recomendacións verán 2016

6

Upload: anxos-rial-vidal

Post on 01-Aug-2016

240 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Recomendacións lectoras para o verán do 2016

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións verán 2016
Page 2: Recomendacións verán 2016

Contos nerviosos de Fran Alonso: (con ilustracións de Dani Padrón) Catro contos divertidos e inquedos protagonizados por personaxes peculiares e situacións cheas de humor. “ O encontro con Xirafa fixo que se sentise tan ben que lle apeteceu pasar a noite baixo as estrelas, á beira do mar...”

Raiolas de sol de Antonio García Teijeiro: Músicos, mestres e poetas son personaxes que pairan polos relatos deste libro. “Unha raiola de sol, por breve que sexa, pode iluminar por completo espazos que quizais permanecían agochados aos nosos ollos.”

A volta á Galia de Astérix: René Goscinny (Autor/a) Albert Uderzo (Ilustrador/a) Xavier Senín Fernández (Tradutor/a) M.ª Isabel Soto López (Tradutor/a Nesta ocasión, por mor dunha aposta, os nosos heroes deben percorrer a Galia e regresar cunha especialidade culinaria de cada rexión. Conseguirano?

Page 3: Recomendacións verán 2016

Izan o da saca de Xabier Quiroga: Na compaña de Reina, un mistura de taxista e investigador, percorreremos a “ruta das ratas” na procura das pegadas dos asasinos nazis na súa fuxida a sudamérica. Cativador relato para os amantes da historia e da novela negra.

A rotura das paisaxes de Xesús Constela: Libro de relatos, novela, unha nova obra de múltiples lecturas do noso profesor. E fermosos querubíns que nos observan desde o fresco do teito dun pazo, ven e actúan... a mistura da realidade e do marabilloso tamén nos acompañan na lectura deste libro.

Camiños na auga de Manuel Singala: O fermoso e cru relato de viaxe de Szymo, da súa África natal ata as costas españolas.O relato da diversidade e de como ser distinto non é aceptado polos outros. "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito.”

Page 4: Recomendacións verán 2016

O anxo negro de Manuel Gago: En palabras do seu autor: “O libro recolle unha historia de historias, un cruce entre realidade e ficción onde os limites os pos ti, lector(...)nesta novela hai de todo: hai corazón, hai pensamento e hai un ritmo frenético” A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas: Unha fermosa novela cheíña de fantasía, amor, aventuras e o noso querido Jules Verne coma un dos personaxes principais; embárcate no Vigo do Jules Verne e no seu Nautilus para salvar as “femmes plante” milagre da ciencia . Quererás ser un dos tripulantes do submariño e vivir con eles esta marabillosa aventura.

Horizonte de sucesos de Anxo Fariña: Un alumno de Belas Artes becario nun centro de acollida de menores vive experiencias que o marcarán o resto da súa existencia: A convivencia no centro cos compañeiros e cos internos, nun estraño ambiente conducirán a novela a un final sorprendente.

Page 5: Recomendacións verán 2016

Masculino singular de Carlos Negro: A poética reivindicación do feminino no masculino, por que non debe haber masculino nen feminino senón persoas. A tenrura do masculino, a sensibilidade, a fuxida do macho para chegar ao sentimento e a fermosura en versos.

Oso, mamá, si? De María Lado: Maternidade, amor, paso do tempo... Poema perdido nunha botella para o océano ti eras só un neno de fanequeiras vermellas que a area enterraba, un brazo fortemente prendido da miña saia morada. teño medo dos bichos, mami, dos bichiños do mar e con forza de xigante collíaste de tea...

12 poemas de Federico García Lorca: Un álbum ilustrado, un poemario... desde logo unha xoia que non deixamos de recomendar. Versos de Lorca achegados á canción popular eao poema musicado fermosamente ilustrados por Gabriel Pacheco.

Page 6: Recomendacións verán 2016

Erase una vez é un xogo de cartas

narrativo que consiste en construír entre odos os xogadores un conto. Xogo orixinal e divertido con materiais de boa calidade apto para xogar en excursións, festas... ao aire libre... Desde dous a dez xogadores.

La isla prohibida, xogo de mesa

cooperativa onde os xogadores compiten contra o afundimento da propia illa. Fácil de aprender. “Es un juego cooperativo, por lo que entre todos intentaremos salvar los objetos que en la isla se encuentran. Estos objetos son una quimera chulísima, un totem del fuego (mi favorito porque brilla), la copa de los mares (cuidado con Ramos!!!) y un ferrero rocher mordido (una piedra guay en realidad).”

Ritmo y bola: Saca as mans dos bolsos… CHega a hora do Rock&Roll e hai que seguir o ritmo! Ritmo y Bola é un xogo onde terás que palmear as pernas ao ritmo de “We Will Rock You”. A partir de aquí, comezará unha cadea de signos que terás que seguir con atención: Cando che toque deberás repetir o teu sinal e facer o doutro participante sen equivocarte!

(Recomendacións obtidas de Fernando Trujillo en : http://fernandotrujillo.es/juegos-de-mesa-

para-la-cooperacion/ ).