1. lectura: a casa máis animada do mundo · 6. día da nai. un pouco de música. o amor dunha nai...

15
3ª EDUCACIÓN PRIMARIA 7ª semana, proposta de actividades #euquedonacasa#nonsonvacacións. Lectura, actividades de matemáticas e linguas, atención, o proxecto sobre Vimianzo, Día da Nai e conciencia ecolóxica. 1. Lectura: A casa máis animada do mundo. Baía Edicións. Continuamos coa lectura do libro. Esta semana lemos ata a páxina 63. De vez en cando seguiremos co xogo das preguntiñas. 2. Actividades de matemáticas. Actividades e problemas da páxina 121.

Upload: others

Post on 29-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

3ª EDUCACIÓN PRIMARIA

7ª semana, proposta de actividades #euquedonacasa#nonsonvacacións.

Lectura, actividades de matemáticas e linguas, atención, o proxecto sobre Vimianzo, Día da Nai e

conciencia ecolóxica.

1. Lectura: A casa máis animada do mundo. Baía Edicións.

Continuamos coa lectura do libro. Esta semana lemos ata a páxina 63. De vez en cando

seguiremos co xogo das preguntiñas.

2. Actividades de matemáticas.

Actividades e problemas da páxina 121.

Page 2: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

Divisións e problemas da páxina 118.

Page 3: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

3. Actividades de lingua galega.

LEMOS, COMPRENDEMOS E ESCRIBIMOS

TEXTO 1 -- Aspectos positivos do confinamento

O parón provocado pola corentena fronte ao coronavirus beneficia ao medio ambiente.

Fábricas cerradas, autopistas baleiras, rúas desertas… son imaxes que se repiten en todo o

mundo. O parón das actividades humanas ten un gran beneficiado: o medio ambiente. O

descenso da cantidade de desprazamentos en vehículos a motor, a diminución da produción

industrial e o menor consumo causa menos contaminación, augas máis limpas e ceos máis

claros. Dende China ata Venecia, Barcelona ou Madrid, obsérvanse efectos secundarios positivos

da crise sanitaria .

A auga das praias de Barcelona está cada vez máis limpa. É un efecto parecido ao que se pode

ver na auga das canles de Venecia. A redución no tráfico de barcos contribúe a isto.

O confinamento da poboación en boa parte do planeta debido á crise do coronavirus está a

permitir, nalgúns casos, que os animais salvaxes poidan circular por algunhas zonas nas que a

presenza humana era un obstáculo.

Na cidade xaponesa de Nara, os cervos pasean polas rúas despexadas dos habituais turistas,

mentres que na cidade de Oakland teñen visto pavos salvaxes que se adentraron nas instalacións

dunha escola. Máis cerca, en Barcelona, téñense visto xabarís que se aventuraban nas rúas

valeiras do centro da cidade en busca de comida, e os expertos aseguran que nos próximos días

poderían verse raposos nalgunhas cidades. A natureza parece querer recuperar o espazo

perdido.

En Galicia tamén pasan cousas parecidas… un oso que aproveitou a corentena para saír polos

Ancares.

Nos últimos días de marzo, nas montañas de Ancares, un veciño da zona puido gravar a un oso

pardo. O oso, especie que chegou a acadar unha situación crítica nas serras de Ancares e O

Courel, están a recuperar as súas poboacións nestas zonas debido ás medidas de protección e

conservación tomadas nestes lugares.

Nos últimos anos, o oso pardo está a dar sinais de recuperación na montaña lucense. Proxectos

como Life Oso Courel, da Fundación Oso Pardo, buscan concienciar á poboación da zona das

oportunidades que a presenza do animal ten nestas zonas. Nos últimos catro anos, segundo

información facilitada pola Fundación, houbo un total de 132 rexistros de aparición de osos en

lugares como Folgoso do Courel, Quiroga, Pedrafita do Cebreiro, Samos, etc.

Page 4: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

Agora contesta ás seguintes preguntas:

1. Sinala dous aspectos positivos da crise do coronavirus en relación ao medio ambiente.

2. Por que está o aire máis limpo? E as augas?

3. Os pavos queren aprender a ler. Por que cres que digo isto?

4. En que provincia galega podes subir ás montañas dos Ancares?

5. Recordamos sociais. As montañas dos Ancares son un espazo natural protexido. Recordas

que quería dicir isto?

TEXTO 2

Page 5: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden
Page 6: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden
Page 7: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

4. Actividades de lengua castellana.

Vamos a describir una localidad. Seguro que te ayuda echarle un vistazo a las preguntas y

vocabulario de la página 120 y 121 del libro de texto.

Antes de comenzar puedes leer esta descripción de la ciudad de Santiago de Compostela

para que te sirva de modelo.

Santiago de Compostela es la capital de la comunidad autónoma de

Galicia y pertenece a la provincia de La Coruña.

Es una ciudad pequeña y bonita. La zona histórica está llena de calles

estrechas, casitas y soportales, y tiene un pavimento de grandes

piedras viejas con las que se puede jugar a no pisar las rayas sin

preocuparse por los coches, porque es toda peatonal.

Santiago es conocida en todo el mundo por la Catedral, que es la meta

del Camino de Santiago. Desde hace más de mil años, millones de

peregrinos de todo el mundo han recorrido cientos de kilómetros

hasta alcanzar esta Catedral.

Me gusta mucho Santiago porque es tranquila, segura y muy agradable

para pasear.

Page 8: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden
Page 9: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

5. Actividades de atención e memoria.

Page 10: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden
Page 11: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden
Page 12: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden
Page 13: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

6. Día da nai. Un pouco de música.

O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo

pretenden ser un agradecemento cheo de recoñecemento. Pincha no enlace para escoitalo e

bailar con MAMÁ, que cando volvamos habemos bailar todas/os xuntas/os!!

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre – No salón das cereixas.

https://www.youtube.com/watch?v=JqojzEmgHXc

Miña nai é bailadora

non hai outra no lugar,

tamén era miña avoa

coñecida no bailar.

Miña nai do corazón…

Miña naiciña, meu corazón!

7. Conciencia ecolóxica. Caderno Verde – Educación para un futuro sostible.

Caderno Verde é un dos múltiples proxectos que dedica Sogama á divulgación da conciencia

ecolóxica. Unha páxina web con diferentes actividades para distintos niveis educativos.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo son ‘Os amigos de Vilaverde’ que

nos acompañan nunha aventura de aprendizaxe ambiental. As actividades propostas queren

xungir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular con diversas actividades en liña e

descargables.

Este é o enlace á páxina:

http://www.cadernoverde.gal/category/2o-ciclo-educacion-primaria/

Page 14: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

O NOSO CONCELLO: MONUMENTOS E LUGARES DE INTERESE

Elixe un dos monumentos do noso concello e completa a táboa.

Nome do Monumento

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Onde se atopa?

--------------------------------------------------------------------------------------------------

De que época é?

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Historia (moi breve)

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Outras curiosidades

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Page 15: 1. Lectura: A casa máis animada do mundo · 6. Día da nai. Un pouco de música. O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Este vídeo pretenden

O NOSO CONCELLO: MONUMENTOS E LUGARES DE INTERESE

Fai un debuxo do monumento do que falas na táboa anterior.