a ledicia de ler - "a literatura de carballo calero"

4
A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia de 1975 a 1980, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público. A LEDICIA DE LER “A Literatura de Carballo Calero” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 22 de xuño de 1975 DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Upload: fundacion-carlos-casares

Post on 16-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Artigo publicado por Carlos Casares en "La Voz de Galicia" o 22 de xuño de 1975, na sección "A Ledicia de Ler"

TRANSCRIPT

Page 1: A Ledicia de Ler - "A literatura de Carballo Calero"

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia de 1975 a 1980, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.

A LEDICIA DE LER

“A Literatura de Carballo Calero”

CARLOS CASARES

La Voz de Galicia. 22 de xuño de 1975

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Page 2: A Ledicia de Ler - "A literatura de Carballo Calero"

1

A LEDICIA DE LER. “A literatura de Carballo Calero”

La Voz de Galicia. 22 de xuño de 1975

A literatura de Carballo CaleroA literatura de Carballo CaleroA literatura de Carballo CaleroA literatura de Carballo Calero

CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 22 DE XUÑO DE 1975

Cando en 1963 se publicou a Historia da literatura galega contemporánea de Ricardo

Carballo Calero, todo o mundo estivo de acordo en que se trataba dunha obra de valor

indubidable e que con ela a literatura galega quedaba definitivamente ben estudada,

ordenada e clasificada. Se é certo que antes de Carballo Calero outros autores se tiñan

dedicado a estudar a nosa historia literaria contemporánea con mérito indiscutible,

tamén é certo que nunca ata entón se fixera co rigor científico por el utilizado. Nese

aspecto a súa obra era fundamental, é decir, que viña botar os cimentos sobre os que se

había erguer o edificio crítico-literario referente á literatura galega contemporánea.

Aquela primeira edición, en cuxo título se acotaba o ámbito temporal que abranguía o

seu estudo (1808-1936), constaba dunhas cincocentas páxinas, nas que se incluían oito

capítulos, que trataban sucesivamente da literatura galega desde a invasión francesa ata a

morte de Fernando VII; o Romanticismo e os precursores de Rosalía; unha introdución

ao chamado Renacemento; Rosalía de Castro; Eduardo Pondal; Curros Enríquez; os

diáconos ou compañeiros dos anteriores; e os epígonos. Os derradeiros escritores alí

estudados eran os da xeración anterior a Noriega Varela. Quedaban, pois, para o

segundo volume, unha parte importante (e apaixoante) da nosa literatura. De aí o

interese con que se agardaba nos medios cultos a súa aparición, que se fixo esperar,

posto que pasaron máis de once anos ata a publicación da parte que faltaba. Ao final, por

criterios editoriais, esta imprentouse facendo un só volume coa parte xa coñecida polo

que a Historia da literatura galega contemporáneai que acaba de saír, vén ser unha segunda

edición aumentada con perto de catrocentas páxinas, e corrixida, segundo declara o

autor no prólogo, xa que o texto da primeira foi revisado.

Page 3: A Ledicia de Ler - "A literatura de Carballo Calero"

2

A LEDICIA DE LER. “A literatura de Carballo Calero”

La Voz de Galicia. 22 de xuño de 1975

As páxinas que ven agora a luz por primeira vez conteñen cinco capítulos: do IX

ao XIII da obra. Neles trátase da literatura pos-renacentista (Noriega Varela e os poetas

conservadores da liña tradicional); a época das Irmandades; o grupo “Nós”; os

novecentistas (a xeración de Manuel Antonio e Amado Carballo); e os tempos do

Seminario de Estudos Galegos: Bouza Brey, Filgueira Valverde, Aquilino Iglesias

Alvariño; Álvaro Cunqueiro, Ánxel Sevillano, Xosé Lois Parente. Inclúese ademais o

cadro sinóptico que xa figuraba na primeira edición, pero ampliado ata 1936, e a

bibliografía dos traballos máis importantes dedicados a estudar diferentes aspectos da

vida ou da obra dos escritores máis destacados. Como novidades, que convertirán esta

obra nun instrumento de traballo facilmente manexable, temos agora setenta e dúas

páxinas de índices diversos: onomástico, de obras, de revistas e xornais, de láminas, e

xeral.

A Historia da literatura do Dr. Carballo Calero é sen dúbida ningunha unha obra

monumental. Sen ela dificilmente se podería abordar o estudo da nosa literatura cun

mínimo de rigor. Con ela en cambio, ese rigor non ha requirir un esforzo diante do cal

moitos investigadores se sentirían desalentados. Ese esforzo fíxoo Carballo Calero para

todos: a lectura de textos sen máis interese que o puramente histórico ou circunstancial,

o carrexo de materiais, a súa ordenación e clasificación, a pescuda de documentos raros,

a consulta de revistas e periódicos, o manexo de edicións de asequibilidade moi difícil, a

verificación de datos, o rescate de nomes esquecidos ou ignorados… E ademais, a

análise das obras e o seu esclarecemento e valoración. Porque na súa Historia da literatura

galega contemporánea, Ricardo Carballo Calero non se pecha no marco estrito da

erudición, senón que se adentra polos espesos matos da crítica literaria, en cuxos eidos

tiña conseguido xa froitos importantes, como os brillantes estudos que na primeira

edición consagrara aos nosos clásicos do XIX. A eles hai que engadir agora os estudos

exemplares da obra de Noriega Varela, de Cabanillas, de Otero Pedrayo ou de

Cunqueiro, nalgúns dos cales se xuntan o rigor do erudito coa paixón do lector sensible

Page 4: A Ledicia de Ler - "A literatura de Carballo Calero"

3

A LEDICIA DE LER. “A literatura de Carballo Calero”

La Voz de Galicia. 22 de xuño de 1975

e entusiasmado. Noutros, o positivismo tradicional que informa todo o libro non impide

a adopción dunha metodoloxía de tipo estrutural para mellor iluminar determinadas

facetas dalgunha obra, como no caso de Os vellos de Castelao.

O esforzo de Carballo Calero foi inmenso, e os seus froitos recolleranos os

estudiosos galegos de hoxe e de mañá. Para levalo a porto, o catedrático da

Universidade compostelá non só puxo a proba o temple do seu saber, senón que houbo

de renunciar temporalmente á súa obra persoal de creación literaria. Para eso compría

tamén ser xeneroso. El foino en abundancia. Que Deus llo pague.

* * *

1 Ricardo Carballo Calero, Historia da literatura galega contemporánea, Galaxia, Vigo, 1975; 894 páxinas.