6 bautismo do señor a 2014 bene pagola

12
José Antonio Pagola Red evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a poñer en marcha unha nova etapa evanxelizadora. Pásao. 12 de xaneiro de 2014 Bautismo do Señor (A) Mateu 3, 13-17 Música:Eduardo Lages Present:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

54 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

José Antonio Pagola

Red evanxelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a poñer en marcha unha nova etapa evanxelizadora. Pásao.

12 de xaneiro de 2014 Bautismo do Señor (A)

Mateu 3, 13-17

Música:Eduardo LagesPresent:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain

Page 2: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

Antes de narrar a súa actividade profética, os evanxelistas fálannos

dunha experiencia que vai transformar radicalmente a vida de

Xesús. Despois de ser bautizado por Xoán,

Xesús séntese o Fillo querido de Deus, habitado plenamente polo

seu Espírito. .

Page 3: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

Alentado por ese Espírito, Xesús ponse en marcha para Alentado por ese Espírito, Xesús ponse en marcha para anunciar a todos, coa súa vida e a súa mensaxe, a Boa Nova anunciar a todos, coa súa vida e a súa mensaxe, a Boa Nova

dun Deus amigo e salvador do ser humano.dun Deus amigo e salvador do ser humano.

Page 4: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

Non é estraño que, Non é estraño que, ao invitarnos a ao invitarnos a

vivirvivir nos próximos anosnos próximos anos “ “unha nova etapa unha nova etapa evanxelizadora”, evanxelizadora”,

o Papa nos recorde o Papa nos recorde que a Igrexa que a Igrexa

necesita máis que necesita máis que nunca nunca

“evanxelizadores “evanxelizadores con Espírito”.con Espírito”.

Page 5: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

Sabe moi ben que só o Espírito de Xesús nos Sabe moi ben que só o Espírito de Xesús nos pode infundir forza para poñer en marcha a pode infundir forza para poñer en marcha a

conversión radical que conversión radical que necesita a Igrexa.necesita a Igrexa. Por que camiños?Por que camiños?

Page 6: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

Esta renovación da Igrexa só Esta renovación da Igrexa só pode nacer da novidade do pode nacer da novidade do

evanxeo.evanxeo. o Papa quere que a xente de o Papa quere que a xente de

hoxe escoite a mesma hoxe escoite a mesma mensaxe que Xesús mensaxe que Xesús

proclamaba polos camiños de proclamaba polos camiños de Galilea, non outra diferenteGalilea, non outra diferente

Page 7: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

O Papa está pensando O Papa está pensando nunha renovación radical, nunha renovación radical, “que non pode deixar as “que non pode deixar as

cousas como están; xa non cousas como están; xa non serve unha simple serve unha simple

administración”. Por iso, administración”. Por iso, pídenos “abandonar o pídenos “abandonar o

cómodo criterio pastoral do cómodo criterio pastoral do sempre se fixo así” sempre se fixo así”

e insiste unha e outra vez: e insiste unha e outra vez: “Invito a todos a ser “Invito a todos a ser

audaces e creativos nesta audaces e creativos nesta tarefa de repensar os tarefa de repensar os

obxectivos, as estruturas, o obxectivos, as estruturas, o estilo e os métodos estilo e os métodos evanxelizadores das evanxelizadores das

propias comunidades”.propias comunidades”.

Page 8: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

Francisco busca unha Igrexa Francisco busca unha Igrexa na que só nos preocupe comunicar a Boa Nova de na que só nos preocupe comunicar a Boa Nova de

Xesús ao mundo actual. Xesús ao mundo actual.

Page 9: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

“Máis que o temor a equivocarnos, espero que

nos mova o temor a encerrarnos nas

estruturas que nos dan unha falsa contención, nas normas que nos

volven xuíces implacables, nos

costumes onde nos sentimos tranquilos,

mentres afora hai unha multitude famenta, e Xesús repítenos sen

cansarse:

Dádelles vós de Dádelles vós de comer”.comer”.

Page 10: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

O Papa quere que construamos “unha Igrexa coas portas abertas”,unha Igrexa coas portas abertas”,

pois a alegría do evanxeo é para todos e non se pois a alegría do evanxeo é para todos e non se debe excluír a ninguén. debe excluír a ninguén.

Que alegría poder escoitar dos seus beizos unha Que alegría poder escoitar dos seus beizos unha visión de Igrexa que recupera o Espírito máis visión de Igrexa que recupera o Espírito máis xenuíno de Xesús rompendo actitudes moi xenuíno de Xesús rompendo actitudes moi

arraigadas durante séculos! arraigadas durante séculos!

Page 11: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

“A miúdo comportámonos como controladores da

graza e non como facilitadores.

Pero a Igrexa non é unha aduana, é a casa do Pai onde hai lugar para cada

un coa súa vida ás costas”.

Page 12: 6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola

UNHA NOVA ETAPA

Antes de narrar a súa actividade profética, os evanxelistas fálannos dunha experiencia que vai transformar radicalmente a vida de Xesús. Despois de ser bautizado por Xoán, Xesús séntese o Fillo querido de Deus, habitado plenamente polo seu Espírito. Alentado por ese Espírito, Xesús ponse en marcha para anunciar a todos, coa súa vida e a súa mensaxe, a Boa Nova dun Deus amigo e salvador do ser humano.

Non é estraño que, ao invitarnos a vivir nos próximos anos “unha nova etapa evanxelizadora”, o Papa nos recorde que a Igrexa necesita máis que nunca “evanxelizadores con Espírito”. Sabe moi ben que só o Espírito de Xesús nos pode infundir forza para poñer en marcha a conversión radical que necesita a Igrexa. Por que camiños?

Esta renovación da Igrexa só pode nacer da novidade do evanxeo. O Papa quere que a xente de hoxe escoite a mesma mensaxe que Xesús proclamaba polos camiños de Galilea, non outra diferente. Temos que “volver á fonte e recuperar a frescura orixinal do evanxeo”. Só desta maneira, “poderemos romper esquemas aburridos nos que pretendemos encerrar a Xesucristo”.

O Papa está pensando nunha renovación radical, “que non pode deixar as cousas como están; xa non serve unha simple administración”. Por iso, pídenos “abandonar o cómodo criterio pastoral do sempre se fixo así”, e insiste unha e outra vez: “Invito a todos a ser audaces e creativos nesta tarefa de repensar os obxectivos, as estruturas, o estilo e os métodos evanxelizadores das propias comunidades”.

Francisco busca unha Igrexa na que só nos preocupe comunicar a Boa Nova de Xesús ao mundo actual. “Máis que o temor a equivocarnos, espero que nos mova o temor a encerrarnos nas estruturas que nos dan unha falsa contención, nas normas que nos volven xuíces implacables, nos costumes onde nos sentimos tranquilos, mentres afora hai unha multitude famenta, e Xesús repítenos sen cansarse: Dádelles vós de comer”.

O Papa quere que construamos “unha Igrexa coas puertas abertas”, pois a alegría do evanxeo é para todos e non se debe excluír a ninguén. Que alegría poder escoitar dos seus beizos unha visión de Igrexa que recupera o Espírito máis xenuíno de Xesús rompendo actitudes moi arraigadas durante séculos! “A miúdo comportámonos como controladores da graza e non como facilitadores. Pero a Igrexa non é unha aduana, é a casa do Pai onde hai lugar para cada un coa súa vida ás costas”.

  José Antonio Pagola