3 lingua - santillana · 2020. 3. 5. · de palabras un texto explicativo: chuvia de animais o mapa...

24
O Libro anotado Lingua para 3.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración e edición participou o seguinte equipo: Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ana Canyelles Roca Ánxela Carril Caldelas María Duque Hernández Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz ILUSTRACIÓN Artimagos (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado) EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero PRIMARIA 3 Lingua Edición anotada para o profesorado

Upload: others

Post on 20-Jan-2021

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

O Libro anotado Lingua para 3.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración e edición participou o seguinte equipo:

Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ana Canyelles Roca Ánxela Carril Caldelas María Duque Hernández Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

ILUSTRACIÓN Artimagos (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado)

EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

PRIM

AR

IA3 Lingua

Edición anotada para o profesorado

Page 2: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:
Page 3: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Presentación do proxecto

Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu SABER FACER CONTIGO.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para a futura cidadanía do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para iso trabállanse as estratexias e as rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que o alumnado adquira habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

3

Page 4: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser capaz de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que as alumnas e os alumnos desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupamento:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao finalizar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades deste libro inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

Para finalizar, e atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que van axudar a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

4

Page 5: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Comezamos ............................................................ 9

Unidade 1. A descubrir mundo! ........................... 13

Unidade 2. Canta auga! ........................................ 29

Unidade 3. Unha paisaxe en miniatura ................ 45

Unidade 4. Unha colección moi curiosa ................ 61

Cooperamos ........................................................... 76

Unidade 5. Como sopra o vento! .......................... 79

Unidade 6. No mercado ....................................... 95

Unidade 7. As festas do barrio ............................ 111

Unidade 8. Repoboamos o bosque ..................... 127

Cooperamos ......................................................... 142

Unidade 9. Un día na granxa ............................. 145

Unidade 10. Unha rúa moi animada .................. 161

Unidade 11. No faiado ....................................... 177

Unidade 12. Que coches máis antigos! ............... 193

Cooperamos ......................................................... 208

Acabamos o curso ................................................ 212

O meu álbum de Lingua ...................................... 214

Índice

5

Page 6: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Cadro de contidos

Unidades Tempo para falar e escoitarTempo para ler

Aprendo e practico (Gramática)

Comezamos

1. A descubrir mundo!

13

Identificar e clasificar obxectosImprovisar unha conversa

Ladróns! A linguaxe e as linguas

2. Canta auga!

29

Localizar erros nunha descriciónFormular hipóteses

Auga clara! Oracións e palabras

3. Unha paisaxe en miniatura

45

Identificar unha paisaxeDescribir un lugar

A imaxinación ao poder!

Sons e letras

4. Unha colección moi curiosa

61

Localizar mineraisDescribir obxectos dunha colección

A colección A sílaba. Clases de sílabas

COOPERAMOS Facemos un esquema visual

5. Como sopra o vento!

79

Completar unha táboaExplicar unha noticia en directo

O primeiro temporal O substantivo

6. No mercado95

Atender aos detallesRepresentar unha escena de compra

Nube O xénero dos substantivos

7. As festas do barrio

111

Organizar a información dun cartelFacer a presentación dun acto

Unhas festas diferentes

O número dos substantivos

8. Repoboamos o bosque

127

Atopar diferenzas entre dous textos Animar a alguén a facer algo

Non podo respirar! O artigo e os demostrativos

COOPERAMOS Facemos o resumo dun texto

9. Un día na granxa

145

Resolver adiviñas Describir un animal

Excursión á granxa escola

Os posesivos

10. Unha rúa moi animada

161

Resolver un ditado gráfico Preguntar con precisión

Cuestión de nomes O adxectivo

11. No faiado177

Localizar erros de vocabulario Dar pistas sobre un obxecto

Vaia descoido! Os pronomes persoais

12. Que coches máis antigos!

193

Reconstruír mensaxesFacer un discurso de despedida

Unha viaxe no tempo

O verbo

COOPERAMOS Facemos un vocabulario de palabras difíciles

ACABAMOS O CURSO O MEU ÁLBUM DE LINGUA

6

Unidades Tempo para falar e escoitarTempo para ler

Aprendo e practico (Gramática)

Comezamos

1. A descubrir mundo!

13

Identificar e clasificar obxectosImprovisar unha conversa

Ladróns! A linguaxe e as linguas

2. Canta auga!

29

Localizar erros nunha descriciónFormular hipóteses

Auga clara! Oracións e palabras

3. Unha paisaxe en miniatura

45

Identificar unha paisaxeDescribir un lugar

A imaxinación ao poder!

Sons e letras

4. Unha colección moi curiosa

61

Localizar mineraisDescribir obxectos dunha colección

A colección A sílaba. Clases de sílabas

COOPERAMOS Facemos un esquema visual

5. Como sopra o vento!

79

Completar unha táboaExplicar unha noticia en directo

O primeiro temporal O substantivo

6. No mercado95

Atender aos detallesRepresentar unha escena de compra

Nube O xénero dos substantivos

7. As festas do barrio

111

Organizar a información dun cartelFacer a presentación dun acto

Unhas festas diferentes

O número dos substantivos

8. Repoboamos o bosque

127

Atopar diferenzas entre dous textos Animar a alguén a facer algo

Non podo respirar! O artigo e os demostrativos

COOPERAMOS Facemos o resumo dun texto

9. Un día na granxa

145

Resolver adiviñas Describir un animal

Excursión á granxa escola

Os posesivos

10. Unha rúa moi animada

161

Resolver un ditado gráfico Preguntar con precisión

Cuestión de nomes O adxectivo

11. No faiado177

Localizar erros de vocabulario Dar pistas sobre un obxecto

Vaia descoido! Os pronomes persoais

12. Que coches máis antigos!

193

Reconstruír mensaxesFacer un discurso de despedida

Unha viaxe no tempo

O verbo

COOPERAMOS Facemos un vocabulario de palabras difíciles

ACABAMOS O CURSO O MEU ÁLBUM DE LINGUA

Page 7: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Tempo para escribir mellor (Ortografía)

Máis tempo para ler Saber estar atentos

Saber facer (Escritura)Textos literarios Outros textos

O son K Un texto informativo: Acampada de fin de semana

Cada son, un momento

Pedir información por correo electrónico

O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela e O río

Elaborar un cartel

Signos que pechan oracións

Un texto instrutivo: Normas para visitar as Fragas do Eume

Unha fotografía como recordo

Comparar paisaxes

O son Z Poesía: Rachar a escuridade, Tesouro pirata e A escultura

Elaborar un folleto informativo

A partición de palabras

Un texto explicativo: Chuvia de animais

O mapa do tempo persoal

Elaborar unha lista de recomendacións

Palabras con b Teatro: O país das adiviñas

Escribir unha receita

Palabras con h Un texto informativo: Programa de festas do barrio da Carballeira

O corpo fala Escribir unha invitación

As contraccións do artigo

Teatro: Un bosque monstruoso

Explicar un proceso

Palabras con v Un texto informativo: Un mapache escala un rañaceos de Minnesota

Atentos coma unha ra

Contar unha experiencia persoal

Palabras con x e con s

Lenda: A torre de Hércules

Dar indicacións

Palabras con x e con ll

Un texto instrutivo: A maxia da orde

Veño doutro planeta

Describir un obxecto

A coma e os dous puntos

Conto popular: O demo noviño

Elaborar un anuncio

Tempo para escribir mellor (Ortografía)

Máis tempo para ler Saber estar atentos

Saber facer (Escritura)Textos literarios Outros textos

O son K Un texto informativo: Acampada de fin de semana

Cada son, un momento

Pedir información por correo electrónico

O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela e O río

Elaborar un cartel

Signos que pechan oracións

Un texto instrutivo: Normas para visitar as Fragas do Eume

Unha fotografía como recordo

Comparar paisaxes

O son Z Poesía: Rachar a escuridade, Tesouro pirata e A escultura

Elaborar un folleto informativo

A partición de palabras

Un texto explicativo: Chuvia de animais

O mapa do tempo persoal

Elaborar unha lista de recomendacións

Palabras con b Teatro: O país das adiviñas

Escribir unha receita

Palabras con h Un texto informativo: Programa de festas do barrio da Carballeira

O corpo fala Escribir unha invitación

As contraccións do artigo

Teatro: Un bosque monstruoso

Explicar un proceso

Palabras con v Un texto informativo: Un mapache escala un rañaceos de Minnesota

Atentos coma unha ra

Contar unha experiencia persoal

Palabras con x e con s

Lenda: A torre de Hércules

Dar indicacións

Palabras con x e con ll

Un texto instrutivo: A maxia da orde

Veño doutro planeta

Describir un obxecto

A coma e os dous puntos

Conto popular: O demo noviño

Elaborar un anuncio

7

Page 8: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Indica as actividades en que vas traballar co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades vas ter que traballar en equipo.

Indica que actividades tes que facer escoitando unha gravación.

É o sombreiro do pensamento. Valo poñer para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Valo usar para expresar o que sentes e poñerte no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

8

Page 9: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

813755174 Getty813755174 GETTY

Falamos?

A onde che gustaría viaxar? É un lugar próximo ou afastado?

Que medio de transporte terías que utilizar: coche, avión, bicicleta, tren, autobús…?

Quen che gustaría que te acompañase na viaxe? Como convencerías esa persoa para que te acompañase?

Que lugares dos que visitaches che gustaron máis?

1 A descubrir mundo!

SABER FACER

Pedir información por correo electrónico.

13

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 13 24/01/2020 11:19:56Falamos?

• Despois de dedicar algún tempo á observación da fotografía, faga que presten atención á vestimenta e aos complementos (sombreiros, lentes de sol e mochilas) que teñen os rapaces e a rapaza da imaxe. Oriénteos para que os relacionen co verán, época en que temos máis tempo libre para ir a outros lugares. Pídalles tamén que observen o lugar da fotografía

para describilo e especular sobre onde pode ser ou se lles lembra algún lugar que xa visitaran.

• Se o considera conveniente, utilice un mapamundi e un mapa de Galicia para que o alumnado poida ter ao alcance os seus destinos. Pregúntelles por que lles chama a atención o lugar que queren visitar.

SUXESTIÓNSDeixe algúns minutos para que comenten a fotografía en grupos de catro, antes de facer a posta en común con toda a clase.

LibroMediaGalería de imaxes: Vocabulario. A descubrir mundo!

Page 10: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Tempo para falar e escoitar

Agora contesta as preguntas

Que fai a rapaza da lámina?

A onde cres que irá? Por que?

Que ten nas mans o rapaz?

Que levarías ti para pasar uns cantos días na montaña?

Que vexo? Que penso? Que me pregunto?

PENSAMENTO

As palabras sobre as viaxes pódenche axudar a responder

as preguntas.

14

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 14 24/01/2020 11:20:01

Solucións

Pensamento. RL.

agora contesta as Preguntas

Prepara a mochila para ir de excursión.

RM. Debe ser unha excursión de varios días polo monte, porque hai unhas botas de montaña, un saco de durmir, uns prismáticos, unha cantimplora…

Unha gorra e un protector solar.

RL.

1 Non se mencionan nin o impermeable nin a toalla.

2 CÓMPRE LEVAR: saco de durmir, traxe de baño. NON CÓMPRE LEVAR: tenda de campaña, lanterna.

3 esquina, roca, requeixo, quen, albaricoque, cume.

4 RL.

LibroMediaLámina: A descubrir mundo!

Material da aulaLámina.

SUXESTIÓNSComece observando a lámina e enumerando, coa axuda das palabras sobre as viaxes, todos os obxectos que se representan nela.

LibroMediaMultiactividade: Prepara a maleta.

Page 11: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

1 Escoita e di cales son os dous obxectos que non se nomean na audición.

• tenda de campaña • impermeable • toalla

• saco de durmir • traxe de baño • lanterna

2 Que cómpre e que non cómpre levar ao campamento? Escoita de novo e escribe.

CÓMPRE LEVAR NON CÓMPRE LEVAR

3 Escoita estas palabras que conteñen o son K e cópiaas coas grafías que faltan.

es*ina ro*a re*eixo *en albari*o*e *ume

4 Representa cun compañeiro ou cunha compañeira unha conversa entre dous personaxes da lámina durante dous minutos.

• Primeiro repartide os papeis. Quen vai ser cada un?

• Despois fixádevos na situación e elixide o tema da conversa.

• Durante a conversa procurade non cortar as intervencións do outro e estade atentos ao que di para seguirlle o fío.

5 VALORES. Son responsable.

• Adoitas revisar a equipaxe, a bolsa, etc., para comprobar que non che falta nada?

• Cres que é importante facelo? Por que?

11 Escoita e di cales son os dous obxectos que non se nomean na audición.

• tenda de campaña • impermeable • toalla

• saco de durmir • traxe de baño • lanterna

2 Que cómpre e que non cómpre levar ao campamento? Escoita de novo e escribe.

CÓMPRE LEVAR NON CÓMPRE LEVAR

3 Escoita estas palabras que conteñen o son K e cópiaas coas grafías que faltan.

es*ina ro*a re*eixo *en albari*o*e *ume

4 Representa cun compañeiro ou cunha compañeira unha conversa entre dous personaxes da lámina durante dous minutos.

• Primeiro repartide os papeis. Quen vai ser cada un?

• Despois fixádevos na situación e elixide o tema da conversa.

• Durante a conversa procurade non cortar as intervencións do outro e estade atentos ao que di para seguirlle o fío.

5 VALORES. Son responsable.

• Adoitas revisar a equipaxe, a bolsa, etc., para comprobar que non che falta nada?

• Cres que é importante facelo? Por que?

botas de tacos

saco de durmir

protector solar

Palabras sobre as viaxes

friameira

lanterna

cantimplora

compás

mapa

estoxo

caderno de notas

prismáticos

tenda de campaña

15

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 15 24/01/2020 11:20:06

5 • Observacións: Faga que presten atención á importancia de revisar a equipaxe para non esquecer nada cando imos de excursión. Recoméndelles facer unha lista previamente con todas as cousas necesarias.

• RM. É importante para que non atopemos nada de menos e esteamos cómodos no lugar a onde imos.

Outras palabras sObre as viaxes

• Lugares para facer viaxes: campo, cidade, cova, montaña, praia, vila, aldea, serra, val, río.

• Verbos: camiñar, escalar, orientarse, viaxar.

• Actividades: barranquismo, escalada, sendeirismo, visitas guiadas.

• Obxectos: sombreiro, GPS, maleta, lentes de sol.

Audios descargables en e-vocacion.esPistas 1 e 2.

SUXESTIÓNSFágalles notar que, coa idade, teñen que comezar a responsabilizarse das súas cousas. Axúdeos a pensar nos éxitos alcanzados: que son capaces de facer agora que non podían facer hai catro anos.

LibroMediaActividades interactivas: Adiviñas de obxectos para as viaxes e Vocabulario.

LibroMediaAudios das actividades 1, 2 e 3.

Page 12: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Tempo para ler

Ladróns!Na casa de Martiño semella que entraron os ladróns.

Os armarios están abertos de par en par e ensinan sen vergoña os seus misterios. Hai caixóns medio baleiros que parece que foron revoltos con présa. Nalgúns lugares vense moreas de obxectos diversos: roupa, zapatos, libros, cepillos de dentes, mapas, lanternas...

A tía Xulia, que nese intre chega de visita, queda coa boca aberta.

–Que pasou? –berra, espantada–. Chamastes a policía?Catro parellas de ollos miran para ela. Os ollos azuis

de Martiño mírana coma se se volvese tola. Os ollos castaños de Elisa, a irmá de Martiño, mírana coma se falase un idioma descoñecido. Os ollos negros de Carme, a nai de Martiño, mírana coma se fose un extraterrestre. Só os ollos verdes de Henrique, o pai de Martiño, a miran de xeito diferente: coma se fose a persoa máis graciosa do mundo!

Henrique escacha coa risa e a tía Xulia preocúpase aínda máis. Quizais o roubo o trastornou! Mirando ao seu arredor, decátase de que non será doado atopar o teléfono. A saber a onde foi parar no medio daquel rebumbio! Saca o móbil do peto e di suavemente:

–Tranquilos... A policía ha vir deseguida.

DIFICULTADES DE LECTURA

Ás veces cústanos ler correctamente algunhas palabras en voz alta, porque son moi longas ou porque conteñen letras ou grupos de letras difíciles de pronunciar.

Localiza na lectura as palabras que che parezan máis difíciles e leas antes en voz baixa para practicar a pronuncia.

16

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 16 24/01/2020 11:20:07

Audios descargables en e-vocacion.esPista 3.

LibroMediaAudio: Ladróns!Vídeo: Contacontos.Ladróns!

Ladróns! é un conto de humor, que ten a esaxeración e a confusión como piares básicos para provocar o sorriso dos rapaces e das rapazas. Fágalles notar a reacción desmesurada e impulsiva da tía Xulia cando ve a casa e a exaxeración no tocante á cantidade de cousas que levan para a viaxe.

O conto escribiuno expresamente para este libro Teresa Broseta, unha das escritoras máis célebres da literatura infantil e xuvenil da península. A súa formación como pedagoga axudouna a coñecer ben os rapaces e as rapazas de distintas idades e a afondar nos seus gustos.

SUXESTIÓNSRecoméndelles que, antes de ler o texto, observen os debuxos con atención e que especulen sobre o contido da lectura.

Page 13: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

EMOCIONS

1

revoltos: movidos, desordenados.

escacha coa risa: empeza a rir ás gargalladas.

rebumbio: conxunto de cousas mesturadas sen orde.

Daquela, Martiño e a súa irmá Elisa rin ás gargalladas co pai, que xa se deixou caer nunha butaca e agarra a barriga coas mans. Carme di:

–Que non, Xulia! Que non entrou ninguén a roubar! –Non? –a tía Xulia pon os ollos coma pratos–. E, daquela,

como se explica todo isto? –É que hoxe marchamos de acampada aos Ancares, tía

Xulia! –di Martiño, esmendrellándose de risa–. Non te lembrabas?

Agora é a tía Xulia quen ri. –Non me lembraba, non! Agora explícome... –volvendo

mirar ao seu arredor, di aínda–. E necesitades tantas cousas?–Necesitamos! –exclama Henrique–. Temos que ir

preparados para o frío, para a chuvia, para a calor... O tempo na montaña é imprevisible! E, ademais, levamos a tenda de campaña, os sacos de durmir, a mesa de encartar...

–E a comida, a neveira portátil, os cubertos... –continúa Carme.–E libros e xoguetes! –exclama Elisa–. Como imos estar

de acampada unha semana, imos ter tempo para todo! –E os mapas e o compás –remata Martiño–. Faremos un

montón de excursións pola montaña e non nos queremos perder!–Sabedes que? –dixo a tía Xulia–. Dádesme unha envexa

enorme!Coma se o tivesen ensaiado, Martiño, Elisa, Henrique

e Carme din á vez:–Pois ven connosco!A tía Xulia pénsao só un segundo e, despois, sae a fume

de carozo pola porta mentres berra:–Agardade por min un momento, que vou facer a miña

equipaxe!

EMOCIÓNS

Expreso os meus sentimentos.

Como te sentes cando convidas a alguén á túa casa e che di que si, que quere ir?

E se che di que non pode ir? Que lle dis?

17

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 17 03/02/2020 12:21:02

SUXESTIÓNSPregúntelles se hai algunha palabra do texto da que descoñezan o seu significado; se así fose, aclárelles as dúbidas que puidesen ter.

SUXESTIÓNSCree un ambiente cómodo, por exemplo sentando en roda, para que as rapazas e os rapaces expresen os seus sentimentos.

Emocións. RL.

Page 14: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Tempo para ler

Tranquilos... A policía ha vir deseguida.

1 Que aspecto presenta a casa ao principio? Elixe o debuxo correcto.

A B C

2 Escribe cada nome onde corresponda.

Xulia Elisa Henrique Carme

é a nai de Martiño. é o pai de Martiño.

é a irmá de Martiño. é a tía de Martiño.

3 Le e responde.

• Quen di iso?

• Por que quere avisar a policía?

• Como reaccionan Martiño e a súa familia?

4 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.

• Na casa de Martiño entraron os ladróns.

• A tía Xulia quere chamar os bombeiros.

• Martiño e a familia prepáranse para ir de acampada aos Ancares.

• Martiño e a familia convidan a tía Xulia a ir con eles de acampada.

• Ao final, a tía Xulia decide quedar na casa.

18

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 18 24/01/2020 11:20:10

Solucións

1 B.

2 Carme é a nai de Martiño. Elisa é a irmá de Martiño. Henrique é o pai de Martiño. Xulia é a tía de Martiño.

3 • Dío a tía Xulia.

• Porque viu a casa moi desordenada e pensou que entraran ladróns a roubar.

• Reaccionan escachando coa risa por causa da confusión de Xulia.

4 F, F, V, V, F.

5 e 6 RL.

7 • B. • B.

8 RL.

SUXESTIÓNSOs debuxos da actividade 2 tamén os poden axudar a situar os personaxes no lugar correspondente.

Page 15: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

5 Comenta coas compañeiras e cos compañeiros.

• Cres que a situación que se explica na lectura pode pasar na realidade ou que se trata dunha esaxeración? Por que?

• Que cousas pensas que son imprescindibles para ir unha semana de acampada? Elixe só cinco.

6 Expresa a túa opinión.

• Que é o que máis che gustou da lectura? E o que menos?

VOCABULARIO

7 Responde en cada caso.

• Que portas están abertas de par en par?

A B

• Quen ten os ollos coma pratos?

A B

AO FÍO DA LECTURA

8 Busca unha explicación lóxica para estes feitos misteriosos que non sexa o roubo.

1PONTE A PROBA

Resolve estas actividades a partir da lectura.

a) Di se esta afirmación é verdadeira ou falsa.

A lectura Ladróns! comeza cunha descrición.

b) Di cantos personaxes interveñen na lectura.

c) Busca no texto unha enumeración e cópiaa.

d) Elixe a opción correcta. Que significa a expresión a fume de carozo?

• Con gran rapidez.

• Pouco e pouco.

e) Explica coas túas palabras o que é un compás.

f ) Por que Ancares se escribe con maiúscula inicial?

5 Comenta coas compañeiras e cos compañeiros.

• Cres que a situación que se explica na lectura pode pasar na realidade ou que se trata dunha esaxeración? Por que?

• Que cousas pensas que son imprescindibles para ir unha semana de acampada? Elixe só cinco.

6 Expresa a túa opinión.

• Que é o que máis che gustou da lectura? E o que menos?

VOCABULARIO

7 Responde en cada caso.

• Que portas están abertas de par en par?

A B

• Quen ten os ollos coma pratos?

A B

AO FÍO DA LECTURA

8 Busca unha explicación lóxica para estes feitos misteriosos que non sexa o roubo.

Desapareceron todas as xoias da avoa.

Os veciños non están, pero óense ruídos dentro do piso.

19

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 19 24/01/2020 11:20:11Ponte a Proba

a) Verdadeira.

b) Cinco: Martiño, seu pai (Henrique), súa nai (Carme), súa irmá (Elisa) e súa tía (Xulia).

c) RM. roupa, zapatos, libros, cepillos de dentes, mapas, lanternas…

d) Con gran rapidez.

e) RM. É un instrumento que serve para orientarse. Ten unha agulla pequena que sempre marca o norte e iso permítenos saber en que dirección temos que ir.

f ) Porque é un nome propio de lugar.

SUXESTIÓNSLembre que, se as actividades se resolven cunha posta en común, convén respectar a quenda de palabra e tamén ser respectuosos coas opinións dos demais.

Page 16: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Como nos comunicamos?

As persoas falamos cos demais para expresar as nosas opinións, ideas, sentimentos… Cando nos comunicamos facémolo, sobre todo, por medio da linguaxe. Utilizamos a linguaxe cando falamos cos demais e tamén cando escribimos.

• Que utilizamos sobre todo para nos comunicar?

• En que situacións empregaches hoxe a linguaxe? Pon dous exemplos.

Hai moitas linguas

Ao falar ou ao escribir utilizamos unha lingua determinada: árabe, español, inglés…

No mundo hai moitas linguas diferentes, como o alemán, o chinés ou o francés. Para que dúas persoas se poidan entender, é importante que as dúas coñezan a lingua en que se comunican.

En España fálanse diversas linguas: galego, castelán, catalán, éuscaro…

• Entenderías unha persoa que falase chinés? Por que?

• Que lingua utilizas normalmente? Que outras linguas coñeces?

APRENDO E PRACTICO A linguaxe e as linguas

Cando nos comunicamos cos demais, facémolo sobre todo por medio da linguaxe. Utilizamos a linguaxe cando falamos cos demais e cando escribimos.

No mundo hai moitas linguas ou idiomas diferentes. Para que dúas persoas se entendan, é importante que as dúas coñezan a lingua en que se comunican. En España fálanse varias linguas: o castelán, o éuscaro, o catalán... Nós falamos galego.

Mamá:Hoxe teño fútbol, non o esquezas!Breixo

1 Observa e responde as preguntas.

• Con quen se comunica Breixo?

• Para que?

• Como o fai?

20

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 20 24/01/2020 11:20:13

A linguaxe e as linguas

Solucións

1 • Con súa nai.

• Para avisala de que hoxe ten adestramento de fútbol.

• Cunha nota escrita.

2 A. inglés; B. castelán; C. francés; D. alemán.

3 RM. • lápiz, pencil • lluvia, rain • mariposa, butterfly

• agua, water.

4 Good morning! (inglés): Bo día!; Ça va bien? (francés):

Como estás?; Te pregunta cómo estás (castelán):

Pregúntache como estás; Très bien, merci! (francés):

Moi ben, grazas!

5 RL.

6 • Galego, inglés e francés.

• Para que poidan entendela máis persoas,

especialmente os turistas.

LibroMediaActividade interactiva: A linguaxe e as linguas (I).

LibroMediaLámina: A linguaxe e as linguas.

Page 17: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

1

Good morning! ¡Buenos días! Bonjour! Guten morgen!

ABERTOOPEN

OUVERT

2 Sinala que linguas falan estes rapaces e rapazas.

A B C D

3 Escribe estas palabras en dúas linguas diferentes que coñezas.

• lapis • chuvia • bolboreta • auga

4 Di en que lingua están escritas as frases que aparecen entre comiñas («»). Despois, substitúeas polas correspondentes en galego.

Campamento de verán

«Good morning!». Así comezou o meu campamento de verán en Londres. Alí coñecín a Sophie, unha rapaza moi simpática de París que sempre me dicía: «Ça va bien?». Ao principio non a entendía, pero o meu amigo Carlos explicoume: «Te pregunta cómo estás». Desde aquela, eu sempre respondía: «Très bien, merci!». Paseino moi, moi ben!

Como estás?

Bo día!

Pregúntache como estás.

Moi ben, grazas!

5 Escribe o nome de tres linguas que se falen no mundo e responde. Cal che gustaría aprender? Por que?

6 Observa o cartel e responde as preguntas.

• Que linguas se utilizan?

• Por que pensas que a mesma mensaxe está escrita en varias linguas?

21

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 21 24/01/2020 11:20:14 Observacións: no libro só fixemos referencia a linguas

que se escriben con alfabeto latino, pero pode referirse a linguas que utilizan outros alfabetos (arábigo, grego, cirílico), con letras diferentes das que usamos nós. Tamén as linguas orientais, como o chinés, utilizan alfabetos distintos.Pode mostrarlles imaxes destes alfabetos que atopará en Google para estimular a súa curiosidade. Mesmo pode pedirlles que escriban o seu nome propio utilizando as letras doutro alfabeto.

SUXESTIÓNSFágaos reflexionar sobre a importancia de saber diferentes linguas.

LibroMediaActividade interactiva:A linguaxe e as linguas (II).

Page 18: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Tempo para escribir mellor

1 Copia só as palabras que conteñan o son K.

castaña cesta esquimó acordeón paquete escudo cinto quilo

2 Completa con c ou qu, segundo corresponda.

Unha enquisa pouco clarificadora

Onte pola tarde, na es*ola, pasáronnos unha en*isa para saber *e tipo de ex*ursións preferimos facer este ano. E sabedes *omo *edou todo ao final? Pois

*ince alumnos prefiren facer saídas ao *ampo e a

*atorce gustaríalles máis facer visitas *ulturais.

*ue resultado máis axustado, non si?

3 Clasifica as palabras anteriores segundo a forma en que se escriben.

ESCRÍBENSE CON C ESCRÍBENSE CON QU

4 Ordena e escribe os nomes dos obxectos representados.

O son K

O son K pódese representar con c ou con qu.

• Escríbese c diante de a, o, u. Exemplo: caracol, conto, culler.

• Escríbese qu diante de e, i. Exemplo: chaqueta, quince.

A

R

E

A

QU

T

M

N

O

I

QU

O

R A N

C O Á

Ó

U

R

E

LL

C N

C Q

22

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 22 24/01/2020 11:20:15

Tempo para escribir mellor

Solucións1 Castaña, esquimó, acordeón, paquete, escudo, quilo.

2 Onte pola tarde, na escola, pasáronnos unha enquisa para saber que tipo de excursións preferimos facer este ano. E sabedes como quedou todo ao final? Pois quince alumnos prefiren facer saídas ao campo e a catorce gustaríalles máis facer visitas culturais. Que resultado máis axustado, non si?

3 ESCRíBENSE CON C escola, excursións, como, campo, catorce, culturais.

ESCRÍBENSE CON QU enquisa, que, quedou, quince, que.

4 Raqueta, cullerón, quimono, áncora.

5 Barca barquiñas; vaca vaquiñas; butaca butaquiñas.

6 e 7 RL.

LibroMediaActividades interactivas: O son K e As grafías do son K.

SUXESTIÓNSLea en voz alta as palabras da actividade 1 para que o recoñecemento do son sexa máis sinxelo.

LibroMediaPresentación interactiva: Aprendemos máis sobre o son K.

Page 19: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

15 Observa e forma palabras seguindo o exemplo.

foca foquiñas vaca

barca butaca

6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

Fíxate no uso de c e qu.

A cara ou cruz

Carolina vota por ir de vacacións a Cuba, porque quere coñecer o Caribe. Xaquín, en cambio, considera que Turquía é un país máis exótico. Cansos de discutir, acordan decidilo a cara ou cruz. Que país será cara e cal será cruz? Aínda lles queda moito por discutir...

7 DITADO ACUMULATIVO. Fíxate nos contidos que se repasan neste ditado e prepárao para facelo no caderno.

Uso das maiúsculas O son K

A queixaría

Raquel e Cosme, curmáns do avó Quico, encárganse da queixaría, que é antiquísima. Alí elaboran queixos co fantástico leite que dan as súas vaquiñas. Eu coñézoas a todas polo nome: Xovenca, Cuca, Marquesa, Quina, Condesa... Sonvos as mellores vacas do mundo!

23

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 23 24/01/2020 11:20:17

SUXESTIÓNSFaga notar como cambia a ortografía segundo a vogal que hai detrás do son K. Pode pedirlles que digan outros exemplos, como mosca, roca, saca…

LibroMediaActividade interactiva: Ditado.O son K.

Máis recursosSe o considera conveniente, pode traballar o son K con algúns trabalinguas. Ademais de dicilos é conveniente que os escriban:

Collín cordóns, cordóns collín. Pola rúa corro, cordóns collo.

Pola rúa corrín, cordóns collín.

Un can cun quinqué no cu.

Page 20: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Máis tempo para ler

Acampada de fin de semana

O Club Excursionista de Tui vai de acampada! E faino nin máis nin menos ca ás Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A acampada vaise facer a segunda fin de semana de outubro (días 10 e 11) para celebrar o aniversario de creación do Club.

Á acampada poden vir todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas que queiran, tanto se son membros do Club coma se non o son, nacidos entre 1999 e 2013.

O período de inscrición comeza o 2 de setembro e finaliza o 30 do mesmo mes. Podedes apuntarvos por Internet, a través do enderezo [email protected], ou no servizo de información da Casa da Cultura de Tui.

O próximo 1 de outubro, ás seis da tarde, haberá unha reunión na Casa da Cultura de Tui para informarvos de todo o que se necesita e para resolver as dúbidas que teñades.

Non deixedes pasar a oportunidade única de que as vosas fillas e os vosos fillos vivan unha experiencia inesquecible, onde a natureza, a diversión e a aprendizaxe van da man. Apuntádevos á acampada do Club!

Deseña un anuncio para a acampada do Club Excursionista de Tui, con debuxos e letras grandes. Tes que incluír esta información:

Club que organiza a acampada.

Lugar e datas da acampada.

Unha frase bonita que anime a participar na acampada.

CREATIVIDADE

24

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 24 24/01/2020 11:20:18

SoluciónsCreatividade. RL.

1 Dar información xeral da acampada ás Illas Cíes para que a xente se apunte.

2 Diríxese aos adultos, pais e nais. Sábese pola expresión: «Non deixedes pasar a oportunidade única de que as vosas fillas e os vosos fillos…».

3 Tempo para inscribirse: do 2 ao 30 de setembro. Reunión informativa: 1 de outubro. Acampada: 10 e 11 de outubro.

4 • Formas de inscribirse.

• Lugar onde se fai a acampada.

• Lugar da reunión informativa.

• Idade das persoas que poden ir.

• Invitación para apuntarse na acampada.

SUXESTIÓNSTeña en conta que o alumnado destas idades está pouco familiarizado con estes textos. Polo tanto, é conveniente que, antes de lelo, poña o alumnado en situación con preguntas como as seguintes: cando ides a unha excursión, danvos algún texto que vos informe? Con quen compartides ese texto, coa vosa familia ou cos amigos e amigas? A continuación, practique a técnica da lectura compartida para facer un resumo breve despois de ler cada parágrafo.

Page 21: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

1

2 A quen se dirixe o texto, aos pais e nais ou aos rapaces e rapazas? Como o sabes?

3 Relaciona cada data arrodeada de vermello co acto que se celebra ese día.

4 Que información se atopa no texto? Copia.

• Formas de inscribirse. • Cousas que cómpre levar á acampada.

• Lugar onde se fai a acampada. • Idade das persoas que poden ir.

• Lugar da reunión informativa. • Invitación para apuntarse na acampada.

5 Escolle quen vai poder ir á acampada do Club Excursionista.

A B

6 Podes ir á acampada, segundo a túa idade? Gustaríache ir? Por que? Explícallo ao resto da clase.

1 Que obxectivo ten o texto que liches? Responde.

• Describir as Illas Cíes e indicar onde se atopan.

• Dar información sobre o Club Excursionista de Tui.

• Dar información xeral da acampada ás Illas Cíes para que a xente se apunte.

SOBRE O TIPO DE TEXTO

Nacín no ano 2000.

Nacín en 1998.

Tempo para inscribirse

Acampada

Reunión informativa

SETEMBROl m mc x v s d

1 2 3 4 5 67 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 2728 29 30

OUTUBROl m mc x v s d

1 2 3 45 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31

25

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 25 24/01/2020 11:20:22

5 A.

6 RL.

As IllAs Cíes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia está formado polos arquipélagos das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. As Illas Cíes están situadas na entrada da ría de Vigo e nela atópase a praia de Rodas, de area fina

e douradas e tranquilas augas cristalinas; esta praia foi elixida polo xornal The Guardian como a mellor praia do mundo.

Para acceder ás Illas Cíes hai empresas navieiras que ofrecen os seus servizos desde os portos de Vigo, Cangas e Baiona. Xa nas Illas, pódense facer varias rutas guiadas a pé: a ruta do Monte Faro, a ruta do Faro da Porta, a ruta do Alto do Príncipe e a ruta de Monteagudo.

SUXESTIÓNSSe teñen dificultades para responder a actividade 2, pídalles que presten atención ao último parágrafo, co fin de acoutar máis o texto.

Page 22: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Descubrir mundo é esgotador: vemos, ulimos, oímos, tocamos… É hora de parar un pouco e prestar atención a algo concreto para gozar de todo o que nos arrodea. Ademais, axudaranos a estar concentrados cando facemos os deberes. Practicamos a atención plena?

Proposta 1: Cada son, un momento

APRENDEMOS UN TRUCO DE ATENCIÓN PLENA

PASO 1. Senta no chan coa clase formando unha roda coas pernas cruzadas, o corpo recto e as mans enriba da barriga.

PASO 2. Respira a fondo e nota que a barriga se vai inflando e desinflando.

– Para concentrarte, podes pensar estas palabras máxicas.

DENTRO

barriga inflada

FÓRA

barriga desinflada

PASO 3. Centra a atención nun son que fará o docente (cun obxecto ou co corpo).

– Escóitao ata que non se oia. Imaxina como se escribiría con letras.

PASO 4. Abre os ollos e escribe nun papel o son que escoitaches. Compárteo coa clase e explica o que che transmitiu (calma, enfado, alegría…).

As onomatopeas son palabras que imitan os sons que oímos. Hai moitas que conteñen o son K. Pensa no son relacionado con estas imaxes e escríbeo en letras. Todas conteñen c ou q.

SABER ESTAR ATENTOS

ATENTO Á LINGUA: PENSO ONOMATOPEAS ae p c d eu

x x xo e rn

m

26

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 26 24/01/2020 11:20:26

Solucións

Atento á linguA: penso onomAtopeAs

Quiquiriquí, tictac, cacaracá.

SUXESTIÓNSProcure crear un ambiente de relaxación. Teña en conta que conseguir concentrarse non é nada fácil, pero se persevera, ao final de curso pódese conseguir.

Page 23: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

Para: [email protected]

Asunto: Información sobre a visita ao museo

Escritura

Pedir información por correo electrónicoAgora vas escribir un correo electrónico para pedir información antes de visitar unha cidade. Atréveste?

PREPARA O TEU TRABALLO

1 Le o seguinte anuncio e responde.

• De que informa o anuncio?

• Que ruta che gustaría facer?

• Que tes que facer para obter máis información?

2 Que preguntarías para coñecer estes datos sobre a ruta elixida? Escribe.

• Percorrido • Horario • Prezo • Duración

DEMOSTRA QUE O SABES FACER

3 USA AS TIC. Escribe un correo electrónico seguindo este modelo.

SABER FACER 1

QUERES COÑECER CITIMAR?

URBANRUTA ofréceche dous xeitos de descubrir a cidade:

Citimar Citimar a cabalo desde o aire

Se queres máis información, envía un correo electrónico a [email protected]

Estimados señores de Diverarte:Gustaríame que me informasen sobre a visita que van facer ao Museo Municipal:

1. Que día se vai realizar a actividade?2. Cómpre reservar a praza antes?

Grazas pola súa atención.Saúdos cordiais,Uxía Crespo

Enderezo electrónico

Obxectivo do correo

Saúdo

Motivo do correo

Información que se pide

Despedida

Sinatura

Agradecemento

27

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 27 24/01/2020 11:20:27

Solucións

1 • De rutas para descubrir a cidade de Citimar.

• RL.

• Escribir un correo electrónico a [email protected].

2 e 3 RL. Na redacción do correo vixíe que usaron o tratamento de vostede ou vostedes ao longo do texto.

LibroMediaPresentación interactiva:Conversa para obter información.

SUXESTIÓNSFágalles notar que nos diriximos ás persoas descoñecidas tratándoas de vostede ou vostedes.

Page 24: 3 Lingua - Santillana · 2020. 3. 5. · de palabras Un texto explicativo: Chuvia de animais O mapa do tempo persoal Elaborar unha lista de recomendacións Palabras con b Teatro:

COMO O FIXEN? Responde as preguntas no caderno.

Que texto da unidade serve para informar? Entendino ben?

Que dúas letras serven para representar o son K?

Que me resultou máis difícil? Que me pareceu máis fácil?

Ponlle unha nota ao traballo que fixeches nesta unidade.

COMPROBO O MEU PROGRESO 1

MENÚ DO DÍA

8 EUROS

1 Di en cal destas situacións se usa a linguaxe para comunicarse.

A B

2 Completa os enunciados.

• Utilizamos a linguaxe cando e cando

• Para que dúas persoas se entendan, é importante que

3 Escribe o nome de dúas linguas distintas que se falen en cada sitio.

• En Europa. • En España.

4 Responde e pon exemplos.

• Diante de que vogais a letra c representa o son K?

• Como se representa o son K diante de e e i?

5 Forma palabras seguindo o exemplo.

zoco quiosco

vaca banco

choco arco

Exemplo barco → barqueiro

6 Que son? Escribe os nomes destes obxectos.

A B C

REPASO ACUMULATIVO

7 Escribe dúas palabras en cada caso.

• Que conteñan o son R forte.

• Que conteñan o son R suave.

• Que conteñan mp.

• Que conteñan mb.

• Que se escriban con h.

28

ES0000000118711 121581_TEMA_01_93266.indd 28 24/01/2020 11:20:28

Solucións

1 B.

2 • Utilizamos a linguaxe cando falamos e cando escribimos.

• Para que dúas persoas se entendan, é importante que falen a mesma lingua.

3 RM. • En Europa: inglés e francés. • En España: éuscaro e catalán.

4 • Diante de a, o e u.

• Con qu.

5 zoqueiro, vaqueiro, choqueiro, quiosqueiro, banqueiro, arqueiro.

6 A. compás; B. lanterna; C. prismáticos.

7 RM. • Raxo, porrón. • Cárcere, xantar. • Cempés, limpar. • Lombo, bambán. • Hórreo, haber.

SUXESTIÓNSAconséllelles que fagan fincapé nas actividades 2 e 4, para que recollan o contido teórico que teñen que saber nesta unidade.

SUXESTIÓNSRecoméndelles gardar nunha carpeta as valoracións que fagan en todas as unidades. Así, ao final do curso poderán revisar as dificultades que tiveron.