a lírica medieval
TRANSCRIPT
UNIDADE 13A LÍRICA MEDIEVAL
Durante os séculos XIII, XIV e XV, ao remate da Idade Media, o sistema feudal -no que a
nobreza e a Igrexa tiñan a riqueza e o poder- seguía vixente na Galiza e Portugal.
O feudalismo presenta unha sociedade moi xerarquizada na que a nobreza señorial e eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo debía pagarlles un FORO por cultivar as súas terras. Os artesáns e os comerciantes que vivián nos burgos opúñanse a estes privilexios.
GALIZA E A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA
O pobo debía pagarlle á nobreza un FORO por cultivar as súas terras. Este imposto, do que tamén se beneficiaba a igrexa, permitía a esta
aristocracia vivir na opulencia.
O poder da Igrexa: Compostela, centro da cultura cristiá europea, o Camiño de Santiago.
Os mosteiros cirtensienses, os foros, a estrutura parroquial.
A nobreza eclesiástica
Brasóns das casas nobiliares dos Traba e os Castro
COMO A GUERRA CONTRA OS MOUROS XA ESTABA MOI AO
SUR, A PAZ DEIXABA Á NOBREZA MOITO TEMPO PARA
O LECER.
OS DOUS PERÍODOS EN
QUE SE DIVIDE A
LITERATURA MEDIEVAL
GALEGO-PORTUGUESA,
COMÚN AOS DOUS PAÍSES
POR POSUÍREN DAQUELA A
MESMA LINGUA, …
…NOMÉANSE IDADE DE
OURO (S. XIII E PRIMEIRA
METADE DO S. XIV) E DE
DECADENCIA (SEGUNDA
METADE DO S. XIV E MAIS
TODO O S. XV).
Supoñemos que xa dende o
século XII se facían
reunións poéticas nos
pazos e castelos galegos,
porén as CANTIGAS EN
GALEGO-PORTUGUÉS máis
antigas datan do século
XIII.
Que é a lírica galego-portuguesa?
• Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685 cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas no idioma máis occidental da península, o galego-portugués, antes da súa separación en dúas linguas distintas, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século XII ata mediados do XIV.
Orixe da lírica galego-portuguesa
• A orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta a que as razóns estean na combinación de varias teses. Influencia folclórica –todos os pobos do mundo cantan antes de escribir-, influencia eclesiástica -o canto ten importancia en todas as relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns cen anos antes, etc.
Orixe da lírica galego-portuguesa
• O que si está claro é que se colleron corpo como escritas é por influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo provenzal está pois non só na orixe da moda de escribir cancións daquela "modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores e escribir conforme aos patróns máis tradicionais.
Ilustración de Antón García Patiño sobre a cantiga “Levantou-s’a belida”, de Don Dinis.
O espectáculo
Trobador Xograr
Menestrel Soldadeira
Segrel
Os TROBADORES eran os nobres que compoñías a letra e a música das cantigas.
Os SEGREIS eran compositores que xurdiron a carón dos xogradores, baixa nobreza vida a menos que vivía da xenerosidade allea coa súa arte. Denominábanse a si mesmos trobadores, pero os poetas aristocráticos negábanlles tal título.Viaxaban con frecuencia e mesmo cambiaban de corte en función de problemas políticos.Nunha determinada altura cronolóxica aparece o vocábulo «segrel» para designar aquel poeta que compón cantigas agardando algún beneficio con este labor.
Os xogrARES
PROCEDÍAN DO
POBO BAIXO E
INTERPRETABAN
AS CANTIGAS,
CHEGANDO
INCLUSO ALGÚN
DELES A
COMPOÑER.
Os músicos denominábanse
MENESTREIS, a quen podían acompañar
bailando …
… as SOLDADEIRAS,
mulleres que ían cos
soldados ás
numerosas guerras
que houbo nesta
época. Moi famosa foi
MARÍA A BALTEIRA,
satirizada nas
cantigas.
Como se facían os manuscritos medievais
• Trátase dunha animación interactiva que a Universidade de Cambridge dispón a través do Fitzwilliam Museum.
• Este recurso amósanos “como se facían os libros manuscritos medievais. A animación está baseada nunha páxina dun antigo libro do século XIV realizado para un bispo francés, Reynaud de Bar e que se coñece como o Pontifical de Metz”.
http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/manuscript/manuscript_5a.html
As cantigas atópanse en pergamiños recompilados en CÓDICES, unha especie
de libros como o DA VATICANA, A BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA OU AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA
que se gardan no Escorial.
Os Cancioneiros
• CANCIONEIRO DA AJUDA: consérvase en Lisboa e está datado a fins do século XIII ou comezos do XIV; 310 cantigas case todas de amor.
• CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL: consérvase en Lisboa. Códice copiado en Italia no século XVI sobre un orixinal hoxe perdido. Contén arredor de 1700 composicións de todos os xéneros.
• CANCIONEIRO DA VATICANA: na Biblioteca do Vaticano. Copia realizada no século XVI. 1200 composicións.
• PERGAMIÑO VINDEL: Folla do século XIII que contén sete cantigas de amigo de Martín Codax. Teñen a correspondente transcrición musical.
• PERGAMIÑO SHARRER: letra e música de seis cantigas de D. Dinís. Gárdase en Lisboa e data de finais do s. XIII.
PERGAMIÑO SHARRER
PERGAMIÑO VINDEL
Pergameu do códice da Biblioteca Nacional de Lisboa
Escoitamos
Grupo de música antiga MARTÍN CODAX:http://www.martincodax.org/
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=GTC5Q93eOSs
Escoitamos
En SON DE POETAS podemos escoitar moitas das nosas cantigas, ademais ofrece información moi completa sobre o/a poeta, o tema musical, o grupo ou solista, etc. http://sondepoetas.blogspot.com.es
Información extraO segredo do Libro de Kells é un dos máis fermosos manuscritos medievais que se conservan.Podemos ver o filme animado El secreto del libro de Kells (The Secret of Kells) de coprodución irlandesa-francesa-belga realizada pola empresa de animación irlandesa Cartoon Salon, dirixida por Tomm Moore e Nora Twomey, estreada o 8 de febreiro de 2009 no Festival Internacional de Cine de Berlín. El 2 de febreiro de 2010, foi nominada aos Premios Óscar dentro da categoría de mellor película de animación do ano 2009http://www.youtube.com/watch?v=c53GsY1utiA&feature=fvwrel
AS CANTIGAS PODEN
DIVIDIRSE EN TRES
XÉNEROS MAIORES:
CANTIGA DE AMOR, DE
AMIGO E DE ESCARNIO E
MALDICIR.
XÉNEROS
Cantiga de amor
Cantiga de amigo
Cantiga de escarnio e maldicir
Os xéneros menores son aqueles menos cultivados.
A TENZÓN consiste nun diálogo entre dous trobadores ou xograres.
A PASTORELA
tiña como
protagonista
unha “pastor”
a quen loa
unha voz
masculina,
pretendendo
namorala.
O PRANTO é
unha elexía pola
perda de alguén
ou mesmo de
algo.
Tamén hai cantigas en que a voz poética se queixa da chegada do día, momento da separación dos
amantes: coñécense como ALBAS ou ALBORADAS.
Xéneros menores
Pastorela
Lais PrantoCantiga
de seguir
Tenzón
Algúns dos máis de cen trobadores coñecidos foron Afonso X o Sabio, o seu neto e rei portugués Don
Dinís, Airas Nunes, Paio Gomes Chariño...; entre os xograres destacan Fernando Esquío, Codax, Pero
Meogo, Mendiño... , todos do s. XIII.
AFONSO X
WEB de consulta
• Unha excelente noticia: esta web na que se integran textos, nalgúns casos manuscritos e mesmo música, deste corpus que constitúe a lírica medieval galego-portuguesa. Un magnífico recurso para a lectura en rede do que é un dos nosos grandes patrimonios literarios.
http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp
A LINGUA
Unha época de monolingüismo
Durante a chamada “Reconquista”, o idioma que nace na Gallaecia vai estendéndose caa ao sul e recibe o nome de galego-portugués.
Afonso VI usurpa o trono dos seus irmáns Sancho, rei de León, e García, rei de Galiza, e divide o antigo reino en dous condados entre as súas irmáns Teresa e Urraca. A batalla de San Mamede (1129) coroa a Afonso Henriques como I Rei de Portugal.
Do latín vulgar ao galego-portugués
Lingua de reis,
lingua do pobo.
Do monolingüismo á substitución lingüística: factores sociopolíticos.
A substitución da nobreza galega (as
guerras dinásticas)...
e as Revoltas Irmandiñas (1461-1467).
Castelo de Narahío (Neda)
Sistema fonolóxico do galego medieval: as vogais orais
assi tua
cèdo bòca
mal
cégo nóva
Sistema fonolóxico do galego medieval: as vogais nasais
farĩa lũa
cheo corõa
cão
bees bõa
Sistema fonolóxico do galego medieval: hiatos vocálicos
maa irmãa casaes cães mao irmão
tea chea pee bees ceo cheo
moa bõa españoes razões avoo bõo
Sistema fonolóxico do galego medieval: as consoantes
MODO P U N T O D E A R T I C U L A C I Ó N E V O Z
labial dental alveolar palatal velarxordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro
oclusivo pee ben tal de con grannasal me nos teño
golpeado paravibrante terraafricado cen fazer chãocontinuo fee fava son casa caixa hoje
lateral levar palla
Sistema fonolóxico do galego medieval: pares de consoantes
b v ts dz s z š ž
ben, caber, ambos,cabra
vai, fava,
dever, levava, arvore,
livro
cen, cinco,
cabeça, justiça,Paaço(luz)
doze, luzes, juizo,
beleza, (luz, dez)
sempre,passar, levasse,levas
casa, cousa, mesa, pesar
xadrez, caixa, peixe, roxo
gente, fogir, ja,
hoje, queijo,
juiz
Morfoloxía e fonoloxía do galego medieval: plural e feminino de nomes
razon, coraçon razões, corações
cão, pão cães, pães
mão, verão, chão, irmão
mãos, verãos, chãos, irmãos
irmão, chão, verão
irmãa, chãa, mañãa, maçãa
Morfoloxía
• Invariabilidade de xénero nos nomes finalizados en –or: meu senhor, minha senhor.
• Pronome «te» para CD ou para CI.• Participios de verbos da 2ª en «-udo»: palavra
perduda.• Formas compostas con «aver»: que ll’avia
prometido.• Formas átonas no posesivo feminino:
«mia/mha/ma/ta/sa»: en esta ta cadeira.
Sintaxe
• Utilización de posesivos sen artigo: porque tarda meu amigo sem min?
• Anteposición do pronome átono: vos direi en quanto lh’oi
• Emprego de formas partitivas: quer’eu mostrar dos miragres que ela fez
• Concordancia en tempos compostos do participio e o CD.
• Emprego de dupla negación: nem madre nem parente nom a…
Léxico
• Assaz (bastante), trobar, cobra...Provenzalismos
• Sage (sabio,prudente), maison (casa)...Galicismos
• Vegada (vez), fillar (aceptar), eire (onte), cras (mañá), chus (máis)...Arcaísmos
Neotrobadorismo• A descuberta das cantigas medievais galego-
portuguesas nas primeiras décadas do século XX deu orixe á corrente do neotrobadorismo, representada por Álvaro Cunqueiro e Álvarez Blázquez.
• Do primeiro , “No niño novo do vento”, que se popularizou a través da música. En Son de Poetas fornécennos varias versións musicais deste poema, dende a xa clásica de Luís Emilio Batallán á rockeira da banda do Morrazo Astarot, incluída no disco O sentir dunha terra (2000), pasando por Amacio Prada, os Milladoiro e Xoel López.
Neotrovadorismo (I)Os espárragos son diuréticosE ti es o amor da miña vidaE ti es o amor da miña vida
Neotrovadorismo (II)(Cantiga de amigo, escarnio e maldicir)Antes eras un colegapero agorame cago en tu puta madreme cago en tu puta madre
Neotrovadorismo (IV)Ondas do mar de Vigose vistes meu amigo:que marchei. Colectivo Ronseltz, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).
Contrabando de amigo (Fragmento)Sentada estou na illa de San Simónesperando, meu amigo, ai, que volvas do Gran Sole pola ponte de Rande van e veñen sen pararmoitos coches, meu amigo, que non veñen do Gran Sol.Mentiches meu amigo, mentiches meu amormentira meu amigo, ti non fuches ó Gran solcontrabando de tabaco e de drogas de drogaramor de batea o que ti me queres dar.Antón Reixa, viva galicia beibe (1994).
Este poema de Reixa foi composto para o disco Ondas do mar de Vigo (1989), de Na Lúa.