1 advento celebración 1

2
Cámbianos, Señor! Converte ti a nosa mirada para que saibamos discernir a túa nova e imprevisible presenza cada mañá, nas nosas casas e nos nosos lugares de traballo ou estudo, á porta do noso corazón e das nosas ocupacións, á porta da vida diaria. Móstranos como basta con moi pouco, como apenas basta con nada, para sentirte moi próximo. Un encontro, un sorriso, unha mirada, un apertón de mans, un paxaro, unha flor, unha nube, unha posta de sol, unha palabra, un silencio, unha oración, a risa dun neno, unha carta, unha chamada de teléfono, unha comida en familia.... Basta con moi pouco, basta con case nada. - Convértenos á mirada da túa fe, abre os nosos ollos para que vexan a claridade da túa presenza na sombra gris do día a día; abre os nosos oídos para que oian o discreto alento do teu paso no rumor do cotián. - Convértenos Señor, cámbianos o corazón. Evanxeo 5-decembro-2010 2º-Advento-A

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 07-Jan-2017

34 views

Category:

Spiritual


3 download

TRANSCRIPT

Cámbianos, Señor!

Converte ti a nosa mirada para que saibamos

discernir a túa nova e imprevisible presenza cada

mañá, nas nosas casas e nos nosos lugares de

traballo ou estudo, á porta do noso corazón e das nosas ocupacións, á porta da vida diaria.

Móstranos como basta con moi pouco, como apenas basta con nada, para sentirte moi próximo.

Un encontro, un sorriso, unha mirada, un apertón de

mans, un paxaro, unha flor, unha nube, unha posta

de sol, unha palabra, un silencio, unha oración, a

risa dun neno, unha carta, unha chamada de

teléfono, unha comida en familia.... Basta con moi

pouco, basta con case nada.

- Convértenos á mirada da túa fe, abre os nosos

ollos para que vexan a claridade da túa presenza na

sombra gris do día a día; abre os nosos oídos para

que oian o discreto alento do teu paso no rumor do

cotián.

- Convértenos Señor, cámbianos o corazón.

Evanxeo

5-decembro-2010

2º-Advento-A

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO SAN

MATEU (Mt. 3, 1-12) Narrador: Por aquel tempo, Xoán Bautista presentouse no deserto de

Xudea, predicando:

Bautista: -«Convertédevos, porque está cerca o Reino dos Ceos.» Este é o que anunciou o profeta Isaías, dicindo: - «Unha voz grita no deserto: "Preparade o camiño do Señor, achanzade os seus sendeiros."

Narrador: Xoán levaba un vestido de pel de camelo, cunha correa de

coiro no van, e alimentábase de saltóns e mel bravo.

E acudía a el toda a xente de Xerusalén, de Xudea e do val do Xordán;

confesaban os seus pecados; e el bautizábaos no Xordán.

Ao ver que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase,

díxolles:

Bautista: - « Raza de víboras!, quen vos ensinou a escapar do castigo inminente? Dade o froito que pide a conversión. E non vos fagades ilusións pensando: "Abrahán é o noso pai", pois dígovos que Deus é capaz de sacar fillos de Abrahán destas pedras. Xa está a machada na base das árbores, e toda árbore que non dá bo froito será cortada e botada ao lume.

Eu bautízovos con auga para que vos convertades, pero o que vén detrás de min pode máis ca min, e eu non merezo nin levarlle as sandalias. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.

El ten a forcada na man para limpar a súa eira, reunirá o seu trigo na

hucha e queimará a palla nunha fogueira que non se apaga.»

¡PREPARÁDELLE o camiño… CONVERTÉDEVOS, MELLORADE…! 1. Ver: Imos cambiando:

+ Cada un de nós somos o mesmo ao longo dos anos. Pero se botamos unha ollada ás

fotos antigas vemos que imos cambiando. En que cambiaches fisicamente nos últimos

anos? E na túa forma de pensar, no trato cos amigos e nos estudos? Todo o mundo

cambia. ….

2. XULZGAR: “Convertédevos, cambiade”:

+ Hoxe o evanxeo fálanos de Xoán Bautista, un profeta moi austero que vivía no deserto. Anunciaba que Deus está moi cerca. E invitaba a prepararse. Como? Dicíalles: “convertédevos”.

+ Que é converterse? Cambiar, cambiar a conduta, mellorar, cambiar o corazón retirando o malo que hai nel e poñendo a Deus. Hai quen di: “eu non fago

mal a ninguén”, “eu non son como…., eses si que teñen defectos… Como te ves a ti

mesm@? Ves os teus defectos? Cústache mellorar como fill@, como amig@ ou como

cristián/á?

3. ACTUAR: Cambiemos o corazón. + Alguén de mozo pedía a Deus cambiar o mundo; de maior, aos que estaban ao lado; e

ultimamente, xa de vello, conformábase con pedir que Deus o axudase a cambiarse a si

mesmo…

Que podes ti mellorar en ti neste Advento? E no ambiente en que vives?

+Dibujamos en una cartulina un corazón escribiendo que podemos cambiar como grupo.

ESCENIFI-

CACIÓN DO

EVANXEO

1. O evanxeo pode

ser escenificado

cun mozo que

represente a Xoán

Bautista

predicando e

chamando á

conversión.

2. Un grupo de

rapaces/zas poden

representar, con

mímica, os

montes que se

humillan ou

descenden. Os

adversarios danse

a man. A alegría

no rostro, etc.

3. Un cartel

“CAMBIADE O

CORAZÓN”,

sensibilízanos á

eucaristía.

8 de decembro INMACULADA CONCEPCIÓN.

MARÍA, SEÑORA DO SI María, Señora do SI. María, Nai, Muller forte e boa. Ti inspírasme confianza. Gústanme moitas cousas de Ti Gústame a túa valentía para dicir si, sen condicións... E a túa humildade, pobreza e sinxeleza. Ti só apareces para axudar e servir, para cumprir a túa misión de nai. Ti criches e fiácheste de Deus. Axúdame a ter unha alma grande na que caiban todos. Quero ter sempre o corazón limpo no que non agrome senón o ben. Quero ser forte na dificultade. Axúdame a dicir si, coma Ti, María.