acta da sesiÓn ordinaria do concello pleno do …lalin.gal/files/12. acta pleno de 1 de outubro de...

32
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 1 DE OUTUBRO DE NÚM. 11/2015.- Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE: D. RAFAEL LUÍS CUÍÑA APARICIO. (CxG-CCTT). CONCELLEIROS: Dª. TERESA VARELA FISTEUS (CxG-CCTT). Dª. KATIA MARGARET PROCINO TOIMIL. (CxG-CCTT). D. MIGUEL ÁNGEL MEDELA DOBARRO. (CxG-CCTT). D. JUAN JOSÉ CRUZ GARCÍA. (CxG-CCTT). D. TOMÁS VILARIÑO FIDALGO. (CxG-CCTT). D. NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES (PSdeG-PSOE). Dª. CELIA ALONSO CARAMÉS. (PSdeG-PSOE). D. JOSE MANUEL HERMIDA ARIAS (PSdeG-PSOE). Dª. LARA RODRÍGUEZ PEÑA. (APAC). D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS. (PP). Dª. MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (PP). D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (PP). D. JOSÉ ANTONIO VARELA QUINTELA. (PP). Dª. MARÍA ÁLVAREZ PAZ. (PP). D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. (PP). D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (PP). Dª. RAQUEL LORENZO FERNÁNDEZ. (PP). Dª. EVA MARÍA MONTOTO MÉNDEZ. (PP). Dª. MARÍA JOSÉ SENANDE MÉIJOME. (PP). SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS. INTERVENTORA XERAL: Dª. MARTA OVIEDO CREO. Ausente: D. XOSÉ MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ. (BNG). 1

Upload: phunghanh

Post on 09-Jan-2019

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 1 DE OUTUBRO DENÚM. 11/2015.-

Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. RAFAEL LUÍS CUÍÑA APARICIO. (CxG-CCTT).

CONCELLEIROS:

Dª. TERESA VARELA FISTEUS (CxG-CCTT).Dª. KATIA MARGARET PROCINO TOIMIL. (CxG-CCTT).D. MIGUEL ÁNGEL MEDELA DOBARRO. (CxG-CCTT).D. JUAN JOSÉ CRUZ GARCÍA. (CxG-CCTT).D. TOMÁS VILARIÑO FIDALGO. (CxG-CCTT).D. NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES (PSdeG-PSOE).Dª. CELIA ALONSO CARAMÉS. (PSdeG-PSOE).D. JOSE MANUEL HERMIDA ARIAS (PSdeG-PSOE).Dª. LARA RODRÍGUEZ PEÑA. (APAC).D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS. (PP).Dª. MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (PP).D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (PP).D. JOSÉ ANTONIO VARELA QUINTELA. (PP).Dª. MARÍA ÁLVAREZ PAZ. (PP).D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. (PP).D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (PP).Dª. RAQUEL LORENZO FERNÁNDEZ. (PP).Dª. EVA MARÍA MONTOTO MÉNDEZ. (PP).Dª. MARÍA JOSÉ SENANDE MÉIJOME. (PP).

SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS.

INTERVENTORA XERAL: Dª. MARTA OVIEDO CREO.

Ausente:

D. XOSÉ MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ. (BNG).

1

ÍNDICE:

1.- Aprobación, se procede, da acta Nº 10/2015 da sesión extraordinaria celebrada o día 27 de agosto de 2015...........................................................................................................................páx.4

2.- Decretos de Alcaldía. Dación de Conta................................................................................páx. 5

3.- Corrección de erros..............................................................................................................páx. 7

4.- Escrito de renuncia á súa condición de Concelleiro de D. Xosé Manuel López Fernández..................................................................................................................................páx. 7

5.- Mocións de Grupo de Goberno...........................................................................................páx. 8

5.1.- Moción do grupo de goberno para que se tomen medidas por parte da administración para por fin á crise de prezos do sector lácteo.........................................................................páx. 8

5.2.- Moción do grupo de goberno para a posta en marcha da Comisión do Rueiro de Lalín.........................................................................................................................................páx. 11

5.3.- Moción do grupo de goberno sobre a situación da sección en Lalín da Escola de Gaitase percusión da Deputación de Pontevedra..............................................................................páx. 13

5.4.- Moción do grupo de goberno para dotar a Lalín dunha unidade de Hemodiálise Tradicional Ambulatoria Pública con todas as garantías de persoal e medios técnicos..........páx. 16

5.5.- Moción do grupo de goberno para o traslado da placa dos represaliados a Lalín....................................................................................................................páx. 18

5.6.- Moción do grupo de goberno relativa ao Regulamento da organización e funcionamento do Consello Municipal de Benestar Social.....................................pax. 21

6.- Mocións do PP....................................................................................................................páx. 23

6.1.- Moción do PP sobre a continuidade da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación en Lalín.......................................................................................................páx. 23

6.2.- Moción para a Promoción do Leite Galego no Concello de Lalín...........................páx. 23

6.3.- Moción sobre o Proxecto do Sector Porcino na Comarca do Deza ...............................................................................................................................páx. 25

6.4.- Moción para a adhesión de Lalín ao Plan de Transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela.................................................................................................páx. 26

6.5.- Moción sobre a apertura do Rexistro Municipal polas tardes.................................páx. 28

2

7.- Comparecencia de D. Nicolás González Casares..............................................................páx. 30

8.- Rogos e Preguntas.............................................................................................................páx.31

3

Sendo as dez horas do xoves, día 1 de outubro de 2015, xuntáronse no salón de actos doConcello de Lalín (Pontevedra), baixo a Presidencia do Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael LuísCuíña Aparicio, os señores concelleiros que enriba se indican co gallo de celebraren a sesiónordinaria do Pleno da Corporación, convocada para este día e hora.

A todos os asistentes entregóuselles a orde do día, o expediente púxose á súa disposición ecumpríronse tódalas determinacións previstas na normativa vixente.

Actúa como Secretario Xeral D. César López Arribas.

Actúa como Interventora Xeral Dª. Marta Oviedo Creo.

Non asiste D. Xosé Manuel López Fernández (BNG).

De orde do Sr. Presidente, e seguindo as súas instrucións, entrouse no estudo e nadeliberación dos asuntos que conforman a orde do día co seguinte resultado:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA Nº 10/2015 DA SESIÓN ORDINARIACELEBRADA O DÍA 27 DE AGOSTO DE 2015.

Deuse conta pola Presidencia do borrador da acta nº 10/2015 da sesión ordinaria celebradao día 27 de agosto de 2015. De seguido o Sr. Presidente preguntoulles aos asistentes se tiñanalgunha observación que faceren á mesma.

Por parte do edil, D. José Antonio Rodríguez Fernández, pedíronse as seguintesrectificacións ao dito borrador:

- A). Na páxina 23 na parte dispositiva do punto 2.-, onde dí: A elaboración dunha métricapara poder analizar a súa elaboración, debía constar o que el pasou á edil Dª. Lara RodríguezPeña:

A elaboración dunha métrica para poder verificar o grao de cumprimento das determinaciónsda dita Ordenanza reguladora da transparencia.

- B). Na páxina 37, antes da votación e despois da intervención do Sr. Secretario debíaconstar que o Sr. Alcalde dixo que aínda que o Sr. Secretario tiña dúbidas, el ía votarafirmativamente a moción e o texto proposto.

- C). Na páxina 38, ó final da parte dispositiva, suprimir:O Servizo contará, cando menos, cunha persoa en dedicación exclusiva, que recibirá o

nome de Normalizador/Lingüística Municipal.

- D) Na páxina 37 o apelido non era correcto; constaba González e era Fernández.

Por parte de Dª. Paz Perez Asorey:

- E). Na páxina 27 nas súa intervención debía constar que a xuntanza a tivo co Sr. Xerente

4

do Consorcio D. Roberto Rodríguez Martínez.

- F). Na páxina 27 onde pedía que se reclamasen as liquidacións dos ano 2013-2014,tamén pedía que se mantivese o persoal.

- G). Na páxina 27 pediu que se inclúa a solicitude dun convenio marco.

Diante destes puntos, o Sr. Secretario indicou que:

- No punto A, transcribiu o texto do documento que lle entregaron os participantes nodebate.

- No punto B, indicou que a acta era un resumo, non un diario de sesións.

Respecto ao punto B), interveu o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, que indicouque non tiña problema en que se fixera constar en acta as ditas verbas que eran as súas.

- No punto C, non tiña problema en admitilo, xa que se falou dese tema no debate, e todosestaban de acordo.

- No punto D referente ás conversas co xerente do Consorcio, non lle constaba; nonobstante non tiñan ningún problema en facelo constar se todos estaban de acordo.

- No punto seguinte E, do persoal e da liquidación, tampouco tiña problema en admitilo,aínda que en parte xa estaba recollido no borrador.

- No punto seguinte, non procedía, porque xa constaba no punto terceiro do dito acordo.

Con todas estas matizacións, por UNANIMIDADE dos asistentes aprobouse a dita acta de27 de agosto de 2015, ordenándose a súa transcrición ao Libro de Actas.

2.- DECRETOS DA ALCALDÍA. DACIÓN DE CONTA.

Dáse conta das seguintes resolucións ditadas pola Alcaldía dende a última relacióncomunicada a este órgano.

O Concello Pleno quedou enterado.

3.- CORRECIÓN DE ERROS.-

Este punto da orde do día, a instancia do Sr. Presidente e por UNANIMIDADE dosasistentes retirouse da sesión.

4.- ESCRITO DE RENUNCIA Á SÚA CONDICIÓN DE CONCELLEIRO DE D. XOSÉ

5

MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ. DACIÓN DE CUENTA .-

Deuse conta pola Presidencia do escrito de D. Xosé Manuel Fernández López de data 3 desetembro de 2015, entrada municipal do día 5 de setembro, nº 6009, no que que comunica a súarenuncia ao cargo de concelleiro de Lalín e pide a tramitación da mesma.

A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao referido escrito.

O Pleno do Concello de Lalín quedou enterado da dita renuncia e ACORDOU:

PRIMEIRO.- Aceptar a renuncia do concelleiro do grupo Bloque Nacionalista Galego, D.Xosé Manuel Fernández López ó seu cargo de concelleiro do Concello de Lalín (Pontevedra).

SEGUNDO.- Solicitar á Xunta Electoral Central que designe o antes posible ao novoconcelleiro deste Concello de Lalín que corresponde polo número de orde da candidatura doBloque Nacionalista Galego (BOP núm. 79 de 28 de abril de 2015).

5. MOCIÓNS DO GRUPO DE GOBERNO.

5.1 MOCIÓN DE GRUPO DE GOBERNO PARA QUE SE TOMEN MEDIDAS POR PARTEDA ADMINISTRACIÓN PARA POR FIN Á CRISE DE PREZOS DO SECTOR LÁCTEO.

A Presidencia deu conta desta moción de data 23 de setembro de 2015 e rexistro de entradado mesmo día co número 6432. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorableda Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior, e Actividade Económicado día 28 de setembro de 2015.

Na exposición da moción, o Sr. Rafael Cuíña Aparicio, Alcalde-Presidente indicou que osector lácteo era un dos pilares da economía galega. Había unha situación de crise xeralizada áque había que aportar solucións. Indicou que o Concello de Lalín estivo en primeira liña nasprotestas e tractoradas que houbo estas semanas pasadas en Lalín. O Concello reunía unhassetecentas explotacións gandeiras e tiña problemas estruturais que había que afrontar.

Por parte do grupo socialista, D. Nicolás González Casares indicou que estaba a favor damoción.

Desde o grupo popular, D. Xosé Crespo Iglesias pediu ao Sr. Presidente que falase un sóvoceiro, porque a moción se presentaba como propia do grupo de goberno.

O Sr. Alcalde indicou que hoxe ían seren breves nas súas intervencións polo funeral dunfamiliar dun dos edís presentes na sesión.

De novo desde o PP. D. Manuel Fernández López adiantou que apoiaría a moción. Osector lácteo atravesaba graves problemas. Lembrou as tractoradas e manifestacións nas quetodos estiveron presentes, tamén o Sr. Alcalde e a plataforma constituída.Estaba de acordo coas verbas do máximo mandatario. A maiores indicou que este era o peordesastre que lembraba que houbera no sector lácteo. Tras as mobilizacións, perdéronse máis de

6

dezaseis millóns de litros de leite, cun total uns catrocentos trinta e dous mil euros; deles centonoventa mil correspondían a Lalín. Todo isto se perdeu a cambio de nada, froito dunha políticarastreira, negativa para todos, e dun acordo adoptado en vésperas das eleccións xerais dedecembro.

Indicou que nas últimas mobilizacións, dos nove mil gandeiros que había en Galicia, só seconcentraron uns douscentos cincuenta diante das explotacións gandeiras para impedir o accesoe a saída de lácteos das mesmas. Destes, a metade non vendían leite. En resume estaba endesacordo coas últimas actuacións realizadas no sector, como as anteriores de tirar o leite.Era partidario de esixir responsabilidades ás industrias lácteas. Sinalou que das industrias galegasque pecharon con estas concentracións finais, só dúas eran netamente galegas: as de Feiraco eas de Leite Río. O que se adiantou era que pagarían máis de vinte e sete céntimos de euro por litro e pasarían apagar vinte e nove céntimos por litro aos gandeiros. O que se pedía era unha contía maior, de seisou máis céntimos de euro por litro.¿É legal adoptar o acordo que se pedía na moción de poñer un prezo mínimo ó leite?De adoptarse este acordo de prezos mínimos que se pedía, o asunto iría ao Tribunal daCompetencia e declararía seguramente nulo o mesmo. “Sería meterlle un puro aos gandeiros”,sinalou.

Lembrou que no ano 2009, cando houbo problemas co sector lácteo e se conseguiu a pazno sector, houbo un acordo entre as partes e no texto do mesmo non se recolleu ningún prezomínimo; pola contra, agora si que se pedía por parte dos sindicatos que ese prezo mínimofigurase no acordo. Tamén había que dicir que daquela gobernaba en España o gobernosocialista; hoxe goberna o PP.A maiores o acordo non se asinou por moitas cooperativas e por varios sindicatos.Sobre os puntos da moción, pediu que o primeiro punto se retirase porque non podía ser, xa quenon era legal. Os demais admitíanos. Por iso pediu que se introducise ese cambio e caso votaríana favor a da moción.

De novo D. Rafael Cuíña Aparicio pedíulle respecto ao Sr. Crespo Iglesias, ao igual que elo tiña para con el e para cos do seu partido, e os sindicatos. A actuación do seu partido parecía adunha escena da Divina Comedia, de Dante Aligierhi, onde o inferno é un cono invertido, e noborde do mesmo, e onde se efectúa a traizón aos intereses de Galicia.

Cando escoitaba á oposición, dixo que lle daban gañas de “invadir Polonia”, como dicíaWoody Allen.Lembrou que el apoiou as concentracións e manifestacións, as tractoradas dos gandeirosgalegos, e asistiu ás concentracións. Coidaba que o Sr. Crespo Iglesias e o Sr. Fernández Lópeztamén estiveron presentes e apoiaron; pero non podía dicir o mesmo do seu partido, o PP, quetraizoaban aos gandeiros, os seus benefactores durante tantos anos.

De novo D. Manuel Fernández López, indicou que non entendía de citas literarias; o seuera o agro e o gando case todo o día. Indicou que tiña confianza en que a Unión Europeaencontre solucións aos problemas do sector lácteo. O lácteo, era un sector complicado. A raíz doproblema había que buscala en que algunhas industrias sacaban leite en pó, que adquirían abaixo prezo, e logo as empresas distribuidoras vendían a baixo prezo. Puxo como exemplo unhapartida que o anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia, 2005-2009 acordou remitir a Cuba, elogo apareceu nunha nave en Lugo.

Indicou que a actual Conselleira do Medio Rural e do Mar facía todo o posible para buscar

7

solucións aos problemas. Lembrou que a Xunta e o Sr. Presidente, D. Alberto Núñez Feijoo,reuniuse dúas veces cos gandeiros e estes logo foron a Madrid para conseguir o acordo.O que se buscaba e se buscou sempre foi o mellor para o sector lácteo. A proba disto eran asaxudas ou as subvencións que se ían conseguir da Unión Europea para as explotaciónsgandeiras. É dicir, traería cartos. Rematou insistindo en que o PP, o goberno da Xunta de Galicia esinaladamente o seu Presidente, a actual Conselleira e a Srª Ministra facían todo o posible paradefender aos gandeiros e ó sector lácteo.

Rematou o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, para destacar que, se non houbese astractoradas e as mobilizacións dos gandeiros das semanas pasadas, non se houbese conseguidonada. O goberno galego tiña que poñerse as pilas, e os sindicatos agrarios estaban relativamentesatisfeitos e á espera da aplicación do dito acordo, porque os problemas do sector lácteo eran dehoxe e a curto prazo.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzadaobtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: ningún.Abstencións: dez (10) do PP.

De acordo co disposto nos artigos 100.2 do ROF, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 denovembro, e 46. 2.d) da Lei/85, de 2 de abril, RBRL, sometida a unha nova votación a moción,mediante o sistema de man alzada, por existir empate de votos na primeira, obtívose o seguinteresultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: ningún.Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo APROBOUSE a moción co voto de calidade do Sr. Presidente, do tenorseguinte:

A Comisión expuxo que Lalín é un dos concellos de Galicia e do Estado con maiordependencia do leite, un sector que viviu unha transformación excepcional no último cuarto deséculo, co cese dun gran número de explotacións. A inexistencia dun marco regulador entreprodutores, industria e distribución, a falta de garantías para o cumprimento de acordos, a mínimaimplicación histórica das administracións e a recente liberalización do mercado comunitario, xuntoco veto ruso, desembocaron na peor crise do sector. O Goberno Municipal considera totalmentelexítimas as protestas dos produtores, ós que apoia incondicionalmente.

Lalín é un dos concellos de Galicia e de todo o Estado cunha maior dependencia do leite.Mantén unhas 12.500 vacas produtoras repartidas nunhas 800 granxas das que dependen dexeito directo e indirecto máis de 3.000 empregos, polo que a estabilidade do sector é substancialao desenvolvemento económico e social do municipio. O sector viviu no último cuarto de século

8

unha transformación excepcional, que provocou o cese de gran número de explotacións que nonse adaptaron á nova situación de mercado ou que non tiveron relevo xeracional. As granxas queperviviron, aumentaron a cabana gandeira e a produción e investiron en modernización técnica,xenética ou de formación co obxectivo de aumentar a súa rendibilidade e adaptarse ao novopanorama de mercados máis competitivos.

Non obstante, estes avances nos que os gandeiros puxeron todo o seu esforzo, semellannon ser suficientes e a inestabilidade, en particular no que a prezos se refire, segue a ser unhaconstante. Dita inestabilidade ven provocada pola inexistencia dun marco claro e formal narelación entre produtores, industria e distribución, que deixa nas mans destas últimas a fixacióndos prezos en función da súa conveniencia, así como a falta dun regulamento que garanta ocumprimento dos acordos. A isto hai que sumarlle a mínima implicación histórica dasadministracións na resolución dos conflitos lácteos e no apoio ao sector produtivo, así como aenorme e volatilidade e complexidade do mercado lácteo. Todos estes factores, engadidos árecente liberalización do mercado comunitario, que provocou un incremento da produción e aodescenso na demanda provocada, entre outras cousas, polo veto ruso, en cuxa implantación nadativeron que ver os gandeiros que agora sofren as consecuencias, desembocou na peor crise dahistoria do sector.

As explotacións están nunha situación económica límite. Viven ameazadas con deixar derecollerlles o leite, con prezos ruinosos que levan meses sen cubrir custos, contratos abusivos porparte das industrias e banalización dos produtos por parte das distribuidoras. A desesperación dosprodutores e produtoras é tal que nos últimos meses tiveron lugar por toda Galicia gran número demobilizacións masivas, que remataron nunha protesta sen precedentes, con tractoradas,bloqueos, e folga de entregas, nas que se pedía unha solución desesperada á situación. Unhasprotestas que o Goberno Municipal considera totalmente lexítimas e apoia incuestionablementecomo así o demostrou.

Non obstante, vista a urxencia da situación, inexistencia de acordos que beneficien aosgandeiros e a falta de implicación real da Xunta de Galicia, do Goberno do Estado, o Pleno daCorporación ACORDOU:

1. Instar ás administracións autonómica e central a que poñan en marcha todas as medidasdentro do seu carácter competencial para que se fixe un prezo mínimo de referencia, quepolo menos cubra custos de produción e que garanta e estabilidade e a sustentabilidadedo sector e acabe coa contínua incertidume que viven os gandeiros.

2. Solicitar a intermediación das administracións competentes para esixir que se eliminen oscontratos impostos polas industrias -abusivos e firmados á baixa- e que se poñan enmarcha medidas que garantan o cumprimento dos novos contratos e se establezan outrasde carácter sancionador para aquelas que os incumpran sistematicamente.

3. Instar ao Goberno do Estado, e á Xunta de Galicia, a que, dentro do seu marcocompetencial, tomen as medidas necesarias para garantir que a gran distribución acabecoa banalización que se fai do leite e dos produtos lácteos.

4. Que a Xunta apoie claramente ás organizacións de produtores, de modo que alcancenunha verdadeira capacidade de negociación na conformación dos prezos e participen nacomercialización e na creación de valor engadido nos seus produtos, co obxectivo deestabilizar os diferentes axentes da cadea.

9

5. Que as administracións impulsen e fomenten o consumo de lácteos, mellorando a imaxedo leite e do sector en xeral, promovendo un maior consumo, especialmente entre apoboación máis nova.

5.2.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA A POSTA EN MARCHA DA COMISIÓNDO RUEIRO DE LALÍN.

A Presidencia deu conta desta moción de data 24 de setembro de 2015 e rexistro de entradado mesmo día co número 6453. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorableda Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior, e Actividade Económicado día 28 de setembro de 2015.

Na defensa da moción, o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, indicou que o anova corporación tiña vontade de constituír esta comisión do rueiro, que xa existiu hai tempo, parapoñer nomes ás rúas de Lalín. Estaría integrada por destacados expertos e filólogos e trataría dedar resposta á demanda da xente. Indicou que lle pediu ao PP que nomeara dúas persoas paraintegrar esta comisión.

Por parte do grupo socialista D. Nicolás González Casares adiantou o voto afirmativo doseu grupo. Coincidía co Sr. Alcalde en que había solicitudes dos veciños, e referiuse a nomes derúas, como a de Celso Emilio Ferreiro, acordado polo Pleno hai moitos anos e que aínda hoxe nonse materializou.

Desde o PP, D. José Antonio Rodríguez Fernández indicou que non estaban de acordocoa exposición de motivos da moción, xa que namentres nunha parte se falaba desta comisióncomo órgano consultivo, noutra parte da mesma, en concreto na parte dispositiva se falaba defuncións de decidir. Isto non quedaba claro.Doutra banda tampouco vían que se tratase dun órgano apolítico, xa que había cargos nonpolíticos que andaban máis que algúns cargos propiamente políticos.Polo tanto pediu que se cambiase o término de decidir e doutra que se integrase por expertos sencargos políticos.

Contestou o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, no sentido de que nonaceptaba estas propostas do grupo popular.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzadaobtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: dez (10) do PP.Abstencións: ningunha.

De acordo co disposto nos artigos 100.2 do ROF, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 denovembro, e 46. 2.d) da Lei/85, de 2 de abril, RBRL, sometida a unha nova votación a moción,mediante o sistema de man alzada, por existir empate de votos na primeira, obtívose o seguinte

10

resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: ningunha.Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo o Pleno da Corporación APROBOU a moción co voto de calidade do Sr.Presidente, do tenor seguinte:

O elevado número de rúas sen nome que hai a día de hoxe en Lalín fai necesaria a creacióndunha comisión de expertos que, de maneira consensuada e plural, decida as denominaciónspara as vías da vila que aínda carecen dela.

A activación deste órgano consultivo pretende dar resposta a unha situación deprovisionalidade que se está a prolongar demasiado no tempo e debe ter por obxectivo facilitar ocoñecemento e a localización das rúas, non só para o servizo de correos ou as empresas detransporte, entre outras, senón para a veciñanza en xeral.

A composición da Comisión debe responder a criterios de rigor científico e pluralidade paraque esa pluralidade tamén se traslade á elección dos nomes das rúas de Lalín.

Tamén se pretende dotar de identidade propia ás rúas que non foron bautizadas no seumomento e, en boa medida, recuperar os topónimos tradicionais de Lalín e que se foron perdendoco paso do tempo. A activación da Comisión do Rueiro tamén servirá para dar cumprimento a undos acordos recollido no pacto do Goberno de integración e para avanzar na recuperación damemoria histórica, tal e como recolle o documento que define as liñas programáticas acordadaspolo actual executivo.

O propósito do Goberno municipal é bautizar as rúas sen demasiada demora, pero facéndoosempre con consenso, e para iso os grupos que conforman o Goberno municipal presentan aseguinte proposta para o seu debate polo Pleno

En consecuencia, o Pleno ACORDOU:

1. Poñer en marcha a Comisión do Rueiro de Lalín, que terá como principal función decidir,de forma consensuada e plural, os nomes das rúas de Lalín que aínda carecen del.

2. Este órgano terá carácter consultivo e estará formado por expertos sen cargo político, peroque, en todo caso, serán propostos polos diferentes partidos con representación plenaria.

3. Tamén serán membros desta comisión os portavoces de cada un dos grupos políticos doConcello de Lalín.

4. A Comisión do Rueiro estará presidida polo Alcalde de Lalín.

5.3.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO SOBRE A SITUACIÓN DA SECCIÓN EN LALÍNDA ESCOLA DE GAITAS E PERCUSIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

11

A Presidencia deu conta desta moción de data 23 de setembro de 2015 e rexistro de entradado mesmo día co número 6431. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorableda Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá, Cultura eEducación do día 28 de setembro de 2015.

A proposta do Sr. Alcalde-Presidente, e de conformidade cos edís presentes, o debate destamoción fíxose conxuntamente coa moción do PP referente ao mesmo asunto.

Falou en primeiro lugar o Sr. Alcalde-Presidente. D. Rafael Cuíña Aparicio. Indicou que, tale como adiantou, a vontade do equipo de goberno municipal era a de non deixar tiradas áspersoas que integraban a sección da banda de gaitas da Deputación Provincial de Pontevedra eque estaban no Conservatorio Profesional de Lalín. Non obstante se quería que tamén a Xunta deGalicia se implicase neste problema e aportase fondos e solucións.

Desde o Grupo Popular, D. Xosé Crespo Iglesias indicou que o goberno municipal incorríaen contradición neste tema. Trataba coa moción de tirar para arriba, “de escorrer o bulto”, esolicitar á Xunta de Galicia, igual que a moción do seu partido sobre o grupo leite galego. Nonrecollía para nada solicitar axuda á Deputación Provincial.

Indicou por alusións D. Rafael Cuíña Aparicio que non todo valía en política.

Seguiu a falar D. Xosé Crespo Iglesias, dixo que o Sr. Alcalde non era de esquerdas, só oera tecnicamente, pero que só tiña a apariencia de esquerda.Só se trataba de pedir á Xunta de Galicia e ao resto nada. Se non custa nada. A Xunta de Galicianon axudaría porque non tiña fondos. Había que apostar pola formación dos alumnos. Non sepode apostar e deixar 86 alumnos sen formación. Era sorprendente a calidade musical que tiñan.Debía seguir a funcionar. O grupo de goberno coa moción pretendía tirar para arriba, abrir omelón. A Xunta de Galicia non podía asumir o custo das escolas de gaitas de toda Galicia, dascatro provincias. A Consellería de Cultura tiña problemas para manter todo o entramado actual.Era inxusta a situación desta formación. Cada vez había menos financiación para este servizo.Fixo historia das xestións que houbo no seu día para que a Xunta de Galicia asumise no seutempo este Conservatorio, dos tempos do Sr. Presidente, Fraga Iribarne, de cando se creou esteConservatorio e o de Vilalba, etc., e das escasas posibilidades económicas que que houbo e queagora había para que a Xunta de Galicia o asuma.Pola contra, entendía que a Deputación Provincial de Pontevedra tiña previsto sacar en datasvindeiras un macroplán de obras e servizos, e o Concello ben podía tentar introducir este servizono mesmo.De seguido leu a parte dispositiva da moción, pedindo a aprobación da mesma.

Interveu o Sr. Alcalde. D. Rafael Cuíña Aparicio. Dixo que en última instancia quenpagaba esta Escola de Gaitas eran os cidadáns cos seus impostos. Desde logo quería deixar benclaro que o goberno municipal actual non ía deixar tirados aos alumnos desta unidade musical eapostaba claramente pola continuidade da Escola de Gaitas.

Por alusións, D. Xosé Crespo Iglesias dixo que votaría en contra de solicitar á Xunta deGalicia a axuda necesaria. Sen embargo coidaba que con esta petición única non habería cartos enon se resolvería o problema, porque a Xunta de Galicia non ía facer fronte a todas as escolas de

12

gaitas das catro provincias. Pola contra na Deputación Provincial si que podía axudar aosconcellos.

Falou entón a edil delegada de facenda Dª. Teresa Varela Fisteus. Indicou que o edilpopular D. Antonio Rodríguez meteu a moción do PP o sábado, e a través facebok. Chamáballe aatención que en relación con esta unidade musical todo xirase en torno a unha soa persoa:Hipólito. Indicou que na actuación de fin de curso da Banda de Gaitas no mes de xuño, a ela como edildelegada de facenda, non se lla invitou; pola contra o Sr. Crespo Iglesias asistiu cando estaba enfuncións, como representante da Deputación, non do Concello.Lembrou que desde o ano 2009, a Deputación Provincial elixiu a Hipólito Cabezas como persoaencargada da Banda de Gaitas, pero non só para Lalín, senón para as bandas de gaitas de toda aprovincia. Asinouse en data de 5 de xuño un convenio coa asociación para darlle unha subvención ecomprar os traxes. Constituíse polo tanto unha asociación cultural, formada por el mesmo, a súamuller e algúns profesores. Non había na dita asociación representantes dos alumnos, nin dospais dos alumnos. Nos traxes non se lles deu opción a opinar aos alumnos. Opinou só Hipólito.Pero á hora de asinar e de facer o adianto orzamentario, era ela como concelleira de facenda aque tiña que asinar e decidir.

Por alusións, D. Xosé Crespo Iglesias indicou que a Escola de Gaitas era da DeputaciónProvincial, que tiña unha sección en Lalín, ao igual que noutros concellos da provincia. Aclarouque asistiu ao dito acto como Vicepresidente da Deputación Provincial en funcións e lembrou quenaquela data os deputados do PSOE aínda non eran deputados.Doutra banda destacou que nunca se falou cos alumnos. Hipólito falou con Alfonso Daquela enrepresentación da Escola. O Concello pagou unha parte: o resto pagárono os rapaces. Demoscomo Concello unha subvención para ese fin, para que puidesen ter traxes os rapaces da ditaescola de gaitas. Como non había outra posibilidade de facelo legalmente, constituíuse unhaasociación para recibir a subvención municipal e adquirir os traxes.Quixo deixar claro que nin el, nin a Corporación municipal nunca decidiron onde tocaba a Escolade Gaitas; foi sempre Hipólito quen o decidiu.

De novo Dª. Teresa Varela Fisteus, matizou que nesa actuación, o desfile de fin de cursoda Escola de Gaitas, D. Xosé Crespo Iglesias era concelleiro da oposición. Daquela elaborou omodelo de traxe que lle encargaron.

Criticou por alusións D. Rafael Cuíña Aparicio as verbas empregadas en anterioresintervencións polo voceiro popular, tales como tinglado pola Escola de Gaitas e entramado polaConsellería de Cultura.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzadaobtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: dez (10) do PP.Abstencións: ningunha.

13

De acordo co disposto nos artigos 100.2 do ROF, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 denovembro, e 46. 2.d) da Lei/85, de 2 de abril, RBRL, sometida a unha nova votación a moción,mediante o sistema de man alzada, por existir empate de votos na primeira, obtívose o seguinteresultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: ningunha.Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo APROBOUSE a moción, co voto de calidade do Sr. Presidente, do seguintetenor:

O Goberno municipal de Lalín está a analizar as diferentes alternativas para intentar garantira continuidade do servizo que se lles presta aos alumnos e alumnas da sección da Escola deGaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra. A decisión do organismo provincial de rescindiro financiamento previsto para esta aula suscita dúbidas sobre o seu mantemento, xa que oscentros que coordina a Deputación deixarán de percibir a partida consignada nos orzamentos parao presente exercicio e da que depende o seu funcionamento.

Consciente da labor formativa que está a desenvolver a Escola no eido musical, o Gobernomunicipal de Lalín estableceu contactos dende o primeiro momento cos responsables da Aulapara coñecer de primeira man as posibles consecuencias desta decisión e para tratar de buscarsaídas que permitan garantir a actividade do alumnado. Tras varios encontros, o Gobernopropúxolles aos responsables da Escola que trasladasen ao Concello un estudo sobre os custeseconómicos que poderían supoñer o seu mantemento.

A posible colaboración do Concello coa Aula dependerá da análise que se faga dese informeeconómico e da capacidade para asumir un novo investimento ao que necesariamente lle haberíaque buscar encaixe nos orzamentos municipais.

Tendo en conta que a predisposición do Concello é favorable ao mantemento do servizo quese lle presta en Lalín ao alumnado da sección da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación,pero sendo consciente ao mesmo tempo de que ese obxectivo tal vez non poida ser asumidounicamente con recursos propios, o Pleno ACORDOU:

1. Instar á Xunta de Galicia a que, a través da Consellería de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria, estableza as fórmulas necesarias para garantir, dentro das súascompetencias e dispoñibilidade orzamentaria, o mantemento da actividade formativa quese lles estaba a prestar ata o de agora aos alumnos da sección en Lalín da Escola deGaitas e Percusión.

2. Instar á Xunta de Galicia a que, a través da Consellería de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria, impulse a elaboración e posta en marcha dun convenio coConcello de Lalín e a Asociación de Gaiteiros Galegos para poder impartir taménformación seguindo criterios acordes coa tradición musical propiamente galega.

14

5.4.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA DOTAR A LALÍN DUNHA UNIDADE DEHEMODIÁLISE TRADICIONAL AMBULATORIA PÚBLICA CON TODAS AS GARANTÍAS DEPERSOAL E MEDIOS TÉCNICOS.

A Presidencia deu conta desta moción de data 9 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 24 de setembro co número 6499. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá,Cultura e Educación do día 28 de setembro de 2015.

Na exposición de motivos D. Nicolás González Casares, do grupo de goberno, explicou amoción. Indicou que había un colectivo de enfermos en Lalín e na comarca que precisaban acudira Santiago de Compostela periodicamente para recibir a hemodiálise. Coa moción se buscabaque Lalín contase cun equipo destas características que facilite aos enfermos o acceso aotratamento e evite as ditas viaxes.

Desde o Grupo Popular, Dª Eva María Montoto Méndez indicou que a moción presentadacarecía de rigor. Había que ver o problema en conxunto do paciente, porque agora xa non habíaunha espera tan prolongada para recibir os tratamentos. Tampouco eran descoñecidos ospacientes. Agora as estancias son máis curtas e o problema real é o paciente, que ten outrasdoenzas engadidas, como retención de líquidos, etc. O problema era a calidade de vida que habíaque dar a estes pacientes. O normal era recibir o tratamento tres veces á semana, tres tardes.

Coidaba que coa moción, o edil propoñente buscaba sensacionalismo e non se daba aimportancia que merecían estes enfermos, e por suposto non abordaba o problema real, que era acalidade de vida destes enfermos. Era urxente dar tratamento aos pacientes críticos. Conviña suliñar que o tratamento era o mesmo o que se daba nos centros públicos que noscentros concertados; “salvaba vidas por igual”, afirmou . Ten a mesma calidade un que outro. Porelo, porque non recollía a asistencia total, non estaba de acordo co plantexamento da moción.Propuxo no seu lugar como emenda transaccional que se incluísen tamén aos centros privadosconcertados e non só os públicos aos que irían estes equipamentos.Tamén había que dicir que os problemas para estes pacientes non se producían soamentedurante as viaxes de ida, senón que tamén eran frecuentes padecelos no regreso de recibir otratamento.A hemodiálise era un problema que se estaba a tratar en moitos centro públicos e privados.Si que era transcendente a moción, pero tamén había que incidir en que o importante era que ospacientes recibisen o tratamento, sen viaxar, podendo ser tratados tanto en centros públicos comaen centros concertos privados. Era gratis para o enfermo o tratamento nun e noutro caso. Amoción non mencionaba esta posibilidade.

Por alusións, o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, felicitou a Dª Eva MontotoMéndez, na súa primeira intervención que tiña no Concello como edil, e ao mesmo tempo díxolleque esperaba vela moito tempo na oposición.

De novo polo grupo de goberno, D. Nicolás González Casares salientou que a mociónpresentada era evidentemente técnica, e que el a redactou para que todo o mundo a entendera, enon só os profesionais do sector. El era profesor, daba clases desta materia e coñecía a casetodos os enfermos renais de Lalín . Era certo que os pacientes tiñan unha vida limitada, pero se

15

trataba de mellorala. Para iso ía a moción: para evitar as viaxes a Santiago.Lembrou que antes nesta mesma sesión, o Grupo Popular rexeitou unha moción do grupo degoberno; agora parece que cambiaban de criterio de actuación e non se opoñerían. Alegrábasepor elo e de que apoien ou se absteñan nas mocións do goberno municipal.Desde logo non aceptaba os cambios propostos pola edil popular, como emenda transaccional. O modelo sanitario que eles propuñan non tiña nada que ver co modelo que propoñía o PP enGalicia; aí estaba o exemplo de Vigo, que amosaba que a Xunta de Galicia quería dividir a Galiciaen dous modelos: o norte, cun modelo público; e o sur, cun sistema de sanidade privada.

De novo Dª Eva María Montoto Méndez reiterou que había que atender e defender aopaciente que era o importante e antepoñelo aos ideais políticos. Insistiu en que moitos pacientesque reciben hemodiálise asisten e reciben tratamento en centros sanitarios privados concertados.En Lalín había este tratamento. O importante era a calidade da asistencia que precisaban ospacientes. Era gratuíto e daba igual que fose público ou concertado, porque o importante deberaser que os pacientes tivesen acceso a este tratamento o mellor posible e con elo mellorar a súacalidade de vida.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzadaobtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: ningún.Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

Como é ben sabido a atención sanitaria especializada aos veciños e veciñas de Lalín venseprestando maioritariamente no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ese centro está amáis de 50 km do casco urbano da nosa vila e incluso a distancias maiores para pacientes dealgunhas das nosas parroquias.

Unha gran parte dos pacientes renais crónicos en fase avanzada necesitan realizarhemodiálise tradicional unha media de 3 veces á semana, o que supón unha media de 6 viaxessemanais, realizando prolongadas rutas en ambulancia ou en coches particulares cosconseguintes gastos. É habitual que estes pacientes saian de madrugada cara a Santiago eretornen aos seus domicilio pasadas as 14 ou 15 horas da tarde, e así de xeito continuado todasas semanas do ano.

Por outra banda compre sinalar que estes pacientes crónicos teñen unha saúde delicada einestable, polo que as prolongadas viaxes aumentan a posibilidade de sufrir algún evento desaúde complexo sen unha asistencia sanitaria especializada, fundamentalmente nas viaxes deida.

Os veciños e veciñas de Lalín levamos moitos anos esperando polo Centro de AltaResolución (CAR) pero no caso dos pacientes renais crónicos sometidos a hemodiálise tradicionalesta espera é moito máis angustiosa pois a súa delicada saúde non permite unha espera tan

16

prolongada por unha infraestrutura tantas veces prometida.

A día de hoxe calcúlanse nun mínimo de 25 pacientes os que se someten de xeitocontinuado a hemodiálise tradicional na comarca. A cifra de doentes mantense e manteranse aolongo do tempo mentres non haxa outro tipo de tratamentos ao seu alcance e os datosepidemiolóxicos non varíen, aínda que os pacientes non sexan sempre os mesmos.

Xa que logo, O Pleno Municipal ACORDOU:

- Solicitar á Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, que dote a Lalín dunha unidade dehemodiálise tradicional ambulatoria pública con todas as garantías de persoal e de mediostécnicos.

5.5.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA O TRASLADO DA PLACA DOSREPRESALIADOS A LALÍN.

A Presidencia deu conta desta moción de data 24 de setembro de 2015 e rexistro de entradado mesmo día co número 6500. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorableda Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá, Cultura eEducación do día 28 de setembro de 2015.

Na rolda de voceiros Dª. Lara Rodríguez Peña, da APAC defendeu a moción presentada,destacando que se trataba de recuperar a placa cos cincuenta e dous nomes dos represaliados enLalín co gallo da Guerra Civil. Pedíase que se traslade aquí, a Lalín, tras o intento do anteriorAlcalde, Sr. Crespo Iglesias, que non deu os froitos esperados.

Na rolda de voceiros D. Xosé Crespo Iglesias, do Grupo Popular, indicou ao Sr. Alcaldeque debera ser respectuoso coa oposición nas súas intervencións, porque o PP foi o partido máisvotado en Lalín, e deixar ao lado “os vaciles e os actos de chulería” cos edís do seu grupo. Opobo de Lalín era o que votaba e eles estaban aí por iso.Salientou que xa dixo desde o primeiro día que o PP ía facer unha oposición distinta á que facía aoposición cando el foi máximo mandatario. Pediu polo tanto respecto ao máximo mandatario.En relación coa moción en debate, contou as xestións feitas cando el foi Alcalde primeiro aquí elogo en Argentina. Había dúas asociacións inicialmente e logo fusionáronse nunha sóa entidade.Continuou relatando os feitos que non chegaron a bo fin e non veu a placa a Lalín. Elo non porculpa do goberno anterior. Non era razoable o sentimento de revanchismo que había no ambiente cando se presentaba estaclase de mocións. O PP en xeral, nin o de Lalín non era franquista, como tampouco o eran ningúndos concelleiros desta corporación e desde logo non tiñan nada que ver co dito movemento.Rexeitou polo tanto o movemento sectario e revanchista que parecía existir con estes temas.Agora había novos esforzos para traer a placa.Eles íanse abster porque se trataba dun acto sectario que non era propio da democracia.

Por alusións a edil popular, D. Eva Montoto Méndez, matizou que non se sentía afectadapolas verbas do Sr. Alcalde.

17

Desde a Presidencia, D. Rafael Cuíña Aparicio felicitou de novo a Dª Eva MontotoMéndez, polas leccións que lle deu a vostede, en referencia ao Sr. Crespo Iglesias. Salientou queas súas verbas foron expresións democráticas e respectuosas.

De novo Dª. Lara Rodríguez Peña rexeitou que houbese signo de revisionismo nin nocontido nin no entorno. Era unha cuestión de xustiza traer aquí a placa dos cincuenta e dousnomes represaliados. Non era unha revisión do franquismo, pero había que entender que habíaun goberno distinto que quería recuperar a placa.Lembrou que no ano 2006 unha proposta da oposición neste sentido non foi tramitada polodaquela grupo de goberno municipal.

Finalmente D. Xosé Crespo Iglesias dixo que non ía dar leccións a ningún de democracia,pero insistiu no que dixo. Indicou que a actuación na anterior sesión plenaria do Sr. Alcalde co edilD. Antonio Rodríguez Rodríguez, aínda que se pediron desculpas, foi dunha grande desvergonza.Non se podía dar un “cariño” aos edís e ao mesmo tempo darlles un “leñazo”, en alusión ásverbas dirixidas polo primeiro mandatario á edil Dª. Eva Montoto Méndez. No fondo latía a idea de que había que levar a cabo a vontade dos que pagaron a placa que eraque a mesma estea en Lalín cando haxa democracia.

Falou o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio para indicar que sempre respectaba a todoscando falaban, destacando que sobre as verbas en relación co dito edil xa falou e se desculpou.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzadaobtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1) daAPAC.

Votos en contra: ningún.Abstencións: dez (10) do PP.

Así pois, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

O Congreso dos Deputados aprobou en febreiro de 2006 unha iniciativa que establece queese ano fose declarado “ano da Memoria Histórica” e se recoñecese a IIª República comoantecedente da democracia instaurada coa Constitución de 1978. Nesa iniciativa instábase aoGoberno a promover, en colaboración coas Comunidades Autónomas e Concellos, actos dehomenaxe a quen foron vítimas da Guerra Civil e a ditadura posterior, entre as que menciona aosfalecidos, represaliados e exiliados.

Desde o Goberno Municipal do Concello de Lalín consideramos que estas declaracións einiciativa deben ser concretadas para a Comarca do Deza, nun acto que sirva para restaurardefinitivamente a dignidade e recuperar a memoria enmudecida durante catro décadas de pedrade todas aquelas persoas asasinadas, perseguidas e castigadas pola Ditadura de Franco. Ecremos que se debe comezar polo recoñecemento público ás vítimas desa ditadura. Xa que logo:

A memoria da barbarie represiva dos primeiros anos do réxime franquista no Deza foiconservada na emigración: en Buenos Aires, colgada na entrada da sede da Federación de

18

Sociedades Galegas, hai unha placa de bronce cunha alegoría da República que a SociedadeUnión del Partido de Lalín (da que formaban parte emigrantes de todos os concellos do Deza)instalou en 1954 en homenaxe ás vítimas da represión franquista (segundo está escrito: “aos quecaeron en defensa da liberdade da República española e os dereitos humanos”). Figura nela unlistado de 52 persoas, co seu respectivo cargo ou profesión, agrupados por concellos,“asesinados por pensar y desear para todos un mundo mejor”. O 14 de abril de 1954, coincidindocos actos do aniversario da República, instalase na sede da Federación (Rúa Chacabuco, 955).No acto pronuncia un discurso o presidente da Sociedade UPL, Bernardino Dobarro, quen logo defacer referencia á data explica os motivos que levaron á Sociedade a facer a homenaxe, le a listados caídos, para os que pide un minuto de silencio e continúa:

“La nómina, grande por el número de los ciudadanos sacrificados por defender causa tanjusta, la República legal y libertad del pueblo, demuestra claramente como procedió la reacción enel Partido de Lalín, hecho que condenamos los emigrados demócratas y republicanos,perpetuando en el bronce el nombre de los caídos, y en nombre de ellos, el pueblo, en sumomento oportuno sabrá hacer justicia”.

As palabras finais do seu discurso (que se conserva no Arquivo do Club Lalín de Bos Aires,sociedade na que acabou fundíndose a UPL), foron:

“Esta placa la entregamos en custodia a la Federación de Sociedades Gallegas, templo dela democracia Española en la República Argentina y hasta que la Sociedad que represento,disponga el lugar definitivo donde deba colocarse, esperamos que sea en el Ayuntamiento o en laPlaza de Lalín”.

A Sociedade UPL acabou disolvéndose antes da implantación da democracia en España esen tomar ningunha outra decisión sobre o destino definitivo da placa. Aínda que, como demostraninvestigacións recentes, o listado de vítimas que aparece na placa non é completo, e algúnsnomes e apelidos están recollidos de xeito incorrecto (mesmo dalgunha figura só o alcume), porser realizada partindo fundamentalmente dos relatos dos que ían chegando á Arxentina, a placa érepresentativa e serve para homenaxear a todas e a todos os represaliados polo franquismo noDeza. Moito máis se temos en conta que esta iniciática da UPL é singular e única en todo oEstado Español: as placas que se fixeron en lembranza dos represaliados doutros concellos(como a da sociedade de Betanzos) ou comarcas, son de carácter máis xenérico e en ningunhafiguran os nomes dos asasinados.

Trala deturpación da historia construída no franquismo e o pacto de silencio instaurado natransición, temos a necesidade de recuperar o noso pasado próximo, ese que tanto segue amarcar o noso presente. Consideramos que os tempos son chegados e que xa é hora de cumprira vontade dos dezaos que fixeron a homenaxe aos que morreron en defensa da liberdade e ademocracia: traer esta placa a Galicia e instalala nun lugar de honra do Concello de Lalín, a novapraza do Concello, para que serva de homenaxe e lembranza a tódalas vítimas do franquismo.

Cremos que deben ser todos os concellos da Comarca e a Mancomunidade de Concellos doDeza, como representante democrática de todos, a que leve adiante esta iniciativa. Porque sófacendo xustiza co noso pasado, coa memoria acalada dos que loitaron polas liberdadesdemocráticas naquel entón, conseguiremos expurgar as pantasmas da historia e construír sobre

19

bases sólidas a democracia.

Por todo o antedito, o Pleno da Corporación municipal de Lalín ACORDOU:

- Instar ao Goberno Municipal a que solicite, xestione e tramite o traslado da Placa dosnomes das vítimas da represión da comarca do Deza actualmente depositada na sede daFederación de Sociedades Galegas de Bos Aires e instalala definitivamente en Lalín, tal como erao desexo dos que a realizaron: os socios da Unión do Partido de Lalín.

- Dirixirse ao resto dos Concellos da Comarca e a Mancomunidade de Concellos do Dezapara solicitar o seu apoio para esta medida.

5.6 MOCIÓN RELATIVA AO REGULAMENTO INTERNO DA ORGANIZACIÓN EFUNCIONAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE BENESTAR SOCIAL.

A Presidencia deu conta desta moción de data 15 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 24 de setembro co número 6498. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá,Cultura e Educación do día 28 de setembro de 2015.

Na rolda de voceiros D. Nicolás González Casares, do grupo de goberno, dixo que esteregulamento se elaborou con dedicación e deuse unha copia do mesmo á edil popular para que oestudase e aportase o que coidase conveniente. Estimaba que era respectuoso coas normasvixentes e co goberno local. Ata hoxe, a edil popular non dixo nada ao respecto.

Desde o grupo popular, a edil Dª Paz Perez Asorey recoñeceu a elegancia institucional dorepresentante do goberno. Non obstante, gobernar correspondía ao edil e ao restante grupomunicipal. Non obstante coidaba oportuno introducir unha serie de matices ao dito regulamentoproposto.En primeiro lugar dixo que xa existía o Consello Local de Coordinación de entidades solidarias,que presentaba e coordinaba a casuística nese tema.Sobre as competencias deste órgano, coidaba que os apartados h), i) e l) eran funcións propiasdos técnicos municipais, máis que da mesma, e polo tanto o regulamento restaría protagonismo efuncións aos técnicos municipais.Parece que non se lle daba importancia ao labor do equipo técnico. Antes sempre tiveron en contaese recoñecemento ao seu labor.Non era necesario recorrer a unha asesoría externa, como contemplaba este regulamento, paraabordar determinados expedientes. Si que existían os colexios profesionais, de avogados,psicólogos e sindicatos, pero non procedía externalizar os asuntos municipais.

Por segunda vez no turno da palabra, D. Nicolás González Casares afirmou que non habíaoutros órganos políticos que decidirían nos asuntos, como se dicía desde a oposición. Haberíaunha maior participación para estudar as políticas municipais. Si que habería maior pluralidade.O apartado h) era igual para todos e podíase quitar. De todos modos, o feito de contar coa opinióndoutros profesionais non era nada malo e non supuña menoscabo para ninguén. Si que estaba a favor de levar a cabo un control e unha protección de datos.

20

Finalmente indicou que non era partidario de tratar casos individuais e só os públicos.

De novo Dª. Paz Pérez Asorey volveu a dicir que ela tamén coidaba que había que levarunha política de protección de datos, que xa se levou no período anterior. Recoñeceu a eleganciainstitucional por facilitarlle un exemplar do dito regulamento, pero engadiu que lle tocaba gobernarao grupo propoñente. Finalmente pediu que tamén debían eliminar os apartados i) e l). Con isto,non apoiarían a proposta.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzada,por UNANIMIDADE dos asistentes que foron: seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e(1) da APAC e dez (10) do PP, ACORDOUSE deixar sobre a mesa a proposta e o expedientedeste punto da orde do día.

Sendo as 12:30 horas, abandonou definitivamente a sesión D. Tomás Vilariño Fidalgo, quedando con cinco (5)o grupo CXG-CCTT e cun total de dezanove (19) asistentes á sesión.

6.- MOCIÓNS DO PP.

6.1.- MOCIÓN DO PP SOBRE A CONTINUIDADE DA ESCOLA DE GAITAS EPERCUSIÓN DA DEPUTACIÓN EN LALÍN.

A Presidencia deu conta desta moción de data 4 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 5 de setembro co número 6019. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá,Cultura e Educación do día 28 de setembro de 2015.

O debate desa moción realizouse xuntamente coa moción presentada polo grupo degoberno que figura no punto 5.3. da sesión e da presente acta. En consonancia, o número deasistentes era neste punto de vinte concelleiros.

Na moción pedíase que o Concello de Lalín se dirixa á Deputación de Pontevedra para que manteña acofinanciación da sección de Lalín da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra como estaba ata o de agora e quepermitiu no último ano a formación de 86 músicos en música tradicional galega. No caso de que a Deputación dePontevedra persistira na negativa de manter a cofinanciación da sección de Lalín da Escola de Gaitas e Percusión daDeputación, pedíase instar ao Concello de Lalín a que se fixera cargo da Escola de Gaitas e Percusión e da Banda deGaitas dependente dela.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzadaobtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: dez (10) do PPVotos en contra: dez (10), sendo cinco (5) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1)

da APAC.Abstencións: ningunha.

De acordo co disposto nos artigos 100.2 do ROF, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 denovembro, e 46. 2.d) da Lei/85, de 2 de abril, RBRL, sometida a unha nova votación a moción,

21

mediante o sistema de man alzada, por existir empate de votos na primeira, obtívose o seguinteresultado:

Votos a favor: dez (10) do PP.Votos en contra: dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1)

da APAC.Abstencións: ningunha.

Xa que logo REXEITOUSE a moción co voto de calidade do Sr. Presidente.

6.2.- MOCIÓN DO PP PARA A PROMOCIÓN DO LEITE GALEGO NO CONCELLO DELALÍN.

A Presidencia deu conta desta moción de data 16 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 18 de setembro co número 6395. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior, e ActividadeEconómica do día 28 de setembro de 2015.

En defensa da moción, o voceiro do Grupo Popular, Sr. Crespo Iglesias, explicou o contidoda mesma. O fin último que se buscaba era que se consumise en Galicia máis leite de Galicia,leite que había que apoiar á vista dos problemas que atravesaba o sector. Era normal e taménxusto que en Galicia se vende máis leite de aquí, e non a que veña de fora, aludindo ó leite deFrancia.

Desde o grupo Compromiso CXG-CCTT Lalín, D. Rafael Cuíña Aparicio, Alcalde-Presidente indicou que estaba de acordo coa moción, aínda que a mesma lle lembraba oproteccionismo que levou a varios conflitos bélicos.

Desde o grupo socialista, D. José Manuel Hermida Arias indicou que Galicia producía ooitenta por cento do leite que se consumía en España. Tendo en conta o peso deste sector noconxunto total e na economía, era conveniente tamén que na moción se engadise un apartadoque recollese dirixirse ao Ministerio de Agricultura para facer unha campaña a nivel nacional, enon só limitada a Galicia.

Finalmente desde o grupo popular, D. Xosé Crespo Iglesias matizou ao anterior voceiro,indicando que esa campaña a nivel nacional xa existía.

Sometida a votación ordinaria a moción mediante o sistema de man alzada, obtívose oapoio por UNANIMIDADE dos dezanove (19) concelleiros, sendo cinco (5) de CxG-CCTT, (3) doPSdeG-PSOE, (1) da APAC e dez (10) do PP.

Xa que logo APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

O sector lácteo galego en xeral e o deste concello en particular, veñen sufrindo unha crisede prezos que ten moito que ver cunha conxuntura mundial de exceso de leite producido e unhabaixada xeneralizada do seu consumo, que rolda o 3 %. Nas explotacións galegas producen un

22

leite de excelente calidade motivado por unha mellora xenética importante: a suma de condiciónsxeográficas e un manexo excepcional das vacas. Impulsar o seu consumo e recoñecemento étraballo que está a desenvolver a Xunta de Galicia a través dunha campaña de promoción damarca “Galega 100%”, que identifica co seu selo o leite de calidade diferenciada producido nasexplotacións da nosa comunidade.

Esta medida de valorización do noso produto de calidade complementarase en breve coadiferenciación dos produtos amparados pola marca nos lineais dos supermercados, de xeito queos consumidores e consumidoras poderán escoller máis doadamente o leite galego de calidadediferenciada. A maiores os galegos e galegas tamén teremos unha iniciativa promocional detetrabriks pequenos de “Galega 100 %” para fomentar o consumo de leite entre os consumidores.

En consecuencia o Pleno da Coproración ACORDOU:

1. Solicitar á Consellería do Medio Rural e do Mar a adhesión á campaña promocional doleite de calidade diferenciada producida nas explotacións galegas “Galega 100%”.

2. Promover accións, en conxunto de colectivos sociais e empresariais deste termomunicipal para levar a cabo accións de promoción de “Galega 100%” entre os consumidores enxeral. 3. Desenvolver esas medidas de inmediato, facendo fincapé, entre outros, nos seguintes aspectos:

a) Difusión da campaña publicitaria de “Galega 100 %”.b) Accións de concienciación do consumo da nosa leite “Galega 100 %” nos centroseducativos lalinenses.c) Accións de promoción e difusión entre o gremio hostaleiro mediante o reparto de leiteamparado co selo “Galega 100 %”.d) Medidas de entrega de leite “Galega 100 %” nos principais eventos lúdico-festivos edeportivos do Concello de Lalín.e) Compra dunha partida deste leite por parte do Concello de Lalín para entregar ásAsociacións sen ánimo de lucro como O Mencer, Cáritas, Virxe das Dores, etc.

6.3.- MOCIÓN DO PP SOBRE O PROXECTO DE MELLORA DO SECTOR PORCINO NACOMARCA DO DEZA.

A Presidencia deu conta desta moción de data 11 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 14 de setembro co número 6195. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamedesfavorable da Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior e ActividadeEconómica do día 28 de setembro de 2015.

Comezou o turno de voceiros, D. Xosé Crespo Iglesias, do Grupo Popular, explicando amoción. Salientou que desde o comezo o seu grupo sempre traballou a prol de promocionar osector porcino, un dos sectores gandeiros da economía de Lalín. En concreto aproveitando unhasubvención dos fondos europeos, a traveso da Deputación Provincial, dedicouse no programaDepodeza ao chamado “porco lalaíno”. Do do estudo que se fixo había cousas que conviñaaproveitar. Había tamén iniciativas en Santiago, Lugo e de Soprodeza. No programa actualpagáronse uns catrocentos sesenta mil euros nesta iniciativa. Coidaba que os estudios, traballos e

23

experimentos non podían perderse. Por elo presentaba a moción.Tamén lembrou que a axuda concedida era para isto: non podía dedicarse nin obterse outrasaxudas.

O Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, indicou que fose cal fose a orixe da subvención,estaba claro que se pagou con cartos públicos.

Desde o grupo socialista, D. Nicolás González Casares indicou que a Aula Virtual prontoestaría en funcionamento, ao igual que o Laboratorio do Pazo de Liñares.Fixo números do importe gastado e dos porcos obxecto dos experimentos, indicando e resumindoque cada porco saía cun gasto de dezaoito mil euros, aportando cifras para chegar a este cálculo.Á vista deste gasto realizado ata hoxe, que consideraba excesivo, había que destacar que nonhabía resultados espectaculares do mesmo. Xa que logo, o goberno municipal non ía contemplarnos orzamentos partida algunha para este gasto e programa. Esas cantidades destinaranse aodesenvolvemento urbano e a outros gastos máis xustificados desde o punto de vista social. Nonpolo tanto ao porco “lalaíno”.

De novo D. Xosé Crespo Iglesias indicou que os datos, os estudos e a información obtidaneses programa e en todo este tempo era un contido valioso e por elo privilexiado para Lalín, quenon podía desaproveitarse sen máis. A día de hoxe non houbo tempo de obter uns resultadosmáis satisfactorios, porque os estudos estaban nunha fase aínda embrionaria. Pero coidaba quenon se podían perder os traballos e estudos xa feitos e os resultados acadados ata hoxe. Pediuapoiar a moción.

Por alusións, o actual Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, dixo que o gobernomunicipal de hoxe non cría neste proxecto; ao contrario, estaba máis interesado en solucionar asnecesidades e as demandas dos cidadáns. Había unhas prioridades e unha preferencias dogoberno en gastar os cartos públicos.

Rematou este debate D. Xosé Crespo Iglesias, para sinalizar que os fondos públicos enúltima instancia deste programa repercutirían nas pequenas explotacións gandeiras de Lalín nasúa meirande parte.

Na moción pedíase a implicación do goberno municipal na continuidade do Proxecto de mellora do SectorPorcino na Comarca do Deza e a comparecencia do Alcalde-Presidente para explicar ao Pleno cales serían asinstalacións que se ofrecerían á Deputación de Pontevedra, a contía das facturas e o desenvolvemento do programa.

Sometida a votación ordinaria a a moción, mediante o sistema de man alzada, obtivéronseos seguintes resultados:

Votos a favor: nove (9) do PP.Votos en contra: nove (9), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1)

da APAC.Abstencións: unha (1) de D. José Antonio Varela Quintela (PP).

De acordo co disposto nos artigos 100.2 do ROF, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 denovembro, e 46. 2.d) da Lei/85, de 2 de abril, RBRL, sometida a unha nova votación a moción,mediante o sistema de man alzada, por existir empate de votos na primeira, obtívose o seguinte

24

resultado:

Votos a favor: nove (9) do PP.Votos en contra: nove (9), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1)

da APAC.Abstencións: unha (1) de D. José Antonio Varela Quintela (PP).

En consecuencia, REXEITOUSE a moción co voto de calidade do Sr. Presidente.

6.4.- MOCIÓN DO PP PARA A ADHESIÓN DE LALÍN AO PLAN DE TRANSPORTEMETROPOLITANO NA ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A Presidencia deu conta desta moción de data 16 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 23 de setembro co número 6426. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Acondicionamento, Obras e Planificación Territorial,Tráfico e Seguridade do día 28 de setembro de 2015.

Na rolda de voceiros D. Xosé Crespo Iglesias, do Grupo Popular explicou a moción.Afirmou que a comarca de Deza tería beneficios na súa economía no caso de entrar dentro daárea turística de Santiago de Compostela e outras opcións e posibilidades para os veciños deLalín. Indicou que inicialmente foron once concellos; posteriormente se adheriron os concellos deA Estrada e Vila de Cruces. Para Lalín era unha oportunidade que había que aproveitar.

Desde o goberno municipal, o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, salientouque estaban dispostos a apoiar. Indicou que xa tivo unha primeira reunión coa actual Consellería,Srª. Ethel Vázquez, na que amosou a súa boa disposición a que Lalín forme parte da mesma. Asnegociacións estaban abertas. Todo iso a pesar das xestións dalgún lalinense para que non foseasí e non me recibise a dita conselleira.

Finalmente D. Xosé Crespo Iglesias matizou que se o actual Conselleiro de Cultura, ao quese refería supostamente o Sr. Alcalde, falase con unha conselleira para que non recibise aomesmo ou a outra persoa, seguro que a Srª. Conselleira non o recibía. Non foi así, e rexeitou esasverbas do máximo mandatario.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oapoio por UNANIMIDADE co voto favorable de dezanove (19) concelleiros, sendo cinco (5) deCxG-CCTT, (3) do PSdeG-PSOE, (1) da APAC e dez (10) do PP.

Xa que logo APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

A Xunta de Galicia activou en xaneiro de 2011 o Plan de Transporte Metropolitano de Galiciaco obxectivo fundamental de mellorar a mobilidade e accesibilidade nos concellos do contorno detodas as áreas metropolitanas, e polo tanto, que os cidadáns que habitan nestes entornos dasgrandes cidades galegas puidesen dispor dun mellor servizo de transporte público colectivo queservise como unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado. A nova política tarifariaaplicada dentro do Plan de Transporte Metropolitano permite aportar grandes vantaxes

25

económicas ás persoas usuarias.

Co obxectivo posto na mellora da competitividade, calidade e eficiencia do servizo o Plan deTransporte Metropolitano apoiase en dous piares fundamentais:

Integración tarifaria: Trócase o modelo quilométrico a un modelo zonal. Isto supón pasar deprezos baseados na distancia xeográfica entre os puntos de orixe e chegada a unha tarifa únicapara cada ámbito zonal previamente definido, sen que haxa diferenzas segundo o modo detransporte público utilizado, a empresa que preste o servizo e o número de transbordos que faganas persoas usuarias na mesma viaxe.

Mellora das infraestruturas: o obxectivo é mellorar a información para a cidadanía nasterminais e puntos de parada. Para iso actúase sobre cuestións tales como a colocación erenovación de marquesiñas e postes de parada.

Ao abeiro deste PMT (Plan de Transporte Metropolitano) fóronse activando sucesivamenteas distintas áreas, sendo a primeira a de A Coruña que se puxo en marcha o 24 de xaneiro de2011 e que conta hoxe con 17 concellos asociados ao Plan. As Áreas de Santiago de Compostela(con 18 concellos) e de Ferrol (con 11 concellos) implantáronse respectivamente con data do 14 edo 21 de marzo de 2011, o Plan da Área de Lugo (8 concellos) implantouse o 5 de novembro de2012 e o Plan da Área de Vigo (con 13 entidades municipais) implantouse o 27 de abril de 2015.No caso particular do PMT na área de Santiago incorporáronse nos últimos meses dous concellosdo entorno de Lalín, os concellos de A Estrada e Vila de Cruces que forman parte do plan dendemaio do presente ano.

No ámbito puramente económico, o PTM implica unha serie de beneficios para os cidadánsque se traducen nun aforro medio anual para un usuario frecuente do transporte público de entre300 e 1200 euros, dependendo da orixe e o destino dos seus desprazamentos. No caso concretodos dous concellos do noso entorno A Estrada e Vila de Cruces, o aforro para os veciños oscila,segundo os cálculos da xunta, entre un 30 % e un 50 % dependendo de se o pagamento se fai enefectivo ou se utiliza a tarxeta metropolitana. Citando casos concretos, o billete sinxelo en efectivoa Santiago (dende A Estrada) pasa de 3,25 euros a 2,80 pagado en efectivo e a 1,84 coa tarxetametropolitana se se abonan máis de 40 viaxes. Todos os traxectos dentro do propio municipiomanterían un prezo único de 1,53 euros no billete único e 0,85 euros coa tarxeta citada. Amaiores, ao ser combinado co transporte urbano compostelán permitiría a utilización dos busesque percorren a cidade sen custo para os usuarios nos 9' minutos seguintes a finalizado otransporte interurbano co aforro de custos para poder chegar a calquera punto da cidade.

A implantación deste Plan en Lalín implicaría unha importante mellora no prezo dosdesprazamentos dos usuarios lalinenses a Santiago, unha colectividade importante na que figuranestudantes, funcionarios, traballadores de empresas e fábricas de Santiago, e mesmo pacientesdos centros hospitalarios que verían non só reducido o prezo se non incrementadas ascombinacións de transporte e mellorado o servizo de paradas e accesos a este medio.

En vista disto, o Pleno da Corporación Municipal de Lalín ACORDOU:

Instar ao grupo de goberno a que inicie as negociacións coa Xunta de Galicia para que o

26

Concello de Lalín poida adherir a maior brevidade posible ao Plan de Transporte Metropolitano naÁrea de Santiago como un máis dos 18 concellos que forman parte dela.

6.5.- MOCIÓN DO PP SOBRE A APERTURA DO REXISTRO MUNICIPAL POLASTARDES.-

A Presidencia deu conta desta moción de data 9 de setembro de 2015 e rexistro de entradado 11 de setembro co número 6146. A Continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá,Cultura e Educación do día 28 de setembro de 2015.

O voceiro popular, D. Xosé Crespo Iglesias indicou que a moción obedecía ás peticiónsdos veciños. Coidaban que o rexistro municipal tiña que estar aberto polas tardes para darlles esteservizo aos mesmos. Fixo historia desde a implantación da apertura do rexistro xeral polas tardes, cando catrofuncionarios se turnaban por días para vir de quince a vinte horas pola tarde; logo a mesmapersoa que facía tardes no gabinete atendía tamén ó rexistro xeral. A eles dáballes igual o sistemaque se buscase, con tal que o servizo se prestase o servizo aos veciños.

Interveu o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, para indicar que o servizoestaba sen prestarse. As verbas do voceiro popular non eran as mesmas que as que lletransmitiron os funcionarios municipais. O que o grupo de goberno pretendía era instalar aadministración electrónica por vía internet, e con papel se fose necesario. Esta era a intención dogoberno municipal, “e vaise facer”, precisou.

De todas formas, o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, indicou que todas as tardes unhagrande parte dos concelleiros estaban no Concello atendendo aos seus despachos e delegacións,é dicir, non se quedaba ningún veciño sen atender.

De novo D. Xosé Crespo Iglesias explicou que inicialmente foron “Rosa e Manolito” osque atendían este servizo de tardes; logo foron “Belén e Fe Ramos” desde a Alcaldía. O certo foique sempre estivo aberto, e logo a súa Secretaria. Tamén indicou que a administración electrónicafoi unha idea súa, do anterior grupo de goberno.

Rematou o debate D. Rafael Cuíña Aparicio para destacar que a intención era implantarefectivamente a administración electrónica, e que a meirande parte dos concelleiros estaban todasas tardes no Concello para atenderen á xente e ás súas delegacións.

Na moción pedíase instar ao goberno municipal a que recuperara o horario continuado de 08:00 a 20:00 horasde apertura do Concello para manter o funcionamento do rexistro municipal, a realización de tramitacións básicas e aconsulta de información que se mantivo, antes do recorte do servizo a mediados do mes de xuño, de xeitoininterrompido dende xaneiro de 2007 a xuño de 2015.

Sometida a votación a moción do grupo de goberno mediante o sistema de man alzada,obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: nove (9) do PP

27

Votos en contra: nove (9).dez (10), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE eun (1) da APAC.

Abstencións: unha (1) de D. José Antonio Varela Quintela (PP).

De acordo co disposto nos artigos 100.2 do ROF, aprobado polo R.D. 2568/1986, de 28 denovembro, e 46. 2.d) da Lei/85, de 2 de abril, RBRL, sometida a unha nova votación a moción,mediante o sistema de man alzada, por existir empate de votos na primeira, obtívose o seguinteresultado:

Votos a favor: nove (9) do PP.Votos en contra: nove (9), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE e un (1)

da APAC.Abstencións: unha (1) de D. José Antonio Varela Quintela (PP).

Así pois, REXEITOUSE a moción co voto de calidade do Sr. Presidente.

7.- COMPARECENCIA DE D. NICOLÁS GONZÁLEZ GASARES.-

O voceiro do Grupo Popular, D. Xosé Crespo Iglesias, en nome propio e do grupomunicipal, presentou unha moción na anterior sesión plenaria en relación ao art. 105 apartado 1do Real Decreto 2568/1986, de 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento deorganización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais que regula a comparecenciados membros do grupo de goberno, e solicita a comparecencia no vindeiro pleno do PrimeiroTenente de Alcalde do Concello de Lalín, Nicolás González Casares, para explicar os feitosocorridos na madrugada do día 11 ao 12 de agosto na celebración festiva de Vilatuxe; en aras aseguir os mínimos requisitos de conduta que recolle a Lei de Transparencia acceso á informaciónpública e ao bo goberno no artigo 26, apartado 6.O Concello Pleno na súa sesión de 27 de agosto de 2015 aprobou a súa comparecencia.

1ª.- PREGUNTA.- Cando foi á festa de Vilatuxe: ¿como asistiu á mesma?, ¿como veciño oucomo Tenente de Alcalde do Concello de Lalín?

Fun como veciño de Lalín cuns amigos.

2ª.- PREGUNTA.- ¿En que horario actúa vostede como Tenente de Alcalde? Ou: ¿Candoempeza e cando remata a súa vida como Tenente de Alcalde, Secretario local do PSOE e candocomo veciño de Lalín?

O Secretario interveu para dar lectura ao artigo 70.1 da lei 7/1985, de 2 de abril, e para pedirque compría, antes de cualificar os feitos, coñecelos, aínda que fose dun xeito reservado.

3ª.- PREGUNTA.- ¿Pode vostede presentarse como veciño de Lalín e noutros casos comoTenente de Alcalde?

Como me parece. Na miña vida privada fago o que me parece.

28

4ª.- PREGUNTA.- ¿Pediu desculpas a alguén polo seu proceder?

Si, desculpeime coas persoas oportunas.

O Sr. Secretario volveu pedir coñecer os feitos, aínda que fose dun modo reservado, porquenon coñecía os feitos dos que falaban na comparecencia.

5ª.- PREGUNTA.- ¿Por que pediu desculpas?

Estimei oportuno pedilas; no eido da miña vida persoal actúo como entendo.

6ª.- PREGUNTA.- ¿Non coida vostede que debe dar explicacións da súa conduta?

Non, cando afecta á miña vida privada.

7ª.- PREGUNTA.- ¿Que esperaba do seu comportamento?.

Só responderei das cuestións que afectan á miña delegación.

8ª.- PREGUNTA.- ¿Coida vostede que faltou ao respecto á xente de Lalín?

Non, non faltei ao respecto.

9ª.- PREGUNTA.- ¿Por que aceptou vostede a comparecencia?.

Porque a solicitaron.

10ª.- PREGUNTA.- ¿Fixo vostede algún comentario no sentido de que os veciños deVilatuxe eran uns aproveitados? ¿Pediu desculpas por elo?

Sabe vostede que a miña nai é veciña de Vilatuxe. Non comentei nada diso. Non pedíndesculpas a ningún colectivo, porque non o dixen. Só pedín desculpas a unha persoa.

O Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, deu por rematada esta comparecenciae baixo a súa responsabilidade, porque as preguntas formuladas eran improcedentes, xa queafectaban aos dereitos fundamentais do edil comparecente recollidos nos artigos 14 a 29 da CE.Engadiu que este era un dos espectáculos máis lamentables da súa corta vida política.

8.- ROGOS E PREGUNTAS.-

8.1.- ROGOS.-

Formuladas de xeito verbal.

GRUPO POPULAR.-

29

D. Xosé Crespo Iglesias.-

ROGO.- Pide que se responda ás preguntas formuladas polo grupo Popular nas anterioressesións plenarias e que ata hoxe non se responderon polo grupo de goberno.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

8.2.- PREGUNTAS.-

Presentadas por escrito.

GRUPO POPULAR.

Preguntas do Grupo Popular para o Pleno de setembro para que sexan respondidas antesdo Pleno de outubro.

A).- Está a rematar o ano e deberíase estar traballando na obtención dos terreos necesariospara a ampliación do cemiterio da Romea. En vista de que non se tivo coñecemento de ningunhanegociación nin tramitación neste senso -non sendo a supresión da partida que habíacontemplada nos orzamentos de 2015 para este cometido.

1ª.- PREGUNTA.- ¿Que se fixo dende que tomaron posesión ata hoxe no expediente deampliación do cemiterio da Romea?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

2ª.- PREGUNTA.- ¿Entenden que é necesaria e prioritaria a ampliación do cemiterio deRomea?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

B).- A comezos do mandato aprobouse nun pleno a realización dun informe económicofinanceiro do Concello de Lalín que recollese a situación real das arcas municipais a 13 de xuño.Anunciaban vostedes que estaría preparado para este pleno do mes de setembro.

3ª.- PREGUNTA.- ¿Realizouse xa ese informe Económico Financeiro? Cales son os seusresultados?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

4ª.-PREGUNTA.- ¿Entregarán copia do mesmo ao grupo da oposición?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

C) O 9 de maio o Alcalde publicaba na súa conta de Facebook que, no caso de gobernar,nos tres primeiros meses de mandato poría en marcha un plan integral de apoio ao comercio

30

baixo co lema “Se é de Lalín é bo”. Visto que ata o de agora non se fixo.

5ª.-PREGUNTA.- ¿Ten previsto o goberno local poñelo en marcha?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

6ª PREGUNTA. ¿Cando?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

7ª. PREGUNTA.- ¿Que cantidade de fondos pensa investir?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

D).- Tanto no mes de marzo en Facebook como posteriormente nalgunha das súascomparecencias na Praza da Igrexa, o alcalde gabábase de ter información privilexiada sobre ainminente implantación en Lalín dun gran grupo empresarial foráneo que ía xerar moitos postos detraballo.

¿Pódenos ampliar algunha información ao respecto?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

Ten feito a Alcaldía algunha xestión para favorecer a chegada dese gran grupo empresarial?O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

E) O 26 de decembro de 2014, Rafael Cuíña anunciaba na súa conta de Facebook a súaintención de que, no caso de chegar á Alcaldía, asinaría ante notario que o seu salario foseintegramente para cuestións de axuda social no concello. Aínda que ata o de agora non o fixo,

8ª. PREGUNTA.- ¿Ten previsto manter este compromiso?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

9ª. PREGUNTA.- De non ser así, ¿ten previsto pedirlle desculpas aos veciños polo seucambio de parecer?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

F).- ¿Cando ten previsto o goberno local iniciar o proceso de elección dos novos pedáneos?O goberno local xa anunciou que nas parroquias nas que haxa unha soa candidatura votarase afavor ou en contra do /a aspirante, pero:

10ª.- PREGUNTA. ¿Que pasará se os veciños votan en contra do único/a candidato/a quese presente?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

31

11ª.- PREGUNTA. ¿Ten previsto o goberno local ampliar o número de dedicaciónsexclusivas, no caso de que o BNG se integre no goberno?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

Finalmente indicou o Sr. Crespo Iglesias que a el as preguntas formuladas aocomparecente non lle parecían incorrectas lembrando algunha sesión na que o voceiro socialistadaquela, Sr. J. A. Cristóbal Fernández Vázquez lle fixo trinta ou corenta preguntas que taménincidían no súa honra.

E, sendo as trece horas e corenta e cinco minutos do mesmo día no que comezou, nonhabendo outros asuntos que trataren, e no mesmo lugar onde comezou, polo Sr. Presidentelevantouse a sesión. De todo iso, pola miña condición de Secretario e fedatario público dou fe.

O Alcalde. Dou fe. O Secretario Xeral.Rafael Cuíña Aparicio César López Arribas

32