xogos traballar brilÉ
DESCRIPTION
Batería de xogos relacionados cos lanzamentos e as recepcións para poder mellorar no xogo do briléTRANSCRIPT
A CAZA DO RAPOSO:
Un balón de espuma.
Un/unha neno/a fai de raposo. Os
demais xogadores colócanse de pé,
quietos e separados tratando de
ocupar todo o campo de xogo. Teñen que intentar dar cunha pelota ao
raposo, facendo pases entre eles pero o raposo, pode moverse por todo
o campo para escapar. O xogador que consiga cazalo (darlle coa
pelota) colócase no seu lugar e convértese en raposo.
CRAVES ATAQUE:
Pasar aos compañeiros mellor colocados para lanzar.
Adiantarse á traxectoria do raposo.
Pases rápidos e curtos para marear ao raposo.
Asegurar os pases, fáciles e suaves para recollelos ben.
CRAVES DEFENSA:
Fintar a un lado e a outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Mirar sempre onde está a pelota para estar ben situado.
Facer grande o campo correndo por todos os lados.
DAO:
Por parellas, un balón.
Un dos xogadores colócase nunha parede.
O/a compañeiro/a colócase nunha liña a 5-6
metros. Desde aí ten 5 intentos para tirar a dar
ao seu compañeiro/a pero, este/a pódese
mover á dereita ou á esquerda, subir e baixar, saltar, esquivar … Despois
cambian de rol. Gañaría o xogador que consiga chegar, antes, aos
puntos establecidos previamente.
CRAVES ATAQUE:
Efectuar lanzamentos fortes e rápidos.
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a
pelota).
Efectuar fintas para enganar ao xogador.
CRAVES DEFENSA:
Fintar a un lado e a outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Mirar sempre onde está a pelota para estar ben situado.
PELOTA CAZADORA:
2 pelotas de espuma.
Dous cazadores/as cunha pelota
cada un, tratan de cazar (dar coa
pelota) ao resto de compañeiros/as.
Os tocados sentan no chan e
numéranse (o primeiro o 1, o segundo
o 2, etc). Se un xogador/a consegue
coller a pelota (sen que bote) cando un cazador/a intenta darlle, os 5
primeiros xogadores cazados quedan salvados. Cando todos os
xogadores son cazados cambio de cazadores.
CRAVES ATAQUE:
Efectuar os lanzamentos o máis preto posible dos
obxectivos.
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a
pelota).
Desprazarse rápido a coller a pelota.
Adiantarse á traxectoria dos compañeiros/as que
escapan.
Lanzar a pelota con bote para evitar que os
xogadores/as collan a pelota.
CRAVES DEFENSA:
Fintar a un lado e a outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Mirar sempre onde está a pelota para estar ben situado.
Seleccionar os lanzamentos que queremos coller, os que
veñen preto do noso corpo.
TIRO AO BRANCO:
Grupos de 5. Un xogador/a, previsto
de varias pelotas de espuma (10). Os
seus compañeiros/as, circulando nun
espazo de xogo limitado, teñen que
intentar non ser alcanzados polas
pelotas que lanza o xogador/a que está fora da zona. Se son tocados
saen da zona. Se un xogador colle a pelota, consegue dous lanzamentos
extra para cando lle toque lanzar. Cando o neno/a lanza todas as
pelotas se cambia de lanzador. Gaña o xogador que máis xogadores/as
consegue alcanzar.
CRAVES ATAQUE:
Lanzar onde haxa xogadores xuntos.
Efectuar lanzamentos fortes.
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a
pelota).
Efectuar fintas para enganar aos xogadores.
CRAVES DEFENSA:
Fintar a un lado e a outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Mirar sempre onde está a pelota para estar ben situado.
Seleccionar os lanzamentos que queremos coller, os que
veñen preto do noso corpo.
Non colocarse xunto aos outros xogadores/as.
APUNTA E DISPARA:
En parellas. Aros e pelotas.
Un cun aro e o outro cunha pelota. O que ten o aro sitúase
preto da parede e o coloca en distintas posicións, a modo de diana,
para que o seu compañeiro intente facer branco nel.
Cada xogador/a ten 5 intentos. Despois cambio de rol.
Teñen que intentar chegar a 20 acertos entre os dous.
Variantes:
O que ten o aro o move dun lado a outro facendo un
semicírculo por enriba da cabeza.
Realizar os lanzamentos dende máis distancia.
CRAVES:
Mellorar a técnica de lanzamento.
Mellorar o número de acertos nos lanzamentos.
Adaptar os lanzamentos a distintos obxectivos e distancias.
DON BALÓN:
Grupos de 5-8 numerados e cunha pelota cada un.
O nº 1 lanza a súa pelota rodando polo chan e os outros membros do grupo
intentan alcanzar á pelota mediante o lanza-
mento da súa. Despois o nº 2 será o encargado
de facer rodar a pelota. Teñen que intentar
lograr 10 puntos entre todo o equipo.
CRAVES:
Mellorar a técnica de lanzamento.
Mellorar o número de acertos nos lanzamentos.
Adaptar os lanzamentos a obxectivos en movemento.
QUEMAO
Por parellas cunha pelota.
Colócanse en dúas filas enfrontadas cunha separación de 3-4 metros. Un
neno/a, de xeito voluntario, ten que atravesar polo medio das dúas filas
correndo, mentres que a fila de nenos/as que teñen balón lanzan a darlle. Os
nenos/as da fila sen balón, son os encargados de recoller o seu balón e
colocarse de novo no seu sitio porque despois tócalles a eles lanzar.
CRAVES:
Mellorar a técnica de lanzamento.
Mellorar o número de acertos nos lanzamentos.
Adaptar os lanzamentos a obxectivos en movemento.
BALÓN MÓVIL
2 equipos e cada xogador cunha pelota.
Colócanse en dúas filas enfrontadas cunha
separación de 8-10 metros metros. No medio
delas,no centro, colócase un balón medicinal
(dos que pesan). Ao sinal, todos os xogadores lanzan o seu balón para darlle,
tentando de levalo a balonazos ata a liña do equipo contrario. O equipo que
consegue facelo gañaría 1 punto.
CRAVES:
Mellorar a técnica de lanzamento.
Mellorar o número de acertos nos lanzamentos.
Adaptar os lanzamentos a obxectivos en movemento.
ARO MÓVIL
Grupos de 5-8 numerados, un aro e 5-8 pelotas.
O nº 1 lanza o aro rodando polo chan e os outros membros do grupo,
mediante o lanzamento da súa pelota, intentan metela polo medio do
aro. Despois o nº 2 será o encargado de facer rodar o aro e así
sucesivamente. Teñen que intentar lograr 10 puntos entre todo o
equipo.
CRAVES:
Mellorar a técnica de lanzamento.
Mellorar o número de acertos nos lanzamentos.
Adaptar os lanzamentos a obxectivos en movemento.
BALÓN SENTADO
1 balón de espuma.
Un neno/a pilla. Ten que intentar tocar co balón ao resto. A quen lle toque, ten
que sentarse no chan. Os sentados poden salvarse se conseguen coller a pelota
desde a posición de sentado. E se ademais, antes de levantarse, pasa a algún
compañeiro que tamén estea sentado tamén se salva.
CRAVES ATAQUE:
Efectuar os lanzamentos o máis preto posible dos obxectivos.
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a pelota).
Desprazarse rápido a coller a pelota.
Adiantarse á traxectoria dos compañeiros/as que escapan.
CRAVES DEFENSA:
Fintar a un lado e ao outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Mirar sempre onde está a pelota:
o Para estar ben situado.
o Para collela cando estea sentado.
Seleccionar os lanzamentos que queremos coller, os que veñen
preto do noso corpo.
ESQUIVAR E DAR
2 equipos, 1 balón de espuma, petos.
O equipo que ten o balón ten que intentar sentar aos nenos/as doutro.
Poden facelo de tres formas distintas: lanzando, tocando co balón ou tendo este
nunha man, tocar coa outra. Ao xogador que lle tocan, séntase.
Os xogadores sentados pódense salvar cando: o seu equipo ten o balón e llo
pasan ou se o collen cando cae ao chan.
O xogador que ten o balón na man, non pode moverse pero pode pasar.
Gaña o equipo que consiga sentar ao outro.
CRAVES ATAQUE:
Manter a posesión da pelota (lanzar e pasar).
Moverse para apoiar aos compañeiros/as.
Acercarse aos xogadores/as do outro equipo para que me
pasen a pelota.
Pasar rápido a pelota para que os xogadores doutro equipo non
podan colocarse.
Efectuar fintas para enganar aos xogadores.
Pasar o balón aos xogadores/as sentadas do noso equipo o
antes posible.
CRAVES DEFENSA:
Mirar sempre onde está a pelota para poder collela.
Fintar a un lado e ao outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Colocarse cerca dos xogadores/as do noso equipo sentados
para que teñan máis facilidades para coller a pelota.
Ir rápido a buscar a pelota cando estea polo chan.
BRILÉ LOCO:
Espazo rectangular. 1 balón.
O obxectivo do xogo e quedarse só dentro do campo. 4 nenos/as por fora, un en
cada lado. Mediante lanzamentos hai que intentar tocar aos xogadores/as do
interior do rectángulo, cando isto ocorre o xogador tocado sae para fora:
Se é tocado por un de dentro ten que saír para fora.
Se o xogador/a é tocado por un de fora hai cambio de
posición.
Brílase igual que nos partidos de brilé.
CRAVES ATAQUE:
Lanzar intentando manter a posesión da pelota (forza e
dirección).
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a pelota).
Efectuar fintas para enganar aos xogadores.
CRAVES DEFENSA:
Mirar sempre onde está a pelota para poder collela.
Fintar a un lado e ao outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Seleccionar os lanzamentos que queremos coller, os que veñen
preto do noso corpo.
Non colocarse xunto aos outros xogadores/as.
CAMPOS MEDIOS:
Espazo rectangular. 1 pelota.
2 xogadores/as colocados fora e nos extremos curtos teñen que intentar brilar ao
resto que esta colocado no interior. Os tocados pasar a formar parte do seu
equipo. Se brila igual que nos partidos de Brilé.
CRAVES ATAQUE:
Lanzar intentando manter a posesión da pelota (forza e
dirección).
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a pelota).
Efectuar fintas para enganar aos xogadores.
CRAVES DEFENSA:
Mirar sempre onde está a pelota.
Fintar a un lado e ao outro (enganar).
Cambios de dirección rápidos e continuos.
Seleccionar os lanzamentos que queremos coller, os que veñen
preto do noso corpo.
Non colocarse xunto aos outros xogadores/as.
BRILÉ COOPERATIVO
MULTIBRILÉ CON MÁS DE 1 BALÓN
BRILÉ COOPERATIVO:
Espazo rectangular. Cancha dividida. 2 equipos. 2 pelotas.
Ao comezo cada equipo cunha pelota. Se brila igual que nos partidos de Brilé.
Cando un xogador/a é brilado polo outro equipo cambia de campo e pasa a
formar parte do seu equipo. O xogo remata cando todos formamos parte do
mesmo equipo.
CRAVES ATAQUE:
Lanzar intentando manter a posesión da pelota (forte para que
rebote e volva ao noso campo).
Non lanzar á parte central do corpo (evitar que collan a pelota).
Efectuar fintas para enganar aos xogadores.
Intentar dar ao xogador/a doutro equipo que ten a pelota e vai a
lanzar.
Lanzar aos xogadores/as que están cambiando de campo por
que foron brilados.