acta da sesiÓn ordinaria do pleno do concello do dÍa 5 … · 2019. 4. 30. · cc e de u res e...

120
CONCELLO DE OURENSE SECRETARIA XERAL DO PLENO ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 5 DE ABRIL DO ANO 2019 No salón de sesións da casa do concello de Ourense, sendo as nove horas e sete minutos do día cinco de abril do ano dous mil dezanove, previa convocatoria en legal forma, reuníronse na casa do concello os señores concelleiros: Don Jesús Vázquez Abad; dona María Sofía Godoy Gómez-Franqueira; dona Ana María Fernández Morenza; don José Araújo Fernández; don Jorge Pumar Tesouro; don José Mario Guede Fernández; dona María Belén Iglesias Cortés; don José Jesús Cudeiro Mazaira; dona Flora Moure Iglesias; don Francisco Carlos Campos San Martín; don Miguel Prado López; dona María del Carmen Rodríguez Dacosta; don Javier Rey Rey; dona Custodia Concepción García Lozano; don Miguel Doval Garza; dona Montserrat Valencia León; don Martiño Xosé Vázquez Mato; don Gonzalo Pérez Jácome; don Armando Ojea Bouzo; don Domingo Castro Sotelo; don Manuel Álvarez Fernández; dona Laura Nóvoa García; dona Mª del Mar Fernández Dibuja; dona María Teresa Rodríguez Garrido; e don Telmo Manuel Ucha Álvarez. Presididos polo Sr. Alcalde don Jesús Vázquez Abad. Asistidos polo Sr. Interventor don Gonzalo Alonso Álvarez, e por min, o secretario xeral do Pleno, don Luís María Bermúdez de la Puente Villalba, para celebrar sesión ordinaria, conforme a orde do día cursado oportunamente. NON ASISTEN don José Ángel Vázquez Barquero; don José María García Tejerina; dona Juana María Ageitos Gude. Aberto o acto pola presidencia pásase a estudar a orde do día. 1.- Aprobación das seguintes actas : Sesión ordinaria do día 1 de marzo de 2019 Sesión extraordinaria do día 1 de abril de 2019 Posta a aprobación das actas do Pleno das sesións ordinaria do 1 de marzo de 2019 e extraordinaria do día 1 de abril de 2019, apróbanse por asentimento unánime. 2.- Renuncia ao cargo de concelleiro de don José Ángel Vázquez Barquero . Dáse conta á Corporación do escrito presentado no Rexistro do Concello o 18 de marzo de 2019 polo concelleiro don José Ángel Vázquez Barquero, no que formula a súa renuncia á condición de concelleiro, solicitando que se faga efectiva ante o Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre. O artigo 9.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón que o concelleiro perderá a súa condición pola renuncia que se deberá facer efectiva por escrito ante o Pleno da corporación.

Upload: others

Post on 30-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL DO PLENO

    ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 5 DE ABRIL DO ANO 2019

    No salón de sesións da casa do concello de Ourense, sendo as nove horas e sete

    minutos do día cinco de abril do ano dous mil dezanove, previa convocatoria en legal forma, reuníronse na casa do concello os señores concelleiros: Don Jesús Vázquez Abad; dona María Sofía Godoy Gómez-Franqueira; dona Ana María Fernández Morenza; don José Araújo Fernández; don Jorge Pumar Tesouro; don José Mario Guede Fernández; dona María Belén Iglesias Cortés; don José Jesús Cudeiro Mazaira; dona Flora Moure Iglesias; don Francisco Carlos Campos San Martín; don Miguel Prado López; dona María del Carmen Rodríguez Dacosta; don Javier Rey Rey; dona Custodia Concepción García Lozano; don Miguel Doval Garza; dona Montserrat Valencia León; don Martiño Xosé Vázquez Mato; don Gonzalo Pérez Jácome; don Armando Ojea Bouzo; don Domingo Castro Sotelo; don Manuel Álvarez Fernández; dona Laura Nóvoa García; dona Mª del Mar Fernández Dibuja; dona María Teresa Rodríguez Garrido; e don Telmo Manuel Ucha Álvarez. Presididos polo Sr. Alcalde don Jesús Vázquez Abad. Asistidos polo Sr. Interventor don Gonzalo Alonso Álvarez, e por min, o secretario xeral do Pleno, don Luís María Bermúdez de la Puente Villalba, para celebrar sesión ordinaria, conforme a orde do día cursado oportunamente.

    NON ASISTEN don José Ángel Vázquez Barquero; don José María García

    Tejerina; dona Juana María Ageitos Gude. Aberto o acto pola presidencia pásase a estudar a orde do día.

    1.- Aprobación das seguintes actas:

    • Sesión ordinaria do día 1 de marzo de 2019 • Sesión extraordinaria do día 1 de abril de 2019

    Posta a aprobación das actas do Pleno das sesións ordinaria do 1 de marzo de 2019

    e extraordinaria do día 1 de abril de 2019, apróbanse por asentimento unánime. 2.- Renuncia ao cargo de concelleiro de don José Ángel Vázquez Barquero.

    Dáse conta á Corporación do escrito presentado no Rexistro do Concello o 18 de marzo de 2019 polo concelleiro don José Ángel Vázquez Barquero, no que formula a súa renuncia á condición de concelleiro, solicitando que se faga efectiva ante o Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.

    O artigo 9.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico

    das Entidades Locais dispón que o concelleiro perderá a súa condición pola renuncia que se deberá facer efectiva por escrito ante o Pleno da corporación.

  • 2

    Por todo o exposto o Concello Pleno por asentimento adoptou o seguinte ACORDO:

    Primeiro.- Toma coñecemento da renuncia da súa condición de concelleiro que fai

    DON JOSÉ ÁNGEL VÁZQUEZ BARQUERO, declarar a vacante e remitir certificado á Xunta Electoral Central, aos efectos de proceder a súa substitución conforme ao disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.

    Segundo.- Aos efectos do que dispón a Instrución de 10 de xullo de 2003 da Xunta

    Electoral Central, a xuízo desta Corporación, o nome da persoa a quen corresponde cubrir a vacante, por ser o seguinte na lista de candidatos nas eleccións locais de 2015 presentados polo Grupo Municipal do Partido Socialista e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, é DONA MARIA BELÉN PRADA RAMOS, unha vez que presentou a súa renuncia ante esta Secretaría, don JOSE LUÍS REGAL LAMELO. 3.- Renuncia ao cargo de concelleiro de don José María García Tejerina.

    Dáse conta á Corporación do escrito presentado no Rexistro do Concello o 18 de marzo de 2019 polo concelleiro don José María García Tejerina, no que formula a súa renuncia á condición de concelleiro, solicitando que se faga efectiva ante o Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.

    O artigo 9.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico

    das Entidades Locais dispón que o concelleiro perderá a súa condición pola renuncia que se deberá facer efectiva por escrito ante o Pleno da corporación.

    Por todo o exposto o Concello Pleno por asentimento adoptou o seguinte

    ACORDO:

    Primeiro.- Toma coñecemento da renuncia da súa condición de concelleiro que fai DON JOSÉ MARÍA GARCÍA TEJERINA, declarar a vacante e remitir certificado á Xunta Electoral Central, aos efectos de proceder a súa substitución conforme ao disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.

    Segundo.- Aos efectos do que dispón a Instrución de 10 de xullo de 2003 da Xunta

    Electoral Central, a xuízo desta Corporación, o nome da persoa a quen corresponde cubrir a vacante, por ser o seguinte na lista de candidatos nas eleccións locais de 2015 presentados polo Grupo Municipal do Partido Socialista e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, é DON CELSO CAMPOS BASTOS.

    SRA. RODRÍGUEZ DACOSTA (GMS): Se me permitise un minuto de intervención en recordo dos nosos compañeiros,

    gustaríame, se iso fose posible. ALCALDÍA: Si, ten vostede a palabra.

  • 3

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    SRA. RODRÍGUEZ DACOSTA (GMS): Moitas grazas. Creo que todos vostedes entenderán que queira comezar este pleno tendo unhas

    palabras para o compañeiro José Ángel Vázquez Barquero que hoxe deixa esta corporación despois de 12 anos. Foron anos moi importantes para os que compartimos esta paixón pola política e pola cidade e fomos quen de coñecer as calidades de Barquero que quero resumir en poucas palabras pero moi importantes para min. Dedicación e lealdade. Dedicación e Lealdade a esta cidade sempre desde a fidelidade ao proxecto socialista, desde o esforzo, a constancia e o traballo xeneroso para defendelas, desde a coherencia e a dignidade persoal e desde a honradez incuestionable do noso portavoz. Grazas compañeiro Barquero, foi un privilexio compartir esta aventura contigo.

    Agradecemento que fago extensivo tamén ao noso compañeiro García Tejerina que

    foi quen de compartir os seus coñecementos con este grupo municipal, a súa cultura e como non, o seu saber estar.

    Grazas a todos. ALCALDÍA: Moitas grazas, únome a esas palabras.

    4.- Posta en coñecemento das resolucións ditadas dende a data de celebración do

    último Pleno e, en especial, dos seguintes: - Decreto núm. 1642, de 01/03/2019, sobre nomeamento dos membros e da

    Concelleira_Secretaria da Xunta de Goberno Local (IV). - Decreto núm. 1648, de 01/03/2019, sobre as áreas de goberno (VI). - Decreto núm. 1687, de 04/03/2019, sobre nomeamento de Tenentes de Alcalde. - Decreto núm. 1688, de 04/03/2019, sobre delegación de competencias na Xunta

    de Goberno Local e nos concelleiros/as membros desta (X). - Decreto núm. 1819, de 07/06/2019, sobre dedicacións exclusivas e parciais (V) - Decreto núm. 1878, de 11/03/2019, sobre a determinación e composición das

    Xuntas de Área (IX). - Decreto núm. 1901, de 12/03/2019, sobre delegación especial do alcalde en

    concelleiros/as para a celebración de matrimonios civís (II) . - Decreto núm. 1902, de 12/03/2019, sobre a Xunta de Voceiros (III). O Concello Pleno deuse por informado dos decretos e resolucións da alcaldía

    ditados dende a data de celebración do último Pleno. 5.- Posta en coñecemento do acordo da xunta de goberno local de 4 de marzo de 2019,

    de delegación de competencias da xunta de goberno local nos seus membros (X).

  • 4

    Punto único.- Delegación de competencias da Xunta de Goberno Local nos seus membros (X). A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta modificada, por unanimidade dos asistentes (9 votos a favor), acordou:

    PRIMEIRO.- Delegar con carácter xeral, sen prexuízo das delegacións específicas que se determinan no punto segundo, e unicamente no ámbito das materias propias da súa área ou delegación, nos/as concelleiros/as membros da Xunta de Goberno local, a quenes se lles atribúen responsabilidades de goberno, as seguintes competencias da Xunta de Goberno local: a) O exercicio da potestade sancionadora en xeral e a adopción de medidas cautelares por incumprimento do disposto nas ordenanzas municipais, cando non estivese expresamente atribuída ao Alcalde por Lei, no ámbito das competencias que lles delegue a Xunta de Goberno Local en relación coa área ou servizo que lles atribúa, salvo os expedientes disciplinarios incoados ao persoal funcionario municipal por falta moi grave con proposta de separación do servizo que non resulta delegable. b) En xeral os actos de impulsión e mero trámite dos expedientes cuxa resolución final sexa competencia da Xunta de Goberno e esta non as teña delegado, en relación coa área ou servizo que se lle atribúa. c) Contratación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento municipal e as súas bases de execución (inclúe autorización e disposición). Asemade delégase, no seu caso, a designación do persoal municipal responsable do contrato. d) A solicitude, tramitación e xustificación de subvencións. e) A resolución dos expedientes de concesión de subvencións, premios e bolsas, en relación coa área ou servizo que se lle atribúa. f) Aprobación de convenios nos termos e formalidades esixibles na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou aquela que a veña a substituir, agás aqueles que conteñan obrigas de carácter económico para o Concello. g) Aprobación do plan de seguridade e saúde no traballo, correspondente ás obras nas vías e terreos de uso público, edificacións afectas ao servizo público ou calquera outro ben de carácter patrimonial. SEGUNDO.- Delegar nos/as seguintes concelleiros/as, con carácter específico, as seguintes competencias: 1.- Delegar na concelleira dona María Sofía Godoy Gómez-Franqueira en relación coa Área de ASUNTOS SOCIAIS, SANIDADE, IGUALDADE, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, as seguintes:

  • 5

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    1.1.- A concesión de calquera tipo de licenza ou autorización, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano. Inclúense no obxecto da delegación, entre outras: as licenzas por tenza de animais potencialmente perigosos; a concesión de dereitos funerarios e expedición de documentos acreditativos da titularidade dos mesmos, así como o cambio de titularidade; gravación de lápidas; a tramitación e resolución en materia de concesións, tales como kioscos, revogación ou denegación de reservas de aparcamento e tarxetas de estacionamento á persoas con discapacidade. 1.2.- Tramitación e resolución en materia de concesión, revogación ou denegación de axudas económicas individualizadas non periodicas, do servizo de axuda no fogar, do servizo de teleasistencia domiciliaria e do servizo do centro de día. 1.3.- Concesión directa de subvencións por motivos de interese humanitario debidamente xustificados, que dificulten a súa convocatoria pública e teñan por beneficiario a persoas físicas, con importe igual ou inferior a 5.000 euros, segundo o disposto na Lei xeral de subvencións, na súa normativa de desenvolvemento e nas bases de execución do orzamento municipal aprobado para cada exercicio económico.

    2.- Delegar na concelleira dona Flora Moure Iglesias en relación coa Área de RECURSOS HUMANOS E COMERCIO, as seguintes: 2.1.- En materia de recursos humanos:

    •••• A xestión do persoal. •••• O desenvolvemento da xestión económica, incluíndo a autorización, disposición e

    recoñecemento de obrigas; así como a disposición de gastos para anticipos de haberes ó persoal.

    •••• Despido do persoal laboral. •••• Aprobación de bases das convocatorias de selección e provisión de postos de

    traballo. •••• Réxime disciplinario e as demais decisións en materia de persoal que non estean

    expresamente atribuídas a outro órgano. •••• Calquera outra decisión en materia de persoal non atribuída expresamente a outro

    órgano. 2.2.- En materia de comercio:

    • A concesión de autorizacións de uso común especial normal ou ocupación das vías públicas, así como réxime sancionador (inicio e resolución) e a declaración da súa caducidade nos seguintes supostos:

    - Instalación de mesas, veladores, cadeiras, sombrillas, xardineiras, mamparas

    ou calquera outro tipo de separador para uso hosteleiro.

  • 6

    - Incoación, concesión ou revogación de autorizacións para a venda ambulante (agás as que estean vinculadas á celebración de festas organizadas ou coorganizadas polo Concello e ás festas dos barrios de Ourense).

    • A adopción de medidas cautelares. • O exercicio da potestade sancionadora pola venta na vía pública fóra de

    establecementos comerciais permanentes. • A concesión de autorizacións de postos de venda nos mercados municipais: Praza

    de Abastos nº 1 e Praza de Abastos nº 2. • Publicidade en Mupis na vía pública. • A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa

    expresamente a outro órgano, (inclúese especificamente a tramitación, concesión, ou revogación de licenzas para venda ambulante, agás as que estean vinculadas á celebración de festas organizadas ou coorganizadas polo Concello e ás festas do barrios de Ourense).

    • A concesión de autorizacións para actividades varias que impliquen a ocupación temporal de dominio público e que non estean atribuidos de forma expresa a outro departamento municipal (a título de exemplo: mesas informativas, procesións, actividades recreativas e artísticas temporais na vía pública, actividades promocionais e outras de semellante natureza).

    3.- Delegar na concelleira dona Ana María Fernández Morenza en relación coa Área de FACENDA, CONTRATACIÓN, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE as seguintes: 3.1.- En materia de facenda:

    •••• O recoñecemento de obrigas, excepto en materia de gastos de persoal. •••• En relación aos ingresos de natureza non tributaria: a aprobación das liquidacións e

    padróns correspondentes, así como os actos resolutorios nos procedementos de recadación e xestión en vía voluntaria en relación aos mesmos.

    •••• Revisión de prezos. •••• Aprobación de liquidacións de empresas concesionarias. •••• Anticipos de caixa fixa e pagos a xustificar. •••• Colocación de excedentes de tesouraría. •••• Devolucións de ingresos de carácter non tributario. •••• Aprobación de contas xustificativas de subvencións concedidas. •••• Aceptacion de cesións a título gratuito de bens inmobles e dereitos.

    3.2.- En materia de contratación:

    •••• A designación do persoal municipal responsable da negociación do contrato, cando o sistema de adxudicación sexa o negociado sen publicidade.

    •••• A designación do persoal municipal responsable da execución do contrato, agás nos contratos correspondentes a outras Concellerías.

    •••• Acordos sobre devolución de fianzas contractuais xa sexan de carácter provisional ou definitivo.

  • 7

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    3.3.- En materia de infraestruturas:

    •••• A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano (inclúe, entre outras, as licenzas de canalizacións e acometidas de servizos e infraestruturas básicas)

    •••• Expedientes de devolución de fianzas constituídas en materia de ocupación temporal da vía pública por obras de canalización na vía pública.

    •••• A aprobación dos proxectos de obras. •••• O exercicio da potestade sancionadora para a incoación e resolución do

    procedemento sancionador por infraccións derivadas da aplicación das ordenanzas municipais referidas á Área.

    3.4.- En materia de medio ambiente:

    •••• A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano.

    • O exercicio da potestade sancionadora de conformidade co previsto no artigo 26 da ordenanza municipal reguladora de limpeza de terreos e soares e de protección contra incendios forestais.

    •••• Exercer a potestade sancionadora e a adopción de medidas cautelares e de execución susbsidiaria en materia de disciplina ambiental, salvo que por Lei se atribúan a outros órganos municipais.

    •••• A aprobación dos proxectos de obras. 4.- Delegar no concelleiro don Jorge Pumar Tesouro en relación coa Área de SERVIZOS XERAIS, PROMOCIÓN ECONÓMICA, RECURSOS EUROPEOS, FORMACIÓN OCUPACIONAL, TURISMO e TERMALISMO E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL, as seguintes:

    4.1.- As de carácter xenérico. 4.2.- A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano. 4.3.- Aprobación das listas provisional e definitiva de solicitudes de niños empresariais.

    5.- Delegar no concelleiro don José Mario Guede Fernández en relación coa Área de DEPORTES, as seguintes: 5.1.- As de carácter xenérico. 6.- Delegar na concelleira dona María Belén Iglesias Cortés en relación coa Área de CULTURA E EDUCACIÓN, as seguintes:

  • 8

    6.1.- A tramitación e adopción de acordos, incluída a adxudicación e a designación do persoal municipal responsable do contrato, nos expedientes de contratos de natureza artística que se tramiten por procedemento negociado. 6.2.- A tramitación e resolución de expedientes para a obtención de autorización ou o título habilitante que proceda para a instalación, actividade e ocupación da vía pública de titularidade municipal, de conformidade coa normativa sobre espectáculos públicos e actividades recreativas da Xunta de Galicia, referida a festas organizadas ou coorganizadas polo Concello de Ourense e ás festas dos barrios de Ourense (inclúe escenarios, barracas, atraccións de feira, casetas e postos de venda ambulante e semellantes vinculados á actividade festiva). 6.3.- Autorizacións para a utilización do Auditorio Municipal e dos espazos expositivos dependentes da Concellería de Cultura. 6.4.- Aprobación das listas provisional e definitiva de solicitudes de concesión e revocación de prazas para actividades desenvolvidas e convocadas pola Área de Educación e Cultura.

    7.- Delegar no concelleiro don José Jesús Cudeiro Mazaira en relación coa Área de URBANISMO, VIVENDA E PATRIMONIO, as seguintes: 7.1.- En materia de urbanismo:

    •••• A tramitación, concesión, denegación ou revogación de licenzas urbanísticas para obras que non requiran proxecto técnico, conforme ó disposto na normativa vixente de ordenación da edificación.

    •••• A tramitación, concesión, denegación ou revogación de licenzas urbanísticas de primeira ocupación.

    • A tramitación, concesión, denegación e revogación dos títulos administrativos habilitantes de natureza urbanística para a instalación de carteis publicitarios.

    •••• A tramitación e resolución de expedientes sobre licenzas de ocupación da vía pública municipal e doutros bens de uso público municipal (guindastres, estadas, colectores de residuos de obra, etc...)

    •••• Acordos sobre renuncia á súa utilización e transmisión de licenzas de contido urbanístico, formuladas polo titular das mesmas.

    •••• A adopción de resolucións sobre devolucións de fianzas para responder de danos á vía pública na execución de obras ou na ocupación da vía pública.

    •••• As actividades de apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade recreativa, espectáculo público, económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, ainda sexan de foma eventual ou de temporada, incluso en zonas privadas, suxeitas ao ámbito de competencias do Concello, segundo o establecido na Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, ou calquera que veña a substituíla ou modificala.

    •••• Tramitación e, no seu caso, resolución de expedientes de expedición de títulos habilitantes en materia urbanística nos supostos de declaración responsable e comunicación previa.

  • 9

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    •••• Tramitación e emisión de requirimentos de corrección de deficiencias a actividades comerciais, industriais e profesionais cuxa instalación e funcionamento estivesen autorizados ou comunicados (incluídas as actividades cualificadas).

    •••• Tramitación e, cando proceda, resolución dos expedientes para a instalación de rótulos comerciais vinculados a unha actividade.

    •••• Desestimento ou renuncia de solicitudes de tramitación de procedementos en materia urbanística.

    •••• Declaración de caducidade por simple inactividade do interesado na cumprimentación de trámites indispensables para ditar resolución, de conformidade co previsto na normativa sobre procedemento administrativo común.

    •••• Subscribir convenios de colaboración previstos na lexislación urbanística para a execución das obras de urbanización nos distintos sistemas de actuación.

    •••• Resolver sobre a recepción provisional e definitiva das obras de urbanización. •••• Presidir o levantamento das actas previas nos expedientes de expropiación, asi como

    as de depósito e ocupación, e as de mutuo acordo, pago e ocupación. •••• Resolver sobre a devolución de fianzas e garantías depositadas para responder das

    obrigas urbanísticas. 7.2.- En materia de patrimonio:

    •••• A incoación e tramitación de expedientes administrativos de investigación, deslinde, recuperación de oficio e desafiuzamento de bens, tanto de dominio público como patrimoniais de titularidade municipal.

    •••• As competencias de incoación e instrucción dos expedientes de responsabilidade patrimonial.

    •••• Incoación, tramitación e resolucion de accións de regreso contra os concesionarios ou contratistas por responsabilidade patrimonial cando o importe sexa inferior a 15.000 euros.

    8.- Delegar no concelleiro don Francisco Carlos Campos San Martín en relacion coa Área de SEGURIDADE CIDADÁ E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, as seguintes:

    8.1.- A tramitación e resolución de expedientes sobre licenzas para a entrada de vehículos; reserva de estacionamento para carga e descarga de mercadorías de calquera clase na vía pública, así como a modificación de esta, a súa transmisión, renuncia e revogación. 8.2.- Expedientes de devolución de fianzas constituídas en materia de vaos.

    9.- Delegar no concelleiro don Miguel Prado López en relación coa Área de TRANSPORTE E MOBILIDADE, SISTEMAS DE INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA, as seguintes: 9.1.- As de carácter xenérico.

  • 10

    9.2.- En materia de transporte e mobilidade: a concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano (inclúe, entre outras, a concesión de licenzas de taxi, a súa transmisión e revogación, cambios de vehículo, concesión de permisos de condutor; e, incoación e resolución de expedientes en materia de transporte público de viaxeiros).

    TERCEIRO.- No suposto de delegación de competencias por decreto da Alcaldía pola ausencia do/a titular dunha Concellería durante un período determinado de tempo, o/a concelleiro/a nomeado/a asumirá todas as competencias da Área de goberno municipal correspondente -tanto as xenéricas como as específicas- delegadas pola Xunta de Goberno local no/a concelleiro/a titular por apartados anteriores. De cada decreto de delegación daráselle conta á Xunta de Goberno local na primeira sesión que teña lugar e publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, sen prexuízo da súa efectividade dende o mesmo día da súa sinatura. CUARTO.- As delegacións contidas neste acordo poderán modificarse ou revogarse, total ou parcialmente pola Xunta de Goberno local, en calquera momento de conformidade co establecido nos artigos 9 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xuridico do sector público, e 116 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROF). QUINTO.- A Xunta de Goberno local poderá avogar para si, mediante acordo motivado, o coñecemento dun ou varios asuntos en materias delegadas nos concelleiros, cando circunstancias de índole técnica, económica, social ou xurídica o fagan conveniente, sen que elo supoña unha alteración das delegacións de competencias e atribucións efectuadas, de conformidade co previsto nos artigos 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro e 116 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro. SEXTO.- Deixar sen efecto as delegacións de competencias nos membros da Xunta de Goberno local recollidas nos acordos de data 02.05.2018 e 07.02.2019. SÉTIMO.- Nas resolucións que se adopten no exercicio das delegacións conferidas pola Xunta de Goberno local, farase constar expresamente esta circunstancia e a data deste acordo. OITAVO.- O acordo comunicarase aos membros integrantes da propia Xunta de Goberno local -considerarase tacitamente aceptada a delegación- e aos distintos servizos, Concellerías ou Áreas do Concello. NOVENO.- Deste acordo daráselle conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se realice, e publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Ourense e da Casa do Concello, sen prexuízo da súa efectividade dende a data a súa adopción. DÉCIMO.- Contra este acordo que pon fin a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o ditou, ou ben,

  • 11

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, sen prexuízo da posibilidade de interpor calquera outro recurso que se estime procedente.

    O Concello Pleno deuse por informado. 6.- Posta en coñecemento do escrito de constitución e portavoces do Grupo Municipal

    do Partido Popular.

    O Concello Pleno deuse por informado do seguinte escrito de data 4 de marzo de 2019:

    1.- A constitución do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense,

    que estará integrado por:

    1.- D. Jesús Vázquez Abad; 2.- Dª María Sofía Godoy Gómez-Franqueira; 3.- Dª Ana María Fernández Morenza; 4.- D. Jorge Pumar Tesouro; 5.- D. José Mario Guede Fernández; 6.- Dª María Belén Iglesias Cortés; 7- D. José Jesús Cudeiro Mazaira; 8.- Flora Moure Iglesias.; 9.- D. Francisco Carlos Campos San Martín; e 10.- Miguel Prado López.

    Así mesmo comunicamos, 1.- Que o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular será dona Ana María

    Fernández Morenza. 2.- Que os seus portavoces adxuntos (a efectos de substitución) serán D. Jorge

    Pumar Tesouro (portavoz-adxunto1º); Dna. Flora Moure Iglesias (portavoz-adxunto 2º).

    7.- Posta en coñecemento do informe de Tesouraría sobre o período medio de pago

    correspondente ao mes de febreiro de 2019.

    INFORME DE TESOURERÍA 1.- NORMATIVA APLICABLE: A lei 3/2004, de 29 de decembro pola que se establecían as medidas de loita contra a morosidade das operacións comerciais, incorporou ó noso ordenamento xurídico a Directiva 200/35/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de xuño de 2000. Transcorridos 5 anos dende a vixencia da citada norma, fíxose necesario a súa adaptación ós cambios producidos no entorno económico e modificación para que sexa aplicable, tanto no ámbito da empresa privada, como no do sector público. Esta modificación levouse a cabo coa Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 e decembro.

  • 12

    O artigo cuarto da citada norma establece: “3.- Os Tesoureiros ou, na súa falta, Interventores das Corporacións locais elaborarán trimestralmente un informe sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta Lei para o pago das obrigacións de cada Entidade local, que incluirá necesariamente o número e contía global das obrigacións pendentes nas que se estea incumprindo o prazo. 4.- Sen prexuízo da súa posible presentación e debate no Pleno da Corporación local, devandito informe deberá remitirse, en todo caso, aos órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda e, no seu respectivo ámbito territorial, aos das Comunidades Autónomas que, con arranxo aos seus respectivos Estatutos de Autonomía, teñan atribuída a tutela financeira das Entidades locais. Tales órganos poderán igualmente requirir a remisión dos citados informes.” O Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenrolar a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas e as condicións e o procedemento de retención de recursos dos rexímenes de financiación, previstos na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira”. Con este Real Decreto dase cumprimento ó que establece a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira, tras a reforma operada pola Lei Orgánica de Control da Débeda no Sector Público, que introduce o concepto de período medio de pago (PMP), como expresión do volume da débeda comercial, e establece a obriga de que todas as Administracións Públicas o apliquen e fagan público. O obxectivo principal é contribuír a erradicar a morosidade das Administracións Públicas e controlar a débeda comercial, evitando a acumulación de atrasos no pago de facturas ós provedores. A citada norma ten sido modificada no que se refire á metodoloxía do cálculo do PMP polo Real Decreto 1040/2017, de 22 de decembro. Como expón a información emitida polo propio Ministerio de Facenda, trátase con esa modificación de reforzar o cumprimento da normativa europea en materia de loita contra a morosidade, quedando a nova metodoloxía alineada coa normativa nacional, que traspón as directivas comunitarias, iniciándose o cómputo dos prazos, con carácter xeral, dende a aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos bens entregados ou servizos prestados, en lugar do criterio que se aplicaba ata a data, no que o inicio do prazo de cómputo producíase dende os 30 días seguintes á entrada da factura no rexistro administrativo. A nova metodoloxía do cálculo do PMP non permite que o dato resultante tome valor negativo si a Administración paga antes de trinta días naturais dende a presentación das facturas ou certificacións de obra. En consecuencia, as magnitudes de PMP de FEBREIRO 2019 non é comparable cos cálculos do PMP anteriores a abril, por non ter un formato de cálculo homoxéneo. 2.- INFORME:

  • 13

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    Establece o Real Decreto 635/2014, modificado polo Real Decreto 1040/2017, unha metodoloxía económica común para o cálculo do período medio de pago a provedores, período medio que ven a medir o atraso no pagamento da débeda comercial en termos económicos. Así, calcularase un período medio de pago global a provedores que comprenderá o de todas as entidades incluídas no artigo 2 da LO 2/2012 e, o período medio de pago de cada entidade. Para o cálculo do período medio de pago o Real Decreto precisa as facturas que deberán ser tidas en conta e sinala, expresamente, aquelas que deberán ser excluídas. Estes cálculos, no caso das Corporacións Locais incluídas no ámbito subxectivo dos artigos 111 e 135 do TRLRFL aprobado por RDL 2/2004, de 5 de marzo, será mensual. A metodoloxía establecida para o cálculo do período medio de pago a provedores é a seguinte: Artigo 4: “Cálculo do período medio de pago global a provedores” ∑ (período medio de pago de cada entidade * importe operacións da entidade ) período medio de pago = _____________________________________________________ global a provedores ∑importe operacións das entidades

    “Se entenderá por importe de las operacións da entidade o importe total de pagos realizados e de pagos pendentes nos termos indicados nos artigos seguintes”

    Artigo 5 (do RD 635/2014 de 25 de xullo, modificado polo RD 1040/2017, de 22 de decembro): “Cálculo do período medio de pago de cada entidade”

    1.- Aos efectos do cálculo do período medio de pago global ao que se refire o artigo anterior, o período medio de pago de cada entidade calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

    rateo operacións pagadas*importe total pagos realizados + ratio operacións pendentes de pago*importe total pagos pendentes período = _________________________________________________________________ medio de pago importe total pagos realizados + importe total pagos pendentes

    2.- Para os pagos realizados no mes, calcularase o cociente das operacións pagas de acordo coa seguinte fórmula:

    ∑ (número de días de pago * importe da operación pagadas) rateo das operacións = ________________________________________ pagadas Importe total de pagos realizados Entenderase por número de días de pago, os días naturais transcorridos desde:

  • 14

    a) A data de aprobación das certificacións de obra ata a data de pago material por parte da Administración. b) A data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos bens entregados ou servizos prestados, ata a data de pago material por parte da Administración. c) A data de entrada da factura no rexistro administrativo, segundo conste no rexistro contable de facturas ou sistema equivalente, ata a data de pago material por parte da Administración, nos supostos nos que ou ben non resulte de aplicación un procedemento de aceptación ou comprobación dos bens ou servizos prestados ou ben a factura recíbase con posterioridade á aprobación da conformidade. Nos supostos nos que non haxa obrigación de dispoñer de rexistro contable, tomarase a data de recepción da factura no correspondente rexistro administrativo. No caso das facturas que se paguen con cargo ao Fondo de Liquidez Autonómico ou con cargo á retención de importes a satisfacer polos recursos dos réximes de financiamento para pagar directamente aos provedores, considerarase como data de pago material a data da proposta de pago definitiva formulada pola Comunidade Autónoma ou a Corporación Local, segundo corresponda. 3.Para as operacións pendentes de pago ao final do mes calcularase a cociente de operacións pendentes de pago de acordo coa seguinte fórmula:

    ∑ (número de días pendentes de pago * importe da operación pendente de pago ) rateo de operacións = _______________________________________________________ pendentes de pago Importe total de pagos pendentes Entenderase por número de días pendentes de pago, os días naturais transcorridos desde: a) A data de aprobación das certificacións de obra ata o último día do período ao que se refiran os datos publicados. b) A data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos bens entregados ou servizos prestados ata o último día do período ao que se refiran os datos publicados. c) A data de entrada da factura no rexistro administrativo, segundo conste no rexistro contable de facturas ou sistema equivalente, ata o último día do período ao que se refiran os datos publicados, nos supostos nos que ou ben non resulte de aplicación un procedemento de aceptación ou comprobación dos bens ou servizos prestados ou ben a factura recíbase con posterioridade á aprobación da conformidade. Nos supostos nos que non haxa obrigación de dispoñer de rexistro contable, tomarase a data de recepción da factura no correspondente rexistro administrativo.”

    Lémbrase que o concello de Ourense ten establecido o procedemento de conformidade de facturas para todos os bens ou servizos prestados polo que lle son de aplicación os apartados a) e b) de cada un dos supostos de cálculo do rateo de operacións pagadas e pendentes de pago Aplicando a metodoloxía establecida no citado Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, modificado polo Real Decreto Real Decreto 1040/2017, de 22 de decembro, os períodos medios de pago resultantes no mes de FEBREIRO de 2019 son:

  • 15

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    Concello Consello Municipal de Deportes

    Rateo de operacións pagadas 56,92 41,76

    Importe de operación pagadas 3.589.567,53 € 155.205,73 €

    Rateo de operacións pendentes de pago

    60,77 42,59

    Importe de operacións pendentes de pago

    5.923.055,58 € 170.713,51 €

    PMP de cada entidade 59,32 42,19

    Período medio de pago global a provedores

    58,75

    No cálculo dos períodos medios de pago, tal e como establece o artigo 3 do Real Decreto 635/2014, só se terán en conta as facturas expedidas dende o 1 de xaneiro de 2014 que consten no rexistro contable de facturas e as certificacións de obra aprobadas dende a esa data. Quedan excluídas as obrigas de pago contraídas entre entidades que teñen a consideración de Administracións Públicas no ámbito da contabilidade nacional, así mesmo, quedan excluídas as obrigas de pago que foron obxecto de retención dende esta Tesourería como consecuencia de embargos, mandamentos de execución, procedementos administrativos de compensación ou actos similares ditados por órganos xudiciais ou administrativos. Tendo en conta que o período medio de pago global resultante no Concello para o mes de FEBREIRO de 2019 é de 58,75 días, estase a incumprir o prazo previsto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 e decembro, pola que se establecían as medidas de loita contra a morosidade das operacións comerciais. A Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, establece no artigo 10: “Os órganos ou unidades administrativas que teñan atribuída a función de contabilidade nas Administracións Públicas efectuarán requirimentos periódicos de actuación respecto ás facturas pendentes de recoñecemento de obrigas, que serán dirixidos aos órganos competentes”.

    Tendo en conta o sinalado, achégase como ANEXO I ó presente informe, copia do requirimento efectuado no mes de FEBREIRO de 2019 dende esta Tesourería ós servizos municipais que teñen facturas sen tramitar no rexistro de facturas que tiveron entrada no rexistro xeral do Concello con antigüidade superior a 30 días, (sexa por non estar devoltas, correctamente conformadas ou por presentar algún tipo de defecto subsanable polo servizo esixido dende a Intervención), no que se solicita, á vista dos prazos establecidos pola normativa vixente para a aprobación das facturas, procedan a realizar as actuacións pertinentes que permitan a tramitación do recoñecemento das obrigas. (ANEXO I-1, ANEXO I-2 e ANEXO I-3) Como ANEXO II, achégase o informe de resume xerado polo programa de contabilidade no que se recolle o importe total das operacións pagadas e as pendentes de pago

  • 16

    correspondentes ó mes de FEBREIRO de 2019 que xeraron os rateos e período medio de pago resultante para o Concello. ( ANEXO II-1 e ANEXO II-2) Como ANEXO III, achégase os informes de detalle e resume xerados polo programa de contabilidade no que se recollen as operacións pagadas e as pendentes de pago correspondentes ó mes de FEBREIRO de 2019 que xeraron os rateos e período medio de pago resultante para o Consello Municipal de Deportes, enviados a esta Tesourería dende o Organismo Autónomo.

    O Concello Pleno deuse por informado. 8.- Parte resolutiva.

    8.1 Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venda, publicidade e/ou promoción de bebidas alcohólicas no espazo público do concello de Ourense. Aprobación inicial.

    O secretario dá conta do ditame da Comisión de Pleno ordinario do 29 de marzo de

    2019 que, por tres votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular e catro abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, do Grupo Municipal do Partido Socialista e do Grupo Municipal de Ourense en Común, ditamina favorablemente a seguinte proposta da concelleira, que se incorpora ao expediente:

    1º. Aprobar inicialmente a ordenanza reguladora da convivencia cívica e a

    protección da saúde derivada do consumo, venda, publicidade e/ou promoción de bebidas alcohólicas no espazo público do concello de Ourense coa inclusión das emendas aprobadas pola comisión.

    2º. Proceder á exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta

    días para a presentación de reclamacións e suxestións, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

    3º. En caso de non presentarse reclamacións ou suxestións entenderase

    definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional. SR. PÉREZ JÁCOME (DO): Grazas. Debido a que nesta ordenanza que se trae hoxe a votación, non houbo consenso

    porque a forma de negociar de Sofía Godoy é espeluznante e logo aclareina no debate, nós pedimos que isto obviamente ten que quedar sobre a mesa porque ten que reunirse cos partidos para chegar a un consenso, co cal, pedimos que isto quede sobre a mesa e aprácese a votación da ordenanza ata que haxa un consenso, como ten que ser, cos demais grupos. Pedimos, pois, que se retire a votación da orde do día.

    ALCALDÍA; Un segundo.

  • 17

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    Votarase ao final pero o debate tense que producir. Polo tanto, ten a palabra a

    concelleira. Señora Godoy, ten vostede a palabra. SRA. GODOY GÓMEZ-FRANQUEIRA (PP): Grazas. Traemos a este pleno a primeira ordenanza reguladora da convivencia cívica e a

    protección da saúde derivada do consumo, venta, publicidade e promoción de alcohol para a súa aprobación inicial.

    Aproximadamente, hai ano e medio cando comezan a intensificarse as suxestión por

    parte da cidadanía e denuncias á policía por todo o que leva o chamado botellón. Menores bebendo alcohol e inxestas abusivas en mozos, vandalismo, molestias no descanso da veciñanza, sucidade, en suma, unha imaxe deplorable e o que é peor, un problema de saúde pública de primeiro nivel. Problema que continúa a día de hoxe.

    Comezamos desde entón a elaborar unha ordenanza reguladora que está sometida a

    importantes limitacións que ten unha Administración local para regular cando existe unha normativa superior que prevalece, neste caso a Lei 11/2010, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores, da Xunta de Galicia e a Lei 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá. Iso ante o paradoxo de que non existe tampouco ningunha lei estatal que o regule, por certo, o PP deixouna lista en Madrid e o PSOE aí a ten.

    Por outra parte, a competencia municipal en sanidade constitúe a chamada

    competencia impropia pola Lei de racionalidade, de 27/2013. Todo isto, como dicimos, pon moitas limitacións e por iso deseñamos unha ordenanza moi sinxela con 18 artigos. Neste goberno logrei consenso e vou personalizar, permítenme, por alusións, a primeira ordenanza PPP, a primeira ordenanza de vivendas de emerxencia social, o primeiro plan de infancia e adolescencia e o terceiro plan de igualdade. Se en 4 ocasións negociamos e aprobouse, por que agora non? Porque están as eleccións cerca? Por favor, sexan responsables, pensen no ben de Ourense, pensen en mellorar a vida e a saúde dos nosos veciños e veciñas, pensen en positivo por esta cidade. É triste que o Partido Socialista fale de que non houbo consenso nesta ordenanza como vimos estes días na prensa. É triste o que está ocorrendo co PSOE en xeral nesta cidade, non hai máis que ver a súa bancada.

    De verdade o Partido Socialista vai ter consenso con Democracia Ourensana na

    posta en marcha dun botellódromo ou que non se poida consumir alcohol no horario permitido e en lugares permitidos como os veladores? De verdade? Non, están mentindo e sábeno perfectamente. Si podían ter consenso co Partido Popular neste punto nesta ordenanza, de feito, estaba consensuado co anterior portavoz e se non pregunten a Natalia a súa próxima número 2, sabe perfectamente de que estamos falando. Pero vostedes, os que están sentados aí, non lles interesa aprobalo agora. Non lles interesa de ningún modo solucionar os problemas da cidade, están para as súas guerrillas internas. Seguramente vostede, dona Concha, reclama consenso e diálogo a gritos pero o ordeno e mando é para vostedes o mellor dos consensos aínda que logo, iso si, fártense de defender as primarias.

  • 18

    Gustaríame recordar ao PSOE que en Madrid non lles importa nada ese consenso, aí e a golpe de decretazo fan e desfán ao seu antollo sen preguntar nin media á oposición. Será que cando gobernan é dun xeito ditatorial e cando están na oposición, iso si, son moi democráticos. O PSOE pregunta sempre por que non levamos a cabo o Youth in Europe, oia que o teño aquí. Mil veces díxenllo e mil veces mostreillo que nos termos que a entidade esixe é imposible posto que supera a contía dun contrato menor e non hai forma.

    Respecto a Ourense en Común, que imos dicir? Que ni sequera presentáronse á

    última reunión que convocamos aos grupos e poñen escusa de que a ordenanza non ten amparo xurídico. Recórdolle que a xefa de servizo é xurídica.

    A Democracia Ourensana, presentou emendas difíciles de admitir por haber unha

    norma superior en moitos dos seus puntos pero tamén puntos como o botellódromo non podemos admitilo por ser contrario ao espírito da ordenanza. Porén, a busca de consenso foi constante, o 14 de setembro, primeira reunión cos grupos. 20 de setembro, segunda reunión cos grupos. A nosa petición, case implorar, sería facer unha ordenanza en común entre todos, traballando a ordenanza. Resposta: Non, esgotarían todos os prazos que a lei dá para presentar as súas alegacións. Presentaron 22. O 22 de febreiro, a xefa de servizo emite finalmente informe a 22 alegacións. Entre o 1 e o 13, hai reunións e contactos, tanto o alcalde como eu mesma, co PSOE ata acadar un consenso previo con admisión de 2 emendas e desestimación de 4, simplemente por temas xurídicos. Con Ourense en Común, reunión individual o 22 de marzo, admítenselle 3 e 3 non. Con Democracia Ourensana reunión individual o 15 de marzo, admíteselle 1 e 9 non. Reunión grupos políticos, de novo, 25 de marzo, á que non se presenta Ourense en Común e PSOE xa con portavoz dimitido. Seguimos, nova reunión co PSOE, neste caso o 28 de marzo. Resposta de Concha: sen présa.

    O noso deber é continuar a tramitación. Claro que hai presa, é necesaria porque a

    cidadanía continúa sufrindo as consecuencias do botellón e porque os mozos séguense reunindo para beber sen controlar as consecuencias tamén menores. Debemos deixalo pasar? Xa se fará? E por que? Este é un paso máis para a súa aprobación, 22 alegacións, informe de alegacións o 22 de febreiro e non paramos. Esta é unha aprobación inicial. Simplemente unha aprobación inicial. Aínda vai haber un prazo novo de exposición pública da ordenanza para alegacións de toda a cidadanía. Tamén vostedes poden volver facer alegacións, polo tanto, por que dilatalo? Só hai un motivo, sacar rédito político, dicir que non quixemos sacar unha ordenanza e deixar á cidade, iso si, como sempre, desprotexida. Esta é a realidade e non outra, digan o que queira, a realidade é unha.

    SRA. VALENCIA LEÓN (OueC): Graciñas, alcalde. Bo día a toda a corporacións,

    aos veciños que nos están vendo, á prensa. O equipo de goberno detecta a necesidade de regular sobre o coñecido botellón polo

    ano 2016. Tena vender ese plan islandés Youth in Europe como solución aos problemas de consumo de alcohol e drogas da mocidade ourensá pero esquecen un pequeno detalle que esa parte económica que necesitamos ou que necesitaban para implementar un programa que levaba como medida estrela presentar un proxecto de ocio alternativo de calidade e anual para esta mocidade, así que cambian de rumbo e en xaneiro de 2018 este equipo de

  • 19

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    goberno anuncia que vai facer unha ordenanza municipal para regular e cito literalmente, o consumo de alcohol en espazos públicos. Daquela este equipo de goberno fai un brinde ao sol anunciando que dona Sofía Godoy, desde Sanidade, Belén Iglesias, desde Educación, Pepe Araújo, desde Medio Ambiente e Limpeza e Carlos Campos, desde Seguridade Cidadá e Policía Local ían, xunto cos técnicos respectivos de cada área, analizar a avaliar a problemática conxuntamente. Nesta ecuación falta dona Flora Moure para falar dos veladores, dos nocturnos, digo.

    Durante todos eses meses e ata xuño en todas as xuntas de área Ourense en Común

    solicita información do estado desta ordenanza municipal. A norma, o pacto desta norma chega efectivamente o 13 de setembro e o día 14 somos convidados os grupos municipais a asistir a unha primeira xuntanza, con menos de 24 horas para repasar ese texto que nos entreguen. Nesta primeira xuntanza extráese o seguinte: que se activa o programa Ocio Ourense, que hai unha consulta na web, consulta por certo, que é emendada por Ourense en Común porque logo de consultar con expertos, dinnos que presenta deficiencias básicas na súa forma e plantexamento cuxos resultados son insuficientes e nesgados impedindo extraer conclusións, é dicir, a xente que fixo achegas a esa consulta web perdeu o tempo. Tamén se extrae desta ordenanza de alcohol que, é a mesma esta ordenanza, tense que acoplar á ordenanza municipal de veladores e á ordenanza municipal de limpeza que se estaba elaborando. Isto, claro, desbotouse polo camiño porque vostedes non foron quen de traballar a reo e coordinadas para facer estas últimas ordenanzas que acabo de mencionar. Cinco días despois, efectivamente como dixo Sofía, convídasenos a outra segunda xuntanza na que xa si se recolle acta. E desta xuntanza Sofía Godoy recalca que estas dúas reunións son para evitar que logo fagamos emendas e retrasar o proceso. Miren, o proceso atrásase desde o momento que esta norma estivo 1 ano parada nun caixón sen ter avances, Dígolle, naquela reunión a Sofía Godoy, que este comentario ben puidera cualificarse como unha coacción de cara aos grupos municipais que temos a potestade de legal de presentar emendas pero ela di que ten présa por aprobala, que é unha norma sinxela, que non lle ve os atrancos que nós lle vemos. Pregúntolle, naquela reunión, cal é o obxectivo da norma ao consumo de alcohol contra o botellón, represión, prohibición, sancións contra a educación, prevención e limítase a ler o artigo 1 do texto proposto. Ademais, Ourense en Común incide na necesidade de xuntar a expertos, a médicos, a ANPAS, á mocidade nunha mesa para que fagan achegas á norma porque desde o punto de vista de Ourense en Común non é unha norma sinxela e moito menos unha norma que se deba deixar á arbitrariedade de políticos e técnicos que descoñecemos a incidencia da mesma na saúde e doutro lado descoñecemos a incidencia da prohibición. Pero Sofía Godoy négase a falar desa mesa e di que estes expertos xa farán achegas no período de alegacións. Pero, claro, se estes expertos fan alegacións substanciais, o texto debe modificarse e elevarase a unha segunda exposición pública como debe ser. Entón, presa, non sei, non sei se había moita présa.

    Logo poñen a traballar a súa prensa e durante unha época saen noticias dos

    botellóns da cidade. Os veciños loxicamente denuncian que hai ruídos, que hai lixo, que se producen liortas a altas horas da madrugada e o alcalde sae dicindo nos medios de comunicación que xustifica a necesidade de elaborar esta norma pola preocupación que ten pola saúde das persoas que consumen. Moi ben, todo correcto. O que non calcularon vostedes é que nas últimas semanas estes mesmos veciños saen na prensa queixándose dos ruídos, do lixo, das liortas pero non dos botellóns, non dos botellóns, dos bares, dos bares

  • 20

    que actúan como pub sen licenza, dos bares que non respectan o horario de peche. Existen sonómetros en toda a zona vella, sonómetros polos que preguntamos neste pleno, non fomos contestados, que están desactivados, a Policía Local non ten formación e os dispositivos para as medicións de ruído non saben como funcionan e hai bares deses, bares que colgan nas súas redes sociais fotos onde o indicador de decibelios ascende a 115,2 cando o límite da ordenanza está en 90 decibelios. E a isto que solución lle damos? Isto non é saúde? Isto non son ruídos? Isto non é lixo? Isto non é seguridade cidadá? E vostedes son conscientes da situación polas denuncias que se lle acumulan enriba da mesa. Pero, claro, é que debe ser que para vostedes hai bebedores de primeira e de segunda e por iso consideramos que o consumo de alcohol é un problema social que hai que atallar pero non así, non así e solicitamos a retirada do punto da orde do día.

    Grazas. SRA. GARCÍA LOZANO (GMS): Grazas. Alcalde, concelleiras e concelleiros, bo

    día a todas e a todos. Ben, concelleira, por contestar ás súas palabras dicir que efectivamente a ordenanza

    de vivendas de emerxencia social e o plan de infancia servíronnos de aprendizaxe. Aí demostrou vostede como actúa, como engana, como terxiversa e como é vostede capaz de traer ordenanzas que non ten nada que ver coas xestións que se fixeron. Pero en todo caso, esta présa que lles entrou a vostedes agora coa ordenanza, por chamarlla reguladora da convivencia cívica en canto o botellón, nós no 2017, o Grupo Municipal Socialista levou sendas mocións sobre poñer en marcha o programa Youth in Europe e o plan multidisciplinar municipal que daba alternativas de ocio, porque antes de prohibir hai que dar alternativas, a iso votedes non tiveron présa, ningunha. Iso si, aprobaron as mocións porque queda ben en pleno e na prensa que lle ri as grazas pero non fixeron o seu traballo. Dona Sofía, como xa lle teño dito moitas veces e nestes momentos volvereillo repetir, o Partido Socialista e por conseguinte o Grupo Municipal Socialista, somos un grupo serio responsable e que desde logo non actúa xamais dunha forma precipitada e o propio título da ordenanza que fala de ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, da venda, da publicidade e da promoción de bebidas alcohólicas no espazo público do concello de Ourense, deixa ben claro que é necesario dun consenso de todas as partes implicadas, consenso que non houbo.

    Cando vostede se dignou a falar comigo porque tardou en facelo, efectivamente

    púxose vostede en contacto coa nosa asesora pero quen é a concelleira da área de Benestar? Quen é a concelleira da área de Benestar? Iso é o que fixo vostede, o que demostra xa como pensa. Vostede, concelleira, cando se reuniu comigo, cambiou o texto da ordenanza ata 3 ocasións nunha semana, actuou en todo momento non só dunha forma precipitada, senón tamén cunha total falta de rigor técnico aprobando emendas, dicindo que si a emendas que en 24 horas dixera que non. Isto pareceunos ademais de pouco serio, totalmente oportunista. Realmente para nós como advertinlle, concelleira, era difícil para o noso grupo aclararnos cal era o texto definitivo da ordenanza, cousa que xa nos pasou outra veces con outras ordenanzas.

  • 21

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    Polo tanto, o Grupo Municipal Socialista temos claro que unha ordenanza de tal calado e de tal importancia ten que saír adiante doutra maneira porque ten que ser unha ordenanza que se tome en serio este grave problema de saúde pública que nos afecta a todas e a todos e que ademais debe ser unha ordenanza que perdure no tempo. Non nos gusta nin a urxencia desesperada que vostede ten para a súa aprobación, nin moito menos o modus operandi á hora de traballar nela e menos aínda o consenso. Por conseguinte, solicitamos a retirada da proposta de votación inicial para mellor estudo e consenso. Pero en canto ás declaracións de vostede, señor alcalde, iso que di que por falta de acordo, non é certo, non foi por falta de acordo, foi por falta de seriedade, por ter unhas reunións onde realmente vostede pretendía un cambio de cromos e o Grupo Municipal Socialista non cambia cromos.

    Nada máis e moitas grazas. ALCALDÍA: Non, señora García, cambia os portavoces e os equipos. Só para

    matizarlle unha cuestión, 2 meses, claro, é que cando, eu síntoo, dona Carmen, síntoo, pero cando vostedes din que non se falou, claro, hai un portavoz e o portavoz é o que lidera e o que di con quen se ten que falar e desde cando. Polo tanto, non poden dicir vostedes que non había diálogo desde hai meses. Se agora as circunstancias cambian, que eu o respecto, é distinto pero non o poden dicir e probablemente mañá, se non están vostedes, se non está quen sexa, sabe?, pois cambiarán de novo as condicións pero non podemos dicir o que non é, vale?, iso apartamos porque entón estamos faltando á verdade totalmente, claro.

    SR. PÉREZ JÁCOME (DO): Home, non se ría vostede de que cambian portavoces o Partido Socialista cando a

    vostede fóiselle o superconcelleiro do seu partido, foise para Ciudadanos, unha persoa que todo o que non fixo non PP vai levar iso a Ciudadanos, ou sexa, xa garante que tampouco vai facer nada en Ciudadanos do mesmo modo que no PP en 4 anos non fixo ningunha obra, garante que en Ciudadanos tampouco se goberna.

    Ben, eu non tiña pensado intervir no tema pero como deixou falar a Dacosta sobre

    encomios a Barquero eu creo que tamén algo hai que dicir, Eu non tiña pensado falar, hai que respectar á xente que dimite pero xa que din encomios, haberá que dicir algunha cousa de Barquero. Barquero non dimitiu cando os seus compañeiros foron imputados e agora que llos van xulgar por distintos casos de presunta corrupción, Barquero non dimitiu cando lle deron o cambiazo á estación Foster, desde Madrid déronlle o cambiazo, petición aquí tamén de Jesús Vázquez e cambiáronos unha, a de Foster, por unha de low cost, un pendello como el chamoulle, Barquero non dimitiu por iso indignado, Barquero dimitiu cando lle cambiaron a lista. Unicamente poder e ego. Tampouco dimitiu e deixou gobernar a este señor 4 anos, con esa bagaxe vaise Barquero, deixoulle gobernar a Jesús Vázquez 4 anos e só dimitiu cando lle cambiaron a lista. Ego e poder. Unha persoa así, desde logo, non merece estar en política.

    Acaba de dicir, faime graza porque as últimas palabras de Sofía Godoy creo que

    foron estas, esta é a realidade e vostedes digan o que queiran. Só faltouche dicir arriba Franco. Ou sexa, o que digas ti e xa está. Hoxe pola mañá Sofía Godoy falou do importante

  • 22

    que é o botellón, é un tema de saúde pública, é unha urxencia vital. Por certo, di que os demais partidos, agora por tema electoralista, non o queremos aprobar por un tema electoralista, logo recoñeces que a ti poderíache beneficiar, é dicir, pensa o ladrón que todos son da súa condición, do mesmo modo que dis que nós non cho queremos aprobar por un tema electoralista, entón é que ti estás pensando en que se se aproba é bo, co cal estás ensinando a patiña, que só che interesa colocarche a medalla ante as eleccións. Cre o ladrón que todos son da súa condición ou, perdoa, van na mesma dirección.

    Pero a min faime graza porque levanteime escoitando estas palabras e, ollo, que

    tamén díxoas Sofía Godoy, son do alcalde. A ver, o botellón é un tema que pode xerar un problema grande de saúde pública, non se pode esperar máis. Acábao de dicir vostede na radio que non podemos esperar máis porque é un tema de saúde pública, afecta aos nosos mozos, ao seu futuro. Dixo que isto é gravísimo, si ou non, señor alcalde? Por que tardou 4 anos en traer esta ordenanza aquí? Por que tardou 4 anos? Dígamo, por favor. Se tan importante é, se é un tema de saúde pública, pódeme dicir por que o trae 1 mes antes de que se vaia para casa? Pódeme dicir como no 2015 non o trouxo e no 2016, e no 2017 e no 2018? Pódeme dicir por que o trae 1 mes antes das eleccións? Só ten unha explicación: caradura. Só ten unha explicación: un caras. Ou sexa, sae na radio dicindo que é un tema de saúde pública, vital para os mozos e tarda 4 anos en traer a ordenanza a votación e cando a trae, ten un problema de dedos, non sabe contar, non se dá de conta que necesita ter maioría. Vostede, ou sexa, vostede non se dá de conta que está en minoría? Van pasar 4 anos e vostede segue crendo no subsconciente que está en maioría. Está en minoría, conte coa man, ten 10, fan falta 14 ou polo menos que se absteñan unha boa parte. Vostede non sabe contar.

    Di Sofía Godoy, recoñeceu antes e dille á oposición e por que motivos vostedes

    negociaron unha cousas e agora non se negociou? Está recoñecendo que non se negociou e efectivamente, con Democracia Ourensana reuníronse só unha vez. Vaia forma de negociar, dámoslle 10 emendas e dinnos, aceptámosche 1 e 9 non. Ao partido da oposición maioritario ao que máis lle rexeitan. Ollo, pero non che dá oportunidade de réplica nin dicir, ben, imos ver que pasou e que non pasou. Non, non, tráenola antes da comisión de pleno e como se fose unha profesora, tráelle as emendas Ourense en Común, tráelle as emendas o PSOE e Democracia Ourensana e di, esta si, esta non, este si, este non. Veña, xa está, xa vos puxen as notas, xa dixen as que aceptaba, veña, a votar. Perdoa, Sofía, ti estás ben da cabeza? É que así non se fan as cousas. Que eu saiba negociar é, mira, isto si, isto non, que che parece? Teraslle que preguntar á outra parte, que che parece. Unha vez que che digan o que lles parece, haberá que negociar e chegar a un punto de acordo. Tes que negociar cos demais, é dicir, consenso non é poñer ti as notas e dicir acepto esta si e esta non porque ademais nós poderíamos estar de acordo en rexeitar algunha nosa pero non estar de acordo cunha que mete o PSOE ou Ourense en Común porque cremos que son unha aberración, ao mellor, pero o que ti non pode facer é poñer as notas e dicir, xa está o consenso porque xa vos aceptei algunhas e outras non. Veña a votar, como se fósemos nenos pequeniños. Pero ti de que vas? Ti sabes o que é negociar? Negociar é o que fixemos nós co ibi, pedían a túa cabeza e como vimos que estabades ca auga ao pescozo, dixemos, non, rescatamos os servizos sociais e a cabeza de Sofía Godoy a cambio de que baixedes o ibi ao 20%. Vós queriades baixalo un 5% pero como tiñades a soga ao pescozo, o alcalde aceptou e dixo, ben, veña, pois en vez dun 20%, un 10 + 10. Un 10 no 2018 e un 10 no

  • 23

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    2019. agora os veciños vanlle vir o recibo do ibi xa cun 10% extra que é un 20% grazas a que Democracia Ourensana forzoulle. Iso é negociar, tivestes que chegar a un punto de acordo porque si. E aquí igual, nós cremos que isto hai que aprobalo.

    Seguinte tema. Se isto é importante non vale de calquera forma, entón, non é o

    botellóns que ti digas, haberá que aprobar un que estea ben porque se non, aprobárao xa facendo un corta e pega dun de Marbella ou de Valladolid. Haberá que facelo ben. Non basta a chantaxe emocional de dicir, ou o aprobades ou non queredes á cidade porque entón se vale calquera botellón, collésedes calquera ordenanza de calquera sitio.

    SRA. GODOY GÓMEZ-FRANQUEIRA (PP): Grazas. Con respecto ao Youth in Europe volvo aquí a achegar, o día 05/04/2018

    solicitamos ademais un informe xurídico porque queriamos facelo e seguimos querendo facelo. Non é cuestión de intención senón un tema legal. Vale.

    Respecto ás emendas, non é eu digo e vostede acata. Non. É que o que non podemos

    negociar é o que afecta ao ámbito xurídico, se hai un informe xurídico da xefa de servizo na que desestima unha serie de alegacións e motívaa ou fundamenta xuridicamente, é que aí non temos nada que obxectar desde o punto de vista político, só faltaba. Hai que acatar a lei. Recórdolle tamén que houbo achegas, claro que si, da cidadanía como Stop Accidentes, por exemplo.

    Respecto a ese tema en concreto, recórdolle que no pleno de hai uns días, o pleno

    infantil, recórdano? Saben o que nos dixeron os nenos e nenas alí tanto ao PP como a PSOE como a Democracia Ourensana como Ourense en Común, dixeron, pedímosvos consenso no pleno en temas importantes para nós, os nenos e as nenas. Non lles escoitamos. Dicindo non, estades dicindo que non á mellora de ordenanza nestes seis puntos que aprobamos, que Educación promova unidades didácticas en centros escolares para alertar do perigo do consumo de alcohol, a elaborar un programa xuvenil de actividades lúdicas, culturais e deportivas, a deseñar medidas preventivas a través dos consellos municipais, a poñer en marcha un plan municipal de ruído e un plan municipal de civismo, a colaborar con Stop Accidentes e a Dirección Xeral de Tráfico en programas preventivos, a poñer en valor a escola de pais e nais, a facer campañas de sensibilización e información con ANPAS, educadores e cidadanía, a incluír á mocidade no deseño de programas alternativos ao botellón, a reverter o importe das sancións económicas en financiar programas de ocio e non ao resto que xa estaba na ordenanza, a 15 medidas de prevención, en información, orientación e educación. Non a prohibir campañas e publicidade que induzan ao consumo de alcohol a menores. Non a prohibir regalos e promocións que inciten ao consumo abusivo de alcohol. Vostedes din non a prohibir o patrocinio de programas que inciten ao consumo de alcohol el mozos. Non a prohibir, vender e consumir alcohol en lugares públicos sen autorización. Dixeron non a prohibir degradación de espazos públicos, zonas verdes e evitar ruídos que molesten á veciñanza. Non a substituír sancións por servizos á comunidade e programas terapéuticos. Con isto todo non só estades admitindo que siga o botellón, senón que estades impedindo unha cidade saudable, concienciada, inclusiva e respectuosa con persoas e entorno. Diredes non a sabendas de que é paralizar a propósito un expediente. Esta é unha aprobación inicial, non é para levar ningunha medalla. Isto non para aquí, se vai

  • 24

    haber unha segunda quenda, unha segunda exposición pública. Se votades non, non nos volvades dicir xamais que vos preocupan os mozos, os maiores e o coidado do entorno porque, de verdade, é que non é verdade. Non é verdade. Non é verdade.

    A señora Valencia León renuncia ao seu uso da palabra.

    SRA. GARCÍA LOZANO (GMS): Catro anos sen facer nada e desde o 2017 en que aprobaron as dúas mocións do

    Partido Socialista do programa Youth in Europe e do plan multidisciplinar municipal sen facer nada, a sabendas que antes de facer unha ordenanza para prohibir hai que dar alternativas. Non teñen vostedes ningún interese e iso quedou claramente reflectido. Non teñen vostedes saídas, vostede, claro, agora ten unha urxencia porque están as eleccións ao lado e teñen que sacar algo e teñen que sacarse a foto e teñen que facer propaganda pero hai que facer propagandas de cousas reais e nesta ordenanza hai que ser moi serios e moi concienzudos porque somos moitos colectivos os que están implicados e hai que facer ben esa ordenanza. E volvo repetir, nós non estamos para cambio de cromos.

    Nada máis e moitas grazas. SR. PÉREZ JÁCOME (DO): Grazas. Deus, como me gustan as incongruencias. Di Sofía Godoy, nun pleno infantil os

    nenos pedíronnos consenso. Sofía, pois é o que estamos nós dicindo. Ti estás totalmente equivocada, se os nenos che piden consenso, é o que hai que facer, viñeches aquí sen consenso. Mira, puxeches as notas. Pero, imos ver Sofía, se houbese consenso, isto hoxe aprobaríase. Isto recórdame a un xuízo, unha persoa di, “oia, que tal se leva vostede cos seus amigos do bar? Moi ben. Pero como moi ben se o acaban de denunciar?” Isto igual, hai consenso, pero como consenso se imos votar que non? Como vai haber consenso?

    Mire, vostede está dicindo que nós estamos impedindo esta ordenanza e que non se

    vai aprobar. É que aí demostras que non estás disposta a negociar. Sofía Godoy, hoxe é venres, mañá mesmo reunímonos para que haxa consenso, vale? Reunímonos. Dime onde, en Holper, na miña casa, aquí, que nos abran os funcionarios, xa está, traio eu a merenda. É dicir, como pode pensar que o botar aquí non significa acabouse? Iso demostra que non tes ningunha intención de ceder. Ningunha porque o normal é dicir, oian, non houbo consenso, pois veña, reunímonos mañá mesmo para chegar a un acordo, así que mañá mesmo reunímonos, por favor, fala co alcalde e pon lugar e hora e alí estará Democracia Ourensana e é sábado. Que ocorre? Que non tes ningunha intención de negociar como tampouco tivestes nos orzamentos, como tampouco no PXOM que o queredes aprobar provisionalmente, que non serve para nada, de forma unilateral e ademais utilizades as mentiras dunha forma que é para alucinar. Mira, utilizades o mesmo que fixestes co ibi co PXOM, téñoo aquí anotado porque é algo fascinante, coa praza da Ponte, coa conta 413, co tema dos orzamentos, non, é que agora é un problema co PEF, co tema do soterramento, do ibi, do soterramento do Ave, co tema do parque acuático. En todas estas propostas de DO dixestes o mesmo, tecnicamente é imposible, ata na praza de abastos da Ponte tivemos que pedir un informe e ao final o informe nos daba a razón a nós, era mentira, utilizades un

  • 25

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    modus operandi moi claro, se non queredes ceder dicides, eh, é que non se pode, de forma que con Democracia Ourensana teno moi fácil, as emendas son todas ilegais. Pero dino así, sácano da manga. Totalmente falso e con iso xa está bloqueado o debate porque, claro, se ti lle dis a unha persoa, o que ti me pides tecnicamente é imposible, xa está solucionado o debate, xa non hai que negociar, claro, en ningún iso é así. Aquí están todos os artigos que defenden que todas as nosas ordenanzas eran correctas. Ti tes un informe dicíndonos onde as emendas nosas son ilegais? Teno? Pódenoslo ensinar porque nós témolo aquí, todos os artigos. É mentira, é o mesmo que todo o que te acabo de dicir, utilizades ese modus operandi, tecnicamente non se pode, veña, seguinte tema, seguinte paso. Pero ti che cres que se pode ser así? Demóstranos que son ilegais, demóstranolo.

    ALCALDÍA: Moitísimas grazas. Habendo unha petición de retirada do punto, procédese, en primeiro lugar, ao que é

    a votación neste caso. O Pleno do Concello, por catorce votos a favor do Grupo Municipal de Democracia

    Ourensana, do Grupo Municipal Socialista e do Grupo Municipal de Ourense en Común, e dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Retirar o punto da orde do día.

    INCIDENCIAS.- De conformidade co disposto no artigo 86.2.h) do Regulamento

    Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense faise constar que o Sr. Pérez Jácome na primeira das súas intervencións utilizou un dispositivo telefónico que situou xunto ao micrófono ao obxecto de ser escoitado polos asistentes, pero que non queda recollido na acta ao non se tratar dunha intervención prevista no citado precepto regulamentario.

    8.2 Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa á

    reforma, adaptación e urbanización de diferentes vías da cidade para ser convertidas en vías de dobre sentido.

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    Un dos grandes problemas que sofre a nosa cidade é, sen dúbida, o tráfico. En

    comparación con outras cidades próximas como Vigo ou Santiago, non dispoñemos de soterramentos de vías que faciliten o acceso ou saída desde o centro da cidade ás principais vías de comunicación como a N-525 ou a N-120 que posteriormente enlazan coa A-52, ou que comuniquen o centro da cidade con algunhas das zonas dos arredores, de forma que se despexe a circulación, beneficiando e desconxestionando as rutas habituais que se adoitan saturar en horas punta, como a Avenida de Zamora ou Marcelo Macías.

    A pesares desta situación, si que dispoñemos de varias vías, utilizadas por algúns

    veciños como atallos, pero que se atopan en malas condicións pola súa estreitura, bordeando leiras e casas, e que son empregadas por aqueles que as coñecen para gañar

  • 26

    algúns metros e tempo evitando os atascos das principais rúas, dando acceso directo a algunhas vías principais como a N-120, a N-525 ou a zonas próximas.

    Por iso, desde Democracia Ourensana realizamos unha análise das mesmas, baixo a

    premisa de que realizando melloras nestas vías, o tráfico na cidade podería beneficiarse enormemente, xa que cada un deles aliviaría de tráfico vías frecuentemente saturadas de circulación.

    Deste xeito, enumeramos cinco vías diferentes ao longo da contorna da nosa cidade,

    que serían fundamentais para esa mellora do tráfico urbano e que, tal e como se expón de forma gráfica no plano adxunto ao remate do presente apartado, serían as seguintes:

    1. Desde a OU-536 á altura de Ceboliño, a través de os Viros, accédese a Mende e A Lonia e de aí á N-120. Con este trazado aliviaríase o tráfico da Avenida Otero Pedrayo e rotonda das Lagoas.

    2. Desde a Praza de Ou Couto, pola Rampa de Sas, Rabo de Galo e Salto do Can

    accédese rapidamente a Cabeza de Vaca, aliviando desta forma tráfico na Avenida de Portugal e Ervedelo sentido Vistahermosa. Tamén desde a Avenida de Portugal pola Rúa dá Algaria, Rúa do Seixo e Rúa do Hórreo accédese a Cabeza de Vaca, aliviando así o tráfico da Avenida de Portugal e Marcelo Macías.

    3. Desde o Auditorio, o xa coñecido trazado que sobe por Fonte dous Caños cara ao

    Montealegre e chega ao Polígono de Pereiro de Aguiar. Utilizado xa por moitos veciños, habitualmente atópase nun estado lamentable, é estreito e perigoso. A reforma desta vía é unha débeda pendente máis que importante nas infraestruturas da cidade.

    4. Desde a Alameda e Praza de Abastos, por O Polvorín e o Camiño Romano accédese

    á rotonda da N-525 onde se unen os concellos de Ourense e Barbadás, despexando así tráfico de Marcelo Macías, da Avenida de Zamora e ata de rúas principais da cidade como Progreso, Juan XXIII e Avenida da Habana.

    5. Desde a rotonda da Avenida de Zamora coa Rúa dá Saínza, pola Farixa, accédese á

    N-525 (sentido Madrid que posteriormente na rotonda do enlace coa A-52 xa leva a todas as direccións), despexando así de tráfico a Avenida de Zamora e a Rúa Seixalbo. Todas estas vías son de titularidade municipal e, para realizar as reformas precisas

    para convertelos en vías de dobre sentido, urbanizadas, sería necesaria a expropiación de metros de leiras e propiedades lindeiras coas mesmas. Nalgúns puntos, debido á existencia de vivendas que provocan a estreitura, deberíase de solucionar con semáforos de paso alternativo, como xa sucede noutras vías como a Estrada de Rairo.

  • 27

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    Por iso, desde Democracia Ourensana pretendemos que se realice un estudo previo para un proxecto deste calado, tanto das expropiacións necesarias como das reformas dos camiños, pistas e dos actuais trazados, para convertelos en vías de dobre sentido de circulación, urbanizados con beirarrúas e servizos para os veciños das diferentes zonas.

    Por todo o anteriormente exposto, Democracia Ourensana presenta a seguinte:

    PROPOSTA

    1. Pedir ao Alcalde que inicie os trámites oportunos para que, de modo inmediato,

    proceda a elaborar un plan e estudo previo sobre a reforma e adaptación destas vías do Concello de Ourense, para convertelos en vías de dobre sentido de circulación, urbanizadas con beirarrúas e servizos necesarios, coa finalidade de facilitar a mobilidade urbana e mellorar o tráfico no casco urbano de Ourense. SR. ÁLVAREZ FERNÁNDEZ (DO): Bo día a todos. Estamos chegando ou este é un dos penúltimos plenos deste mandato e Democracia

    Ourensana, como fixo durante os catro anos, trae mocións en positivo para poder mellorar a calidade de vida dos ourensáns.

    Vigo ou Santiago xa dispoñen de soterramentos de vías que lles permiten unha

    comodidade aos condutores para o acceso á saída ou saídas das súas vías principais. Ourense, os gobernantes de Ourense, ata agora, non tivemos a sorte de que consideraran con rigor necesario esta situación. Máis ben parece que son alérxicos aos temas dos soterramentos. Temos a proba en Otero Pedrayo e na praza da Carballeira, que, en principio, ían facer soterrado o bulevar, pero, de momento, segundo este goberno, non vai ser así. Pero, a diferenza, Ourense dispón de rutas alternativas que se podían usar e que algúns veciños si as usan, pero outros por descoñecemento das mesmas ou por falta de limpeza ou polo seu estado da vía deciden non usalas, co que se carga o tráfico nas principais rúas de Ourense, avenida de Zamora, Otero Pedrayo, avenida de Buenos Aires, etc.

    Estas rutas alternativas falamos que son todas de titularidade municipal e que

    liberarían o tráfico, tanto a Nacional 525 como a Nacional 120. Algunhas destas rutas témolas aquí na moción, e para non me esquecer vou máis ou menos lela. Desde a altura de Ceboliño a través dos Viros, ou sexa, ao pasar a gasolineira, cóllese cara a Mende e cara á Loña, que se chega á Nacional 120, co que xa se liberaría moito tráfico da avenida Otero Pedrayo sen ter que chegar á rotonda de abaixo que colle a estrada de Velle. Desde a praza do Couto, por rampla de Sas e Rabo de Galo e o Salto do Can, se vés pola avenida de Portugal, xiras á esquerda, collerías toda esa ruta que vai saír outra vez á Nacional 120 e, evidentemente, aliviaría xa tanto o tráfico da avenida de Portugal como parte de Erbedelo.

    Non imos xa falar. Perdón, que estou un pouco acatarrado. Non imos falar xa da

    ruta que hai do Auditorio cara ao Polígono de Pereiro de Aguiar. Esa ruta practicamente coñécea todo Ourense, pero déixase de usar polo mal estado en que está. Iso non parece

  • 28

    unha estrada, parece un camiño. Temos tamén desde Alameda e a praza de abastos, seguindo cara ao Polvorín e polo camiño romano chégase á rotonda 525, onde se unen os concellos de Ourense e Barbadás, que despexarían así moito tráfico de Marcelo Macías e avenida de Zamora, incluso, evidentemente, de Xoán XXIII e avenida da Habana, porque hai que andar, cando se quere hai que ir dar a volta arriba a Xoán XXIII para poder vir cara a abaixo.

    E desde a rotonda da avenida de Zamora coa rúa da Saínza pola Farixa tamén ata

    ao enlace coa 525, que logo enlaza na A52, practicamente xa podes coller todas as direccións que queiras para saír de Ourense, incluso afectaría tamén á rúa Seixalbo, porque evitas facer eses quilómetros todos.

    Nós pedimos, á parte do estudo que pedimos na moción para que se leve a cabo, ou

    sexa, na proposta, de momento unha boa sinalización e unha boa limpeza destas rutas axudaría a usar as alternativas, mellorando o tráfico da cidade, que en catro anos practicamente non se tomou ningunha decisión a pesar de que se fixo un grupo Móvete, a pesar de que se rematou ese traballo, a pesar de que o entregaron, pero non se tomou ningunha decisión. Creo que ese libro, ese disquete está gardado no caixón, entón pedimos que se leve a cabo este proceso na nosa moción.

    Grazas. SR. VÁZQUEZ MATO (OueC): Grazas, alcalde. Bo día de novo a todas. Esta moción, nós comezamos compartindo a base da diagnose da moción, que é

    que Ourense ten un problema de tráfico. Eu creo que é unha diagnose compartida por todos os grupos da corporación e, de feito, levamos falando deste tema durante catro anos. Eu recordo a primeira moción que presentou Ourense en Común a este pleno, viña nesa liña e, a partir dese momento, eu creo que todos os grupos nalgún momento fixemos mención a este problema.

    O que acontece é que a proposta que vostedes dan, eu creo que pasa da idea

    brillante á ocorrencia en certa medida e vou intentar explicarme. Vostedes propoñen, e vou tratar de explicarme en concreto os exemplos que

    vostedes poñen enriba da mesa. Vostedes propoñen, por exemplo, para aliviar o tráfico da rúa Marcelo Macías, vostedes propoñen derivar ese tráfico polo coñecido como camiño romano. E a proposta que vostedes presentan na moción é a de facer unha serie de actuacións sobre ese camiño romano de expropiacións de vivendas, de ampliación do largo de vía, de modificación desa estrutura, de dobre vía de circulación. E entón, claro, aquí é onde digo que de compartir análise e dunha idea que podería ser moi boa para a cidade pasan a ocorrencia. Porque eu pregúntolles, señores de Democracia Ourensana, por que cren que se chama camiño romano? Vostedes consultaron o planeamento urbanístico da cidade e o que está previsto para esa contorna? Vostedes saben que hai previsto unha conexión entre a rotonda da avenida de Zamora e a rotonda da nacional a Madrid na altura do Carrefeour para aliviar todo ese tráfico. Vostedes saben que unha actuación, por exemplo, neste camiño romano estaría cautelada por Patrimonio e non ía permitir unha

  • 29

    CONCELLO DE OURENSE

    SECRETARIA XERAL

    actuación como a que vostedes propoñen. Vostedes propoñen que esa vía, a vía do camiño romano sexa de dobre sentido de circulación, a día de hoxe é moi complicado, moi complicado que dous vehículos coincidan nese mesmo tramo.

    E o máis importante e eu creo que é unha pata fundamental. En verdade o modelo

    de cidade que queremos é que a contorna do Polvorín, que é unha contorna urbana que mestura, está a medio camiño entre o rural e o urbano, vostedes falaron cos veciños e as veciñas do Polvorín se o que queren é que todo o tráfico que hai en Marcelo Macías se derive para unha rúa e atravesa ese pequeno núcleo? Eu creo que non. E o camiño vai por outro lado.

    A outra proposta é a dos Viros, Mende e e a Loña e eu por iso pregunto se vostedes

    antes de facer esta moción consultaron o que está previsto no plan porque vostedes están a propoñen incrementar o volume de tráfico, xa non secundarias nin terciarias, estamos a falar de rúas que son rúas residenciais. Vostedes propoñen aliviar o tráfico da avenida de Otero Pedrayo por rúas residenciais, cando nesa mesma contorna está previsto sobre o planeamento a continuación da circunvalación. Entón, se cadra o que deberiamos propoñer aquí, o que deberiamos todas defender é que se acometan canto antes todas as actuacións, pois, a ronda, a conexión entre rotondas da avenida de Zamora e a estrada de Madrid, a circunvalación. Iso sería o que teriamos que estar aquí presionando e presionándolle ao alcalde para iso.

    Porque, ademais, hai un elemento nodal sobre iso e son os recursos, porque eu

    pregunto se o Concello de Ourense co anterior mandato, aló polo ano 2012, 2013, gasta centos de milleiros de euros, non centos de milleiros, ben, milleiros de euros nun Plan de mobilidade urbana sustentable, onde hai unhas persoas especialistas, hai técnicos e técnicas que analizan a cidade, analizan os tránsitos de circulación e fan recomendacións e plásmano nun programa que se chama Plan de mobilidade urbana sustentable e determina por onde ten que ir o camiño da cidade para expulsar o tráfico do centro e converternos nunha cidade europea. Ese programa está aí, gastamos os cartos, e queda aí. Agora neste mandato contratamos a unha consultora, poñemos a todos os grupos a traballar, durante moito tempo traballamos, hai participación veciñal e hai un resultado que tamén determina que actuacións hai que facer. Pero tiramos todos eses milleiros de euros, todos eses cartos, todos eses recursos, todas esas horas, esas horas non só dos técnicos, esas horas de colectivos que se implicaron activamente na redacción dese plan e agora deixámolas aí ao carón e sacamos da chistera que o tráfico de Marcelo Macías ten que ir polo camiño romano.

    Nós non imos apoiar esta iniciativa, por algo moi sinxelo, porque o noso modelo de

    cidade non é quitarlle o problema de Marcelo Macías, quitar o tráfico de Marcelo Macías para derivar todo ese tráfico para rúas residenciais do barrio do Polvorín. Nós pensamos a escala de cidade, cun proxecto de cidade potente e ese proxecto de cidade para aliviar o tráfico da rúa Marcelo Macías, que é evidente que hai un problema na rúa Marcelo Macías, para alivialo hai que construír dunha vez por todas a ronda que vai dende a rotonda da avenida de Zamora ata a estrada de Madrid. Hai que lanzar a circunvalación, hai que facer actuacións, digamos, serias, non actuación de levar o tráfico cara a rúas residenciais.

  • 30

    Grazas. ALCALDE: Moitas grazas, señor Vázquez Mato. Comunícolle por unha cuestión,

    por unha alusión neste caso, que hai unhas semanas precisamente a propia conselleira manifestou a súa intención de poñer en marcha, unha vez que está o proxecto, a circunvalación leste cun investimento de máis de 5 millóns de euros. E niso coincido con vostede, que o que temos que facer é tratar de ter as circunvalacións para liberar todo o que é ese exceso de tráfico no interior da nosa cidade.

    SRA. REY REY (GMS): Grazas, señor alcalde. Bo día a todos e a todas. A moción que trae hoxe Democracia Ourensana ten como obxectivo a mellora de

    varias infraestruturas de Ourense. Segundo entendemos, o grupo propoñente afirma que con investimento axeitado estas vías poderían contribuír a desconxestionar o tráfico en Ourense, deixando de xogar un papel secundario a estas vías. Máis alá da viabilidade ou non do estudo que eles propoñen, o certo é que o estado en que se atopan estas vías de circulación son manifestamente mellorables. En moitos casos son utilizadas como atallos e nin sequera está garantida a seguridade do tráfico neles. Polo tanto, o estado destas vías caracterízase pola falta de investimentos, por medidas moi xustas que obrigan a manobras arriscadas, nula presenza policial e un mantemento moi deficiente, que xustificarían en por si unha actuación nelas.

    Outra cousa é que despois de estudar todo o acontecido durante toda esta

    lexislatura coa maioría de mocións que levamos a cabo os grupos en materia de infraestruturas, eu vou recordar algun