a ii. 5 aparellos circulatorio e excretor p… · 5 a nutrición humana ii. aparellos circulatorio...

14
5 A NUTRICIÓN HUMANA II. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século XVI os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase que o órgano central do sistema circulatorio era o fígado. No século XVI o médico español Miguel Servet chegou á conclusión, revolucionaria para a época, de que o sangue pasaba a través dos pulmóns para alí recibir a «ánima». Con isto describiu a circulación a través dos pulmóns. Esta afirmación, xunto con certas ideas relixiosas, fixo que fose queimado na fogueira por herexía. Case un século despois, o médico inglés William Harvey estableceu definitivamente todo o proceso circulatorio ao describir a dobre circulación do sangue grazas a diferentes experimentos, moi enxeñosos. Que elemento cres que recolle o sangue nos pulmóns, ao que Miguel Servet chamou ánima? •    Cales son os compoñentes do sangue e que funcións teñen. •    Cales son os compoñentes do sistema circulatorio e as súas funcións. •    Como é o corazón e como funciona. •    En que consiste a circulación do sangue. •    Cales son os compoñentes do sistema linfático e as súas funcións. •    Que órganos participan na excreción. •    Que hábitos saudables che axudan a manter en bo estado os aparellos circulatorio e excretor. Nesta unidade aprenderás

Upload: others

Post on 12-Oct-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

5A nutrición humAnA ii.

Aparellos circulatorio e excretor

Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase que o órgano central do sistema circulatorio era o fígado.

No século xvi o médico español Miguel Servet chegou á conclusión, revolucionaria para a época, de que o sangue pasaba a través dos pulmóns para alí recibir a «ánima». Con isto describiu a circulación a través dos pulmóns. Esta afirmación, xunto con certas ideas relixiosas, fixo que fose queimado na fogueira por herexía.

Case un século despois, o médico inglés William Harvey estableceu definitivamente todo o proceso circulatorio ao describir a dobre circulación do sangue grazas a diferentes experimentos, moi enxeñosos.

Que elemento cres que recolle o sangue nos pulmóns, ao que Miguel Servet chamou ánima?

•    Cales son os compoñentes do sangue e que funcións teñen.

•    Cales son os compoñentes do sistema circulatorio e as súas funcións.

•    Como é o corazón e como funciona.

•    En que consiste a circulación do sangue.

•    Cales son os compoñentes do sistema linfático e as súas funcións.

•    Que órganos participan na excreción.

•    Que hábitos saudables che axudan a manter en bo estado os aparellos circulatorio e excretor.

Nesta unidade aprenderás

327334 _ 0049-0062.indd 49 22/06/11 12:16

Page 2: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

50

O sistema circulatorio sanguíneo

O sistema circulatorio reparte os nutrientes e o osíxeno por todo o organismo e retira o dióxido de carbono e os produtos de refugo que producen as células.

O sistema circulatorio sanguíneo está formado por tres compoñen-tes: os vasos sanguíneos, o sangue e o corazón.

Os vasos sanguíneos

Os vasos sanguíneos son os condutos polos que circula o sangue.

Hai tres tipos de vasos sanguíneos:

•    Arterias. Levan o sangue do corazón aos demais órganos do corpo. As súas paredes son grosas porque soportan a presión coa que o sangue sae do corazón.

•   Veas. Conducen o sangue desde os órganos ao corazón. As súas paredes son máis finas, pois o sangue circula con menos presión. Teñen válvulas para evitar que o sangue retroceda.

•   Capilares. Son uns vasos microscópicos que forman unha rede que comunica as arterias coas veas. As súas paredes son tan finas que permiten o intercambio de nutrientes, refugos, osíxeno e dióxido de carbono entre o sangue e as células.

O sangue

O sangue é un líquido de cor vermella e sabor salgado que circula polo interior dos vasos sanguíneos.

O sangue ten dous compoñentes: o plasma e as células sanguíneas.

•   Plasma. É un líquido de cor amarelenta composto por auga con numerosas substancias disoltas nela, como nutrientes, sales mine-rais e substancias de refugo.

•   Células sanguíneas. Hai tres tipos:

– Glóbulos vermellos ou eritrocitos. Son células pequenas que non teñen núcleo. Son as máis abundantes no sangue e a súa función é transportar o osíxeno e o dióxido de carbono.

– Glóbulos brancos ou leucocitos. Son menos numerosos ca os glóbulos vermellos. A súa función é defender ao organismo ante as infeccións.

– Plaquetas. Son anacos dunhas células máis grandes. Axudan a formar un coágulo para taponar as feridas e evitar que saia o sangue.

1Vasos

sanguíneos

Corazón

Esquema do sistema circulatorio sanguíneo.

Tipos de células sanguíneas. Existen diferentes tipos de glóbulos brancos, con cadansúa funcion diferente.

Glóbulo vermello Plaquetas

Glóbulos brancos

327334 _ 0049-0062.indd 50 22/06/11 12:16

Page 3: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

51

Actividades5. Copia no caderno e completa un esquema coma

o seguinte sobre os compoñentes do sangue:1. Completa o seguinte parágrafo:

O sistema circulatorio leva o

e os a todas as células e retira

as

e o

que producen as células.

Está formado polo ,

a e os .

2. Responde as seguintes preguntas:

a) Como se chaman os vasos polos que chega o sangue

ao corazón?

b) Como se chaman os vasos polos que sae o sangue do

corazón?

c) Como se chaman os vasos que comunican as veas e

as arterias?

3. Escribe o nome de cada tipo de vaso sanguíneo e explica por que o sabes.

• OvasoAé porque

• OvasoBé porque

• OvasoCé porque

4. Explica por que as paredes dos capilares son tan finas.

6. Une con frechas as dúas columnas segundo as características das células sanguíneas.

Glóbulos •vermellos

Glóbulos •brancos

Plaquetas •

• Axudan a formar coágulos.

• Transportan osíxeno e dióxido de carbono.

• Combaten as infeccións.

• Son células sen núcleo.

• Son fragmentos de células.

7. Explica a función das células sanguíneas.

a) Glóbulos vermellos.

b) Glóbulos brancos.

c) Plaquetas.

8. Define os seguintes termos:

a) Sangue.

b) Plasma.

CA B

son

a súa función é a súa función é a súa función é

O sangue

está formado por

327334 _ 0049-0062.indd 51 22/06/11 12:16

Page 4: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

52

O corazón

O corazón é o órgano que impulsa o sangue para que chegue a todas as partes do corpo.

O corazón é un órgano do tamaño dun puño e as súas paredes están formadas por tecido muscular. Estas paredes contráense e reláxanse continuamente co fin de impulsar o sangue a todo o corpo.

O interior do corazón está dividido en dúas metades, esquerda e dereita, separadas por un tabique que evita que o sangue das dúas metades se mesture.

Cada metade ten dúas cámaras: unha superior chamada aurícula, á que chegan as veas con sangue do corpo, e outra cámara inferior chamada ventrículo, que impulsa o sangue a través das arterias.

O músculo do corazón é dun tipo especial. Chámase músculo cardíaco e é involuntario, é dicir, non podemos controlar o seu latexo voluntariamente. É unha sorte, porque non pode deixar de latexar nunca.

SAbíAS que…?

Vea cava superior

Vea cava inferior

Ventrículo dereito

Válvula

Aurícula dereita

Arteria aorta

Arteria pulmonar

Veas pulmonares

Aurícula esquerda

Válvula

Ventrículo esquerdo

O sangue chega ás aurículas a través das veas cavas e as veas pulmonares. Cando se contraen as aurículas, o sangue pasa das aurículas aos ventrícu-los. Cando se contraen os ventrículos, o sangue sae deles a través da arteria aorta e da arteria pulmonar.

Entre as aurículas e os ventrículos hai unhas válvulas que fan que o sangue non pase nunca dos ventrículos ás aurículas.

O latexo cardíaco

A contracción do músculo cardíaco chámase sístole, e a relaxación, diástole. A sucesión de sístoles e diástoles dá lugar ao latexo car-díaco, que se pode detectar apoiando a man sobre o peito.

A sístole das aurículas fai que o sangue pase aos ventrículos e a sís-tole dos ventrículos impulsa o sangue polas arterias.

A

A. Ao premer a botella, o líquido sae impulsado. Equivale á sístole.B. Ao deixar de premer, o líquidoentra na botella polo tubo. Equivale á diástole.

B

327334 _ 0049-0062.indd 52 22/06/11 12:16

Page 5: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

53

Actividades

Ventrículo esquerdo

14. Une con frechas os vasos sanguíneos e a cámarado corazón á que chegan ou da que saen.

Arteriapulmonar •

Veaspulmonares •

Arteriaaorta •

Veascavas •

• Aurículadereita

• Aurículaesquerda

•Ventrículodereito

•Ventrículoesquerdo

15. Define as seguintes palabras:

a) Sístole:

b) Diástole:

c) Latexo cardíaco:

16. Contesta. Cando fai forza o músculo cardíaco, ao contraerse ou ao relaxarse? Explica por que.

17. Pensa e explica por que cando facemos exercicio o noso corazón latexa máis rápido que cando estamos descansando.

18. Sinala se as seguintes oracións son verdadeiras (V) ou falsas (F):

V F A función do corazón é elevar a temperatura do sangue.

V F O corazón ten dúas metades, unha superior e outra inferior.

V F O sangue chega ás aurículas e sae dos ventrículos.

V F O sangue chega ao corazón polas arterias e sae del polas veas.

9. Responde as seguintes preguntas:

a) Que é un órgano? (Lembra o tema 3).

b) De que tecido está formado o corazón?

c) Que función ten o corazón?

d) Cantas cámaras ten o corazon?

10. Reflexiona e contesta. O corazón funciona de maneira involuntaria, sen que teñamos que pensalo e sen que nos decatemos. Escribe o nome doutros dous órganos do corpo que funcionen desa maneira.

1.

2.

11. Une con frechas os nomes das partes co debuxo.

Arteria aorta

Veas cavas

Ventrículo dereito

Aurícula dereita

Arteria pulmonar

Veas pulmonares

Aurícula esquerda

Ventrículo esquerdo

12. Explica que función teñen as válvulas do corazón.

13. Risca as palabras incorrectas.

a) As veas / arterias chegan ás aurículas, mentres que as veas / arterias saen dos ventrículos.

b) O sangue pasa das aurículas / dos ventrículosás aurículas / aos ventrículos.

c) A contracción do músculo cardiaco chámase sístole / diástole e a relaxación sístole / diástole.

327334 _ 0049-0062.indd 53 22/06/11 12:16

Page 6: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

54

A circulación do sangue

O ser humano ten circulación dobre, porque o sangue pasa dúas veces polo corazón no mesmo percorrido e realiza dous circuítos diferentes.

Os dous circuítos da circulación son o circuíto pulmonar e o circuíto xeral. Cada metade do corazón impulsa o sangue a un destes circuítos.

•   Circuíto pulmonar. É o máis curto e realízase entre o corazón e os pulmóns. A súa función é que o sangue se cargue de osíxeno e se libere de dióxido de carbono, o que ocorre nos pulmóns.

O sangue procedente de todo o corpo e cargado de dióxido de carbono chega á aurícula dereita. Dela pasa ao ventrículo dereito, que impulsa o sangue para que saia pola arteria pulmonar. Esta bifúrcase en dúas ar-terias, que se dirixen aos pulmóns. Cando o sangue chega aos capilares pulmonares prodúcese o intercam-bio gasoso: o sangue libera o seu dióxido de carbono e cárgase de osíxeno. Despois o sangue rico en osíxeno volve ao corazón a través das veas pulmonares. Estas veas chegan á aurícula esquerda.

A circulación pulmonar tamén se chama circulación menor.

•   Circuíto xeral. É o máis longo e ocorre entre o corazón e todo o corpo, excepto os pulmóns. A súa función é levar osíxeno e nutrientes a todo o corpo e recoller o dióxido de carbono e as substancias de refugo que pro-ducen as células.

O sangue que vén dos pulmóns rico en osíxeno chega á aurícula esquerda e pasa ao ventrículo esquerdo. O ventrículo impulsa o sangue, que sae pola arteria aorta. Esta subdivídese en numerosas arterias que levan o san-gue a todos os órganos do corpo.

O sangue cede o osíxeno e mais os nutrientes ás cé-lulas a través das paredes dos capilares, e recolle o dióxido de carbono e mais as substancias de refugo. Ademais, cando pasa polo intestino recolle os nutrien-tes que foron absorbidos. Os capilares reúnense en veas que son cada vez máis grosas, ata que desembo-can nas veas cavas, que devolven o sangue á aurícula dereita.

A circulación xeral tamén se chama circulación maior.

2esquema do circuíto pulmonar

2. O sangue é impulsado polo ventrículo dereito e sae pola arteria pulmonar.

1. O sangue pasa da aurícula dereita ao ventrículo dereito.

4. O sangue chega á aurícula esquerda polas veas pulmonares.

3. O sangue realiza o intercambio nos capilares que rodean os alvéolos.

esquema do circuíto xeral

2. O sangue é impulsado polo ventrículo esquerdo e sae pola arteria aorta.

1. O sangue pasa da aurícula esquerda ao ventrículo esquerdo.

3. O sangue percorre os órganos do corpo cedendo osíxeno e tomando dióxido de carbono e refugos.

4. O sangue chega á aurícula dereita polas veas cavas.

327334 _ 0049-0062.indd 54 22/06/11 12:16

Page 7: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

55

Actividades23. Completa as oracións sobre o circuíto xeral.

O sangue rico en ______________________ pasa da

aurícula esquerda ao ventrículo ________________ .

Este impúlsao a través da arteria ______________

e chega a todos os órganos do corpo, excepto

os _____________________________ . Alí pasa ata os

capilares para ceder ______________________________

e tomar _________________________________________.

O sangue volve polas veas ______________________

ata a aurícula ___________________________ cargada

de ______________________________________________ .

24. Contesta as preguntas sobre o esquema, que representa os dous circuítos da circulación.

19. Explica que quere dicir que o ser humano ten unha circulación dobre.

20. Escribe que metade do corazón impulsa o sangue en cada circuíto da circulación.

• Acirculaciónpulmonaréimpulsadapolametade

__________________________________ do corazón.

• Acirculaciónxeraléimpulsadapolametade

___________________________________ do corazón.

21. Une con frechas cada circuíto coas súas características.

• É o percorrido máis longo

• É o percorrido máis curto

Circuítopulmonar • • O sangue sae do ventrículo dereito

• O sangue sae do ventrículo esquerdo

• Pasa polos pulmóns

Circuítoxeral •• Pasa por case todo

o corpo

• Tamén se chama circulación maior

• Tamén se chama circulación menor

22. Completa o seguinte parágrafo sobre o circuíto pulmonar:

O sangue pobre en ___________________________

e rico en dióxido de carbono pasa da aurícula dereita

ao ventrículo ______________________ . Este impúlsao

a través da arteria ___________________________

e chega aos _________________________. Alí pasa ata

os capilares que rodean aos _______________________

para ceder ________________________________________

e tomar ___________________________ . O sangue volve

polas veas _________________________________ ata

a aurícula ________________________________ cargado

de ______________________________________________.

a) Son correctas as frechas que indican a dirección de circulación do sangue? Explica por que.

b) Que vasos sanguíneos se corresponden con cada letra?

A:

B:

C:

D:

c) Cales deses vasos levan sangue rico en osíxeno?

d) Cales levan sangue pobre en osíxeno?

A B

C D

FF

F

F

F

327334 _ 0049-0062.indd 55 22/06/11 12:16

Page 8: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

56

O sistema circulatorio linfático

Cando o sangue circula polos capilares, unha pequena cantidade de plasma atravesa as súas paredes e queda entre as células. É necesario retirar ese líquido, para que non se acumule e cause enfermidades.

O sistema linfático recolle o plasma que queda entre as células e devólveo ao sangue.

O sistema circulatorio linfático está formado polos seguintes com-poñentes:

•   Capilares e vasos linfáticos. Os capilares linfáticos son uns con-dutos moi finos que se encontran en todos os órganos e que reco-llen o plasma que queda entre as células. Cando se reúnen forman vasos linfáticos máis grosos, similares ás veas, que desembocan no sistema circulatorio sanguíneo.

•   Linfa. É o líquido que circula polo interior dos capilares e os vasos linfáticos.

•   Ganglios linfáticos. Son uns pequenos órganos que se encontran nos vasos linfáticos. Conteñen gran cantidade duns glóbulos bran-cos chamados linfocitos. Os ganglios actúan como barreira defen-siva ante os axentes infecciosos. Cando temos unha infección, os ganglios inflámanse.

enfermidades do aparello circulatorio

As enfermidades que afectan ao corazón e aos vasos sanguíneos reci-ben o nome de enfermidades cardiovasculares.

A enfermidade máis frecuente é a arterioesclerose, que consiste no estreitamento e endurecemento das arterias. Cando as arterias se es-treitan, existe o risco de que se atasquen con calquera pequeno coá-gulo que se forme. Este atasco recibe o nome de trombo.

Cando o trombo se produce nunha das arterias que levan sangue osixenado ao corazón, prodúcese un infarto de miocardio, que consiste na morte de parte do músculo cardíaco e, nalgúns casos, a morte da persoa.

As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte no mundo occidental. Para evitalas é importante ter uns bos hábitos de saúde. Entre eles destacan os seguintes:

•   Facer exercicio, moi beneficioso para o aparello circulatorio.

•   Ter unha boa alimentación, e evitar, no posible graxas de orixe animal.

•   Non fumar, pois aumenta a probabilidade de sufrir arterioesclerose.

3

4

Vasos linfáticos

Ganglios linfáticos

Esquema do aparello circulatorio linfático (en verde) e outros órganos que participan na defensa do organismo.

O miocardio é o músculodo corazón. Esta palabra provén do latín mio (músculo)e cardio (corazón).

COñeCe O SIGNIFICADO

327334 _ 0049-0062.indd 56 22/06/11 12:16

Page 9: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

57

Actividades29. Pensa e responde. Cando se dana unha parte do

sistema linfático é frecuente que se inche algunha parte do corpo. A que cres que se debe? Se tes dúbidas, volve ler o primeiro parágrafo da páxina anterior.

30. Sinala se as seguintes oracións son verdadeiras (V) ou falsas (F):

V F A arterioesclerose é unha enfermidade infecciosa.

V F A arterioesclerose pode provocar un infarto.

V F O infarto de miocardio prodúcese no cerebro.

V F As graxas de orixe animal axudan a previr a arterioesclerose.

31. Completa as seguintes frases:

a) As enfermidades que afectan ao corazón e os vasos

sanguíneos chámanse .

b) O endurecemento e estreitamento das arterias

recibe o nome de .

c) Se se obstrúe unha arteria que rega o corazón,

prodúcese un ___________ de ____________________ .

32. Le o seguinte texto e responde as preguntas.

«O colesterol é un lípido que cumpre funcións moi importantes no noso corpo. O fígado fabrica todo o colesterol que necesitamos, pero tamén se encontra nalgúns alimentos, coma os ovos, a carne e os produtos lácteos. O exceso de colesterol no sangue aumenta o risco de sufrir un infarto, pois pégase ás paredes das arterias e estréitaas, co que se dificulta a circulación».

a) Que enfermidade produce o exceso de colesterol

no sangue?

b) Que alimentos son ricos en colesterol?

c) Por que o exceso de colesterol aumenta o risco

de sufrir un infarto?

25. Completa este parágrafo sobre o sistema linfático:

O sistema linfático recolle o _______________________

que queda entre as células. Este pasa aos

___________________________ linfáticos, que se reúnen

para formar _________________________ linfáticos,

que desembocan no sistema circulatorio sanguíneo.

Nos vasos linfáticos encóntranse uns pequenos

órganos, os _______________________________________

linfáticos, que conteñen uns glóbulos brancos

chamados _______________________________________ .

26. Explica a función do sistema linfático.

27. Define os seguintes termos:

a) Capilar linfático:

b) Vaso linfático:

c) Ganglio linfático:

d) Linfa:

e) Linfocito:

28. Observa o debuxo da páxina anterior e indica en que partes do corpo abundan os ganglios linfáticos.

327334 _ 0049-0062.indd 57 22/06/11 12:16

Page 10: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

58

O aparello excretor

A excreción é o proceso polo cal se eliminan ao exterior as substancias de refugo que producen as células.

As substancias de refugo que producen as células son, principal-mente, o dióxido de carbono, a urea e algunhas substancias tóxicas procedentes de certos alimentos ou fármacos.

O aparello excretor está formado polo sistema urinario, os pulmóns, as glándulas sudoríparas e o fígado.

O sistema urinario

A urea é un produto que se forma ao descompoñer as proteínas. É unha substancia tóxica que se debe eliminar.

A función do sistema urinario é retirar a urea do sangue e expulsala ao exterior. Está formado polos riles e as vías urinarias.

•   Os riles. Son dous órganos que teñen forma de feixón que se encontran no abdome a ambos os lados da columna vertebral. A súa función é filtrar o sangue para retirar as substancias de refugo. A cada ril chega unha arteria renal. Cada ril contén preto dun millón de nefróns, unhas unidades microscópicas que fun-cionan como coadores: reteñen as substancias de refugo do sangue e forman con elas a urina, que se expulsa ao exterior. O sangue limpo de substancias de refugo sae do ril pola vea renal, que desemboca na vea cava e volve ao corazón.

•   As vías urinarias: son os condutos de saída da urina, que co-nectan os riles co exterior do corpo. Son os uréteres, que levan a urina fóra do ril; a vexiga urinaria, un depósito onde se almacena a urina, e mais a uretra, o conduto que comunica a vexiga co exterior.

Outros órganos excretores

Existen outros órganos que participan na función de excreción:

•   Os pulmóns. Expulsan o dióxido de carbono producido polas células durante a respiración celular.

•   O fígado. Expulsa residuos procedentes da dixestión, algúns fár-macos e outras substancias tóxicas. Estas substancias expúlsanse coa bile que o fígado verte ao intestino e saen ao exterior coas feces.

•   As glándulas sudoríparas. Están repartidas por toda a pel. Ex-pulsan a suor, un líquido que contén algunhas substancias de re-fugo procedentes do sangue.

5A excreción é a eliminación de substancias de refugo do sangue.

A exestión é a eliminación das feces, é dicir, restos non dixeridos de alimentos que se encontran no aparello dixestivo e non pasaron ao sangue.

NON te CONFuNDAS

Esquema do sistema urinario.

Arteria renal

Ril

Vea cava

Uréter

Vexiga urinaria

Vea renal

Arteria aorta

Uretra

327334 _ 0049-0062.indd 58 22/06/11 12:16

Page 11: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

59

Actividades38. Responde. Como saen ao exterior as substancias

de excreción que se producen no fígado? Que órganos deben percorrer para saír ao exterior?

39. Explica por que os pulmóns forman parte do aparello excretor.

40. Une con frechas os órganos do aparello excretor e as substancias que expulsan.

Ril •

Pulmón •

Fígado •

Glándulassudoríparas •

• Suor

• Dióxidodecarbono

• Urea

• Fármacos

41. Pensa e responde. Na táboa móstranseos resultados de dúas análises, unha dunha mostra de plasma sanguíneo e outra dunha mostra de urina. Determina cal é cada un e explica por que o sabes.

33. Responde as seguintes preguntas:

a) Que é a excreción?

b) Que substancias se eliminan mediante a excreción?

c) Que elementos forman o aparello excretor?

34. Explica por que a expulsión das feces é distinta da excreción.

35. Copia o debuxo no caderno e escribe os nomes das partes do aparello urinario.

36. Explica o que son os nefróns, onde se encontran e que función teñen.

37. Explica en que se diferencian o sangue que entra ao ril e o que sae del.

Mostra 2Mostra 1

Auga (%) 95 90

Amoníaco (%) 0,04 0,0001

Urea (%) 20 0,2

Sales (%) 1,55 0,76

Ácido úrico (%) 0,05 0,0004

Proteínas (%) 0 8,2

Glicosa (%) 0 0,1

Plasma sanguíneo:

Sangue:

Seino porque

327334 _ 0049-0062.indd 59 22/06/11 12:16

Page 12: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

60

enfermidades do aparello excretor

Cando algún órgano do aparello excretor funciona mal, almacénanse no corpo substancias tóxicas. Se se acumulan en exceso, pode peri-gar a vida da persoa. Por iso, o mal funcionamento dos riles é moi grave.

Entre as diversas enfermidades que poden afectar ao sistema urinario destacan as seguintes:

•   Cólico nefrítico. É unha dor moi aguda no abdome que se pro-duce pola obstrución dalgunha vía urinaria debida a algún cálculo ou «pedra». Os cálculos fórmanse no ril a partir de sales minerais ou outras substancias. Cando estes cálculos descenden polas vías urinarias prodúcese a dor. As principais causas son unha dieta desaxeitada, beber pouca auga ou padecer algunhas alteracións no funcionamento do organismo.

•   Cistite. Trátase dunha enfermidade infecciosa causada por bacte-rias que invaden as vías urinarias. As persoas enfermas de cistite non aguantan a urina na vexiga, porque está inflamada, e nece-sitan urinar continuamente. Para tratala úsanse antibióticos que eliminan as bacterias.

A prevención

Para previr a aparición de enfermidades no aparello excretor cómpre manter unha serie de hábitos hixiénicos, entre os que destacan os seguintes:

•   Manter a hixiene. É importante que a hixiene das vías urinarias sexa adecuada, limpándonos despois de urinar, para que non pe-netren microorganismos. Así mesmo, debemos lavar a diario a pel con auga e xabón para evitar que se obstrúan os poros polos que sae a suor.

•   Ter unha alimentación adecuada. Débense consumir con mode-ración alimentos ricos en ácido úrico, como mariscos ou carne de caza, para evitar a aparición de cólicos nefríticos. Ademais, o con-sumo de froitas ácidas (amorodos, laranxas, limóns, etc.) axuda a producir unha urina máis ácida, na que lles custa desenvolverse aos microorganismos.

•   Beber suficiente auga. Os especialistas aconsellan tomar polo menos un litro e medio de auga ao día. Cando unha persoa non bebe suficiente auga, pode chegar a deshidratarse, é dicir, os teci-dos perden auga e non funcionan adecuadamente. Para responder a esta situación, os riles reteñen máis auga e producen unha urina máis concentrada, o cal supón un esforzo engadido para estes ór-ganos. Polo tanto, beber auga suficiente é unha maneira de faci-litar o funcionamento dos riles. Isto é importante, sobre todo ao facer exercicio e cando vai calor.

Cada día pérdese case un litro de auga por evaporación a través da pel e dos pulmóns. Ao facer exercicio físico esta perda aumenta, polo que temos que repoñela. As bebidas isotónicas axudan a recuperar a auga e os sales minerais que se perden coa suor ao facer exercicio.

6

A auga non se toma só ao bebela. Os alimentos tamén conteñen auga, sobre todo as froitas e as verduras. Cando teñas sede, proba a comer unha laranxa. Xa verás como quita a sede.

teN eN CONtA

327334 _ 0049-0062.indd 60 22/06/11 12:16

Page 13: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

61

Actividadesd) Por que é importante beber moita auga?

45. Deseña un folleto para promover a doazón de órganos, como o ril.

Para facelo, dobra un folio pola metade. Simulará un folleto de catro páxinas. Deseña a portada, que debe levar un lema, e as dúas páxinas interiores. Buscainformacióne ilustracións en internet para axudarte.

42. Explica por que pode ser grave que o aparello excretor non funcione adecuadamente.

43. Explica que quere dicir a expresión «ter pedras no ril».

44. Responde as seguintes preguntas.

a) Por que é importante manter a hixiene despois de urinar?

b) Por que convén lavar a pel con auga e xabón?

c) Por que non hai que abusar do marisco e da carne de caza?

Cando os riles perden a súa capacidade para excretar substancias de refugo, dise que a persoa padece unha insuficiencia renal. Se isto se produce nos dous riles, é necesario recorrer á diálise.

Na diálise o sangue do paciente, tomado dunha arteria, pasa a través duns tubos ata un aparello, chamado dializador, que extrae os refugos. Unha vez que o sangue está limpo, o aparello devólveo a unha vea. Normalmente este proceso dura unhas catro horas e realízase unhas tres veces por semana.

Se ben mediante a diálise os pacientes se manteñen durante anos nunhas condicións aceptables, a mellor solución á insuficiencia renal crónica é o transplante de ril.

SAbíAS que…?

327334 _ 0049-0062.indd 61 22/06/11 12:16

Page 14: A ii. 5 Aparellos circulatorio e excretor P… · 5 A nutrición humAnA ii. Aparellos circulatorio e excretor Ata o século xvi os médicos non sabían como circulaba o sangue. Pensábase

62

ResumoO SISTEMA CIRCULATORIO SANGUÍNEO

Reparte a todas as células o _____________________ e os ____________________ e retira o ____________________________________ e as substancias de refugo.

Está formado polo ________________ , os _________________________________ e a _______________________________ .

OS VASOS SANGUÍNEOS

Hai tres tipos:

• As_____________________levanosanguedesdeocorazónaoutrosórganos.

• As__________________levanosanguedesdeoutrosórganoscaraaocorazón.

• Os_________________________formanunharedeentreasarteriaseasveas.

O sangue

Ten dous compoñentes:

• O_______________________,unlíquidoamarelentoconsubstanciasdisoltas.

• As___________________________,dasquehaitrestipos:osglóbulosvermellos ou ___________________ , os glóbulos brancos ou _______________ e as ___________________________ .

O CORAZÓN

Está formado por catro cámaras:

• Dúas_________________________________querecibenosanguedasveas.

• Dous______________________________queimpulsanosanguepolasarterias.

A CIRCULACIÓN DO SANGUE

A circulación do ser humano é __________________ , porque o sangue realiza dous circuítos:

• Ocircuíto__________________.Establéceseentreocorazóneospulmóns.

• Ocircuíto__________________.Establéceseentreocorazóneoresto dos órganos.

O SISTEMA CIRCULATORIO LINFÁTICO

Ten tres compoñentes:

• Os___________________________e___________________________linfáticos, a __________________________ e os __________________________ linfáticos.

O APARELLO EXCRETOR

O sistema urinario expulsa a ___________________________ .

Está formado polos ___________________ e as ___________________________ .

Os pulmóns expulsan o _______________________________________________ .

O fígado expulsa residuos da ________________________________ , fármacos e outras substancias.

As glándulas sudoríparas expulsan a _____________________ .

327334 _ 0049-0062.indd 62 22/06/11 12:16