Índicedescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...asistir a todos os partidos de reto...

18

Upload: others

Post on 09-Aug-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido
Page 2: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

ÍNDICE

PRESENTACIÓN ....................................................... 3

VANTAXES ................................................. ............... 4

PROCEDEMENTO ................................................. ... 5

TIPOS DE ABONO .................................................... 7

TÁBOA DE PREZOS .................................................. 12

FINANCIAMENTO ABANCA .................................... . 13

CALENDARIO ........................................................... 14

ABANCA-RIAZOR .................................................... 15

LIMITACIÓNS DE AFORO ........................................ 16

SERVIZOS E INSTALACIÓNS DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISTA ......................... 18

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

2

Page 3: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

Deportivista,

quen nos ía dicir hai xusto dous anos, cando renovabas unha vez máis o teu carné do Dépor ou te asociabas por primeira vez a este sentimento, o que nos ía a deparar a vida deportiva e social

Canto cambiamos a percepción de tantas cousas desde entón. Aprendemos a valorar o importante, a gozar do momento, a querer estar sempre cos nosos e a coidalos para que estean ben. Aseguramos aprender do pasado para tentar mellorar no futuro.

Acumulamos moitas leccións de vida e tamén de Deportivismo. Neste tempo non dubidaches, nin por un instante, en seguir axudando aos teus, a Os Nosos e Ás Nosas, á Nosa Canteira. Aínda que non soubeses se poderías pisar ABANCA-RIAZOR ou Abegondo apoiaches sen dubidar ao Club para que, con miles de Deportivistas coma ti, puidésemos seguir dicindo que nin a pandemia nin o descenso puideron cunha das partes importantes das nosas vidas.

Aínda non superamos aquilo que tanto nos cambiou. Aínda debemos seguir afrontando momentos complicados e incertezas pero, como todo no camiño vital, tamén nos tocará recuperar o sorriso e as alegrías.

Son tantas as emocións que xa sentiches animando a este equipo, seguindo a este Club durante tantos anos, toda unha vida, que non se poden nin enumerar. Pero seguramente si se poden resumir nunha actitude que cos teus feitos demostras ano tras ano: renovar o teu abono para axudar ao Club, presumir de que es do Dépor nas boas, e nas malas moito máis.

Grazas, unha nova temporada, por estar sempre aí, por apostar polo noso futuro común.

Non sabemos o que nos deparará pero seguro que, despois de mucho vivido, quédanos moito por vivir.

Forza Dépor!

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

3

Page 4: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

VANTAXES

Ter o carné do Dépor abre todas as portas da nosa casa e achega moitas máis vantaxes. É tamén a proba física do teu apoio económico para poder facer realidade o proxecto de presente e futuro do RC Deportivo. Co teu carné para a Temporada 21-22 poderás:

Asistir a todos os partidos de Primeira RFEF no Estadio ABANCA-RIAZOR, sempre que o aforo estea garantido.

Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido.

Asistir a todos os partidos do Fabril de Terceira RFEF na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido.

Asistir a todos os partidos da UEFA Youth League no Estadio ABANCA-RIAZOR ou na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido.

Asistir a todos os partidos da nosa canteira na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido.

Recibir o abono por correo postal sen custo algún.

Manter todas as bonificacións.

Eliminar o aumento do 5% sobre o prezo do primeiro prazo do abono.

Posuír un número de socio que outorga antigüidade no Club e que se conservará sempre que se manteña en vigor o abono.

Conservar a súa localidade

Gozar do 5% de desconto nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, Rúa Real 59 e www.deportienda.es.

Gozar do 15% de desconto na DéporClínica do Grupo Clínica O Burgo.

Ter preferencia na compra de entradas para os encontros que o equipo xogue fóra de casa e que dispoña o Club.

Comprar entradas con desconto de socio naqueles partidos que así as dispoña o Club.

Ter descontos e promocións das empresas patrocinadoras e outros colaboradores do Club.

Ter tarifas especiais nos DéporCampus Cabreiroá, a Escola RC Deportivo, así como noutras actividades que organice o Club.

Participar en sorteos e outras experiencias que organice o Club.

Acceder aos partidos do Deportivo Liceo no Pavillón por 5€ máis sobre o prezo do abono (baixo dispoñibilidade de aforo por restricións Covid).

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

4

Page 5: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

R E N O VA C I Ó N STodos os abonos coa mesma localidade, salvo abonos especiais (pack familiar, desempregados, peñas e peñistas), que deberán poñerse previamente en contacto mandando un correo electrónico para solicitar a súa bonificación achegando a documentación pertinente, se fose necesario, poderán realizar a renovación polas vías sinaladas a continuación.

No caso de realizar xa a renovación do abono completo, non se poderá solicitar ningunha bonificación con posterioridade, xa que non se realizan devolucións.

Aqueles socios que na Campaña de Compensación polos partidos non gozados na Temporada 2019/20 solicitaron a opción “Moedeiro Dépor: Abonos 2020/21 e 2021/22”, dado que na temporada anterior non foi posible establecer a “Cota de Abono” e descontar o importe correspondente á compensación desa temporada, descontaráselles o total no abono da temporada actual.

Todos aqueles socios que non renoven o seu abono antes do 30 de abril de 2022 perderán definitivamente a súa antigüidade e número de socio.

EN LIÑA

Na páxina rcdeportivo.es/abonos durante as 24 horas do día. Unha vez realizado o trámite, todos os carnés físicos enviaranse por correo

PROCEDEMENTO

postal sen custo algún. O tempo medio de entrega será de 20 días desde a renovación.

TELÉFONO

Mediante o servizo telefónico de ABANCA: 981 910 544, de luns a sábado, excepto festivos nacionais de 08:00 a 22:00 horas. Unha vez realizado o trámite, todos os carnés físicos enviaranse por correo postal sen custo algún. O tempo medio de entrega será de 20 días desde a renovación.

TRANSFERENCIA

Mediante ingreso na conta do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD: ABANCA ES72 2080 0063 42 3040031088 pódese renovar o abono indicando nome, apelidos e DNI da persoa abonada. Para formalizar a renovación, un requisito imprescindible é enviar un correo electrónico a [email protected] achegando o xustificante bancario, copia do DNI, sinalando os datos do abonado ou abono, a dirección postal á que desexas que enviemos os abonos sen custo algún e indicando no asunto “Renovación por transferencia”. Procederase a comprobar tanto a transferencia bancaria como os datos, e, posteriormente, farase efectiva a renovación respondendo o correo electrónico desde a Oficina de Atención ao Deportivista (OAD). Unha vez realizado o trámite, todos os carnés físicos enviaranse por correo postal sen custo algún. O tempo medio de entrega será de 20 días desde a renovación.

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

5

Page 6: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

PRESENCIALMENTE SÓ CON CITA PREVIA E DESDE O 16 DE AGOSTO

Un ano máis a campaña de abonos realizarase exclusivamente en liña. Por motivos de seguridade e saúde pública, unicamente haberá atención baixo cita previa desde o 16 de agosto para atender presencialmente na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD), Estadio ABANCA-RIAZOR: avenida de La Habana s/n, 15011 A Coruña a aqueles abonados que non puideron realizar o trámite de maneira en liña por algún motivo de forza maior. A única vía para solicitar a cita será mediante a plataforma web citaprevia.rcdeportivo.es. Todos aqueles Deportivistas que non soliciten cita previa a través desta plataforma non poderán ser atendidos. Na OAD permítese o pago en efectivo ou con tarxeta, recomendándose o segundo por motivos de saúde, e pago fraccionado mediante o financiamento de ABANCA.

ALTAS DE ABONOSPolo momento non se realizarán altas de abonos con localidade ata que se garanta o aforo a todos os abonados da temporada 2020/21.

PROCEDEMENTO

RENUNCIA AO ASENTO OU NON RENOVACIÓNSe non se ten pensado renovar o abono desta temporada, pódese renunciar xa á localidade e cedela directamente ao Club ou a outro abonado (renovación ou nova alta) remitindo un correo electrónico a [email protected]. Para iso é imprescindible achegar o formulario correspondente (debidamente cumprimentado, asinado e coa documentación anexa esixida) como paso previo á súa alta ou renovación.

LIBERACIÓN DE ASENTOS DESDE O 23 DE AGOSTOOs abonados manterán a reserva do seu asento ata o domingo 22 de agosto.

A partir do luns 23 de agosto todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que os socios con asento poidan cambiar a súa localización. Do mesmo xeito que non se realizarán altas novas ata que se garanta o aforo a todos os abonados, os socios sen localidade (Socio Amigo e Nen@ Dépor) tampouco poderán cambiarse de modalidade de socio polo mesmo motivo.

Os días de cambio de localidade serán do 23 ao 27 exclusivamente para socios con asento mediante cita previa na páxina citaprevia.rcdeportivo.es

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

6

Page 7: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

NORMALAbono xeral , sen bonificación e totalmente transferible a calquera persoa.

VIPO Estadio ABANCA-RIAZOR dispón de Palcos VIP privados situados baixo Preferencia Superior, destinados a aquelas empresas que queiran presenciar os encontros nun ambiente exclusivo, con todas as comodidades e servizos adicionais que dispón o Club. Ademais, a Área 1906, conta con 113 localidades VIP localizadas en Tribuna Inferior, xusto detrás dos banquiños, destinadas a todos aqueles que queiran vivir unha experiencia única e emocionante en cada un dos encontros. Máis información no correo electrónico [email protected].

BONIFICADOAbonos con restricións de uso.

MAIORES DE 65

Tarifa especial sobre o Abono Normal da temporada. Aplicable en todas as localidades. Considerarase Maior de 65 anos a todas aquelas persoas socias nadas antes do 31/12/1956 (inclusive). En caso de non acudir a persoa titular do abono para renovar ou dar o

TIPOS DE ABONO

alta, solicitarase DNI ou Fe de Vida. Será obrigatoria a presentación do DNI no momento da expedición e a requirimento de calquera empregado do Club durante a temporada. A utilización do carné por persoas menores de 65 anos será motivo de retirada inmediata do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte da persoa titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Tarifa especial sobre o Abono Normal da temporada a toda persoa que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior a un 33%. Para obter este desconto, o titular debe presentar o certificado de discapacidade previamente á renovación do abono (no caso de renovar por calquera das vías non presenciais, antes de realizar o trámite, deberase enviar dita documentación por correo electrónico a [email protected]). Soamente é necesario presentar o certificado de discapacidade ao solicitar a bonificación por primeira vez. En caso de necesitar acompañante (imprescindible certificado médico) aplicaráselle a este o mesmo desconto. A zona habilitada para persoas abonadas con mobilidade reducida en cadeira de rodas atópase situada en Tribuna Inferior Impar e Pavillón Inferior e aplicarase o desconto do 20% sobre o prezo do abono de Marathón Inferior. A utilización do carné por persoas distintas ao seu titular será motivo de retirada inmediata

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

7

Page 8: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

TIPOS DE ABONO

do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

DESEMPREGADO

Tarifa especial sobre o Abono Normal da temporada. Aplicable a todas as localidades. Para poder beneficiarse deste desconto, o titular deberá presentar previamente á renovación a tarxeta actualizada que certifica a condición de demandante de emprego expedida polo SEPE , non sendo válida a “mellora de emprego” (no caso de renovar por calquera das vías non presenciais, antes de realizar o trámite, deberase enviar dita documentación por correo electrónico a [email protected]). O carné só poderá ser utilizado pola persoa titular durante a temporada, polo que deberá presentar o DNI a requirimento de calquera empregado do Club, procedéndose á súa retirada en caso de uso indebido. Para recuperalo, o titular deberá (I) abonar o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonar a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

SUB 25

Tarifa especial sobre o Abono Normal da temporada. Aplicable en todas as localidades. Considérase sub 25 a todas aquelas persoas socias nadas entre o 01/01/1996 e o 31/12/2005 (ambos inclusive). Será obrigatoria a presentación do DNI no momento da expedición e a requirimento de calquera empregado do Club durante a temporada. A utilización do carné por persoas maiores de 25 anos será motivo de retirada do mesmo. Só poderá ser recuperado, por parte do titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

8

Page 9: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

TIPOS DE ABONO

o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

ADN BRANQUIAZUL (SUB 15)

Tarifa especial sobre o Abono Normal da temporada. Considérase ADN Branquiazul a todas aquelas persoas socias nadas despois do 01/01/2006 (inclusive). O abono deberá ir sempre vinculado ao dunha persoa socia maior de idade. No momento de alta dun carné de ADN Branquiazul entregarase a asinar un documento á persoa socia maior de idade responsabilizándose da súa correcta utilización durante a Temporada. A utilización do carné por persoas maiores de 15 anos será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do adulto responsable do menor titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

BANCADA FAMILIAR

Abono especial para familias, que permitirá aos membros dunha mesma familia apoiar xuntos ao equipo. Mínimo 3 membros dunha mesma familia (pais-fillos/avós-netos). Dous tipos de pack: 2 adultos 1 neno ou 1 adulto 2 nenos. Nenos ata 15 anos e un máximo de 3

nenos adicionais. O abono do/os neno/s irá sempre vinculado ao da persoa socia maior de idade. No momento da expedición dos carnés familiares entregarase a asinar un documento á persoa socia maior de idade responsabilizándose da súa correcta utilización durante a temporada. Imprescindible presentar o Libro de Familia para acreditar a relación de parentesco. A zona habilitada como Bancada Familiar atópase situada en Tribuna Inferior Lateral e Preferencia Superior Córner. Para poder renovar esta modalidade de abono en liña é imprescindible poñerse en contacto coa Oficina de Atención ao Deportivista mandando un correo electrónico a [email protected].

BANCADA PEÑAS DEPORTIVISTAS

Abonos especiais para as peñas Deportivistas con prezos bonificados co obxectivo de que as peñas poidan situarse conxuntamente para animar ao equipo. Número mínimo de membros dunha mesma peña para acceder á bonificación: 3. O presidente da peña será o que debe solicitar a totalidade dos abonos enviando unha listaxe completa dos peñistas con abono para renovar na devandita bancada e efectuar o pago conxunto mediante transferencia bancaria. A zona habilitada como Bancada Peñas Deportivistas atópase situada na Preferencia Superior Córner Impar. Para poder renovar esta modalidade de abono en liña é imprescindible poñerse en contacto coa Oficina de Atención ao Deportivista mandando un correo electrónico á dirección [email protected].

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

9

Page 10: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

TIPOS DE ABONO

BANCADA ESTUDANTES

Abono especial estudantes (Carné Universitario), para gozar todos xuntos ao terminar as clases dos partidos do Dépor. Para poder beneficiarse deste desconto, o titular deberá presentar previamente á renovación o Carné Universitario (sempre que nel se indique a data de caducidade do mesmo) ou a matrícula do ano académico en curso (no caso de renovar por calquera das vías non presenciais, antes de realizar o trámite, deberase enviar dita documentación por correo electrónico á dirección [email protected]). A zona habilitada como Bancada Estudantes atópase situada na Preferencia Superior Córner. A utilización do carné por unha persoa diferente da titular será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte da persoa titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

BANCADA ESPECIAL NEN@S

Abono especial para Deportivistas menores de 15 anos que poderán gozar todos xuntos dos partidos do Dépor. Considerarase menor de 15 anos a todas aquelas persoas socias nadas despois do 01/01/2006 (inclusive). Bancada situada en Pavillón Superior Impar. Por motivos de seguridade, o Club resérvase o dereito de recolocar a unha bancada igual ou superior en determinados

partidos por afluencia de afección visitante coas mesmas condicións que na bancada orixinal. O abono deberá ir sempre vinculado ao dunha persoa socia maior de idade. No momento de alta dun carné Bancada Especial Nen@s entregarase a asinar un documento á persoa socia maior de idade responsabilizándose da súa correcta utilización durante a temporada. A utilización do carné por persoas maiores de 15 anos será motivo de retirada do mesmo, que só poderá ser recuperado, por parte do adulto responsable do menor titular (I) abonando o prezo da entrada de público fixado para o devandito partido no que foi retirado na bancada correspondente, se esta fose a primeira vez que se retira, ou (II) abonando a diferenza entre o prezo bonificado e o prezo sen desconto da bancada do devandito carné se o mal uso se reiterase.

SOCIO AMIGO

Especialmente creado para afeccionados que residen fóra da Coruña. Poderán manter a antigüidade e asistir a un encontro de Primeira RFEF (excluídos partidos de play off, cuartos de final ou semifinal de Copa do Rey), ademais dos partidos con libre acceso para persoas socias na Cidade Deportiva de Abegondo. O dereito a entrada a ABANCA-RIAZOR non conleva obrigación de consumila, por tanto o Club non deberá repoñela en caso do seu non uso ao longo da temporada. Prezo único do abono: 50 euros. A entrada poderá ser de calquera das bancadas de Fondo (Pavillón ou Marathón) ou Preferencia Inferior, sempre baixo a dispoñibilidade do momento no que se realice a solicitude e sempre que se dispoña do aforo completo garantido.

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

10

Page 11: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

TIPOS DE ABONO

NEN@ DÉPOR

Especialmente creado para bebés recentemente nacidos de 0-2 anos. Considérase Nen@ Dépor a todas aquelas persoas nadas despois do 01/01/2019 (inclusive). Poderán manter a antigüidade e asistir aos partidos de Primeira RFEF ou da Copa do Rey (excluídos partidos de play off, cuartos de final ou semifinal de Copa do Rey) que se disputen no Estadio ABANCA-RIAZOR, ademais dos partidos con libre acceso para persoas socias na Cidade Deportiva de Abegondo. Para iso só terán que retirar a invitación de acceso o mesmo día de partido en presenza do Nen@ Dépor, sempre que se dispoña do aforo completo garantido. Prezo do abono 50 euros. Prezo único do abono con produtos Nen@D épor da DéporTienda, especial pack de agasallo: 75 euros.

CARNÉ MASCOTA DEPORTIVISTA - PROXIMAMENTE

Especialmente creado para todas as Mascotas Deportivistas, terán o seu carné distintivo con foto, número de socio e descontos en empresas do sector. O 10% do prezo do abono doarase a distintas protectoras de animais da Coruña. Prezo: 25 euros.

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

11

Page 12: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

TÁBOA DE PREZOS

AS BONIFICACIÓNS/DESCONTOS NON SON ACUMULABLES.UNHA VEZ RENOVADO OU REALIZADA A ALTA NON SE REALIZARÁN DEVOLUCIÓNS

T R I B U N A S U P E R I O R

M A R A T H Ó N S U P E R I O R

P A V I L L Ó N S U P E R I O R

P A V I L L Ó N I N F E R I O R

B A N C A D A F A M I L I A R

M A R A T H Ó N I N F E R I O R

A B O N ON O R M A L

M A I O R D E 6 5E D I S C A P A C I D A D E A D N

B R A N Q U I A Z U L-20%

Pais - Fillos / Avós - Netos

P A C K 12 ADULTOS + 1 NENO

(ata 15 anos)

P A C K 21 ADULTO + 2 NENOS

(ata 15 anos)

A D N A D I C I O N A L(ata 15 anos, máximo 3)

D E S E M P R E G A D O-30%

S U B 2 5-40%

B O N I F I C A D O S

452€

413€

379€

322€

189€

229€

159€

189€

204€

136€

152€

759€ 607€ 113€

607€ 455€ 76€

361€

330€

303€

257€

151€

183€

127€

151€

163€

108€

121€

316€

288€

264€

225€

132€

160€

111€

132€

143€

95€

106€

271€

248€

227€

192€

113€

137€

95€

113€

122€

81€

91€

204€

190€

168€

147€

82€

100€

75€

82€

96€

68€

75€

T R I B U N A I N F E R I O R

P R E F E R E N C I A I N F E R I O R

P R E F E R E N C I AS U P E R I O R C E N T R A L

P R E F E R E N C I AS U P E R I O R C Ó R N E R

P A V I L L Ó NC U R V A S U P E R I O R P A R

P A V I L L Ó NC U R V A I N F E R I O R P A R

T R I B U N AI N F E R I O R L A T E R A L

B A N C A D A P E Ñ A SPeñas Deportivistas

A B O N O 3Mínimo 3 peñistas*

A B O N O 5Mínimo 5 peñistas*

A B O N O 1 0Mínimo 10 peñistas*

(*) Pertencentes á mesma peña

304€ 243€ 212€P R E F E R E N C I A S U P E R I O R

C Ó R N E R I M P A R

B A N C A D A E S T U D I A N T E SCarné Universitario / Matrícula

159€P R E F E R E N C I A S U P E R I O R

C Ó R N E R

B A N C A D A E S P E C I A L N E N O SAta 15 anos incluídos

60€P A V I L L Ó N S U P E R I O R

C Ó R N E R I M P A R

50€S O C I O A M I G O

50€N E N @ D É P O R

25€M A S C O T A

D E P O R T I V I S T A

P R E F E R E N C I AS U P E R I O R C Ó R N E R

A B O N O S I M P A T I Z A N T E

AS BONIFICACIÓNS/DESCONTOS NON SON ACUMULABLES.UNHA VEZ RENOVADO OU REALIZADA A ALTA NON SE REALIZARÁN DEVOLUCIÓNS

T R I B U N A S U P E R I O R

M A R A T H Ó N S U P E R I O R

P A V I L L Ó N S U P E R I O R

P A V I L L Ó N I N F E R I O R

B A N C A D A F A M I L I A R

M A R A T H Ó N I N F E R I O R

A B O N ON O R M A L

M A I O R D E 6 5E D I S C A P A C I D A D E A D N

B R A N Q U I A Z U L-20%

Pais - Fillos / Avós - Netos

P A C K 12 ADULTOS + 1 NENO

(ata 15 anos)

P A C K 21 ADULTO + 2 NENOS

(ata 15 anos)

A D N A D I C I O N A L(ata 15 anos, máximo 3)

D E S E M P R E G A D O-30%

S U B 2 5-40%

B O N I F I C A D O S

452€

413€

379€

322€

189€

229€

159€

189€

204€

136€

152€

759€ 607€ 113€

607€ 455€ 76€

361€

330€

303€

257€

151€

183€

127€

151€

163€

108€

121€

316€

288€

264€

225€

132€

160€

111€

132€

143€

95€

106€

271€

248€

227€

192€

113€

137€

95€

113€

122€

81€

91€

204€

190€

168€

147€

82€

100€

75€

82€

96€

68€

75€

T R I B U N A I N F E R I O R

P R E F E R E N C I A I N F E R I O R

P R E F E R E N C I AS U P E R I O R C E N T R A L

P R E F E R E N C I AS U P E R I O R C Ó R N E R

P A V I L L Ó NC U R V A S U P E R I O R P A R

P A V I L L Ó NC U R V A I N F E R I O R P A R

T R I B U N AI N F E R I O R L A T E R A L

B A N C A D A P E Ñ A SPeñas Deportivistas

A B O N O 3Mínimo 3 peñistas*

A B O N O 5Mínimo 5 peñistas*

A B O N O 1 0Mínimo 10 peñistas*

(*) Pertencentes á mesma peña

304€ 243€ 212€P R E F E R E N C I A S U P E R I O R

C Ó R N E R I M P A R

B A N C A D A E S T U D I A N T E SCarné Universitario / Matrícula

159€P R E F E R E N C I A S U P E R I O R

C Ó R N E R

B A N C A D A E S P E C I A L N E N O SAta 15 anos incluídos

60€P A V I L L Ó N S U P E R I O R

C Ó R N E R I M P A R

50€S O C I O A M I G O

50€N E N @ D É P O R

25€M A S C O T A

D E P O R T I V I S T A

P R E F E R E N C I AS U P E R I O R C Ó R N E R

A B O N O S I M P A T I Z A N T E

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

12

Page 13: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

FINANCIACIÓN ABANCA

Os socios do RC Deportivo que desexen financiar o seu abono da Temporada 2021/2022 poderán facelo en 3, 6, 9 ou 12 meses sen intereses, con só unha comisión cuxo custo se distribuirá entre as cotas do financiamento: 3 meses (1,25%), 6 meses (2,25%), 9 meses (3,50%) e 12 meses (3,95%). T.A.E. mínima 7,43% - T.A.E máxima 8,65%.

Para isto non é necesario que a persoa socia sexa clienta de ABANCA e a operación debe formalizarse no momento de darse de alta ou renovar o abono na plataforma en liña do RC Deportivo: www.rcdeportivo.es/abonos , a través do Servizo Telefónico de ABANCA ou de darse de alta ou renovar presencialmente nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista situadas no Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida da Habana, s/n).

Para formalizar esta operación só é necesario o DNI do titular e xustificante da conta bancaria se se financian cantidades iguais ou menores a 1.500€. Superando ese importe hai que presentar xustificantes de ingresos.

Toda a información sobre financiamento e os cadros de amortización está dispoñible na Oficina de Atención ao Deportivista.

Importe mínimo de financiamento 150€ e cota mínima a financiar 20€/mes.

Financiamento suxeito á autorización de ABANCA Servizos Financeiros, E. F. C., S.A. A TAE reflectida en cada exemplo varía en función do prazo de financiamento.

Exemplo de financiamento para 452€ en 12 meses. Prezo de adquisición en man: 452€. Comisión de estudo financiada 3,95% (17,85€), cuxo custo se distribuirá entre as distintas cotas do

financiamento. Cota mensual 39,15€. TIN: 0%. TAE: 7,43%. Custo total: 17,85€. Importe total debido e prezo total a prazos: 469,80€. Sistema amortización francés.

Exemplo de financiamento para 452€ en 9 meses. Prezo de adquisición en man: 452€. Comisión de estudo financiada 3,50% (15,82€), cuxo custo se distribuirá entre as distintas cotas do financiamento. Cota mensual 51,98€. TIN: 0%. TAE: 8,65%. Custo total: 15,82€. Importe total debido e prezo total a prazos: 467,82€. Sistema amortización francés.

Exemplo de financiamento para 452€ en 6 meses. Prezo de adquisición en man: 452€. Comisión de estudo financiada 2,25% (10,17€), cuxo custo se distribuirá entre as distintas cotas do financiamento. Cota mensual 77,03€. TIN: 0%. TAE: 7,96%. Custo total: 10,17€. Importe total debido e prezo total a prazos: 462,18€. Sistema amortización francés.

Exemplo de financiamento para 452€ en 3 meses. Prezo de adquisición en man: 452€. Comisión de estudo financiada 1,25% (5,65€), cuxo custo se distribuirá entre as distintas cotas do financiamento. Cota mensual 152,55€. TIN: 0%. TAE: 7,75%. Custo total: 5,65€. Importe total debido e prezo total a prazos: 457,65€. Sistema amortización francés.

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

13

Page 14: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

CALENDARIO

XULLO

LUN MAR MER XOV VEN SAB DOM

5

12

19

26

6

13

20

27

7

14

21

28

1

8

15

22

29

2

9

16

23

30

4

11

18

25

3

10

17

24

31

AGOSTO

26 DE XULLO - 15 DE AGOSTORENOVACIÓN:· EN LIÑA· POR TRANSFERENCIA (DE LUNS A VENRES)· TELEFÓNICA (DE LUNS A SÁBADO)

RENOVACIÓN:· PRESENCIAL SOLO CON CITA PREVIA· EN LIÑA· POR TRANSFERENCIA (DE LUNS A VENRES)· TELEFÓNICA (DE LUNS A SÁBADO)

16-21 DE AGOSTO

23-27 DE AGOSTOCAMBIOS DE LOCALIDADE PARA SOCIOS CON ASENTOSÓ CON CITA PREVIA

LUN MAR MER XOV VEN SAB DOM

2

9

16

23

30

3

10

17

24

31

4

11

18

25

5

12

19

26

6

13

20

27

1

8

15

22

29

7

14

21

28

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

14

Page 15: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

ABANCA-RIAZOR

VIP·OAD

27

FAMILIAR

BANCADAS ESPECIAIS

PALCOS VIP / ÁREA 1906

PEÑAS

ESTUDIANTES

AFICIÓN VISITANTE

ENTRADAS

NIÑOS

TRIBUNA SUPERIOR

TRIBUNA INFERIOR

MARATHÓN SUPERIOR

MARATHÓN INFERIOR

PREFERENCIA SUPERIOR CENTRAL

PREFERENCIA SUPERIOR CÓRNER

PREFERENCIA INFERIOR

PAVILLÓN INFERIOR

CURVA PAVILLÓN SUPERIOR

CURVA PAVILLÓN INFERIOR

PAVILLÓN SUPERIOR

MA

RAT

N S

UP

ERIO

R

F 1

F 1

F 1

F 13

F 1

F 13

F 19

F 18

F 1

F 18

F 1

F 21

F 1

F 21

F 20

F 1

F 1

F 19

F 1

F 25

F 1

F 19

F 1

F 19

F 1

F 25

F 1

F 25

F 1

F 19

F 1

F 19

F 1

F 25

2 29 283PALCO

TRIBUNAR/ MANUEL MURGUÍA

4

4

P

5P 5

MARAT

HÓN

108

6

MA

RAT

N IN

FER

IOR

TRIBUNA INFERIOR

PAR IMPAR

11P

12P

13P 121514 16 17 18

PREFERENCIA INFERIOR

PALCOS VIP

20

ESPECIALNIÑOS

BANCADAVISITANTE

21

PAVILLÓ

N

PAVILLÓ

N SU

PER

IOR

PAVILLÓ

N IN

FERIO

R

2423

22

PREFERENCIA SUP. CENTRALPREFERENCIA SUP.CÓRNER

PREFERENCIA SUPERIOR

CÓRNER

AVD. DE LA HABANAPREFERENCIA

27

25

TRIBUNA SUPERIOR

CURVA PAVILLÓN INFERIOR

F1 - F17

CURVA PAVILLÓN

SUPERIORF1 - F18

ÁREA 1906

15P

14PG

16PG

17P

18P

19P 20

P

0P

1P

29P

3P

28P

21 PG

24 PG

23 P22 P

6PG9PG

8PG

7PG

10PG

PG Portas de garda para accederno transcurso dos partidos

Portas de accesoNen@ Dépor

PG

2PG

VIP·OAD

27

FAMILIAR

BANCADAS ESPECIAIS

PALCOS VIP / ÁREA 1906

PEÑAS

ESTUDIANTES

AFICIÓN VISITANTE

ENTRADAS

NIÑOS

TRIBUNA SUPERIOR

TRIBUNA INFERIOR

MARATHÓN SUPERIOR

MARATHÓN INFERIOR

PREFERENCIA SUPERIOR CENTRAL

PREFERENCIA SUPERIOR CÓRNER

PREFERENCIA INFERIOR

PAVILLÓN INFERIOR

CURVA PAVILLÓN SUPERIOR

CURVA PAVILLÓN INFERIOR

PAVILLÓN SUPERIOR

MA

RAT

N S

UP

ERIO

R

F 1

F 1

F 1

F 13

F 1

F 13

F 19

F 18

F 1

F 18

F 1

F 21

F 1

F 21

F 20

F 1

F 1

F 19

F 1

F 25

F 1

F 19

F 1

F 19

F 1

F 25

F 1

F 25

F 1

F 19

F 1

F 19

F 1

F 25

2 29 283PALCO

TRIBUNAR/ MANUEL MURGUÍA

4

4

P

5P 5

MARAT

HÓN

108

6

MA

RAT

N IN

FER

IOR

TRIBUNA INFERIOR

PAR IMPAR

11P

12P

13P 12

1514 16 17 18

PREFERENCIA INFERIOR

PALCOS VIP

20

ESPECIALNIÑOS

BANCADAVISITANTE

21

PAVILLÓ

N

PAVILLÓ

N SU

PER

IOR

PAVILLÓ

N IN

FERIO

R

2423

22

PREFERENCIA SUP. CENTRALPREFERENCIA SUP.CÓRNER

PREFERENCIA SUPERIOR

CÓRNER

AVD. DE LA HABANAPREFERENCIA

27

25

TRIBUNA SUPERIOR

CURVA PAVILLÓN INFERIOR

F1 - F17

CURVA PAVILLÓN

SUPERIORF1 - F18

ÁREA 1906

15P

14PG

16PG

17P

18P

19P 20

P

0P

1P

29P

3P

28P

21 PG

24 PG

23 P22 P

6PG9PG

8PG

7PG

10PG

PG Portas de garda para accederno transcurso dos partidos

Portas de accesoNen@ Dépor

PG

2PG

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

15

Page 16: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

LIMITACIÓNS DE AFORO

A normativa e uso do abono deberá adaptarse ás regulacións e limitacións do aforo dispoñible, así como ás disposicións das autoridades sanitarias e as propias que marque o Club por réxime interno. Neste sentido, no caso de que o aforo se reduza a un número inferior ao número de abonados, o Club devolverá, unha vez finalice a temporada, a parte proporcional dos partidos non gozados a aqueles socios que se vexan afectados.

Para iso, naqueles partidos que o aforo sexa inferior ao número de socios abrirase un prazo de prereserva de entradas. (I) No caso de que o número de peticionarios de entradas para o devandito partido sexa inferior ao aforo permitido non se devolverá o importe proporcional do devandito partido a ningún abonado. (II) No caso de que o número de peticionarios de entradas sexa superior ao aforo permitido, só se devolverá a parte proporcional a aqueles abonados peticionarios da entrada e que finalmente non resulten beneficiados.

Condicións especiais de acceso: para acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR deberanse cumprir as condicións que as limitacións e regulacións sanitarias permitan. Debido ás posibles restricións de aforo, cabe a posibilidade de que as persoas abonadas non poidan ser situadas no seu asento habitual, polo que o Club resérvase o dereito de modificar as localidades durante os partidos afectados para poder cumprir coas devanditas restricións. A distribución das localidades será o máis próxima posible á localización ou zona de prezo do abono.

Por este mesmo motivo, o Club pode inhabilitar nos partidos afectados o acceso co carné do Deportivo 2021/2022 e que este se realice mediante entrada. Cando se volva a recuperar todo o aforo, as persoas abonadas poderán volver utilizar o abono físico e a súa localidade habitual.

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

16

Page 17: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

CAMPAÑA DE ABONOS 2021 / 2022Mucho vivido. Moito por vivir

17

Page 18: ÍNDICEdescargas.rcdeportivo.es/21-22/dossier_abonos_rcdeporti...Asistir a todos os partidos de Reto Iberdrola na Cidade Deportiva de Abegondo, sempre que o aforo estea garantido

OFICINA DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISTA (OAD)Durante a primeira fase da campaña só xestionarase en liña e desde o 16 de agosto atenderase tamén presencialmente,

só con cita previa, en citaprevia.rcdeportivo.es

Dirección: avenida de La Habana, s/n 15011 A CoruñaCorreo electrónico: [email protected]

Teléfono: 981 259 500 Extensión 1

SEDE SOCIALDirección: praza Pontevedra, 19 1o 15003 A Coruña

Teléfono: 981 259 500 Extensión 2 Correo electrónico: [email protected]

Páxina web: www.rcdeportivo.es