avaliación e cualificación

4. Al-Ándalus.

B3.1. Relación entre o pasado, o presente e o futuro a través da historia.

B3.2. Fontes históricas.

B3.3. Cambio e continuidade.

B3.5. Vocabulario histórico e artístico.

B3.9. Islam. Península Ibérica: invasión musulmá. Evolución de Al-Andalus e dos reinos cristiáns.

B3.10. Reconquista e repoboación.

CONTIDOS CURRICULARES LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

B1.1 Comprensión, interpretación e valoración de textos orais en relación co ámbito de uso: ámbito

persoal, educativo ou escolar, e social.

B2.5 Produción de textos escritos e audiovisuais relacionados co ámbito persoal, educativo ou

escolar, e social

B3.2 Coñecemento, uso e valoración das normas ortográficas e gramaticais, recoñecendo o seu valor

social e a necesidade de cinguirse a elas para conseguir unha comunicación eficaz.

B3.3 Comprensión e interpretación dos compoñentes do significado das palabras: denotación e

connotación.

CONTIDOS CURRICULARES LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

B2.2. Comprensión e interpretación de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos

próximos aos intereses do alumnado: diarios, cartas persoais, avisos e solicitudes.

B2.3. Comprensión e interpretación, en formato papel e dixital, de textos propios dos medios de

comunicación (noticias).

B3.2. A fonética e a fonoloxía do galego, con especial atención a posibles interferencias.

B3.6. Análise e uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión textual.

B3.8. Recoñecemento, uso e explicación dos nexos e conectores textuais (espaciais, de oposición e

contraste) e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos

B3.7. Recoñecemento da estrutura de substantivos e verbos e da súa caracterización morfolóxica

para a mellora da comprensión e produción textuais.

2ª AVALIACIÓN

CONTIDOS CURRICULARES XEOGRAFÍA E HISTORIA

5. Os reinos cristiáns hispánicos.

B3.1. Relación entre o pasado, o presente e o futuro a través da historia.

B3.2. Fontes históricas.

B3.3. Cambio e continuidade.

B3.4. Tempo histórico.

B3.5. Vocabulario histórico e artístico.

B3.6. Idade Media: concepto e as subetapas (alta, plena e baixa Idade Media).

B3.8. Feudalismo.

B3.9. Evolución dos reinos cristiáns e musulmáns.

B3.10. Reconquista e repoboación.

B3.12. Arte románica, gótica e islámica.

6. A poboación do mundo

B2.1.Poboación mundial: modelos demográficos e movementos migratorios

B2.3. Poboación española: evolución, distribución e dinámica. Movementos migratorios.

B2.4. Poboación de Galicia: evolución, distribución e dinámica. Movementos migratorios.

7. As Cidades.

B2.5. Proceso de urbanización no planeta.

B2.6. A cidade e o proceso de urbanización europeo.

B2.7. A cidade e o proceso de urbanización en España e en Galicia.

CONTIDOS CURRICULARES LINGUA CASTELÁ E LITERATURA B1.2 Comprensión, interpretación e valoración de textos orais en relación coa súa finalidade: textos

narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e textos argumentativos. Diálogo Xaneir o Marzo

B3.7 Recoñecemento, uso e explicación dos recursos de modalización en función da persoa que fala

ou escribe. Expresión da obxectividade e a subxectividade a través das modalidades oracionais e as

referencias internas ao emisor e ao receptor nos textos.

B4.1. Lectura libre de obras da literatura española e universal, e da literatura xuvenil, como fonte de

pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo, para lograr o desenvolvemento dos

seus propios gustos e intereses literarios, e a súa autonomía de lectura

Page 8: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 7 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. Avaliación e cualificación

CONTIDOS CURRICULARES LINGUA GALEGA E LITERATURA

B3.8. Recoñecemento, uso e explicación dos nexos e conectores textuais (espaciais, de oposición e

contraste) e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos

B3.6. Análise e uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión textual.

B4.2. O plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

B4.4. Situación sociolingüística do galego.

B5.1. Lectura, con regularidade, de obras literarias e desenvolvemento dun criterio lector; emisión

dunha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relación do seu sentido coa

propia experiencia e outros coñecementos adquiridos e valoración do uso dos elementos propios de

cada xénero literario, o punto de vista empregado e o uso estético da linguaxe.

Instrumentos: Debido a situación excepcional de confinamento no fogar por mor da epidemia de COVID, para

a avaliación do ÄMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO de 2º ESO PMAR, modifícanse as medidas de seguimento, recuperación e avaliación, determinándose:

ALUMNADO COAS DÚAS AVALIACIÓNS APROBADAS: O alumnado que teña superado positivamente a primeira e segunda avaliacións, ten aprobada

a materia. Realizará e presentará as tarefas de ampliación , propostas pola profesora na aula virtual no

apartado Xeografía e Historia 2º ESO PMAR . As tarefas só poden servir para unha mellora da cualificación final. Para que iso suceda estas actividades deben mostrar un aproveitamento positivo por parte do alumnado. Os membros do Departamento acordamos que as actividades realizadas durante o confinamento poderán implicar unha mellora da cualificación de ata 2 puntos sobre a media aritmética das dúas avaliacións.

ALUMNADO CON ALGUNHA AVALIACIÓN SUSPENSA:

Non se contempla a realización de probas escritas. O único instrumento de avaliación a considerar será a realización e presentación das tarefas de

recuperación e reforzo das partes suspensas e tarefas de ampliación das partes aprobadas, propostas pola profesora na aula virtual no apartado Xeografía e Historia 2º ESO PMAR . Para a valoración das tarefas propostas empregaremos a RÚBRICA (ANEXO 1) .

Cualificación

final

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en

conxunto as avaliacións de todo o curso,

A cualificación realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres

así como das actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das

aprendizaxes anteriores realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto

463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado. desenvolvan durante o terceiro trimestre

sempre e cando se beneficie ao alumnado.

Alumnado coa 1ª avaliación aprobada e 2ª avaliación suspensa:

A cualificación da avaliación final ordinaria de Xuño establecerase mediante a nota media de,

sempre e cando en ningunha delas teña unha nota inferior a 3 puntos.:

1. Nota da 1ª avaliación.

2. Nota media das actividades de recuperación da 2ª avaliación.

O alumno/a para obter avaliación positiva, na avaliación ordinaria de xuño, debe acadar 5

puntos ou máis, ata un máximo de 10, despois de facer a media dos dous criterios expostos

anteriormente.

Alumnado coa 1ª avaliación suspensa e 2ª avaliación aprobada:

A cualificación da avaliación final ordinaria de Xuño establecerase mediante a nota media de,

sempre e cando en ningunha delas teña unha nota inferior a 3 puntos.:

1. Nota media das actividades de recuperación da 1ª avaliación.

2. Nota da 2ª avaliación.

O alumno para obter avaliación positiva, na avaliación ordinaria de xuño, debe acadar 5

puntos ou máis, ata un máximo de 10, despois de facer a media dos dous criterios expostos

Page 9: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 8 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. Avaliación e cualificación

anteriormente.

Alumnado coa 1ª e 2ª avaliación suspensas:

A cualificación da avaliación final ordinaria de Xuño establecerase mediante a nota media de,

sempre e cando en ningunha delas teña unha nota inferior a 3 puntos.:

1. Nota media das actividades de recuperación da 1ª avaliación.

2. Nota media das actividades de recuperación da 2ª avaliación.

O alumno para obter avaliación positiva, na avaliación ordinaria de xuño, debe acadar 5

puntos ou máis, ata un máximo de 10, despois de facer a media dos dous criterios expostos

anteriormente.

Alumnado coa 1ª e 2ª avaliación aprobadas:

A cualificación da avaliación final ordinaria de Xuño establecerase mediante a nota media

das notas obtidas na 1ª e 2ª avaliación. As actividades, de consolidación ampliación da 3ª

avaliación non poderán prexudicar ao alumnado na súa cualificación; as notas obtidas servirán

para subir a nota media da primeira e segunda avaliación ata un máximo de 2 puntos.

Todos os/as alumnos/as que non acaden os obxectivos, competencias e contidos definidos

como imprescindibles nunha materia serán avaliados negativamente.

A decisión de promoción/titulación será unha competencia da Xunta de avaliación. A decisión será colexiada.

Proba

extraordinaria

de setembro

O alumnado que non obteñan unha cualificación positiva da materia na convocatoria

ordinaria de Xuño, poderán presentarse, na convocatoria extraordinaria de setembro, a unha

proba obxectiva, referente as aprendizaxes durante os dous primeiros trimestres,que versará

sobre os contidos mínimos traballados da materia.

A proba obxectiva constará de:

Preguntas de carácter procedemental e consistirá na interpretación de mapas e textos , de gráficas e diagramas ou de fotografías relacionadas coa materia obxecto de avaliación e adecuados ao seu nivel de aprendizaxe.

Preguntas de carácter conceptual, consistente na definición de conceptos básicos ou no

desenvolvemento de cuestións reflexivas nas que se amose a asimilación dos contidos

conceptuais, a capacidade de relación (como procedemento) e a habilidade discursiva.

A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter unha cualificación igual ou

superior a 5 puntos para obter unha cualificación positiva.

Todos os/as alumnos/as que non acaden os obxectivos, competencias e contidos definidos

como imprescindibles na materia serán avaliados negativamente.

A decisión de promoción/titulación será unha competencia da Xunta de avaliación. A decisión

será colexiada.

Alumnado de

materia

pendente de

cursos

anteriores.

Criterios de avaliación: O alumnado que xa ten avaliación positiva na primeira parte, segundo se lles comunicou no centro e vía correo electrónico, manteñen a nota acadada nesa parte e só teñen que presentar os traballos correspondentes á segunda parte. O alumnado que non aprobou a primeira parte por non realizar as tarefas e suspender a proba terá que presentar todas as tarefas das dúas partes, propostas e entregadas pola profesora en novembro e febreiro.

Procedementos e instrumentos de avaliación:

A cualificación da avaliación final ordinaria de Xuño establecerase mediante a nota media de: o A nota do traballo entregado con correspondente a primeira parte.

o A nota que obteña do traballo, correspondente á segunda parte, entregado.

O alumnado que non entregou nada durante o curso presencial, serán avaliados ca nota media das actividades que entreguen das dúas partes.

O alumnado que non obteñan unha cualificación positiva da materia na convocatoria ordinaria

Page 10: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 9 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. Avaliación e cualificación

de Xuño, poderán presentarse a unha proba obxectiva relacionados cos contidos mínimos da

materia, na convocatoria extraordinaria de setembro. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos,

sendo necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos para obter unha

cualificación positiva.

Page 11: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 10 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e

no seu caso, ampliación)

Actividades Deseñaranse actividades que permitan ao alumnado manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender, de modo non presencial. Actividades que contribúan ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística, competencia dixital que faciliten fundamentalmente aprender a aprender, debidamente titorizadas. Ditas actividades estarán adaptadas á idade e características do alumnado, así como á situación excepcional que están a vivir.

As actividades, de recuperación repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente.

As tarefas propostas constarán basicamente de dúas partes que o alumnado contestarán cun mínimo de coñecemento e coherencia nas súas respostas. Así haberá actividades:

o De carácter procedemental e consistirá na interpretación de mapas e textos , de gráficas e diagramas ou de fotografías relacionadas coa materia obxecto de avaliación e adecuados ao seu nivel de aprendizaxe.

o De carácter conceptual, consistente na definición de conceptos básicos ou no desenvolvemento de cuestións reflexivas nas que se amose a asimilación dos contidos conceptuais, a capacidade de relación (como procedemento) e a habilidade discursiva. Atención a diversidade.

Coa axuda da Orientadora e Profesora de Pedagoxía Terapéutica, organizaranse os recursos

de apoio para favorecer, na medida do posible, a axeitada atención ao alumnado con necesidades

educativas especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio da adaptación dos

instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada atención e avaliación deste alumnado.

decidiuse en reunión colexiada de departamento de orientación que para este alumnado no

terceiro trimestre:

- Reforzarase o dado no 1º e no2º trimestres con tarefas de reforzo (se teñen a primeira e a

segunda avaliación aprobadas).

- Deseñaranse tarefas de recuperación para o alumnado que teña algunha das avaliacións

suspensas ou as dúas.

- Non se dará materia nova. Para a súa avaliación terase en conta o traballado da súa adaptación

curricular ata o 12 de marzo .

Metodoloxía

(alumnado

con

conectividade

e sen

conectividade)

En relación á metodoloxía, tanto a comunicación co alumnado como a entrega de actividades

adaptáronse ás circunstancias.

Alumnado con conectividade.

As tarefas envíanse semanalmente por correo electrónico e publícanse na aula virtual. Ao mesmo

tempo, o profesor proporciona as correccións a través de devanditas canles telemáticas de

maneira individualizada.

Así, a comunicación co alumnado establécese a través de:

Páxina web do centro (parte superior do menú esquerdo da páxina): anunciarase a

dispoñibilidade de materiais e a plataforma para acceder a eles.

Correo electrónico do Centro e o facilitado pola profesora.

Telefonicamente.

Plataformas didácticas:

o Aula virtual.

o Videoconferencia Cisco webex meetings.

o Aplicación AbalarMóbil.

Alumnado sen conectividade.

Ao alumnado sen conectividade entregáronse as tarefas impresas.

Poden entregar as tarefas enviando fotografías das mesmas ao teléfono do centro,

881930233. A profesora proporcionará as correccións a través de devandito medio de

maneira individualizada.

Page 12: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 11 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e

no seu caso, ampliación)

Tamén, alumnado e familias, pode consultar as dúbidas a través do teléfono do Centro,

preferentemente en horario de 10 a 13 horas.

Tamén poden comunicarse coa profesora a través de AbalarMóbil. (aplicación que se pode

instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a

información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.)

Alumnado e familias deberán consultar periodicamente estas canles.

Actuacións

(levadas a

cabo co

alumnado

para o

seguimento

das clases)

Para o seguimento do proceso educativo realizáronse as seguintes actuacións:

Páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescatabois.

Informando das instrucións que dita a Consellería para o desenvolvemento do curso dende o 13

de marzo.

Na propia páxina web, se facilita o medio de comunicación con cada docente en particular.

Informase das actividades que se envían á aula virtual, actualizando dita información

semanalmente. (Enlace na esquina superior esquerda onde se detallan as tarefas por curso e

materia).

Teléfono do centro, 881930233.

O equipo directivo chamou a todo o alumnado para detectar as dificultades de acceso aos

materiais e necesidades de cada un. Necesidades e dificultades que foron trasladadas ao

profesorado.

Aplicación Mensario.

Envíanse mensaxes periódicas ás familias para avisar de novos contidos na web.

Correos electrónicos.

Todas as semanas a profesora envía correos electrónicos as familias e alumnado para informar das

actividades que sube a aula virtual e ao alumnado que non ten conectividade envía as actividades

polo correo electrónico.

Foros creados en Aula Virtual..

Canle para informar e aclarar dúbidas.

Aplicación AbalarMóbil.

Utilizase como canle de comunicación coas familias, para informar e aclarar dúbidas dende a

dirección, titoría, orientación e profesorado.

Videoconferencia Cisco webex meetings.

Realizouse unha videoconferencia co grupo, na que participou o equipo directivo, a orientadora e

a titora.

Material fotocopiado.

Para o alumnado non conectado e alumnado con dificultades de aprendizaxe entregóuselle

fotocopias. Material que recolleron as súas familias no centro coa autorización do servizo de

seguridade do Concello.

Todas as actuacións están encamiñadas a apoiar ao alumnado e as súas familias, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar.

Con estas actuacións, a excepción dun alumno co cal foi imposible contactar a través dos canles

anteriormente citados, nestes mantemos comunicación periódica con todo o alumnado de

2º.PMAR

Materiais e

recursos

o Libro AVANZA Lingua Castelá e Literatura. Proxecto Saber facer - Editorial Santillana .Castelá o Libro AVANZA Lingua Galega e Literatura. Proxecto Saber facer - Editorial Santillana .Galego. o Libro AVANZA Xeografía e Historia º ESO. Proxecto Saber facer .Editorial Santillana. Galego. o Material fotocopiado proporcionado pola profesora. Materiais subidos á aula virtual do Centro. o Enlaces a páxinas web de interese. Página web do centro do IES Catabois

o Aula virtual do IES Catabois para a materia pendente

Page 13: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 12 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO:2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e

no seu caso, ampliación)

o E-dixgal

o Videoconferencias co Webex

o Espazo Abalar

o Correo electrónico

o Materiais proporcionado polas distintas editoriais e dispoñibles en distintas páxinas webs de

recursos educativos.

En Ferrol a 11 de maio 2020

Xefe/a de Departamento

4. Información e publicidade

Información ao alumnado e ás familias

Publicación na aula virtual do Centro no curso correspondente.

Para o alumnado sen conectividade se enviará por correo electrónico

Se deixará unha copia no despacho de dirección do centro e no Departamento

Xeografía e Historia.

Publicidade Publicación na páxina web do centro.

Publicación na aula virtual do Centro, por curso e materia.

Page 14: ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 · B3.12. Comprender as características e as funcións da arte na Idade Media. XHB3.12.1. Describe as características da

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 13 DE 14 CENTRO:IES DE CATABOIS CURSO: 2º ESO PMAR

MATERIA: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

ANEXO 1: RÚBRICA

RÚBRICA AVALIACIÓN TAREFAS

INDICADORES SOBRESAÍNTE OU EXCELENTE

(9-10)

NOTABLE O AVANZADO (7-8)

SATISFACTORIO (6-5)

DEFICIENTE (4-0)

INSUFICIENTE-MAL (0)

PUNTUALIDADE

(1 punto)

Entrega as tarefas dentro do prazo

proposto

(1 punto)

Entrega as tarefas cun día de

retraso sobre o prazo proposto.

(0.75 puntos)

Entrega as tarefas con

dous,tres días de retraso sobre

o prazo proposto.

(0.5 puntos)

Entrega as tarefas con catro o máis días

de retraso sobre o prazo proposto.

(0,25 puntos)

Non entrega as tarefas.

(0 puntos)

ENTREGA DAS TAREFAS

(1 punto)

Inclúe entre o 90% e o 100% das

tarefas propostas polo profesorado

nas indicación de traballo

(1 punto)

Inclúe entre o 70% e o 80% das

tarefas propostas.

(0.75 puntos)

Iinclúe a entre o 60% e o 40%

das tarefas propostas.

(0.5 puntos)

Inclúe entre un 30% e un 20% das tarefas

propostas.

(0,25 puntos)

Inclúe un 10% ou menos das

tarefas propostas.

As tarefas non foron entregadas.

(0 puntos)

EXPRESIÓN ESCRITA

(2 puntos)

As tarefas presentadas están

perfectamente elaboradas en canto

ao emprego de vocabulario

axeitado en relación co tema, sen

faltas de ortografía, letra lexible.

(2 puntos)

As tarefas presentadas están en

termos xerais ben elaboradas,

pero falta o emprego de

vocabulario axeitado ou hai

algunha falta de ortografía.

(1,5 puntos)

As tarefas están ben

presentadas pero falta o

vocabulario específico,

presentan varias faltas de

ortografía, letra difícil de ler.

(1 punto).

As tarefas están en xeral mal

presentadas, sen apenas vocabulario

específico, bastantes faltas de ortografía,

letra difícil de ler, borróns.

(0,5 puntos)

As tarefas están moi mal

presentadas, sen nengún

vocabulario específico, con moitas

e graves faltas de ortografía, letra

ilexible, borróns.

As tarefas non foron entregadas.

(0,25-0 puntos)

CONTIDO E DESENVOLVEMENTO

(6 puntos)

As tarefas están todas elas

perfectamente realizadas. Resoltas

con excelencia, precisión, calidade,

pleno acerto, e dá mostras de

dominar o concepto, a habilidade ou

o procedemento formulados.

(6 puntos)

A maioría das tarefas están

perfectamente realizadas, aínda

que se aprecian erros nalgunhas

Resoltas con bastante precisión,

calidade, acerto, e dá mostras de

dominar, en xeral, o concepto, a

habilidade ou o procedemento

formulados.

(5 puntos)

Aproximadamente a metade das

tarefas poden considerarse ben

feitas. Resolve as tarefas coa

precisión, calidade, acerto,

xustos e dá mostras de dominar

de forma moi básica o concepto,

a habilidade ou o procedemento

formulados.

(4 puntos)

A maioría das tarefas están mal feitas. As

tarefas presentadas están ben feitas pero

son menos dun 25% das requeridas

Resolve a tarefa con precisión, calidade,

acerto, escasos ou nulos e dá mostras de

non dominar suficientemente o concepto,

a habilidade ou o procedemento

formulados.

(3 puntos)

Resposta en branco ou que revela

a incomprensión do concepto.

As tarefas non foron realizadas ou

foron de modo que non satisfaría

ningún criterio.

(1-0 puntos)

TOTAL: 10 PUNTOS