03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. o que me interesou de vostede foron os detalles: o seu...

8
Aire negro Agustín Fernández Paz XERAIS

Upload: others

Post on 14-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

Aire negroAgustín Fernández Paz

XERAIS

Page 2: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

O AUTOR

2

Título: Aire negroAutora: Agustín Fernández PazEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de xogoNº páxinas: 192ISBN: 84-8302-502-7Lista de Honra do IBBY 2002

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ naceu no barriodas Fontiñas en Vilalba en 1947 e alí trans-correu toda a súa infancia. Na actualidadevive en Vigo, onde imparte clases nun ins-tituto. Mestre e Licenciado en Ciencias daEducación, estivo vencellado a movemen-tos de renovación pedagóxica e impartiunumerosos cursos relacionados coa didácti-ca da lingua. É autor de recoñecidas obrasde literatura infantil e xuvenil pertencentesa todos os xéneros e algunhas delas galardoadas con prestixiosos premios, como As floresradiactivas (Premio Merlín 1989), Contos por palabras (Premio Lazarillo 1990, Lista deHonra do IBBY 1992), Trece anos de Branca (Premio EDEBÉ de Literatura Xuvenil 1994),Cartas de inverno (Premio Rañolas 1995) ou Cos pés no aire (Premio Raína Lupa 1998),entre outras moitas. Confésase un apaixonado da lectura, do cine, dos cómics, da música eentre as súas afeccións cóntanse os paseos polo monte, andar en bicicleta ou escribir cartas.

FICHA TÉCNICA

ARGUMENTO

Novela xuvenil pertencente ó xénero de misterio e terror que, a partir da lenda da existenciada Gran Besta e da atracción desta pola protagonista, desenvolve ademais unha dobre historiade amor. A novela constrúese a partir dunha historia principal relatada por un dos seus prota-gonistas, o psiquiatra Víctor Moldes, quen, tres anos despois de ocorridos os feitos, narra osacontecementos que o empuxaron a abandonar a súa profesión e que o obrigan a vivir nundesacougo permanente. Cando o doutor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica

Page 3: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

3

Beira Verde, situada nun pazo magnífico no Baixo Miño, ocúpase de Laura Novo, unha mullernova e coa memoria borrada a quen ninguén ata ese momento lograra axudar. Laura pasa odía enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único restodun naufraxio persoal. O doutor conseguirá achegarse a ela utilizando unha terapia innova-dora baseada na lectura e é así como Laura recorda todo o que lle sucedeu nos meses anterio-res dende que sentiu a presencia dunha escura sombra na súa vida. Utilizando o seu gusto polaescritura, o doutor proponlle que escriba todo o que recorde. Laura toma a voz do relato paracontar en primeira persoa todos os acontecementos que veñen á súa memoria. Deste xeitoimos coñecendo os espacios da súa vida comezando por Madrid, lugar do fracaso da súa rela-ción sentimental con Miguel e de dificultades laborais; e tamén a súa necesidade dunha viaxede fuxida que a conduce, case por azar e tras atopar información en Internet sobre o turismorural en Galicia, á Casa Grande de Lanzós e a Carlos Varcárcel, un nome que evoca de súpe-to moitas lembranzas do pasado asociadas á súa adolescencia na Coruña, onde viviu despoisde se trasladar alí coa súa familia dende Pontedeume, o seu lugar de nacemento. Este tempode adolescencia vén marcado polo seu paso polo instituto e polo seu namoramento do seu pro-fesor de historia, precisamente Carlos Valcárcel. Un novo traslado de seu pai afástaa da Coruñae tamén de Carlos. De aí que Lanzós supoña para Laura, ademais do reencontro con Galicia,a posibilidade de retomar o contacto con Carlos e de lograr o acougo consigo mesma rodea-da da natureza, tras tantos anos de vida na cidade. Pero tamén supón o encontro coas supers-ticións rurais da man de Moncho, o caseiro da casa rural, que nacen a causa do seu aspectoatractivo e da cor roxa do seu pelo e xiran ó redor da idea da existencia da porta do infernonos montes de San Simón, onde segundo as crenzas populares dorme a Gran Besta que Laurapodería espertar coa súa presencia. Trala primeira semente do medo, Laura volve a Madrid edescobre o contraste entre a paz e o illamento da casa rural e a animación da cidade e das súasrúas no Nadal. Alí rompe definitivamente con Miguel e volve a Lanzós onde continúan as súasteimas ata chegar a unha neurose obsesiva que supón o clímax do relato, marcado por unaumento da tensión narrativa e a presencia de elementos ó redor do terror. O doutor Moldes,trala lectura da historia de Laura, intenta seguir axudándoa e atopar respostas que completenas lagoas do relato. Procurando información reconstrúe a viaxe da rapaza dende Vilalba á aldeade Lanzós, percorre San Simón e a Cova de Fornos e acode despois a Porto, cidade na que viveCarlos, quen abandonou Lanzós para estar preto de Laura mesmo sen que ela o soubese. Maissen querer e dun xeito inexorable, os acontecementos devalan cara ó misterio e Laura desapa-rece sen que o mesmo doutor Moldes poida atopar unha explicación lóxica.

PERSONAXES

LAURA NOVO

Éunha muller de trinta e un anos cunha aparencia física na que destaca o seu pelo inten-samente roxo. Coñecémola na cela dun psiquiátrico, sentada nunha cadeira e debruzadasobre unha mesa ateigada de papeis, escribindo, de xeito compulsivo e impaciente, o seupropio nome, como se a vida enteira dependese da súa escrita. Laura atópase perdida e des-conectada da realidade, aparentemente, segundo os informes médicos, a causa da caída dun

Page 4: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

4

O PODER DA LITERATURA poder da literatura para facernos vivir outras vidas e outras his-torias mesmo para termar da nosa propia existencia en momentos difíciles.O doutor Moldes emprega con Laura, deixándose levar pola intuición, unha novidosa tera-pia baseada na lectura. Así, desfilan polas páxinas da novela obras de autores da literaturauniversal como os irmáns Grimm, Jack London, Kipling, Cunqueiro, Roald Dahl,Cortázar, Stevenson, García Márquez, Dostoievski, Saramago ou Paul Auster, entre outros.

(…) Laura facía unha apaixonada profesión de fe na literatura, no poder que os librospodían ter para cambiarnos a vida e termar dela nos momentos difíciles (…) do

OUTROS TEMAS E VALORES

raio que lle provocou un forte shock. Mais algo nos seus ollos revela que algo aterrador llesucedeu e, pouco a pouco e coa axuda do doutor Moldes, logrará abrir a súa mente e rela-tar por escrito os feitos que a conduciron ó seu estado actual. Mais nada parece poder afas-tala da chamada dunha dimensión misteriosa e descoñecida, e finalmente desaparecerá senque ninguén poida facer nada por ela nin atopar unha explicación lóxica do sucedido.

VÍCTOR MOLDES

É un psiquiatra novo e brillante que consegue un posto na prestixiosa Clínica Beira Verde.Alí terá como primeira paciente a Laura Novo, un caso difícil no que se volca profesio-nalmente agardando obter algún resultado. A súa conexión coa rapaza é inmediata. Antea ollada chea de intenso desacougo e angustia de Laura, o doutor sente coma se unhacorrente eléctrica o traspasase de arriba abaixo e queda conmocionado. Imponse comoobxectivo achegarse á súa paciente, gañar o seu aprecio e a súa confianza e unha terapiainnovadora baseada na literatura dará os seus froitos. Pero a súa implicación cada vezmaior no caso terá como consecuencia, sen sabelo, o decorrer dos feitos cara á un destinodo que Laura parece non poder escapar e, ó mesmo tempo, a caída precipitada de todasas súas conviccións científicas ante a ausencia de explicacións lóxicas e un traspaso daque-la sensación de desacougo que, segundo se intúe, permanecerá con el mentres viva.

CARLOS VALCÁRCEL

Coñecémolo primeiro a través do relato de Laura e sabemos que foi o seu profesor de his-toria do instituto e o seu amor da adolescencia. Retoma a relación con ela cando a aloxa nasúa casa rural, un lugar que se converterá nun principio nun pequeno paraíso de paz, amore illamento para ambos, axiña interrompido polas crenzas populares, que veñen da man deMoncho, un dos empregados do negocio. Máis avanzado o relato, coñecemos a versión dosfeitos de Carlos pola visita que lle fai o doutor Moldes á cidade de Porto, onde se trasladoutras queimar as pertenzas de Laura e pechar a casa rural, coa intención de borrar o seu ras-tro e poñela a salvo da Gran Besta. Carlos, tralo seu descremento inicial nas lendas rurais,réndese á evidencia da existencia dunha realidade terrible que ameaza a existencia de Laura.

Page 5: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

5

mesmo xeito, eu derrubaría as murallas de Laura con outra forza máis poderosa: a quegardan as palabras no seu interior (p. 28).

Todas as narracións elixidas estaban cheas de paixón e vitalidade contaxiosas, erandesas que ó lelas espertan dentro de calquera as ganas de vivir: tal fora a única condi-ción para a súa escolla (p. 31).

«A escritura ou a vida», dixo un novelista hai algúns anos. Pero, no seu caso, a escri-tura e mais a vida (p. 47).

A IMPORTANCIA DE VALORES como a curiosidade, a apertura a outros coñecementos ademaisdos meramente académicos e o valor da intuición para interpretar determinados feitos queescapan á razón.

A súa carreira tamén é moi brillante, non se lle pode pedir máis. Pero, a estas alturas,seguro que xa sabe que as cualificacións académicas, por si soas, non son garantía denada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen pecharse a nada… Esas cousas apa-rentemente menores, que sinalan unha profunda paixón por coñecer todas as facetasda vida (p. 13).

(…) se atendese máis á miña intuición que as ensinanzas de Freud ou Jung (…) (p.41).

A DIFERENCIA ENTRE A VIDA NA CIDADE E A VIDA RURAL. O reencontro coa natureza e a inte-gración coa paisaxe. A cultura urbana fronte á cultural rural chea de mitos ancestrais esupersticións.

Conforme pasaba o tempo, a cidade quedaba cada vez máis lonxe e a sensación deacougo ía gañando espacio no meu corazón (…). Na miña memoria teño asociadaaquela viaxe á sensación de fuxida, quizais porque, máis que ir a algunha parte, o quefacía era escapar, afastarme dunha realidade que me afogaba (p. 57).

Aquelas excursións facían medrar dentro de min un sentimento de reencontro conGalicia, como se espertasen esa dimensión panteísta que se nos atribúe ós galegos. Ouquizais todo era máis elemental, e o meu reencontro estaba sendo simplemente coanatureza, despois de tantos anos na cidade (p. 82).

Trátase de algo máis simple, moito máis elemental. Segundo estas crenzas, por debai-xo de nós, no interior da terra, está o inferno, onde moran os seres malvados; ou sexa,os demos que traen o mal ó noso mundo. E o xefe de todos –o Demo Maior, por dici-lo cunha expresión ben galega- é a Gran Besta, que dorme un sono profundo e só esper-ta en moi contadas ocasións (p. 86).

Toda a miña vida transcorrera na cidade, lonxe das supersticións do mundo rural (p. 87).

Page 6: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

A seguir propoñemos algunhas posibles actividades entre as que se poden seleccionar aquelasque se consideren máis axeitadas para traballar a obra, dependendo do número de lectores, dosdestinatarios (actividade grupal ou individual) e dos medios cos que se poden contar.

ANTES DA LECTURA:

• A portada e a contraportada poden incentivar ou non á lectura, de aí que sexan un elemen-to a traballar. É importante que o lector preste atención a estes aspectos e que aprenda a saberdiscernir o importante do irrelevante.Algunha das actividades que se poden realizar son: Imaxinar de qué trata o libro a partir do seu título, averiguar qué clase de historia se esconde trasel (policíaca, de amor…), analizar a ilustración da portada e preguntarlles qué información sobreo contido lles proporciona esta imaxe e, despois de ler o resumo da contraportada, comentar sese aprecia algunha relación entre o título e o argumento así como coa ilustración.

• Co fin de estimular a lectura pódese narrar un pouco do argumento ou ler algún fragmentopara atraer a súa atención.

• A busca por parte dos rapaces da biobibliografía do autor pode servir de reforzo á lectura querealizarán a posteriori e para outro tipo de actividades como entrevistas. Esta actividade podedividirse en grupos de maneira que unha parte do lectorado se encargue da biografía e outraparte da bibliografía. Sería interesante que en subgrupos se buscase a información por dife-rentes vías (na biblioteca, en Internet, en revistas…) co fin de que se relacionen cos diferen-tes modos de documentarse sobre un tema.

DURANTE A LECTURA:

• Tendo en conta que un dos camiños para facer lectores é a escrita, o alumnado pode inten-tar construír:Un relato centrado nalgunha experiencia que consideren insólita da protagonista do libro.Un relato baseado nunha experiencia persoal.

• Crear debates:Comentar qué tipo de experiencia sufriu a protagonista.Cómo reaccionarían no caso de estaren sometidos a unha experiencia semellante. Qué misterio rodea á protagonista, cómo intenta averiguar o psiquiatra o mal de Laura, porqué escapa…En definitiva, comentar a evolución da historia, as reaccións dos personaxes, sobre todo a dopsiquiatra e a da protagonista, e achegarán unha descrición dos personaxes. Outros aspectos interesantes para discutir son: o formato no que se editou o texto, a ausen-cia de ilustracións, a necesidade ou non de imaxes…

• Nos momentos nos que se comente a lectura poden imaxinar qué acontece a continuación equé final lles espera ós personaxes. A medida que avanza a lectura poden comprobar sealgunha das versións se axusta ó que lle acontece a Laura Novo.

ACTIVIDADES A REALIZAR

6

Page 7: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

7

Estas actividades poden realizarse a nivel aula, a nivel centro ou con outros centros, de manei-ra que se poidan comunicar e crear debates sobre o transcurso da historia, a defensa de postu-ras e a creación de finais a través de e-mail, foros en Internet, etc.

DESPOIS DA LECTURA:

• Buscar información sobre as obras e os autores que aparecen citados na novela. Deste xeito oalumnado pode ampliar os seus coñecementos sobre a literatura universal e mesmo podesentirse atraído pola lectura dalgún deses libros.

• Comparar esta obra con outras nas que o autor tamén se achega ó medo como Cartas deinverno.

• Esta obra foi galardoada co 6º Premi de Literatura Protagonista Jove 2002, na modalidadede 15-16 anos, onde os adolescentes dos centros de Bacharelato e das bibliotecas de Cataluñadecidiron que a mellor obra desta convocatoria foi a traducción ó catalán desta novela gale-ga. Ademais esta novela quedou finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil convo-cado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Poderíase averiguar as bases dos pre-mios para coñecer os criterios que se seguen na súa elección, qué aspectos destacaron os xura-dos, reflexionar sobre qué aspectos destacarían eles deste libro se fosen o xurado do premio,e incluso se podería intentar contactar con algún dos centros de bacharelato de Cataluñapara que os rapaces poidan intercambiar opinións.

• Retomando as actividades do primeiro bloque cuestionarase se o título é o idóneo e a elabo-ración de posibles títulos alternativos, se o resumo da contraportada responde ó contido doargumento. Proposta de elaboración de posibles resumos.

• Realización de coloquiosEn torno á temática da obra ou dos personaxes da novela.A influencia das crenzas no ser humano.A importancia da adquisición de coñecementos ou a mera posesión de títulos académicos. O contraste entre o urbano e o rural presente na novela, cómo cualificarían a reacción deLaura Novo. Qué terapia empregarían eles coa protagonista. Qué elementos emprega o autor para crear o clímax de misterio…

• Recompilación de crenzas das que cada alumno e alumna crearán unha historia.

• Proporcionar ó lectorado críticas ou comentarios que se realizaron da obra en revistas ou xor-nais e que eles mesmos comenten se se axustan á súa visión da obra. Elaboración das súaspropias críticas ofrecendo as razóns para recomendar ou non a súa lectura e recompilacióndestas nun dossier para proporcionar á biblioteca como material de consulta para futuroslectores. En caso de que no centro exista unha revista poden seleccionar a que considerenmellor e enviarlla ós redactores para a súa posible publicación.

• As declaracións que o autor realizou en diferentes medios de comunicación e/ou prensa sobrea súa obra sería interesante poñelas a disposición do lectorado para que comparasen o puntode vista do escritor coa lectura que acaban de realizar.

Page 8: 03. ficha/aire negro · 2008-01-31 · nada. O que me interesou de vostede foron os detalles: o seu interese polos máis diver-sos eidos do saber, a súa amplitude de lecturas, sen

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /