presentación de powerpoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia...

76
Alimentación apícola Arzúa 15 de febreiro de 2020 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Upload: others

Post on 22-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentación apícola

Arzúa 15 de febreiro de 2020

Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 2: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Spoiler para os amantes das conclusións rápidas

Alimentación si ou alimentación non?

Depende…

Alimentemos con sentidiño.

Só cando sexa necesario.

2 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 3: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

A alimentación apícola pode axudar ao correcto desenvolvemento das colonias ou incluso salvarlles a vida en momentos críticos.

Pero tamén pode converterse nun arma letal cando é mal utilizada.

Como principio xeral as colonias deben de estar ben alimentadas e contar con reservas suficientes.

Pero isto non implica a obriga de alimentar

3 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 4: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Batalliñas de vello abelleiro

Cando comezamos en apicultura (1980) alimentar era algo excepcional e facíase con auga e azucre ou con algún tarro de mel vello ao que non se lle puidera dar saída.

E as abellas collían mel para elas e para nós.

4 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 5: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Agora

É certo que moitas circunstancias cambiaron (masificación de apiarios, cambio de cultivos, emerxencia climática, tártago velutina…)

Pero as abellas seguen apañando mel sen ter que alimentalas.

5 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 6: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Claro que tamén hai alguén máis que apaña:

Existirá interese comercial detrás da actual “febre de alimentar ás abellas”?

6 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 7: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentar ás abellas é necesario! Se queres que a colonia estea sa aliméntaa! Non se pode conseguir mel se antes non alimentas! Hai que alimentar ben para que a colonia faga abellas!

7

Pouco a pouco vaise estendendo o “dogma alimentario”

Pero…

Alimentamos ou dopamos?

Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 8: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentar xa é costume. A maioría do sector apícola acepta a alimentación como algo

normal. Asimílase que as colonias deben de tratarse como o resto de

gando intensivo (vacas, pitas, cochos…), proporcionándolle nutrientes adaptados.

Pouco a pouco imos cambiando a palabra alimento polo

concepto penso. Realmente debemos alimentar tanto?

8 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 9: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Necesidades nutritivas da colonia

Page 10: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Equilibrio natural

As abellas atenden todas as súas necesidades alimenticias colleitando néctar pole e auga.

Acumulan reservas para dispoñer delas nas épocas de penuria Mel nos panais

Pole no seu propio corpo (corpos graxos - viteloxenina)

10 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 11: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Este equilibrio de autosuficiencia pode perturbarse por O abelleiro

Extracción excesiva Reprodución extemporánea Manexo deficiente …

Alteracións ambientais

Adversos meteorolóxicos Pragas …

Desequilibrios internos

Doenzas Xenética deficiente …

11 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 12: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Mellores alimentos para as abellas

Son os que elas mesmas obteñen de xeito natural

Mel Proporciona hidratos de carbono

Necesario para a enerxía vital da colonia

Pole Proporciona proteínas, graxas, minerais e vitaminas

Imprescindible para Alimentación da cría

Produción de xelea

Formación dos corpos adiposos (reservas de graxas) nas abellas diutinas

12 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 13: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Hidratos de carbono

A colonia obtén os HC do néctar das plantas.

O néctar pode conter tres tipos de azucres: sacarosa, frutosa e glicosa.

Para desenvolver a actividade diaria as abellas consumen directamente néctar. É o seu modo preferente de consumir azucres.

O que sobra o transforman en mel.

Anualmente a colonia consume 50-150 kg de mel + néctar.

Durante a invernada comerá un mínimo de 8-10 kg de mel.

13

Composición química do mel

Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 14: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Pole

O pole é O ALIMENTO

Malia que as abellas adultas poden sobrevivir durante meses alimentándose unicamente de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole.

O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento das abellas novas, activar as glándulas hipofarínxeas e crear reservas de viteloxenina.

Anualmente a colonia consume 10-20 kg de pole.

14

Composición química do pole

Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 15: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentación externa

Page 16: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Só cando sexa necesario.

Alimentemos con sentidiño.

Ás veces alimentar faise necesario.

As deficiencias nutritivas severas inflúen negativamente na lonxevidade das obreiras e no desenvolvemento das súas funcións.

16 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 17: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Razóns fundamentadas para alimentar

Reservas insuficientes

Programa reprodutivo

Forzar desenvolvementos específicos

17 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 18: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Reservas insuficientes Por causa involuntaria

Colleitas impedidas polo tártago velutina Nova colonia en crecemento Adversos atmosféricos …

Por causa voluntaria

Extracción excesiva Propiciar aumentos de poboación moi prematuros …

Por causa imprudente

Manexo inadecuado Contorno continuamente desfavorable …

18 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 19: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Programa reprodutivo

Imprevistos na formación de núcleos

Crianza intensiva de abellas mestras

19 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 20: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Forzar desenvolvementos específicos

Aumento programado de poboación (45 días antes da floración)

Producións especiais (xelea, polinización, cera…)

20 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 21: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumentos clasicamente esgrimidos para alimentar Facer abellas Chegar con poboacións populosas ás meladas Manexo reprodutivo Aumentar as producións Saúde Boas invernadas e arrancadas primaverais Ataque do tártago velutina

21 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 22: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Facer abellas

Contra argumento:

É necesario planificar ben o momento e o obxectivo

Pódese facer difícil controlar os excesos de vigor (enxamías)

22 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 23: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Chegar con poboacións populosas ás meladas

Contra argumento:

Se a gran floración falla hai que seguir alimentando

23 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 24: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Manexo reprodutivo

Contra argumento:

Transferindo material biolóxico de colonias de apoio non é necesario

24 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 25: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Aumentar as producións

Contra argumento:

A colleita depende principalmente de

flora

condicións meteorolóxicas

cantidade e vigor das colleiteiras (determinado por: xenética, pole de calidade, mestra, sanidade…)

25 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 26: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Saúde

Contra argumento:

Malia que unha boa nutrición é imprescindible para a saúde, moitos problemas sanitarios non teñen nada que ver con alimentación extra

loques, varroa, micose…

26 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 27: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Boas invernadas e arrancadas primaverais

Contra argumento:

Tras a esmelga a colonia debe quedar con reservas suficientes

O imprescindible é o pole de calidade para crear os corpos graxos das obreiras diutinas

27 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 28: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Argumento: Ataque do tártago velutina

Contra argumento:

Se unicamente se mantén a supervivencia das colonias é necesario reconsiderar a idoneidade do asentamento e da loita efectiva contra o tártago

28 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 29: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Sinais de alerta que avisan da necesidade de alimentar

Insuficiencia de mel Ausencia do arco de mel aberto (néctar) sobre o niño

Penuria de xelea na cría (larvas secas)

Larvas canibalizadas

Pupas no exterior

Matanza extemporánea de abázcaros

Insuficiencia de pole Ausencia ou escaseza prolongada de pole ensilado

29 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 30: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Auténtica necesidade de alimentar. Sinais de alerta

Insuficiencia de mel Ausencia do arco de mel ou néctar sobre o niño

Penuria de xelea na cría (larvas secas)

Larvas canibalizadas

Pupas no exterior

Matanza extemporánea de abázcaros

Insuficiencia de pole Ausencia ou escaseza prolongada de pole ensilado

30 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 31: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Posibles alimentos a subministrar

O mellor alimento apícola é o que non se subministra.

Page 32: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Lista dos alimentos máis utilizados en apicultura

Hidratos de carbono

Mel

Mel en cadros

Mel líquido

Azucres (as abellas só aproveitan monosacáridos e disacáridos, nunca polisacáridos)

Sacarosa (azucre branco ou moreno)

Azucres invertidos

Frutosa (xarope de amidóns de millo)

Glicosa (xarope de amidóns de millo)

Dextrosa en pó (glicosa)

Proteínas

Pole

Ensilado en cadros (conxelados)

En pelotas (seco ou fresco conxelado)

Fariñas proteicas

Lévedo de cervexa micronizado (menor 0,2mm)

Fariña de soia (ollo OXM)

Leite en po baixa en lactosa

Xema de ovo

Hidrolizados de proteína

Outros

Graxas

Aceites vexetais

Vitaminas e minerais

Multivitamínicos con aminoácidos

32 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 33: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Mel É moito máis que un alimento enerxético (as calorías non son baleiras) Produto vivo que achega vitaminas, aminoácidos, enzimas, minerais … Usar só en panal de colonias sas Ter precaución de gardar anualmente cadros ben operculados Evitar mel líquido

Dificultade para garantir a sanidade Fermentación doada ao mesturar con auga Promove facilmente a pillaxe

Usar cadros de mel é o xeito máis natural, rápido, cómodo e eficaz de

alimentar.

33 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 34: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Outros azucres

Orde de preferencia de HC para a colonia

Néctar

Mel

Sacarosa

Glicosa

Maltosa (disacárido de dúas glicosas)

Frutosa

34 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 35: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Sacarosa Disacárido composto polos azucres simples glicosa e frutosa As abellas o descompoñen en glicosa e frutosa utilizando a

enzima invertasa Moi apetecibles e dixerible

Despois do mel é o azucre preferido polas abellas

Mellor o azucre branco que o moreno (acumulación de

residuos no intestino) Pode subministrarse en xarope, en candi (pasteado con mel)

ou en seco (asegurar acceso a auga).

35 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 36: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Xaropes de sacarosa Os xaropes de sacarosa producen diferentes resultados

segundo a concentración coa que se preparen Xarope ao 50% ou menos ten función estimulante Xarope ao 66% ou máis ten función de acumular reservas

Para evitar fermentacións nos xaropes

Preparar inmediatamente antes do uso (máximo 2 días de

espera) Engadir conservante (vinagre, sal ou sorbato potásico 2-3g/kg )

36 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 37: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Azucre invertido

Prodúcese desdobrando quimicamente a sacarosa con ácidos, alta temperatura e unha enzima específica (beta fructofuranosidasa).

Utilízase principalmente en pastelería. Ofrécese co argumento de ofrecer a glicosa e frutosa xa

desdobradas, pero para as abellas non é vantaxe pois a enzima desdobradora (invertasa) está sempre presente na saliva, teña que actuar ou non.

Problemas

Normalmente presenta HMF elevado. A enzima usada para producilo úsase tamén na adulteración do

mel. Se este alimento se acumula nos favos, o mel aparecerá como adulterado.

37 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 38: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Xaropes de millo HFCS (xaropes de millo de alta frutosa)

Prodúcense mediante hidrólisis enzimática (ruptura química) do millo, extraendo po de amidón e licuándoo con ácidos e enzimas (glicosa isomerasa) para transformalo en azucres, obtendo primeiro glicosa e covertindo logo parte dela en frutosa.

Son moi utilizados na industria alimentaria humana (refrescos, golosinas, pasteis, salsas…).

Ao contrario da frutosa natural, presente en moitas froitas, os xaropes de millo son un produto enteiramente artificial imposible de atopar na natureza.

Normalmente o proceso de transformación non se completa totalmente, orixinado xaropes con amidón non convertido que son tóxicos para as abellas.

A calidade mínima que debe de utilizarse nas abellas é o HFCS55 (77% de masa sólida con 55% de frutosa e 41% de glicosa) ou superior, descartando o HFSC42 por ter menos azucres asimilables e cristalizar máis rápido nas celiñas.

O uso masivo dos xaropes de millo importouse de América, onde resultan máis baratos que o azucre branco.

38 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 39: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Inconvenientes dos xaropes de millo

Poden conter altos niveis de HMF ao obterse a altas temperaturas en ambiente ácido.

Algúns xaropes HFCS presentan exceso de amidón ou ácidos no produto final. Produtos tóxicos para as abellas e detectables nas analíticas do mel comercial.

Diversos estudos demostran que a supervivencia das colonia alimentadas con HFCS é menor que a das alimentadas con sacarosa.

Presentan tendencia a cristalizar coas baixas temperaturas.

A parte non consumida procésase como mel, operculándose co resto da colleita.

Son máis caros que os xaropes de sacarosa.

Deben suspenderse se observamos diarrea (risco de contaminación). Pode ser que esteamos matando ás abellas nós mesmos.

39 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 40: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Únicas vantaxes dos xaropes en xeral en comparación co mel

Menor custe económico

Doados de preparar ou mercar

Notable redución da pillaxe

No caso dos xaropes de millo Non fermentan, son quimicamente estables

Evita man de obra para preparación

40 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 41: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Pole

É un produto moi complicado de suplir na alimentación da colonia.

Todos os substitutos utilizados son menos atractivos para as abellas.

Subministrar pastas proteicas cando hai pole no campo non supón ningunha mellora para a colonia (Randy Oliver).

41 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 42: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Substitutos de proteína

En caso alimentar con proteína recomendase mesturar varios substitutos e engadirlles pole natural (20%) para aumentar a asimilación.

Ao ser mesturas pouco palatables, recoméndase engadir un pouco de mel con garantía sanitaria.

Pódese engadir algo de sal como conservante.

Cubrilos con película plástica para que non resequen.

Revisar periodicamente o consumo para repoñer e retirar restos resecos.

42 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 43: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Tipos de alimentación

Page 44: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Clasificación clásica da alimentación apícola

Tendo en conta a época De primavera

De outono

Tendo en conta a presentación do alimento Líquida (xaropes)

Sólida (pasta, pastillas, tabletas…)

Tendo en conta a finalidade Alimentación estimulante (ou especulativa, de crecemento, de arranque…)

Alimentación de mantemento (complementaria)

Alimentación de emerxencia (de urxencia)

44 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 45: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentación estimulante

A finalidade é adiantar o arranque primaveral para conseguir poboacións abundantes e

vigorosas.

Aplícanse xaropes fluídos (50% ou menos) para simular a entrada constante de néctar floral.

Se non hai pole exterior mellor non facela.

Pero se aínda así se fai sen pole

Engadir multivitamínicos ao xarope

Ofrecer pastillas de proteína separadas do xarope

Adminístrase en pequenas dose e de modo constante imitando a entrada natural de néctar (1-2 l/colonia/semana) para que a colonia responda ao estímulo adiantando e incrementando a posta.

Ter en conta que o mel non estimula a posta ao ser unha reserva sólida.

Debe iniciarse no momento oportuno, sen adiantar máis de 6 semanas sobre a data habitual de máxima expansión da posta.

45 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 46: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Luces e sombras da estimulación

Pode presentar dúas caras

Con meteoroloxía benigna adoita funcionar positivamente.

En primaveras inclementes (temporais, fríos intensos ou chuvias prolongadas) o crecemento da colonia evoluciona en picos de serra, condenando ao abelleiro a manter a alimentación.

Debe suspenderse en canto haxa boa entrada de néctar floral. Evitar adulteración do mel

46 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 47: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Estimulación mal feita

Comunmente cométese o erro de anticipala excesivamente atendendo máis ao desexo de apicultor que á demanda da natureza.

Engana ás abellas preparándoas para unha floración intensa que nin existe nin se agarda no medio prazo.

Incita ás colleiteiras a buscar no exterior un pole que non poden atopar en cantidade suficiente.

As noites frías matarán crías nun niño que se estende máis do prudente.

As malas condicións meteorolóxicas impedirán os voos de traballo, retendo na colmea unha cantidade crecente de abellas que consumen e non recollen.

47 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 48: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Estimulación ben feita

Reservada para abelleiros con experiencia. Require boa planificación.

Aplicar só sobre colonias con potencial.

Non fai milagres. Polo xeral, as colonias febles non responderán positivamente.

Con calor suficiente.

O campo debe ter iniciada a oferta de recursos suficientes . Lembrar que a entrada de néctar ou xarope incitará a colleita de pole.

48 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 49: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentación de mantemento

A finalidade principal é completar reservas a un mínimo de 6 cadros de mel utilizando alimentación con HC.

Se falta pole no campo tamén debe usarse proteínas e complementos para que as diutinas formen os corpos graxos.

Aplícase normalmente en outono ou finais de verán. En canto se detecte a carencia.

Mentres o tempo é temperado. Sen calor non hai consumo.

En poucas doses para

Complementar antes do inverno.

Evitar aumentos indebidos de posta.

49 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 50: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Formato do alimento de mantemento

En cadros de mel, en pasta ou en xarope espeso

Se hai carencia de pole administrar pastas co 5-20% de proteína (a dieta normal da abella ten un 5%)

Con pouca humidade (menos do 15% de auga)

Evitar xaropes fluídos que incentiven excesiva ovoposición

Fermentacións en climas temperados e húmidos (Galicia)

Altamente asimilable para evitar acumulación de feces no intestino das abellas que non poden saír a facer voos de limpeza

Colocar moi próximo ao niño

50 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 51: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentación de emerxencia

É o tipo de alimentación que está máis xustificada

Proporcionase a colonias cunha falta total de alimento que pon en perigo a supervivencia

Pode darse por Despois e invernos suaves, con actividade das abellas e sen entrada de néctar

Perda de vigor tras unha enfermidade

Falta de colleiteiras por fallos de ovoposición

Picos meteorolóxicos

Mala preparación da invernada

… 51 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 52: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Boas prácticas na alimentación

Page 53: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Mandamento sétimo (ou debería ser o primeiro?): non roubarás

Ten moito mellor resultado deixar boas reservas en outono que apresurarse a alimentar en primavera

Non esquilmar as provisións que as abellas precisan para os meses menos activos Un 25% dos abelleiros vampirizan as colonias e logo alimentan intentando arranxalo

53 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 54: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Manter colonias ben alimentadas sempre

Respectar os ciclos naturais Deixar quer as abellas “fagan inverno”. Agardar polo arrinque natural.

Instalar as alvarizas en zonas con flora suficiente.

Revisar o manexo que se fai Cando a alimentación é práctica habitual é síntoma de que o manexo falla

Formar núcleos con boa poboación e suficientes reservas propias

54 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 55: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Planificar

Alimentando ao chou pódense conseguir poboacións grandes pero sen nada que comer no exterior.

Exemplo de planificación na alimentación de Randy Oliver

55 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 56: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

A meteoroloxía inflúe grandemente

En zonas frías non debe de alimentarse antes do aumento de temperaturas de mediados de primavera (15-18 °).

Os adversos atmosféricos frearán o crecemento da poboación alimentada e farán aumentar o consumo de reservas, obrigando a nutrir durante máis tempo e en maior cantidade.

Cando as floracións fallan ou se retrasan é necesario seguir alimentando ás abellas que consumen sen poder colleitar.

Malia que o campo non acompañe, os aumentos de poboación temperás propiciarán enxames que haberá que alimentar e atender.

En zonas sen xeadas e con floracións máis seguras a alimentación estimulante pode resultar moito máis predicible .

56 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 57: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Debemos saber o que se guisa

A lexislación marca que os pensos deben informar da súa composición (ficha técnica de materias primas e aditivos)

información nutricional

Tamén convén coñecer Tamaño das partículas (menos de 0,2mm)

Condicións de conservación

Sólidos non asimilables

Textura a temperatura de aplicación en colmea

57 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 58: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Cae de caixón

Non sobrealimentar. Suspender en canto comecen a procesar o alimento para facer mel. Estimular si, dopar non

Non con floracións. Non con alzas postas.

Situar próximo ao acio de abellas

Só a colonias viables Con poboacións moi reducidas non hai consumo

Revisar colonias que non consuman para detectar problemas

58 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 59: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Poderoso cabaleiro…

Considerar o gran negocio que supoñen os novos pensos apícolas e a intensa publicidade que desenvolven

Non alimentar deixándose levar por psicoses colectivas, modas, medos, mimetismo…

Intentar non darlle volta ao principio filosófico

“penso, logo existo (Descartes)”

para convertelo en

“existe, logo penso! (Azucarera, Zukán, Kessler, Dadelos…)”

59 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 60: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Inconvenientes da alimentación

Page 61: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alteración da calidade do mel

O compradores rexeitan o mel que contén sustancias procedentes do alimento

amidón, soia OXM, HMF elevado, colorante caramelo…

61 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 62: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Gastos e traballos

Inversións en alimento, alimentadores e desprazamentos

Man de obra

Preparar alimento

Alimentar

Limpar alimentadores

Comprobación de consumo

Control periodico do vigor obtido

62 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 63: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Molestia para as abellas

Pillaxe

Afogamentos

Fermentacións

Atrae a outros insectos (formigas, avespas…)

Aumento do consumo das reservas propias cando a poboación medra e a subministración non é suficiente (quedan menos provisións que ao inicio)

63 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 64: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Xaropes de millo comparados cos de sacarosa

Máis caros

A proporción neta que a colonia aproveita é menor

Perigo de incorporación ao mel, que será rexeitado pola analítica

Menos dixeribles polas abellas

Acurtan a vida da colonia

64 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 65: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Nefasta imaxe ante o consumidor

-Oe, que é iso de que lle dades penso ás abellas?

-Pero non era que facían o mel das flores?

65 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 66: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Alimentación no manexo reprodutivo

Page 67: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Non imprescindible

Para facer núcleos ou criar mestras non sempre é necesario alimentar.

Pódese evitar transferindo material biolóxico dende outras colonias de apoio .

67 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 68: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Núcleos

Contar con reservas axeitadas é fundamental para a boa evolución dos núcleos, pero non se debe alimentar por sistema. Só cando sexa necesario.

Non se trata de acumular moitas reservas, senón de que non falte comida mentres a poboación non se autoabasteza.

De ser posible, no momento da formación deben proporcionarse reservas en cadros.

A necesidade de nutrición varía co tipo e cantidade de obreiras existentes. Achegando suficientes de abellas de exterior garántese a entrada de pole.

Ao incorporar mel en panal primarase o mel aberto sobre o operculado. Pero evitando excesos que inciten ao saqueo (máx. 50-60% do mel total)

68 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 69: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Cría de mestras

Frecuentemente lígase o proceso de criar raíñas coa achega de estimulación alimenticia, como se fosen conceptos inseparables.

Pero é perfectamente posible criar raíñas con pouca ou nula alimentación externa.

De feito moitas colonias fanno ao preparar virxes para a enxamía.

Con todo, a alimentación estimulante na cría de raíñas intensiva (varias series seguidas) case sempre está fundamentada.

As criadoras intensivas deben estar vigorosas e con continua sensación de plenitude.

Se hai pouco néctar no campo convén facer alimentación líquida ata que as entradas sexan abondosas.

Para criadoras só deben escollerse a alimentarse as colonias máis predispostas a notables expansións primaverais per se.

Conseguirase mellor calidade dando máis a quen máis ten.

Potenciar colonias con xarope sen ter en conta o seu xenoma pode levar a que boas e malas criadoras se igualen e non mostren o seu verdadeiro valor.

A finalidade das criadoras é producir virxes, non acumular mel. Polo que se priorizará a subministración de mel aberto antes que selado.

Ter en conta que o mel inmaturo ou o alimento líquido, ademais de aportar enerxía, inducen a colleitar máis pole, producir máis xelea e aumentar a descendencia.

69

Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 70: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Conclusións personais

Page 71: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Nós tamén alimentamos

Pero intentamos facelo con sentidiño e só cando o consideramos necesario

Con xarope de sacarosa

Económico, accesible, altamente apetecible e moi dixestible

En qué situacións?

En condicións de urxencia extrema

No manexo reprodutivo (crianza de mestras)

Non ao formar núcleos, pois proporcionamos suficientes reservas en cadros.

Raramente temos que alimentalos.

Sempre que podemos usamos cadros de mel do almacén ou de colmeas de apoio

Dunha temporada para outra gardamos cadros de mel e cadros conxelados con pole ensilado.

Os cadros das cámaras de cría (Langstroth) nunca van ao extractor.

71 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 72: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Segundo as nosas experiencias

O 95% das mortaldades non se deben á fame. A maioría das colonias morren deixando suficiente mel operculado.

A alimentación que non sexa de emerxencia ou reprodutiva non merece a pena. O gasto que ocasiona (en cartos e traballo) non se compensa cos resultados

obtidos.

72 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 73: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Peculiaridades da nutrición en Galicia

Aproveitemos o que temos de noso

O pole é o principal motor da colonia. Case nunca nos falta Salgueiro, abeleira , froiteiras, nabos, pratenses, hortos, carpazas, xestas…

En Galicia temos a sorte de contar cunha morea de flora auxiliar, que non proporciona grandes meladas pero que está presente durante case todo o ano Normalmente fornece os mínimos necesarios

Non todas as colonias teñen que ir por autovía (facer colleitas superlativas)

Tamén hai que saber aproveitar as corredoiras (moitos poucos fan un moito)

73 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 74: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Un aplauso máis unha protesta

Por unha banda detectase consumo excesivo e AGA preocúpase que os abelleiros non abusen da alimentación.

Pero, por outra banda, solicítase subvención para o alimento, argumentando o necesario que é para manter as colonias activas.

Nadar e gardar á roupa?

74 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 75: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Conclusión:

Alimentemos con sentidiño.

Só cando sexa necesario.

Pero que nunca nos falte…

75 Jara Varela e Marcos Varela / Abella Meiga

Page 76: Presentación de PowerPoint€¦ · de hidratos de carbono, a verdadeira nutrición da colonia provén do pole. O pole é imprescindible para alimentar ás larvas, completar o crecemento

Asúuuuucar !! 76