a garza real (2003)

3

Click here to load reader

Upload: cerredo

Post on 13-Jun-2015

244 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: A garza real (2003)

A GARZA REAL

Yago Lestido Cardama

2º ESO –B

Rosalía de Castro

Tema a tratar: Garza Real

Asignatura: Ciencias da Natureza

Page 2: A garza real (2003)

A GARZA REALNOME COMÚN: Garza RealNOME CIENTÍFICO: Ardea CinereaCLASE: AvesFAMILIA: Ardeidae

DESCRICIÓN:Ave pelecaniforme. Ten unha media de 91 cm de altura cando está parada. Sobre 1,6 kg de peso. Presenta unha envergadura entre 1,65 m. a 2 m. A súa plumaxe é maiormente gris arriba, e algo branco debaixo. Os adultos teñen a cabeza branca cun copete negro superciliar e unha crista delgada, nos xuvenís toda a cabeza é gris. Teñen un pico forte rosa-amarillento, brillante cando adultos. O seu voo é moi característico xa que é moi lento e o seu pescozo forma unha ese, ademais leva as pernas estarricadas. Pode confundirse coa cegoña, pero esta ten en voo as ás brancas e negras e van rectas,  mentres que a garza son grises e as ás van arqueadas formando unha ponte.

ALIMENTACIÓN:Peixes, réptiles, anfibios e insectos son a súa alimentación máis básica. Cando caza está inmóbil totalmente, o peixe non detecta as patas da garza e o seu pico atravesa o peixe que seguidamente o traga sempre da cabeza á cola.

REPRODUCIÓN:Reproducción sexual. Son ovíparas. Cría entre marzo e maio, pon de 3 a 5 ovos e veñen ó mundo os pequenos ó cabo de 25-28 días. Os polos da garza son moi agresivos e deféndense moi ben. Os niños fainos en árbores pero ás veces, ocúltaos entre as canas e carrizos da

Page 3: A garza real (2003)

beira do río. A nai pesca e, ó chegar ó niño fai unha regurxitación que os poliños provocan cando introducen os seus picos no pico da nai. Cando xa é grande o polo incluso chega a sacar a comida do boche da nai.

HÁBITAT:Habita nas lagoas, encoros, ríos e regatos. Esta especie está estendida por Europa, Asia tépeda e incluso en partes do Norte africano.

DISTRIBUCIÓN:En Galicia en concreto é moi abondosa en ríos e regatos coma en lagoas. Tamén se expande polo norte de Portugal, Montes Cantábricos e nas vertentes dos Pirineos.

INTERESE HUMANO:Hai moito interese polo ser humano. Xa se empezan a ver no alto das montañas, o que quere dicir que xa non hai moito alimento na terra cha e teñen que ir buscalo alimento a outro sitios. Ademais a especulación e o momento en que vivimos fan que os humedais, lagoas, etc. vaian desaparecendo.

ESTADO DE CONSERVACIÓN:Especie non catalogada.