figuras e profetas do advento

19
FIGURAS E PROFETAS DO ADVENTO Isaías Xoán Bautista María e Xosé Paulo de Tarso

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

148 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Figuras e profetas do advento

FIGURAS E PROFETAS

DO ADVENTO

Isaías Xoán Bautista María e Xosé Paulo de Tarso

Page 2: Figuras e profetas do advento

Isaías significa Deus salvaNacín en Xerusalén o año 765 antes da chegada do Mesías. Oín a voz de Deus que me chamaba: "A quen enviarei? Quen irá da miña parte a levarlles as miñas mensaxes?”

Eu díxenlle: "Aquí estou Señor, envíame a min".

Opúxenme á política de alianza dos reis de Israel cos imperios.

Invitei o pobo a confiar na alianza con Iavé.

Page 3: Figuras e profetas do advento

Profeticei o nacemento do Emmanuel. “Velaquí que a Virxe concibirá e dará a luz un neno ao que chamarán Deus connosco“. (Is 7,14)

Hoce invítovos a:Mirar os acontecementos

cos ollos de Deus.Agasállovos

a luz da esperanza.

Page 4: Figuras e profetas do advento

“Aquí está o voso Deus. Mirade, o Señor Deus chega con poder,

e o seu brazo manda.Mirade, vén con El o seu salario,

e a súa recompensa precédeo.Como un pastor

que apacenta o rabaño, o seu brazo reúneo,

toma en brazos os añose fai recostar as nais”

Page 5: Figuras e profetas do advento

Xoán BautistaNacín en Xudea. Son fillo de Zacarías e de Sabela.

Comecei a predicar e a bautizar no Xordán.

“Son a voz que clama no deserto”.

En Xesús percibín a novidade do Espírito e dediquei a miña vida a prepararlle os camiños.

A xente acudía ao deserto, onde vivía, a buscar respostas que non atopaban nin en Xudea nin en Xerusalén.

Page 6: Figuras e profetas do advento

Vin a xustiza e por ela dei a cara e a palabra.

Encarceráronme e decapitáronme. Pero no puideron apagar o resplandor da vida.

Invítovos a preparar o camiño, a facer sitio na vosa vida ao Señor.

Agasállovos a luz da xustiza.

Page 7: Figuras e profetas do advento

“Detrás de min vén o que pode máis ca min, e eu non merezo agacharme para desatarlle as sandalias. Eu bauticeivos con auga, pero El vaivos bautizar co Espírito Santo”.

Page 8: Figuras e profetas do advento

María de NazaréSon a muller silandeira do Advento.

O meu silencio está tecido de escoita, de espera, de gozo, de fe confiada, de amor sen límites.

Deus fixo xermolar no meu seo a PALABRA da VIDA.

En silencio gardeina e amaseina. En calado silencio e con tenrura entrégovos o Salvador.

Page 9: Figuras e profetas do advento

Abrídevos á tenrura, á contemplación e ao encontro con Deus.

Invítovos a acoller a Palabra no voso interior.

Agasállovos a luz do amor.

Page 10: Figuras e profetas do advento

“Aquí está a escrava do Señor, fágase en min segundo a túa palabra”.

Page 11: Figuras e profetas do advento

Estou no corazón do Advento silandeiramente. A miña vida fálavos do Deus que guía os meus soños.

Deus fíxome un home de ollos limpos e corazón sinxelo.

Aprendín día a día a arte de aceptar e servir incondicionalmente a María, grávida da semente do amor de Deus no seu seo.

Esperei sen présas e na noite, a que a Palabra de Deus me indicase o camiño a seguir.

Page 12: Figuras e profetas do advento

Invítovos a mirar a María e a acoller o Froito bendito, a Xesús.

Agasállovos a luz da confianza total no Deus Salvador.

Page 13: Figuras e profetas do advento

“Érguete, colle o neno e a súa nai e fuxe a Exipto;

queda alí ata que eu te avise…Xosé ergueuse,

colleu o neno e a súa nai, de noite, e marchou para Exipto”.

Page 14: Figuras e profetas do advento

Nacín en Tarso cara ao ano 8 despois da chegada do Mesías.Son xudeu e fariseo, de cultura grega e cidadanía romana. Descendo da tribo de Benxamín.

Recibín unha sólida formación na Lei de Israel e nas tradicións dos devanceiros.

No ano 36, de camiño a Damasco, atopeime con Xesús, o Cristo e o meu Señor.A miña vida cambiou totalmente de rumbo. Fíxome apóstolo do seu camiño.

Page 15: Figuras e profetas do advento

Son apóstolo e misioneiro de Xesucristo.

"Ai de min se non evanxelizar!".

“O amor de Cristo úrxeme sempre”.

Anunciei sempre a fidelidade de Deus ás súas Promesas e pola esperanza de Israel sufrín cadeas.

Pozo de Saulo na cidade de Tarso

Page 16: Figuras e profetas do advento

Invítovos a fiarvos totalmente de Xesús, o Señor.

Agasállovos a luz da palabra apaixonada para anunciar a Xesucristo e para sementar a esperanza da vida eterna.

Page 17: Figuras e profetas do advento

“O que era para min ganancia, xulgueino unha perda

a causa de Cristo. E máis aínda: xulgo que todo é

perda ante a sublimidade do

coñecemento de Cristo Xesús, o meu Señor,

por quen perdín todas as cousas, e téñoas por lixo

para gañar a Cristo"

Page 18: Figuras e profetas do advento

““Estade sempre Estade sempre ledos ledos

porque o Señor porque o Señor está cerca.” está cerca.”

Page 19: Figuras e profetas do advento

CENTRO DE INICIATIVAS DE PASTORAL DE ESPIRITUALIDAD

Avda. Huelgas, 7 - 09001 Burgos –Tlfn. 947 26 42 67

www.cipecar.org

[email protected]