9-11. contos do outono · as sereas e a santa compaña. a lenda das sereas provén, principalmente,...

3
b rdos 9 Este ano os nosos famosos Contos de Outono trataron de dous temas moi interesantes, as sereas e a Santa Compaña. A lenda das sereas provén, principalmente, da Antiga Grecia. Eran seres con corpo de paxaro e rostro de muller. Dicíase que a súa voz atraía aos mariñeiros extraviados e que tiña poderes hipnóticos. Quizais, case todos sabemos delas pola súa mención na Odisea, onde Ulises escoita a súa marabillosa voz. Hai outros lugares do mundo onde se estendeu a lenda das sereas. Por exemplo, nas Illas Británicas as sereas eran metade peixe, metade persoa e eran símbolo de mala sorte. Tamén se di que podían curar enfermidades, polo que non sempre traían as desgrazas. En Galicia, país onde o mar ten tanta importancia como nos dous anteriormente citados, existe unha enorme tradición de lendas sobre sereas e mulleres máxicas asociadas á auga, tanto do mar como dos ríos e das fontes. Nestes últimos casos reciben o nome de xacias ou mouras. CONTOS DO OUTONO 2014 A orixe da Santa Compaña son varios testemuños de persoas que afirman tela visto. Este tema estaba moi presente hai non moito tempo, aquí en Galicia e outros lugares de España como Asturias. Está formada por unha procesión de ánimas que levan cirios acesos que é precedida por un vivo portando unha cruz. Aparecen de noite, normalmente para anunciar a morte, aínda que tamén poden aparecer para facer penitencia ou castigar a alguén. Estas foron as dúas temáticas en que se centraron as historias que se contaron no concurso de Contos do Outono, que celebramos como é de costume no noso instituto, no que houbo unhas grandes actuacións por parte de moitos dos nosos compañeiros e compañeiras. Juanma Rubianes Canto 3ºESO A

Upload: others

Post on 28-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 9-11. CONTOS DO OUTONO · as sereas e a Santa Compaña. A lenda das sereas provén, principalmente, da Antiga Grecia. Eran seres con corpo de paxaro e rostro de muller. Dicíase que

b r

dos

9

Este ano os nosos famosos Contos de Outono trataron de dous temas moi interesantes, as sereas e a Santa Compaña.

A lenda das sereas provén, principalmente, da Antiga Grecia. Eran seres con corpo de paxaro e rostro de muller. Dicíase que a súa voz atraía aos mariñeiros extraviados e que tiña poderes hipnóticos. Quizais, case todos sabemos delas pola súa mención na Odisea, onde Ulises escoita a súa marabillosa voz. Hai outros lugares do mundo onde se estendeu a lenda das sereas. Por exemplo, nas Illas Británicas as sereas eran metade peixe, metade persoa e eran símbolo de mala sorte. Tamén se di que podían curar enfermidades, polo que non sempre traían as desgrazas. En Galicia, país onde o mar ten tanta importancia como nos dous anteriormente citados, existe unha enorme tradición de lendas sobre sereas e mulleres máxicas asociadas á auga, tanto do mar como dos ríos e das fontes. Nestes últimos casos reciben o nome de xacias ou mouras.

CONTOS DO OUTONO 2014

A orixe da Santa Compaña son varios testemuños de persoas que afirman tela visto. Este tema estaba moi presente hai non moito tempo, aquí en Galicia e outros lugares de España como Asturias. Está formada por unha procesión de ánimas que levan cirios acesos que é precedida por un vivo portando unha cruz. Aparecen de noite, normalmente para anunciar a morte, aínda que tamén poden aparecer para facer penitencia ou castigar a alguén.

Estas foron as dúas temáticas en que se centraron as historias que se contaron no concurso de Contos do Outono, que celebramos como é de costume no noso instituto, no que houbo unhas grandes actuacións por parte de moitos dos nosos compañeiros e compañeiras.

Juanma Rubianes Canto 3ºESO A

Page 2: 9-11. CONTOS DO OUTONO · as sereas e a Santa Compaña. A lenda das sereas provén, principalmente, da Antiga Grecia. Eran seres con corpo de paxaro e rostro de muller. Dicíase que

b r

dos

10

O 12 de novembro tivemos o Concurso de Contacontos. Este ano tiña como temas as sereas e a Santa Compaña. Pero imos retroceder un pouco… Na nosa clase de 1ºESO-A estábamos moi nerviosos. Tiñamos que contar unha lenda diante de toda a clase. Tremendo, agardábamos a nosa quenda para narrar esa historia que repetíramos mil e unha veces nas nosas casas para lembrala ben. Houbo moitos contos e moi orixinais. Ao final, ían ao concurso representando á nosa clase Mateo, Fiona e Sandra. Os nosos compañeiros Juan Bugallo e Nerea serían os presentadores do evento.

Chegou o día. O 12 de novembro, ás dez menos dez, soou o timbre. Baixamos ata o salón de actos e sentamos. O rebumbio que había na sala acentuaba os nervios dos participantes. A profe Isabel pediu silencio. A sala enmudeceu. Deu paso aos presentadores, que explicaron en que consistía o concurso e presentaron o xurado formado por tres profes e alumnos: Antonio de Matemáticas, Rosa de Francés, Laura de Orientación, Miguel Santorum e Lucía Serantes. Esther de Sociais actuou como secretaria. Por parte do alumnado participaron máis de 20 concursantes.

Diego Falcón, María José Otero, Breixo Álvarez, Ángel Señoráns, Nerea Costa, Pedro Vega, Pili Caamaño, Jonnatan Nogueira e Daniel Ak de 3ºESO; María Araújo, Iratxe Ayude, Eider Carballeira, Alberto, Javier Comendador, Claudia Domínguez e Laura González de 2º ESO; Paloma Muñiz, Sofía Otero, Gael Fernández, Sandra Barreiro, Mateo Gago e Fiona Castro de 1º ESO foron subindo un por un ao estrado e contándonos as súas historias. Ao rematar, todos estaban impacientes por saber quen gañara, pero houbo que agardar pola deliberación do xurado. Mentres tomaban a decisión, houbo profes que subiron a contar contos: Cristian, o director, e Ana Peña.

Por fin regresou o xurado coa súa decisión. Os presentadores fixeron subir ao escenario aos gañadores. Na categoría de 1ºESO foron: Gael (1ºpremio), Fiona (2ºpremio) e Mateo (3ºpremio). En 2ºESO: Iratxe (1ºpremio), Javier Comendador (2ºpremio) e Eider (3ºpremio). En 3ºESO: Breixo (1ºpremio), María José (2ºpremio) e Diego (3ºpremio).

Os gañadores e gañadoras recolleron o seu diploma, un agasallo e unha brocheta de gominolas, contentos de superar medos e gañar. Pero tamén tivo moito mérito o traballo dos presentadores, do xurado, de toda a xente que colaborou na preparación do contacontos e tamén do alumnado que non puido contar o seu conto, que seguro que as súas lendas tamén eran moi interesantes. Grazas!!!

Uxía Piñeiro,1ºESO-A

CONCURSO DE CONTACONTOS

Page 3: 9-11. CONTOS DO OUTONO · as sereas e a Santa Compaña. A lenda das sereas provén, principalmente, da Antiga Grecia. Eran seres con corpo de paxaro e rostro de muller. Dicíase que

b r

dos

11

1ºPREMIO

2ºPREMIO

3ºPREMIO

Breixo Pérez, 3ºESO Gael Fernández, 1ºESOIratxe Ayude, 2ºESO

María José Otero, 3ºESO Fiona Castro, 1ºESOEider Carballeira, 2ºESO

Diego Falcón, 3ºESO Mateo Gago, 1ºESOJavier Comendador, 2ºESO