xogos biblioteca
DESCRIPTION
Normas de uso e préstamoTRANSCRIPT
“Os nenos aprenden moito máis xogando que estudiando, facendo que mirando. “
Francesco Tonucci
NORMAS DE USO
XOGUEMOS NA BIBLIOTECA
Os nosos xogos
Blokus +5 anos
Formapalabras + 7 anos
TILT + 8 anos
HEDGEHOG ESPACE! + 8 anos
CROSS ROADS + 8 anos
Rummi Classic + 8 anos
Érase una vez + 8 anos
Tabú + 13 anos
Story Cubes + 6 anos
Story cubes –viaxes + 6 anos
Story cubes--acción + 6 anos
Literatour + 8 anos
Solitaire Chess + 8 anos
Interlock + 8 anos
Perilous Pipes + 8 anos
Mastermind + 7 anos
TANGRAM + 2 anos
Xadrez + 6 anos
Pentomino + 5 anos
A Baña
Biblioteca Escolar CPI San Vicente
Normas de uso e coida-do dos xogos Trata con coidado e respecto as
pezas e as caixas. Devolve o xogo ordenado e ben pechado, tal e como o atopaches.
Revisa que todas as pezas estean recollidas antes de devolvelo.
Respecta a colocación dos xogos no carro, de xeito que non caian nin se estropeen.
Cando esteades a xogar na bi-blioteca, non fagades barullo nin levantedes a voz. Respectade a lectura ou o traballo dos demais usuarios da biblioteca.
Non acaparedes os xogos, se hai máis persoas interesadas no que estades a usar, procurade esta-blecer quendas ou tempos para o seu uso.
En horas de GARDA ou ATENCIÓN EDUCATIVA:
Debedes estar acompañados dun profe-sor responsable.
O grupo debe apuntarse na FOLLA DE CONTROL DE USO DE XOGOS, indicando día, hora e o profesor que vos acompaña.
2. NAS AULAS Se nalgún tempo de lecer na aula vos autorizan a xogar debedes vir á biblioteca para levar en prés-tamo os xogos que vos interesan .
O profesor responsable da biblioteca debe tomar nota do préstamo.
Unha vez rematado ese tempo de lecer é preciso devolver os xogos á biblioteca. Se nese momento non hai un profesor responsable, o xogo debe ser depositado no caixón de DEVOLUCIÓNS.
XOGAR, PENSAR, APRENDER. . .
A nosa biblioteca quere ser non só un lugar onde se gardan libros , senón un espazo de encontro onde poidades saciar a vosa curiosidade, ler, traballar sos
ou en equipo e, dende agora, tamén exercitar o voso enxeño coa nosa colección de xogos.
Quen pode xogar As únicas condicións para poder utilizar os nosos xogos son:
Ter máis de 8 anos. Posuír o carné de usuario da
biblioteca.
Onde podemos xogar 1. NA BIBLIOTECA Nos tempos de recreo, sempre que haxa na biblioteca un profesor responsable. Debedes presentar o teu carné
xunto co xogo que che interesa. E usar a mesa situada fronte á
zona de xestión.