fotos buño-dombate

25
De Barouta a Buño e a Dombate 12 de febreiro de 2016

Upload: 2tere

Post on 12-Apr-2017

454 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fotos Buño-Dombate

De Barouta a Buño e a Dombate

12 de febreiro de 2016

Page 2: Fotos Buño-Dombate

O 12 de febreiro, as aulas de 5º e 6º de Primaria fomos de excursión polo noroeste da provincia da Coruña. Visitamos o ecomuseo Forno do Forte, en Buño, e o dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.A primeira hora, collemos a información básica sobre o percorrido e marchamos. Aínda que o tempo nos puxo mala cara, nós respondemos cun sorriso e con moitos xogos e conversas durante a longa viaxe en bus.Xa en Buño, no medio do lugar, atopamos unha antiga casa de oleiros, hoxe convertida en museo. Como eramos moitos, fixemos dous grupos: uns visitaban as exposicións permanentes sobre olaría, agricultura… e o resto facía un obradoiro de barro.Foi interesante traballar coa arxila, o peor foi que non puidemos ir todos ao torno. Pero trouxemos igual a nosa figuriña feita á man.Xantamos alí mesmo pero chovía e facía frío. Tan pronto como puidemos, marchamos e paramos nun bar da estrada para repor algo de enerxía antes de chegar a Dombate.Aquí, mentres que uns quedaron facendo un obradoiro de gravado, o resto tocounos visitar primeiro o dolmen. Que pasada de construción! Está resgardado baixo unha cúpula de vidro para protexer as pinturas que hai no seu interior. Esa é una das razón de que sexa considerado a catedral do megalitismo galego.Só o vimos por fóra, xa que está moi protexido; pero, logo, puidemos entrar nunha réplica que fixeron e vimos como eran as pinturas e tamén o gravado que se atopou. Por certo, un anaco dese gravado foi o que representamos no obradoiro. Que ben resultou e canto aprendemos!<<Esta excursión foi xenial, aprendín un montón e nunca a esquecerei!>><<Encantoume, aprendín cousas novas e o ambiente foi agradable.>><<O que máis me impresionou foi o dolmen. É impresionante! E cada pedra mide 4 m de alto. Facer figuras no torno tamén doi una experiencia única!>><<Encantoume esta excursión e aprendín algo máis das construcións megalíticas e de como traballar coa cerámica.>><<Foi xenial. Repetiría outra vez. Aprendín moito e as actividades foron divertidas.>><<Encantoume esta excursión porque foi coma volver ao pasado e aprender como se facían as cousas antes.>><<Longa e impresionante. Creo que foi do gusto de todas e todos.>><<É para repetir. E estou ansioso por chegar á casa e contarlles todo o que sei! Estiven en contacto coa Galicia neolítica, un pasado non tan afastado. Esta experiencia gravouse en min coma o debuxo que fixen da “cousa” no cartón.>><<Fixemos cousas novas e diferentes. Gustoume esta experiencia.>><< Gustoume moito e repetiría pero sen tanta chuvia nin frío.>><<Foi xenial. O que máis me gustou foron os obradoiros e a visita ao dolmen.>><<Foi unha excursión fermosa, con moita aprendizaxe, algo diferente. Xenial! Volvería cada venres.>>>>Para min, foi épica; tiña tantas ganas de que chegase o día! E paseino moi ben cos compañeiros e nos obradoiros. Aprendín cousas que non sabía e que me serán de axuda no futuro.>>Estes foron os comentarios recollidos na aula ao falar desta saída. Creo que está claro!

Page 3: Fotos Buño-Dombate

O Ecomuseo nace como resultado da necesidade de expoñer ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos “oleiros” (alfareiros) de Buño. Está formado polas antigas casas/obradoiro, forno, “cabanote” (alpendre) e “cabazo” (hórreo) de varias familias alfareiras. O conxunto foi rehabilitado recentemente pola Deputación da Coruña, actual propietaria, que coidou cada detalle co fin de ofrecer ao visitante a posibilidade de retroceder no tempo e poder coñecer, non só como era a vivenda dun oleiro, senón tamén o seu oficio e o xeito de vida dunha familia da década de 1950.

http://www.concellomalpica.com/fornodoforte/ga/xml/index.php

FORNO DO FORTE

Page 4: Fotos Buño-Dombate

Forno do Forte é un dos conxuntos etnográficos máis emblemáticos de Buño. Foi levantado ao longo dos s.XVIII-XIX. A súa orixe foi unha casa labrega de gran tamaño. Cando o propietario cambiou de vivenda dividiuna en varios apartados que alugou a oleiros e xornaleiros. Para atraer aos oleiros construíu un cabanote (alpendre de grandes dimensións) onde podían gardar barro, toxo e outros obxectos e levantou un forno, indispensable para que puideran cocer. Este forno era dos máis apreciados pola calidade das súas coceduras. Á composición inicial engadíronselle máis vivendas ocupadas por oleiros, ata formar arredor do forno o que é o conxunto máis orixinal da localidade. O forno coceu con regularidade ata a década de 1960. A partir de aí reduciu a súa actividade ata abandonala nos anos 70 do século pasado. En 1999 iniciáronse os traballos de restauración e posta en valor do conxunto coa fin de crear o Ecomuseo que hoxe podemos visitar. Dentro do grupo de construcións tamén debemos salientar o hórreo (cabazo), un dos mellores conservados da comarca.

Page 5: Fotos Buño-Dombate

OBRADOIRO

O lugar de traballo estaba na vivenda do oleiro, sempre na cociña. Enriba da cociña estaba o secadeiro da cerámica ou fumeiro, no que o fume do fogar secaba as pezas. A carón da cociña ficaba o lugar onde se almacenaba o barro e se preparaba para poder tornealo. FERRAMENTAS

As ferramentas utilizadas polos oleiros eran moi sinxelas, elementos naturais escasamente transformados, como fragmentos de canas ou plumas de galiña; noutros casos aproveitábanse restos de materiais, cachos de teas, de arámeos, etc... A ferramenta máis representativa de Buño era a cana que se utilizaba para dar forma á vasilla, alisar a superficie ou decorar. MATERIAS PRIMAS

A materia prima máis necesaria para a realización das pezas era o barro, seguido da leña e as canas. O barro empregado era de orixe sedimentaria a partir de rochas graníticas. En canto á leña, necesaria para cocer a cerámica, empregábase o toxo. Hoxe en día, só se utiliza nas coceduras do Ecomuseo e a maioría dos oleiros usan fornos de gas. As canas recollíanse dos humedais próximos ou plantábanse nas hortas. A última materia prima indispensable é o esmalte ou frita, co que se vidraban as pezas para impermeabilizalas.

Page 6: Fotos Buño-Dombate

Facendo barro no torno con Mariló

Page 7: Fotos Buño-Dombate
Page 8: Fotos Buño-Dombate

As nosas producións.

Page 9: Fotos Buño-Dombate

Vendo a exposición: olas, xerras, falsete ...

Page 10: Fotos Buño-Dombate

Neste inmenso forno caben unhas 2.000 pezas e acada unha temperatura ao redor dos mil graos.

Fóra está o forno.

Page 11: Fotos Buño-Dombate

Equipo traballando o barro á man, fóra no cabanote. Con algo de frío, a verdade!

Page 12: Fotos Buño-Dombate

Todas as casas tiñan no baixo, a súa lareira, co forno de broa. Na cociña estaba tamén o obradoiro, co torno, o barro o pisón para machucalo...

Page 13: Fotos Buño-Dombate

No sobrado atopamos: o fumeiro, para secar as pezas de barro, e o cuarto para durmir e asearse.

A cama, cun xergón de follato de millo, as maletas de cartón, o lavamáns ...

Page 14: Fotos Buño-Dombate

Así vén o barro da canteira.Logo, co pisón, vaise machucando ata desfacelo ben. Este labor facíano as mulleres.

Con este po xa se pode facer o amasado.

Page 15: Fotos Buño-Dombate

Un xantar diferente, na taberna e logo a esperar no cabanote. Tempo para o xogo e as relacións, a pesares da friaxe.

Un pouco de relax no bar.

Page 16: Fotos Buño-Dombate

Dolmen de Dombate, a catedral do megalitismo en Galicia.

Page 17: Fotos Buño-Dombate
Page 18: Fotos Buño-Dombate

Dolmen de Dombate

Estas pezas que hai na entrada do corredor, chámanse “ídolos”

Page 19: Fotos Buño-Dombate

Parte traseira do dolmen. Fixeron un corte no terreo para ver a altura das laxas que pechan a construción megalítica.No outeiro da esquerda, “mámoa”, vense as pedras doutro dolmen moito máis pequeno.

No interior do dolmen hai pinturas e gravados.

Page 20: Fotos Buño-Dombate

Obradoiro de gravado

Page 21: Fotos Buño-Dombate
Page 22: Fotos Buño-Dombate

O noso primeiro gravado. Que orgullo!

Page 23: Fotos Buño-Dombate
Page 24: Fotos Buño-Dombate
Page 25: Fotos Buño-Dombate

Xa de regreso, unha merenda rapidiña pois Loli, estanos agardando para un ensaio de orchestra ORFF.