23-27 - 130.000 empresas en toda galicia, info completa y ... · 4 os principais obxectivos que...

11
1 dr 23-27 www.sarabelateatro.com Patrocinan

Upload: others

Post on 29-May-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

1

dr

23-27

www.sarabelateatro.com

Patrocinan

Page 2: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

2

o Interese cultural e artístico …………………………………………………………………………………. 3

o Obxectivos ……………………………………………………………………………………………………… 4

o Programación …………………………..……………………………………………………………………… 5

o Orzamento …………………………………………………………………………………………………….. 9

Page 3: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

3

O FITO desenvolveu ao longo destes anos da súa existencia unha programación conforme aos seguintes criterios:

Que existen unha grande diversidade de expresións artísticas nas artes escénicas é ben sabido; que é unha necesidade traspasar fronteiras para alimentarnos e contribuír a mellorar a nosa vida cotiá, irmanándoa con outras maneiras de ver o mundo, é tamén o noso principal obxectivo.

Que mantemos as cinco liñas desde a Primeira Edición: 1) Dar a coñecer as obras, autores e grupos máis significativas do panorama europeo contemporáneo; 2) Impulsar a creadores e creadoras emerxentes de teatro xestual e textual que buscan abrirse camiño e xeran futuro; 3 )convidar a compañías de longa traxectoria que transitan por diferentes estilos e transfiren coñecemento ; 4) achegarnos a Iberoamérica desde onde chegan voces e imaxinarios vizosos e 5) crear pontes coa lusofonía con quen compartimos Lingua e Cultura.

Que Ourense acolle cada ano mellor o Festival Internacional se constata co feito de que cada ano houbo un incremento de espectadores con respecto ao ano anterior.

Que as Artes Escénicas en Ourense florecen en espazos públicos dinamizando a cidade e sendo fonte de riqueza social, cultural e artística tamén se pode aprezar cos datos obxectivos que constan nas memorias presentadas cada ano desde que naceu o FITO, que xa é patrimonio da cidade e referente alén das nosas fronteiras.

Que entendemos o FITO como lugar de encontro e proxecto estratéxico de proxección internacional de Ourense.

Que procuramos unha programación coherente e equilibrada entre Compañías Galegas; doutras Comunidades do Estado Español; Europa e Iberoamérica.

Que se deseña un programa cada vez máis axeitado aos intereses e espectativas do público que solicita calidade e que apoia con fulgor as producións artísticas.

Que temos especial interese en dar conta clara de todo o proxecto, tanto á cidadanía como ás Institucións que apoian a existencia deste Festival.

Que nesta edición dáselle esencial importancia aos traballos de cooperación entre varios países, entre persoas, xeracións de artistas precursores das súas historias.

Que nesta edición reducimos a programación por non contar co apoio que o Concello de Ourense viña

aportando ao Festival durante as anteriores edicións. Aínda así mantemos as liñas e criterios de

programación que son a identidade deste Festival, que é de todas e todos os espectadores que queiran

achegarse os espazos de exhibición.

Page 4: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

4

Os principais obxectivos que persegue este proxecto son:

o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral da cidade e da provincia e mellore as súas

estruturas de creación e difusión cultural.

o Establecer unha relación fluída cos espectadores/as que existen e cos que hai que crear; e así

asemellarnos un pouco ao mapa que amosan algúns países do noso contorno, apostando pola arte ao

servizo do ben común.

o Continuar acadando sinerxías entre artistas; para conseguir promocionar as artes escénicas e

crear máis público, que permita maior impacto dentro e fóra da Comunidade.

o Afianzar, porén unha estratexia de dinamización que aporta novos recursos para a

programación teatral e fomenta os encontro e intercambios de producións.

Page 5: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

5

Teatro Principal Teatro Principal Rúa/Universidade Teatro Principal Teatro Principal

“A Voz Dormida”

Cía Salvador Collado

“La miel es mas dulce que la sangre”

Cía L’Explose

“Oopart”

Cía Trespert

“Chola a it girl”

ArtesaCía

“Hemos venido a darlo todo”

Voadora

“Generación Why”

Cía Proversus

Page 6: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

6

Euroscena (Salvador Collado)

La voz dormida

Intérpretes | Laura Toledo Dirección | Julián Fuentes Reta Produción | Salvador Collado Música | Luis Paniagua

Iluminación |Joseph Mercurio Adaptación texto | Cayetana Cabezas

A VOZ DORMIDA nace da man da escritora española Dulce Chacón. Basada na posguerra española, un grupo de mulleres apresadas na madrileña prisión de Ventas, enarbora a bandeira da dignidade e o coraxe, como única arma posible para enfrontarse á humillación, a tortura e a morte. Como ben di a súa autora, “ é unha historia de tempos de silencio, onde relata o sufrimento de aquelas mulleres que perderon unha guerra e a agonía que vivían sen coñecer cal sería o seu final”. A obra está documentada en historias reais, a autora suavizou algunha delas e introduciu novos matices. A obra está inspirada en Pepita Patiño e na súa historia de amor e medo.

EUROSCENA é o resultado de máis de trinta anos de traballo. O seu director, Salvador Collado, é recoñecido pola súa traxectoria teatral, procede dunha familia cunha historia fundamental na produción e promoción do teatro español contemporáneo. Entre 1973-1974 participa na programación do Teatro Benavente de Madrid (premio á mellor programación do ano). Posteriormente realiza unha xira en Hispanoamérica e á súa volta realiza producións coa programación do Teatro Arlequín de Madrid. Produce e dirixe así mesmo “Frederik”. En 1989 leva a programación de Valle Inclán “Las galas del difunto y la hija del capitán” en Hispanoamérica. En 1979 produce “La gata sobre el rejado de zinc caliente”, “Postdata, tu gato a muerto”, “Salvar a los delfines” y “El hombre del atardecer”.

Page 7: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

7

L’EXPLOSE (Colombia)

La miel es más dulce que la sangre

Dirección y coreografía | Tino Fernández Dramaturxia | Juliana Reyes Bailaríns | Ángela Cristina Bello, Aleksandra Rudnicka, Luisa Fernanda Hoyos, Luisa Camacho, Ángel Ávila, Diego Fetecua y Yovanny Martínez

Cantante | Clara Rozo Guitarra | Camilo Giraldo Iluminación | Humberto Fernández Escenografía | Julián Hoyos Vestiario | Ricardo Roldán

Danza Contemporánea

En LA MIEL ES MÁS DULCE QUE LA SANGRE, L’EXPLOSE adéntrase no universo Lorquiano para reunir ó autor e á súa obra nun mesmo plano da realidade. Ó ollalo na distancia, parecera que os temas e as obsesións que atravesaron o seu mundo creativo definiron tamén a súa vida e a súa pronta partida.

A Fundación L’EXPLOSE foi fundada por Tino Fernández en París no ano 1991, como resultado dunha intensa investigación no campo da danza contemporánea. Posteriormente se traslada a Bogotá. Dende entón, realizou un traballo ininterrompido na creación, investigación e difusión artística, converténdose nun dos principais embaixadores da cultura colombiana a nivel internacional.

Os seus espectáculos ”La mirada del avestruz” ou “Por quien lloran mis amores”, han obtido unha gran acollida do público e crítica en toda Europa e numerosos premios.

Page 8: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

8

Tresperté Circo Teatro

Oopart

Autor | Antonio J. Gómez e Cía. Tresperté Dirección e creación | Antonio J. Gómez Intérpretes | Carmine Piccolo, Luis Ayuso, Claudia Ortiz e Paco Caravaca Deseño de Iluminación | Almudena Oneto

Produción | Cía. Tresperté Escenografçia | Carlos Monzón e En Ascuas Forja Vestiario | Laura León

O xentío agarda expectante para ve-la sorpresa que lles deparará o artiluxio mecánico-temporal situado ante os os seus ollos. Nada é o que parece nesta aventura a través do tempo. Unha peculiar tripulación recentemente chegada dunha viaxe a través do tempo, aterra ante os nosos ollos e preséntanos a gran oportunidade de facer viaxes no tempo, iso si, por un módico prezo.

Para elo farán gala dos seus mellores reclamos e os seus asombrosos números circenses. Mais hoxe non é un dia calquera na súa rutina coma vendedores ambulantes. Manipular o tempo as veces ten as súas consecuencias.

:

Creada no 2011 en Granada, que comeza como un trío acrobático ao que logo se une un cuarto. Entón comézase a xestar o que será o seu primeiro espectáculo “Aquí sobra uno” cuxo estreno ten lugar no 2013 en Cáceres, con dito espectáculo gañaron premios como “Tafalla va de calle” en Navarra, Premio Granajoven, Premio Gianni Damiano (Italia), 2º premio no festival de artistas de rue en Francia, entre outros. Con dito espectáculo xa viaxaron por parte de Europa.

No 2014 coñecen a técnica da báscula, coa que comezan a adestrar de modo autodidacta e a formarse en Bélxica, o cal xunto cos portes e o clown, son o seu motor en escea, o que os leva a crear en 2016 “Oopart”, co que se convirten nunha das compañías circenses máis importantes do circo español. Este espectáculo levounos por toda Europa e no 2016 foi o mas galardoado nos premios PACA (mellor espectáculo de calle, mellor escenografía, mellor vestiario e mellor iluminación.

Page 9: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

9

Artesa

Chola a It Girl

Direción | Laura Villaverde Intérprete | Laura Villaverde Idea orixinal | Laura Villaverde Música | Lucía Martínez

Vestiario | Carmen Carrera Escenografía | José VIllaverde Movimiento escénico | Fran Martínez

Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de Youtube é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en dez sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It Girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, no que terá que confesar a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.

:

Integrada por Laura Villaverde e Roi Fernández. Os seus integrantes teñen un amplio currículum no marco escénico e artístico en xenral, participando en encontros escénicos internacionais en Edimburgo (Escocia, UK), Mostra Internacional de teatro de Ribadavia (España), The Kitchen (NYC, USA), the Dance Theatre Workshop (NYC, USA), e o recente encontro de teatristas experimentais iberoamericanos en San Juan (Puerto Rico), e a Xira por Colombia , onde se representou o espectáculo "Uvas de collón de ghalo"....

Page 10: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

10

VOADORA (Santiago de Compostela)

HEMOS VENIDO A DARLO TODO

Dirección | Marta Pazos Dramaturxia | Fernando Epelde & Voadora En escena | José Díaz, Fernando Epelde, Hugo Torres, Marta Pazos Música | José Díaz, Fernando Epelde, Hugo Torres

Iluminación | Nuno Meira Escenografía | Carmen Triñanes Vestiario | Fany Bello

HEMOS VENIDO A DARLO TODO é unha celebración conxunta, unha comunicación entre o artista e o público, un pacto coa experiencia máis intensa. Durante 12 anos e 15 producións, os espectadores acompañáronnos e compartiron con nos experiencias teatrais de todo tipo. Pero nunca

como ata agora, ata esta peza, foron tan protagonistas. HEMOS VENIDO A DARLO TODO é un compromiso co teatro que se sente aquí e agora, máis que co que se pensa. Esta vez, a música é o punto de partida, é a orixe e o motor do espectáculo. Música en directo. Música electrónica composta a partir dos temas e sons que o home

mandou ó espazo en 1977 nun disco de ouro a bordo das sondas Voyager. Concibimos un espectáculo híbrido, un concerto cruzado polo teatro, unha ópera visual que contén a súa dramaturxia nas letras

das cancións. Nelas falamos dos feitos que se converten en acontecementos, en epifanías. Falamos das vidas excepcionais e das vidas anónimas. Falamos da busca da singularidade como especie nun universo infinito e de preservar esa singularidade.

Falamos da busca da inmortalidade a través do arte e da ciencia. Falamos da casualidade como motor da Historia e das vidas. HEMOS VENIDO A DARLO TODO é, en definitiva, un campo de miñas. Calquera cousa pode pasar.

VOADORA leva dende o ano 2007 pondo os medios para que suceda o imposible. Cun equipo formado por tres artistas complementarios de diferentes disciplinas (artes plásticas, música e escena), a compañía sorteou as trampas da periferia converténdoas en virtudes e semella atoparse nun permanente estado de crecemento, sumida sempre nunha busca constante de novos horizontes que a fixeron deslizarse por todos os lados da creación contemporánea sen perder nunca as súas señas. Voadora traballou dentro e fora das nosas fronteiras en formatos reducidos, xigantes, montaxes colectivos de índole social, adaptacións contemporáneas de textos clásicos, novas dramaturxias musicais... e un largo etcétera de incursións en xéneros nos que deixou sempre a súa impronta.

Page 11: 23-27 - 130.000 empresas en toda Galicia, info completa y ... · 4 Os principais obxectivos que persegue este proxecto son: o Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral

11

Teatro en Vilo

Generación Why

Intérpretes | Chiara Goldsmith, Andrea Jiménez, O’Mahony, Noemi Rodriguez Dirección | Andrea Jiménez Produción | Teatro en VIlo Vestiario | Julia Goldsmith e Teatro en VIlo

Deseño de luces | Miguel Ruz Escenografía | Maria José Rodríguez

O xogo de imaxinar futuros posibles –ou imposibles- convértese nunha invocación ou un exorcismo, unha sorte de ritual contemporáneo no que quedan ó descuberto as esperanzas, ambicións e medos dunha xeración abrumada pola altura dos seus sonos e expectativas.

“Generación Why” é un trozo de vida, un rito de paso, un canto á xuventude, un fogar itinerante, un lugar no tempo. É o momento exacto no que se atopan a convicción de que aínda todo é posible e a certeza de que todo remata. Que mellor momento que este para celebrar a vida?

Compañía nada en 2012 en Londres afincada en Madrid, dirixida por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez. Persegue o diálogo co entorno social, político e persoal que obliga a unha renovación constante da linguaxe escénica. Busca situarse entre a liña que separa o teatro da vida e a ficción da realidade, combinando o improvisado e o coreografiado, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverancia. Dende a súa creación, Teatro en Vilo visitou numerosas cidades europeas e recorreu cos seus espectáculos gran parte do territorio español, tendo a oportunidade de partivipar en festiais de prestixio como Los Teatros del Canal, Edinburg Fringe Festival, Mimetic festival de Londres… Así mesmo, recibiu varios premios, entre eles, o Premio do xurado e o Premio du público no Festival Presente-Futuro en Palermo; e Mellor compañía emerxente en Mimetic festival.