a narrativa medieval
TRANSCRIPT
A prosa medieval
Fronte á poesía, a prosa medieval galega tivo menor cultivo e relevancia debido a determinados condicionamentos históricos. Os documentos que dela nos restan chegan a nós alterados ou corrompidos por escribas do séculos XIV e XV, mais posuímos exemplos de enorme interese do que puido ter dado de si a prosa galega, no suposto de seguir un desenvolvemento parello ao das súas irmás románicas.
A existencia desta prosa medieval galega, desde principios do século XIII, é a mellor evidencia de que o idioma xa acadara naquela altura un grao de madureza que o habilitaba para constituírse no vehículo de expresión dunha literatura que aspiraba a ser lida (non só recitada, representada ou cantada) e a ser considerada como un obxecto culto e de prestixio.
A prosa medieval procede
esencialmente do século
XIII e a primeira
metade do século XIV.
Os primeiros deses textos son a Noticia de Torto e o Testamento do rei Afonso II, ambos datados cara ao ano 1214, só dezaseis e dezaoito anos despois da datación dos primeiros textos conservados das nosas cantigas. É dicir, en plena etapa de esplendor da nosa lírica medieval.A falta de normalidade no desenvolvemento da prosa medieval galega radica nos mesmos condicionantes históricos que levaron a poesía trovadoresca á súa decadencia e ao Reino de Galiza ao seu sometemento a Castela.
A partir de mediados do século XIV e boa parte do século XV a
lingua galega vaise
afastando da lingua
portuguesa.
O latín seguía a ser a lingua de prestixo para a prosa. No caso de Galicia, a súa substitución por linguas vernáculas non recaeu sobre o galego, senón sobre o castelán. A carencia dunha corte propia (a diferenza de Portugal) a partir do século XIII e a dependencia da monarquía castelá impediu o mecenado para que copistas, tradutores e cronistas realizasen o seu labor en galego.
A partir do sometemento dos derradeiros nobres galegos rebeldes (Pardo de Cela, decapitado en Mondoñedo en 1483), os documentos, até entón redactados en galego, comezan a se elaborar en castelán porque os funcionarios galegos foron desprazados polos de fóra ou ben deberon examinarse en Valladolid para acadar a condición de funcionarios reais. Así a imposición do castelán a partir do século XV puxo fin ao emprego do galego na prosa.
Os primeiros textos
conservados non teñen carácter
literario. Son cartas, leis
locais…
Ciclos temáticos
• Materia de Bretaña ou Ciclo bretón. O tema é a “materia de Bretaña”, as lendas sobre o rei Arturo e os cabaleiros da táboa redonda:
.- Libro de Xosé de Arimatea
.- Libro de Merlín
.- Demanda do Santo Graal: Nárranse as aventuras dos cabaleiros na procura da copa utilizada na última cea.
• Materia de Troia:.- Crónica Troiana.- Historia Troiana
Ciclos temáticos• A partir do século XV, fronte ao
desenvolvemento da prosa portuguesa, a prosa galega é cada vez máis escasa
• Temática troiana: Crónica Troiana e Historia Troiana.
• Temática relixiosa: Milagres de Santiago, versión galega do Codex Calixtinus, na que se narran, entre outros, os milagres do Apóstolo.
o Xosé de Arimatea ou o Libro de
Tristán, onde se refire a historia de amor entre este e
mais Isolda.
As lendas do rei Arturo son tratadas en libros
traducidos do latín ou do castelán, como a
Demanda do Santo Graal,
TAMÉN A GUERRA DE TROIA APARECE
REFLECTIDA NA CRÓNICA TROIANA OU NA HISTORIA
TROIANA.
Os miragres de Santiago narran
os milagres realizados polo
Apóstolo na peregrinaxe a
través do Camiño de
Compostela.
DURANTE ESTES SÉCULOS O PODER CASTELÁN FOISE INSTALANDO NA GALIZA (A NOBREZA GALEGA FORA
SUBSTITUÍDA POLA CASTELÁ) …
… POLO QUE A FINAIS DO
PERÍODO MEDIEVAL A
LITERATURA GALEGA ESCRITA
CAE EN DESUSO CASE TOTAL
POR CARECER DE
COMPOSITORES E
PROMOTORES, O QUE SE
MANTERÁ AO LONGO DOS TRES
SÉCULOS SEGUINTES: OS
“SÉCULOS ESCUROS”.