acta da sesiÓn extraordinaria · 2016-01-29 · sen máis alegacións, procédese coa votación e,...

25
CONCELLO DE BOQUEIXÓN Forte s/n 15881 Boqueixón (A Coruña) ________ Teléfono: 981- 51 30 52 Fax: 981- 51 30 00 [email protected] C.I.F.: P-1501200-H ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO LUGAR: Casa do Concello DATA: 10 de xaneiro de 2007 HORA DE COMEZO: 13.00 h ( 1 da tarde) HORA DE REMATE: 15.15 h ( 3 e cuarto da tarde) ASISTENTES: D. Adolfo Gacio Vázquez D. Ovidio Rodeiro Tato D. Jesús Sanjuás Mera D. Fernando M. Mouriño Couto D. José Mª Fernández Vázquez D.ª Margarita Sanín Pérez D. Vicente Carrillo López D. José M. Iglesias Gómez D. Juan M. Viaño Rey D. Germán Diz Arén D. Xabier Canabal Fernández AUSENTES: Ninguén No salón de sesións da casa do concello presidindo o alcalde D. Adolfo Gacio Vázquez, reuníronse os concelleiros que se relacionan anteriormente, asistidos pola secretaria dona Elena Suárez Rodríguez, co obxecto de realiza-la sesión ordinaria do pleno que foi convocado cos requisitos legais. ORDE DO DIA 1. Actas anteriores 2. Recoñecemento extraxudicial de facturas e axudas de custo dos concelleiros de xuño a decembro de 2006. 3. Presuposto xeral municipal 2007. 4. Adhesión á homenaxe a Isaac Díaz Pardo 5. Decretos da alcaldía 1

Upload: others

Post on 03-Aug-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

CONCELLO DE BOQUEIXÓNForte s/n

15881 Boqueixón (A Coruña)________

Teléfono: 981- 51 30 52Fax: 981- 51 30 00

[email protected].: P-1501200-H

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO

LUGAR: Casa do Concello DATA: 10 de xaneiro de 2007 HORA DE COMEZO: 13.00 h ( 1 da tarde) HORA DE REMATE: 15.15 h ( 3 e cuarto da tarde) ASISTENTES: D. Adolfo Gacio Vázquez D. Ovidio Rodeiro Tato D. Jesús Sanjuás Mera D. Fernando M. Mouriño Couto D. José Mª Fernández Vázquez D.ª Margarita Sanín Pérez D. Vicente Carrillo López D. José M. Iglesias Gómez D. Juan M. Viaño Rey D. Germán Diz Arén D. Xabier Canabal Fernández AUSENTES: Ninguén No salón de sesións da casa do concello presidindo o alcalde D. Adolfo Gacio Vázquez, reuníronse os concelleiros que se relacionan anteriormente, asistidos pola secretaria dona Elena Suárez Rodríguez, co obxecto de realiza-la sesión ordinaria do pleno que foi convocado cos requisitos legais. ORDE DO DIA 1. Actas anteriores

2. Recoñecemento extraxudicial de facturas e axudas de custo dos concelleiros de xuño a

decembro de 2006.

3. Presuposto xeral municipal 2007.

4. Adhesión á homenaxe a Isaac Díaz Pardo

5. Decretos da alcaldía

1

Page 2: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

6. Mocións: nº 7/35 do BNG

7. Rogos e preguntas

DELIBERACIÓNS 1. Aprobación das actas anteriores

Respecto da acta do día 06/11/2006, o Sr. Canabal alega que nela consta o que él dixo: “ o

conselleiro de Industria saiu apoiando aos traballadores cunhas declaracións pouco

afortunadas, pero motivadas por unha mala información dada por vostedes”, pero o que non

consta é o que dixeron os traballadores de RAMSA, que foi o seguinte: “ a Consellería de

Industria apoia a variante polo que pensamos que terá algo que ver en todo isto”.

Nesta situación, dí o Sr. Canabal, ao non consta-lo que dixeron os traballadores, parece que

eu estou tolo, polo que pido que se corrixa.

Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non

estivo presente nestas sesións, apróbanse as actas que se realizaron os días 06/11/2006 e

08/11/2006.

2 Recoñecemento extraxudicial de facturas do ano 2006

Dase conta das facturas do ano 2006 para as que non existe consignación nin recursos para o

seu pagamento con cargo ao presuposto do ano 2006, polo que hai que sometelas á

aprobación do pleno para pagalas con cargo ao presuposto do ano 2007. Logo o Sr. Iglesias

dí o seguinte:

1 Tal e como contempla a lei trátase dunha medida excepcional. A excepcionalidade radica

na imposibilidade de facer pagamentos de facturas que chegan no mes de decembro.

2 O Concello de Boqueixón está pagando ós seus acreedores nun prazo inferior a 40 días e

mantén un nivel de endebedamento mínimo comparado coa súa cifra orzamentaria.

3 Ó descontar deste recoñecemento os importes das eléctricas que se pagan ó vence-lo ano, só

se están aprobando facturas por importe de pouco mais de 40.000 euros, o que supón unha

cantidade ínfima no nivel de gasto.

4 O recoñecemento extraxudicial hoxe en día é máis habitual que excepcional, en concellos

similares a Boqueixón.

O Sr. Canabal dí o seguinte: “ Como todos os anos, comezado o ano apreséntasenos unha relación de facturas, que debemos aprobar en Pleno. Por certo, na orde do día sinálase o

2

Page 3: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

recoñecemento da facturas e as axudas de de custo dos concelleiros do mes de xuño ata setembro. Di a secretaria que é verdade pero que posteriormente o departamento de contabilidade confirmou que existía partida presupostaria e fondos para o pagamento das axudas. Á marxe do que temos debatido outros anos, que segue a vale,r como non, para este, recordar á equipa de goberno, que un ano máis están a votar unha ilegalidade manifesta, mais como tamén teño observado, nunca pasa nada. Votarán a favor e a morrer o conto. E non se preocupen, que este ano non os farei sufrir, e rematarei axiña. Xa que logo, quero neste punto facer unha serie de reflexións, que me servirán despois, cando no outro punto debatamos os orzamentos para o presente ano 2007. En primeiro lugar dicir que “O recoñecemento extraxudicial de créditos supón unha quebra do propio concepto de orzamento e dos principios de anualidade (entre outros), ao imputarse gastos ao exercicio seguinte por non existir crédito no orzamento de orixe. “Trátase pois dunha solución normativa a unha situación irregular e pode xerar responsabilidades pola produción de actos administrativos nulos de pleno dereito (artigo 154.5 da LRFL)”. A miña pregunta é a seguinte: Sendo esta práctica habitual neste concello, para que elaboran uns orzamentos? Para executalos desta forma, poderían vostedes estar operando co orzamento do ano 1991, e non se sometían nin vostedes, nin nos sometían á oposición á comparsa que supón anualmente a discusión e debate dos orzamentos. Remato xa, e simplesmente deixar sobre a mesa os dados dos últimos anos:

RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO

1999 a 2000 51.086,03 € 2000 a 2001 210.354,24 € 2001 a 2002 276.465,57 € 2002 a 2003 211.948,54 € 2003 a 2004 471.508,78 € 2004 a 2005 130.217,33 € 2005 a 2006 171.162,75 € 2006 a 2007 158.189,50 €

E non sei porque, pero dame que antes de que remate o exercicio económico, a contía incrementarase. Coido que son contías o suficientemente importantes, e a relación de facturas numerosa, para que responsábelmente vote non só en contra deste recoñecemento senón en xeral, da nefasta xestión que vostedes levan a cabo no Concello de Boqueixón. Dicir por último, que todo pode ser debatíbel, incluso parece que últimamente se poden discutir até os propios datos, e admítoo tamén dentro da lóxica política. Teña coidado con xustificar isto, ou mesmamente os

3

Page 4: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

orzamentos, alegando aos númerosos servicios que presta o Concello de Boqueixón, que teño á man os dados empregados na Conta Xeral de 2005. Mais se un ano máis volve, Sr. Rodeiro, a xustificar este “Recoñecemento” dicindo que se pagan estas facturas porque chegaron a finais do 2006 e mesmo a principios deste ano, directamente, vereime na obriga de insultalo. Respòndelle o Sr. alcalde se nos vai dar clase de cómo debe facer o concello. O Sr. Viaño dí que está farto de dicir as mesmas cousas tódolos anos. Ademàis, segue dicindo, o representante do BNG copiou o meu discurso do consello de contas. Pero ¿en que momento empezou a meter as facturas no caixòn?, ¿ cales mete? ¿quen me asegura que non haberá máis?. O informe económico financeiro, penso que se olvidou referir a estas facturas, pois a suma das de Fenosa, Udesa e as axudas de custo, non suman o que se indica. Responde a secretaria que a suma total é a sinalada e dada polo departamento de facturas con data 26/12/2006, que a suma é a que se indica pero explícase que no total inclúense os importes de Udesa, Fenosa e as axudas de custo dos concelleiros. O Sr. alcalde dí que con Fenosa e Udesa hai un convenio, polo que os pagamentos se fan ó vence-lo ano. O Sr. Canabal dí que na administración a facturación non funciona coma a tarxeta de crédito do Corte Inglés e, polo tanto non ten sentido xustificarse. A continuación vótase a proposta e cos votos a favor dos representantes do PP e en contra dos do PsdeG e BNG, acórdase: 1 Aprobar e aboar, con cargo ás correspondentes partidas do presuposto xeral municipal do ano 2007, as seguintes facturas pendentes de pagamento con data 05/01/2007 e que corresponden ó ano 2006:

Nº DENOMINACIÓN Euros

1 Udesa – Consumo do alumeado público dende xaneiro ata outubro de 2006 47.006,932 Fenosa – Consumo do alumeado público dende xaneiro ata setembro de 2006 65.862,583 Inega–Aluguer e mantemento de equipos de medición potencial eólico e procesado d datos no Pico

Sacro 2.788,70

4 Radio Estrada – Cuña publicitaria mes de abril da “Promoción da Festa da Filloa” 100,00

5 Ferretería Botana – Cortador rubí plaqueta, cubo fregona, mango, copias chaves, carbón, rodches, tornillo

167,35

6 Comercial Sánchez – Autocut sthil, casco protección, reforzos pintura, tapón roscado, etc. desbrozadora

812,43

7 Ferretería El Sol – Amoladora (Grumir), bisagras cazoleta manillas, picaporte (CPI), veneciana (CC Camp)

274,97

8 Autoeléctrico Sergude, S.C. – Rep.contenedores varios, cambiar piloto intermitencia C7777AX, camb.aceit

363,05

9 Jaime y Ramón Otero Caritón, S.L. – Pistola pintura, guantes, mascarilla, retenedor, etc. para o Grumir 392,4510 Madesa – Portas roble, marcos, tapetas, etc. para a infravivenda de Anuncia Mareque en Lestedo 1.961,4211 Madesa – Columna sena, torneado, soportes pasamanos, tapetas, etc. para a infrav. de Carmen Silva 637,7612 Transportes Mosquera, S.L. – 3 autobúses para transportar ao Hotel Congreso á cea dos maiores 674,1013 Viveiros Compostela – Pensamento para distribuir na cea de maiores 109,1414 Jesús Ramos Fenández – Servizo de taxi para recoller alimentos as familias necesitarias 48,0015 Carpimetal Boqueixón, S.L. – Tubo para soportes do pavillón e pasamanos para infravivenda de Mª

Tacón 185,60

4

Page 5: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

16 Sogama – Tratamento de residuos urbáns durante o mes de novembro 223,7217 Coregal – Recollida e xestión de residuos durante o mes de novembro 256,7018 Hotel Congreso - Cea maiores de Boqueixón 145,0019 Limpiezas Salgado, S.L. – Luvas, bolsas lixo, papel hixiénico, etc. para o CPI A. Orza Couto 638,5820 Alquimao, S.L. – Aluguer de sopandas e miras para a infravivenda de Anuncia Mareque 83,5221 Alquimao, S.L.–Aluguer de patas andamio,hidrolimpiadora, cortadora, martillo picador para

infrav.MªTacón 658,78

22 Alquimao, S.L. – Aluguer de puntais, tableiro tricapa para a infravivenda en Carabán-Vigo 130,2123 Alquimao, S.L.–Aluguer de sopandas,miras metálicas e sacos area fina para a infraviv.de Anuncia

Marequ 27,84

24 Alquimao, S.L –Aluguer de patas andamio,hidrolimpiadora, rodas andamio, etc.para infrav.de María Tacón

301,23

25 Ulla Oil, S.L. – Gasóleo A de automoción para os depósitos de Protección Civil 2.527,0526 Ulla Oil, S.L. – Gasóleo B para os tractores municipais 1.737,5527 L. Secope, S.A. – Vaciado de contedores do punto limpo durante o mes de outubro 529,2428 L. Secope, S.A. – Vaciado de contedores do punto limpo durante o mes de novembro 446,1929 Corax – Caixas de folios Din A-3, Din A-4, sobres americanos, medianos e grandes c/membrete ano

2006 5.220,00

30 Montaxes Eléctricos Fernández, S.L. – Ampliacións de novas farolas nos lugares da Igrexa de Sergude, campo de baile de Rodiño, Agra-Loureda, Codeso (ao lado da fábrica de Brey) e Sergude

4.468,17

31 Fundación Refuxio de Animais – Aportación municipal para gastos de funcionamento Refuxio Animais 1.101,5032 Sogama, S.A. – Tratamento de residuos urbáns durante o mes de novembro 4.681,8933 Talleres González – Chapas trapecio, tubos galva , angulos, pletinas, gomas, soldar desbrozadora 1.168,5834 Pazos y Vieiro, S.L. – Slinga, careta soldar e caixa electrodos para a cuadrilla de obras e o Grumir 133,5235 Manuel Martínez Carrillo – Pechadura, burlete de goma e grifos temporizadores para pav.Forte e

C.Saúde 89,40

36 Ferret ería Torres– Pechadura, tornilos, puntas, bombilla, manillas, picaporte, pasador, broca, mahcón, gra

599,90

37 Editorial Compostela, S.A. – Publicación no periódico El Correo Gallego “o último tramo da vía da prata”

638,00

38 Mijail Moriatov – Actuación realizada polo Trío No Ceo o 24/12/06 – Convenio Deputación 1.743,0039 Mijail Moriatov – Actuación realizada polo Cuarteto Habana o 24/12/06 – Convenio Deputación 1.983,0040 Mijail Moriatov – Actuación realizada polo Quinteto Estilo Libre o 31/12/06 – Convenio Deputación 1.983,0041 Autoeléctrico Sergude, S.C. – Rep.contenedores, cambiar bateria 5771DFF, aceite C6427AP,c7777AX

rep 413,60

42 Autoeléctrico Sergude, S.C. – Cambiar baterias dos camións do lixo 7414BSL e C4374BD, reparar luces

558,68

43 Inforhouse, S.L. – Mantemento mensual informático decembro 278,8644 Alquimao – Aluguer de miras telescópicas, cañón de calor, cañón aire quente, martillo picador, taladro

Hita 463,77

45 Talleres González, S.L. – Latiguillos, casqueillos, tuercas e tubos para a infravivenda de María Iglesias 346,9446 Eléctrica de Gres, S.L. – Recibos facturación alumeado público 26/12/06 3.197,1547 Tickes desprazamentos voluntarias europeas dende o 5/10/06 ata o 14/11/06 20,648 Tickes desprazamentos voluntarias europeas dende o 01/12/06 ata o 22/12/06 9,85

SUMA TOTAL 158.189,50

3 Presuposto xeral municipal do ano 2007 Dase conta do informe da comisión de contas que se reuniu o día 2 de xaneiro de 2007, na que cos votos a favor dos representantes do PP e, cos votos en contra dos representantes do PSdeG e BNG informouse favorablemente o presuposto xeral municipal para o ano 2007. O sr. Iglesias que é o presidente da comisión de contas dí o seguinte: “Preséntase á aprobación polo pleno de Boqueixón os orzamentos para 2007, que ascenden no seu estado de gastos a 3.621.942,65 €, e no seu estado de ingresos a 3.674.002,33 €.

5

Page 6: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

Non entrarei na análise pormenorizada das cifras, nin na comparativa cos datos de exercicios anteriores, porque para esta tarefa, a nosa corporación municipal ten a sorte de contar cun economista e un matemático entre os membros da oposición que xa se adicaron a facer este traballo, e unha secretaria-interventora rigurosa e atrevida á hora de elabora-lo informe económico. Destacamos no capítulo de ingresos a venda de parte das parcelas resultantes do aproveitamento municipal do futuro polígono industrial, quedando ainda o concello con terreos suficientes para cubrir as súas necesidades en materia de almacenamento dos distintos servicios municipais. No ano 2007, levarase a cabo a primeira anualidade dun plan de aglomerado das principais vías municipais por importe de 105.000,00 €, o que suporá ó cabo de tres anos unha inversión de 315.000,00 €. Nos orzamentos de 2007 prevese unha inversión de 1.371.841,83 € , o que representa o 37,3% do gasto realizado. Estes datos veñen a constatar o esforzo inversor que está a realizar este equipo de goberno, por vertebrar as infraestruturas e os servicios do Concello de Boqueixón. Ven a ser unha continuidade dun traballo que nos últimos anos, supuxo unha transformación deste concello a nivel servicios, a nivel de equipamentos e de infraestruturas, que en definitiva mellorou ostensiblemente a calidade de vida dos nosos veciños. Este esforzo inversor, tan pouco recoñecido polos grupos politicos da oposición, sitúa no ano 2007 ó Concello de Boqueixón nuns niveis de desenvolvemento superiores á maioría dos concellos das mesmas características da nosa comarca, ou se queren vostedes, de comarcas parecidas. Citarei algúns exemplos e cifras que así constatan esta realidade: Coa rede de saneamento en Lestedo, Ledesma, Oural-Pousada, Boqueixón, Codeso, Rodiño Pequeño, Rodiño Grande e Lamas, e o investimento a realizar en 2007 na parroquia de Sergude, este equipo de goberno terá lograda unha inversión de máis de 6.500.000,00 € en obras de saneamento, o que supón unha media de case que 1.500 € por habitante, ou 5.000 € por vivenda, en sistemas residuais. En 2007 case que 900 vivendas do Concello de Boqueixón terán acceso á rede de saneamento, o que supón o 77% da poboación. Coas ampliacións feitas na rede de abastecemento de auga nos últimos meses, nas parroquias de Codeso, Lestedo, Oural e Ledesma e coa dotación deste servicio para as parroquias de Gastrar, Vigo e Loureda prevese que para o ano 2007 máis de 1.000 vivendas de Boqueixón teñan acceso á rede de abastecemento de auga, o que supón máis do 88% da poboación. Os esforzos deste equipo de goberno conseguiron que a inversión na rede de abastecemento superase os 4.800,000,00 €, o que supón unha inversión de case que 1.100 € por habitante ou 3.700 € por vivenda. Os esforzos deste equipo de goberno tamén se deberon concentrar en buscar alternativas para aqueles proxectos para os que se contaba con financiamento, pero que as administracións “amigas” decidiron levar para outros sitios, refírome ós mais de 700.000 € destinados ó abastecemento das parroquias da zona norte do concello.

6

Page 7: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

Nos últimos anos realizáronse e estánse a realizar, as concentracións parcelarias de Gastrar, Codeso, Pousada, Lestedo, Boqueixón e A Granxa, o que supuxo unha inversión de máis de 6.900.000,00 € (1.150.000 € por parroquia) e máis de 2.400 hectáreas concentradas, lástima que por mor da incompetencia e a soberbia dos nosos dirixentes, se estivesen a punto de queimar o pasado verán. As políticas vertebradoras deste equipo de goberno conseguiron o peche e a recuperación medioambiental do vertedoiro de Lamas, o incremento do número de puntos de recollida de lixo e o incremento da frecuencia na recollida, e a recente apertura dun Punto Limpo na parroquia de Sergude. As políticas vetebradoras deste equipo de goberno lograron crear unha rede centros socioculturais que acadou o número de 10, coa recente inauguración do Centro Sociocultural de Loureda, que supuxo unha inversión de máis de 290.000,00 €, á que puideron asistir os membros da oposición, o que supón ter unha infraestrutura máis que suficiente para vertebrar a cultura de, por, e, en Boqueixón. Nos últimos tempos investíronse en Boqueixón uns 970.000,00 € en rehabilitación do patrimonio, especialmente concentrados na recuperación do patrimonio relixioso, o que supuxo unha inversión media de 70.000,00 € por parroquia. A estes esforzos inversores, podemos sumarlle moitos outros, como a recuperación de distintas prazas públicas, como o acondicionamento global do campo da festa de Oural e a construción dos servicios hixiénicos e almacén, a urbanización do contorno do local sociocultural de Loureda, a construción dos servicios hixiénicos e almacén no novo campo da festa de Sergude, a construción de beirarrúas na praza do local de Codeso, a ampliación da casa consistorial etc. Con estas perspectivas o equipo de goberno de Boqueixón pretende que o ano 2007, sexa un ano de reforzo desta política vertebradora do noso concello, incrementando o esforzo inversor,

- pretendendo acadar un nivel máximo en materia de abastecemento e saneamento, - iniciando un plan de mellora das infraestruturas viarias conformado polo Plan POS

con máis de 212.000,00 € e un plan municipal trianual de 105.000,00 € para o ano 2007, o que suporá unha mellora considerable na calidade da nosa rede viaria,

- coa mellora da nosa oferta cultural e unha dinamización máis avanzada dos 10 centros

socioculturais, ampliando a oferta a tódalas idades e mantendo o modelo de colaboración activa con tóda-las asociacións e entidades do concello.

- reforzando os servicios e actividades deportivas, no ximnasio municipal, piscina e

pavillóns polideportivos de Lestedo e O Forte

- colaborando na realización de actividades e mantendo as tradicións coas distintas comisións de festas

- mellorando a oferta asistencial coa creación dun Centro de Día para os nosos maiores

7

Page 8: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

- desenvolvendo unha política medioambiental equilibrada e incrementando as dotacións contra incendios coa adquisición dun vehiculo especial (esperemos que non faga falta)

- mellorando a rede de alumeados públicos, tanto na calidade da mesma como na

cantidade de puntos de luz

- mantendo e mellorando un servicio de protección civil as 24 horas do día e os 365 días do ano

- mellorando a conservación das nosas estradas mediante a apertura de cunetas na

totalidade do concello, e a dotación de maquinaria para a limpeza de beirarrúas (non temos rúas, pero si temos beirarrúas)

- mellorando a conservación das nosas zonas verdes e áreas recreativas, mediante a

dotación de maquinaria e equipos para a corta e mantemento do céspede En definitiva, este equipo de goberno vai a seguir a traballando na mellora integral do noso concello, para acadar estes logros no ano 2007, ano electoral, no que veremos nos panfletos, revistas e programas dos partidos da oposición as propostas que neste concello non se atreven a facer, porque estamos afeitos á critica total e á nula aportacion de ideas”. A continuación, o Sr. Canabal comeza dicindo que felicita ao Sr. Iglesias pola súa intervención que me parece ( segue dicindo) soberbia e incluso brillante, pero non creo nos orzamentos. En canto ó atrevemento da secretaria- interventora, pregúntalle ó Sr. Iglesias a que se refire e se é bo ou malo. Respóndelle o Sr. Iglesias que o debe interpretar a secretaria. Segue dicindo o Sr. Canabal: “Como xa fixen unha análise dos orzamentos na comisión de contas, non vou a repetir moitos dos argumentos empregados, ainda que cómpre facer unha serie de consideracións xerais para completar o xa dito na comisión. Que non se preocupen os concelleiros do PP, que este ano vou a ser bastante breve na exposición en aras dunha maior claridade. A ver se isto é posíbel. En primeiro lugar, teño dito xa neste concello, que a ausencia do alcalde nas comisións de contas, é un claro desprezo non só aos grupos da oposición, senón aos veciños do noso concello. E digo isto, porque os concelleiros do equipo de goberno que participan nesta comisión, parece que nunca tiveron as mans libres para explicar e defende-los orzamentos, nin tiveron a potestade de contestar ás múltiples dúbidas que teñen xurdido nos debates orzamentarios en comisión. E este ano 2007, non foi unha excepción, e deixei sobre a mesa, bastantes preguntas que deberían ser aclaradas. Estas foron: No relacionado á memoria da Alcaldía, porque se afirma que “No caso concreto deste

orzamento, quero destacar a práctica ausencia de investimentos por parte doutras administracións públicas no Concello.? Esixín na comisión ou a corrección ou cando menos unha explicación que non se deu?

8

Page 9: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

Á vista dos datos, prevese recadar por IBI 321.819,75 €, polo que este imposto tería máis que multiplicarse para recadar o que vostedes predín. Non é isto unha utopía?

No que representa aos ingresos do Polígono SAUI – 2, preguntei se estaban convencidos de concursar os terreos antes de 31 de decembro de 2007.

En que pensaban gastar os máis de 50.000 € que a Consellaría do Medio Rural ía invertir en obras no concello a través do programa plurianual de investimentos?

Tamén preguntei se non sería máis adecuado levar tamén os 9.000 € do arranxo e combustíbel da motobomba á función de Protección Civil, toda vez que tamén inclúen vostedes aquí a adquisición dunha nova?

Supoño que estas serían preguntas que vostedes poderían esperar e que poderían ter preparadas para argumentar. Pero non, non tocaba na comisión. En segundo lugar, e este ano, á vista do informe cconómico – financeiro, vense a recoñecer un orzamento ficticio, que é algo que levo criticando moitos anos. E ven argumentado, creo que con unha meridiana claridade: En canto aos gastos faise o recordo do aforro negativo do ano 2005, polo que o

orzamento tense que presentar desequilibrado, cuns ingresos superiores en 52.059,68 €, polo remanente de tesourería negativo do ano 2005. Mais como se explicará máis adiante, estes orzamentos no lado dos ingresos adolecen da máis mínima seriedade e rigorosidade. Dicir por outro lado, que de terse en conta o REC do ano 2006, o desequilibrio orzamentario debería incrementarse até os 275.100,39 €.

En canto aos impostos directos, para cumplirse as previsións de 2007, habería que multiplicar x 2 a recadación neta polo IBI, IVTM e IAE do 2005. Primeira ficción que lle recorda a intervención no referido a estes orzamentos.

En canto aos impostos indirectos, é dicir o que corresponde ao ICIO, a intervención se ben recorda que co ingresado até setembro de 2006 os dados poderían ser fiábeis, tamén recorda que ao non aprobarse o PXOM e non constar informe urbanístico que acredite a posibilidade de concesións de máis licenzas ao abeiro das normas subsidiarias, non se explica claramente de onde sacan vostedes este dado.

En canto ás taxas, dí a intervención que as previsións son fiábeis. Sen embargo argumentei na comisión que un incremento sobre o recadado en 2005 que ascende a 39.179,24 €, simplemente polo enganche á auga e aos sumidoiros de vivendas colectivas, parecía nun principio que non se respetaba o principio lóxico de prudencia que debe levar aparellado calquer orzamento. Mais sen embargo, pode aceptarse esta previsión. Tomémola pois por correcta.

Tamén recorda que en canto aos ingresos patrimoniais, a liquidación de 2005 así como o avance de 2006, recollen unha contía da metade, de 6.617,34 €. Habería que disminuir a contía en 5.382,66 €.

En canto ao alleamento dos investimentos reais o orzamento recolle unha contía de 450.000 € que a intervención recorda que a única parcela que de momento ten o concello sairá a 209.550 € e en canto ás demais non existe posibilidade de venda posto que o plan de sectorización aínda non está aprobado e non se coñecen as parcelas que poden pertencer ao concello. Polo tanto, por prudencia, a intervención aconsella disminuir esta contía en 240.450 €.

Nas transferencias de capital, tamén fai referencia á construción do Centro de día e do aforro enerxético. Nestes dous casos dise que non existe compromiso de concesión de ditas subvencións por parte da Deputación e da Xunta.

9

Page 10: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

Que significa todo isto? Pois moi doado, que se reelaboramos o orzamento de ingresos quedaría tal e como segue:

ESTADO DE INGRESOS

Cap Denominación Euros

A. Operacións Correntes 2006 2007 MINORACIÓN TOTAL

1 Impostos Directos 684.910,62 608.764,75 -175.220,87 € 433.543,88 €

2 Impostos Indirectos 321.388,67 180.000,00 -24.054,00 € 155.946,00 €

3 Taxas, Prezos Públicos e outros 223.000,00 183.000,00 0,00 € 183.000,00 €

4 Transferencias Correntes 1.118.772,51 1.411.543,53 0,00 € 1.411.543,53 €

5 Ingresos Patrimoniais 12.000,00 12.000,00 -5.382,66 € 6.617,34 €

Total 2.360.071,80 2.395.308,28 -204.657,53 € 2.190.650,75 €

B. Operacións de Capital 2006 2007

6 Alleamento de Invest Reais 12.000,00 450.000,00 -240.450,00 € 209.550,00 €

7 Transferencias de Capital 1.181.201,96 822.294,05 -134.750,00 € 687.544,05 €

8 Activos Financeiros 6.446,67 6.400,00 -2.359,85 € 4.040,15 €

9 Pasivos Financeiros -

Total 1.199.648,63 1.278.694,05 -377.559,85 € 901.134,20 €

TOTAL ORZAMENTO INGRESOS 3.559.720,43 3.674.002,33 -582.217,38 € 3.091.784,95 €

Posto que a raiz disto, nos orzamentos de gastos correntes, non se podería recurtar ren, entón, todas as minoracións habería que facelas contra o grupo 6, precisamente o dos investimentos ou pola contra aprobar uns orzamentos desequilibrados á inversa, é dicir con 500.000 € máis en gastos ca en ingresos. Deste xeito o orzamento de gastos quedaría como segue: Cap Denominación

A. Operacións Correntes 2006 2007

1 Gastos de Persoal 1.126.289,63 1.231.764,45 1.231.764,45 €

2 Gastos en Bens Correntes e Servizos 908.081,55 825.925,07 825.925,07 €

3 Gastos Financeiros 5.221,46 6.765,50 6.765,50 €

4 Transferencias Correntes 156.372,87 159.366,00 159.366,00 €

Total 2.195.965,51 2.223.821,02 2.223.821,02 €

B. Operacións de Capital 2006 2007

6 Investimentos Reais 1.332.475,12 1.371.841,83 789.624,45 €

7 Transferencias de Capital -

8 Activos Financeiros 15.000,00 10.000,00 10.000,00 €

9 Pasivos Financeiros 16.279,80 16.279,80 16.279,80 €

Total 1.363.754,92 1.398.121,63 815.904,25 €

10

Page 11: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

GASTOS 3.559.720,43 3.621.942,65 3.039.725,27

E quedan computados nestes investimentos dúas partidas moi puntuais, o saneamento de Sergude a cargo da Asociación de Propietarios SAUI -2 de Sergude por 305.000 € e o investimento do concello con cargo á venda puntual de patrimonio, posto que de non incluirse, os investimentos reais (incluido nestes gastos de mantemento de infraestruturas, que como xa dixen distorsionan o propio concepto de investimento), estes ascenderían a 275.000 €, dos que 200.000 corresponden ao Plan POS da Deputación. Creo que queda, máis que patente que se trata dun orzamento fictício, nun ano electoral, onde os gastos correntes se van a ver multiplicados, froito de propaganda, cheas, mensaxes a móbiles, revistas municipais… Non vou extenderme máis, Sr. alcalde, posto que xa analicei estes orzamentos na comisión, e supoño que lle contarían o que dixen. Simplemente deixar outro dato sobre a mesa. Sabe vostede, canto nos custa a cada veciño o persoal deste concello? Pois nada máis nin nada menos que 286 € por veciño. Ademais, para abrir todos os días este concello, a cada veciño cústanos 517 €, e inviste por veciño (realmente, descontando o seu investimento ficticio), 183 €. E deste investimento, a maioría son gastos de mantemento, e ao POS 2007 e outros arranxos do grupo 6 me remito. Pola contra, cada veciño de Boqueixón, contribúe ás arcas do concello con 183 € (curiosamente o que se inviste), pero non é aquí a onde quero chegar. Simplemente é outro dato do desequilibro económico – financeiro do concello de Boqueixón, é dicir, os impostos que os veciños pagan ao concello, non son de por sí capaces de pagar ao persoal, e moito menos ainda, de paga-los antollos do equipo de goberno. Creo que é un fraude, como xa dixen na comisión de contas, non aos grupos da oposición, senón a quen lle ten dado a confianza de gobernar este concello. Penso que está vostede traizoando a todos estes veciños. Non pode facer ningunha aportación en positivo, e moi poucas accións políticas se poden extraer desta farsa, que é un documento sen o mínimo rigor. O Sr. Viaño dí que está sorprendido pola intervención do Sr. Iglesias, porque na comisión de contas non dixo nada e agora cita tódolos logros do Sr. Gacio no concello. Responde o Sr. Iglesias que el non citou ó Sr. Gacio. A continuación o Sr. Viaño, segue dicindo que xa tiña elaborada a súa exposición cando recibíu ás 13.50 h do día 02/01/2006, o informe económico – financeiro o que é obrigatorio, aínda que tamén é certo que este ano está mellor elaborado que outros anos, por isto, algunhas cousas cambian na súa exposición. Agora, a documentación está máis completa, pero aínda votei en falta ( dí o sr. Viaño ) o estado de ingresos do ano 2006 que agora xa o teño. Segue dicindo o sr Viaño que se continúan cometendo graves erros lingüísticos co galego utilizado. Por outra banda ( segue o sr. Viaño ) permítame que comeze criticando

11

Page 12: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

abertamente a defectuosa elaboración do documento de presupostos xerais para o ano 2007. A pesares de trocarnos o documento primeiro por unha versión corrixida cando xa estaba feita a convocatoria, este documento segue sen cumplir os requisitos legais marcados pola Lei de facendas locais porque faltaba o informe económico financeiro que debe emitir intevención. Polo tanto de nada serviría que aprobasen o presuposto.O noso grupo non apoiará a proposta. Ademais deste documento obligatorio, nesta ocasión a información que se xunta sobre o exercicio anterior é mínima e non cumpre tampouco co que a lei esixe: non se informa sobre o estado de ingresos no exercicio 2006 e tampouco se entende que se nos pase a situación do estado de gasto ao mes de setembro de 2006. Non é difícil imaxinar que nos están agachando información da situación real para que dentro duns días poidan facer o correspondente recoñecemento extraxudicial. Deberíamos coñecer, cando menos, o importe total de facturas do ano 2006 pendente de pago. Tamén é obligatorio coñecer os datos de aforro neto e remanente de tesourería. Insistimos que isto incumpre a lei. A ausencia dos documentos e da información anterior non é máis que unha proba a maiores do pouco coidado e a falta de rigor que se pon na elaboración deste documento de gran importancia na contabilidade e na economía do concello. Vou dar a continuación algúns detalles que proban esta falta de rigor e de perspectiva á que xa nos ten habituados o goberno municipal de Boqueixón baixo o mandato de Adolfo Gacio e o seu equipo de aduladores, pero antes de entrar nos detalles non me resisto a trasladarlles a impresión xeral que teño do presuposto desde que o ollei por primeira vez: é que se trata dunha copia do presuposto do ano 2006, no que se substitúe a achega de 450.000 € da Deputación da Coruña para o saneamento de Sergude por unha achega similar de 450.000 € que o goberno municipal pretende acadar vendendo as parcelas de aproveitamento lucrativo no poligono industrial do SAUI 2 en Sergude. Salvo o cadro de investimentos , que loxicamente non é o mesmo , as variacións que se propoñen son mínimas, trasladando unha imaxe de penosa subsistencia que máis adiante detallarei. Por manter, mantense igual que o ano pasado a proposta de RPT, coa creación de catro prazas de funcionarios e cinco prazas de laborais fixos ( o ano pasado propoñían tres de funcionarios e catro de laborais fixos). A praza que sacaron de laboral fixo para poñer de funcionario é a de capataz de obras: esta é a praza que presumiblemente será para o seu ex concelleiro, pois agora está contratado exercendo esas funcións. Se a proposta de ter un capataz de obras fixo nos parecía descabellada, que lles vou dicir de que sexa da administración especial. Outros detalles que demostran a falta de rigor: o importe do crédito formalizado con Caixa Galicia ainda o seguen dando en pesetas, a subvención para o Centro de Día de 118.710 € asignanlla á comunidade autónoma cando en realidade foi solicitada á Deputación etc. Para acabar co tema da RPT, vou lembrarlle aquí os argumentos que utilizei o ano pasado. Na RPT contémplanse a creación das seguintes prazas: Administración xeral : 3 administrativos,1 auxiliar. Admninistración especial : 1 técnico auxiliar de urbanismo, 1 capataz de obras. Laboral fixo: 1 capataz de servicios, 2 oficiais de servicios, 2 capataces de limpeza.

12

Page 13: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

O ano pasado xa se propoñía esta mesma creación de prazas coa diferenza de que o capataz de obras incluíase como laboral fixo, ¿ Porqué se cambia? ¿ será para satisfacer as demandas do exconcelleiro?, precisamente aquí hai outro erro, pois no cadro resumo esta praza figura co nivel 14 e na RPT co nivel 18 ¿ cal é o correcto?, respondeume a secretaria na comisión de contas que é o nivel 14. Desde o noso punto de vista ( segue dicindo o sr. Viaño) a mellora dalgúns servicios (abastecemento, lixo, sumidoiros…) non xustifica o aumento de persoal administrativo, toda vez que, algúns deles están delegados ( Deputación, Espina Delfín,…), e mesmo agora nos adherimos á Axencia Galega de Urbanismo. Polo tanto, ¿para qué queremos o capataz de obras?. O gasto de persoal ven supoñendo nos últimos exercicios máis do 50% dos ingresos por operacións correntes. No presuposto que vostedes nos propoñen representa exactamente o 55,4 %, pero se temos en conta que a recadación nunca alcanzan ó presupostado, estamos vendo que polo menos un 70% do que se recada neste concello emprégase en pagar aos seus traballadores. Esto vai en cotra de tódalas recomendacións dos expertos nesta materia. O concello non é unha oficina de colocación para exconcelleiros nin para familiares. Nesta situación non nos pode extrañar que o presuposto adicado a reparacións e mantemento de edificios e bens municipais se vexa reducido, cada vez máis, a cantidades ridículas. Como mencionarei máis adiante, a única praza que consideramos imprescindible é a do técnico municipal de urbanismo. Por outra banda, xa vai sendo hora que nos expliquen porqué non se convocaron as prazas creadas o ano pasado e volven a traer este ano. Análise dos ingresos Por unha vez vemos un pouco de sentido común na estimación dos ingresos nos capítulos I, II, III ( impostos directos, indirectos e taxas ). Así, vemos que asumen a nosa crítica do ano pasado referente á imposibilidade de recadar 146.000 € presupostados en plusvalías e este ano baixano a 20,000 €. Pola contra soben o IAE de 14.000 a 50.000 €. Nós non vemos de donde vai vir esta cantidade a non ser que algunha empresa grande xa existente, non estea pagando ou se pense instalar algunha nova. Tamén son vostedes máis realistas na estimación dos impostos indirectos ( licenzas ) e de taxas. As desviacións que se estaban producindo nos últimos exercicios entre as cantidades presupostadas e as realmente recadadas non tiñan xustificación. Desgraciadamente non tiñamos os números do ano 2006 pero sí os de 2005, ainda que agora sí os temos: Presupostado Recadado Impostos directos 531.000 € 433.543 € Impostos indirectos 78. 733 € 16.477 € Taxas,outros ingr. 231.100 € 161.265 € Total 840.833 611.285 Ainda así, no presuposto do ano 2007 prevese recadar un total de 971.764 € nos capítulos I, II, III, o que supón un aumento do 50% fronte ao recadado no 2005.Tampouco é real.

13

Page 14: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

En canto ao capítulo IV ( tranferencias correntes ), manteñense as previsións do ano 2006 en canto á participación nos Tributos do Estado e lixeiramente á baixa as tranferencias da deputación (78.000 € fronte a 96.000 € ). Pola contra estímanse as tranferencias da comunidade autónoma en 708.543 € fronte aos 414.000 € do ano anterior. Non atopamos datos xustificativos desta previsión tan optimista. No capítulo VII ( tranferencias de capital ), as partidas son case idénticas ás do ano pasado. Incluso unha delas é a mesma: os 305.000 € do SAUI 2 para a depuradora de Sergude que figuraba o ano pasado e estase incluindo outra vez porque non se ten executado nada. No que se refire á deputación a cantidade de 320.234 € corresponde ao POS, mais a subvención solicitada para o Centro de Día (118.750 €). O importe do POS é similar ó dos anos anteriores pero moi distinta do do ano pasado que incluía a inxección extraordinaria de 450.000 € do convenio de saneamento en Sergude. Polo tanto o nivel de participación das administracións nos investimentos no concello séguese mantendo en contra do que o sr. alcalde opina na memoria ao dicir “ a práctica ausencia de investimentos por parte doutras adminitracións públicas”. Para ver que isto non é así so teñen que ve-lo seguinte cadro:

PRESUPOSTOS – CADRO INVERSIÓNS REAIS - BOQUEIXÓN TOTAL XUNTA DEPUT +

ESTADO CONCELLO

2001 552.592,12 € 138.232,78 € 385.231,35 € 35.615,61 € 2002 327.244,03 € 129.217,60 € 188.125,11 € 9.901,32 € 2003 316.730,00 € 113.361,29 € 178.028,56 € 25.340,15 € 2004 729.390,25 € 212.299,00 € 185.001,73 € 332.079,52 € 2005 683.895,34 € 326.000,00 € 188.837,17 € 169.058,17 € 2006 1.027.475,12 € 226.052,07 € 650.149,89 € 151.273,16 € 2007 1.371.841,83€ 196.527,50 € 320.239,01 € 549.547,78 €

No cadro obsérvase claramente que tanto os investimentos da Xunta de Galicia coma os da Deputación da Coruña manteñen unha liña crecente nos últimos anos con incrementos significativos. Tamén se observa que os investimentos da xunta e da deputación previstos para o ano 2007 son significativamente superiores ós das mesmas administracións enanas atenienses, incluidas as que gobernaba o PP en ámbalas dúas. Polo tanto a afirmación do Sr. alcalde é gratuita, falsa e responde tan só ao despeito e falta de confianza nos actuais gobernantes, pensando tal vez que aplicarían a política que o PP aplicaba aos concellos que non eran da súa cor política. Afortunadamente non é así . Pero tampouco é coma antes. O alcalde xa non pode ir á Xunta de Galicia ou á Deputación da Coruña cunha morea de memorias valoradas e proxectos para pedir incluilos na súa campaña electoral. Por iso atopou o remedio para este ano de eleccións municipais: vende-las parcelas de aproveitamento municipal no polígono do SAUI 2. Pretende recadar por elas 450.000 €. Non se dí na memoria cantos metros pensa vender ( só se dí que quedaría bastante ) , pero tendo en conta os prezos que se manexan posiblemente serán entre 20.000 ou 30.000 metros cadrados ou sexa case todo, pois ao concello correspóndelle 40.000 metros cadrados. Non é de recibo que este alcalde que xa vendeu masas comúns e parcelas no SAUI 1, pretenda vender dunha tacada case tódolos terreos no SAUI 2 para poder facer festas e asfaltar entradas e pistas neste ano de campaña electoral. Isto necesita unha explicación moi pormenorizada do equipo de goberno, porque é certo que nos investimentos que contempla

14

Page 15: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

face-lo concello figura a fase III do saneamento de Sergude que estaría xustificado pagar con achegas da venda de parcelas pois este saneamento tamén serve ao polígono. Pero trátase só de 2000.000 € ( menos da metade do que se ten previsto vender). O informe económico financeiro reflicte que se está a preparar a venda da finca 822-1 de 9525 metros cadrados por un prezo de saída de 209.550 €. Con isto debería ser suficiente. Non entendemos que se venda máis do estrictamente necesario, non podemos vender propiedades para gasta-los cartos en farois (40.000 €) ou en chapapote (105.000 €). Despois de pasar toda unha lexislatura na que se gastou moi pouco en asfaltar pistas ( a pesares de figurar 60.000 € en tódolos presupostos para este concepto), agora que é ano electoral invéntanse un fantástico plan trianual de “ aglomerados de rúas municipais”, non sei moi ben a que rúas se refiren, porque en Boqueixón non coñezo moitas rúas. Espero que este plan non sexa o de “aglomerados” e “hormigonados” das eiras ao que tan habituados nos ten o PP. Se un observa o cadro de investimentos anterior tamén observa que este ano o concello pretende gastar 549.547 € en obras e adquisicións de bens cando nunca pasou de gastar 300.000 € e nos dous últimos anos só gastou 150.000 € cada ano. Isto non é moi creible e desde logo depende totalmente de que as parcelas se poidan vender. O informe económico da secretaria é moi claro: é dubidosa a disposición destas parcelas. Sinxelamente, no meu grupo cremos que o equipo de goberno non pode basear a súa xestión en vender propiedades para facer funcionar un ano máis o tinglado As circunstancias actuais non son as que o PP estaba habituado pero ten que adaptarse a elas para conseguir achegas das subvencións, convocatorias etc. Pero non debe deitarse a durmir coas rentas de vende-los terreos, e permítame que llo repita outra vez máis: o que vostedes fan é pechar os ollos á realidade, blindar os seus contratos e os dos seus amigos ata que isto aguante. Pero de seguir así non pode aguantar moito tempo. Aquí teñen outra mostra: en todas as partidas dedicadas a reparacións e mantementos de edificios, maquinaria e combustible carburante, disminúen as previsións de gastos.Vexamos algún exemplo.Neste momento dí o Sr. Viaño que na acta da comisión de contas está mal, porque se pon a partida pero non se especifica se se trata de centro de sanidade, administración xeral, protección civil, etc.

Partida 2007 2006121.212.00 Reparación, conservación.,mantemento edificios ( admón.

Xeral ) 25.000 30.000

121.213.00 Reparación, conservación.,mantemento maquinaria ( admón. Xeral )

19.000 15.000

121.221.01 Combustible( admón. Xeral ) 14.000 14.000412.212.00 Reparación, conservación.,mantemento maquinaria ( Centro

saúde 9.000 10.000

412.221.00 Carburante ( Centro saúde ) 6.000 6.000422.212.00 Reparación, conservación.,mantemento edificios ( Ensino ) 10.000 12.000422.221.00 Carburante ( Encino) 10.000 11.000223.221.00 Subministros e consumibles ( protección civil) 17.500 18.000441.212.00 Reparación, conservación e mantemento ( saneamento e auga) 18.681 3.729442.221.00 Carburante ( Recollida do lixo ) 12.000 18.000442.213.00 Repar., mantemento ,tratamento lixo e punto limpo ( punto

limpo ) 71.000 108.000

452.212.00 Reparación, conservación.,mantemento instalacións ( Educación física e deportes )

7.000 8.000

511.212.00 Repar., conservación.,mantemento infraestructuras 8 Estradas e camiños)

20.000 60.000

15

Page 16: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

533.212.00 Reparación, conservación.,mantemento motobomba ( Medio rural )

4.000 8.000

533.221.00 Combustible ( Medio Rural) 5.000 5.000432.212.00 Repar., conserv.,mantemento alumeado público 33.300 32.400

É bastante chamativo que as previsións de gastos en combustible se reduzan ou se manteñan, se temos en conta a subida de prezos. Tampouco vemos en ningún sitio do presuposto o combustible para a calefacción nos locais sociais recentemente instalados. Os datos do cadro anterior son bastantes significativos do que nos chamamos “subsistencia”. Os edificios estarán cada vez peor cuidados e máis frios. Especialmente chamativa é a baixada da partida 511.212.00 de reparación de camiños. Así nos luce o pelo cando chove. Tamén a baixada en reparación e mantemento do punto limpo. Pola contra hai outras partidas que chaman atención polas modificacións que sofren e que tamén mostran ben claramente a forma de gobernar deste equipo: Partida 2007 2006 121.222.00 Teléfono, fax, correo, internet ( admón. Xeral ) 38.000 25.000 422.223.00 Transporte alumnos ( Ensino) 13.700 15.000 422.489.00 Transporte APAS 3.000 2.500 451.481.00 Subvencións 3.000 3.000 463.481.00 Subvencións asociacións 15.000 15.000 313.480 Atencións benéficas 16.000 16.000

Para ir rematando, non quero deixar de amosar a miña preocupación polas fases II e III do saneamento de Sergude. Ambas dependen agora directamente do desenvolvemento do polígono industrial de Sergude. O equipo de goberno non pode permitir máis titubeos nesta materia. Trátase dunha obra imprescindible por tódolos interesados pero tamén porque agora a maior partida de investimento está feita. Reclamamos tamén toda a información actualizada sobre do proxecto da depuradora: terreos,ubicación, trámites, fases de execución etc. Remato dando unha de cal despois de tantas de area: por fin, vemos reducidos no presuposto os gastos previstos para atencións protocolarias (farase tamén na realidade?. Seguro que non). Tamén se reduce a 10.000 € a cantidade prevista para ampliación de alumeados públicos. Antes estaba en 20.000.Tamén vemos con satisfacción que se separen as partidas de transporte a actividades culturais das propiamente de actividades culturais. Resumo: Presupostos mal elaborados, con retraso de documentos obligatorios, sin ningún rigor na súa confección, presuposto de subsistencia que fai depender toda a súa actuación da venda de parcelas industriais para facer unha campaña de asfaltados de cara ás eleccións municipais, que propón unha modificación da RPT con creación de prazas de funcionarios e fixos que este concello non necesita e que sen xustificación algunha reduce as partidas de reparación e conservación de edificios e combustible. En fin, un presuposto de subsistencia e de pecha-los ollos onde o único punto positivo é a previsión do investimento de 200.000 € na fase II do saneamento en Sergude.Pero é triste

16

Page 17: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

repetir a seguinte frase do informe económico : “ o plan de investimentos financiase con ingresos de dubidoso cobro e o presuposto preséntase cun superavit ficticio”. O Sr. alcalde respóndelle ó Sr. Canabal que se está pensando en elaborar un plan de obras no medio rural pero sen presa, posto que ainda está sen executar o do ano 2005. Por outra banda, algunhas obras estanse a certificar ainda que non todas están executadas porque hai o risco de perde-los fondos europeos. En canto ós gastos protocolarios, di o Sr. alcalde, disminuiuse a previsión ainda que a festa dos maiores se mantén pero sen duplicarse o número de festexos, como fai a Vicepresidencia. Pregunta o Sr. Canabal, ou afirma, se a festa será antes do mes de maio. Responde o Sr. alcalde que será antes ou despois. O Sr. alcalde dille ó Sr. Viaño que lle falta un dato o que lle parece mentira: a finca cedida á Asociación Falemos, á que lle venceu o prazo para a execución das obras, é polo tanto o mesmo que aconteceu coa Asociación Virxe da Cerca, acordarase a reversión da parcela ao concello nunha sesión plenaria próxima. Segue dicindo o Sr. alcalde, aínda que eles solicitaron a prórroga, eu xa lle comuniquei á secretaria que non se prorrogaba máis a cesión. Responde o Sr. Viaño que a coñece, pero de momento non é do concello. Segue dicindo o Sr. alcalde que os números a el, pola venda das parcelas, danlle 540.000 euros, que Boqueixón é o único concello que ten abastecemento de auga en tódalas parroquias, excepto en Donas e, este presuposto, que din está inflado, serve para executar esa obra. Se pensan que vendemos patrimonio para executar obras ¿que fan os concellos limítrofes? O Sr. Viaño responde que el non dí que o presuposto esté inflado, senón que carece de rigor. Segue explicando o Sr. alcalde que debe ter en conta o proxecto do saneamento en Loureda incluido no POL, o que a Deputación da Coruña non adxudica a pesares do tempo transcorrido. O Sr Diz Arén dille a isto que Boqueixón tivo varios proxectos no POL, mentras que outros moitos concellos non tiveron ningún, polo que é normal que agora este concello espere e se saquen antes proxectos doutros concellos que nunca tiveron as axudas deste plan. En canto ao proxecto de Lestedo do SAUI-2, o alcalde dí que a aportación da Deputación da Coruña, en realidade, é de 300.000 euros e os restantes 150.000 euros son os que corresponderían ó concello do PIL. O Sr. Diz Arén respóndelle que isto non é certo, que a Deputación da Coruña pon os 450.000 euros integros. Segue dicindo o Sr. alcalde que disporán duns 540.000 euros da venda das parcelas de aproveitamento lucrativo do SAUI.-2.

17

Page 18: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

Respecto das plusvalías, segue dicindo o Sr. Gacio, é certo que se ingresan menos, pero o que non sabían era que se constitúen sociedades para quedar exentas do pagamento do imposto. Pero agora, xa o saben. Finaliza o alcalde dicindo que os ingresos se van a cumplir con creces. O Sr. Iglesias dí que agradeze a felicitación do Sr. Canabal, aínda que pensa que sería con sorna. Responde o Sr. Canabal que é de verdade. Segue dicindo o Sr. Iglesias que lles recorda ós concelleiros da oposición que este é ano electoral e á vista da política de subsistencia e falta de investimentos que dín, teñen a gran oportunidade de traballar porque ata maio non faremos nada. O Sr. Viaño dí finalmente, que só leva oito anos como concelleiro pero antes xa ía á finca situada en Barreiros e en canto a que me falta un dato, é lóxico porque non nolo dá. De tódolos xeitos remítome ( segue dicindo o Sr. Viaño) ó que dí o informe e a memoria da alcaldía: que procede das parcelas de aproveitamento lucrativo. Sen máis procédese coa votación e cos votos a favor dos representantes do PP e os votos en contra do PSdeG e BNG, acórdase:

a. Aprobar o presuposto xeral para o ano 2007 do que as cifras se detallan a continuación:

Estado de Gastos Concello de Boqueixón

Capítulo Denominación Euros

A/ Operacións Correntes

1 Gastos de persoal 1.231.764,45 €

2 Gastos en bens correntes e servizos 825.925,07 €

3 Gastos Financeiros 6.765,50 €

4 Transferencias Correntes 159.366,00 €

Total...................................... 2.223.821,02

B/ Operacións de Capital

18

Page 19: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

6 Inversións Reais 1.371.841,83

7 Transferencias de capital 0,00

8 Activos Financeiros 10.000,00

9 Pasivos Financeiros 16.279,80

Total...................................... 1.398.121,63

TOTAL PRESUPOSTO DE GASTOS 3.621.942,65 €

Estado de Ingresos Concello de Boqueixón

Capítulo Denominación Euros

A/ Operacións Correntes

1 Impostos directos 608.764,75 €

2 Impostos indirectos 180.000,00 €

3 Taxas, prezos públicos e outros 183.000,00 €

4 Transferencias correntes 1.411.543,53 €

5 Ingresos patrimoniais 12.000,00 €

Total...................................... 2.395.308,28 €

B/ Operacións de Capital

6 Alleamento de inversións reais 450.000,00 €

7 Transferencias de capital 822.294,05 €

19

Page 20: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

8 Activos financeiros 6.400,00 €

9 Pasivos financeiros - €

Total...................................... 1.278.694,05 €

TOTAL PRESUPOSTO DE INGRESOS 3.674.002,33 € b. Aproba-las bases de execución do presuposto c. Aproba-lo cadro de persoal que a continuación se transcribe:

CADRO PERSOAL 2007

NÚM. EFECTIVOS DENOMINACIÓN GRUPO C.D. SITUACIÓN

HABILITACIÓN NACIONAL: 1 Secretaria-interventora A 28 Propiedade

ADMINISTRACIÓN XERAL: 1 Administrativo C 22 Propiedade

2 Administrativos C 20 Propiedade

3 Administrativos C 20 Nova creación

2 Auxiliares D 18 Propiedade

1 Auxiliar D 18 Nova creación

ADMINISTRACIÓN ESPECIAL: 1 Facultativo de bibliotecas e arquivos A 24 Propiedade

1 Psicólogo A 24 Propiedade

1 Técnico formac.ocupacional B 24 Propiedade1 Traballadora social B 22 Propiedade

1 Téc. Auxiliar de Urbanismo C 20 Nova creación

1 Capataz de obras E 14 Nova creación

LABORAL FIXO: 1 Monitor deportivo Propiedade

1 Conserxe Propiedade

1

Condutor-recolledor do lixo Propiedade

1 Capataz de servizos Nova creación

2 Oficiais de Servizos Nova creación

2 Operarios de limpeza Nova creación

LABORAL EVENTUAL: 6 Peóns de servizos (GRUMIR)

20

Page 21: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

1 Animador cultural

1 Auxiliar deportes

1 Operario Limpeza

1 Conserxe

3 Axuda a domicilio 5 Manto. de vías e espazos públ.

(GRUMIR)

3 Cuadrilla obras

1 Educadora Familiar

PERSOAL DE GOBERNO:

1 Alcalde Adicación exclusiva

1 Tenente alcalde Adicación exclusiva

4 Adhesión á homenaxe de Isaac Díaz Pardo A Consellería de Presidencia, Admnistracións Públicas e Xustiza, envia a este concello o documento presentado pola Asociación Cultural “ Fuco Buxán, con rexistro de entrada núm. 06/3699, no que solicitan un acordo de adhesión á homenaxe a don Isaac Díaz Pardo que terá lugar o día 2 de marzo de 2007 no teatro Jofre de Ferrol. Tamén solicitan unha axuda económica. Tendo en conta a entrega de don Isaac Díaz Pardo ós servicios máis nobres de Galicia e a súa calidade como persoa e, ó mesmo tempo a escaseza monetaria para a concesión dunha axuda económica, o que se lamenta, proponse ó pleno o acordo de adhesión á dita homenaxe. O Sr. Canabal dí que lle parece correcto é de xustiza, aínda que lamenta que non se acompañe dunha axuda mínima cando, por outra banda, se dan outras menos importantes. O Sr.Viaño alégrase por esta homenaxe pero lamenta tamén que nun concello onde se dan subvencións para motos, para festas da filloa non se den para isto. Propòn que se lle dé unha axuda económica. O Sr. alcalde dí que se coñece onde milita e non obstante se aproba a homenaxe pero dubida que se eles propoñen unha homenaxe a algún do PP o acepten. Responde o Sr. Canabal que non o fagan dentro dun ano con don Manuel Fraga porque el non o aceptará, porque as diferencias son evidentes. O Sr. Rodeiro dí que acepta esta proposta. Sen máis procédese coa votación e por unanimidade acórdase:

a. A adhesión do Concello de Boqueixón à homenaxe a don Isaac Díaz Pardo, que terá lugar o día 2 de marzo de 2007 no teatro Jofre de Ferrol.

21

Page 22: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

b. Comunicar este acordo á Asociación Cultural “ Fuco Buxán” 5 Decretos da alcaldía

Dase conta dos decretos que se deron desde o día 04/11/2006 ata o 05/01/2007, do que se

dan por enterados.

6 Moción núm. 07/35 do BNG

Dase conta da seguinte moción presentada polo representante do BNG:

Xabier Canabal Fernández, en calidade de concelleiro- portavoz do BNG de Boqueixón, ao abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97.6 do ROF, apresento ao Pleno da Corporación do Concello de Boqueixón a seguinte moción: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PRIMEIRO: Os gobernantes das administracións públicas, teñen por norma celebrar actos protocolarios con obxecto de aperturas, inauguracións etc. SEGUNDO: Estes actos protocolarios teñen como fin dar relevancia á actividade ou obra realizada, explicar as súas características, finalidade da obra e informar que administracións as financian. Nestes actos participan os membros da administración titular da actividade ou obra, e igualmente os representantes daquelas administracións que a financian, promoven ou colaboran. TERCEIRO: Desde o grupo que represento no concello vémonos obrigados a presentar esta moción, posto que nos últimos anos levamos asistindo a inaguracións de obras que son financiadas por outras administracións, sen que desde o goberno municipal se teña cursado ningunha invitación ás administracións que colaboran nas obras, cousa que na anterior lexislatura non pasaba e era bastante frecuente contar coa presenza de conselleiros, deputados e mesmo en varias ocasións co Presidente da Deputación Provincial. Ademais, tamén foron reiteradas as críticas do alcalde de Boqueixón, no referido a non poder recibir no Concello aos representantes da administración provincial e da Xunta de Galiza, cando non se tivo a mínima cortesía de convidalos aos actos protocolarios mencionados, mesmo cando eran estas administracións as que financiaban a práctica totalidade das obras que inaguraba a administración local. Eis polo que someto ao pleno da corporación a adopción do seguinte ACORDO: O goberno municipal de Boqueixón, convidará en adiante para todos os actos protocolarios, a aquelas administracións ou entidades participantes nos proxectos de actividades ou obras

22

Page 23: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

realizadas neste concello, e dará conta destas comunicacións a todos os partidos políticos con representación municipal.

Deseguido, o Sr. Viaño dí que non se lembra cando fixeron unha moción neste sentido.

Incluso estendía isto a outros actos de tipo cultural onde se marxina ós concelleiros da

oposición. Verdadeiramente non me vai isto, pero entendo que os concelleiros da oposición

deberíamos aparecer nalgúns actos. Non só en inauguracións, pois iso non resta votos e somos

uns representantes máis. Hai anos esta moción non faría falta.

O alcalde dí que está de acordo coa moción. Pero, tamén é certo, dí, que cando o PP

gobernaba na deputación, o presidente visitaba tódolos concellos. Agora nin o presidente nin

o vicepresidente visitan o Concello de Boqueixón. Invitei, persoalmente, ao presidente á festa

da filloa, e a min ( dí o alcalde) ninguén me comunicou que viña.

O Sr. Viaño dí que fala de actos institucionais, non de festas.

O Sr. Rodeiro pregunta se non é falta de respecto institucional que non se vaia aos locais

sociais e, tamén é unha falta de respecto ao alcalde que a visita dun concelleiro non se lle

comunique.

O Sr. Canabal dí que se trae a alguén faino coma compañeiro.

O Sr. Rodeiro dí que, nin na Xunta de Galicia nin na Deputación da Coruña se fixo nunca o

de traer a un concelleiro ou deputado, ás costas do alcalde.

O alcalde cita o exemplo de don Jacinto Parga que o leva chamando fai moito tempo por

teléfono e nunca está e mentres a obra da ponte está adxudicada e paralizada por falta de

nomeamento dun director.

Sen máis procédese coa votación e por unanimidade acórdase:

O goberno municipal de Boqueixón, convidará en adiante para todos os actos protocolarios, a aquelas administracións ou entidades participantes nos proxectos de actividades ou obras realizadas neste concello, e dará conta destas comunicacións a todos os partidos políticos con representación municipal.

7 Moción urxente

O representante do BNG presenta a moción cuxa urxencia é apreciada por unanimidade

23

Page 24: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

Moción: Estase a producir unha situación de perigo na execución da obra do local social de

Lestedo. As medidas de seguridade son moi precarias. As vallas están abertas, non están

homologadas e non se está cumprindo o plan de seguridade das obras.

Débese vallar perfectamente e dar un tirón de orellas ó capataz de obras. A Vicepresidencia

ten coñecemento do que sucede.

O alcalde dí que se lle mandará un escrito á empresa recordándolle que ten que adoptar as

medidas oportunas.

8 Rogos e Preguntas

Rogo do representante do BNG:

Insiste o Sr. Canabal en dar un tirón de orellas ó capataz de obras.

Pregunta o Sr. Canabal se pode ve-la documentación solicitada o próximo venres día 12 e

sábado día 13 deste mes, en vez do venres pasado que non puido.

Responde o alcalde que sí.

O Sr. Viaño pregunta se para o tanatorio que se vai construir en Sergude, comprobaron se

existían outras ubicacións posibles.

O alcalde responde que había varias opcións:

a. Milleirós

b. Fronte a panadería de Orlando

c. Na Picotiña

d. Xunto á de Valdés

O lugar apropiado é Lestedo ( segue dicindo o alcalde), entre as dúas estradas.

O Sr. Canabal pregunta se ó concello non lle interesa ter un tanatorio público.

O alcalde responde que de momento non hai posibilidade, pero que sen dúbida é un servizo

necesario. Neste caso, segue dicindo, é unha iniciativa privada e nós pouco podemos facer.

Posteriormente entréganselle por escrito as respostas ás preguntas que fixeron o BNG e do

PSdeG no pleno anterior e que a continuación se transcriben:

Pregunta BNG do anterior pleno ordinario que tivo lugar o día 08/11/2006

24

Page 25: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA · 2016-01-29 · Sen máis alegacións, procédese coa votación e, coa abstención do Sr. Diz Arén, posto que non estivo presente nestas sesións,

1. Está en pleno proceso de redacción. É certo que acumula un retraso, pero hai que ter en conta que os técnicos municipais está soportando nestes últimos meses unha gran carga de traballo xa que redactan varios plans de obras neste tempo ( POS, asfaltos, ampliacións de auga, etc

Preguntas PSdeG do anterior pleno ordinario que tivo lugar o día 08/11/2006

1. Un exemplar para cada voceiro municipal (3), 1 exemplar para a alcaldía (1), 1 para cada tenente de alcalde (2), 1 para Protección Civil (1), 1 para prensa do concello (1), 1 para o ximnasio (1) e 1 para os centros sociais ( departamento de cultura)

2. Como media económica pódolle contestar que cada detalle por falecemento ter un custo medio de 30 euros ( ramo floral) e cada detalle por nacemento un custo de 3.87 euros( marco de fotos). Despois os detalles por acontecemento especial nunha familia ( centenario, bodas de ouro, etc), depende do momento, pero tampouco exceden dos 30 euros.

ACORDOS 1. Apròbanse as actas das sesións ordinaria e extraordinaria, correspondentes ós días

08/11/2006 e 06/11/2006 respectivamente. 2. Por maioría absoluta recoñécense as facturas pendentes de pagamento, correspondentes ó

ano 2006. 3. Por maioría absoluta apróbase o presuposto xeral para o ano 2007 así coma as bases de

execución do presuposto e o cadro de persoal. 4. Por unanimidade acórdase a adhesión do Concello de Boqueixón á homenaxe a don Isaac

Díaz Pardo que terá lugar o día 2 de marzo de 2007 no teatro Jofre de Ferrol 6. Por unanimidade acórdase aprobar a moción presentada polo representante do BNG na

que se dí que se convidará a tódolos actos protocolarios, a aquelas administracións ou entidades participantes nos proxectos de actividades ou obras realizadas neste concello, e darase conta destas comunicacións a tódolos partidos políticos con representación municipal.

7. Acórdase enviar un escrito á empresa construtora do local social de Loureda para que se adopten as medidas de seguridade oportunas.

Sen máis asuntos que tratar, o presidente remata a sesión e eu redacto a acta como secretaria. A secretaria V. e pr. O alcalde ANEXOS 1 documentación achegada polo departamento de facturas 2 presuposto xeral achegado polo alcalde 3 documento enviado pola Asociación Cultural Fuco Buxán

25