21 mai 2010 - nº 13

17
Número: 13 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 21 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Campos e Teijeiro vencen na 3ª edición Carreira popular Festas de O Couto O Cidade de As Burgas xógase o ascenso á división de honra do fútbol sala feminino contra o Tecuni Bilbo FÚTBOL SALA páx.3 ATLETISMO páx. 6 Artigo: O deporte e a saúde, por Alfonso Vilachá páx. 14 A elite do Enduro pasou por Coles e A Peroxa páx. 8 Fútbol: C.D. Ourense cobra vantaxe contra o Constancia (1-0). páx. 2

Upload: barrios-deportivo

Post on 27-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

por Alfonso Vilachá O Cidade de As Burgas xógase o ascenso á división de honra do fútbol sala feminino contra o Tecuni Bilbo C.D. Ourense cobra vantaxe contra o Constancia (1-0). Fútbol: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 14 páx. 2 Número: 13 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 21 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

TRANSCRIPT

Page 1: 21 Mai 2010 - Nº 13

Número: 13 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 21 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Campos e Teijeiro vencen na 3ª edición Carreira popular Festas de O Couto

O Cidade de As Burgas xógase o ascenso á división de honra do fútbol sala feminino contra o Tecuni Bilbo

FÚTBOL SALA páx.3 ATLETISMO páx. 6

Artigo:O deporte e a saúde, por Alfonso Vilachá páx. 14

A elite do Enduro pasou por Coles e A Peroxa páx. 8

Fútbol:C.D. Ourense cobra vantaxe contra o Constancia (1-0). páx. 2

Page 2: 21 Mai 2010 - Nº 13

2 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

FÚTBOL

O 1-0 chega tras un saque de esquina que peina coa man Josu e remata ás mallas Oli

Escasa diferenza para o Ourense polo visto no estadio de O Couto4 O gol de Oli no minuto 92 fai ter vantaxe na eliminatoria para os de Fonsi Valverde. Os ‘rojillos’ puideron levar unha mar-xe máis grande ao partido de volta.R. Torres

Xogadores e afecciona-dos de C.D. Ourense mar-charon do estadio de O Couto coa satisfacción do gol de diferenza fronte ao Inca, que levarán a Balea-res no segundo partido des-ta primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División B.

Xa nos primeiros compa-ses de encontro, ambos os dous conxuntos mostraban as súas cartas e, mentres que o Ourense saía en trom-

ba, os baleares deixaban toda a carga do xogo aos ourensáns. Pero o dominio constante dos locais non daba os seus froitos, inclu-so despois de que o Cons-tancia quedara cun xogador menos sobre o céspede trala expulsión do seu diantei-ro Radó, no minuto 32 de xogo, momento no que os visitantes repregaron filas sobre o seu gardamallas. Minutos antes, o colexialo perdonou unha penalti cla-ro na área visitante sobre Quintairos. Sen máis che-

gouse ao descanso.

Dominio totalNa segunda metade máis

do mesmo, dominio total e absoluto do Ourense que non materializaba as súas ocasión; pola súa banda, o Inca apenas inquedaba as inmediacións de Berto que era un espectador máis no Couto, no día que máis afeccionados enchían as bancadas do estadio nesta tempada, cunha afluencia de máis de 2.000 especta-dores. O discorrer dos mi-

nutos traía a preocupación en xogadores, corpo téc-nico e seareiros, que veían como o tempo se esgotaba e o gol non chegaba a pesar das innumerables ocasións. E chegou, pero o árbitro da contienda o anulou ao en-tender o xuíz de liña que o balón saíra do campo no saque de esquina que botou Rafa e rematou Yebra.

A pesar diso, o Ourense non desfaleceu e continuou ao seu, con ocasións que chocaban contra o garda-mallas Vives, quen fixo un partido espectacular paran-do todos os remates dos de Fonsi Valverde ata o minu-to 92, momento no que un novo saque de esquina é palmeado no primeiro pao coa man por Josu e rema-chado á portería por Oli no segundo pao. O delirio chega a bancada tralo gol, unha bancada que non se moveu ata o pitido final do

O partido de volta será o domingo 23 de maio, ás 12 horas, en terras baleares

O encontro tivo a máximo afluencia de público de toda a liga con máis de 2.000 persoas nas bancadas

colexiado porque sabían que o gol podería chegar en calquera momento, in-cluso no tempo de descon-to, cando chegou.

Partido de voltaRenda pequena para un

Club Deportivo Ouren-se que foi superior ao seu contrincante durante todo o encontro e xogará o próxi-mo domingo 23 de maio en Inca a partir das 12 ho-ras, tendo que defender esa mínima vantaxe dun gol a cero, pero que lle pode dar o pase á seguinte elimina-toria da fase de ascenso á Segunda División B.

Os xogadores festexando o gol de Oli. /RAMSÉS

Os afeccionados celebran o gol de Oli. /RAMSÉSMartín segue a traxectoria do balón para controlalo na área do Constancia. /RAMSÉS

Page 3: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

3FÚTBOL SALA

Ás portas da División de Honra do fútbol sala feminino4 O Cidade de As Burgas está a dous partidos de subir á máxi-ma categoría do fútbol sala feminino.R. Torres

Partido agónico o dispu-tado polo Cidade As Burgas contra o Ateneo Combarro na última xornada da liga regular do grupo cuarto da División de Prata do fút-bol sala feminino. Os dous equipos galegos coa vitoria poderían xogar a fase de as-censo á División de Honra, as ourensás o tiñan máis fácil, e con tan só gañar quedarían segundas e sería unha das dúas mellores se-gundas de todos os grupos; pola contra, o Ateneo Com-barro tiña que gañar e espe-rar outros resultados para poder disputar a fase de ascenso. Con estas premi-

sas o partido presentábase apaixoante. E non defrau-dou. Entraron revolucio-nadas as dúas escuadras nos primeiros compases de encontro pero sen acer-to de cara ao gol, máxime cando a xogadora visitante Eliana lanzou fóra un pe-nalti. Reanudado o partido a emoción faríase palpable tanto dentro como fóra do terreo de xogo, sobre todo cando María adiantaba ao Combarro cando peor o es-taban a pasar as de Manolo Codeso. Entón chegou a ve-teranía de Sonia, que puxo o empate no luminoso tres minutos máis tarde. Codeso e o público respiraban. As pabellonistas comenzaron

a despeegar a súa garra e o seu xogo na central dos Remedios cando expulsa-ron a unha contrincante e as pontevedras xogaron du-rante dous minutos cunha xogadora menos. Pero foi no minuto 34 de encontro (con igualdade numérica), cando Vanessa de penalti adiantaba ao cadro local, 2-1. A puntilla deuna Carmen no minuto 36 co 3-1 defi-nitivo. Nos últimos intres de encontro, o Combarro volcouse ante a portería de-fendida por Nati con cinco xogadoras de campo, pero a porteira ourensá mostrouse un muro infranqueable, atallando incluso un dobre penalti. Ao final do partido,

tanto equipo como afeccio-nados celebraron entrar no play off de ascenso.

Bilbo, o rivalA pesar de que se fixo sor-

teo, xa se sabía de antemán que o Bilbo sería o rival das pabellonistas posto que as ourensás foron segundas do seu grupo e lles tocaría dis-putar o play off contra un dos dous mellores primeiros dos catro grupos; eses dous conxuntos foron o Bilbo e o Cidade de Alcorcón, en tan-to que o Cidade non podía xogar contra un equipo do seu mesmo grupo -Cidade de Alcorcón- non lle que-da outra que xogar contra o Bilbo.

O equipo vasco é un dos peores rivais que lle podían tocar ás ourensás, cedendo tan só tres derrotas en 22 encontros, sendo o máximo goleador dos catro grupos (135 goles) chegaran a este play off como as favoritas, pero as pabellonistas che-gan con moita ilusión de facer algo importante e co-larse na División de Honra. Están a tan só 80 minutos de xogo que comenzarán co primeiro encontro o 22 de maio ás 19 horas na central dos Remedios. O segundo partido será en Bilbao o 29 de maio.

Xogadoras do Cidade de As Burgas celebran o gol do empate ante o Combarro. /RAMSÉS

O encontro de ida será o sábado 22 de maio, a partir das 19 horas na cancha central dos Remedios.A volta será o 29 de maio en Bilbao

De ascender o Cidade As Burgas, Ourense tería dous representantes na máxima categoría da División de Honra do fútbol sala feminino: o propio Cidade e o Ponte Ourense

Carmen lanzando á porta do Combarro. /RAMSÉS

Page 4: 21 Mai 2010 - Nº 13

4 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

FÚTBOL SALA

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos1.- Córdoba 72 2.- Elche 68 3.- Móstoles 59 4.- Murcia 56 5.- Rioja 51 6.- Burela 46 7.- Atl. Madrid 458.- Valladolid 44 9.- Gironella 39 10.- Zaragoza 38 11- Ponte Ourense 37 12.- Logroño 24 13.- Soto del Real 22 14.- Campillos 21 15.- Telde 19 16.- Castelledefels 14 17.-Torrejón 11

Ponte Ourense retoma a liga4 Despois de aplazar o partido contra o Atlético de Madrid.

R. Torres

Ponte Ourense retoma este sábado, 22 de maio, a competición ligueira a par-tir das 17 horas na cancha central dos Remedios. O ri-val será o Zaragoza, equipo co que tan só está separado na clasificación por un pun-to a favor das aragonesas aínda que as pontinas teñen un partido menos que terán que disputar contra o Atléti-co de Madrid.

Cinco xornadas son as que restan na División de Honra de fútbol sala feminino para que remate a competición e as ourensás xa non se xo-gan nada, están en terra de ninguén, na metade da táboa, cos postos de arriba inalcanzables e sen opcións os de abaixo de darlle alcan-

ce ás de Isidro Grela, que xa están salvadas.

Por arriba xogaranse o título nesta recta final os equipos do Córdoba e o Elche, que están separados por catro puntos (74 e 68 respectivamente) a favor das cordobesas, aínda que as ilicitás teñen un partido menos polo que se presume vibrante o final de campio-nato.

Na parte de abaixo, dos catro postos de descenso parece que Castelldefels e Torrejón xa están conde-nados ao descenso (14 e 11 puntos respectivamente), mentres que para os outros dous postos de descenso hai catro candidatos. Agora, Campillos e Telde ocupan esas dúas prazas con 21, Campillos, e 19 puntos, Tel-

de, pero tanto Soto del Real como Logroño non se po-der durmir porque teñen o descenso a un e tres puntos respectivamente. O equipo pontino soamente lles resta visitar a cancha do Castell-defels na xornada 32.

Partido aprazadoO Ponte Ourense ten un

partido aprazado da xorna-da anterior por mor de que, o seu rival, o Atlético de Madrid Navalcarnero xo-gou a IV Women’s Futsal Nations Cup de Portugal onde rematou como quinto clasificado. O partido terá lugar o día 29 de maio ás 18.30 horas en Navalcar-nero.

TorneoO Ponte Ourense quedou

en segunda posición do Torneo Internacional Ciu-dad de Espinho despois de perder na final contra o se-lección de Brasil.

Partido de Ponte Ourense contra o Burela disputado nos Remedios. /RAMSÉS

4 Charla do médico “da vermella”A Fundación Oira Futuro trouxo ao auditorio de Ouren-

se a Juán José García Cota, Xefe de Traumatoloxía da Selección Nacional Absoluta de Fútbol, Xefe dos Ser-vicios Médicos do Real Clube Celta de Vigo e profesor da Universidade Europea de Madrid, entre outras moi-tas cousas. A charla que foi aberta para todo o mundo pero en especial para a base do club versou sobre os bos hábitos de alimentación deportiva comentando con eles innumerables de anécdotas vividas cós xogadores máis importantes do fútbol español.

Cota na charla ca base do Ponte Ourense. /RAMSÉS

O Ponte Ourense xoga o sábado 22 de maio, ás 17 horas na central dos Remedios

4 Liga ProvincialTras saber o gañador da

liga provincial fai tempo, só quedaba por coñecer quen quedaría segundo e ascendería xunto co Feás. O Aceites Abril gañou o enfrentamento directo co Cortegada e asegurou esa segunda plaza que lle da dereito ao ascenso.

En canto ao descenso Porteliña e Beariz xa non tiña moitas opcións nestas últimas xornadas e certifi-caron o descenso, acom-pañados polo Hermanos Carral e o Mesón Museo.

Para o remate desta tempada de fútbol sala só queda a lotería da Copa. Despois dunha previa, xa comeza de verdade a com-petición e, coma sempre, nunca hai un favorito.

4 I Trofeo Barrios Deportivo

Dende este medio de-portivo estase organizan-do un torneo entre os sete equipos campións das distintas competicións de fútbol sala provincial, a saber, campión de provin-cial, 1ª e 2ª local, 1ª e 2ª de Carballiño, Celanova e o campión da Copa Depu-tación que se saberá o 19 de xuño, xunto co o equi-po de Autonómica Mobles Andrade.

A idea é reunir aos me-llores equipos e mediante cuartos, semifinal e final, e dirimir quen é o me-llor equipo da provincia. A cita co mellor do fútbol sala local será nos Reme-dios os días 30 de xuño, 1, 2 e 3 de xullo.

Page 5: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

5HOQUEI

4CLASIFICACIÓN División Honra B1.- Vallés 29 2.- Benalmadena 25 3.- Junior 22 4.- Pedralbes 18 5.- Valencia 16 6.- R. Sociedad 16 7.-Caldaria Barrocás 15 8.- Egara 13 9.- C. Sardinero 9 10.- Natació-Linia 7

1ª División Feminina1.- C. Sardinero 32 2.- Xacobeo Galicia 21 3.- Jolaseta 20 4.-Tenis 19 5.- Xaloc 19 6.- Olimpia 15 7.- C. de Campo 15 8.- Pozuelo 11 9.- San Fernando 11 10.- Covadonga 7

1ª División Masculina1.- Apóstol 30 2.- Albor 26 3.- Caldaria Barrocás 23 4.- Pabellón 22 5.- Cidade de Ourense 14 6.- Atl. Caixanova 13 7.- Calor y Fuego Cudeiro 8 8.- Atl. Coruña 4 9.- P. Leonés 2

4 Próximos encontros de hoquei herba en MariñamansaDomingo 23 de maio - 11.00h. Xacobeo Deporte Galego - Covadonga.Días 28, 29 e 30 de maio- Fase de ascenso á División de Honra B na que participará o Apóstol.

O Caldaria Barrocás manterase un ano máis na División de Honra B do hoquei herba4 O Xacobeo Deporte Galego -Primeira Divi-sión feminina- sitúase segundo a falta dunha xornada.R. Torres

O Caldaria Barrocás de División de Honra B de hoquei herba, manterá a ca-tegoría un ano máis grazas ao seu triunfo na penúlti-ma xornada de liga por 3-1, fronte ao Sardinero, en partido disputado no campo de Mariñamansa. O equi-po ourensán pode respirar tranquilo despois dunha tempada na que estivo na corda frouxa. O último en-contro desta liga levará ao cadro barroco ata o campo do líder, o Vallés Esportiu.

Xacobeo Deporte GalegoAs de Tito Piñeiro deron

un paso importante na súa loita por ascender á Divi-

sión de Honra feminina ao vencer por 1-2 a un rival directo, o equipo cántabro do Tenis.

Con este resultado as ourensás colócanse segun-das a falta dunha xornada para rematar a tempada e con moitas posibilidades de ascenso, xa que xogarán en casa o domingo 23 de maio, a partir das 11 horas contra o Covadonga de Asturias, equipo que ocupa a última posición na liga.

Primeira divisiónO grupo terceiro da Pri-

meira División xa rematou a tempada con dous claros dominadores: o Apóstol e o Albor. Estes dous conxun-tos ourensáns disputará a

Partido entre Caldaria Barrocás e Sardinero. /M. REJO

fase de ascenso á División de Honra B. O Apóstol o fará en Ourense os días 28, 29 e 30 de maio. O filial do Caldaria Barrocás foi terceiro na liga por diante de Pabellón e Cidade de Ourense, cuarto e quinto respectivamente. O Calor y Fuego Cudeiro rematou a liga en 7ª posición.

O Xacobeo Deporte Galego pode certificar o ascenso á División de Honra se gaña ao Covadonga

Page 6: 21 Mai 2010 - Nº 13

6 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

ATLETISMO

Eloy Campos levouse a terceira edición da carreira Festas do Couto4 A primeira muller foi Silvia Teijeiro.

Os atletas do Academia Postal xogaranse todo na última xornada4 Nin en homes nin en mulleres puideron sal-var a categoría na segunda xornada. Redacción

O Ourense Atletismo Academia Postal terá que agardar, tanto en homes como en mulleres, ao 12 de xuño para saber se con-tinúa unha tempada máis na elite do atletismo na-cional, despois de quedar terceiros e cuartas nas súas respectivas competicións. As mulleres ían a San-tander mermadas de efec-tivos, e a pesar dos seus esforzos, nada puideron facer para saír da cuarta e última posición por detrás do Oviedo, L´Hospitalet e o gañador e anfitrión Pié-lagos. Por parte das ouren-sás destacaron o primeiro posto nos 5 quilómetros marcha de Rocío Carbia e os terceiros postos de Le-ticia Fernández nos 1500 metros e de Beatriz Viteri no salto con pértiga.

No tocante aos homes, máis do mesmo. O equipo acudiu a Jaén con algunha baixa importante nas súas filas e que fixo que queda-ran a 21 puntos da salva-ción automática. O Caja de Jaén foi o vencedor, seguido de Tenerife Caja-Canarias, en terceira po-sición rematou o Ourense Atletismo.

O venezolán Edgar Vi-llanueva estrenabase no Club coa victoria nos 800 metros e un segundo pos-to en 1500, Alfonso Pa-lomanes repetía os dous primeiros postos en lonxi-tude e triple, Javier Fidal-go vencía nos 400 vallas

R. Torres

O atleta ourensán do At-letismo Venturiña, Eloy Campos Dacosta foi o ven-cedor da III Carreira popu-lar Festas de O Couto que percorreu as rúas do citado barrio. Eloy empregou un tempo de 19 minutos e 18 segundo sobre unha distan-

cia aproximada de 6.000 metros. No podio acom-pañárono Amador Aguiar (CAIO), e Daniel Inuncia-ga (OAAP). En mulleres o primeiro posto foi para Silvia Teijeiro (OAAP) cun tempo de 23.36, seguida de Filomena Cid (OAAP), na terceir posición entraría Ta-nia Vázquez.

Eloy Campos levantando os brazos en sinal de triunfo na terceira carreira popular de O Couto. /ALBERTO

En cadete, Cristian García e Sandra Gonzá-lez venceron; en infantís gañaron Francisco José e Lucía Daponte; Jesús Ál-varez e Paula Freiría foron os primeiros en chegar á meta e Pablo Romero e Verónica Gómez fixe-ron o propio en categoría benxamín.

e Nacho Calderón no mar-tillo. Ademais, Patrick Ike nos 100 metros, Alex Sola na pértiga e Jorge Prada na xabalina lograban o segun-do posto. E Yioser Toledo en peso, Iván Valle en altu-ra; Hassan Lekhili no 3000 e Pablo Ezquerro nos 400 metros lograban a terceira posición nas súas probas.

Copa do Mundo de Marcha

Na localidade mexicana de Chihuahua disputouse o campionato do mundo de marcha e, onde Lorena Luaces (OAAP) rematou 30ª nos 20 quilómetros

marcha. O outro represen-tante do Academia Postal, Francisco Arcilla foi 50º na mesma distancia da proba masculina.

Medio Maratón A Co-ruña

O equipo ourensán me-teu a tres atletas entre os cinco primeiros clasficados en categoría masculina do segundo medio maratón de A Coruña. Manuel Hurtado entrou na segunda posición, Daniel Bargiela, terceiro e Rubén Diz quinto. En can-to ás mulleres, Isabel Saez foi cuarta e Silvia Teijeiro quinta.Os máis pequenos tamén participaron na popular de O Couto. /ALBERTO

Proba de xabalina disputada na primeira xornada de di-visión de honra disputado na pista de atletismo de monte-rrei. /ARQUIVO

Page 7: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

7ESCOLAS DEPORTIVAS

Baloncesto no Día das Letras Galegas4 A central dos Remedios acolleuo Torneo de minibasket alevín “Letras Galegas 2010”.

Redacción

Durante o Día das Letras Galegas, as Escolas Depor-tivas de Ourense celebraron o Torneo de minibásket ale-vín “Letras Galegas 2010” con oito equipos participan-tes e uns 100 xogadores que pasaron pola pista central do pavillón dos Remedios.

O torneo estivo dividi-do en dous grupos dos que saían dous semifinalistas de cada grupo enfrontándose primeiro contra segundo. A primeira seimifinal enfron-tou ao vencedor do grupo A (EDO Prácticas) contra o segundo do grupo B (Bar-badás), vencendo o Barba-dás; na segunda semifinal, o Carmelitas (primeiro grupo B) xogou contra o Josefinas (segundo grupo

A), gañando as Carmelitas. Na loita polo terceiro posto o Josefinas venceu ao Prác-ticas e na final a vitoria foi para o Carmelitas sobre o Barbadás a quen gañou por un resultado de 4-21.

Gala final das Escolas Deportivas de Ourense

A cancha central do pavi-llón municipal volverá ser escenario dun novo evento das Escolas Deportivas de Ourense que nesta ocasión se despiden por este curso. A cita será o venres 28 de maio, ás 20 horas. Na de-vandita gala entregaranse aos participantes os distin-tos premios e multitude de agasallos a todos os nenos inscritos nas Escolas De-portivas.

O programa de activida-

des comezará coa presen-tación das escolas EDO para despois contemplar unha exhibición de defensa persoal por parte de alum-nos do ximnasio Marbel. Despois a exhibición co-rrerá a cargo dos nenos da escola de psicomotricidade da EDO. E para finalizar o acto, chegará o momento da entrega de premios e agasa-llos por parte de autorida-des e personaxes do depor-te aos máis de 300 rapaces cos que contou as escolas deportivas este curso 2009-2010.

315 rapaces participaron Escolas Deportivas de Ourense

Arriba e abaixo. Torneo de minibasket alevín que congregou a preto de 100 nenos no pavillón municipal da central dos Remedios. /RAMSÉS

Page 8: 21 Mai 2010 - Nº 13

8 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

ENDURO

Miles de afeccionados disfrutaron do Enduro nas localidades de Coles e A Peroxa.

Cristóbal Guerrero imponse en Coles e A Peroxa

R. Torres

A cuarta proba do cam-pionato de España de En-duro chegaba ás localidades ourensás de Coles e A Pe-roxa cos campións do mun-

do Cervantes e Salminen como máximos favoritos ao triunfo, pero foi Cristó-bal Guerrero quen dominou nos dous días de compe-tición. O primeiro día, o piloto aos mandos dunha Yamaha foi o máis rápido, aproveitándose dos proble-mas que tiña Salminen coa súa recén estreada BMW-Husqvarna e dunha carrei-ra conservadora por parte de Iván Cervantes (KTM). Miles de afeccionados con-gregaronse nas dúas locali-dades para ver na primeira das xornadas o triunfo de Guerrero por diante de Cer-

Un dos participantes do campionato de España de Enduro disputado en Coles e A Peroxa participando na Crono Extrema da segunda localidade. /RAMSÉS

4 Venceu nas dúas probas que se dis-putaron nas l o c a l i d a d e s ourensás.

vantes e do galego Aarón Bernárdez. Oriol Mena foi cuarto e Salminen quinto.

Doblete de Cristóbal Guerrero

Se o sábado, Guerrero fa-cíase co triunfo, o domingo repetía o primeiro posto na clasificación e conseguía a vitoria nesta cuarta proba do Campionato de España de Enduro. Nesta xornada de domingo, Lorenzo San-tolino con KTM foi segun-do seguido moi de cerca polo galego Aarón Bernár-dez, que repetía na terceira posición por diante de Vic-

tor Guerrero e do campión mundial Iván Cervantes, que non tivo o seu día, xa que unha caída fixolle per-der un minuto que á postre no puido recuperar. Tam-pouco tivo o seu día o finés Salminen coa nova moto-cicleta híbrida de BMW e Husqvarna, e caía na Extre-mo xusto enribaa da célula fotoeléctrica da chegada, lesionándose nun pé. Oriol

Mena tivo un accidente polo que tivo que recibir asistencia médica polas fe-ridas leves sufridas no tó-rax, cando estaba loitando polos primeiros postos.

Nesta segunda xornada o público volveu responder, e acudiu en masa a desfrutar do Campionato de España de Enduro Coles-A Peroxa sendo os puntos máis es-pectaculares as trialeras e

as dúas cronos ubicadas en Vilarchao e A Peroxa.

Melcior Faja sorteando uns troncos. /RAMSÉS Xavier Puigdemont polos aires en A Peroxa. /RAMSÉS

Page 9: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

9XORNADAS DE CONVIVENCIA

O III Torneo de convivencia de barrios baixou o telón neste curso4 O torneo, de futbito, foi cada mes a un barrio da cidade.R. Torres

O III Torneo de Convi-vencia de barrios xa é histo-ria. Máis de 100 nenos par-ticiparon en cada unha das xornadas que tiveron lugar ao longo do curso, nun tor-neo de futbito, que non tiña vencedores nin vencidos, senón que todos se diver-tían practicando deporte ao tempo que melloraban o aspecto hixiénico e die-tético, ademais de aspectos deportivos como a técnica, táctica e o físico.

O colexio de Vistaher-mosa puxo o punto e final, por este ano, ás xornadas de convivencia, despois de ter pasado polos barrios de A Carballeira, Mariñamansa, Ponte, Couto, Covadonga e Santa Teresita, nunhas xor-nadas que tiveron lugar os sábados.

Na clausura, os organi-zadores, entre eles a Con-cellería de Educación, coa edil Ana Garrido á cabeza, fixéronlle entrega dos aga-

Participantes e organizadores do III Torneo de convivencia de barrios na última xornada deste curso no colexio de Vistahermosa. /RAMSÉS

sallos aos participantes. O recordo era unha medalla para todos os participantes.

Os rapaces xa esperan o próximo curso para tomar parte da cuarta edición das xornadas de convivencia.

Os barrios de A Carballeira, Mariñamansa, Ponte, Covadonga, Couto, Santa Teresita e Vistehermosa participaron nas xornadas O futbito foi o protagonista nestas xornadas. /RAMSÉS

A concelleira de Educación, Ana Garrido, entregándolle unha medalla a un dos particpantes. /RAMSÉS

Page 10: 21 Mai 2010 - Nº 13

10 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

POLIDEPORTIVO

Rematou a liga zonal infantil de natación4 Seis clubes participaron nesta xornada dis-putada en Ourense.Redacción

A piscina Rosario Due-ñas do pavillón municipal de Ourense acolleu a última xornada da liga infantil de natación na que se deron cita seis clubes do grupo 4 (CN Pontevedra, CN Flu-vial de Lugo, CN Riveira, CN Salnés, CN Monforte e CN Pabellón Ourense), con máis de 70 nadadores. A maioría deles tiñan a últi-ma oportunidade de acadar as mínimas para o campio-nato galego deste verán e o nacional.

Por parte pabellonista, Ezequiel Quiroga Ramos, conseguiu a mínima para os nacionais na proba de 400 estilos, quedando ás portas da mínima nos 200 libres; Rubén Rodríguez López e Borja González Rodríguez nos 400 estilos e no pase dos 100 bolboreta na mes-ma proba; Iago Rodríguez Peña e Pedro Díaz Cas-tro nos 400 estilos; Esther

Álvarez Álvarez, Cristina Cruz Moure e Laura Balsa Pérez fixéronse coa mínima infantil nos 400 estilos e a mínima no pase dos 100 bolboreta na mesma pro-ba, acadando tamén as tres a mínima absoluta para o campionato galego desa mesma proba; José Ángel Regueiro Janeiro, Martín Sabuz Forneiro e Pablo Fernández Prol na proba de 100 bolboreta; Cristina Cruz Moure nos 200 libres e na mesma proba dos 200 libres, Esther Álvarez Ál-varez meteuse no bolsillo a mínima abasoluta para o galego.

Próxima citaOs pabellonistas volven

a mergullarse na piscina representando ao Pabe-llón o sábado 22 de maio na piscina de Riazor en A Coruña, onde se xogarán a permanencia na División de Honra galega da cate-goría aboluta nunha dobre e única xornada.

Ao CN Pabellón só lles vale a vitoria, xa que o club gañador dos tres que compiten é o único equi-po que mantén a catego-ría mentres que os outros dous clubes descenderán de categoría, a 1ª Divi-sión.

4 Miras internacionaisLaura Pimentel Perez do CN Pabellón Ourense foi

convocada para participar no 1º Control de Aguas Abiertas do programa nacional de tecnificación depor-tiva, que se celebrará do 27 ao 29 de maio no complexo Deportivo M-86 de Madrid.

Por outra banda, a pabellonista Iria Álvarez Liz, parti-cipará co equipo nacional na Copa Latina que se dispu-tará do 20 ao 22 de maio en Mar del Plata (Argentina).

O Kickboxing estivo presente en Ourense4 158 competidores disputaron no Paco Paz o campionato de España de kickbóxing oriental.

Redacción

No Paco Paz de Ourense tivo lugar o Campionato de España de kickbóxing Oriental 2010 no que participaron 158 compe-tidores nas 17 seleccións que acudiron á cita. Dis-putáronse as probas de Low-Kick, Oriental Style,

Koshiki e Thaiboxing.Os deportistas que re-

presentaron a Galicia nos campionatos de España de Kickboxing Oriental 2010 conquistaron nove metais, dos cales sete foron bron-ces, unha plata e un ouro. Destes nove metais, a re-presentación ourensá, per-tencente ás escolas de kick-

bóxing Cipri Gomez obtivo o ouro de Iago Barros, que se converteu no primei-ro campión de España na proba de Oriental Style en categoría absoluta menos de 60 quilos, ademais dos bronces conseguidos polos deportistas Joel Araujo, Marcos Rodríguez e Javier Iglesias.

A expedición galega de Kickboxing no Paco Paz. /FGK

Un nadador nunha das xornadas da liga zonal disputada en Ourense. /RAMSÉS.

Campionato Provincial de TaekwondoRedacción

O Campionato Provin-cial de Taekwondo dispu-touse nos Remedios. Nel tomaron parte máis dun cento de deportistas nas modalidades de técnica e exhibición, mostrando un bo nivel de execución. A proba serviu ademais de clasificatorio para o campionato galego que se celebrará en Sada o 22 de maio, e no que participa-rán todos os medallistas deste provincial. Participantes no campionato provincial de Teakwondo.

Page 11: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

11BREVES

BALONMÁN

VOLEIBOL

Ascenso do C. Voleibol Ourense

O equipo feminino do Club Voleibol Ourense aca-ba de ascender á Primeira Nacional despois de vencer os cinco partidos da fase de ascenso que se xogou no Paco Paz de Ourense. Na última xornada necesi-

taban un set, pero este non foi necesario ao perder o Universidade de Burgos contra o Universidade de Oviedo; aínda así, as xoga-

SOLIDARIEDADE

Actos en Ourense pola carreira da muller

O Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, con motivo da I Carreira da Muller de Galicia que se celebra-rá en Santiago o vindei-

ro, domingo, 23 de maio, vai organizar un evento en Ourense o venres 21 de maio no Paraninfo do Instituto Otero Pedraio. O evento consiste na presen-tación do film “La teoría del espiralismo” por parte dun representante do Co-mité Paralímpico, que fará unha pequena introdución da película, para despois proceder ao visionado da

mesma. Tralo filme, haberá un debate entre asistentes e deportistas.

“La teoría del espiralis-mo” explica, a través do deporte paralímpico, as grandes dificultades que deben superar deportistas femininas para poder lograr as metas que se propoñen, non só por barreiras físicas ou psicolóxicas, senón ta-mén sexistas.

O balonmán galego cítase en Ourense

O sábado, 29 de maio, celébrase en Ourense o 7º Campionato Galego de se-leccións provinciais nas categorías alevín mixto e infantil masculino e femini-no, é dicir, de 9 a 13 anos. As sedes do torneo serán

tres: a pista central do pa-villón dos Remedios na que xogarán os alevíns, o anexo dos Remedios para a cate-goría infantil masculina e o polideportivo do Campus de Ourense, onde xogarán as ínfantís femininas.

O tipo de competición é de todos contra todos e o horario será durante todo o día, comenzando ás 10 horas e rematando contra as 20 horas coa entrega de premios.

Na edición anterior, o

combinado ourensán rema-tara en todas as categorías en segunda posición, por diante de A Coruña e Lugo e tan só superados polo po-deroso combinado de Pon-tevedra.

Campionato Galego de Veteráns

Durante maio e xuño vai-se disputar o I Campionato Galego de Veteráns de ba-lonmán no que participará o equipo ourensán de Sergave Ourense. Presentación da campionato galego de seleccións provinciais. /RAMSÉS

doras de Labrador foron a polo último encontro para dedicarllo a súa afección. Venceron por tres sets a dous.

HÍPICA

O maratón das carreiras de cabalos, en Antela

Un total de 85 cabalos, xinetes internacionais, o pa-trocinio por parte do Prínci-pe de Qatar e a participación da súa corte de cabalos para percorrer distancias de ate 160 quilómetros son algúns dos aspectos máis salien-tables do Campeonato de España de Raids hípico que se vai celebrar esta fin de semana na comarca da Li-mia e que terá como centro operativo o Centro Ecuestre

de Sandiás.

“Non hai hoxe en España un percorrido da calidade do que se vai celebrar esta fin de semana en Ourense”. Así se manifestou Conchi Romero, membro do co-mité organizador da proba que percorrerá os diferentes concellos da comarca da Li-mia nas tres probas que se van celebrar, unha o sábado de 160 quilómetros e duas o domingo, de 80 e 120 quilómetros de distancia. O Raid é unha proba hípica contra o reloxo con controis en diferentes tramos do per-corrido nos que se analizan as condicións dos cabalos e a conveniencia ou non de

que continuen.A esixencia deste tipo

de probas maniféstase en que únicamente rematan un 30% dos inscritos, como sinalou Félix Lorente, o xi-nete ourensán que se atopa entre a élite neste tipo de disciplinas e que engadíu que a esta proba asistirían os 10 mellores cabalos do mundo na actualidade.

Respecto ao apoio do Príncipe de Qatar a esta proba, desvelou que o Prín-cipe correu de incógnito na proba do ano pasado e que posiblemente o éxito da mesma foi o que o levou a prestar o seu apoio nesta edición, para a que hai un

presuposto que supera os 120.000 euros.

As probas de Raid reali-zanse en formato de “flor de margarita”, con saída no centro ecuestre, ao que se re-torna cada 90-120 minutos, polo que é o mellor lugar para presenciar o paso dos

cabalos e os seus controis.Na xornada do venres

empezan xa as verifica-cións (pola mañá) e un acto de presentación da proba ás 18 horas. O sábado a saida é ás 7 horas e os primeiros cabalos rematarán a carrei-ra a partir das 19 horas, con

pasos permanentes polo hipódromo. O domingo, as salidas son ás 8 e 9 horas.

Os dous españois primei-ros clasificados quedan se-leccionados para participar nos xogos ecuestres mun-diais integrando a selección española.

Acto de presentación do raid.

Page 12: 21 Mai 2010 - Nº 13

12 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

CAMPUS OURENSE

Inícianse os preparativos para o III Campus de Tenis Ureca - La Zamorana4 Celebrarase entre o 21 de xuño e o 16 de xullo e toda a información pódese ver na páxi-na web www.40nada.com.Redacción

Como xa ven sendo habi-tual nestas datas, preséntase o III Campus de Tenis Ure-ca-La Zamorana, un cam-pus/campamento que xa vai facéndose un oco entre as actividades estivais e que na edición 2010 celebrarase entre o 21 de xuño e o 16 de xullo, nas instalacións do club de Tenis Ureca-La zamorana, situadas no Polí-gono de San Cibrao.

O pasado ano, na súa se-gunda edición, o Campus contou coa presenza de aproximadamente uns 110 nenos distribuídos ao longo de tres semanas, que, goza-ron do tenis, a natureza e a convivencia con compañei-ros durante cinco días de intensa e divertida activi-dade.

A actividade está coordi-nada e dirixida por técni-

cos, licenciados en Activi-dade Física e especialistas en tenis. En palabras do seu organizador, Jose Enrique Conde, “o campus é unha moi boa alternativa para cando os nenos rematan o colexio, poder ofrecerlles unha boa formación en tenis ou inicialos no deporte dun xeito lúdico e divertido”.

O campus está aberto a calquera neno ou nena de entre 7 e 18 anos, sen im-portar o nivel, e que quei-ra gozar dunha semana de tenis e diversión en com-pañía. Consiste nun cam-pamento lúdico orientado fundamentalmente ao tenis no que tamén teñen cabida outros deportes como os de-portes colectivos, xogos de cooperación ou actividades acuáticas incluíndo unha acampada ao final da sema-na (de xoves a venres).

O prezo do campamento

oscilará entre os 100 e os 130 euros/semana depen-dendo da opción elixida e nel inclúese, despraza-mento en autobús (ida), clases de tenis, activida-des lúdicas, comida os cinco días da semana e unha noite de acampada coa súa correspondente cea e almorzo, así como un obsequio a todos os participantes.

[Toda a información e inscrición pódese realizar

a través da páxina web: www.40nada.com]

En 2009 participaron máis de 100 rapaces no Campus de Tenis Ureca - La Zamorana

Rapaces que participaron no campus de tenis Ureca - La Zamorana o ano pasado.

A Universidade de Vigo homenaxea aos seus mellores deportistas4 Os actores Sergio Pazos e Déborah Vukusic presenta-rán o acto.Redacción

A Universidade de Vigo vai recoñecer aos seus máis destacados deportistas mediante un acto público ante todos os membros da comunidade universitaria, facéndolles entrega dos premios á excelencia académica. O acto terá lugar o venres, 21 de maio, ás 19 horas e incluiranse na gala mo-nólogos, actuacións mu-sicais en directo, espectá-culos de maxia, sorteo de agasallos e proxeccións audiovisuais das que po-derán gozar ás preto de 300 persoas que os orga-nizadores esperan reunir na Aula Magna do Edi-ficio Politécnico para a celebración do evento,lo actor ourensán Sergio Pazos e a filóloga e actriz Déborah Vukusic.

Entre os premios que se entregarán nesta gala, des-tacan os Premios de Exce-lencia, uns galardóns que recoñecen o expediente académico e deportivo de dous estudantes e que se decidirán entre seis can-didatos; un premio a un profesor da Universidade de Vigo polo seu traballo a prol do deporte, e a un ex-alumno da institución académica que destaque na práctica deportiva a ni-vel profesional.

Torneo de Copa Inter-campus

As actividades comeza-rán xa pola mañá no pavi-llón universitario coa ce-lebración da fase final do Torneo de Copa Intercam-pus, unha competición na que se enfrontan os equi-pos gañadores dos tres campus da Universidade de Vigo nas modalidades de baloncesto, balonmán, fútbol 7 e fútbol-sala.

Paralelamente os inte-grantes dos equipos de persoal docente e investi-gador e persoal de admi-nistración e servizos xo-garán tamén as respectivas finais nas modalidades de tenis, pádel e fútbol 7 masculino, para que, pola tarde, lles fagan entrega do trofeo aos gañadores.

A gala terá lugar o venres, 21 de maio, a partir das 19 horas na Aula Magna do Edificio Politécnico

Sergio Pazos

Un euro por HaitíRedacción

Estudiantes o profesores do campus de Ourense da Universidade de Vigo pa-raticiparon nun partido solidario de fútbol sala na cancha do pavillón da Universidade.

O evento tiña a finali-dade de recaudar fondos para mandar ao país cari-beño por mor do terremo-to que o asolou fai varios meses. Aínda que a ban-cada non estaba chea, tivo unha afluencia importante de xente como o vice-rreitor do Campus, Juan Francisco Gálvez, quen non quixo perder o partido solidario.

Partido por Haití entre alumnos e profesores do Campus de Ourense. /R.T.

Última andaina do cursoRedacción

Tres días tardaron 40 estudantes da universida-de de Vigo en percorrer os máis de 100 quilómetros que separan Ourense de Santiago, no que foi a úl-tima andaina cultural deste curso capitaneada nova-mente polo ex-militar, José García Calvo “Willy”.

Page 13: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

13NA PROVINCIA

R. Torres

Nestes meses son nume-rosas as actividades ao aire libre que se fan na provin-cia, grazas á chegada do bo tempo. As actividades que están en auxe son as carrei-ras populares e as andainas con cada vez máis xente que quere practicar deporte.

AndainasUnha andaina asentada

na provincia é a de Allariz, que cada vez congrega máis xente. O percorrido é de 50 quilómetros e hai que facelo en un tempo nunca superior ás 12 horas. A saída está prevista para as 9 horas do 22 de maio e sairase desde a Alameda de Allariz e con chegada ao mesmo punto.

O 23 de maio haberá a andaina Ruta dos Castros, cun percorrido de preto de 16 quilómetros polas beiras do Larouco, no concello de Cualedro (máis informa-ción no 600 41 00 18).

O 30 de maio organiza-se a segunda edición da andaina comarca da Limia cun percorrido cercano aos 20 quilómetros e cunha di-ficultade media-baixa. A ruta comenzará e rematará na localidade de Boado. A inscrición está aberta ata o 27 de maio, e pódese realizar no Bar Fentos (r/ Toural, Xinzo), en Bicicle-tas da Cunha (r/Progreso, 75, Ourense) ou mediante transferencia bancaria no Banco Gallego.

En xuño, o 20 en Cea e o 27 en Manzaneda, serán as citas dos andaríns da pro-vincia.

Carreiras popularesO domingo 30 de maio,

a asociación Limiactiva en colaboración co Conce-llo de Sandiás organiza a I Carreira Popular Torre de O Castro. Disputarase en categoría absoluta (7,900 metros), escolar (2.000 me-tros) e pitufos (350 metros). As inscricións pódense rea-lizar ata o 29 de maio, cus-tando 3 euros na categoría absoluta e sendo gratuíta nas outras dúas. A saída da-rase ás 11:30 na carreira ab-

Co bo tempo andainas e carreiras enchen a provincia4 A andaina de Allariz chega a súa 13ª edición.

soluta desde diante da casa consistorial de Sandiás.

O domingo 6 de maio, chega unha nova edición, a cuarta, da Subida Rocas-Eirado, no concello de Esgos, que vén conxun-tamente coa IV andaina popular Concello de Esgos (saída ás 9.30 ho-ras), de 21 quilóme-tros. A carreira está encadrada dentro do Campionato Ga-lego de Montaña e consta de 13 quiló-metros con saída ás 10.30 horas desde a casa consistorial. A inscrición tanto da andaina como da carreira é de 5 euros e pódese facer ata o día 2 de xuño.

Tamén en xuño, os populares teñen dúas citas ineludi-bles con dúas ca-rreiras nocturnas; así, o sábado 20 chega a sexta edi-ción da nocturna de Xinzo de Limia e o sábado 27, a sétima de Celanova.

Unha carreira que non é na nosa provincia pero que é moi importante á vez que solidaria, é a Carreira da Muller, que se celebra o 23 de maio en Santiago e na que participan soamente mulleres. Esta carreira ten a súa razón de ser na loita contra o cancro de mama.

III Marcha Cicloturista BTT na vila do TámegaRedacción

O domingo 30 de maio, con saída ás 9.30 horas desde o Pavillón de Deportes de Ve-rín, desenvolverase a III Marcha Ciclotu-rista BTT organizada polo Concello de Ve-rín en colaboración con Club BTT Verín.

A marcha conta con dous percorridos, un de 35 quilómetros e outro de 50, e atrave-sará os núcleos rurais de Cabreiroá, Tama-gos, Mourazos, Feces de Cima, Vilarello da Cota, Villardeciervos e retorno a Verín por San Antón-. O prezo da inscrición é de 16 euros para os non socios e 12 para os socios do Club BTT Verín.

Redacción

O sábado 22 de maio, no Pavillón de Deportes de Verín, celebra-rase o Cam-pionato Gale-go de Wushu ao longo de todo o día. Os espectadores gozaran con exhibicións, combates e a propia compe-tición.

Pola mañá disputaranse as modalida-des de Wushu de infantís e

cadetes, e pola tarde, tur-no para os júnior e sénior. Durante a sesión de tarde, o deportista local José Ma-nuel Ferreira Colmenero fará unha demostración coa selección galega. Ferreiro foi cinco veces campión de España e medalla de prata no Campionato Europeo de Polonia.

No referente aos combates disputaranse cinco entre os estilos de Sanda -a loita chi-na- e Kick Boxing (realizados coas normas de Sanda e será ao KO). Entre os participan-tes están Alfonso Valcárcel, actual campión de Europa na categoría de 90 quilogramos, ou Francisco Sobradelo, me-dalla de bronce no Europeo de Turquía 2010.

WUSHU

Verín acolle a celebra-ción do Campionato Galego de Wushu

Ferreira Colmenero. /ARQUIVO

Integrantes do BTT Verín nunha das actividades do club. /BTT VERÍNParticipantes da carreira nocturna de Xinzo. /ARQUIVO

Page 14: 21 Mai 2010 - Nº 13

14 BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

DEPORTE E SAÚDE

4O RINCÓN DO MESTRE4EN FORMA

A maioría dos nosos mu-nicipios están conformados por un núcleo máis ou me-nos grande de poboación e pequenas aldeas, no primei-ro concéntranse xeralmente todas as ofertas culturais, deportivas, etc. pero non debemos esquecernos da multitude de pequenas al-deas que polo xeral quedan ignoradas nesas ofertas. Sendo as persoas que viven afastadas dos grandes nú-cleos de poboación as que teñen moitas máis dificulta-des para gozar desas activi-dades polas distancias que teñen que percorrer, o tempo empregado ou “perdido” nos desprazamentos, a nece-sidade dun medio de trans-porte, etc. Unha solución é a de levar até os diferentes recunchos as actividades físicas saudables, algo así como o que leva o pan ou o peixe ás aldeas.

De todas as administra-cións públicas os concellos son as máis próximas aos ci-dadáns, por iso convértense nos núcleos idóneos para fo-mentar e organizar accións encamiñadas a mellorar a saúde e a calidade de vida de toda a poboación. Na actualizade xa son varios os municipios próximos a nós que se converten en parte activa deste labor transfor-mándose, nalgúns casos, en lugares óptimos para a con-secución deste obxectivo.

Esta adaptación vira ao redor de tres elementos fundamentais, o primeiro é a xeración, oferta, acondicio-namento e dotación de espa-zos e instalacións dirixidos á práctica de actividades físicas como as propias ins-talacións deportivas muni-cipais, pero tamén acondi-cionando diferentes locais

Aldeas saudables

en distintos pobos e ba-rrios como a antiga esco-la rural, a sede dalgunhas asociacións veciñais, etc., pero non só as infraestru-turas son necesarias senón que é preciso equipalas axeitadamente, por iso o segundo elemento sobre o que se incide é no forne-cemento de equipamentos deportivos adecuados para a práctica das actividades físicas e deportivas, que non supón moita dotación xa que a maioría dos exer-cicios que se realizan non requiren apenas material, ás veces un simple equipo para escoitar música, uns globos ou unhas poucas pelotas de goma son su-ficientes; pero todo estes esforzos económicos e ad-ministrativos non terán re-sultados positivos si faltase o terceiro, e creo que máis importante elemento, que é o investimento en recur-sos humanos, animadores, monitores e técnicos ben cualificados que organicen, planifiquen e leven á prác-tica os programas encami-ñados á mellora da saúde e a calidade de vida.

Ás veces crese que todo este proceso supón un gran traballo de organización e un alto investimento, os di-rixentes dos concellos que o están realizando saben que non é así, que o custo económico non é tan ele-vado, e a longo prazo re-sultará ridículo en compa-ración coa compensación de gozar dunha cidadanía con mellor saúde e cali-dade de vida xa que unha poboación activa é unha poboación máis sa.

José Manuel Paredes González, licenciado en

Educación Física, SAUDETER

Deporte e saúde

[Sección ofrecida por Saudeter]

Introducción O deporte e a saúde

son compañeiros insepa-rables na vida das per-soas. Existe entre ambos unha mutua reciprocida-de. O deporte mellora a saúde física e mental, pero tamén é verdade que sen saúde, salvo excepcións, non se pode practicar de-porte.

Na sociedade actual vi-vimos mergullados hora tras hora, día tras día nunha situación estresan-te que aos poucos vai da-nando a nosa saúde. Ante tal circunstancia, habe-mos de practicar algunha actividade física.

É o mellor antídoto para combater o sedenta-rismo, principal causante do cansazo, atrofia xeral do organismo (menos for-za, resistencia, pouca axi-lidade, falta de reflexos, e indefenso ante as enfermi-dades), a obesidade, mal presaxio para o funciona-mento do organismo.

Por medio do exercicio físico, o sistema nervioso libera unha substancia chamada “endorfina” ao torrente sanguíneo, pro-ducindo un agradable be-nestar durante e despois da actividade física. Non perdamos a oportunidade de gozar desta droga na-tural e gratuíta. Os niveis de endorfinas aumentan facendo deporte. A acti-vidade física activa a súa produción e xera unha sensación agradable de optimismo.

Que non nos caiba a menor dúbida, que a tra-vés do deporte podemos gozar dun colocón máis natural, san e satisfacto-

rio. Se é importante o exer-cicio físico, máis beneficio-sos serán os seus efectos na nosa saúde.

Beneficios do deporte Os beneficios do depor-

te acaparan o aspecto so-cial, psicolóxico, terapéuti-co e físico:

- Mellora a calidade de vida das persoas.

- Reduce os síntomas da depresión.

- Aumenta a capacidade de traballo.

- É un extraordinario medio de integración, de socialización, de comu-nicación, de relación, de cooperación, de participa-ción, de facer amigos.

- É unha psicoterapia idónea para desconectar dos problemas da vida, da tensión nerviosa á que ás veces nos vemos sometidos, aliviamos a tensión, a an-siedade.

- É hedonista, proporcio-na pracer e satisfacción.

- Favorece o desenvolve-mento persoal (autonomía, autoestima, confianza, se-guridade, decisión, ).

- Mellora o sistema car-diovascular (aumenta a ca-vidade cardíaca, fortalece e engrosa as paredes do co-razón, diminúe a frecuencia cardíaca, aumenta e mello-ra a rede capilar, aumenta os glóbulos vermellos e he-moglobina).

- Mellora o aparello res-piratorio (amplía a capaci-dade pulmonar, mellora o mecanismo de inspiración e expiración para renovar o aire nos pulmóns, fai máis eficaz a hematose).

- Mellora o sistema ner-vioso (mellores reflexos e coordinación para realizar

os movementos ).- Mellora o aparello lo-

comotor ( maior forza e fle-xibilidade ).

- Fomenta normas e hábi-tos de vida que contribúen ao benestar.

Recomendacións a ter en conta

Coñece as túas aptitudes- Facer un recoñecemento

médico antes de practicar deporte, sobre todo se pa-deces algunha enfermidade ou segues algún tratamento farmacolóxico. Consulta co médico todas as túas dúbi-das.

Elixe o teu deporte- Practica o deporte que

máis se adapte ás túas con-dicións físicas. Déixache aconsellar.

Coñece o teu deporte- Aprende a técnica, a

táctica e o regulamento para un mellor desenvolvi-miento do mesmo e evitar posibles lesións.

Prepara a actividade - Inicia a actividade co

quecemento. Realiza esti-ramentos antes, durante e despois da actividade físi-ca.

Non esquezas “ades-trar” durante a semana se estás en competición.

Coñece as túas limita-cións

- Compite nun deporte adecuado ás túas condi-cións físicas. Ás veces a imprudencia pódenos traer malas consecuencias.

Recordar que imprudencia=accidente.

Segue unhas normas hixiénicas

- Fai unha dieta equili-brada, Bebe auga mentres practicas deporte.

- Levar roupa cómoda e

transpirable.- Utilizar calzado depor-

tivo adecuado.- Utilizar chancletas para

evitar posibles infeccións- Ducharse sempre des-

pois do exercicio físico.- Pór roupa limpa e seca

despois do exercicio físico para evitar posibles arre-friados.

- Non consumir sustan-cias tóxicas, alcol, tabaco, drogas...

- Descansar e durmir as horas necesarias. Non á dopaxe

- Non utilices produtos milagrosos para mellorar o teu rendemento. Coñece os efectos reais destas subs-tancias, para iso consulta con expertos as informa-cións a preto de “produtos milagrosos”, dietas.

Lesións- Deterse ante a apari-

ción de molestias ou dores.- Recupérache das le-

sións, non volvas á práctica deportiva antes de curar-che dunha lesión. Utiliza proteccións.

- Evitar a discusión e a violencia.

Conclusión - A práctica do depor-

te axudarache a manterte e mellorar a túa saúde e a sentirche mellor contigo mesmo. O mellor premio da actividade deportiva é a sa-tisfacción.

Alfonso Vilachá, profesor e entrenador nacional de

fútbol.

“O sistema nervioso libera unha substan-cia chamada “endor-fina”, producindo un agradable benestar durante e despois da actividade física”

Page 15: 21 Mai 2010 - Nº 13

BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá.

Nº13 - Ano: II - 21 de maio 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Mensaxes de apoio dos ourensáns ao C.D. Ourense e ao Pabellón Cidade de As Burgas

Manuel Fernández:“Fun ver ao C. D.

Ourense a semana pa-sada. Que sigan loitan-do os dous equipos e a ascender que así irá máis xente velos”.

Gabriel Elvira:“Que sintan o apoio

da cidade e da xente e que suban a 2ª B e a Di-visión de Honra”.

Diego Blanco:“Desexolles sorte e

que ascendan de cate-goría”.

Jorge Basalo e Pilar Rodríguez:

“Moita sorte e seguro que ascenden a 2ª B e a División de Honra”.

Elena González:“Moito animo e a as-

cender”.

Francisco J. Gonzá-lez:

“Está ben que ascen-dan os dous equipos porque levan o nome de Ourense pero alégrome máis polas rapazas do pabellón”.

Yago e Liliana:“Vin o C.D. Ourense

varias veces esta tempa-da e creo que ten posibi-lidades. Moito ánimo e a esperanza é o último que se perde”.

José Manuel Nieto:“¡ Aupa campións e

campionas ¡”.

Page 16: 21 Mai 2010 - Nº 13

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO21 de maio de 2010

Page 17: 21 Mai 2010 - Nº 13