a europa feudal

17
A EUROPA FEUDAL 2º ESO

Upload: rubempaul

Post on 18-Jul-2015

436 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Europa feudal

A EUROPA FEUDAL

2º ESO

Page 2: A Europa feudal

● A caída do Imperio romano provocou a división de Europa en reinos xermánicos. Un deles foi o Reino dos Francos.

● Carlomagno (rei franco) unificou gran parte das terras de Europa occidental e proclamouse emperador no ano 800, xurdindo o Imperio Carolinxio: Organizou o imperio en Condados, gobernados por condes, e Marcas: zonas fronteirizas gobernadas por marqueses.

● Os herdeiros de Carlomagno dividiron o Imperio polo Tratado de Verdún (843).

● Nos séculos IX-X unha serie de pobos atacaron Europa Occidental: Normandos (vikingos), Musulmáns e Húngaros, provocando morte e destrución. Foron as chamadas segundas invasións.

● Ante a situación de inseguridade moitos campesiños libres buscaron a protección dos señores, propietarios de terras que posuían forza militar para defenderse, pasando unha gran parte deles a unha situación de dependencia persoal (servidume).

1.-A DESINTEGRACIÓN DO IMPERIO CAROLINXIO E AS SEGUNDAS INVASIÓNS

Segundas invasións

Page 3: A Europa feudal

2.- O FEUDALISMO

● Feudalismo: Sistema económico, político e social característico da Idade Media europea. Orixinouse entre os séculos VI e IX e consolidouse entre os séculos IX e XII en Europa Occidental. O nome procede de foedus (pacto) ou feudo (terras).

● Trazos básicos:

➢ A actividade dominante era a agricultura, de subsistencia e con escaso desenvolvemento tecnolóxico.

➢ A posesión da terra era a principal fonte de riqueza e marcaba a categoría social.

➢ A nobreza e o clero formaban parte do estamento privilexiado, fóronse facendo donos das terras e comezaron a facer xustiza nelas, converténdose en señores.

➢ Os campesiños dependían dos señores e estaban obrigados a pagarlles numerosos impostos.

➢ A sociedade estaba organizada de forma piramidal e relacionada por lazos de dependencia.

➢ O poder político estaba moi fragmentado, pois os reis transferían aos señores funcións de goberno nos territorios que lles outorgaba (feudos).

➢ As mentalidades estaban dominadas polo sentido relixioso da vida.

Page 4: A Europa feudal

3.- O RÉXIME SEÑORIAL

● Nos séculos IX-X o poder dos monarcas era moi feble. Para poder gobernar e manter unido o seu reino, tiveron que apoiarse nos nobres (ou señores) cos que estableceron un sistema de relacións persoais chamado Vasalaxe, consistente nun pacto de fidelidade mutua que se establecía mediante unha dobre cerimonia:

➢ Homenaxe: O vasalo (nobre) prometíalle ao rei fidelidade, consello no goberno e axuda militar e económica.

➢ Investidura: O monarca entregáballe ao vasalo (nobre ou señor laico ou eclesiástico) un feudo (na maioría das veces terras e persoas que vivían nelas) con carácter hereditario, para que o gobernase e explotase, e así compensar a obediencia, a fidelidade e a axuda.

● Da suma da entrega dun feudo e da existencia de vasalos xurde a monarquía feudo-vasalática.

● Uns señores, polo xeral cabaleiros, tamén podían facerse vasalos doutros máis poderosos (condes, marqueses) aos que lles proporcionaban servizo militar a cambio de sustento.

● O termo vasalo, que nun principio só se aplicaba aos nobres que dependían dos reis, acabou por aplicarse tamén aos campesiños que dependían dos seus señores, aos que acudían en busca de protección, converténdose moitos en servos (neste caso a dependencia era hereditaria).

Page 5: A Europa feudal

3.- O RÉXIME SEÑORIAL

Homenaxe

Relacións de vasalaxe e dependencia na Idade Media

Page 6: A Europa feudal

4.- AS TERRAS DO FEUDO

● Un feudo eran terras entregadas polo rei ou por un nobre a outro señor feudal (nobre ou eclesiástico). Podíanse transmitir en herdanza aos descendentes pero non se podían mercar nin vender.

● O señores feudais tiñan autoridade plena nos seu feudos e gozaban de inmunidade perante o rei, polo que escapaban ao control do monarca.

● As partes dun feudo eran:

➢ RESERVA SEÑORIAL ou DOMINIO: Terras que o señor explotaba directamente con man de obra serva e doutros campesiños. Nela atopábase o castelo, prados e bosques propios.

➢ MANSOS: Parcelas de terra que o señor lles entregaba aos servos ou aos campesiños libres a cambio do pago de rendas (xeralmente en especie) e traballos nas terras da reserva determinados días do ano.

Page 7: A Europa feudal

4.- AS TERRAS DO FEUDO

Organización dun feudo

Page 8: A Europa feudal

.

4.- AS TERRAS DO FEUDO● O señor exercía dentro do seu feudo ou señorío dous grandes tipos de dereitos señoriais:

➢ SEÑORÍO TERRITORIAL: Dereitos de explotación económica das terras do feudo como realizar tarefas na reserva do señor (corveas) ou cobrar rendas en especie e diñeiro: parte da colleita, primicias, décimo á Igrexa,…

➢ SEÑORÍO XURISDICIONAL: Dereito do señor feudal a impartir xustiza, cobrar polo uso de monopolios que obrigaban ao campesiños a usar o forno do señor, o seu muíño,… Ademais cobraban taxas polo uso de pontes (pontaxe), camiños (peaxe) ou por entrar nas cidades (portaxe).

Page 9: A Europa feudal

5.- A SOCIEDADE FEUDAL

● Dividíase en ESTAMENTOS ou ordes: grupos sociais cerrados aos que se pertencía por nacemento ou función e para toda a vida.

➢ PRIVILEXIADOS: Nobreza (Condes, duques, marqueses, baróns, cabaleiros) e Clero (cregos, monxas, bispos, abades, abadesas). Posuían terras, non tiñan que traballar, non pagaban impostos, cobraban rendas, eran xulgados por leis especiais e tiñan reservados os altos cargos do reino.

➢ NON PRIVILEXIADOS: Terceiro estado: campesiños, artesáns, comerciantes e grupos marxinais. Traballaban e mantiñan aos outros dous estamentos, carecían de dereitos e estaban sometidos a fortes impostos.

Page 10: A Europa feudal

6.- A MONARQUÍA E A NOBREZA FEUDAL

● O Monarca (rei): ocupaba o cume da pirámide social, considerábase un Primus inter pares e aceptábase a teoría de que a súa autoridade procedía de Deus (monarquía de dereito divino).

● As terras de reguengo (realengo) eran aquelas sobre as que os monarcas exercían directamente a súa autoridade, é dicir, das que era propietario o rei e que non foran cedidas a señores. Os reis pasaron así a converterse nun señor feudal máis.

● O rei tiña que compartir o goberno do reino coa alta nobreza e co alto clero.

● A Curia ou Consello Real axudáballe a gobernar e tomar decisións. O séquito de persoas que o acompañaba era a Corte.

Page 11: A Europa feudal

Torneo medieval

Cabaleiro

● Foi o grupo ao que os reis concederon grandes extensións de terras, base do seu poder. Eran privilexiados.

● A guerra era a súa principal actividade. Un grupo destacado foi o dos CABALEIROS, xeralmente vasalos dos grandes señores aos que defendían montados a cabalo.

● Os nobres poderosos vivían en castelos, construcións fortificadas (murallas, torres, foxos) que eran, ao mesmo tempo, residencia do señor, lugar de refuxio para os habitantes do feudo en caso de invasión ou guerra e centros administrativos das terras do señor.

● As distintas estancias do castelo estaban distribuídas arredor dun patio central e en altura destacaba a torre da homenaxe.

● A vida cotiá dos nobres transcorría entre a guerra, a caza e os torneos entre cabaleiros armados.

7.- A NOBREZA (Bellatores)

Page 12: A Europa feudal

Partes dun castelo

7.- A NOBREZA (Bellatores)

Page 13: A Europa feudal

8.- O CLERO (Oratores)

● Desempeñaban funcións relixiosas, tiñan moito poder económico e posuían numerosas terras procedentes da concesión de feudos e doazóns dos fieis. Exerceu unha gran influencia ideolóxica sobre a sociedade medieval.

● Cobraba o décimo: todos os campesiños estaban obrigados a lle pagar a décima parte da colleita á Igrexa.

● Dentro deste estamento privilexiado diferenciábase:

➢ O alto clero: Os seus membros pertencían a familias da nobreza como Bispos ou abades. Actuaban como señores feudais.

➢ O baixo clero: procedía en moitos casos de familias campesiñas: sacerdotes (clero secular), monxes e monxas (clero regular). Destacou o orde dos beneditinos (“ora et labora”)

● Os mosteiros eran importantes centros económicos e culturais. A edificación principal era a igrexa, xunto co claustro, o comedor ou refectorio, as celas dos monxes, a cociña e a biblioteca, onde se escribían e copiaban manuscritos.

Page 14: A Europa feudal

Mosterio medieval

8.- O CLERO (Oratores)

Page 15: A Europa feudal

9.- OS CAMPESIÑOS (Laboratores)

● Constituían a maioría da poboación e formaban parte do estamento dos non privilexiados.

● A maioría estaba sometida aos señores laicos ou eclesiásticos, traballaban as súas terras e non podían abandonalas sen o seu permiso, eran os servos. Unha minoría eran os campesiños libres ou alodiais, propietarios da súa terra, podían abandonala sen permiso do señor.

● O rendemento das terras era escaso porque os instrumentos agrícolas eran rudimentarios e os fertilizantes eran escasos. Para non esgotalas empregábase a técnica de rotación bienal con barbeito.

● Practicábase unha agricultura de subsistencia para o autoconsumo.

● A vida dos campesiños estaba marcada polo ritmo das estacións e os labores agrícolas. A deficiente alimentación e a falta de hixiene favoreceron a propagación de enfermidades contaxiosas como a peste. O alimento básico era o pan. Estaban sumidos no analfabetismo.

● A casa campesiña era de reducidas dimensións e contaba co indispensable.

Page 16: A Europa feudal

9.- OS CAMPESIÑOS (Laboratores)

Vivenda campesiña

Calendario agrícola medieval

Page 17: A Europa feudal

FIN