acta da sesiÓn do concello pleno, …naron.es/web/docs/actas-pleno/pleno_29_05_2014.pdfao concello...

22
PLENO 29 maio 2014 ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, CELEBRADA CON CARÁCTER ORDINARIA O VINTENOVE DE MAIO DE DOUS MIL CATORCE SRES/AS ASISTENTES: SR ALCALDE-PRESIDENTE: D/Dª JOSE MANUEL BLANCO SUAREZ SRES/AS CONCELLEIROS/AS: D/Dª M. DEL CARMEN ESPADA CORTIZAS D/Dª MANUEL ANTONIO RAMOS RODRIGUEZ D/Dª GUILLERMO SANCHEZ FOJO D/Dª NATALIA HERMIDA RICO D/Dª ANGEL PERFECTO CASTRO RICO D/Dª JUAN PABLO MAURIZ ROMERO D/Dª M.DEL MAR GOMEZ CASAL D/Dª MIGUEL DE SANTIAGO BOULLON D/Dª HIPOLITO FARIÑAS SOBRINO D/Dª PABLO JAVIER PRIETO PERILLE D/Dª PATRICIA ANEIROS FREIRE D/Dª MARCOS LOPEZ BALADO D/Dª MANUEL PIGUEIRAS LOPEZ D/Dª MARCELA CASTRO ASCANIO D/Dª GONZALO IGLESIAS BLANCO D/Dª PABLO VILLAMAR DIAZ D/Dª TERESA JESUS SABIO RODRIGUEZ D/Dª CATALINA MARIA GARCIA BLANCO Na casa do Concello de Narón, ás 19:00 do vintenove de maio de dous mil catorce, baixo a presidencia do Sr. alcalde, JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ, reúnese o Concello Pleno para celebrar sesión ordinaria. Asisten os/as corporativos/as que se sinalan á marxe. Actúa de secretario ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI, O SECRETARIO XERAL. Aberta a sesión de orde da presidencia adoptáronse os acordos seguintes:

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

PLENO 29 maio 2014

ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, CELEBRADA CON CARÁCTER ORDINARIA O

VINTENOVE DE MAIO DE DOUS MIL CATORCE

SRES/AS ASISTENTES:

SR ALCALDE-PRESIDENTE:

D/Dª JOSE MANUEL BLANCO SUAREZ

SRES/AS CONCELLEIROS/AS:

D/Dª M. DEL CARMEN ESPADA CORTIZAS

D/Dª MANUEL ANTONIO RAMOS RODRIGUEZ

D/Dª GUILLERMO SANCHEZ FOJO

D/Dª NATALIA HERMIDA RICO

D/Dª ANGEL PERFECTO CASTRO RICO

D/Dª JUAN PABLO MAURIZ ROMERO

D/Dª M.DEL MAR GOMEZ CASAL

D/Dª MIGUEL DE SANTIAGO BOULLON

D/Dª HIPOLITO FARIÑAS SOBRINO

D/Dª PABLO JAVIER PRIETO PERILLE

D/Dª PATRICIA ANEIROS FREIRE

D/Dª MARCOS LOPEZ BALADO

D/Dª MANUEL PIGUEIRAS LOPEZ

D/Dª MARCELA CASTRO ASCANIO

D/Dª GONZALO IGLESIAS BLANCO

D/Dª PABLO VILLAMAR DIAZ

D/Dª TERESA JESUS SABIO RODRIGUEZ

D/Dª CATALINA MARIA GARCIA BLANCO

Na casa do Concello de Narón, ás 19:00

do vintenove de maio de dous mil

catorce, baixo a presidencia do Sr. alcalde,

JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ, reúnese o

Concello Pleno para celebrar sesión

ordinaria. Asisten os/as corporativos/as

que se sinalan á marxe.

Actúa de secretario ALFONSO DE PRADO

FERNÁNDEZ-CANTELI, O SECRETARIO

XERAL.

Aberta a sesión de orde da presidencia

adoptáronse os acordos seguintes:

Page 2: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

D/Dª MARIO ISASI MENDEZ

D/Dª MARIA JOSE RODRIGUEZ PORTO

SR. INTERVENTOR ACCTAL:

D/Dª MANUEL G. ANTÓN VILLAMIL

SR. SECRETARIO XERAL:

D/Dª ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI

1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES (24-04-14; 28-

04-14 E 30-04-14 )

Dada conta das actas dos días 24, 28 e 30 de abril do ano en curso, o Concello Pleno

por unanimidade deulles a súa aprobación.

2 º.- PROPOSTA SOBRE APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO SERVIZO

MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA E SANEAMENTO DO CONCELLO DE

NARÓN.. -Lida polo secretario xeral a proposta que di así: Tras a publicación do Real

Decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da

Edificación; e do Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento

marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia,

resulta convinte a aprobación dun Regulamento do Servizo Municipal de

Abastecemento de auga e Saneamento para este Concello, adaptado a aquela norma e

as súas ordenanzas.

Elaborado que o foi o devandito Regulamento pola Xerencia da mercantil COSMA, S.A.

(sociedade anónima de economía mixta, encargada da xestión integral do Servizo

Municipal de Auga e Saneamento de Narón, segundo acordo municipal plenario de

data 25 xaneiro de 2002);

Examinado o referido documento normativo polo Consello de Administración da citada

empresa na sesión celebrada o 26 de marzo de 2014;

Remitido aquel á entidade Augas de Galicia a fin de obter o informe preceptivo

consonte ao disposto no artigo 34.3 do Decreto 141/2012, do 21 de xuño,

anteriormente citado;

Page 3: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

E sendo tal informe definitivamente evacuado e remitido ao Concello o pasado día 14

de abril dos correntes (Rexistro municipal de Entrada nº 12.166);

Resulta preciso nestes intres incorporar ao texto de Regulamento elaborado as

observacións naquel contempladas.

A tal fin, e visto o ditame favorable por maioría, con 4 abstencións do PP e 7 votos a

favor do resto (4 TEGA+1BNG+1 PSdeG-PSOE+ 1 GRUPO MIXTO), da Comisión

informativa de Obras, Urbanismo e Servizos de data 19-05-14, o seu presidente propón

ao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes:

PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial ao Regulamento do Servizo Municipal de

Abastecemento de Auga e Saneamento deste Concello (que se incorpora como Anexo

I).

SEGUNDO.- Someter este acordo a información pública por un período de trinta días

hábiles, mediante inserción dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro

de anuncios do Concello a efectos de presentación polos interesados de reclamacións

ou suxerencias.

TERCEIRO.- A resolución das alegacións será acordada por este Pleno co audiencia

previa á entidade COSMA, S.A. De non producirse reclamacións entederase

definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

CUARTO.- Unha vez aprobado definitivamente o regulamento en vía administrativa,

conferir ao Sr.Alcalde-Presidente a representación do Concello de Narón na Xunta

Xeral de Accionistas de Cosma, S.A. para a adopción dese mesmo acordo.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria,

aprobou a proposta transcrita.

3 º.- PROPOSTA SOBRE MODIFICACIÓN DO INVENTARIO MUNICIPAL DE CAMIÑOS DO

CONCELLO DE NARÓN.. -Lida polo secretario xeral a proposta que di así: Vista a

alegación presentada por Dona Manuela Diaz Perez, sobre a titularidade dun camino

que discurre polo lugar de Calliqueira e Fontela-San Mateo.

Visto o informe emitido polo técnico, enxeñeiro agrónomo, D. Juan Carlos Trillo

Morado, que di:

Primeiro.- O camiño obxecto do informe parte do camino R52 do inventario de vías do

Concello de Narón e discorre cara ó Sur ata o lugar de Fontela.

Segundo.- O camino discorre nun primeiro tramo de 40 m. de lonxitude cun ancho de

2,50 m. con firme de material granular, nun segundo tramo de 160 m. de lonxitude cun

Page 4: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

ancho de entre 2 e 2,50 m. e firme de terra compactada; ó final deste tramo o camino

se atopa coa liña de deslinde entre o Concello de Narón e Ferrol, deslinde que segue

cara ó Sur nunha lonxitude de 96 m. polo eixo do trazado deste camino (a parte Este

do camino pertencería a Narón e a Oeste a Ferrol), ata chegar á propiedade sinalada

co número 40 do lugar de Fontela, discorrendo o deslinde entre os Concellos polo

vento Norte desta finca. A configuración da finca de reemplazo nº 3162 (propiedade

sinalada co número 40 de lugar de Fontela), das resusltantes do proceso de

concentración parcelaria de Cobas-Esmelle-Mandía e Marmancon, no Concello de

Ferrol, non reflicte o trazado do camino neste último tramo.

Á vista do anterior e visto o ditame favorable por unanimidade da Comisión

Informativa de Obras, Urbanismo e Servicios de data 19-05-14, o seu presidente

propón ao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes:

PRIMEIRO.- Estima-la alegación presentada por Dona Manuela Diaz Pérez, declarando

a natureza de publico do camino sito no lugar de Calliqueira-San Mateo, que parte do

camino R52 e discorre cara ó Sur ata o Lugar de Fontela.

SEGUNDO.- Incorpora-la superficie descrita ó inventario de vías do Concello.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria,

aprobou a proposta transcrita.

4 º.- PROPOSTA SOBRE ADHESIÓN Á CAMPAÑA "COMO CHO DIGO".. -Lida polo

secretario xeral a proposta que di así: Co obxectivo de visibilizar máis na prensa a

presenza da lingua galega, e visto o ditame favorable por unanimidade da Comisión de

Desenvolvemento da Actividade Social e Igualdade de data 20-05-14, a súa presidenta

propón ao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes:

Primeiro.- Aprobar a adhesión do Concello de Narón á campaña Como cho digo,

campaña impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da

Lingua (CTNL) que pretende visibilizar o uso do galego nos medios de comunicación.

A adhesión á campaña supón, por unha banda, que o Concello de Narón apoie a

declaración que a continuación se transcribe e que unha vez ditaminada pola Comisión

de desenvolvemento da Actividade Social e Igualdade e aprobada polo Pleno se lle

remita aos medios de comunicación.

“Concello de Narón: “Gustaríanos que o galego se visibilizase máis na prensa e

que o que comunicamos en galego fose transmitido nesta lingua”

Desde o Concello de Narón, con CIF P1505500G

Acordamos e declaramos

Page 5: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

Que nos gustaría que o galego se visibilizase máis na prensa e que, polo tanto,

que a información que transmitimos en galego mediante notas, declaracións,

conferencias, actos, entrevistas, etc., sexa reflectida e difundida nos medios de

comunicación de aquí na lingua en que foi xerada, isto é, en galego.

Deste xeito queremos contribuír a que o galego teña máis visibilidade nos

medios de comunicación e que estes o empreguen, cando menos, para

reflectiren as declaracións feitas nesta lingua, para informaren dos actos

desenvolvidos en galego, para crearen información a partir de notas e

comunicados redactados no noso idioma propio, etc.

Na actualidade hai moitas máis persoas e entidades que comunicamos con

frecuencia en lingua galega do que a imaxe lingüística dos medios transmite, polo

que consideramos que é importante que a prensa amose esa realidade, que o

noso idioma non quede así agochado e que teña presenza pública.

Por isto, facemos pública esta declaración e pedímoslles e agradecémoslles a

todos os medios galegos que teñan en conta esta vontade e que, cando

publiquen ou difundan informacións a partir de declaracións, entrevistas,

comunicados, conferencias, actos, etc., da nosa entidade que se desenvolveron

en galego, esa información, ademais de ser obxectiva e rigorosa, se reflicta en

lingua galega.”

E, por outra banda que se realice un acto de apoio e difusión de carácter local que

sirva para difundir e visibilizar a campaña e tamén para que nese acto se sumen a ela

novas persoas e entidades sociais relevantes e/ou de presenza pública no ámbito

(asociacións de todo tipo; deportistas; creadores/as; políticos/as dos distintos partidos;

responsables de entidades sociais, empresariais, culturais, deportivas, etc.).

Segundo.- Dar conta da adhesión á campaña á Coordinadora de Traballadores/as de

Normalización da Lingua e aos medios de comunicación con máis peso na comarca.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria,

aprobou a proposta transcrita.

5 º.- PROPOSTA SOBRE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE

NARÓN E A FUNDACIÓN AXENCIA ENERXÉTICA PROVINCIAL DA CORUÑA (FAEPAC)

PARA O FOMENTO DO AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS E

SERVICIOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARÓN.. -Lida polo secretario xeral a

proposta que di así: Dentro das competencias determinadas ás entidades locais pola

normativa vixente, atópase a protección do medio ambiente. A Unión Europea e o

estado español asinaron o protocolo de Quioto, que pretende contribuír a reducir as

emisión de CO2 e doutros gases contaminantes. Para a súa consecución faise

Page 6: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

imprescindible fomentar as políticas de aforro e eficiencia enerxética e de promoción

das enerxías renovables dende os Concellos.

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), é unha fundación sen

ánimo de lucro, participada pola Deputación provincial da Coruña, cuxas actividades se

centran, entre outras, na realización de estudos de planificación e programación para

establecer un programa de actuación enerxética; incentivar a difusión do uso racional

da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovables nos sectores da

administración pública e promover o aforro enerxético.

Vistos os informes técnicos que obran no expediente, así como o interese deste

Concello nas políticas medioambientais e de aforro enerxético e, visto o ditame

favorable por unanimidade da Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas

de data 22-05-14, o seu presidente propón ao Concello Pleno a aprobación da seguinte

proposta:

PRIMEIRO.- Aprobar o Convenio coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da

Coruña (FAEPAC) nos seguintes termos:

“CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A FUNDACIÓN

AXENCIA ENERXÉTICA PROVINCIAL DA CORUÑA (FAEPAC) PARA O FOMENTO DO

AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS E SERVIZOS MUNICIPAIS NO

CONCELLO DE NARÓN

En A Coruña, a xx de xxx de 2014

REUNIDOS

Dunha parte, Don José Manuel Blanco Suárez, en calidade de Alcalde-Presidente do

Concello de Narón, actuando en representación do mesmo, en virtude do establecido

no artigo 21.1 b) da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e na

lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Doutra parte, D. Diego Calvo Pouso, actuando en calidade de Presidente da Fundación

Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC), con CIF G-70053087, no uso das

facultades do seu cargo recollidas no artigo 17 dos Estatutos da Fundación, e do

acordo expreso na escritura de constitución da Fundación.

Ámbalas partes, recoñecendo a súa competencia e capacidade para formalizar o

presente CONVENIO DE COLABORACIÓN,

EXPOÑEN

Primeiro. Que o Concello de Narón e FAEPAC asinan o presente convenio de

colaboración para promover o uso racional da enerxía e o aproveitamento das enerxías

renovables e en consecuencia a mellora ambiental no municipio de Narón .

Segundo. Que FAEPAC é unha entidade sen ánimo de lucro, fundada en maio de 2006,

por iniciativa da Deputación da Coruña, a través do programa Intelligent Energy-

Page 7: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

Europe (EIE), co fin de alentar accións a nivel provincial para a utilización eficiente da

enerxía e o uso dos recursos enerxéticos provinciais.

FAEPAC foi clasificada de interese industrial pola orde do 28 de xuño de 2006 da

Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (D.O.G. do 19 de xullo de

2006) e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Innovación e Industria,

do 15 de setembro de 2006 ( D.O.G. do 11 de outubro de 2006).

Terceiro. Que FAEPAC, segundo seus estatutos (artigos 6º: Fins, 7º Actividades

fundacionais e 9º: Determinación dos beneficiarios) ten encomendadas, entre outras,

as funcións de:

- Realizar estudos de planificación e programación para establecer un programa de actuación enerxética.

- Incentivar a difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovables nos sectores da administración pública, producción de bens e servizos (Pemes e industria) e sector doméstico.

- Favorecer a diversificación, información e utilización óptimas das enerxías renovables.

- Mellorar a seguridade enerxética.

- Promover e manter o aforro enerxético.

- Favorecer a diversificación, información e utilización óptimos das Enerxías Renovables.

Cuarto. Que FAEPAC, en liña coa política enerxética marcada pola Unión Europea e dos

compromisos internacionais adquiridos por España a través da sinatura do protocolo

de Quioto, pretende contribuír a reducir as emisións de CO2 e doutros gases

contaminantes, de maneira que se consiga ralentizar o quecemento global do planeta.

Para a súa consecución faise imprescindible fomentar as políticas de aforro e eficiencia

enerxética e de promoción das enerxías renovables a nivel local.

Quinto. Que as diversas administracións e entre elas as locais, como consumidoras

relevantes de enerxía, deben contribuír cun carácter exemplarizante ao control do

consumo enerxético e á redución de impacto ambiental derivado da transformación,

transporte e utilización da enerxía.

Ámbalas dúas partes, conscientes da necesidade de que se promovan actuacións

relacionadas coa mellora da eficiencia enerxética e a utilización das enerxías

renovables no municipio de Narón, acordan a firma do presente CONVENIO DE

COLABORACIÓN coas seguintes

CLÁUSULAS

PRIMEIRA. OBXECTO

O presente convenio ten por obxecto definir o marco de colaboración entre o Concello

de Narón e Faepac en materia de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

SEGUNDA. SISTEMA DE COLABORACIÓN

O sistema de colaboración está fundamentado nas seguintes premisas:

- Facilitar e intercambiar mutuamente canta información técnica, económica e social sexa considerada útil aos fins propostos.

Page 8: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

- Promover conxuntamente cantas accións sexan necesarias para favorecer os intereses do municipio, en coherencia cos principios inspiradores da política enerxética.

- Dado que este convenio xurde coa vocación de continuidade no tempo, plantéxase coa máxima flexibilidade e dinamismo, dunha maneira que en cada momento recolla as medidas que se entendan como mellores aos efectos perseguidos.

TERCEIRA. COMPROMISOS DE FAEPAC

A fundación comprométese a:

a) Prestar asesoramento técnico nas actuacións a desenvolver polo Concello de Narón en materia enerxética. Saliéntanse os seguintes campos específicos, non sendo estes limitativos das actividades a desenvolver:

- Seguemento e control dos consumos enerxéticos das instalacións en servizos públicos municipais, tanto de electricidade como de auga quente e calefacción.

- Tramitación das reclamacións en materia de facturación do subministro de enerxía eléctrica diante das compañías subministradoras.

b) Elaborar informes específicos sobre proxectos promovidos polo Concello, ou que vaian a ser recibidos por este para a súa explotación, en relación coas instalacións enerxéticas e as posibilidades que, a nivel de proxecto sexan susceptibles de mellorar a eficiencia.

c) Informar sobre as modificacións lexislativas e tarifarias que afecten aos subministros enerxéticos, do seu impacto, e no seu caso, das medidas máis axeitadas para reducir a súa incidencia.

d) Informar sobre os novos materiais, produtos, sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais que permitan acadar reducións das emisións asociadas ao consumo de enerxía.

e) Informar sobre as convocatorias de axudas públicas en materia de aforro e eficiencia enerxética e enerxías renovables sexan convocadas polas administracións públicas, así como da súa aplicabilidade; no seu caso, tamén a elaboración das correspondentes memorias técnicas para a súa solicitude.

f) En xeral, calquera outra que acorde a Comisión de Seguimento.

Non forman parte do alcance do convenio:

- A redacción de proxectos, informes ou pregos técnicos de obras ou reformas de instalacións.

- O levantamento de planos e esquemas de instalacións.

- A realización de estudios ou cálculos xustificativos do cumprimento de prescricións regulamentarias das edificacións ou das instalacións.

- A realización de Auditorías enerxéticas.

CUARTA. COMPROMISOS DO CONCELLO DE NARÓN

O Concello de Narón comprometese:

A colaborar económicamente nos custes derivados do desenvolvemento do convenio mediante a achega de quince mil euros (15.000 €), incluído o IVE, para o período dun ano, con cargo á aplicación orzamentaria 16500 62400 e nº. D. C. A\268\2014. No caso de prórroga, o importe actualizarase segundo o IPC. O pagamento aboarase á firma do convenio.

Page 9: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

A aportar a información de que dispoña para o mellor desenvolvemento das tarefas precisas para o bo fin do obxecto de este convenio, tanto en materia de consumos enerxéticos, como no mantemento das instalacións obxecto de revisión.

A facilitar o acceso e, de ser preciso, acompañar o persoal técnico da Axencia nas visitas ás instalacións enerxéticas.

QUINTA. XUSTIFICACIÓN

A xustificación do convenio realizarase mediante unha factura conformada polo servizo

municipal correspondente.

SEXTA. DURACIÓN

A duración do convenio establécese inicialmente dende o 1 de Xaneiro de 2014 ate o 31

de Decembro do mesmo ano.

O convenio poderase renovar, por períodos anuais completos, cun mes de adianto con

respecto a o remate do contrato, sempre que exista acordo expreso entre as partes e

asignación presupuestaria nas Bases de Execución dos Orzamentos do ano no que se

pretende renovar o convenio.

SÉTIMA. PROCEDEMENTO

O traballo será realizado por FAEPAC, quen, segundo o seu criterio e necesidade,

poderá recadar a colaboración de expertos e/ou empresas do sector para a súa

participación na execución dos traballos.

A contratación e pagamento dos servizos externos será responsabilidade de FAEPAC.

OITAVA. CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN

Os informes específicos emitidos terán carácter confidencial, polo que só poderán ser

coñecidos por terceiros mediante autorización expresa do Concello de Narón.

Os datos globais e os indicadores enerxéticos poderán ser utilizados por FAEPAC nas

súas actividades de difusión e estudos non específicos.

NOVENA. SEGUEMENTO DO CONVENIO

Ao obxecto de verificar o correcto desenvolvemento do convenio, desígnase, de común

acordo entre as partes, unha Comisión de Seguemento formada por un representante

do Concello de Narón e outro de FAEPAC, que terá como misións:

- Velar pola correcta aplicación e desenvolvemento do Convenio.

- Informar e presentar propostas sobre a marcha e necesidades do proxecto.

DÉCIMA. RESOLUCIÓN

Serán causa de resolución do presente convenio:

- O mutuo acordo entre as partes.

- A denuncia dunha das partes.

- A imposibilidade de acometer as actuacións. Neste caso a Comisión de Seguimento decidirá a forma de rematar os traballos en curso.

UNDÉCIMA. DISCREPANCIAS

O presente convenio ten carácter administrativo e, en consecuencia, todas as cuestións

ou diferenzas que poidan xurdir entre o Concello de Narón e FAEPAC en relación coa

Page 10: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

interpretación, execución, cumprimento e extinción do mesmo someterase, no seu

caso, á xurisdición contencioso-administrativa, unha vez esgotada a vía administrativa.

En proba de conformidade asínase o presente convenio por duplicado exemplar e a un

só efecto en data e lugar indicados no encabezamento.”

SEGUNDO.- Facultar ao Alcalde-presidente para a sinatura do presente convenio e dos

trámites necesarios para levar a cabo a execución do mesmo.

TERCEIRO.- Notificar á entidade conveniante o presente acordo.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria,

aprobou a proposta transcrita.

6 º.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DUN CONVENIO COA ENTIDADE A POMBIÑA.. -Lida

polo secretario xeral a proposta que di así: O Concello de Narón, no marco das

competencias atribuídas pola lexislación vixente, ten desenvolvidos programas de

colaboración con diversas entidades manifestando o seu compromiso coa mellora da

situación das persoas da parroquia de Pedroso.

A Sociedade Cultural Recreativa A Pombiña é unha entidade sen ánimo de lucro que

desenvolve unha actividade de interese comunitario na parroquia de Pedroso e ven

colaborando con diversas iniciativas municipais no eido das competencias recoñecidas

nos seus estatutos.

Vistos os informes técnicos que obran no expediente, así como o interese deste

Concello na restauración do local da entidade polos danos sufridos, e visto o ditame

favorable por unanimidade da Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas

de data 22-05-14, o seu presidente propón ao Concello Pleno a aprobación da seguinte

proposta:

PRIMEIRO.- Aprobar o Convenio Sociedade Cultural Recreativa A Pombiña nos

seguintes termos:

“CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E

SOCIEDADE CULTURAL RECREATIVA “A POMBIÑA”

Dunha parte: Don José Manuel Blanco Suárez, que actúa en nome e representación do

Concello de Narón, con CIF. P-1505500-G, na súa condición de Alcalde-Presidente do

mesmo.

Doutra parte: Dona Ana Belen García Torrente, con DNI 36.418.213-P, que actúa en

representación da Asociación S.R.C. “A Pombiña” con domicilio en Lg da Torre, 23,

Pedroso, con C.I.F G-15039787.

Ambas entidades obríganse no presente documento de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS

1. Fundamento do Convenio

Page 11: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

1.1. Acreditación do interese social e da utilidade pública e sen ánimo de lucro da

entidade. Xustificación da actuación municipal

I.- A Sociedade Cultural Recreativa A Pombiña é unha entidade que desenvolve unha

actividade de interese comunitario na parroquia de Pedroso e ven colaborando con

diversas iniciativas municipais no eido das competencias recoñecidas nos seus

estatutos. Así mesmo a entidade é titular dun local ubicado en Lg da Torre, 23,

Pedroso, no que se levan a cabo a maior parte das actividades que aquela desenvolve,

que ven de sofrir importantes danos con motivo dos temporais do último inverno.

II.- O Concello de Narón, no marco das competencias atribuídas pola lexislación

vixente, ten desenvolvidos programas de colaboración con diversas entidades, e

manifestando o seu compromiso coa mellora da situación das persoas desa parroquia e

coas condicións da prestación das actividades aludidas, desexa colaborar coa S.C.R. A

Pombiña na cobertura económica das actuacións que resulten precisas a fin de

restaurar o estado da edificación danada á situación anterior á producción do dano

sofrido.

1.2. Finalidade e obxectivo específicos

É obxecto do presente convenio de colaboración regular o marco de cooperación entre

o concello de Narón e a Asociación cultural Recreativa A Pombiña para o amaño da

instalación do local social desta entidade.

2. Descrición das actuacións

A actuación a realizar consiste no amaño e reposición do mobiliario e materiais, así

como o pintado do local social da S.R.C. A Pombiña no que se están a desenvolver

diversos programas municipais.

3. Achegas do concello e da entidade

3.1. Achega municipal

O Concello de Narón efectuará unha única achega económica de 5.000 € que será

aboada nun único pago que se fará efectivo una vez xustificado o gasto realizado.

3.2. Outras achegas

A achega económica municipal resulta compatible coas que poida obter a S.R.C. A

Pombiña doutras administracións, sempre e cando a suma de todas as obtidas non

supere o importe total da actuación prevista. Noutro caso, o importe concedido

reducirase proporcionalmente. A tal fin a entidade haberá de comunicar as

subvencións, axudas, recursos ou ingresos que financien a actuación subvencionada,

debendo efectuarse esta comunicación en canto se coñeza e, en todo caso, con

anterioridade á xustificación da aplicación dos fondos percibidos.

4. Avaliación e seguemento

O seguemento e avaliación das actividades deste convenio efectuarase polos técnicos

municipais, unha vez comunicada fehacentemente pola entidade ao Concello de Narón

o remate das obras.

5. Obrigas

Page 12: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

Son obrigas de S. C. R. A Pombiña:

1.- A realización das obras será realizada por unha entidade ou persoal profesional que,

en calquera caso, deberá cumprir necesariamente coas disposicións vixentes en

materia de Seguridade Social, contratación laboral e fiscalidade.

2.- Presentar as xustificacións dos gastos efectivos da actuación, mediante a

aportación das facturas existentes e dunha memoria ou certificación de obra asinada

por técnico competente acreditativa da efectiva realización das obras subvencionadas;

así como calquera outra información económica que a súa vez lle poda ser requirida o

concello por organismos superiores e referidas os programas conveniados. A sociedade

someterase ás actuacións de comprobación que respecto das xestións dos fondos

percibidos poida efectuar o Concello de Narón, así como á comprobación ou control

financeiro doutros órganos competentes, para o que deberá ter dilixenciados os libros e

rexistros contables.

Así mesmo, a sociedade quedará sometida ás obrigas xerais contidas na Lei Xeral de

Subvencións 38/2003, do 17 de novembro.

3.- Facer constar en todo tipo de publicidade e información que se realice no

desenvolvementos dos programas, a participación e colaboración do Concello de

Narón.

4.- A sociedade S. R. C. A Pombiña desenvolverá as accións previstas con persoal

profesional e voluntario propio e que, en calqueira caso, deberá cumprir

necesariamente coas disposicións vixentes en materia de Seguridade Social,

contratación laboral e fiscalidade (respecto do voluntariado, no caso de participar

nalgunha das accións, axustaranse ó establecido na lexislación propia).

6. Vixencia, revisión e resolución

O presente convenio terá vixencia dende a data da sinatura ata o 31 de decembro de

2014.

O convenio poderá revisarse cando as circunstancias, finalidade ou obxecto para o que

fose concebido variasen substancialmente.

Terá lugar a resolución nos casos puntuais contemplados na normativa vixente, e

cando non se estea a cumprir o obxecto do convenio, interpretado discrecionalmente

polo concello de Narón de acordo cos criterios fixados na normativa legal aplicable.

7. Natureza xurídica

O presente convenio ten natureza administrativa, subscribíndose no ámbito de

aplicación da Lei Xeral de Subvencións 38/2003, do 17 de novembro, a Lei 9/2007, de

13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o decreto 11/2009 que a desenvolve. Polo

tanto, aqueles aspectos do convenio que poidan suscitar dúbida serán interpretados en

función do prescrito nesta lei así como tamén na Ordenanza Reguladora da Concesión

de Subvencións e Axudas Públicas do Concello de Narón e nas Bases de Execución do

Orzamento.

Page 13: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

A subscrición do presente convenio non implicará relación contractual algunha entre o

Concello de Narón e as persoas físicas ou xurídicas que executen as obras no local

social da entidade, de xeito que por este concepto non se lle poderá esixir

responsabilidade algunha, nin directa nin subsidiaria, polo acontecido no

desenvolvemento do convenio.

Serán competentes para coñecer de cantos litixios puideran xurdir entre as partes,

como consecuencia do presente convenio, os Xulgados do Orde Xurisdiccional

Contencioso-Administrativo de Ferrol.

8. Publicidade

A S. R. C. A Pombiña haberá de facer constar a participación ou axuda do Concello de

Narón no amaño das instalacións do seu local social.

En proba de conformidade co anterior asinan este documento, por duplicado e a un só

efecto, en Narón, o día ________________”

SEGUNDO.- Aprobar o compromiso de destinar de suficiente crédito este convenio no

próximo expediente de modificación de crédito que se aprobe.

TERCEIRO.- Facultar ao Alcalde-presidente para a sinatura do presente convenio e dos

trámites necesarios para levar a cabo a execución do mesmo, sendo preciso que, antes

da sinatura, a entidade conveniante esté ao corrente na súa obriga de actualización de

datos segundo o establecido no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do

Concello.

CUARTO.- Notificar á entidade conveniante o presente acordo.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria,

aprobou a proposta transcrita.

7 º.- PROPOSTA DE DACIÓN DE CONTA E RATIFICACIÓN DUNHA RESOLUCIÓN DA

ALCALDÍA DE SUBSTITUCIÓN DUN PROXECTO INCLUÍDO NO DTC 93.. -Lida polo

secretario xeral a proposta que di así: O día 15 de maio deste ano a Alcaldía deste

Concello ditou unha resolución pola que se anulou a obra integrada no “Plan DTC 93

Unha Deputación para todos os Concellos” denominada “Cambio da cuberta nos

vestiarios do Pavillón das Lagoas”, e se substituiu pola obra denominada

“Pavimentación das rúas Vilalba, Vilavella e As Pontes”. Esta resolución dictouse coa

finalidade de cumprir o prazo de solicitude desta subvención, financiada pola Excma

Deputación Provincial da Coruña.

É necesario dar conta da resolución antedita ao Pleno do Concello, e que esta se

ratifique, xa que os proxectos incluídos no Plan DTC 93, foron aprobados en sesión

plenaria o día 27 de febrero de 2014.

Por todo o exposto, e visto o ditame favorable por maioría, con 4 abstencións do PP e

o resto dos votos a favor (4 TEGA+1BNG+1PSdeG-PSOE) da Comisión de Contratación,

Page 14: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

Persoal e Especial de Contas de data 22-05-14 o seu presidente propón ao Concello

Pleno a ratificación da seguinte:

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Con data 20 de decembro de 2013 o Pleno da Deputación Provincial da Coruña

aprobou as Bases Reguladoras do “Plan DTC 93 Unha Deputación para todos os

Concellos”, destinados aos 93 concellos da Provincia, publicándose posteriormente no

Boletín Oficial da Provincia.

O Concello Pleno deste Consistorio de Narón, na sesión ordinaria que tivo lugar o día

27 de febreiro de 2014, adoptou, entre outros, o acordo de participar no “Plan DTC 93

Unha Deputación para todos os Concellos”, da Deputación Provincial da Coruña, e

solicitar a aplicación da subvención asignada á seguinte finalidade:

A ) Obras:

Denominación Orzamento

total

Achega

municipal

Achega

provincial

Pavimentación en Sta. Rita, Telleiras, Profeco,

Ponto e R/Velázquez 64.452,32

- 64.452,32

Beirarrúas en Catro Camiños e calzada en

R/Bouzas 62.806,49

- 62.806,49

Pavimentación en R/Igrexa, camiño da Praia,

Gándara, R/Lugo e Ourense 69.011,19

- 69.011,19

Reposición de calzada en R/25 de xullo 43.211,53 - 43.211,53

Cambio da cuberta nos vestiarios do Pavillón

das Lagoas 35.638,43 - 35.638,43

Acondicionamento de arcén en camiño de

Cornido 46.685,50 - 46.685,50

TOTAL 321.805,46 - 321.805,46

Así mesmo, nesa mesma sesión plenaria, se acordou aprobar os proxectos das obras

anteriores.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, en sesión realizada o 28 de marzo de

2014, aprobou a modificación das Bases Reguladoras do Plan DTC 93, cuxo texto se

publicou no Boletín Oficial da Provincia o 1 de abril de 2014.

Esta modificación responde á necesidade de adaptar as bases ás esixencias da nova

disposición adicional decimosexta do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas

Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Estes cambios introducidos afectaron, principalmente, aos apartados das bases

correspondentes á finalidade e obxecto, destinatario, e forma e prazo de solicitude.

Page 15: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

Debido a esta modificación no obxecto do contrato, a obra denominada “Cambio de

cuberta nos vestiarios do Pavillón das Lagoas”, cun orzamento total de 35.638,43

euros, e que foi incluída na relación das actuacións para as que se acordou solicitar a

aplicación da subveción da Deputación, polo Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27

de febreiro de 2014, non se axusta ao obxecto das actuacións incluídas no Plan.

Por todo o anterior esta Alcaldía RESOLVE:

PRIMEIRO.- Anular a obra que se relaciona a continuación, integrada na lista das

actuacións das que se acordou solictar a subvención do Plan DTC 93 Unha Deputación

para todos os Concellos:

Denominación Importe

Cambio da cuberta nos vestiarios do Pavillón das Lagoas 35.638,43 euros

SEGUNDO.- Sustituír a obra anterior pola seguinte actuación, e aprobar o seu proxecto

técnico:

Denominación Importe

Pavimentación das rúas Vilalba, Vilavella e As Pontes 35.638,43 euros

TERCEIRO.- Dar conta ao Pleno da Corporación deste Concello na primeira sesión que

se celebre a partir da data da presente resolución, para o seu coñecemento e

ratificación.

CUARTO.- Dar traslado da presente resolución e do acordo plenario que

posteriormente se adopte, á Deputación Provincial para a súa inclusión no Plan DTC 93

Unha deputación para todos os Concellos.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación

ordinaria, aprobou a proposta transcrita.

9 º.- DAR CONTA DA EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS E DOS MOVEMENTOS DE

TESOURERÍA POR OPERACIÓNS ORZAMENTARIAS E NON ORZAMENTARIAS

CORRESPONDENTE AO 1º TRIMESTRE 2014.. -Lida polo secretario xeral a proposta que

di así: De conformidade co disposto na base 24.4 das que rexen a execución do

Orzamento do Concello, aprobadas incialmente polo Pleno do Concello en sesión

celebrada ó 28 de novembro de 2013, remítese a ese órgano para seu coñecemento

información da execución dos orzamentos e dos movementos de tesourería por

operacións orzamentarias e non orzamentarias correspondentes ó período abranguido

entre ó 1 de xaneiro ó 31 de marzo de 2014, e que corresponde ó 1º trimestre, o

resumen é o que deseguido transcribese:

1º TRIMESTRE

Page 16: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

1.- GASTOS ORZAMENTARIOS

C. INICIAIS MODIFICACIÓNS OBRIGAS

RECOÑECIDAS

PAGOS EFECTUADOS DEVOLUCIÓNS

INGRESOS

27.371.455,77.- € 340.886,82.- € 3.683.829,46.- € 3.214.863,77.- € 86.736,41.- €

2.- INGRESOS ORZAMENTARIOS

C. INICIAIS MODIFICACIÓNS DEREITOS

RECOÑECIDOS

ANULACIÓNS DEREITOS

RECADADOS

REINTEGROS

27.471.455,77.- € 340.886,82.- € 6.041.210,54.- € 10.268,10.- € 5.606.497,67.- € 0,00.- €

3.- GASTOS NON ORZAMENTARIOS

SAIDA VALORES PAGOS EN METÁLICO

92.756,67.- € 1.227.949,13.- €

4.- INGRESOS NON ORZAMENTARIOS

ENTRADA DE VALORES INGRESOS METÁLICO

8.712,22.- € 1.571.869,31.- €

5.- GASTOS EXERCICIO PECHADOS

PAGOS ORDENADOS PAGOS EFECTIVOS RECTIFICACIÓNS OBRIG. RECOÑECIDAS

1.836.566,57.- € 1.836.566,57.- € 0,00.- €

6.- INGRESOS EXERCICIO PECHADOS

DEREITOS ANULADOS INGRESOS EFECTUADOS

15.299,97.- € 968.941,02.- €

7.- EXISTENCIAS FINAIS TESOURERÍA

METÁLICO VALORES

3.722.034,03.- € 2.909.568.92.- €

Engádese a proposta o detalle do estado contable do primeiro trimestre.

Narón, 21 de maio de 2014.

O ALCALDE-PRESIDENTE O INTERVENTOR ACCTAL

Asdo. JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ Asdo. MANUEL G. ANTÓN VILLAMIL

O Concello Pleno, deuse por enterado.

Page 17: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

8 º.- DAR CONTA DO INFORME DE TESOURERÍA DO CUMPRIMENTO DE

PRAZOS LEI 15/2010, DO 1º TRIMESTRE 2014.- Dase conta do seguinte

informe : Dª. Mª Eva Lamas López, Tesoureira accidental do Concello Narón, en

cumprimento co disposto no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da

Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen as medidas de loita contra a

morosidade nas operacións comerciais, da conta ao Concello Pleno do informe do 1º

trimestre/2014, sobre o cumprimento dos prazos previstos para o pago das obrigacións

correspondentes á Entidade, ao exercicio e aos trimestres que se indican neste

documento; declarando que os datos que contén, se corresponden cos pagos realizados

no trimestre, coas obrigacións pendentes de pago, e coas facturas non tramitadas ao

final de devandito trimestre.

O exceso no período medio de pago se debe ao pago das facturas correspondentes a

incorporación de remanentes do exercicio 2013.

O exercicio, o período, a Entidade Local e outras circunstancias do informe quedan

identificados de acordo ás táboas que se achegan.

O Concello Pleno, deuse por enterado.

9 º.- DAR CONTA DA EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS E DOS MOVEMENTOS DE

TESOURERÍA POR OPERACIÓNS ORZAMENTARIAS E NON ORZAMENTARIAS

CORRESPONDENTE AO 1º TRIMESTRE 2014.. -Lida polo secretario xeral a proposta que

di así: De conformidade co disposto na base 24.4 das que rexen a execución do

Orzamento do Concello, aprobadas incialmente polo Pleno do Concello en sesión

celebrada ó 28 de novembro de 2013, remítese a ese órgano para seu coñecemento

información da execución dos orzamentos e dos movementos de tesourería por

operacións orzamentarias e non orzamentarias correspondentes ó período abranguido

entre ó 1 de xaneiro ó 31 de marzo de 2014, e que corresponde ó 1º trimestre, o

resumen é o que deseguido transcribese:

1º TRIMESTRE

1.- GASTOS ORZAMENTARIOS

C. INICIAIS MODIFICACIÓNS OBRIGAS

RECOÑECIDAS

PAGOS EFECTUADOS DEVOLUCIÓNS

INGRESOS

27.371.455,77.- € 340.886,82.- € 3.683.829,46.- € 3.214.863,77.- € 86.736,41.- €

2.- INGRESOS ORZAMENTARIOS

C. INICIAIS MODIFICACIÓNS DEREITOS

RECOÑECIDOS

ANULACIÓNS DEREITOS

RECADADOS

REINTEGROS

27.471.455,77.- € 340.886,82.- € 6.041.210,54.- € 10.268,10.- € 5.606.497,67.- € 0,00.- €

3.- GASTOS NON ORZAMENTARIOS

SAIDA VALORES PAGOS EN METÁLICO

92.756,67.- € 1.227.949,13.- €

4.- INGRESOS NON ORZAMENTARIOS

Page 18: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

ENTRADA DE VALORES INGRESOS METÁLICO

8.712,22.- € 1.571.869,31.- €

5.- GASTOS EXERCICIO PECHADOS

PAGOS ORDENADOS PAGOS EFECTIVOS RECTIFICACIÓNS OBRIG. RECOÑECIDAS

1.836.566,57.- € 1.836.566,57.- € 0,00.- €

6.- INGRESOS EXERCICIO PECHADOS

DEREITOS ANULADOS INGRESOS EFECTUADOS

15.299,97.- € 968.941,02.- €

7.- EXISTENCIAS FINAIS TESOURERÍA

METÁLICO VALORES

3.722.034,03.- € 2.909.568.92.- €

Engádese a proposta o detalle do estado contable do primeiro trimestre.

Narón, 21 de maio de 2014.

O ALCALDE-PRESIDENTE O INTERVENTOR ACCTAL

Asdo. JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ Asdo. MANUEL G. ANTÓN VILLAMIL

O Concello Pleno, deuse por enterado.

10 º.- DAR CONTA DA INFORMACIÓN REMITIDA AO MINISTERIO DE FACENDA E

ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS EN CUMPRIMENTO DO ESTABLECIDO NO ART. 16 DA

ORDEN HAP/2105/2012 DA LIQUIDACIÓN ANO 2013.. – Dase conta do seguinte:

LIQUIDACIÓN 2013

O Xefe do Servizo de Intervención e Facenda que subscribe, actuando en funcións de

Interventor Accidental, da conta ao Concello Pleno da información comunicada ao

Ministerio de Facenda e Administracións Publicas en cumprimento do establecido no

art. 16 da orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas

de subministración de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de

Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente á liquidación

do exercicio 2013, efectuada por esta Intervención (art. 4.1.b) utilizando os medios

electrónicos e formularios do sistema habilitado polo Ministerio de Facenda e

Administracións Públicas (art. 5.1).

Narón, 23 de maio de 2014

Page 19: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

O INTERVENTOR ACCIDENTAL

Manuel G. Antón Villamil

O Concello Pleno, deuse por enterado.

11 º.- DAR CONTA DA INFORMACIÓN REMITIDA AO MINISTERIO DE FACENDA E

ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS 1º TRIMESTRE 2014 EN CUMPRIMENTO DO

ESTABLECIDO NO ART. 16 DA ORDEN HAP/2105/2012 - 1º TRIMESTRE 2014.. – Dase

conta do seguinte:

1.º TRIMESTRE 2014

O Xefe do Servizo de Intervención e Facenda que subscribe, actuando en funcións de

Interventor Accidental, da conta ao Concello Pleno da información comunicada ao

Ministerio de Facenda e Administracións Publicas en cumprimento do establecido no

art. 16 da orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas

de subministración de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de

Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente ao 1.º

trimestre do exercicio 2014, efectuada por esta Intervención (art. 4.1.b) utilizando os

medios electrónicos e formularios do sistema habilitado polo Ministerio de Facenda e

Administracións Públicas (art. 5.1).

Narón, 24 de maio de 2014

O INTERVENTOR ACCIDENTAL

Manuel G. Antón Villamil

O Concello Pleno, deuse por enterado.

12 º.- ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO: MOCIÓNS URXENTES. -

A / PROPOSTA DA ALCALDÍA AO PLENO

O 14 de xullo de 2012 asinouse pola Xunta de Galicia, a Entidade Pública Empresarial

Augas de Galicia, os Concellos de Ferrol e Narón e a Sociedad Estatal Aguas de las

Cuencas del Norte, S.A., un Convenio para la construcción y explotación de la

actuación denominada “Interceptores Generales de la Margen Derecha de la Ría de

Ferrol”.

Page 20: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

De acordo ao seu articulado as partes conviñan que, finalizadas as obras obxecto desa

actuación, se podería acordar a encomenda, á entidade titular do sistema de

depuración da marxe dereita da ría de Ferrol, da realización de actividades de

conservación, mantemento, reposición de elementos e equipos e operación da

infraestrutura hidráulica dos “Interceptores generales de la margen derecha de la ría

de Ferrol”, nos termos que garantizasen os dereitos e posicións das respectivas partes.

Tal encomenda efectivamente asinada a través dun Convenio subscrito entre a

Confederación Hidrográfica del Miño-Sil e o Organismo público Augas de Galicia

Hidrográfica del Miño-Sil o pasado 26 de decembro de 2013 (documento non enviado

a este Concello, do que se tivo coñecemento pola súa publicación no BOE do 19 deste

mes de maio), solápase no tempo cunha tramitación – tamén seguida a espaldas deste

Concello – por parte de Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, doutro documento de

encomenda a subscribir entre as dúas administracións citadas, que resulta coñecida

por Narón a través das novas aparecidas nos medios de comunicación social no mes de

marzo pasado, no que se prevía unha duración de dous anos prorrogables polas

partes, sen contar coa esixible conformidade deste municipio.

Por iso esta Alcaldía enviou diversas misivas tanto ao Conselleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas, como ao Director de Augas de Galicia como ao Alcalde de

Ferrol, manifestando o malestar pola deslealdade institucional mostrada na

tramitación daquel documento e advertindo que o Concello de Narón estudiaría a

impugnación de calesquera acordos que, por resultar contrarios aos intereses dos

nosos veciños, pretenderan adoptarse a espaldas dos dereitos e posicións deste

Consistorio, derivados do corpo normativo en vigor e do propio convenio paccionado

entre as partes implicadas neste asunto.

O único interlocutor que responde a tales escritos resulta ser o propio Conselleiro

citado que en comunicación por él asinada o pasado trinta e ún de marzo, entre

outras cuestións, sinala:

“Dada a urxencia da situación, optouse porque sexa o concello de Ferrol, quen

se faga cargo da explotación da EDAR ata o momento en que entre Narón e o sistema

sexa supramunicipal. Esta situación transitoria inicial, levarase a efecto cun convenio

Page 21: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

de encomenda, que non presupón o modelo futuro de xestión, nin cuestiona a

fórmula final”.

Por outra banda no devandito Convenio interadministrativo do 31 de maio de 2012, se

expón que. “Dado el evidente carácter supramunicipal de la actuación, no sólo por

las obras previstas en este Convenio, sino también por la configuración del sistema

de saneamiento de la margen derecha de la ría de Ferrol, es de interés para las

partes la constitución de una entidad que se encargue de la posterior explotación de

las obras y se subrogue, en su caso, en el pago de las obligaciones de los Concellos de

Ferrol y de Narón, en la que participen las entidades locales a las que la EDAR de

Cabo Prioriño preste servicio, y en la que podrán participar tanto la Administración

Estatal, como la Administración Autonómica, cada una en el ámbito de sus

competencias.”

Resultando nestes intres, en virtude das novas aparecidas nos medios de

comunicación social destes días, que o Concello de Ferrol ten previsto aprobar na

sesión plenaria do xoves, vintenove de maio, un convenio con Augas de Galicia sobre

aceptación dunha encomenda de xestión de diversas instalacións, sen introducir

modificación ningunha das instadas por esta Alcaldía, confirmadas polo propio

Conselleiro; así como –dun xeito unilateral – unha forma xestora do sistema de

depuración da nosa ría por parte da mercantil Emafesa, desfavorable para os intereses

de Narón e contrario non só aos acordos paccionados cristalizados no Convenio ao

inicio reseñado, senón manifestamente contrarios á lexislación vixente; e finalmente a

aprobación dunha taxa derivada da devandtia xestión, esta Alcaldía, propón ao Pleno:

Facultar tan ampliamente como necesario resulte á Alcaldía do Concello, para a

adopción/interposición de cantas actucións e recursos administrativos ou

xurisdiccionais precisos sexan fronte aos acordos que adopte o Concello de Ferrol, no

suposto de confirmar os mesmos as circunstancias expresadas na proposta.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría aprobou a proposta transcrita:

Abstencións: 8 PP

A Favor: 8 TEGA+2 BNG+2 PSdeG-PSOE+ 1 GRUPO MIXTO

Page 22: ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, …naron.es/web/docs/actas-pleno/PLENO_29_05_2014.pdfao Concello Pleno a adopción dos acordos seguintes: PRIMEIRO.- Prestar aprobación inicial

E non habendo máis asuntos que tratar, a Presidencia levanta a xuntanza, sendo as

20:12 horas da data indicada na cabeceira, en proba de todo o que se estende a

presente acta que é asinada polo Sr. Alcalde comigo o secretario xeral que DÁ FE.

V. e pr.

O ALCALDE-PRESIDENTE

O SECRETARIO XERAL

Asdo.- JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ Asdo.- ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI