xi festival internacional de cine independente de...

36
Reporteiro gráfico da emigración Autor Manolo González E G LIXIO ONZALEZ XI Festival Internacional de Cine Indenpendiente de Ourense Secretaría Xeral de Emigración Centro Galego de Artes da Imaxe CGAI Arquivo da Emigración Galega

Upload: others

Post on 21-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Reporteiro gráfico da emigración

Autor

Manolo González

E

G

LIXIOONZALEZ

XI

Fest

ival

Inte

rnac

iona

l de

Cin

eIn

denp

endi

ente

deO

uren

se

Secretaría Xeral de EmigraciónCentro Galego de Artes da Imaxe CGAI

Arquivo da Emigración Galega

Page 2: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE OURENSE

1

Page 3: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

2

Page 4: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE OURENSE

Manolo González

ELIXIO GONZÁLEZ ESTÉVEZ Reporteiro gráfico da emigración

Secretaria Xeral de Emigración Arquivo da Emigración Galega

Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)

3

Page 5: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

4

Page 6: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

CINEMA DE CORRESPONDENCIA

A escasa tradición audiovisual de Galiza ten, por conta, unha notable especificidade: as películas de correspondencia, un conxunto relativamente amplo de materiais visuais, documentais e reportaxes, relacionados cos procesos migratorios.

Aproximadamente dende 1910 ata os anos sesenta,

emigrantes e galegos cruzáronse curiosas cartas cinematográficas dunha á outra banda do mar, que ían, en palabras de X. A. Durán, “de acá e de acolá”1. As latas viaxaban nas bodegas dos mesmos barcos a vapor que transportaban emigrantes ou retornados, para logo ser proxectadas nos mellores cinematógrafos de Bos Aires, La Habana, Vigo ou Coruña. Poderiamos, polo tanto, falar da existencia dun particular e curioso “subxénero” de documental, que denominamos "cinema de correspondencia", fenómeno insólito no panorama cinematográfico dos anos vinte, trinta e corenta. O estado das investigacións realizadas polo de agora, permiten asegurar que este “cinema de correspondencia” é unha das poucas contribucións singulares de Galicia á cultura cinematográfica2. Países de longa tradición migratoria coma Irlanda ou Italia non dispoñen -que se coñeza-, materiais audiovisuais semellantes. 3

1 Durán, J.A. La parroquia de acá e de acolá en la Galicia tradicional. Monografias de los Cuadernos del Norte. 1982. 2 O que non deixa de ser un balance ben cativo, 111 anos despois do nacemento do cinema... 3 Só coñecemos algúns casos similares en Asturias, especialmente na comarca de Llanes. Tamén na Filmoteca de Castilla/León dispoñen de materiais visuais similares como “Asamblea de la sociedad filantrópica Hijos de El Royo en Buenos Aires” ou

5

Page 7: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Agrupamos baixo esta denominación todos os

materiais visuais realizados cun obxectivo explicitamente descritivo/denotativo e producidos especialmente, ben para a propaganda do territorio xeográfico industrial-cultural da metrópole nos países de ultramar, ou ben para a lembranza dos seres, costumes e paisaxes queridos dunha e doutra banda do mar.

As películas de correspondencia cruzaban o

Atlántico en ámbalas direccións conformando unha

“Ávila y América”.

6

Page 8: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

especie de intercambio visual entre Galiza e América. Esa correspondencia realizábase ao marxe da vida oficial e comercial dos países polos que circulaba e só tiña transcendencia entre as colonias de emigrantes de cada país. En América, sobre todo en Arxentina, Cuba e Uruguai, as sociedades galegas encargaban a filmación dos seus actos sociais e culturais, en moitos casos, coa intención de remitilos aos seus familiares e veciños de Galiza:

“Con ellos, la madre, la familia podrá ver en la

pantalla a sus deudos emigrados con la misma realidad que si los tuviera presentes".

Elixio González Documentalista de la emigración.

Pero tamén os galegos responden ás "cartas

cinematográficas" dende este lado do mar. Xa desde 1910, inmigrantes de Bos Aires, A Habana ou Montevideo emocionábanse nos cinemas americanos coas imaxes procedentes de Galiza: familias, xentes, festas e romarías, así como o estado das obras, escolas ou actividades financiadas polos emigrados na súa terra natal. Os obxectivos de comunicación emocional fican patentes en todos os reclamos e anuncios de proxección de este tipo de filmes:

“Que las impresiones de la vida real se trasladen

por el arte diabólico de la cinematografía al lado de los tantos recordados hijos, padres, hermanos parientes o amigos4”

4 El Tea. Ponteareas. 23/09/31.

7

Page 9: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Todo gallego que sin necesidad de embarcar quiera ver su pueblo y su casa y sus familiares y los valles, ríos y montes de Galiza, puede ir a ver estas películas y quedará complacido5.

Estábamos sedientos del agua cristalina y mansa de nuestros propios arroyos, teníamos hambre de nuestros cantos de nuestra música, de nuestros paisajes 6”.

As películas de correspondencia realizadas dende América, configuran un retrato optimista da actividade social e cultural da emigración galega en América. Na meirande parte dos casos, os galegos de ultramar aparecen felices en romarías e banquetes, proclamando a opulencia americana fronte á Galiza da pobreza, emigración e racionamento. Certo que as secuencias habituais deste tipo de filmes recollen interminábeis xantares campestres onde non faltan abondosos churrascos e “bifes de chorizo” entre a ledicia e festa xeral. Inciden nas actividades de “sociabilidade” dos inmigrantes empeñados en re-construír espazos locais ou rexionais nos que autoidentificarse, actos que lle permitan, a pesares do mar Atlántico, senti-la emoción de pertenza á súa comunidade local ou rexional de orixe. Pero tamén conforman un retrato da actividade social e cultural da emigración galega en América, rexistrando actividades sociais, visitas de persoeiros ou eventos especiais como o “Primeiro congreso da Emigración”

5 Suevia. La Habana .18/1/1920 6 El correo de Galicia. Buenos Aires. 4/9/1914

8

Page 10: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

(1956)7, imaxes de relevantes personalidades da cultura galega do século XX: dende Castelao, Banco Amor ou Otero Pedrayo ata a grande actriz coruñesa, María Casares, de visita no Centro Galego de Bós Aires... A proxección deste tipo de materiais en Galiza non provocaba o mesmo impacto emocional que as películas de correspondencia destinadas ao público emigrante, agás cando se trataba dos seres queridos.

7 Nestes últimos meses celebráronse por toda Galiza diversos actos públicos conmemorando o 50 aniversario da celebración do Congreso, utilizando a película de Elixio como fonte documental.

9

Page 11: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

As películas de correspondencia no se axustan á definición académica do xénero “documental”, xa que, na meirande parte das veces, as cintas no deixan de ser primitivas “vistas animadas”, un conxunto de panorámicas, planos medios e xerais, as veces, incluso sen un orden lóxico e formal. Unha análise ortodoxa podería conceptualizalas como simples “reportaxes”, pero consideramos que as “películas de correspondencia” posúen certas características específicas que lles outorgan unha idiosincrasia especial:

En primeiro lugar porque o mercado de

explotación sitúase fora dos circuítos comerciais convencionais, nun territorio delimitado, concreto e reducido8, dirixido a unha “audiencia” moi específica: emigrados de baixo nivel de instrución que, na meirande parte dos casos, levan varios anos ausentes da súa patria de orixe. O factor emocional será un dos seus sinais

de identidade mais relevantes. O obxectivo do cinema de correspondencia vencéllase coas necesidades de intercambio emocional9 de emigrados e galegos, condicionando a posta en escena dos suxeitos filmados, quen aparecen ante a cámara espontáneos, naturais e directos. En certa maneira lembra ás

8 As veces tan reducido como os limitados socios das sociedades galegas en ultramar, como a sociedade “Hijos de Entienza” de Bos Aires ou “Hijos de Morgadanes” de Montevideo. 9 O carácter “emocional” deste tipo de materiais quedará patente nas crónicas e reportaxes das diferentes estreas públicas destes materiais.

10

Page 12: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

reportaxes familiares ou gravacións caseiras en vídeo, a pesares dos formatos profesionais ou semiprofesionais de filmación10. Os resultados amosan tamén unha grande frescura visual que contrasta vivamente có acartonamento e solemnidade da meirande parte dos documentais “profesionais” das décadas dos vinte aos cincuenta. Personaxes e escenarios agroman recubertos de connotación, o que tende a provocar a catarse emotiva no público receptor: “lágrimas de emoción” na meirande parte das proxeccións públicas destes materiais.

As películas de correspondencia

encádranse dentro das numerosas actividades de “sociabilidade”11 dos emigrantes en América, como manteñedoras dos vencellos coa nunca esquecida identidade (Galiza) e o territorio da infancia (parroquia de procedencia e sociedade galega de emigración). O conxunto de “películas de

correspondencia” posibilita a documentación directa da vida cotián dun proceso social complexo, fondo e, ás veces, doloroso, como

10 A meirande parte das producións están realizadas por produtoras profesionais que utilizan os formatos 35mm e 16mm. 11 Actividades como medios de comunicación propios (boletíns, xornais, revistas), festas, conmemoracións, teatro, bailes e romarías, e xeral numerosas actividades cotiás (xoga-la partida por ex.), que mantiñan activos os lazos do inmigrante có seu curruncho natal.

11

Page 13: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

a inmigración, conformando un banco de imaxes fundamentais sobre esta realidade social, moi pertinentes para a produción de discursos audiovisuais contemporáneos.

Por último, resulta moi peculiar o “democrático” sistema de financiamento deste tipo de materiais visuais, xa que a meirande parte destas producións -con escasos paralelismos noutros colectivos de emigrantes-, eran sufragadas xenerosamente polas sociedades galegas en América. Por exemplo, temos constancia da produción de películas patrocinadas por sociedades como os Centros Galegos de La Habana, Bos aires ou Montevideo ou as sociedades de Cambados, Entienza, Lalín, Maside, Val Miñor, Vilagarcía, Corcubión, Guitiriz, Salvaterra, Fornelos de la Rivera, Porriño, Viveiro, Rianxo, Morgadáns, Carballiño... entre outras moitas durante un período comprendido entre 1910 e finais da década dos cincuenta. En todos os casos o procedemento era similar: cada certo tempo, -especialmente coincidindo con algún aniversario da sociedade patrocinadora ou cando se estaba a subvencionar a construción dalgunha obra no “curruncho” natal-, o colectivo de emigrantes decidía “encargar” unha película cinematográfica. Aproveitábase a ocasión para solicitar ademais a filmación de festas e romarías das diferentes parroquias

12

Page 14: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

ás que pertencían os asociados. Para acadar o financiamento necesario, a Sociedade organizaba “asados”, festas, tómbolas, rifas, ou listas de donacións na que participaban xenerosamente un número considerable de emigrados.

Os contratos firmábanse por metros.

Habitualmente o encargo medio oscilaba entre 400 e 600 metros de película cinematográfica. Por exemplo, en 1928, a tarifa da produtora viguesa Galiza Cinegráfica era de tres pesetas metro, polo que unha película de 400 metros custáballe á sociedade aproximadamente 1.200 pesetas. Na factura incluíanse ademais os gastos de intendencia do operador ou do persoal técnico auxiliar

Como resultado do proceso, os ollos

emocionados dos emigrados galegos terán ocasión de ver "vistas animadas" da súa terra; e os galegos desta banda do mar, imaxes dos seus parentes e amigos “americanos”.

Dous son os piares fundamentais deste intercambio

iconográfico entre Galiza e América: En Galiza, a figura clave da produción de películas con destino á emigración será José Gil Gil; en América, o protagonista da produción cinematográfica da emigración americana, será Elixio González Estevez, o "fotógrafo da colectividade".

13

Page 15: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Elixio González coa súa dona Soledad Moreno

14

Page 16: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

ELIXIO GONZÁLEZ ESTÉVEZ

Elixio González Estévez naceu na aldea de Queguas, (Entrimo, Ourense) o 12 de febreiro de 1899 no seo dunha humilde familia labrega12. Co agravamento da guerra de Marrocos a comezos dos anos vinte, Elixio decide non participar na guerra africanista –como fixeron miles de mozos galegos na súa época- e fuxe para Lisboa atravesando a raia “seca” do seu concello. Na capital portuguesa traballará como porteiro e comeza a interesarse pola fotografía nun laboratorio alemán. Dese xeito comezará a súa paixón pola fotografía que non abandonará ata a súa morte en 1972. Pola súa condición de “desertor”, Elixio non poderá voltar ás súas queridas terras de Entrimo.

En 1921 emigra a Bos Aires, -onde viven numerosos compatriotas seus- instala o seu propio laboratorio e alterna o traballo na portería co de fotógrafo nos fins de semana e festivos. Os seus principais clientes serán as sociedades de emigrantes galegos da capital porteña, que moi pronto o recoñecen como “o fotógrafo da colectividade”. Casa con Soledad Moreno, arxentina de orixe ferrolán, e axiña faise moi coñecido cariñosamente pola abundante colonia galega bonaerense como “Gonzita”.

12 Fillo de Nemesio González e Maria Joaquina Estévez ( Rexistro Civil de Entrimo Tomo 21, folio 77)

15

Page 17: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

A comezos dos anos trinta, merca unha cámara cinematográfica e funda Celta Films, firma coa que realizará numerosas reportaxes sobre a vida dos emigrantes en Bos Aires. Elixio González será o responsable da meirande parte das filmacións das películas dos emigrados do Río da Prata. A actividade profesional de Elixio abrangue dúas etapas claramente diferenciadas: A representada pola produtora Celta films e a de “Actualidades gráficas: Elixio González”.

16

Page 18: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

1. A Celta Films

A comezos dos anos 30 os encargos fotográficos son

cada vez maiores e algunhas colectivos emigrantes solicitan de Elixio a realización de películas cinematográficas para “envialas á terra” e que as familias podan “comprobar” o progreso dos seus fillos americanos. Axiña resolve mercar unha cámara cinematográfica coa que funda Celta films, marca baixo a que realizará numerosas reportaxes sobre a vida dos emigrantes porteños; en 1930 comeza a produción da súa primeira grande obra: “Galiza en Bos Aires”, na que participaron numerosas sociedades e empresarios galegos dos primeiros anos 30, especialmente do entorno da recen constituída Federación de Sociedades galegas.

O proceso de produción de Galiza en Bos aires

desenvolverase ao longo de varios anos, pola complexidade do empeño: un grande fresco documental onde “saísen” no lenzo de prata o meirande número de emigrados galegos. Os reclamos en galego convocando á colaboración na produción son constantes na prensa da emigración:

17

Page 19: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

¡¡¡GALEGOS¡¡¡ CELTA FILMS INVÍTAVOS A FIGURAR NA PELÍCULA QUE SERÁ EXHIBIDA NESTA CIDADE E EN TÓDOLOS POBOS DE GALIZA... Se vostede quere figurar nesta película que cicais lle done aos seus que viven na patria, unha hora de ledicia, diríxase por carta ou por teléfono a Celta film, que absolutamente gratis mandará os domingos o fotógrafo ó seu domicilio á súa casa de comercio, á súa sociedade, etc, pois tencionamos facer unha película que refrexe a verdadeira importancia da colectividade galega de Bós Aires. Celta film fará en Galiza unha película sonora na cal os residentes galegos desta República poderán ollar os eidos patrios e escoitar a voz dos seres ben amados13. 13 A fouce, Buenos Aires 15/9/1930

18

Page 20: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Durante o ano seguinte, sucédense os anuncios de

festas e romarías tradicionais convocando aos membros das diferentes sociedades da Federación de Sociedades Galegas para que participen na filmación da película: Residentes de Arbo (6/12/1931); Meaño (20/9/31) , Tomiño, etc... As dificultades de produción son moitas, porque Elixio, que sigue co seu traballo na portería, só pode filmar os domingos (de 9 a 15 horas), por iso en xaneiro de 1932, un ano despois do primeiro chamamento, outro reclamo da Celta filmes insiste cun primeiro balance da produción, informando que, nela, “hay ya más de 25.000 compatriotas nuestros”14. En abril do mesmo ano convócanse ás comisións directivas de 16 sociedades galegas no patio andaluz de Palermo para continua-la filmación da cinta e o chamado remata cunha sentida apelación ao compromiso emocional da película:

14 Acción gallega. Buenos Aires 17/1/1932

19

Page 21: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

“como puede verse, es realmente extraordinario el entusiasmo despertado en nuestra colectividad por figurar en la grandiosa película Galiza en Bós Aires, pero ello se explica teniendo en cuenta que dicha película una vez exhibida en esta capital, será llevada a través de todos los pueblos de Galiza, donde infaliblemente han de verla nuestras familias Y cuantas veces exclamarán con sus ojos empañados de emoción ¡¡¡¡Mira a meu fillo¡¡¡No debemos pues negarle ese instante de suprema e indescriptible satisfacción a quien tantas lágrimas vertió desde aquel día imborrable de nuestra partida“15

Segundo a publicidade da época, os gastos do filme

correron por conta da Federación de Sociedades Galegas e o semanario bonaerense Galiza. Elixio non cobrou nada polo seu traballo no filme. A película resultante constituía un impresionante documento visual sobre os galegos residentes en Bos Aires segundo os comentarios e crónicas do seu tempo. Asegurábase que na película “figuran 70 sociedades e 35.000 compatriotas”.

Xosé Saavedra un militante do P.G. trae a cinta a

Galiza en 1934, proxectándose en numerosos cinemas galegos, sendo ademais utilizada na campaña do Estatuto de Autonomía de 1936, mediante proxeccións cun cine móbil que percorreu as principais vilas galegas. Segundo Xavier Castro16 o Partido Galeguista aportou 3.000 pesetas ao proxecto, segundo texto manuscrito de Alexandre Bóveda, proxectándose en programa dobre co documental “Cara unha Galiza nova” da empresa Folk, dos irmáns Barreiro.

15 Galicia. Buenos Aires 24/4/1932 16 Xavier Castro: O galeguismo na encrucillada republicana. Ed. Diputación de Ourense 1985

20

Page 22: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Descoñécese o paradoiro actual deste magnífico documento visual dos galegos da década dos trinta. En 1972, na súa derradeira entrevista, Arturo Cuadrado pregúntalle ao propio Elixio González polo paradoiro da película, quen contesta con tristeza e amargura: "La película se perdió, no sé dónde está...”17

Corcubión en Bós Aires Corcubión en Bós Aires é a segunda película

producida por Celta films da que temos noticia. Nunha reportaxe aparecida na revista Alborada 18 da Sociedade ABC de Corcubión19, infórmase amplamente dos avatares e asuntos desta filmación, realizada o 22 de xaneiro de 1933. Ademais dos clásicos paseos, bailes e xantares tradicionais, na cinta rexístranse actividades festivas tales como “Carreira de solteiros e casados, ou de ovo con cullara, piñatas, muiñeira de roda, carreiras de gordos, correo sin estampilla...etc”. Practicamente tódalas familias residentes de Corcubión da capital porteña aparecen “retratados” na película con nomes e apelidos en intertítulos, como era habitual nas “películas de correspondencia”.

“Corcubión en Bós Aires” estreouse no Centro de

Almaceneros o 15 de abril de 1933 diante de mais de 1.000 asistentes oriúndos das terras de Corcubión.

17 Calicia.Buenos Aires. Xaneiro 1972 18 Alborada. Buenos Aires. Marzo de 1933 19 Sendo o seu presidente Agustín Fandiño

21

Page 23: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Todos hemos de sentirnos satisfechos por el excelente trabajo efectuado por la empresa cinematográfica precedentemente aludida20

Malia todo, algún problema tivo a cámara de Elixio

porque en outubro do mesmo ano, Alborada informaba:

Lamentamos empero que dicha película no registrara todas las partes tomadas por la máquina filmadora, muchas de las cuales se malograron por exceso de luz solar y por otros inconvenientes ajenos a la buena voluntad de quien la realizó21

En 1942, para conmemorar o vinte aniversario da

fundación da Sociedade ABC, Elixio González voltará a filmar a romaría celebrada o 10 de abril de 1942, pensada para “hacer revivir las famosas romerías de la comarca corcubionesa transplantadas a tierras de América por nuestros animosos paisanos22

2.- Actualidades gráficas Elixio González Durante os anos da Guerra Civil, Elixio abandona por

fin a portería para adicarse profesionalmente á fotografía e crea a marca “Actualidades gráficas” ofrecéndose na prensa galega de Bos Aires para filmar e fotografar as actividades dos inmigrantes galegos.

20 Alborada. Buenos Aires. Marzo de 1933 21 Alborada. Buenos Aires. Outubro de 1933 22 Alborada. Buenos Aires. Junio de 1942

22

Page 24: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

“Actualidades gráficas”: Para mejor conocimiento y divulgación de lo nuestro: filmación de películas documentales en colores.,,,

Mais o labor de Elixio non se limita á filmación das actividades e festas privadas dos galegos do Río da Prata, senón que ofrece ademais “paquetes “ de programación cinematográfica para sociedades e clubs de emigrados galegos :

Películas galegas e españolas a precios sin competencia23.

23 A fouce, Buenos Aires. 25/7/1933

23

Page 25: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Habitualmente estas

películas proxectábanse baixo o nome de “Velada cinematográfica y danzante”. A velada consistía na proxección de filmes españois ou arxentinos seguidos de animados bailes ao son de orquestras porteñas e mesturados con coros típicos e pezas de gaita. O prezo medio da entrada a unha actividade destas características en 1942 é de 2’50 pesos, noutras ocasións o prezo baixa a “dos pesos para caballeros y 0’50 para damas” 24.

No devalar do tempo,

Elixio González converterase no cineasta e fotógrafo por antonomasia da emigración

galega no Río da Prata. A presenza de Elixio González (con cámaras de fotografía e cine), foi constante en todos os actos, celebracións, festas e acontecementos da comunidade galega bonaerense, ata o mesmo ano da súa morte, producindo mais de 100 títulos. Como unha prolongación da súa profesión fotográfica, Elixio debeu 24 Gran velada cinematográfica danzante en el Centro Arzuano-Melidense: Proxeción de Gitanilla (cifesa) (2/5/42. Outras veces pasanse películas de Cesáreo González: En un rincón de Galicia, Sabela de Cambados, Mujeres y toros...

24

Page 26: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

filmar moitos kilómetros en 16 mm. Nos documentos visuais de Elixio, conservados e restaurados polo CGAI, evidéncianse as constantes dos seus traballos cinematográficos. Os seus contemporáneos lémbrano sempre subido a unha escaleira nos actos das diferentes sociedades galegas con varias cámaras nas mans ou abríndose paso afanosamente entre as aglomeracións dos actos multitudinarios, sen importarlle especialmente as condicións de luz ou o encadre perfecto. O seu traballo era artesanal, realizado sen apenas medios técnicos ou humáns.

Á vista dos filmes que conservamos pódese afirmar que Elixio non é un cineasta/autor, constructor dun universo propio a partires dos rexistros da realidade inmediata (como poden ser Carlos Velo ou José Suárez). Elixio é un xornalista gráfico, un reporteiro, que tan só pretende fixar en imaxes aos seus amigos e seres queridos, retratar e perpetuar os "intres" históricos do galeguismo en Arxentina, en definitiva construír a memoria visual da emigración. Xa en 1940, Elixio acariciara a idea de crear unha especie de Noticiario da emigración25 cuxo primeiro número proxéctase o 17 de decembro de 1940 no Teatro de Mayo da capital porteña. Mais o proxecto lamentablemente non tivo continuidade.

25 Así o anuncia o diario bonaerense Galicia o 7/12/1940.

25

Page 27: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

As imaxes de Castelao

Foi precisamente no ano da súa morte, en 1972, cando extractou do seu arquivo tódalas imaxes que filmara de Castelao, dende a súa chegada a Arxentina en 1940, ata o seu pasamento en xaneiro de 1950. Elixio, fondamente galeguista, quixo "regalar" ao Centro Galego de Bos Aires, o que, sen dúbida, consideraba o seu mais prezado tesouro: as imaxes do home que mais admiraba. A cinta coas “Imaxes de Castelao” estreouse no Instituto Arxentino de Cultura Galega de Bos Aires o 7 de xaneiro de 1972 co motivo dos actos conmemorativos do vintedous cabodano da morte de Castelao26. Esta película foi restaurada en 1995 polo CGAI co titulo Imaxes de Castelao, e nela están inmortalizadas as únicas imaxes cinematográficas que se conservan de Castelao.

26 Revista Lugo. Buenos Aires. Decembro de 1971

26

Page 28: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Baseándose nesa simple iuxtaposición de imaxes documentais, pero de fondo contido emocional e histórico, os directivos do Centro Galego encomendaron a Antonio Pérez Prado e Jorge Prelorán a produción dunha curtametraxe, que se prolongou ata convertérense na excelente longametraxe documental "Castelao" (1978).

Outros traballos de Elixio González Elixio era home de ideoloxía progresista27,

nacionalista e republicana, moi vencellado ás actividades da Federación de Sociedades Galegas e amigo persoal de ilustres membros da colectividade como o xenial actor Fernando Iglesias “Tacholas”. Publicou fotografías en practicamente todos os boletíns, revistas e xornais da colectividade.

27 En 1972, na súa derradeira entrevista con Arturo Cuadrado ante a pregunta “qué quieres para nuestra Galicia”, Elixio responde: “lo que quieren todos: su libertad”.

27

Page 29: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

A súa presenza (coas cámaras de fotografía e cine) foi permanente en tódolos actos, celebracións, festas e acontecementos da comunidade galega bonaerense, ata o mesmo ano da súa morte. Como íl mesmo enfatizaba na súa publicidade, sentíase como “O fotógrafo da colectividade”. O seu arquivo, froito de 50 anos como fotógrafo e reporteiro gráfico ininterrompido, debeu ser o mais completo da emigración arxentina: Suarez Picallo, Castelao, Alonso Rios, Cao Turnes, Blanco Amor, Avelino Díaz, A. Cuadrado, entre outras numerosas personalidades sobranceiras, posaron diante dos seus obxectivos. Como el mesmo afirmaba “no había acto gallego sin mi presencia. Asi fue durante 50 años!”. Asemade na prensa da emigración aparecen constantemente comentarios e publicidade das estreas das súas filmacións28, que abarcaron as actividades da colectividade galega dende 1931 ata 1972 e na súa meirande parte lamentablemente perdidas porque nunca foron valorados doadamente polas sociedades que as encargaban. De conservárense hoxe todo o seu material fílmico, sen dúbida disporíamos dun extraordinario patrimonio visual da vida cotiá da emigración galega en América.

Sírvenos como exemplos o seguimento dos actos do

“Congreso da emigración galega” ou o realizado co galo dos actos conmemorativos do “Cincuenta aniversario

28 Como por exemplo “La opinión gallega” (18/6/48) “el 12 de junio se llevó a cabo una velada cinematográfica en la que se exhibieron las películas filmadas durante varios años en nuestra sede social: Os títulos proxectados foron:

28

Page 30: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

do Centro gallego” en 195729. En ambos títulos, Elixio executa un "encargo profesional" e a súa mirada será tamén institucional: Planos de ilustres conferenciantes e o seu público, planos xerais das actividades musicais, teatrais ou asociativas, lixeiras panorámicas descritivas nun ton explícito de reportaxe. No cincuenta “cumpreanos” do Centro Galego de Bós Aires organizáronse moreas de actos que converteron á capital porteña nun facho da galeguidade: asistiron os mais importantes intelectuais da cultura galega daquel tempo, realizándose un grande festival no espazo teatral mais paradigmático da capital porteña: o grande Teatro Colón. Ao longo de trinta e sete minutos a cámara de Elixio rexistra minuciosamente tódolos actos conmemorativos:

29 O ano 1957 marca un dos mais esplendorosos momentos da historia do Centro Gallego de Bós Aires:...... cáseque 90. 000 socios así o acreditaban.. ... O Centro Galego era unha das sociedades mais puxantes e poderosas da República Arxentina.

29

Page 31: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

proceso electoral, conferencias e actos con participación entre outros de Paz Andrade, Rafael Dieste, Osorio Tafall, Blanco Amor, Suárez Picallo, Antonio Baltar, exposicións, banquetes, ofrendas, visita da exiliada coruñesa, a grande actriz Maria Casares30 e o festival no Teatro Colón.

Outra cinta de corte similar é Desfile do 150

Aniversario de nacemento de Arxentina. Nela, os emigrados galegos realizan unha ofrenda floral nos monumentos aos Heroes da independencia arxentina: Xeneral Sanmartín e Benito Rivadavia. O vinteoito de maio de 1960 mais de vinte mil descendentes de galegos

30 Maria Casares estaba de xira, representando María Tudor, cun éxito apoteósico, e agasallada pola colectividade galega de Buenos Aires, decide participar na conmemoración coa súa presencia....donde dice aquelo de “son unha parte de Galicia, non o podo evitar....”

30

Page 32: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

desfilan pola Avenida de Mayo ata o Cabildo, en homenaxe á nación que lles acubillou e procuráballes presente e futuro. Todos os máximos representantes das colectividades galegas, entre eles, Eduardo Blanco Amor participaron na histórica manifestación.

Un día en la vida del Centro gallego é un exhaustivo

percorrido visual polo Centro galego de Bos Aires filmado en 1961, nun dos momentos no seu esplendor. Imaxes de tódalas seccións do hospital: dende a fábrica de pastillas ata as señoras de limpeza pasando pola biblioteca, sección de cultura e as “fotografías” do presidente, Ricardo Badía, Blanco Amor, Tacholas, Jiménez de Assúa, etc.

Pero o tipo de filmacións que de seguro mais lle divertía a Elixio era o rexistro das festas e romarías das colectividades galegas, onde retrataba a cara amable da vida cotián da inmigración. Temos constancia de filmacións de actividades de inmigrantes nas Sociedades de Corcubión, Salvaterra, Centro Ourensán (do que Elixio era socio), Porriño, Entienza, Lalín, Buján, Val Miñor, Guitiríz, Cambados entre moitas outras. Nestas reportaxes “naifs”, alegres, “rexistraba” coa súa cámara cinematográfica aos seus paisanos e coterráneos, entre empanadas, viño, gaitas e tangos, sacrificaba o acabado técnico para rexistrar intres

31

Page 33: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

irrepetibeis de tempo e espazo: os emigrantes amósanse alegres e felices, xantando “asados” ao estilo tradicional do verán porteño 31 ou de excursión polo Delta do Paraná32

Todo este material configura un tipo de produción

similar ás reportaxes dos noticiarios contemporáneos. Pero as “reportaxes” de Elixio foron realizadas artesanalmente, sen medios técnicos ou humáns, aportando sobre todo unha dispoñibilidade total e inmensa xenerosidade, cando se trataba de filmar o acontecer dos galegos de Bos Aires. As "simples" actualidades filmadas por Elixio ao longo da súa traxectoria: comidas, vodas, actividades sociais, reportaxes industriais e institucionais etc, conformarían hoxe a memoria viva da emigración galega nas terras do Río da Prata.

31 Lamentablemente a pesares das miñas pesquisas so nos foi posible recuperar algunhas das películas deste “tipo” realizadas por Elixio González. Estou seguro que existen numerosas latas en 16 milímetros ilocalizadas en Buenos Aires... 32 Como en Actualidades del centro orensano

32

Page 34: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Lamentablemente a meirande parte deste tipo de materiais están perdidos ou ilocalizados. A grande dispersión da emigración por América, o escaso valor otourgado á custodia e conservación das imaxes en movemento33 e a súa circulación por circuítos non comerciais, lastraron considerablemente o devalar no tempo das películas de correspondencia. As latas ficaron esquecidas en vellos armarios repletos de humidade ou quizais aínda dormen apaciblemente nos faiados de ex-membros de xuntas directivas de sociedades galegas.

Estamos convencidos de que no futuro aínda

aparecerán mais latas perdidas, filmadas con agarimo e xenerosidade por Elixio, que agardan unha man salvadora que as recupere para o Patrimonio da Memoria do país galego.

Elixio González Estévez morreu no Hospital do

Centro Galego o 25 de xuño de 1972, sendo soterrado no panteón do Centro Galego de Bos Aires. Por fin, en novembro do 2006 o seu nome e o seu exemplo voltarán a re-vivir entre os seus conveciños de Entrimo e a memoria colectiva da cultura audiovisual galega.

33 Cáseque un 80 % da producción cinematográfica muda de 1895 a 1930 está irremediablemente perdido..

33

Page 35: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

Elixio González en Tandil

34

Page 36: XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE …consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2006_Elixio... · 2020. 7. 2. · festas e romarías, así como o estado das obras,

FILMOGRAFIA (incompleta) Como cámara e director 1933 Galiza en Bós aires (Proxectada en Galiza na campaña do

Estatuto de Autonomía) 1933. Festa da Sociedade ABC de Corcubión 1940 Noticieiro da emigración 1941 Salvaterra en Bós Aires 1942 Corcubión en Bós Aires

Porriño en Bós Aires Entienza en Bós Aires Actualidades do Centro Ourensán

1943 Outra festa do Centro Ourensán Baile no Centro Ourensán 1º Aniversario do Centro Ourensán

1948 Actualidades do Centro Ourensán 1949 Pazo Galego 1950 Romaría Hijos de Buján

Lalín en Bós Aires Romaría de Hijos de Entienza

1951 Romaría da sociedade Valle Miñor 1954 Asado na Sociedade "Val Miñor

Romaría da Sociedade de Cambados 1956 Primeiro Congreso da Emigración galega 1956 Festa da Sociedade Guitiriz. 1957 Centro Galego no seu 50 aniversario

Interiores do Centro Galego Un día na vida do centro galego

1960 Desfile 150 Aniversario do nacemento de Arxentina 1971 Descubrimento do busto de Castelao 1972 Imaxes de Castelao. Imaxes de Castelao en Bós Aires

rodadas por Elixio, entre 1940 e 1950, base visual da película “Castelao” de J. Prelorán/Perez Prado

35