1 bautismo do señor c 2013 bene pagola

14
13 de xaneiro de 2013 O Bautismo do Señor (C) Lucas 3,15-16.21-22 José Antonio Pagola Música:Mozart-Adagio;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

77 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

13 de xaneiro de 2013O Bautismo do Señor (C)

Lucas 3,15-16.21-22

José Antonio Pagola

Música:Mozart-Adagio;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain

O Bautista non permite que a

xente o confunda co

Mesías. Coñece os seus

límites e recoñéceos.

Hai alguén máis forte e decisivo

ca el. O único ao que o

pobo ha de acoller.

A razón é clara. A razón é clara. O Bautista ofrécelles un O Bautista ofrécelles un

bautismo de auga.bautismo de auga. Só Xesús, o Mesías, vainosSó Xesús, o Mesías, vainos"bautizar co Espírito Santo e "bautizar co Espírito Santo e

con lume"con lume"..

A xuízo de non poucos A xuízo de non poucos observadores, o maior observadores, o maior problema da Igrexa é problema da Igrexa é

hoxe hoxe "a mediocridade "a mediocridade

espiritual".espiritual". A Igrexa non posúe o A Igrexa non posúe o vigor espiritual que vigor espiritual que

necesita para enfrontarse necesita para enfrontarse aos retos do momento aos retos do momento

actual.actual. Cada vez é máis patente. Cada vez é máis patente.

Necesitamos ser Necesitamos ser bautizados por Xesús con bautizados por Xesús con seu lume e o seu espírito.seu lume e o seu espírito.

Estes últimos anos foi medrando a Estes últimos anos foi medrando a desconfianza na forza do Espírito, desconfianza na forza do Espírito,

e o medo a todo o que poida levarnose o medo a todo o que poida levarnos a unha renovación. a unha renovación.

Insístese moito na continuidade para conservar o pasado, pero non nos preocupamos de escoitar as chamadas do

Espírito para preparar o futuro.

Pouco a pouco estámonos quedando cegos para ler os "signos dos tempos".

Dáse a primacía a Dáse a primacía a certezas e crenzascertezas e crenzas

para robustecer a fe e lograr para robustecer a fe e lograr unha maior cohesión eclesial unha maior cohesión eclesial fronte á sociedade moderna, fronte á sociedade moderna, pero con frecuencia non se pero con frecuencia non se

cultivacultiva a adhesión viva a adhesión viva

a Xesús. a Xesús.

Esquecéusenos que El é máis forte que todos nós? Esquecéusenos que El é máis forte que todos nós? A doutrina relixiosa, exposta case sempre con A doutrina relixiosa, exposta case sempre con

categorías premodernas, non toca os corazóns nin categorías premodernas, non toca os corazóns nin converte as nosas vidas.converte as nosas vidas.

Abandonado o alento renovador do Concilio, foise apagando a

alegría nos sectores importantes do pobo cristián, para dar paso á

resignación. De maneira calada pero palpable

vai crecendo o desafecto e a separación entre a institución eclesial e non poucos crentes.

É urxente crear canto antes un clima máis amable e cordial.

Calquera non poderá espertarno pobo sinxelo a ilusión perdida.

Necesitamos volver ás raíces da nosa fe. Poñernos en contacto co

Evanxeo. Alimentarnos das palabras de Xesús que son

"Espírito e vida".

Dentro duns anos, as nosas comunidades cristiás serán moi Dentro duns anos, as nosas comunidades cristiás serán moi pequenas. pequenas.

En moitas parroquias non haberá xa presbíterosEn moitas parroquias non haberá xa presbíteros de forma permanente. de forma permanente.

Que importante é Que importante é coidar desde agora coidar desde agora

un núcleo de crentes un núcleo de crentes arredor do Evanxeo.arredor do Evanxeo.

Eles manterán vivo o Eles manterán vivo o Espírito de Xesús Espírito de Xesús

entre nós. entre nós. Todo será máis Todo será máis

humilde, pero taménhumilde, pero tamén máis evanxélicomáis evanxélico.

A nós pídesenos iniciar xa a reacción. A nós pídesenos iniciar xa a reacción. O mellor que podemos deixar en herdanza ás O mellor que podemos deixar en herdanza ás

futuras xeracións é un amor novo a Xesús e unha futuras xeracións é un amor novo a Xesús e unha fe máis centrada na súa persoafe máis centrada na súa persoa

e no seu proxecto.e no seu proxecto. O demais é máis secundario. O demais é máis secundario.

Se viven desde o Espírito de Xesús, Se viven desde o Espírito de Xesús, atoparán camiños novos.atoparán camiños novos.

INICIAR A REACCIÓN 

O Bautista non permite que a xente o confunda co Mesías. Coñece os seus límites e recoñéceos. Hai alguén máis forte e decisivo ca el. O único ao que o pobo ha de acoller. A razón é clara. O Bautista ofrécelles un bautismo de auga. Só Xesús, o Mesías, vainos "bautizar co Espírito Santo e con lume".

A xuízo de non poucos observadores, o maior problema da Igrexa é hoxe "a mediocridade espiritual". A Igrexa non posúe o vigor espiritual que necesita para enfrontarse aos retos do momento actual. Cada vez é máis patente. Necesitamos ser bautizados por Xesús co seu lume e co seu Espírito.

Estes últimos anos foi medrando a desconfianza na forza do Espírito, e o medo a todo o que poida levarnos a unha renovación. Insístese moito na continuidade para conservar o pasado, pero non nos preocupamos de escoitar as chamadas do Espírito para preparar o futuro. Pouco a pouco estámonos quedando cegos para ler os "signos dos tempos".

Dáse a primacía a certezas e crenzas para robustecer a fe e lograr unha mair cohesión eclesial fronte á sociedade moderna, pero con frecuencia non se cultiva a adhesión viva a Xesús. Esquecéusenos que El é máis forte que todos nós? A doutrina relixiosa, exposta case sempre con categorías premodernas, non toca os corazóns nin converte as nosas vidas.

Abandonado o alento renovador do Concilio, foise apagando a alegría en sectores importantes do pobo cristián, para dar paso á resignación. De maneira callada pero palpable vai medrando o desafecto e a separación entre a institución eclesial e non poucos crentes.

É urxente crear canto antes un clima máis amable e cordial. Calquera non poderá espertar no pobo sinxelo a ilusión perdida. Necesitamos volver ás raíces da nosa fe. Poñernos en contacto co Evanxeo. Alimentarnos das palabras de Xesús que son "Espírito e vida".

Dentro duns anos, as nosas comunidades cristiás serán moi pequenas. En moitas parroquias non haberá xa presbíteros de forma permanente. Que importante é coidar desde agora un núcleo de crentes arredor do Evanxeo. Eles manterán vivo o Espírito de Xesús entre nós. Todo será máis humilde, pero tamén máis evanxélico.

A nós pídesenos iniciar xa a reacción. O mellor que podemos deixar en herdanza ás futuras xeracións é un amor novo a Xesús e unha fe máis centrada na súa persoa e no seu proxecto. O demais é máis secundario. Se viven desde o Espírito de Xesús, atoparán camiños novos.

José Antonio Pagola