a voz de buÑo — nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro....

22
Revista escolar do CEIP Joaquín Rodríguez Otero A VOZ DE BUÑO — Nº 5 ACTIVIDADES DO CURSO Nesta revista podes atopar un resumo das actividades realizadas o longo do curso polo alumnado do centro así como unha selección de contidos e entrevistas realizados polos alumnos. Tamén podes desfrutar de pasatempos e outras actividades divertidas. Contido: · Actividades académicas · Actividades festivas · Saídas escolares · Entrevistas · Recomemdacións literarias · Pasatempos

Upload: others

Post on 26-Sep-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

Revista escolar do CEIP Joaquín Rodríguez Otero

A VOZ DE

BUÑO — Nº 5

ACTIVIDADES DO CURSO

Nesta revista podes atopar un resumo das

actividades realizadas o longo do curso polo

alumnado do centro así como unha

selección de contidos e entrevistas

realizados polos alumnos.

Tamén podes desfrutar de pasatempos e

outras actividades divertidas.

Contido:

· Actividades académicas

· Actividades festivas

· Saídas escolares

· Entrevistas

· Recomemdacións literarias

· Pasatempos

Page 2: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 1

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Neste curso , dentro do proxecto da biblioteca escolar, o

noso centro achegouse á natureza e da man de Marcelino

investigamos cales son os principais problemas que o

quecemento global ten para o planeta Terra.

Coa realización de distintos obradoiros, coa

participación das familias e distintas asociacións,

vivíamos un curso cheo de investigacións , ate que

nos vimos sorprendidos pola suspensión das clases

e as actividades lectivas presenciais motivadas pola

pandemia do COVID19.

Desde mediados de marzo tivemos que permanecer

nos nosos fogares e desde alí continuamos co curso

dun xeito distinto, continuamos co curso “on line” a

través de internet, facendo as tarefas e actividades

da páxina web do colexio e participando en

videoconferencias.

Page 3: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 2

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca

coa lectura polo alumnado de 6º do manifesto ,

presentación do proxecto anual da biblioteca e o

reparto das mochilas viaxeiras.

Page 4: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 3

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

OBRADOIROS DE SAMAÍN

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no

centro. Divididos en grupos mixtos elaboramos

distintas receitas terroríficas que preparamos para a

posterior degustación.

Posteriormente , e gracias á colaboración de un

grupo de nais e alumnas , realizamos un

obradoiro de maquillaxe no que nos preparamos

para desfrutar da festa do Samaín.

Como ven sendo habitual tamén realizamos o

concurso de cabazas, que como sempre , foi un éxito

de participación e imaxinación.

Page 5: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 4

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Obradoiro de igualdade "Cambiando o conto"

O 21 de novembro a asociación "visibles" achegouse o

centro para realizar co alumnado de 5º e 6º o obradoiro

de igualdade "Cambiando o conto".

Reflexionaron sobre os estereotipos presentes nos

contos tradicionais e , de xeito grupal, crearon o seu

propio conto.

Este conto, xunto a outros elaborados por alumnado

dos outros centros do concello, serviron para crear o

libro "Cambiando o conto".

Page 6: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 5

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Día universal dos dereitos da infancia.

O mércores 20 de novembro celebramos o Día

universal dos dereitos da infancia dando lectura os

Dereitos do Neno que a convención das Nacións

Unidas aprobou en 1989.

Estes dereitos quedan recollidos nun libro e nun xogo

de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro.

Durante os días previos visionamos a película

"Camino a la escuela", e tras a lectura dos Dereitos ,

realizamos unha posta en común sobre as nosas

impresións sobre o que contaba a película.

Page 7: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 6

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

OBRADOIRO FLORAL

O 22 de novembro acudiron o centro un pequeno

grupo de nais que traballaron con todos os grupos na

realización de adornos florais para o Nadal. Moitas

gracias por esta iniciativa.

25 N- Buño en negro

Para o Día internacional contra a violencia de xénero

o 25 de novembro participamos na campaña “Buño

en negro” coa elaboración do manifesto e cintas pola

igualdade.

Posteriormente realizamos este vídeo no que

participou todo o centro.

Page 8: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 7

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Exposición "Norman Parkinson"

O 27 de novembro o alumnado de primaria acudiu á

Fundación Barrié a visitar a exposición "Norman

Parkinson: siempre con estilo".

Tras a visita participamos nunha actividade Makey

Makey no que se traballou:

Coñecemento e análise do autor.

Estimular a capacidade plástica e visual.

Iniciación a téxtiles e a electrónica para

achegarse ás STEAM.

Fomentar a aprendizaxe transversal, activo e

significativo a través da arte.

Page 9: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 8

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

MAGOSTO 2019

O día 8 de novembro de 2019 celebramos o

magosto no colexio de Buño. Estivo moi moi

ben menos porque as tres primeiras horas

houbo clase.

Primeiro viu Moncho, o antigo conserxe , para

asar as castañas. Logo baixamos todos os ciclos

para comer as castañas.

Despois houbo uns xogos do magosto supervisados polos alumnos de sexto: tiro a castaña, o

pano do magosto ,un de explotar globos e o de aguantar unha castaña nunca cuchara na boca.

Feito por: Nicolás Fernández Rodríguez

Page 10: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 9

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Visita á exposición "Nuestro planeta.Netflix"

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede

Afundación A Coruña acolle a exposición «O noso planeta»,

baseada na serie homónima da plataforma e coa participación

de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta

concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta

pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global,

contaminación, etc.

Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para

reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como

sobre a necesidade inminente de incorporar a

sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición

con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e

interactivos, realidade virtual e unha mensaxe

imprescindible.

Page 11: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 10

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Nadal 2019

Para celebrar o Nadal todo o alumnado

preparou bailes , cancións e representacións

para divertir ás familias que acudiron a ver o

noso festival.

Anteriormente recibíramos a visita do paxe real

que veu a recoller a correspondencia preparada

para os Reis Magos.

Tamén participamos no concurso de debuxo organizado polo concello e elaboramos a felicitación

do centro.

Page 12: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 11

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Charla sobre epilepsia

O día 4 de decembro visitaron o noso centro membros

da Unión Galega de Epilepsia (UGADE ) para

explicarnos en que consiste a epilepsia e como

debemos actuar se nos atopamos ante unha crise

epiléptica.

Visita do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes

O día 23 de xaneiro visitaron o noso centro o

alumnado e docentes do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes.

Contáronnos como son as súas clases e amosáronnos

os proxectos nos que traballan e algúns produtos

elaborados por eles.

Page 13: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 12

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz realizamos unha

carreira pola paz na pista polideportiva do centro.

Elaboráronse mandalas da paz e dorsais para a carreira.

Rematouse cantando a versión “ Maxina” do tema

“Imagine” de John Lennon.

Durante esa semana realizamos os abrazos pola Paz ,

durante a semana da paz , no momento da entrada ás

aulas , todo o alumnado abrazou os seus compañeiros.

Page 14: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 13

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Charla sobre TEA

O 12 de febreiro realizamos no centro unha

xornada formativa sobre TEA ofrecida por

asociación DISMACOR .

Robots garabateadores

O martes 4 de febreiro o alumnado de 5º e 6º

de primaria desprazouse ate a Domus da

Coruña para asistir a un taller Maker na que

crearon os seus propios robots

garabateadores

Page 15: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 14

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Concurso de sombreiros de Entroido

Este ano , para celebrar o Entroido , os alumnos

crearon os seus propios sombreiros.

Contacontos “ Amor diverso” Celebramos o Día nos namorados cun contacontos

especial organizado pola ANPA Xaviña.

Page 16: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 15

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

ENTROIDO 2020

Pasarrúas por Buño do alumnado do centro acompañados polos

"Amighos da Mikaela" que animaron o percorrido.

Este ano o tema elixido foi a conservación da natureza e os disfraces

representaron a distintas especies en perigo de extinción.

Page 17: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 16

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Día de Rosalía de Castro

O 28 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de

Castro. Durante esa semana o alumnado preparou un

mural baseado na poema "Adios ríos, adios fontes", que

foi recitado por todo o centro o día da súa colocación.

TODO IRÁ BEN

Javier

Adela Anxo

Page 18: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 17

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Día Mundial do Medio Ambiente-5 de xuño

O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde

1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións

Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972,

coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio

Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral

da ONU aprobou a creación do "Programa das Nacións Unidas

para o ambiente" (PNUMA).

Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión

mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co

obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen

en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das

comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta

garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

Visita virtual á exposición "Nuestro planeta"

XOGOS INTERACTIVOS

Xogo de Asociar (3 a 6 anos)

Xogo de secuencias (6 a 12 anos)

Comer si,tirar non !!!

Un mar limpo

Crea a túa película: Compostaxe doméstica

CARTAS CON ALMA

Page 19: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 18

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

Recomendacións literarias

Xoel - Diario de Greg

Recomendo este libro

porque e divertido.

Vai de unha familia que vai

de vacacións e pouco a

pouco se lle van chafando.

E eso os leva a situacións

divertidas.

Saúdos e moito ánimo.

Lecturas recomendadas polo alumnado do centro durante o tempo

de confinamento.

Adela-Asterix e Cleopatra

María Rellán - Perrok Holmes

María- Tea Stilton

Aitor- El diario de Greg

Rodrigo- O coelliño branco

Sabela-Karina & Marina

Ola, son Sabela,

Este libro trata de unha nena que é bailarina e perde o seu diario e aí

ten apuntados todos os pasos para a coreografía perfecta.

A miña personaxe favorita é Marina, porque é deportista e lle gustan

as mesmas cousas que a min.

Este libro gústame moito e creo que aos meus amigos lles vai a

gustar tamén porque é de aventuras e é moi divertido.

Page 20: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 19

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

BAÚL

Escolma de achegas do alumnado recibidas durante o tempo de confinamento.

Page 21: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 20

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

PASATEMPOS

Axuda a Burt a buscar que podemos reciclar e identifica a unha clave

importantísima para os seres humanos.

Page 22: A VOZ DE BUÑO — Nº 5 · 2020. 8. 6. · de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro. Durante os días previos visionamos a película "Camino a la escuela", e tras a

P á x i n a | 21

A VOZ DE BUÑO — Nº 5

PROMOCIÓN 2019/2020 No presente curso remataron o seu paso polo CEIP Joaquín

Rodríguez Otero este estupendo grupo de alumnos.

Tras estes anos compartindo momentos bos e outros mellores , desfrutando da vosa alegría e

gañas de participar en todas as actividades do centro chega o momento de que continuedes a

vosa formación en outros centros. Estamos seguros de que co voso esforzo e mantendo esas

gañas de aprender, todo vos irá ben. Levades con vos todo o noso cariño.

DESPEDIDA

Esta revista escolar elaborouse grazas á colaboración e participación do alumnado e mestres do

centro. Recolle o mellor de todo un curso escolar , o traballo e esforzo de todos para conseguir

unha educación de calidade , no que aprender sexa divertido , valorando o esforzo e a iniciativa

de cada un dos alumnos especialmente ante situacións excepcionais como as que vivimos neste

curso.

Gracias a tod@s pola vosa colaboración na redacción dos contidos, a vosa participación nas

actividades e esa alegría e enerxía que día a día transmitides. Que esa enerxía continúe o curso

próximo , tanto para os que continuemos neste centro , como para os que cambiades de aires ,

ánimo e moita sorte a todos .

Boas vacacións e feliz verán.

Fernando.