xermola plan debuxa o teu almorzo · os debuxos deberán ser presentados en soporte papel,...

1
Debuxa o teu almorzo Xermola Plan Xermola Xermola Xermola Xermola Tema. Os debuxos que concorran ao certame tratarán de reflec- tir a composición e conformación do almorzo que os participan- tes adoitan consumir diariamente. Participación. Establécense dúas categorías de participación: • Categoría Xeral. Poderán concorrer na categoría xeral nenos/as alumnos/as de primeiro e segundo curso de educación primaria en calquera centro educativo de Galicia durante o curso académico 2014/2015. • Categoría Especial. Poderán concorrer na categoría especial usuarios e usuarias de centros de atención a persoas con discapa- cidade intelectual e/ou do desenrolo, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Traballos. Os debuxos deberán ser presentados en soporte papel, cartolina ou calquera outro soporte similar en formato folio ou A4. Prazos. A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014. O xurado fará público o seu fallo na primeira quincena de decem- bro de 2014 e o acto de entrega terá lugar na cidade de Santiago de Compostela en datas posteriores. Envío de orixinais. O envío dos traballos realizarase desde o centro no que os participantes cursen estudos ou do que son usuarios/as, procurando, de ser posible, o envío conxunto de traballos de todos os participantes do mesmo centro. Os debuxos enviaranse por correo postal, coa referencia Certame “Debuxa o teu almorzo” ao seguinte enderezo: Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública Consellería de Sanidade Edificio Administrativo San Lázaro 15703, Santiago de Compostela Todos os debuxos incluirán no seu reverso a seguinte información: > Nome e apelidos do autor ou autora > Idade > Centro educativo e aula no que cursa estudos ou do que é usuario/a > Responsable da aula á que pertence o/a autor/a > Teléfono e enderezo electró- nico do/a responsable do centro. Xurado. O xurado estará composto por seis membros: - 1 en representación da Consellería de Sanidade. - 1 en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordena- ción Universitaria. - 1 en representación do Foro Interalimentario. - 1 en representación da Unión de Consumidores de Galicia. - 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do debuxo ou artes plásticas. - 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do deporte. Premios • Categoría Xeral 1º Premio. Unha bicicleta e casco. Ademais para a familia do/a premiado/a un lote de froita fresca. 2º Premio. Unha sesión, mañá ou tarde, de navegación a vela acompañado/a de dúas persoas que él ou ela escolla na escola do Centro Náutico Municipal de Outes. 3º Premio. Un xogo de patíns e proteccións. • Categoría Especial. 1º Premio. Cinco entradas para asistir a un partido de fútbol ou baloncesto (xogado en casa) do equipo galego que o/a premiado/a elixa. Ademais un lote de froita fresca para o centro do que o/a premiado/a é usuario/a. 2º Premio. Unha pelota de baloncesto asinada por un xogador de recoñecido prestixio. 3º Premio. Un karaoke. Propiedade e difusión das obras premiadas. Os debu- xos premiados pasarán a ser propiedade da Consellería de Sanidade, que ostentará a titularidade de todos os dereitos, de calquera índole, sobre as ditas obras, sen que caiba ningún tipo de pretensión ou reclamación posterior dos/as autores/as ou dos seus representantes legais en relación coas mesmas. A Consellería de Sanidade poderá ceder gratuitamente a difusión das obras premiadas a outros departamentos da Xunta de Galicia, ao Foro Interalimentario e á Unión de Consumidores de Galicia.

Upload: others

Post on 06-Oct-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xermola Plan Debuxa o teu almorzo · Os debuxos deberán ser presentados en soporte papel, cartolina ou calquera outro soporte similar en formato folio ou A4. Prazos. A data límite

Debuxao teu almorzo

XermolaPlan

XermolaPlan XermolaPlan

XermolaPlan

XermolaPlan

Tema. Os debuxos que concorran ao certame tratarán de reflec-tir a composición e conformación do almorzo que os participan-tes adoitan consumir diariamente.

Participación. Establécense dúas categorías de participación:

• Categoría Xeral. Poderán concorrer na categoría xeral nenos/as alumnos/as de primeiro e segundo curso de educación primaria en calquera centro educativo de Galicia durante o curso académico 2014/2015.

• Categoría Especial. Poderán concorrer na categoría especial usuarios e usuarias de centros de atención a persoas con discapa-cidade intelectual e/ou do desenrolo, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Traballos. Os debuxos deberán ser presentados en soporte papel, cartolina ou calquera outro soporte similar en formato folio ou A4.

Prazos. A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014.

O xurado fará público o seu fallo na primeira quincena de decem-bro de 2014 e o acto de entrega terá lugar na cidade de Santiago de Compostela en datas posteriores.

Envío de orixinais. O envío dos traballos realizarase desde o centro no que os participantes cursen estudos ou do que son usuarios/as, procurando, de ser posible, o envío conxunto de traballos de todos os participantes do mesmo centro.

Os debuxos enviaranse por correo postal, coa referencia Certame “Debuxa o teu almorzo” ao seguinte enderezo:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde PúblicaConsellería de Sanidade

Edi�cio Administrativo San Lázaro15703, Santiago de Compostela

Todos os debuxos incluirán no seu reverso a seguinte información:

> Nome e apelidos do autor ou autora > Idade > Centro educativo e aula no que cursa estudos ou do que é usuario/a > Responsable da aula á que pertence o/a autor/a > Teléfono e enderezo electró-nico do/a responsable do centro.

Xurado. O xurado estará composto por seis membros:

- 1 en representación da Consellería de Sanidade.- 1 en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordena-

ción Universitaria.- 1 en representación do Foro Interalimentario.- 1 en representación da Unión de Consumidores de Galicia.- 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do debuxo ou artes

plásticas.- 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do deporte.

Premios

• Categoría Xeral 1º Premio. Unha bicicleta e casco. Ademais para a familia do/a premiado/a un lote de froita fresca.

2º Premio. Unha sesión, mañá ou tarde, de navegación a vela acompañado/a de dúas persoas que él ou ela escolla na escola do Centro Náutico Municipal de Outes.

3º Premio. Un xogo de patíns e proteccións.

• Categoría Especial.1º Premio. Cinco entradas para asistir a un partido de fútbol ou baloncesto (xogado en casa) do equipo galego que o/a premiado/a elixa. Ademais un lote de froita fresca para o centro do que o/a premiado/a é usuario/a.

2º Premio. Unha pelota de baloncesto asinada por un xogador de recoñecido prestixio.

3º Premio. Un karaoke.

Propiedade e difusión das obras premiadas. Os debu-xos premiados pasarán a ser propiedade da Consellería de Sanidade, que ostentará a titularidade de todos os dereitos, de calquera índole, sobre as ditas obras, sen que caiba ningún tipo de pretensión ou reclamación posterior dos/as autores/as ou dos seus representantes legais en relación coas mesmas.

A Consellería de Sanidade poderá ceder gratuitamente a difusión das obras premiadas a outros departamentos da Xunta de Galicia, ao Foro Interalimentario e á Unión de Consumidores de Galicia.