biblioxograr.files.wordpress.com€¦ · web viewmúsica para feos. de lorenzo silva. unha historia...

3
CLUB LECTURA ADULTOS 2016- 17 Nunca volverás a Pikeville de Rocío López Núñez Esperta Nova York unha mañá de outono e como cada día, o detective de homicidios, Aden Kerr, esconde os seus demos persoais atravesando Central Park á carreira. De súpeto, descobre o corpo dunha fermosa nova asasinada e colocada de forma sinistra. O que podía parecer un crime máis, acabará converténdose nun desafío persoal que cambiará a súa vida para sempre dunha forma que xamais podería imaxinar. Impactante novela de suspense, adictiva desde as súas primeiras páxinas, de lectura áxil, personaxes contundentes e unha trama chea de misterio que lle sorprenderá. Pacto de lealtad de Gonzalo Giner Pouco antes do estalido da Guerra Civil, a vida de Zoe Urgazi se desmorona: o seu marido morre na revolución asturiana á vez que ela descobre a súa infidelidade; o seu pai é encarcerado; e ela, sen ningún tipo de ingresos nin patrimonio, é desafiuzada do palacete madrileño onde reside. Estrañando unha existencia pasada, Zoe tenta sobrevivir nun país turbulento xunto a Campión, un can sen estirpe, que lle axudará a sortear os perigos dunha guerra inxusta. Todo o tempo do mundo

Upload: phamlien

Post on 21-Sep-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: biblioxograr.files.wordpress.com€¦ · Web viewMúsica para feos. de Lorenzo Silva. Unha historia de amor ao contraxeito, entre unha nova xornalista e un militar veterano,

CLUB LECTURA ADULTOS 2016-17

Nunca volverás a Pikeville de Rocío López Núñez

Esperta Nova York unha mañá de outono e como cada día, o detective de homicidios, Aden Kerr, esconde os seus demos persoais atravesando Central Park á carreira. De súpeto, descobre o corpo dunha fermosa nova asasinada e colocada de forma sinistra. O que podía parecer un crime máis, acabará converténdose nun desafío persoal que cambiará a súa vida para sempre dunha forma que xamais podería imaxinar. Impactante novela de suspense, adictiva desde as súas primeiras páxinas, de lectura áxil, personaxes contundentes e unha trama chea de misterio que lle sorprenderá.

Pacto de lealtad de Gonzalo Giner

Pouco antes do estalido da Guerra Civil, a vida de Zoe Urgazi se desmorona: o seu marido morre na revolución asturiana á vez que ela descobre a súa infidelidade; o seu pai é encarcerado; e ela, sen ningún tipo de ingresos nin patrimonio, é desafiuzada do palacete madrileño onde reside. Estrañando unha existencia pasada, Zoe tenta sobrevivir nun país turbulento xunto a Campión, un can sen estirpe, que lle axudará a sortear os perigos dunha guerra inxusta.

Todo o tempo do mundo

Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.

Page 2: biblioxograr.files.wordpress.com€¦ · Web viewMúsica para feos. de Lorenzo Silva. Unha historia de amor ao contraxeito, entre unha nova xornalista e un militar veterano,

Emigrantes de Shaun TanQue é o que leva a tanta xente a deixalo todo atrás para

viaxar cara a un país descoñecido, un lugar no que non teñen familia nin amigos, onde nada ten nome e o futuro é unha incógnita? Esta novela gráfica sen palabras é a historia de calquera emigrante, refuxiado, desprazado, e unha homenaxe a todos os que han...

Música para feos de Lorenzo Silva

Unha historia de amor ao contraxeito, entre unha nova xornalista e un militar veterano, co pano de fondo da guerra de Afganistán.Mónica e Ramón coñécense por azar, nun local nocturno, no que ningún da dúas pinta gran cousa. Ás veces, as historias comezan así. Mónica e Ramón non tiveron ...

Botas de lluvia suecas

Unha noite de outono, Fredrik Welin, o protagonista da exitosa novela Zapatos italianos, espértase cando un incendio arrasa a súa casa. Aos seus sesenta e nove anos, este solitario médico xubilado sae penosamente de entre as chamas, calzado cunhas botas de choiva (pero ambas pertencen ao pé esquerdo). Só quedan, á mañá seguinte, unhas ruínas malolientes: perdeu a súa casa e todas as súas pertenzas, e ten que mudarse a un remolque, unha caravana que pertence á súa filla. Cando polo arquipélago esténdese o rumor de que el mesmo provocou o lume, a policía interrógao, sen chegar a acusalo. De súpeto, Louise, a filla de Fredrik, viaxa até a illa por motivos misteriosos. Todos eses acontecementos somen no desconcerto a Fredrik, que ese

outono ve como se achega á vellez, tamén á morte, e desexa saldar todas as súas contas coa vida…

A ira dos mansos

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión.