wangari

4
Coñecemos a historia de Wangari Maathai : “A muller árbore” (1940/04/01 - 2011/09/25) Ecoloxista Naceu o 1 de abril de 1940 en Nyeri, Kenia. Wangari Maathai foi a primeira muller que conseguiu un Nobel no continente africano, a primeira muller que obtivo un doutoramento en África Oriental e Central, foi a primeira profesora en Anatomía veterinaria e máis tarde foi decana da facultade na Universidade de Nairobi. No 1978 pasou unha estadía de estudos en Alemania como bolseira polo DAAD. Viceministra do Medio Ambiente en Kenia. No 1977 fundou o Green Belt Movement, o Movemento do "Cinto Verde", dirixido a protexer a biodiversidade. Grazas á súa iniciativa foron plantadas 30 millóns de árbores, ademais de permitir a creación de miles de empregos, e o fortalecemento da imaxe da muller na sociedade. Tivo un gran recoñecemento internacional pola súa incansable defensa da democracia, dos Dereitos Humanos e do medio ambiente. Dirixiuse en varias ocasións á ONU para intervir, en nome dos dereitos das mulleres, no cume quinquenal da terra na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Como presidenta do "National Council for Women in Kenya" animou ás mulleres a ser máis independentes e convenceunas para a acción xigantesca da plantación de árbores. Nai de tres fillos, nunca temeu enfrontarse cos réximes autoritarios. A salvagarda dos dereitos humanos, a emancipación das mulleres, a non violencia, a sustentabilidade ecolóxica e a democracia foron os obxectivos polos que Wangari Maathai loitou firmemente e polos que, sobre todo nos anos noventa, foi detida. A súa oposición a un proxecto de construción na selva, apoiado polo presidente, ocasionou en 1998 a atención a nivel mundial. En decembro do 2002 chegou a ser deputada no parlamento, e finalmente converteuse en membro do gabinete do novo presidente Mwai Kibaki. A Fundación Nobel galardoou co Premio da Paz 2004 a esta defensora do medio ambiente e dos dereitos humanos, pola súa contribución ao desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz. Divorciada dun antigo parlamentario, que se separou dela no 1980 co argumento de que "era demasiado educada, con demasiado carácter e demasiado éxito para poder controlala". Wangari Maathai faleceu o domingo 25 de setembro de 2011 nun hospital de Nairobi.

Upload: albinonunez

Post on 10-Feb-2017

240 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Coñecemos a historia de Wangari Maathai :

“A muller árbore”

(1940/04/01 - 2011/09/25)

Ecoloxista

Naceu o 1 de abril de 1940 en Nyeri, Kenia.

Wangari Maathai foi a primeira muller que conseguiu un Nobel no

continente africano, a primeira muller que obtivo un doutoramento en

África Oriental e Central, foi a primeira profesora en Anatomía veterinaria e máis tarde

foi decana da facultade na Universidade de Nairobi.

No 1978 pasou unha estadía de estudos en Alemania como bolseira polo DAAD.

Viceministra do Medio Ambiente en Kenia. No 1977 fundou o Green Belt Movement, o

Movemento do "Cinto Verde", dirixido a protexer a biodiversidade. Grazas á súa

iniciativa foron plantadas 30 millóns de árbores, ademais de permitir a creación de miles

de empregos, e o fortalecemento da imaxe da muller na sociedade. Tivo un gran

recoñecemento internacional pola súa incansable defensa da democracia, dos Dereitos

Humanos e do medio ambiente.

Dirixiuse en varias ocasións á ONU para intervir, en nome dos dereitos das mulleres,

no cume quinquenal da terra na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Como presidenta

do "National Council for Women in Kenya" animou ás mulleres a ser máis

independentes e convenceunas para a acción

xigantesca da plantación de árbores.

Nai de tres fillos, nunca temeu enfrontarse cos

réximes autoritarios. A salvagarda dos dereitos

humanos, a emancipación das mulleres, a non

violencia, a sustentabilidade ecolóxica e a

democracia foron os obxectivos polos que Wangari

Maathai loitou firmemente e polos que, sobre todo

nos anos noventa, foi detida.

A súa oposición a un proxecto de construción na selva, apoiado polo presidente,

ocasionou en 1998 a atención a nivel mundial. En decembro do 2002 chegou a ser

deputada no parlamento, e finalmente converteuse en membro do gabinete do novo

presidente Mwai Kibaki. A Fundación Nobel galardoou co Premio da Paz 2004 a esta

defensora do medio ambiente e dos dereitos humanos, pola súa contribución ao

desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz.

Divorciada dun antigo parlamentario, que se separou dela no 1980 co argumento de que

"era demasiado educada, con demasiado carácter e demasiado éxito para poder

controlala".

Wangari Maathai faleceu o domingo 25 de setembro de 2011 nun hospital de Nairobi.

Wangari Maathai, plantou 47 millóns de árbores

A loita desta muller uniu medio ambiente, feminismo e dereitos humanos.

A concesión do Premio Nobel da Paz colleuna plantando árbores. Ao despedirse do

mundo quedaban máis de 47 millóns de árbores plantadas grazas ao seu impulso.

"A paz na Terra depende da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente.

Maathai sitúase á fronte da loita na promoción do desenvolvemento económico,

cultural e ecoloxicamente viable en Kenia e en África". Así argumentou o comité do

Nobel da Paz a concesión, do premio a esta muller. Ao recibilo

en Oslo, Wangari lanzou esta alegación:

"A industria e as institucións internacionais deben

comprender que a xustiza económica, a equidade e a

integridade ecolóxica valen máis que os beneficios custe o

que custe".

O seu activismo levouna primeiro ao cárcere, e despois ao

Goberno de Kenia

Cando recibiu o Nobel, tiña 3.000 viveiros atendidos por

35.000 mulleres

Wangari Maathai (Ihithe, Kenia, 1940) tivo unha vida moi pouco común para unha

africana da súa xeración. Aínda que como case todas as nenas ía a por auga -"moi

limpa, non contaminada"-, ela logrou estudar. Primeiro coas monxas. Logo, grazas a

unha bolsa, licenciouse en Bioloxía en Estados Unidos. Volveu a Kenia coa

independencia recentemente estreada e iniciou unha carreira docente que a conduciría

polos bandos do activismo.

A primeira doutora universitaria en África do Leste –no 1971- comezou por dar a

batalla en defensa da liberdade de cátedra nun país que se encamiñaba cara ao

autoritarismo e a corrupción. Recalou na Asociación de Mulleres Universitarias, onde

ampliou a súa loita e lanzouse en contra da discriminación salarial das profesoras fronte

aos seus colegas masculinos. Na loita do feminismo entrou en contacto coas mulleres

do campo, cada vez máis deforestado. "Falaban de cousas que vía : inseguridade

alimentaria, mal nutrición; falta de auga, de leña e de ingresos".

"Eu díxenlles: 'Se non tedes leña, plantade árbores". Corría o ano 1977 e xurdía o

Movemento Cinto Verde (GBM, nas súas siglas en inglés). As mulleres empezaron a

xestionar sementes e a plantalas. Primeiro nas súas parcelas, logo nos terreos públicos

co apoio -e un pequeno pago se a árbore sobrevivía- do GBM. Cando Wangari recibiu o

Nobel o seu movemento tiña organizados 3.000 viveiros, atendidos por 35.000 mulleres.

A imaxe daquel arroio limpo da infancia seguiu sempre na mente da bióloga. Xa non

estaba limpo. As batallas levaron varias veces ao cárcere a esta activista cuxa loita -e a

dos seus miles de seguidores- evitaron que se construíse un rañaceos no maior parque

de Nairobi ou que se privatizase un espazo

natural da capital kenyana para construír chalés.

O presidente Daniel Arap Moi chegou a

cualificar a Maathai como unha "ameaza para a

seguridade do Estado". Pero o mandatario caeu

por fin no 2002. Maathai foi nomeada

viceministra de Medio Ambiente.

Un cancro de ovarios arrebatoulle a vida. Wangari foi unha muller que tivo que

soportar que na súa sentenza de divorcio o xuíz a cualificase de "cabezota, triunfadora,

con moito nivel educativo, demasiado forte e moi difícil de controlar".

Ela, que nunca se rendeu ante os abusos, afirmou "A experiencia ensinoume que servir

aos outros ten as súas recompensas. Os seres humanos pasamos demasiado tempo

acumulando, pisando, e negando a outras persoas. E ao final os que nos inspiran

despois de mortos son os que serviron a outros que non eran eles". Como ela.

RECURSOS PARA A AULA

Ademais de falarlles da vida de Wangari empregamos os seguintes recursos:

1-VÍDEOS

2- LIBROS

3- LÁMINAS